Tedes clasificadas as preguntas en dúas categorí as e podedes recoñecelas polo enmarcado da súa numeración: Básica Avanzada Observade detidamente a paisaxe da lámina para ter unha primeira impresión. Que sensación vos provoca? .................................................................................................................................................... ...................................................................................................................................................... É un lugar que vos gusta, que vos parece agradable? .................................................................................................................................................... Marcade os adxectivos que expresen mellor as vosas impresións: Agradable Incomunicada Abrupta Degradada Chá Diversa Monótona Montañosa Seca Húmida Fértil Despoboada Ordenada Pechada Desordenada Harmoniosa Ampla Estreita Árida Poboada 1 2 3 “Paisaxe é calquera parte do territorio tal como a percibe a poboación, cuxo carácter sexa o resultado da acción e da interacción de factores naturais e/ou humanos.” Da propia definición de paisaxe deducimos, dunha banda, que a paisaxe é percepción, da outra, a paisaxe é territorio, é dicir, a combinación dos elementos do medio natural que están presentes nun determinado lugar xunto coa acción do ser humano que transformou ese medio. Persoas e terra son elementos indispensables no concepto de paisaxe. Como dicía Ling Yu Than, “a metade da beleza depende da paisaxe e a outra metade de quen a mira”. Unha paisaxe non é só o que percibimos a través dos ollos. Aínda que o ser humano percibe a través da vista case o 90% da información do medio que o rodea, o resto dos sentidos, o oído, o olfacto, o tacto... actívanse para sentir e interiorizar a paraxe presente. As sensacións que percibimos a través dos nosos sentidos forman parte da compoñente subxectiva da paisaxe, xa que toda paisaxe é un mundo de cores, texturas, formas, ulidos, sons, etc. 1 PAGUS Galicia, un país de paisaxes RÍA DE VIVEIRO CELEIRO PERCIBIMOS A PAISAXE
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Tedes clasificadas as preguntas en dúas categorí as e podedes recoñecelas polo enmarcado da súa numeración:
Básica Avanzada
Observade detidamente a paisaxe da lámina para ter unha primeira impresión. Que sensación vos provoca?
“Paisaxe é calquera parte do territorio tal como a percibe a poboación, cuxo carácter sexa o resultado da acción e da interacción de factores naturais e/ou humanos.”
Da propia definición de paisaxe deducimos, dunha banda, que a paisaxe é percepción, da outra, a paisaxe é territorio, é dicir, a combinación dos elementos do medio natural que están presentes nun determinado lugar xunto coa acción do ser humano que transformou ese medio. Persoas e terra son elementos indispensables no concepto de paisaxe.
Como dicía Ling Yu Than, “a metade da beleza depende da paisaxe e a outra metade de quen a mira”.
Unha paisaxe non é só o que percibimos a través dos ollos. Aínda que o ser humano percibe a través da vista case o 90% da información do medio que o rodea, o resto dos sentidos, o oído, o olfacto, o tacto... actívanse para sentir e interiorizar a paraxe presente. As sensacións que percibimos a través dos nosos sentidos forman parte da compoñente subxectiva da paisaxe, xa que toda paisaxe é un mundo de cores, texturas, formas, ulidos, sons, etc.
1
PAGUSGalicia, un país de paisaxes
Ría de ViVeiRoCeleiRo
PERCIBIMOS A PAISAXE
Comparade as vosas impresións e elaborade unha listaxe en común coa que fagades un pequeno parágrafo que defina esta paisaxe.
Expoñede aos vosos compañeiros as impresións que vos produciu a paisaxe. Podedes acompañar as vosas explicacións dunha imaxe significativa.
4
5
6
7
8
9
10
11
12
2
Cando estudamos unha paisaxe concreta, non todos os compoñentes teñen a mesma importancia. Nunhas van predominar os compoñentes abióticos, noutras dominarán os bióticos e noutras a presenza humana, pero sempre van estar todos interrelacionados. A análise das paisaxes vainos permitir identificalos e estudar as relacións existentes entre eles.
Marcade na imaxe en branco e negro os seguintes elementos con cores distintas:
O bosque de árbores - a matogueira - os prados - os montes DE VERDE O mar - a praia - o rio - a ría DE AZUL
Os núcleos de poboación - os peiraos - as vías de comunicacións DE VERMELLO
Elaborade unha listaxe de elementos que identifiquedes na paisaxe segundo sexan abióticos, bióticos ou antrópicos. Os elementos poden ser obxectos individuais (unha árbore, unha rocha, unha casa, etc.) ou conxuntos homoxéneos de obxectos (un bosque, un pedregal, un rueiro, etc.).
ABIÓTICOS BIÓTICOS CULTURAIS ou ANTRÓPICOS
13
14
3
IDENTIFICAMOS A PAISAXE
MTN 1/50.000. Fonte: IGN. Ano 2003 Ortofoto. 1:25000 Fonte: IGN Ano 2011
Localizade cada un dos elementos da actividade anterior no MTN axudados polo ortofotomapa. Hai algún elemento no MTN que vos chame a atención e que non vistes na lámina? Por que? Engadídeos á listaxe anterior.
Entender as relacións dos elementos dunha paisaxe entre si é fundamental porque nos axudan a determinar o carácter dunha paisaxe.
“O carácter dunha paisaxe é a combinación de elementos que fai que esa paisaxe se diferencie doutras, sen que sexa mellor nin peor.”
A combinación de formas do relevo, vexetación, asentamentos, etc. nunha determinada extensión de terreo crea carácter.
Escollede os dous topónimos que máis vos chamen a atención. Procurade no Nomenclátor do INE cantas veces se repiten no territorio español? www.ine.es/nomenclator
O carácter dunha paisaxe tamén pode depender da combinación de varios elementos presentes nela. Atopades unha relación entre os diferentes elementos da lámina que poidan definir o carácter desta paisaxe?
Comparade o mapa de Domingo Fontán do ano 1845 co MTN actual. Identificade e describide os cambios que se produciron nos asentamentos, tanto no incremento da súa extensión como na aparición de novos núcleos.
Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán (1845)Fonte: Real Académia da Historia. 1/ 200.000 Aprox.
Provincia de Lugo. Fonte: SITGA, 2001. 1/ 200.000
31
32
30
33
34
7
Localizade o principal concello ao que pertence a lámina. Procurade en http://www.ine.es a evolución da poboación desde 1900 e elaborade unha táboa.
Que credes que cambiou nesta paisaxe desde a segunda metade do século XX? Pensades que hai elementos que desapareceron ou cambiaron de función? Por que?
Dos núcleos de poboación que vedes na imaxe, explicade cal é o seu emprazamento. Onde se asentan con respecto ao relevo? Que forma teñen? . Consultade tamén a imaxe e o plano da páxina 16.
Investigade cales eran as vivendas tradicionais propias da zona. Seguides atopando esas edificacións na lámina? A que credes que se debe? -Podedes consultar a unidade de Arquitectura Popular do ProxectoTERRA-
..........................................................................................................Provincia de Lugo. Fonte: SITGA, 2001. 1/ 140.000
35
36
38
37
8
Observade estas imaxes pertencentes á zona. Son do mesmo enclave pero realizadas en datas diferentes. Comentade as modificacións da paisaxe que se aprecian e expón as causas.
Vista desde a atalaia do Porto de Celeiro nos anos 1950 Vista desde a atalaia do Porto de Celeiro no ano 2015
ViVeiro 1929. PanorámiCa extraida da PelíCula “un Viaje Por GaliCia”, de luis r. alonso
a mesma Vista en 2014
40
41
42
43
39
9
A paisaxe non consiste só nos elementos físicos, senón que tamén ten que ver cos significados e cos valores que as persoas lle atribúen.
Os valores da paisaxe non só responden ao noso sentir persoal, senón aos diferentes significados que adquiren na sociedade. Os valores que pode xurdir inclúen:
•Valores sociais, como o lecer, o paseo, o repouso, a práctica do deporte, etc. nunha determinada paisaxe.•Valores estéticos, na medida en que unha paisaxe transmita un sentimento de beleza ou a xente a aprecie ou lle confira un determinado significado.
•Valores identitarios, cando unha sociedade se identifica cunha paisaxe concreta.•Valores simbólicos, relacionados cunha determinada lenda ou historia fantástica.•Valores produtivos, como as actividades agrarias, turísticas, mineiras, industriais, etc.•Valores naturais, como a presenza de determinadas especies e vexetais relevantes.•Valores históricos, na medida en que unha determinada paisaxe exprese a pegada do ser humano na historia.
1 2 3 4 5ValoRes soCiais
ValoRes estétiCos
ValoRes identitaRios
ValoRes simbóliCos
ValoRes PRodutiVos
ValoRes natuRais
ValoRes HistóRiCos
Puntuade do 1 ao 5 os distintos valores presentes nesta paisaxe
Da seguinte listaxe, que conflitos identificades na paisaxe?
Implantación de infraestruturas que provocan degradación e fragmentación na paisaxePresenza de construcións discordantes co carácter da paisaxeAbandono do espazo agrarioAbandono do patrimonio construídoAparición de novas actividades que poñen en perigo a sustentabilidade do lugarContaminación do solo, as augas e/ou a atmosferaPolución visual e/ou acústicaBarreiras visuais
De todos eles, cales considerades que son os que teñen maior impacto nesa paisaxe? Por que?
Na imaxe inferior, localizade e indicade cun punto vermello os impactos negativos que observastes, e cun punto verde os elementos que se deberían manter ou potenciar.
A partir de localizar os puntos vermellos e os verdes, que melloras propoñedes e que elementos conservariades?
Sinalade que decisións cumpriría tomar para acadar a mellor paisaxe posible, que sexa sustentable desde un punto de vista social, económico e ambiental.
No plano da páxina 4, localizade e indicade cun punto vermello os impactos negativos que observastes, e cun punto verde os elementos que se deberían manter ou potenciar.
-Papá, cóntalle á Pícara como pescábades ó mazacote e ó toliñar no tempo do mansío - suxiriu Ché, un episodio que tantas veces de neno tíñalle escoitado. (...)
-E pois ... íbamos ó mansío e ó toliñar, traballando á sardiña, había que ir perseguindo as tolinas porque os delfins sonche moi finos: van xuntando o banco de peixe para comer, e nosoutros atrás deles, claro, para pescar aproveitando a trollera. A toliña cando pega co peixe, co mosquilón ...
- Co que? - interrompeu interesada Carmela.
- O mosquilón, a mancha de peixe, muller- explicábase Papá Tono.
- O relanzón, nena, quisquilla desa ... camarón bravo, cativeiro - precisou Ché á filla -Aparecen no mar como unha mancha roxa, e sirve de comeduría á anchoa e o verdel. .. cando dan con el, a tolina vai detrás e faille saltar á sardiña, ó bocarte, corriolo ... Aí seique tiñan regatas de botes para chegar antes a lancha á trollera e pescar primeiros. De aí naceu o deporte do remo. Dunha necesidade pasou ás olimpiadas.
- Á trolle que, dixeches?
- Á trollera, unha bandada de peixe cando se xunta para comer.
(...) A seu pai tíñalle escoitado cantidade de vivencias da pesca. Dende o primeiro embarque en Foz cos Quintanero ás costeiras do bocarte e bonito, ata os vinte e oito anos entre Celeiro e Burela. Dos inicios como muchacho e da dureza dun oficio que faría de Ché un home amargado, a auga, pós peixiños de colores. Carmela unha tarde de praia quixo animar a seu pai cando saía do baño, ves, papá? e dicías que non che gustaba o mar. Ché corrixiuna en seco, nena, esto non é o mar, é a orilla.
Que sentimentos lle produce a paisaxe ao narrador?
Llorens foi discípulo de Sorolla. Para Llorens un pobo como o galego depende dunha terra irrepetible e distinta, dunha raza diferente e dunha historia e cultura propias. E iso é o que tenta representar nos seus cadros da paisaxe.
Cando lle preguntaron: Por que se decidiu vostede a ser paisaxista?, Llorens respondeu:
“...busquei descanso e refuxio en Galicia. E ali, contemplando o campo, foi cando cando verdadeiramente me fixen paisaxista. Ao me emocionar fronte a sorprendente beleza do agro celta e querer levar aos lenzos a miña emoción”
Llorens ten unha concepción lírica e espiritual da paisaxe.
COSTAS GALLEGAS.Óleo sobre lenzo (120x200).
Francisco Llorens Díaz (A Coruña 1874 - Madrid 1948)
Que credes que quixo representar o/a pintor/a? Cal credes que foi a súa intención?
Seriades quen de representar unha paisaxe coñecida ao modo deste cadro? 60
58
13
Suárez Couto pinta estas paisaxes líricas nas que se impón a fermosura. Reproduce os lugares da contorna das Rías Altas con moitos adornos. O mar aparece liso e azul. A falta de verdade das esceas fan dos seus cadros motivos meramente decorativos.
Pero isto ten unha explicación. Amando, nos últimos anos da súa vida, sufría coa ameaza da destrucción incontrolada do medio natural e dos modos de vida tradicional e intenta preservar por medio da súa pintura as paisaxes e os ambientes que só quedarán na memoria dos máis vellos ou nos seus cadros antes de ser destruídos. Funde a idea de conservar a contorna e os ecosistemas coa de perpetuar a esencia de Galicia.
XOGOS DE LUz CON CHUvASCOS NAS RíAS ALTASÓleo sobre lenzo (70x100). Amando Suárez Couto (Ribadeo 1894 - 1981)
Que credes que quixo representar o/a pintor/a? Cal credes que foi a súa intención?
Seriades quen de representar unha paisaxe coñecida ao modo deste cadro?
61
63
64
62
14
OS MORTOS vAN A PRÉSADirección: Angel de la CruzProdución: Artemática, Semprecinema, Perro Verde, Voz Audiovisual, ...Ano: 2009
Irene, unha camioneira que acode a buscar marisco á vila mariñeira de Fariño do Mar, queda atascada co seu camión nunha ponte, impedindo o paso ao cemiterio o día que van enterrar o patrón maior da Confraría de mariscadores. O suceso impide celebrar as honras fúnebres, polo que o cadaleito regresa á casa onde será velado ata que o problema se solucione.A xente divídese entre os que apoian a Irene, como Venancia, a fareira e antiga noiva de Filomeno, fillo do morto, que apostan por desmontar unha estatua, ou os que apoian a Filomeno que avoga por despezar o camión. As vellas leas e diferenzas entre uns e outros acentuaranse, pero nada como
o conflito que xorde cando as mulleres que están a velar o cadaleito, ancoradas en ancestrais crenzas e tradicións, pensan que a alma do defunto aínda non abandonou o seu corpo, xa que ten unha conta pendente. A meiga aconséllalles que invoquen a Santa Compaña.As Rías Altas, en concreto o lugar de Rinlo no concello de Ribadeo é o lugar elixido por Ángel de la Cruz para rodar este filme no que amosa espectaculares paisaxes da Praia das Catedrais, o Faro de Illa Pancha, a vella cetárea, a igrexa, a confraría e o cemiterio de Rinlo. O director explicou: “A aldea está moi bonita e na película imos reflectila tal como é”.