YOU ARE DOWNLOADING DOCUMENT

Please tick the box to continue:

Transcript
Page 1: Tema 8, parte iii renacemento españa

O RENACEMENTO EN ESPAÑA

Page 2: Tema 8, parte iii renacemento españa

O Renacemento fora de Italia chega no S. XVI. O Renacemento en ESPAÑA ten unhas características

peculiares. S. XVI, ESPAÑA É UNHA POTENCIA HEXEMÓNICA

EN EUROPA (Flandes, Imperio Alemán, Nápoles, Sicilia, Portugal…)

CARLOS I DE ESPAÑA será emperador do Sacro Imperio Xermánico e da Coroa Española.

Enfrontamento cos protestantes. Sucedeo FILIPE II, que incorpora PORTUGAL e os

seus territorios

Page 3: Tema 8, parte iii renacemento españa

Filipe II convértese no gran defensor do Catolicismo, do CONCILIO DE TRENTO e da Contrarreforma.

Os AUSTRIAS MAIORES gobernaron todo o século XVI. Goberno de MONARQUÍA AUTORITARIA.

A sociedade en España é ESTAMENTAL e a IGREXA terá gran poder. A BURGUESÍA case non existe

O Renacemento chega a España polos contactos existentes con Italia, grazas as posesións de Nápoles, Sicilia e Milán

Page 4: Tema 8, parte iii renacemento españa

En España persistirá nos primeiros momentos do Renacemento o influxo da arte gótica isabelina e da mudéxar.

Todo isto podería explicar a inexistencia dun verdadeiro estilo CLASICISTA en España.

Page 5: Tema 8, parte iii renacemento españa

CARLOS V FELIPE II

Page 6: Tema 8, parte iii renacemento españa

O promotor da obra foi FILIPE II. Comezouse en 1563 e remátase en 1583. Obra realizada para conmemorar a VITORIA DE SAN

QUINTÍN sobre os franceses. Adicouse a S. Lourenzo, xa que o seu santo foi o día da

vitoria. Edificio que fora PAZO, PANTEÓN DE REIS, IGREXA,

MOSTEIRO e BIBLIOTECA. Encargalle os planos ó arquitecto XOÁN BAUTISTA DE

TOLEDO, que traza unha planta moi sinxela: RECTANGULAR, CON CATRO TORRES NAS ESQUINAS E CATRO PATIOS INTERIORES.

Page 7: Tema 8, parte iii renacemento españa

NO CENTRO ESTARÍA A IGREXA Este arquitecto morre e continúa a obra o auténtico

artífice do Escorial, XOÁN DE HERRERA Herrera mantén a planta pero sen decoración Esta sobriedade decorativa será moi do gusto de Filipe

II

Page 8: Tema 8, parte iii renacemento españa

PATIOS INTERIORES

PATIO DOS REIS

IGREXA

4 TORRES NAS ESQUINAS

Page 9: Tema 8, parte iii renacemento españa
Page 10: Tema 8, parte iii renacemento españa

Aspecto defensivo acentuado polas catro torres nos ángulos e rematadas con chapiteis de pizarra.

Muros pechados con escasas ventás NIN DECORACIÓN.

Feito con placas lisas de pedra que acentúan a frialdade e o carácter defensivo

Aspecto austero Esta austeridade e simplicidade son pura exhibición.

As súas dimensión, a súa grandiosidade reflexan o poder do monarca.

Page 11: Tema 8, parte iii renacemento españa
Page 12: Tema 8, parte iii renacemento españa

División en dous corpos. Parece unha fachada clásica, pero xa observamos elementos MANIERISTAS: usa columnas xigantes de orden TOSCANA. Según as normas clásicas, cada corpo debe ter a súa columna, pero aquí as columnas percorren a fachada desentendéndose da división interior.

Na parte central sitúase unha estrutura cadrada coroada cun frontón triangular.

Nas partes laterais aparecen pirámides rematadas en bolas: ELEMENTO DECORATIVO TÍPICO DO ESCORIAL

Page 13: Tema 8, parte iii renacemento españa

Elemento rectangular rematado nun frontón triangular

Dous pisos no interior

Columna xigante de orde toscana

PINÁCULO REMATADO NUNHA BOLA

Page 14: Tema 8, parte iii renacemento españa

PINÁCULO HERRERIANO

Page 15: Tema 8, parte iii renacemento españa

Tras atravesar a fachada principal non se entra directamente na igrexa, senón no PATIO DOS REIS

Busca sorprender o espectador

Típico do MANIERISMO

Page 16: Tema 8, parte iii renacemento españa

PATIO DOS REIS DE ISRAEL

Entrada a Igrexa

Page 17: Tema 8, parte iii renacemento españa

Edificio maís importante. Fachada sobria con elementos manieristas: COLUMNAS TOSCANAS QUE PERCORREN A FACHADA DE ARRIBA A ABAIXO

Fachada remata cos reis de Israel, que da nome o patio De novo, estrutura cadrada que remata nun frontón

triangular rematado por bolas (MANIERISMO) A igrexa ten planta de cruz grega inscrita nun cadrado.

Toda a construción aparece centralizada por unha gran cúpula

No interior mantense a austeridade co emprego de placas lisas de pedra, sen decoración. Como soporte usa a PILASTRA.

Page 18: Tema 8, parte iii renacemento españa
Page 19: Tema 8, parte iii renacemento españa
Page 20: Tema 8, parte iii renacemento españa
Page 21: Tema 8, parte iii renacemento españa

Nace na illa de Creta ( posesión de Venecia) Realiza a súa mellor obra en España A súa obra divídese en tres fases:

FASE DE CRETA: iniciou a súa formación pintando iconos bizantinos.

ETAPA VENECIANA: Trasládase a Venecia donde se ve influido por TINTORETTO, TIZIANO, e tras viaxar a Roma, MIGUEL ANXO.

ETAPA TOLEDANA: tras traballar en Madrid, este marcha a Toledo donde morrerá.

Page 22: Tema 8, parte iii renacemento españa

ETAPA CRETENSE

Formase pintando ICONOS BIZANTINOS. Isto explica a súa forte expresividade e espiritualidade nos seus cadros

Page 23: Tema 8, parte iii renacemento españa

ETAPA VENECIANA

Influido por TINTORETTO ( na

construción do espazo e escorzo das figuras), de

TIZIANO ( a cor e a luz). De MIGUEL ANXO

(carácter escultórico)

Page 24: Tema 8, parte iii renacemento españa

DETALLE DO MARTIRIO DE S. MAURICIO

ETAPA ESPAÑOLA

Page 25: Tema 8, parte iii renacemento españa

En 1577, o Greco chega a España, primeiro a MADRID, e a partir de 1580 trasládase a TOLEDO, donde vivirá ata a súa morte.

O gran interese do Greco nestes anos en Madrid foi entrar na corte de Filipe II, quen lle encarga o cadro O MARTIRIO DE S. MAURICIO, para ser colocado nun lateral da igrexa do ESCORIAL.

Este cadro foi rechazado por Filipe II

Page 26: Tema 8, parte iii renacemento españa

A lexión tebana que dirixe s. Mauricio négase a facer sacrificios a deuses pagáns antes de entrar en combate, como castigo un de cada dez soldades tebanos será decapitado.

O Greco pinta tres escenas nun mesmo espazo: Primeiro termo: o santo falando cos xefes militares Segundo termo: A decapitación dos soldados Terceiro termo: grupo de omes espidos entre os que se

elixen ós mártires. Na parte superior: CORO DE ANXOS MÚSICOS.

Page 27: Tema 8, parte iii renacemento españa

PARTE CELESTIAL: coro de anxos

Tres esceas:A decisión.O martirio.A eleción

O martirio de s. Mauricio

Page 28: Tema 8, parte iii renacemento españa

A representación da historia non é convencional, o espazo está representado de xeito que o primeiro plano está elevado, no segundo plano descende para volver a subir no fondo.

Espazo típicamente MANIERISTA. Non respeta as regras da proporción da perspectiva: as

figuras do segundo e terceiro plano son moi pequenas Tamén racha co convencionalismo de representar a

escea máis dramática en primeiro plano No coro dos anxos vemos uha certa espiritualidade

das figuras (profundo escorzo influencia de Tintoretto)

A luz irreal procede de TIZIANO Este cadro non foi do gusto de Filipe II e non o

colocou no Escorial.

Page 29: Tema 8, parte iii renacemento españa

A falta de entendemento con Filipe II fai que o pintor se traslade a TOLEDO, onde acada gran fama e monta un taller.

Realiza numerosos retratos , como o cabaleiro da man no peito

Page 30: Tema 8, parte iii renacemento españa

Obra encargada polo párroco da igrexa de Sto Tomé. O señor de Orgaz fora o benefactor dos monxes

agustinos de Toledo, e o día do seu enterro aistiron a el os Stos Agustín e Estebo, según a lenda

O Greco representa a escea do enterro no que se produce a milagre.

O enterro asiste tamén un grupo de cabaleiros toledanos, vestidos con traxes da época.

Os cabaleiros colócanse seguindo unha disposición horizontal

Page 31: Tema 8, parte iii renacemento españa
Page 32: Tema 8, parte iii renacemento españa

Ante os cabaleiros, dous membros da igrexa transportan o corpo morto do señor de Orgaz.

Un neno, no primeiro planom mira o espectador e sinala o corpo sen vida

Cadro MANIERISTA: AS FIGURAS ALÓNGANSE SEN APENAS DEIXAR ESPAZO NON HAI REFERENCIAS ESPACIAIS, SENDO O FONDO

NEUTRO. A ÚNICA REFERENCIA ESPACIAL SON GRANDES VELAS

ENCENDIDAS

Page 33: Tema 8, parte iii renacemento españa

O Greco abre o camiño o BARROCO, xa que os dous persoaxes que transportan o cadáver, vano levar a un sepulcro que está fora do cadro, non existe: EFECTO TEATRAL, ILUSORIO.

Unha figura situada de espaldas ó espectador, abre os brazos en forma teatral e mira cara arriba, onde aparece a visión DA GLORIA, con Cristo Xuíz, moi pequeño e alongado, envolto nun manto branco e rodeado dos benaventurados e dos intercesores, MARÍA e S. XOÁN.

Debaixo un anxo en escorzo, leva nos seus brazos o corpo case transparente dun neno espido, A ALMA

Page 34: Tema 8, parte iii renacemento españa

PARTE CELESTIAL DO ENTERRO DO SEÑOR DE ORGAZ

Page 35: Tema 8, parte iii renacemento españa

PARTE INFERIOR: sería a parte terreal, que se corresponde coas figuras máis realista e dispostas en horizontal.

PARTE SUPERIOR: sería o mundo celestial ou gloria, que presenta unha disposición PIRAMIDAL e en perspectiva. Nesta parte as figuras alónganse, espiritualizanse.

As figuras da Gloria están concebidas para ser vistas dende abaixo o que acrecenta o seu alongamento.

A conexión entre os dous niveis realízase a través do anxo portador da alma

Page 36: Tema 8, parte iii renacemento españa

PARTE TERREAL DO ENTERRO DO SEÑOR DE ORGAZ

Page 37: Tema 8, parte iii renacemento españa

A partir deste cadro, O Greco encamíñase cara unha evolución creativa cada vez máis persoal.

A inmaterialidade e espiritualidade que só afectaba nos cadros anteriores as figuras celestiais, afecta agora a tódalas figuras, sexan humanas ou divinas, da Terra ou do Ceo.

Tódalas súas obras a partir de agora parecen estar concebidas para ser vistas de xeonllos.

A LUZ e o ESPAZO fanse IRREAIS, o debuxo perde nitidez e as formas desfanse

Isto podemolo observar NA ADORACIÓN DOS PASTORES.

Page 38: Tema 8, parte iii renacemento españa

A ADORACIÓN DOS PASTORES

Page 39: Tema 8, parte iii renacemento españa

O alongamento das figuras é desmesurado Luz totalmente irreal. A figura do neno Xesús e utilizado como un foco

lumínico. Crea fortes contrastes lumínicos e utiliza a luz para

desmaterializar aínda máis as figuras. Abandoa calquer pretensión naturista e predomina

unha espiritualidade abstracta chea de expresividade.


Related Documents