Top Banner
24 UN ANO CON CIENCIA Amparo Veiga Vila O programa Titoría Entre Iguais naceu en Barcelona, no IES Front Maritím, da man do psicólogo Andrés González Bellido e un grupo de profesores e profesoras preocupados pola prevención do acoso escolar no seu centro educativo. Despois de case dez anos de experiencia, e tras irse estendendo por diversos colexios e institutos da península, a finais do pasado curso chegou a nós grazas a Magú Puchades-Tella Villamarín, orientadora no IES do Camiño, que nos convidou a varios centros da contorna a participar na formación, sendo esta imprescindible para poder poñer en marcha o TEI no colexio. Un grupo de sete profesoras e profesores formámonos durante unha fin de semana, tan intensa coma produtiva, de finais do mes de xuño de 2014. Acordamos co resto do profesorado alí asistente empezar a poñer en marcha de maneira coordinada esta experiencia nos respectivos centros educativos (IES do Camiño de Palas de Rei, IES de Monterroso, CPI Dr López Suárez de Friol e CPI Tino Grandío de Guntín). No CPI Tino Grandío comezamos a andaina aló polo mes de outubro facendo unha xornada de sensibilización co profesorado e presentando aos compañeiros/as as fases das que constaba este programa, despois veu a formación de titores e titoras de 3º e 4º de ESO, a sensibilización do alumnado de 1º da ESO e as charlas coas familias do alumnado. Pero que é a Titoría Entre Iguais? É unha estratexia educativa para fomentar a convivencia escolar e previr o acoso no centro. Máis aló das actividades que propón, trata de ir construíndo entre todos unha cultura da paz e da non violencia. Podemos dicir que o acoso escolar existe cando se dá unha agresión repetida durante un período longo de tempo, sen provocación por parte da UN CURSO COA TITORÍA ENTRE IGUAIS TEI Programa para a prevención do acoso escolar Departamento de Orientación Pallares Orientación vítima e coa intencionalidade do agresor ou agresores de facer dano. Trátase neste programa de incidir nos pasos previos a estas situacións que poden resultar dramáticas, é dicir, trátase de educar para dicir “non” a certos comportamentos que case temos asumidos coma normais no día a día do colexio. As burlas, os motes, o illamento social, o destrozo dos materiais...son algunhas das condutas que non queremos que sigan sucedendo e que soamente coa participación de todas e todos poderemos ir mudando. Así mesmo, parte da sensibilización vai dirixida a coñecer o chamado triángulo do acoso escolar onde se explica o papel que desenvolven as vítimas, os agresores/as e os espectadores, sendo estes últimos un elemento fundamental para que a situación se agrave e perpetúe coma para que poida pararse a tempo.Trátase aquí de concienciar á comunidade educativa da responsabilidade que temos de denunciar situacións inxustas nas que un ou uns compañeiros/as lle fan a vida imposible a outro/a. ESPECTADORES VÍTIMAS AGRESORES Como se organiza a intervención? O gran protagonista desta iniciativa é o alumnado xa que a meirande parte dos conflitos os van resolver entre eles de xeito pacífico e a través do diálogo. Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO que, tras a xornada de sensibilización quixeron voluntariamente participar como titores e titoras emocionais do alumnado que comezaba a etapa de ESO, foron os grandes responsables do funcionamento desta estratexia educativa. Cada alumno/a de 3º ou 4º foi nomeado titor/a
27

Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Jul 26, 2016

Download

Documents

anxogb

 
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

24

UN ANO CON CIENCIA

Amparo Veiga Vila

O programa Titoría Entre Iguais naceu en Barcelona, no IES Front Maritím, da man do psicólogo Andrés González Bellido e un grupo de profesores e profesoras preocupados pola prevención do acoso escolar no seu centro educativo. Despois de case dez anos de experiencia, e tras irse estendendo por diversos colexios e institutos da península, a finais do pasado curso chegou a nós grazas a Magú Puchades-Tella Villamarín, orientadora no IES do Camiño, que nos convidou a varios centros da contorna a participar na formación, sendo esta imprescindible para poder poñer en marcha o TEI no colexio.

Un grupo de sete profesoras e profesores formámonos durante unha fin de semana, tan intensa coma produtiva, de finais do mes de xuño de 2014. Acordamos co resto do profesorado alí asistente empezar a poñer en marcha de maneira coordinada esta experiencia nos respectivos centros educativos (IES do Camiño de Palas de Rei, IES de Monterroso, CPI Dr López Suárez de Friol e CPI Tino Grandío de Guntín).

No CPI Tino Grandío comezamos a andaina aló polo mes de outubro facendo unha xornada de sensibilización co profesorado e presentando aos compañeiros/as as fases das que constaba este programa, despois veu a formación de titores e titoras de 3º e 4º de ESO, a sensibilización do alumnado de 1º da ESO e as charlas coas familias do alumnado.

Pero que é a Titoría Entre Iguais? É unha estratexia educativa para fomentar a convivencia escolar e previr o acoso no centro. Máis aló das actividades que propón, trata de ir construíndo entre todos unha cultura da paz e da non violencia.

Podemos dicir que o acoso escolar existe cando se dá unha agresión repetida durante un período longo de tempo, sen provocación por parte da

UN CURSO COA TITORÍA ENTRE IGUAIS

TEI

Programa para a prevención do acoso escolar

Departamento de Orientación

Pallares Orientación

vítima e coa intencionalidade do agresor ou agresores de facer dano. Trátase neste programa de incidir nos pasos previos a estas situacións que poden resultar dramáticas, é dicir, trátase de educar para dicir “non” a certos comportamentos que case temos asumidos coma normais no día a día do colexio. As burlas, os motes, o illamento social, o destrozo dos materiais...son algunhas das condutas que non queremos que sigan sucedendo e que soamente coa participación de todas e todos poderemos ir mudando.

Así mesmo, parte da sensibilización vai dirixida a coñecer o chamado triángulo do acoso escolar onde se explica o papel que desenvolven as vítimas, os agresores/as e os espectadores, sendo estes últimos un elemento fundamental para que a situación se agrave e perpetúe coma para que poida pararse a tempo.Trátase aquí de concienciar á comunidade educativa da responsabilidade que temos de denunciar situacións inxustas nas que un ou uns compañeiros/as lle fan a vida imposible a outro/a.

ESPECTADORES

VÍTIMAS AGRESORES

Como se organiza a intervención? O gran protagonista desta iniciativa é o alumnado xa que a meirande parte dos conflitos os van resolver entre eles de xeito pacífico e a través do diálogo. Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO que, tras a xornada de sensibilización quixeron voluntariamente participar como titores e titoras emocionais do alumnado que comezaba a etapa de ESO, foron os grandes responsables do funcionamento desta estratexia educativa. Cada alumno/a de 3º ou 4º foi nomeado titor/a

Page 2: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Pallares

25

Orientación

dun alumno/a de primeiro coa finalidade de guialo nesta nova etapa educativa e servirlle de apoio para as dificultades que puidesen xurdirlle na aula e ou no centro en xeral. Unha vez ao mes titor e titorando tiñan oportunidade de falar formalmente na hora de titoría. Tamén unha vez ao mes, os titores/as acudían a unha reunión coa coordinadora do programa onde se falaba das dificultades e dos pequenos atrancos que se atopaban ao desempeñar o seu labor.

Na práctica, tanto dende o profesorado como dende o alumnado fomos vendo que hai moitas cousas que mellorar para que o programa sexa realmente efectivo. Aínda pendentes de facer unha avaliación por parte do profesorado do centro, podemos compartir con vós algunhas das valoracións que titorandos e titores/as fan deste primeiro ano de posta en marcha. Todos/as coinciden en que é un programa que debe continuar no centro, sendo para todos eles unha “boa experiencia” e mesmo “unha experiencia

inolvidable”. De entre os titorandos hai quen di que se “sentiu protexida”, “recibiu axuda dos máis grandes” e algúns opinan que “andaban máis vixiados”. Se cadra para quen supuxo un maior reto foi para o alumnado titor que sentiu a responsabilidade e a satisfacción de poder axudar dende a experiencia propia. A maior dificultade que atoparon foi a de gañar confianza para compartir problemas. Algúns botaron en falta unha formación máis extensa e case todos piden poder ter máis contacto cos titorandos e facer máis actividades conxuntas que axuden a romper o xeo.

Esperamos que sexa este o primeiro dun longo percorrido para acadar un clima de convivencia pacífico e enriquecedor, onde o respecto ás diferenzas sexa eixo fundamental das nosas relacións. Dende o centro só nos queda agradecer ao alumnado a súa implicación e o seu saber facer.

Entrega de diplomas e carnés de titores/as.

Page 3: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Pallares Orientación

26

A continuación amosase a publicación que o diario “El Progreso” fixo desta experiencia innovadora, tanto en formato papel como dixital:

Page 4: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Letr

as

Ga

leg

as

Letr

as

Ga

leg

as

Pallares Letras galegas

27

Cada ano dende 1963, o 17 de maio celebramos unha data de importancia no ámbito da nosa literatura, o Día das Letras Galegas, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

Nesta data recordamos a un escritor ou escritora (xa falecido/a) pola súa obra en lingua galega.

A RAG acordou dedicarlle este ano o Día das Letras Galegas ao escritor e historiador Xosé Fernando Filgueira Valverde, polo seu traballo divulgativo a prol da lingua e da cultura galega. A súa candidatura xa se presentara diversas veces, logrando impoñerse este ano ao resto de autores propostos.

Naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Era fillo de Xosé María Filgueira Martínez (médico en Pontevedra) e Araceli Valverde Yaquero. Desde moi novo estivo involucrado en toda clase de proxectos

culturais. En 1927, licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e en 1936 doutorouse en Filosofía e Letras na Universidade de Zaragoza. En 1959 diplomouse en Psicoloxía, tamén na USC.

A súa traxectoria pública comezou en 1928 como secretario da Xunta Provincial de Pontevedra do Padroado Nacional de Turismo. En 1928 comezou tamén a súa carreira de docente, primeiro como axudante interino da Sección de Letras no Instituto de Pontevedra. Sete anos máis tarde, en 1935, gaña por oposición a cátedra de Lingua e Literatura Española do Instituto Balmes de Barcelona, desde o que se traslada ese mesmo ano primeiro a Melilla e despois a Lugo. Nesta última cidade coñeceu a María Teresa Iglesias de Oscáriz coa que casou e con quen tivo cinco fillos. En 1940 volveu a Pontevedra, ao Instituto Sánchez Cantón, do que foi director ata a súa xubilación.

Participou na creación do Museo Provincial de Pontevedra en 1927, sendo secretario e máis tarde director do mesmo. Foi membro numerario da RAG e correspondente da Real Academia de Historia, de Lingua e de Belas Artes de San Fernando. Foi nomeado vogal do padroado do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixiu ademais o Museo de "Rosalía de Castro" e o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

En 1973 recibiu o “Pedrón de Ouro”, un dos galardóns de maior prestixio no ámbito cultural galego, e tamén o premio “Galicia Letras”.

XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE

Carla Fernández Rubio (3ºESO)Antía Cabanas Barja (3ºESO)

Page 5: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Letr

as

Ga

leg

as

Letr

as

Ga

leg

as

Pallares Letras galegas

De 1982 a 1983 exerceu o cargo de Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia.Participou sempre do galeguismo, sendo membro desde os comezos do Partido Galeguista.

Ocupou cargos públicos no franquismo, como presidente do Tribunal Tutelar de Menores e alcalde de Pontevedra, ademais de Procurador en Cortes e Conselleiro provincial de Belas Artes.

Xosé Filgueira Valverde faleceu na casa familiar da rúa Arcebispo Malvar de Pontevedra o 13 de setembro de 1996, a piques de cumprir os 90 anos.

Cabe recoñecer a súa extensa obra de carácter divulgativo, tanto científica como literaria, que o converteu nunha das figuras centrais da cultura galega do século XX. Esta obra supera os trescentos títulos entre libros e folletos, máis de mil publicacións en xornais e revistas e máis de 1600 conferencias e discursos tanto en galego como en castelán.

Ao analizar as súas obras podemos sacar de contexto que ningún campo do saber quedou fóra do interese e da curiosidade de Xosé Filgueira Valverde. É evidente tamén, que a súa maior actividade se concentrou en determinados ámbitos como a historia, a arqueoloxía, a antropoloxía, a arte e a literatura. Non é doado, debido á morea de obras, destacar algunha publicación en particular. Pero cabe nomear algunhas especialmente relevantes para a nosa cultura, as cales citamos a continuación.

A primeira obra narativa galega foi a recolleita de narracións breves: Os nenos (1925); máis tarde publicou O Vigairo (1927)

e Quintana viva (1971). Así mesmo escribiu un Diccionario e o Vocabulario popular galego-castelán (1926).

En canto ó teatro publicou unha obra en Lugo co nome de Agromar (1936).

En castelán escribiu diversas guías e catálogos como son a Guía breve del Museo de Pontevedra (1969) ou Santiago de Compostela. Guía de sus monumentos e itinerarios (1950). E como ensaio tamén en castelán escribiu por exemplo o Cancionero Musical de Galicia (1942).

E por último, pero non menos importante, as coleccións de artigos xornalísticos publicados no Faro de Vigo, reunidos en nove volumes baixo o título de Adral, que, en opinión do membro de número da Academia Xesús Ferro Ruibal constitúen unha verdadeira "enciclopedia galeguizadora".

28

Page 6: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Pallares Ocio e tempo de lecer

LIBROS E CINEClub de Lectura

29

O Club de Lectura do noso centro segue na teima de analizar obras literarias e as súas adaptacións cinematográficas. Así, neste curso, lemos, vimos e comentamos:

A convocatoria do club tivo tan boa acollida que todo o alumnado de 6º de EP e o 60% do alumnado de ESO participa asiduamente nas sesións e actividades programadas.

Page 7: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

14

Pallares

30

Los juegos del hambre de Suzanne Collins foi unha das obras que máis interese suscitou entre os alumnos e alumnas e animou a moitos a ler o resto dos libros da triloxía.

E para rematar, no mes de xuño, faremos unha visita ao Versalles galego: o Pazo da Oca, onde investigaremos que tramas puideron xurdir neste contorno.

Ocio e tempo de lecer

Page 8: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

14

Pallares

31

O grupo de adultos está aberto a todos os membros da comunidade educativa que desexen participar: docentes, persoal laboral, pais, nais e familiares.

Os adultos tamén lemos!!!

Ocio e tempo de lecer

Page 9: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Pallares Ciencia divertida

Juan Arias Rodríguez Miguel Josué González Morla

Óscar Pérez PérezLaura Rodríguez Buján

David Rodríguez Corredoira Adrián Somoza Couso.

32

O ámbito científico-tecnolóxico do curso de PDC busca a conexión entre o aprendido na aula e os traballos cotiáns.

Neste artigo presentamos dous trucos fáciles para resolver problemas difíciles.

SISTEMA DE REGO POR CONDENSACIÓN SOLAR

Aproveitando que temos un invernadoiro, decidimos facer unha pequena plantación para ver o efecto dun fertilizante en distintos tipos de plantas e atopámonos co problema de regar as fins de semana.

Nos países nos que escasea a auga deben economizala e unha das maneiras é mediante o rego por goteo. O que expoñemos a continuación tamén persegue economizar a auga.

Consiste en dispoñer dous recipientes, un máis grande e outro máis pequeno. Poden ser botellas de auga de diferente tamaño. A botella máis grande tápase cun tapón e córtaselle o fondo. A botella máis pequena (ou vaso de plástico) énchese de auga.

Ao pe de cada planta colócase unha botella dentro da outra.

A calor fai evaporar a auga da botella pequena que se condensa nas paredes da grande e esvara cara o solo, mantendo a humidade na base da planta.

Ao final de curso veremos os resultados.

DA TEORÍA Á PRÁCTICADA TEORÍA Á PRÁCTICA

Page 10: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Pallares Ciencia divertida

33

COMO MEDIR A ALTURA DUNHA ÁRBORE

Se queremos saber canto mide un eucalipto de 30 anos sen subir a el nin “pinchalo” podemos recorrer ao método de comparar a súa sombra coa dun obxecto de altura coñecida pero, e se non hai sobra por estar nubrado?

Nós probamos o seguinte método:Collemos unha regra de 30 cm e separámonos da árbore ata que, sosténdoa co brazo

estendido puidemos velo dentro da altura da regra cerrando un ollo.

Medimos a distancia da árbore aos nosos pes (D) e da regra ao ollo (d).

Botamos a seguinte conta:

D en metros/d en metros = Altura árbore (H) / lonxitude da regra en metros(h)

Altura da árbore = A/B x Lonxitude da regra.

Probamos coas árbores do patio para ver se o resultado é correcto.

H

D

h

d

Page 11: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Pallares Alimentación

Marta Manso Eliz

Gominolas SaudablesGominolas Saudables

· Un sobre de xelatina de sabor (85 gr)

· 20 gr de xelatina neutra (láminas)

· 200 ml de auga, zume de calquera

sabor ou zume exprimida de laranxa

ou limón.

· 100 gr de azucre

· Máis azucre para rebozalas (optativo)

Paso a paso:

Ingredientes:

1. Poñemos todos os ingredientes nun cazo, a lume

suave, sen deixar de remover e sen deixar que ferva,

10 minutos

2. Deixamos repousar o cazo fóra do lume dous

minutos, formarase unha película espesa de cor

clara que retiramos cunha culler.

3. Engraxamos os moldes cunhas gotiñas de aceite (se

son de silicona branda non fai falta este paso)

4. Vertemos a mestura nos moldes e refrixeramos 12

horas

5. Sacamos as lambetadas dos moldes e rebozamos con

azucre se queremos.

34

Page 12: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Pallares Ciencia divertida

35

Carla Fernández RubioMª Rosario López Fernández

Jennifer Vázquez Vázquez

Na actualidade todos nós temos oído falar deste tipo de organismos aínda que non saibamos moi ben en que consisten. Ao mesmo tempo, moitos agricultores galegos xa usan sementes de millo con esta denominación.

Os transxénicos son organismos aos que se lles introduciu información xenética doutro ser vivo para que reproduzan características propias deste. A maioría son plantas destinadas á alimentación.

TIPOS DE ORGANISMOS TRANSXÉ-NICOS:

1.- Resistentes aos herbicidas

No chan viven bacterias capaces de sobrevivir ao ataque dos herbicidas. Aíllanse os xenes responsables desta característica e introdúcense no ADN da planta. Así, ao utilizar herbicidas, esta planta non morrerá.

2.- Tolerantes a insectos As plantas con esta característica levan incorporado un xene tóxico con propiedades

insecticidas, illado na bacteria Bacillus thuriengensis.

3.- Resistentes a condicións ambientais adversas como frío, salinidade, exceso de calor.

4.- Substancias empregadas en tratamentos de animais para mellorar a produción. O mellor exemplo é a hormona de crecemento bovina recombinante utilizada para aumentar a produción láctea. Utilízase en Estados Unidos pero non na Unión Europea.

Serve tamén para que os animais medren máis rápido, así no salmón, con esta técnica, conseguíronse exemplares que engordan dúas veces máis rápido e comen menos que as variedades naturais, medrando no inverno, época na que normalmente o crecemento se detén.

Pódese conseguir fortalecer o sistema inmune de determinados animais, facéndoos incluso resistentes a algunhas enfermidades.

Podemos concluír que as modificacións xenéticas en plantas conseguen resistencia ás condicións ambientais adversas, a herbicidas e pragas de insectos e poden incorporar mellores cualidades nutritivas.

Cando as modificacións se realizan en animais, con fins médicas, axudan aos investigadores a illar determinados xenes para comprender o seu funcionamento, como fonte de tecidos e órganos para transplantes, para mellorar a produción gandeira ou obter leite con maior valor nutricional ou con proteínas de importancia farmacéutica.

Os alimentos transxénicos máis utilizados son: millo, soia, tomates, froitas, patacas, pan, cervexa e algúns alimentos de orixe lácteo.

OS ORGANISMOS

TRANSXÉNICOS

Page 13: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Pallares Ciencia divertida

36

Alimentos transxénicos en España: Chocolates, pan, patacas fritas, galletas, aceites...

Algunhas marcas que conteñen transxénicos son: Nestlé, Grupo Sos, Danone, Carbonel, Nequik, Nescafé, Eko e Kellogg's.

SITUACIÓN EN ESPAÑA E EN GALICIA

España xunto con Portugal e a República Checa, son os únicos países de Europa nos que se seguen cultivando alimentos transxénicos en especial soia e millo.

A maioría, por non dicir todos os produtos de soia e millo que non son ecolóxicos, son transxénicos.

O negocio dos transxénicos existe en Galicia. Dúas das grandes multinacionais da alimentación e da biotecnoloxía, Monsanto e Pioneer, son as empresas que comercializan os transxénicos, despois de varios anos experimentando con millo transxénico na Coruña, Lugo e Pontevedra.

Estas empresas xa están contactando directamente con gandeiros e agricultores galegos para presentarlles os seus productos e expoñerlles a súa intención de introducir en Galicia alimentos alterados xeneticamente.

Un dos transxénicos que se utiliza é o millo resistente ás malas herbas e que necesita menos abono e tamén é resistente a insectos.

Monsanto e Pioneer comezaron os seus experimentos en Galicia hai algúns anos. Dende entón, sementaron millo transxénico coa preceptiva autorización do Ministerio de Medio Ambiente, nos concellos de Arzúa, Arteixo, Mesía, Val do Dubra, Ribeira, Touro (A Coruña), Chantada, Vilalba, Castro de Rei (Lugo) y Lalín (Pontevedra).

PROBLEMAS ASOCIADOS

Os riscos son numerosos e existe, sobre todo, certa preocupación en canto á saúde alimentaria, aínda que tamén supón un risco para o medio ambiente ou a economía.

Os alimentos transxénicos poden levar substancias que produzan alerxias ou intolerancias alimentarias en persoas susceptibles así como unha posible resistencia a antibióticos útiles para a saúde humana.

Por outra parte, dende o punto de vista biolóxico, a resistencia que se conseguiu nos cultivos transxénicos fai que se utilicen herbicidas moito máis potentes, o que leva a unha maior contaminación do solo. Ademais estes poden filtrarse e chegar ás augas subterráneas.

A resistencia tamén se fai máis importante en insectos e malas herbas que evolucionaron en relación ao uso dos transxénicos, o que pode levar a outro problema de biodiversidade.

Outro problema é a falta de información e transparencia, xa que algúns alimentos transxénicos estanse usando mesturados e de forma indistinta con alimentos non modificados.

Tomate

Variedades de millo nativo

Page 14: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Pallares Educación e sociedade

37

Iván é un neno ruso de 14 anos que veu para Guntín dende Vladimir (Rusia). Ten un problema auditivo aínda que el sabe falar ruso e un pouco de español.

Antes da súa chegada, César, o noso titor, díxonos que ía vir un alumno novo pero non nos dixo de onde era. Nós estabamos impacientes por velo. Ao día seguinte, María díxonos que viña de Rusia. A nós fíxonos moita ilusión coñecelo porque nunca viramos a ninguén ruso no noso centro. O malo foi que só estabamos con el nas clases de educación plástica, educación física, proxecto interdisciplinar, t i tor ía, atención educat iva e en matemáticas. Pero coñecémolo bastante ben porque sempre que podemos estamos con el.

Para que a súa incorporación fose o mellor posible puxemos carteis por todo o centro nos diferentes locais nos que aparecía o nome do sitio en linguaxe de signos, ruso, galego e español.

Comunicámonos con el bastantes veces aínda que nos custa un pouco porque non sabe moito español e nós non sabemos ruso. Por outra banda, tivemos que aprender o abecedario e algunhas palabras na linguaxe de signos. Aprendemos que a linguaxe de signos tamén é diferente en ruso que en español, só teñen un vinte por cento de parecido entre ambas.

Iván ten un horario de clases distinto do noso porque vai con María (a oientadora do Centro) e con outros profesores el só, para que lle aprendan español para comunicarse mellor.

O seu alfabeto, o do ruso, é diferente ao noso. Chámase Cirílico e ten caracteres diferentes aos nosos, por exemplo:

Esperamos que se atope cómodo no noso colexio. Intentaremos axudalo o máximo posible.

Carla Fernández Rubio (3ºESO)Antía Cabanas Barja (3ºESO)

A INCORPORACIÓN DE IVÁNA INCORPORACIÓN DE IVÁN

Ребенок = neno

Page 15: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Almorzo Almorzo

saudable, saudable, bos bos

hábitos hábitos alimenticiosalimenticios

Pallares Alimentación

38

Aliménta-T Ben

Como sabedes, participamos no programa Aliméntate Ben, dentro do Plan Proxecta, da Consellería de Educación, que pretende fomentar o consumo de froita e peixe entre os rapaces/as.

Comezamos polo almorzo:

Dende hai tempo detectamos que moitos alumnos/as non almorzan ou fano dun xeito escaso e, en consecuencia, maréanse durante a mañá, especialmente se teñen actividades físicas.

Por isto, e por iniciativa da profesora de bioloxía (Amparo Veiga Vila), enviouse ás familias unha carta por correo coas recomendacións necesarias para elaborar un almorzo saudable.

Un almorzo completo ten como obxectivo aportar os nutrientes necesarios e está ligado a un mellor rendemento físico e psíquico.

Un neno/a en idade escolar que chega ao colexio sen almorzar correctamente obsérvase canso, sen enerxía, irritable, e polo tanto, sen gañas de aprender. Aínda que non o creades, todas as funcións cerebrais dos nenos/as atópanse vinculadas a un bo almorzo.É importante ter en conta que o cerebro aliméntase de glicosa e funciona a través dela. Por tanto, o almorzo debe aportar glicosa en cantidades axeitadas.Os nenos/as requiren de enerxía constantemente e máis polas mañás cando as súas actividades escolares demandan esforzos mentais e físicos.

A comida é a fonte de enerxía que n e c e s i t a m o s p a r a r e a l i z a r a s actividades diarias (traballar, estudar, loitar contra o frío, xogar, etc…)

Moitos alumnos/as pasan dende as 10 da noite ata as tres da tarde, 17 horas sen comer!

A CONTINUACIÓN INDICÁMOSVOS ALGÚNS CONSELLOS PARA INTENTAR CORRIXIR ESTE PROBLEMA

1.- Quizais necesiten 15 minutos máis pola mañá.

2.- O almorzo saudable debe incluír algún alimento de cada un destes tres grupos

Deben almorzar sempre e con tempo.

UN LÁCTEO

ALIMENTOS CON CEREAIS

FROITA

- Leite- Iogur- Queixo

- Pan- Galletas- Bizcoito caseiro- Cereais para o leite

- Algunha peza ou zume

Tamén se pode incluír manteiga e marmelada, xamón cocido ou serrano.

3.- Alternar os alimentos ao longo da semana faino máis variado e apetitoso.

4.- xa que teñen

un exceso de graxas pouco saudables.

5.- Poden traer un bocadillo para o recreo.

Evitar pastelería industrial do tipo de donuts, palmeiras, etc…

Almorzo Almorzo

saudable, saudable, bos bos

hábitos hábitos alimenticiosalimenticios

Page 16: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Pallares Alimentación

39

6.- O ideal é facer 5 comidas ao día (almorzo, media mañá, xantar, merenda e cea lixeira)

Outras boas prácticas no Centro:

No Centro, e dentro do programa Alimenta-T ben, temos programadas algunhas actuacións cuxo obxectivo é contribuír aos bos hábitos alimenticios e de saúde.

No tempo de lecer de polas mañás todo o alumnado pode comer unha peza de froita de temporada, os máis pequeniños consómena na súa aula coa súa profesora. Organizan quendas e van buscalas á cociña.

A maiores dos bos hábitos alimentarios tamén hai que traballar outros hábitos que están directamente relacionados coa alimentación, o lavado de mans, os hábitos na mesa, as normas básicas de educación nos tempos das comidas, etc. Nun comedor escolar con máis de 150 comensais é moi difícil traballar boas prácticas, e logo de pensar moito acordamos unha serie de medidas que están a dar moi bos resultados:

- O semáforo que mide o nivel de ruído.

- A quenda para os máis pequeniños/as: o alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de primaria comen sos, asesorados polos seus profesores/as titores/as. Ensínanlles a falar por quendas, a colaborar, a esperar e a moitas cousas máis pouco a pouco. Deste xeito o número de comensais é menor sendo máis doado incidir co alumnado.

Tamén dentro do programa Aliménta-T ben, o alumnado de primaria fixo unha viaxe á lonxa de Burela para tomar contacto directo co mundo do mar. Esta viaxe foi traballada previamente nas aulas e resultou moi enriquecedora a todos os niveis. O primeiro que visitaron foi o barco Museo de Burela, onde lles ensinaron como se pescaba o atún, o proceso de almacenamento, e tamén como era a vida dos mariñeiros en alta mar.

Page 17: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Pallares Alimentación

Unha vez finalizada a visita ao barco Museo foron á lonxa, onde, a maiores de coñecer as diferentes especies coas que traballan, tamén lles explicaron como se conserva o peixe ata chegar aos puntos de venta (como se facía o xeo, as cámaras de refrixeración e conxelación, etc.).

Ao rematar esta visita invitáronos a comer nun restaurante a base de peixe.

Para finalizar esperamos que sexamos capaces de darlles o valor que merecen, tanto á inxesta axeitada de alimentos coma aos bos hábitos de saúde e alimentación.Dende o colexio tentamos reforzar as boas prácticas que as familias traballan tamén nos seus fogares.

Entre todos/as, escola e famil ia, poderemos traballar e acadar hábitos saudables para toda a vida.

1º- DURMIR BEN:

- BEBÉS: DE 14 A 15 HORAS

- 4 ANOS: 11 HORAS

- 8 ANOS: 10 HORAS

- ADULTOS: UNHAS 8 HORAS.

2º- FACER EXERCICIO POLO

MENOS UNHA HORA AO DÍA.

3º- COMER BEN.

40

Lembrade: hai tres hábitos

que nos manteñen sansLembrade: hai tres hábitos

que nos manteñen sans

Page 18: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Murais e concursosMurais e concursos

Pallares Actividades

Actividades en tempos de lecer

41

Page 19: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

42

Pallares

SaídasSaídas

Museo de historia natural Visita á Catedral

42

Mosteiro de Ferreira

VIAXE A SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Outras actividades: charlas, conta contos, teatro, animacíon, arte…Outras actividades: charlas, conta contos, teatro, animacíon, arte…

O MAGOSTO:

Actividades

Page 20: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

43

Pallares

43

Obradoiros no nadal:Obradoiros no nadal:

MODELADO EN BARRO:

FIELTRO:

TIZA CON SAL:

PAPIROFLEXIA:

Actividades

Page 21: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

ESTAMPACIÓN:

Pallares

44

REPOSTERÍA:

MAQUILLAXE:

Actividades

Page 22: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Pallares

45

ENTROIDO:

CHARLAS, CONTA CONTOS…:

Actividades

Page 23: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Pallares

46

POR QUE TEMOS EMBIGO?: A AVENTURA ESTÁ NO MAR:

PROXECTO” MONTE VIVO”:

OUTRAS E MOITAS MÁIS:

Actividades

Page 24: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

Pallares Educación e sociedade

47

PascualaEste curso xubilouse unha das nosas compañeiras de traballo, Pascuala.

Todos e todas

Puxémonos a buscar fotos do seu paso polo Centro, por este o seu Centro, e claro, o de sempre, pensamos: a ver agora onde hai fotos de Pascuala. E, sabedes que pasou?, pois que hai tantísimas que o traballo non foi buscar senón seleccionar, menudo traballo. Porque ela estaba en todas as viaxes e excursións, en todas as saídas, en todas as actuacións... en moitísimas actividades... no invernadoiro, plantando unha árbore, pegando carteis, facendo murais, colocando exposicións, no laboratorio...

Page 25: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

48

Pallares Educación e sociedade

E todo porque lle gustaba o ensino, defensora a ultranza do ensino público, dun ensino de calidade, sempre tratando de aportar e nunca de restar.

Podería ser que hai persoas que nacen ou que as sentimos cunha vocación especial para o traballo, sexa cal sexa?. Se existen, unha é Pascuala.

A diario viña ao Centro compartindo algo máis ca o coche coas súa compañeiras Amparo e Rosario, de s e g u r o q u e o r g a n i z a b a n actividades de camiño ao traballo, repasaban o acontecido cada día, e axudábanse nos momentos difíciles.

Page 26: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

SEGURO QUE PASCUALA SEGUIRÁ

A TRABALLAR POR UNHA

SOCIEDADE MELLOR, DENDE O

CENTRO DESEXÁMOSLLE O

MELLOR E SEMPRE TERÁ UN LUGAR

NO CPI TINO GRANDÍO DE GUNTÍN

SEGURO QUE PASCUALA SEGUIRÁ

A TRABALLAR POR UNHA

SOCIEDADE MELLOR, DENDE O

CENTRO DESEXÁMOSLLE O

MELLOR E SEMPRE TERÁ UN LUGAR

NO CPI TINO GRANDÍO DE GUNTÍN

Page 27: Guntin de Pallares revista 2015. 2ª parte

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIASecretaría Xeral de Política Lingüística

Concello Guntín

Revista Subvencionada: