VIVIR MÁIS,
VIVIR MELLOR
Profesores: Mª del Carmen Cerviño, Adán Gonçalves e Marcos Perille
Viviremos máis cós nosos avós?
ESPERANZA DE VIDA NO ANO 2012
Nos países desenvolvidos, con boascondicións hixiénicas e alimentaciónsuficiente e variada, as causas queprovocan a morte son diferentes ásdos países en desenvolvemento.
En España a esperanza de vida é dearredor dos 80 anos.No último século aumentou máis decorenta anos.
AUMENTO DE ESPERANZA DE VIDA EN ESPAÑA NO ÚLTIMO SÉCULO
PRINCIPAIS CAUSAS DE MORTE EN DIFERENTES PAÍSES
1. SAÚDE E ENFERMIDADE
A OMS (Organización Mundial da Saúde) define a saúde como un
estado de completo benestar físico, mental e social, e non só como
a ausencia de enfermidade.
A enfermidade pode definirse como unha alteración no estado de
saúde, é dicir, a perda transitoria ou permanente do benestar
físico, psíquico ou social.
De que depende a saúde?Hai tres factores que determinan o estado de saúde dunha persoa:
•O estilo de vida individual (alimentación, actividade física…)
•Factores sociais e ambientais (asistencia sanitaria, clima, contaminación…)
•Factores xenéticos, que dependen da información contida nos xenes.
1. SAÚDE E ENFERMIDADE
Estilo de vida: é o conxunto de patróns de conduta que determinan a
maneira de vivir dunha persoa ou grupo.
Un estilo de vida saudable implica:
Unha alimentación axeitada
Actividade física apropiada
Control do tabaquismo e outras adiccións
Vivenda digna
Ambiente de traballo adecuado
Saúde mental e sexual
Control da presión arterial e o colesterol
AGRESIÓNS AMBIENTAIS
Físicas Químicas Biolóxicas
•Radiacións ionizantes
(como a radiación
ultravioleta, raios X,
radiactividade).
•Ruídos.
•Variacións de
temperatura.
•Contaminación da auga. Pode deberse a
residuos orgánicos, como os gandeiros;
inorgánicos, como os fertilizantes e
biolóxicos, se se trata de microorganismos).
•Contaminación do aire, principalmente
debido aos transportes, a calefacción e a
industria (partículas en suspensión,
monóxido de carbono, dióxido de xofre,
óxidos de nitróxeno).
•Contaminación dos alimentos (por
praguicidas, metais pesados, antibióticos e
hormonas, …)
•Virus.
•Bacterias.
•Protozoos.
•Fungos.
1. SAÚDE E ENFERMIDADE
Factores de risco: é calquera circunstancia dunha persoa ou un grupo de
persoas que aumenta a probabilidade de padecer unha enfermidade.
Non ten necesariamente que ser a causa da enfermidade, pero si se relaciona
(con probas científicas/diagnósticas) coa enfermidade.
En moitas ocasións a coincidencia de factores provoca un aumento da
probabilidade de padecer unha enfermidade.
Tipos de factores de risco:
• Modificables: tipicamente os relacionados co noso comportamento:
tabaquismo, alcoholismo, dieta…
• Non modificables: os inherente a persoa: xenética, idade, sexo…
1. SAÚDE E ENFERMIDADE
Os factores de risco poden ser específicos dun tipo de enfermidade.
A exposición solar é un factor de risco do cancro de pel
Os factores de risco poden afectar a varias enfermidades.
O alcoholismo aumenta a probabilidade de sofrer un accidente de
tráfico e á destruturación familiar que poden derivar en
problemas psicolóxicos.
Os factores risco poden confluír aumentando a probabilidade de sofrer
unha patoloxía.
A hipercolesterolemia, o tabaquismo e a hipertensión aumentan a
probabilidade de sofrer unha cardiopatía.
2. SAÚDE PÚBLICA E MEDICINA PREVENTIVA
Saúde Pública: é a aplicación do método científico aos problemas de
saúde-enfermidade, considerando como suxeito a comunidade.
Medicina Preventiva: rama da Medicina que ten por obxecto impedir
que un individuo ou poboación adquira e desenvolva unha enfermidade
ou problema de saúde.
No campo da Saúde Pública, a aplicación da Medicina Preventiva pode
establecerse mediante distintos tipos de medidas.
2. SAÚDE PÚBLICA E MEDICINA PREVENTIVA
Tipos de Medidas:
Medidas Universais: van dirixidas a toda a poboación. Por exemplo:
orientacións para unha dieta equilibrada, hixiene dental, abandono do
tabaquismo…
Medidas Selectivas: diríxense a determinados grupos de poboación polo seu
alto risco. Por exemplo: vacinacións de nenos, anciáns… contra a gripe;
vacinación contra a hepatite A e B do persoal sanitario; vacinación contra o
papiloma humano nas adolescentes…
Medidas individuais: dirixidas ás persoas en concreto.
3. A ENFERMIDADE
• Como xa comentamos, a enfermidade constitúe calquera alteración do
estado de saúde por causa física, mental ou social.
• Patoloxía é o conxunto de alteracións que sofre o organismo a consecuencia
do padecemento dunha enfermidade.
As enfermidades pódense clasificar seguindo distintos criterios: o impacto na
poboación, a orixe da súa patoloxía…
Segundo o impacto poboacional:
- Enfermidades esporádicas: son puntuais no espazo e no tempo.
- Enfermidades endémicas: permanecen nunha zona.
- Enfermidades epidémicas: afectan a moita poboación nun tempo
limitado.
- Enfermidades pandémicas: epidemias que se estenden a varios países.
3. A ENFERMIDADE
Segundo a orixe:
Enfermidades físicas: producidas por unha lesión, infección ou proceso
dexenerativo no organismo. Son as máis recoñecibles e podémolas clasificar en:
- Infecciosas: un axente patóxeno introdúcese no organismo.
P.e. gripe, salmonelose...
- Non infecciosas: outras causas (xenéticas, ambientais...). P.e.
hemofilia, moitos tipos de cancro...
Enfermidades mentais: debidas a un mal funcionamento do cerebro que
conduce a unha diminución da capacidade mental ou a alteracións da conduta. P.e.
esquizofrenia, fobias...
Enfermidades sociais: ocasionadas polo entorno social (violencia, carencias
educativas...) P.e. agresividade social, tabaquismo, drogadición, alcoholismo...
3.1. Enfermidades non infecciosas
As enfermidades non infecciosas son aquelas que non son causadas por un
microorganismo patóxeno ou unha partícula infecciosa, e polo tanto, non son
transmisibles.
As doenzas non infecciosas afectan o normal funcionamento dos aparellos e
sistemas do organismo. En función das súas causas, características e lugar
de acción podemos falar de:
Enfermidades hereditarias ou xenéticas
Enfermidades mentais
Enfermidades específicas de órganos ou aparellos
Enfermidades oncolóxicas (cancros)
Enfermidades autoinmunes
Enfermidades causadas por accidentes
3.1.1. Enfermidades Hereditarias
Aquelas herdables dos proxenitores. Moitas delas son crónicas, como a diabete
e a hemofilia.
Debe aclararse aquí que en moitas outras enfermidades que non pertencen a
este grupo a predisposición xenética considérase un factor de risco, por
exemplo moitos tipos de cancro.
• Diabete: hai distintos tipos. A diabete máis frecuente é a diabete mellitus
producida pola deficiencia parcial ou total da hormona insulina que regula a
concentración de glicosa no sangue.
O tratamento baséase nunha dieta equilibrada e na administración de insulina.
Nalgúns casos é xenética e aparece na infancia. Noutros, relaciónase cun
exceso de calorías na dieta e sobrepeso.
Por esta razón tamén se lle considera unha enfermidade nutricional e
endócrina.
• Hemofilia: engloba tres tipos de
alteracións xenéticas con herdanza ligada
ao cromosoma X . Impide a coagulación
correcta do sangue.
• Obesidade: existen múltiples causas
(factores herdables, ambientais,
endócrinos…). Consiste nun exceso de graxa
corporal. Combátese cunha dieta axeitada e
a práctica habitual de exercicio. Para
determinar se unha persoa padece ou non
obesidade, calcúlase o Índice de masa
corporal (IMC), dividindo a masa en kg
entre a altura (en metros) ao cadrado.
Alexei Nikolayevich (último zarevichde Rusia) padeceu hemofilia.
3.1.2. Enfermidades MentaisInclúen un amplo espectro de trastornos:
•Esquizofrenia. Caracterízase por distorsións na percepción e razoamento.
•Trastornos de ansiedade, caracterizados por temores intensos.
•Depresión. Caracterizada por unha tristeza excesiva.
•Trastornos da conduta alimentaria, como a anorexia nerviosa ou a bulimia.
•Sindrome de déficit de atención e hiperactividade. Dáse en nenos con problemas para
controlar a enerxía e a atención.
•Trastornos de personalidade.
•Demencia. Perda progresiva das capacidades mentais. A máis común é a enfermidade de
Alzheimer.
Hoxe en día, existen tratamentos farmacolóxicos e psicolóxicos para as persoas con
enfermidades mentais, que permiten que os enfermos curen ou, polo menos, experimenten unha
melloría.
3.1.3. Enfermidades Específicas de órganos e aparellos
- Enfermidade inflamatoria intestinal: enfermidade crónica do
intestino que non tende a curación. Agrupa varios tipos: colitis
ulcerosa, enfermidade de Crohn e colitis indeterminda…
As enfermidades do aparello dixestivo
Algunhas enfermidades do aparello respiratorio débense ao estreitamento ou obstrución das vías
respiratorias, que diminúe o aporte de aire. As máis frecuentes son a asma, o enfisema ou a
bronquite.
Aínda que son enfermidades graves, a enfermidade respiratoria máis grave é o cancro de pulmón,
asociado nun 90% dos casos ao consumo de tabaco.
Anuncio Efectos tabacoIndícanse con asteriscos as substancias canceríxenas.
As enfermidades do aparello respiratorio
As enfermidades cardiovasculares son a primeira causa de mortalidade no mundo,
especialmente nos países desenvolvidos. Afectan ao corazón ou aos vasos sanguíneos.
As enfermidades cardiovasculares
As arterias coronarias son as que levan o sangue con osíxeno e
nutrientes ao músculo cardíaco (miocardio). Se se obstrúen,
prodúcese un infarto de miocardio: o sangue deixa de nutrir unha
rexión do músculo cardíaco, polo que o tecido muscular morre,
causando danos permanentes no corazón.
Se o bloqueo é parcial e reduce o fluxo de sangue, prodúcese unha
anxina, que non soe producir danos irreversibles.
Os infartos graves normalmente comezan con dor no centro do peito,
que pode irradiar cara aos brazos, ombreiro esquerdo, costas… Pode
provocar tamén dificultades para respirar, náuseas, mareos, etc. A
atención médica inmediata é fundamental.
Os infartos débense, fundamentalmente, ao depósito de lípidos
(graxas e colesterol) na parede interna das arterias
(arterioesclerose).
Como consecuencia, a luz da arteria estréitase e a parede faise ríxida.
Ao pasar o sangue poden formarse trombos.
A formación de trombos pode afectar ás arterias doutros órganos
vitais. Se afecta ao cerebro, denomínase accidente cerebrovascular.
Arterioesclerose
FACTORES DE RISCO
Non modificables Modificables
• Idade avanzada.
• Sexo masculino.
• Antecedentes de enfermidade
cardiovascular en familiares
próximos.
• Consumo de tabaco.
• Hipertensión arterial.
• Diabetes.
• Valores altos de colesterol no sangue.
• Dieta inadecuada.
• Sedentarismo.
• Obesidade.
• Estrés.
Que son o colesterol bo e o colesterol malo?
O colesterol non se disolve no sangue, senón que necesita proteínas que otransporten: as lipoproteínas.• As HDL (lipoproteínas de alta densidade) conducen o colesterol cara ao
fígado, onde se destrúe. Polo tanto, reducen o risco cardiovascular. É oque se chama “colesterol bo”.
• As LDL (lipoproteínas de baixa densidade) permanecen no sangue, poloque aumentan o risco das ECV. É o que se chama “colesterol malo”.
As enfermidades cardiovasculares. Factores de risco
Electrocardiograma
O electrocardiograma é un rexistro da actividade eléctrica do corazón, que é a que
permite o latexo cardíaco.
Anomalías no ECG permiten detectar problemas e danos cardíacos (como as arritmias
e os infartos).
Medida da presión arterial
O esfigmomanómetro mide a presión que exerce o sangue sobre a parede das arterias. Obtéñense
dous valores:
A presión máxima corresponde ao momento no que o corazón se contrae e expulsa o sangue a
todo o corpo.
A presión mínima corresponde ao momento no que o corazón está relaxado e o sangue volve a el.
Considérase que hai hipertensión cando a alta é superior a 140 mmHg e/ou a baixa é superior a 90
mmHg.
Análises de sangue
Nas análises de sangue pode obterse información sobre a cantidade de colesterol e
triglicéridos presentes no sangue. Tamén pode coñecerse a fracción de HDL e LDL para
avaliar o risco de padecer ECV.
As enfermidades cardiovasculares. Diagnóstico
PREVENCIÓN DAS ECV
• Exercicio regular.
• Consumo moderado de
calorías, dieta rica en
cereais, legumes, peixe
azul, ensalada, froita fresca
e alimentos ricos en fibra
(integrais). Substitución de
graxas animais por aceites
vexetais. Evitar o consumo
de carnes vermellas.
• Consumo limitado de sal,
azucre, xemas de ovo,
alcohol e tabaco.
• Descanso suficiente.
Nunha anxioplastia introducese un balón ou unha malla metálica na
arteria que se estreitou polo depósito de colesterol. Ao inchar o balón a
arteria ensánchase. O stent permite que o ensanchamento se manteña
despois de desinflar o balón.
Na cirurxía por bypass restablécese a circulación nunha zona onde está bloqueada unha arteria
coronaria facendo un circuíto alternativo, para o que se utilizan fragmentos de vasos sanguíneos
doutras partes do corpo.
Un marcapasos produce descargas eléctricas que garantizan o latexo nun
corazón danado.
As enfermidades cardiovasculares. Prevención e Tratamento
As enfermidades do aparello locomotor
A máis frecuente é a osteoporose caracterizada pola diminución do tecido
óseo. A falta de minerais característicos deste tecido (especialmente o
calcio) provoca que ósos se volvan quebradizos polo que son habituais as
fracturas.
É esta unha patoloxía cunha maior incidencia nas mulleres de certa idade
consecuencia da reducción de estróxenos (hormona sexual feminina) na
menopausia. Outros factores son a dieta (falta de vitamina D e calcio), o
tabaquismo o alcoholismo e o sedentarismo.
Nos tecidos normais hai células que se dividen para xerar novas células que substitúan ás que están vellas ou
deterioradas. Existe un equilibrio entre as células que se forman e as que morren.
Se ese equilibrio se altera, a o número de células aumenta, orixínase un tumor, que é unha masa de tecido
desorganizado.
A maioría dos tumores son benignos, poden extirparse cirúrxicamente e non soen poñer en perigo a vida dos
enfermos.
Un tumor é maligno cando as células que o forman poden desprazarse desde o lugar inicial do tumor para xerar
novos tumores noutras partes do corpo. Tumor maligno é sinónimo de cancro.
As células dun tumor maligno teñen
capacidade de penetrar dentro dos
vasos circulatorios, moverse polo
sangue e a linfa e depositarse en
calquera parte do corpo para xerar
outro tumor. Esta capacidade
chámase metástase.
3.1.4. Enfermidades Tumorais e cancro
O cancro. Orixe, prevención e tratamento.
PREVENCIÓN DO CANCRO
O cancro pode previrse evitando a exposición aos
axentes que facilitan a súa aparición, chamados
carcinóxenos. As recomendacións son:
• Reducir o consumo de alcohol (aumenta o
risco de padecer cancro de boca, larixe,
esófago, fígado…) e tabaco (aumenta o risco de
padecer cancro de pulmón).
• Non tomar o sol en exceso.
• Seguir unha dieta saudable (o consumo
excesivo de graxas asóciase co cancro de colon)
e o de froitas e verduras ten un efecto
protector.
• Manter relacións sexuais con preservativo, para
evitar o contaxio do virus do papiloma humano,
relacionado co cancro de colo uterino.
As células poden orixinar tumores cando acumulan
varias mutacións que afectan á súa capacidade de
orixinar metástases.
En xeral, as mutacións prodúcense ao azar, pero hai
axentes que aumentan o risco de que aparezan
(como o fume de tabaco ou a radiación solar).
Algunhas mutacións herdadas tamén aumentan a
probabilidade de padecer tumores.
O cancro pode tratarse de diferentes formas. As
máis empregadas son:
•Cirurxía. Extirpación da masa tumoral.
•Radioterapia. Radiacións que destrúen as células
tumorais.
•Quimioterapia. Eliminación das células cancerosas
con fármacos.
3.1.5. Enfermidades Autoinmunes
Agrúpanse nesta denominación todas
aquelas enfermidades derivadas dunha
alteración do sistema inmunitario que
provoca que éste “ataque” ao propio
organismo. Por exemplo:
Lupus eritematoso sistémico:
enfermidade crónica que afecta ao
tecido conxuntivo provocando inflamación
en distintas partes do corpo debido ao
depósito de complexos de antíxeno-
anticorpo (os anticorpos atacan ás células
propias deste tecido).
Artritis reumatoide:
Provoca a inflamación crónica das articulacións, producindo nelas un deterioro
progresivo que orixina a deformidade das mesmas afectando tamén a súa
funcionalidade.
Esclerose múltiple (EM):
Enfermidade crónica e neurodexenerativa do
sistema nervioso central. Actualmente sábese que
hai causas autoinmunes implicadas no seu
desenvolvemento.
3.1.6. Enfermidades provocadas por Accidentes
Inclúen todas as patoloxías producidas por accidentes de tráfico, laborais,
domésticos, deportivos e de ocio.
Por exemplo: traumatismo craneoencefálico, queimaduras, intoxicacións,
fracturas…
Ata hai apenas dous séculos, a orixe das enfermidades infecciosas era un misterio. A enfermidade
explicábase como un castigo divino ou como consecuencia da contaminación do aire polos “miasmas”:
emanacións procedentes da descomposición da materia orgánica.
No século XIX, investigadores como
Pasteur estableceron a relación entre
as enfermidades infecciosas e a
presenza de microorganismos no
enfermo. Pero pasaron aínda varios
anos ata que Robert Koch demostrou
a teoría microbiana da enfermidade,
que di que cada enfermidade
infecciosa está producida por un
microorganismo determinado e cada
microorganismo xera unha
enfermidade diferente.
3.2. Enfermidades infecciosas
Aínda que a maioría dos microorganismos son inofensivos, algúns deles, chamados microorganismos
patóxenos, causan enfermidades infecciosas.
Os axentes infecciosos son parasitos que se introducen no corpo dun organismo (chamado
hospedeiro) danando os seus tecidos, o que produce a aparición de síntomas da enfermidade.
Cando os síntomas son complexos e variables entre as persoas, denomínanse síndrome.
Hai catro tipos de microorganismos patóxenos: virus, bacterias, protozoos e fungos.
Os virus non son células, son
partículas infecciosas. Só teñen
material xenético no interior dunha
cápsula de proteínas e, ás veces,
unha membrana. Necesitan ás
células para poder reproducirse.
As bacterias son células procariotas
(sen núcleo) que poden reproducirse
fóra doutras células. As bacterias
poden producir toxinas que viaxan
polo sangue e causan os síntomas da
enfermidade.
Os protozoos e os fungos
teñen células eucariotas
(con núcleo). Son moito
máis grandes cás bacterias.
3.2.1. Axentes infecciosos
En ocasións o patóxeno non é un microorganismo, como sucede cos vermes
parasitos (principalmente nematodos (como as lombrigas intestinais) e
platihelmintos ( por exemplo as tenias)).
Noutras ocasións son partículas infecciosas máis sinxelas que os virus: como os
prións (responsables do “mal das vacas tolas”) ou os virusoides (afectan a virus
de vexetais).
3.2.1. Axentes infecciosos
Tenia ou solitaria
Contaxiosidade: capacidade de propagación do axente
infeccioso.
Infectividade: capacidade do patóxeno de instalarse e
multiplicarse.
Patoxenicidade: capacidade do patóxeno de producir a
enfermidade.
Virulencia: grao de patoxenicidade.
3.2.1. Axentes infecciosos
Os axentes infecciosos caracterízanse por:
• Por contacto directo: contacto da pel, a
través das gotiñas dos espirros ou por
contacto sexual.
• Por medio da auga (ocorre sobre todo se hai
contaminación fecal).
• Por medio dos alimentos.
• Por medio de animais. Os animais que poden
transmitir enfermidades chámanse vectores
(por exemplo, os mosquitos, poden transmitir
microorganismos dunhas persoas a outras a
través da picada).
Os animais que albergan axentes infecciosos
para a especie humana chámanse reservorios.
Os roedores son os principais reservorios de
virus.
3.2.2. Transmisión de enfermidades infecciosas
As enfermidades emerxentes son novas
enfermidades infecciosas, transmitidas por xermes
descoñecidos ata o momento.
Eso non quere dicir que os xermes non existan
antes, xa que poden permanecer moitos anos lonxe
do contacto coas persoas . Cambios no medio, como
a deforestación, ou mutacións no axente infeccioso
fanos perigosos para a nosa especie.
A sida ou o ébola foron enfermidades emerxentes.
As enfermidades reemerxentes son enfermidades
que volven a afectar rexións nas que se pensaba que
estaban erradicadas (cólera, malaria, tuberculose,
dengue…) Xeralmente débense á aparición de
resistencias aos medicamentos nos organismos
infecciosos.
As enfermidades emerxentes e reemerxentes
Algunhas enfermidades emerxentes e
reemerxentes
3.2.2. Transmisión de enfermidades infecciosas
No último século apareceron moitas enfermidades infecciosas novas, ao mesmo tempo que
enfermidades que se crían erradicadas volveron con forza.
Cales son as posibles causas deste fenómeno?
• Maior mobilidade das persoas, facilitando o contaxio e propagación das enfermidades.
• Cambios no uso do solo e da auga. A deforestación ou a construción de presas alteran o hábitat
de especies que transmiten novas enfermidades.
3.2.2. Transmisión de enfermidades infecciosas
Unha epidemia é un brote dunha enfermidade infecciosa que se propaga rapidamente,
afectando a moitas persoas dunha mesma área xeográfica durante un tempo limitado.
Se a epidemia permanece na zona, chámase endemia.
Unha pandemia é unha epidemia que afecta ao mesmo tempo a todos os países do mundo.
Epidemias e pandemias
A enfermidade de Chagas é endémica de América
3.2.2. Transmisión de enfermidades infecciosas
En 1981 identificáronse as manifestacións da síndrome de inmunodeficiencia adquirida. Desde
entón, morreron varios millóns de persoas en todo o mundo. A África subsahariana concentra
arredor dos dous tercios de seropositivos en todo o mundo.
A pandemia da SIDA
A neumonía atípica
ou SARS (síndrome
respiratoria aguda
severa), foi a
primeira pandemia
do século XXI
Entre os anos 2003 e 2005 produciuse unha pandemia de gripe aviar
No ano 2009 produciuse unha pandemia de gripe A (gripe porcina)
E na actualidade…
E máis actual aínda…
A gripeA gripe é unha infección vírica que provoca epidemias anuais.
Ademais das epidemias anuais, cada certo tempo a gripe provoca
pandemias que causan importantes mortandades.
O virus da gripe caracterízase por:
• A información xenética está distribuída en 8 fragmentos de ARN.
• Na súa envoltura ten dous tipos de proteínas que definen os
diferentes tipos de virus, a hemaglutinina (H) e a neuraminidasa (N),
que son as responsables da unión do virus á célula hospedeira. Os
virus noméanse en función da combinación destas proteínas que
presenten (H1N1 ou H5N1, por exemplo).
O virus da gripe está mutando constantemente. Se estas mutacións provocan cambios nas moléculas da
envoltura, o noso sistema inmunitario non o recoñece e non pode protexernos contra el, polo que
enfermaremos aínda que previamente estivéramos expostos a outros virus da gripe.
A vacina da gripe fabrícase con compoñentes dos diferentes tipos de virus que causan epidemias cada ano. A
súa composición revísase cada ano para modificala en función das variantes que circulan entre a poboación.
Ademais dos cambios pequenos que dan lugar ás epidemias , cada poucas décadas, os virus da gripe sofren
cambios drásticos. Esto fai que o virus non sexa recoñecido polo sistema inmunitario das persoas e orixine
grandes pandemias.
Hai moitas variedades de virus da gripe en reservorios animais, que normalmente non poden propagarse a
outras especies. Pero en ocasións, virus da gripe aviar consiguen traspasar esa barreira e infectar ás persoas.
Cando adquire a propiedade de transmitirse entre persoas, pode orixinar a pandemia.
Ás veces, o salto de hospedeiro débese a que
un virus da gripe humana intercambia parte dos
seus xenes cun virus da gripe aviar. Para que
ocorra o intercambio os dous virus deben estar
xuntos nun mesmo hospedeiro (por exemplo,
un porco).
Noutras ocasións, o virus adquire a capacidade
de introducirse directamente nas persoas tras a
adaptación en humanos ou noutros organismos.
Despois, pode combinar os seus xenes cos da
gripe humana, facilitándose a transmisión entre
persoas.
Medios para facer fronte ás epidemias
Axuda a países en desenvolvemento
Hai moitas enfermidades para as que existen tratamentos eficaces, pero que non están dispoñibles para os
habitantes de países en desenvolvemento. Favorecer o acceso a medicamentos eficaces por parte desta poboación
debe ser un obxectivo prioritario.
Redes de vixiancia
Hai redes de vixiancia en todo o planeta para seguir a evolución das enfermidades e detectar novos xermes. Esta
información permite que as empresas farmacéuticas poñan no mercado as vacinas axeitadas.
Investigación científica
É necesaria ao estar os virus mutando constantemente e as bacterias adquirindo resistencia aos antibióticos. A
investigación ten que dirixirse á posta a punto de novas vacinas, medicamentos, probas diagnósticas, …
Colaboración mundial
É necesario que os países colaboren para previr e controlar as epidemias capaces de propagarse rapidamente.
Ademais, a OMS axuda aos países que por si mesmos non poden acadar esa prevención e control.
Prevención do bioterrorismo
Varias enfermidades infecciosas, como a variola, o carbúnculo ou a peste, poderían transformarse en armas
terroristas.
3.2.3. Enfermidades bacterianas Diarrea: alteración das feces en relación co
volume, fluídez ou frecuencia anormais (baixa
absorción de líquidos e nutrientes). Está
acompañada de dor, febre, náuseas, vómito,
debilidade ou perda do apetito. É unha das
principais causas de morte nos países do 3º
Mundo pola deshidratación severa. Case sempre
causada por toxinas dunha bacteria (toxina do
cólera ou de Escherichia coli.
Neumonia: enfermidade inflamatoria que
consiste na infección dos espazos alveolais dos
pulmonóns. Causada por distintos axentes:
bacterias (Streptococcus pneumoniae,
Mycoplasmas e Chlamydias), distintos virus e
incluso hongos.
3.2.3. Enfermidades bacterianas
Tuberculose (tise): enfermidade infecciosa,
causada por diversas especies do xénero
Mycobacterium, pero principalmente por M.
tuberculosis , o bacilo de Koch. Os síntomas
más frecuentes son: tos con flema, as veces
con sangue no esputo, febre, sudoración
nocturna, mareos momentáneos, calafríos e
perda de peso.
Gonorrea: infección de transmisión sexual
provocada pola bacteria Neisseria
gonorrhoeae, o gonococo. O síntoma máis
frecuente é unha excreción uretral mucosa
ubicada na punta do pene. Outros síntomas son
dor ó mexar, sensación de queimazón na
uretra, dor ou inflamación dos testículos.
3.2.3. Enfermidades bacterianas Lepra: enfermidade infecciosa, de nulo contaxio cando está
debidamente tratada, producida polas bacterias Mycobacterium leprae
e Mycobacterium lepromatosis. Os síntomas poden aparecer despois de
varios anos da infección (incubación de 2 a 7 años).
Un dos primeros síntomas é a insensibilidade a dor (estas zonas
adquieren unha cor distinta ao resto da pel). Con frecuencia aparece
parálise muscular e fraxilidade ósea, especialmente nos dedos das
mans e dos pes. Xa máis tarde, abultamento da frente e distorsión
facial.
Peste: enfermidade moi contaxiosa que afecta tanto a humanos como
a outros animais causada pola bacteria Yersinia pestis. Caracterizase
pola febre, dor de cabeza e de ganglios , escalofrío, inchazón. Poden
aparecer trombos (áreas isquémicas na pel de cor azulado ou negruzco,
de aí o nome de Peste Negra). Se hai diseminación pode desenvolver
sintomatoloxía respiratoria (síndrome gripal, neumonía, esputos
sanguinolentos) ou nerviosa (convulsións, etc.) con moi mal pronóstico.
3.2.3. Enfermidades bacterianas
Tifus: un conxunto de enfermidades infecciosas
producidas por varias especies de bacteria do xénero
Rickettsia, transmitidas por la picadura de diferentes
artrópodos como piollos, pulgas, ácaros e garrapatas.
Caracteriza por febre alta recurrente, calofríos, cefalea
e exantema.
Tétanos: non contaxiosa, frecuentemente mortal,
provocada por unha potente neurotoxina producida por
unha bacteria do xénero Clostridium. A bacteria
reproducese en condicións anaeróbicas no corpo e segrega
toxinas que penetran nas fibras nerviosas chegando ao
SNC e danando ás neuronas.
Provoca parálise e espasmos musculares. As esporas
bacterianas resistentes proveñen de case cualquera
parte, incluso do po da rúa. A infección ocorre pola
penetración das esporas en feridas.
3.2.4. Enfermidades de orixe protozoario
Malaria o paludismo: A
enfermidade é causada polo
protozoo Plasmodium. Os
vectores desta enfermidade
son diversas especies do
mosquito Anopheles. Os
síntomas son moi variados,
empezando con fiebre de 8 a
30 días despois da infección,
acompañada, ou non, de dor de
cabeza, dores musculares,
diarrea, decaemento e tos.
Ciclo vital do Plasmodium
Gripe: xa falamos dela pola súa capacidade para
orixinar epidemias; é unha enfermidade
contaxiosa de aves e mamíferos causada por un
tipo de virus de ARN.
No home afecta ás vías respiratorias acompañada
de síntomas xerais como febre, dor de garganta,
debilidade, dores musculares, door estomacal,
articulares, e de cabeza, con tos e malestar xeral.
Nalgúns casos máis graves pode complicarse con
pulmonía (neumonía), que pode resultar mortal
(nenos e anciáns especialmente). Pódese confundir
cun resfriado (catarro) común, pero a gripe é máis
grave e está causada por un tipo diferente de
virus.
Transmítese dende individuos infectados a través
de microgotas cargadas de virus, que son emitidas
coa tos ou en esbirros (estornudos) ou ó falar.
3.2.5. Enfermidades de orixe vírico
SIDA (Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida): como
xa dixemos continúa a ser unha pandemia.
Afecta aos seres humanos infectados polo VIH (virus de
inmunodeficiencia humana). O VIH ataca , entre outras
células do sistema inmunitario, aos linfocitos T CD4
colaboradores que poden considerarse en boa parte os
directores da resposta específica provocando a
desorganización do S.I.
Cabe destacar a diferenza entre estar infectado por VIH e
padecer a sida. Unha persona infectada polo VIH é
seropositiva e desenvolve a sida cando o seu nivel de
linfocitos T CD4 desciende por baixo de 200 células/ml de
sangue.
O VIH transmítese polos seguientes fluídos corporais:
sangue, semen, secrecións vaxinais e leite materna.
3.2.5. Enfermidades de orixe vírico
Enfermidade Creutzfeldt-Jakob (encefalopatía
esponxiforme ou enfermidade das vacas tolas)
Mal neurolóxico producido por unha proteína chamada
prión (PrP). É unha enfermidade dexenerativa e de
pronóstico mortal.
A alteración débese a un pregamento anormal do prión.
Este fenómeno parece estimular a que outras proteínas
normales presentes nas neuronas alteren as súas formas,
afectando ao seu funcionamento.
Nas etapas iniciais da enfermidade, os enfermos sofren
fallos de memoria, cambios de comportamento, falta de
coordinación e perturbacións visuais. A medida que
progresa, o deterioro mental faise máis pronunciado e
poden darse movementos involuntarios, ceguera,
debilidade das extremidades e coma, culminando sen
excepción coa morte do paciente.
Transmitese ao inxerir alimentos contaminados co prión.
3.2.5. Enfermidades de orixe priónico
Algúns fungos poden producir infeccións coñecidas como
micoses.
Hai varios tipos:
Micoses superficiais (na pel): tiñas e pe de atleta.
Micoses subcutáneas: producidas por feridas que
favorecen o crecemento dos fungos bajo la piel.
Micoses sistémicas (nos órganos internos): candidiases,
infección oportunista que afecta á pel, o tubo dixestivo, o
aparallo respiratorio e o xenital; asperxiloses, producida
por Aspergillus, que pode provocar reaccións alérxicas e
graves infeccións en persoas inmunodeficientes.
3.2.6. Enfermidades de orixe fúnxico
Algúns animais son parasitos do ser humano.
Hai 2 grandes tipos de parasitos:
Ectoparasitos: viven sobre a superficie do corpo. Os
máis importantes son artrópodos (piollos, pulgas e
garrapatas), que supoñen un risco engadido por ser
transmisores de enfermedades infecciosas.
Endoparasitos: viven nas cavidades internas do corpo, a
maior parte, son vermes. Pueden ser platihelmintos
(planos) como a tenia ou nematodos (cilíndricos) como o
Anisakis ou a triquina.
3.2.7. Enfermidades de orixe animal
Axentes externos (virus, po, protozoos...) que poden ser patóxenos chegan a
tomar contacto coa pel e as mucosas, incluso co sangue a través das feridas.
Entón, cómo é posible que non estemos constantemente enfermos?
Débese ao noso Sistema Inmunitario que neutraliza as actividades destes
axentes estranos.
Podemos dividir o sistema inmunitario en tres niveis de defensa:
Barreiras Físicas
Resposta inmunitaria inespecífica-.A Reacción inflamatoria.
Resposta inmunitaria específica-A xeración de anticorpos
4. O Sistema inmunitario
Barreiras físicas:
-A pel e as mucosas.
- Secreccións: lágrimas e saliva (posúen lisozima), suor, mucosidades,
cerume dos oídos, ácido do estómago (HCl)...
4. O Sistema inmunitario
Resposta inmunitaria inespecífica
Se a pesar das barreiras atopadas no seu camiño os patóxenos logran entran
no organismo a segunda liña de defensa entra en acción;
A Reacción Inflamatoria:
•É unha reposta inespecífica porque actúa sempre igual independentemente
do patóxeno.
•É rápida, pero puco duradeira.
• É levada a cabo por uns glóbulos brancos denominados fagocitos ou células
fagocitarias que se encargan de dixerir os patóxenos. Os máis importantes
son os macrófagos que derivan dos monocitos do torrente sanguíneo.
4. O Sistema inmunitario
Reacción inflamatoria:
1. Tras a entrada dos xermes, os capilares sanguíneos dilátanse na zona
afectada para achegar máis sangue o que provoca o arrubiamento e o
aumento da temperatura local.
2. O plasma sae dos capilares (suministra materiais de reparación) e
produce inchazo (edema); ademais aumenta a sensibilidade nerviosa
(dor) e soe producirse tumoración.
3. Os monocitos saen dos vasos sanguíneos cara o tecido afectado
transformándose en fagocitos macrófagos.
4. Os fagocitos capturan e dixiren os xermes.
5. Na zona de infección pode aparecer pus que é un acumulo de restos
celulares, xermes e fagocitos.
4. O Sistema inmunitario
Reacción inflamatoria
Reacción inflamatoria
Resposta inmunitaria específica
•Constitúe a terceira liña de defensa.
•É específica porque actúa recoñecendo o axente estraño que penetra no
organismo.
•É máis lenta que a inespecífica, pero máis duradeira.
•Lévana a cabo principalmente outros glóbulos brancos, os linfocitos, coa
cooperación doutras células defensivas.
•Baséase na produción de anticorpos por parte dos linfocitos que neutralizan
específicamente o axente patóxeno (antíxeno).
•Tras vencer a infección, os linfocitos manteñen a súa capacidade de produción
de anticorpos específicos frente ese patóxeno (“células memoria”); o que permite
unha resposta máis rápida e eficaz se se produce unha nova entrada do axente
(Inmunización).
4. O Sistema inmunitario
Resposta inmunitaria específica
Conceptos clave:
• Anticorpo: proteína producida polos linfocitos para neutralizar o antíxeno.
• Antíxeno: substancia recoñecida polo organismo como estraña que é capaz de activar a resposta inmunitaria.
Pasos da resposta específica:
1. Os macrófagos (fagocitos) fagocitan os xermes patóxenos.
2. Trala inxestión os macrófago presentan cara os linfocitos unha “sinais” que lles permite aos linfocitos producir anticorpos específicos contra o antíxeno.
3. Os anticorpos neutralizan o patóxeno e os linfocitos destrúen as células infectadas.
4. O contacto co patóxeno xera a memoria inmunolóxica, que fai que a unhasegunda entrada do mesmo microorganismo no corpo se responda máisrápido e con máis eficacia.
4. O Sistema inmunitario
Resposta inmunitaria específica
4. O Sistema inmunitario
Grazas á memoria do sistema
inmunitario:
• Recuperarse dalgunhas enfermidade,
coma a varicela, proporciona inmunidade
natural contra elas. Por iso hai
enfermidades que só se padecen unha
vez na vida.
• Podemos protexernos fronte a
enfermidades graves mediante a
inmunidade artificial. Pode adquirirse
introducindo no organismo os axentes
pátóxenos enteiros ou parte deles, de
maneira que non poidan provocar a
enfermidade pero si estimular a
activación do sistema inmunitario. Este
proceso chámase vacinación. Unha vez
vacinados, conservamos a inmunidade
contra a enfermidade por un tempo ou,
nalgúns casos, durante toda a vida.
Calendario de vacinación galego. A vacina triple vírica protexe fronteao xarampón, rubéola e parotidite (papeiras).
Basease no uso de soros, vacinas e fármacos.
Soros
Son preparados artificiais que
conteñen anticorpos específicos
contra o patóxeno.
Obtéñense a partir do sangue
dunha persoa o dun animal
(cabalo).
Proporcionan inmunidade pasiva
ao recibir os anticorpos
producidos por outro organismo.
Proporcionan unha inmunidade
inmediata pero pouco duradeira.
5. Loita contra as enfermidadesinfecciosas
Vacinas
Preparados que conteñen o axente
patóxeno (virus ou bacterias) que
causa a enfermidade, pero
atenuado, morto ou fragmentado.
Deste xeito o axente non
desenvolve a enfermidade.
Inducen unha resposta inmunitaria
específica natural pero sen perigo
para o vacinado. (Inmunidade
activa)
O individuo queda protexido contra
o patóxeno se se producen
posteriores contactos, debido aos
linfocitos de memoria.
5. Loita contra as enfermidadesinfecciosas
Fármacos
Substancias químicas purificadas usadas no
tratamento, cura, prevención ou no
diagnóstico dunha enfermidade.
Os máis importantes son os antibióticos.
Son substancias fabricadas e secretadas
por microorganismos (mofos e bacterias) e
que en pequeñas cantidades matan (acción
bactericida) ou impiden o crecemento
(acción bacteriostática) de certas clases de
bacterias sensibles.
Utilízanse con fins profilácticos
(preventivos) o terapéuticos (curativos) só
contra as infeccións bacterianas.
5. Loita contra as enfermidadesinfecciosas
Un medicamento é unha substancia que se administra en persoas ou animais e servepara…
previr
diagnosticar
tratar
aliviar
curar enfermidades
para modificar algunha función fisiolóxica
6. Os medicamentos
O uso racional dos medicamentos
A OMS define o uso racional dos medicamentos como aquel no que:
os pacientes reciben a medicación adecuada as súas necesidades
según a dose precisa
durante un periodo de tiempo axeitado
con información para o seu correcto uso
ao menor custo posible
6. Os medicamentos
O uso racional dos medicamentos implica:
Escoller o medicamento adecuado segundo a situación clínica do paciente. Un medicamento adecuado para un paciente pode non selo para outro. Excluir a automedicación. Os efectos secundarios dos medicamentos poden provocar reaccións perigosas.
O paciente debe recibir a información clara e precisa tras a prescripción. Cómo tomar o medicamento En qué dose Durante canto tempo
Non seguir as instrucciones, pode provocar ineficacia e incluso ter efectos adversos. Débese receitar o medicamento máis barato entre as diferentes posibilidades.
Novos medicamentos
A aparición de novas enfermidades e a necesidade de substituír os fármacos existentes por outros máis eficaces
fai que sexa necesario investigar para obter novos medicamentos.
A investigación para obter novos medicamentos é un proceso longo e que consta de varias fases:
Etapa preclínica: consiste na busca de moléculas (procedentes da natureza ou sintéticas que posúan actividade de
interese farmacolóxico). A súa efectividade e a súa toxicidade compróbanse en cultivos celulares ou en animais.
Etapa clínica: unha vez superada a fase anterior, o fármaco sométese a probas en persoas voluntarias. Esta etapa
consta de tres fases.
• Fase I: próbase o medicamento en grupos pequenos de voluntarios sans, coa finalidade de comprobar que non
ten efectos prexudiciais.
• Fase II: próbase o medicamento en grupos pequenos de voluntarios enfermos, coa finalidade de comprobar a
eficacia, as doses adecuadas e ampliar a información sobre a súa seguridade.
• Fase III: próbase o medicamento en grupos grandes de pacientes enfermos, comparando o seu efecto co de
outros medicamentos ou con placebos (substancias sen efecto).
Se cumpre os requisitos, rexístrase e pode introducirse no mercado.
6. Os medicamentos
6. Os medicamentos
Patentes e medicamentos xenéricos
As empresas farmacéuticas poden patentar as novas moléculas
con actividade farmacolóxica cando as descubren. Esto
permítelles comercializar en exclusiva o medicamento durante
20 anos. Unha vez pasado e tempo, calquera laboratorio pode
sintetizala baixo a denominación de fármaco xenérico.
Os medicamentos xenéricos cumplen as seguintes
características:
• Etiquétanse como EFG: especialidade farmacéutica xenérica.
• Teñen un principio activo en igual calidade, cantidade e
presentación que o medicamento patentado.
• Son igual de seguros e eficaces que os patentados.
• Son máis baratos.
O acordo de Doha (asinado en 2001) permite aos países
saltarse as patentes cando neles se declara unha crise
sanitaria. Tamén obriga aos países da OMS a facilitar a
exportación de xenéricos a países con dificultades para a súa
produción.
6. Os medicamentos
Argumentos a favor Argumentos en contra
A investigación para descubrir e producir un novo fármaco é moi costosa polo que a patente serve para recuperar a inversión
A patente non serve para recuperar a inversión senón para manter o monopolio dunhas poucas empresas potentes
Serven para financiar a investigación das enfermidades.
As enfermidades que se investigan son aquelas que aseguran un elevado beneficio económico. Así, son as enfermidades dos países industrializados que poden pagar os elevados precios que a industria farmacéutica pon aos medicamentos.
As enfermidades esquecidas (as poucofrecuentes ou as frecuentes nos países pobres) non son atendidas pola industria farmacéutica e a súa investigación corre a cargo do Estado.
6. Os medicamentos
As patentes
WEBGRAFÍA
actualicese.comblogdesegundoruiz.blogspot.comhttp://www.mapfre.es/salud/es/cinformativo/accidentes-lesiones.shtmlnoticias.lainformacion.comhttp://www.slideshare.net/adaneco/os-invertebrados?qid=a92f9d61-4ac3-4e9b-a340-bcf9a0c8fe68&v=qf1&b=&from_search=34http://es.slideshare.net/adaneco/a-sade-humana-14605929?qid=ec846554-39df-408c-bd19-6dba31dd3ed4&v=default&b=&from_search=7
www.telam.com.ar
GRAZAS POR ATENDERME