Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
Día da auga e da poesía. Toén 2016
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
Recompilación de poemas que teñen a AUGA como temática.
Ilustradas con fotografías de paisaxes do noso contorno.
Edicións: Efrén
23 de abril de 2016 – Día do Libro
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
O RÍO
XUSTIFICACIÓN: Este é o río onde viven os meus avós. Escollín este poema porque fala de
fragas misteriosas e augas cantareiras, e ese é o son que escoitas cando paseas
a carón do río de Tameirón
Hugo Hervella. 6º EP
4º EP
Aroa Rivera.
Aarón De Jesús. 4º EP
Desde as fontes da montaña ata a gran chaira do mar baixa o río cantareiro corre e corre sen parar. Entre vales de paxaros, polas misteriosas fragas, cos arrecendos dos campos e a frescura da alborada. No seu leito transparente, xunto aos peixiños de prata, báñanse tamén a lúa nas noites limpas e claras. Roxe o río noite e día sempre fiel ao seu cantar, a súa doce melodía enmudecerá no mar.
Xoán Neira.
O río da miña aldea quere levarme ata o mar.
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
O Miño é vello e é tristeiro:
sempre vai mudo e vai senlleiro.
No Inverno semella que murmura
un segredo con forte voz escura.
Un escoita, atento e esperanzado,
e o vello Miño sempre vai calado.
“TERRA CHÁ” de Manuel María
O río Miño leva moita corrente cando pasa por
Alongos. Sobre todo despois de tantas chuvias. Se
escoitas o súa voz parece que está enfadado e que
te avisa de que non te aventures a cruzalo.
O MIÑO
Xustificación
Aroa Rivera. 4 EP
4º EP
Aarón De Jesús. 4º EP
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
Plin! Plin! Plin! Pinga!
Plin! Plin! Plin! Chove!
Bicos de prata que espallan os ríos,
ouros ocultos que nas plantas dormen.
Plin! Plin! Plin! Auga!
Plin! Plin! Plin! Chove!
Traen as gotas cantares e chíos,
xa a primavera sementa as súas cores.
Plin! Plin! Plin! Auga!
Plin! Plin! Plin! Chove!
ANA MARÍA FERNÁNDEZ
Eu elixín este poema porque me resulta divertido e
sonoro. A imaxe escollina porque se ven caer as gotas no lavadoiro e a poesía fala do son da chuvia e das cores das
plantas.
DE AUGA
XUSTIFICACIÓN
Can
del
a Ro
drí
guez
. 4
º EP
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
O río pasa correndo,
Non se para con ninguén.
O río canta prás cousas
E canta para min tamén
¡O río canta prás arbres
Paxareiras da ribeira!
¡O río canta prós prados
E prás nubes viaxeiras!
A todos di seu cantar
Con escuro e craro son.
¡A todos di seu cantar
Anque llo escoiten ou non!
“Soños na gaiola” de Manuel María
Escollín este poema porque me recorda aos son e as cores do río do meu pobo.
O RÍO
XUSTIFICACIÓN
Damián Hervella. 6º EP
4º EP
Aroa Rivera.
Aarón De Jesús. 4º EP
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
F de FONTE
XUSTIFICACIÓN Eu elixín esta foto da fonte de Piñor, porque acostumo a parar para beber e tamén para coller auga, e
este poema está dedicado ás fontes, tan presentes nos pobos e tan útiles dende sempre.
Xan Iglesias. 4 EP
4º EP
Aarón De Jesús. 4º EP
Eterna Fonte
De auga Cantareira
Que sabe a lúa, A río, A sol.
Eterna Cunca
Que amosa Feiticeira
A limpa Pedra
Puída Na montaña
Ana María Fernández
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
Río Miño
O Miño, manso e adormecido,
na súa idade infantil dorme
e berce lento e acomodado,
. . .
O Miño baixa con nostalxia,
Con eco sinxelo e de apelo.
Gran Pai Fluvial do Reino noso,
Pastor de Ríos que dixeron poetas. Manuel María
Xustificación:
Esta foto está tomada en Alongos, Ourense.
Sobre o río está este pequeno embarcadoiro, coma un berce que se mece e dende o que podes gozar das vistas do río, que por esta época leva moito
caudal, ao igual que no poema de Manuel María.
Aarón De Jesús. 4º EP
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
Ti nunca víche-lo mar
cos seus berros bruadores,
coas súas escumas de prata,
cos barcos e os pescadores.
-¿Ti nunca víche-lo mar
a tecer e a destecer
ondas azues que van
á praia mansa morrer?
-¿E ti non sabes que o mar
é unha inmensa longura,
auga e ceo, ceo e auga,
maxestade e fermosura?
-¿Ti nunca viche-lo mar?
¿E sabesque non repousa?
-¡Se nunca viche-lo mar
non viches ningunha cousa!
“Os Soños na gaiola” de Manuel María
Gústame esta foto do mar embravecido, podo pasar hora observándoo. Creo que o mar é un fermoso espectáculo que ninguén debería perderse
O MAR
XUSTIFICACIÓN Marcos Gómez. 4 EP
4º EP
Aarón De Jesús. 4º EP
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
O muíño
O muíño roula, roula.
O muíño roulador:
¡Volve as augas do regato
En murmurio cantador!
O muíño roula roula
E non deixa de roular
¡e coas augas do regato
O rodicio fai cantar!
O muíño é cantador.
O muíño é cantareiro:
¡Volve notas musicais
As ondiñas do regueiro!
Os soños na gaiola” de Manuel María
Xustificación: Esta acea, é o primeiro que vexo cando me levanto pola mañá. Está en Freixendo,
Alongos (Ourense) no río Miño, agora xa non roula, pero cando a miña avoa era pequena, baixaba
moita xente a moer o millo dende as aldeas veciñas. Gustaríame volver a oír o murmurio cantador
do que fala Manuel María neste poema.
José Vidal González. 5º EP
4º EP
Aarón De Jesús. 4º EP
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
REGATO Choven bágoas pequeniñas
Que tringuelean nas fragas,
Que corren a armar regatos
Coma dediños de prata.
Regatos que moen terras,
Que lavan pedras gastadas,
Que cantan a ladaíña
Das nubes que pasan pasan.
Choven miudiñas pingas,
Perlas nas teas de arañas,
Que mollan corpos e follas,
Camiños, campos e parras,
Valados, bosques e leiras,
E casas abandonadas.
Choven bágoas pequeniñas
Dun prato que nunca acaba.
(Ana María Fernandez)
XUSTIFICACIÓN: Elixín esta fervenza para ilustrar o poema de Ana María Fernández porque é un lugar ao que vou pasear cando estou en Vigo
visitando os meus avós. Cando non chove soemos percorrelo coas bicis miña irmá e mais eu.
Zoe Luque. 4º EP
Aarón De Jesús. 4º EP
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
porque
Brilan ó sol as poceiras! Xa pouco máis brilarán! Hainas de cen mil maneiras E están tiradas no chan. A choiva fíxoas nacer Sobre o monte ou o camiño. E fainas o sol morrer Despaciño, despaciño… E na terra están tiradas. Viven nun barrizal! E son por todos tripadas E a ninguén lle fixeron mal!
Manuel María – A s poceiras
AS POCEIRAS
Xustificación:
É unha imaxe dunha gran poceira que me encontrei
de camiño á casa. “Nacen” cando chove e o sol fainas
“morrer”... é certo porque pode que hoxe xa non
estea.
Sali Álvarez
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
Ourense de música, palabra, cor, luz, pedra e auga. Ourense de ríos, fontes, rúas, prazas, parques e frores. Ourense de néboas, ventos, chúvia, sol, irexas e conventos Ourense
de leiras, montes, polbo, termalismo, burgas e pontes. Ourense de fenestras, soportais, poetas, gaiteiros e corais. Ourense de corazón. Ourense no corazón.
Ourense, é a miña cidade, tamén chamada a cidade das pontes como
imaxinaredes o río forma parte da nosa vida, cruzámolo moitas veces
ao día!. Escollín esta poesía dun poeta ourensán que fala de Ourense: das
burgas, dos ríos, da chuvia e das pontes..
OURENSE
Xustificación
Jose Ramón Fdez. Morgade
Aroa Rivera. 4º EP
4º EP
Aarón De Jesús. 4º EP
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
O río pasa correndo, non se para con ninguén. O río canta prás cousas e canta pra min tamén.
¡O río canta prás arbres paxareiras da ribeira! ¡O río canta prós prados e prás nubes viaxeiras!
A todos di seu cantar con escuro e craro son. ¡A todos di seu cantar anque llo escoiten ou non!
MANUEL MARÍA
Í
XUSTIFICACIÓN: O poema de Manuel María di que canta para as árbores e para as nubes e por iso escollín esta foto do río
Miño pasando por Alongos, porque vense claramente as árbores e as nubes que miran ao río correndo, na súa viaxe cara o mar.
Hugo Gallego. 4º EP
4º EP
Aarón De Jesús. 4º EP
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
A choiva que nace Na cidade
Nin de arrecendos Nin de arboredas
Sabe. A choiva que xoga
Na cidade Nin dos regueiros
Nin das abellas Sabe
A choiva que vive Na cidade
De fumes negros De estrondos grises
Sabe De lixo mouro De berros fríos De rúas sucias
Sabe, sabe. Antonio García Teijeiro
Carmen Rubio
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
Unha pinga de auga
Atopouse cun raio de sol Os dous xuntos formaron
Un mundo de color. Un arco perfecto Pintaron no ceo
Coa auga da chuvia E as cores do vento.
Quixen saber onde nace E nas fontes nas que bebe Como por arte de maxia Derreteuse como a neve.
Quixen coller as súas fitas Para subir ata as nubes Como por arte de maxia Desfíxose como azucre.
O arco da vella, Un soño de colores
Xoán Neira
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
ÉZARO - Rosalía Fdz Rial – Un mar de sensacións
Crávame
o baleiro
da túa caída;
rebéntame en nubes;
desfaime de min.
Quero desaparecer
co furacán onde choves
o berro elexíaco
dos ríos kamikazes.
Porque preciso vivir
no abismo da morte
perpetua Fervenza do Ézaro – Foto tomada por Isabel
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
Ramon Cabanillas
Leste duro Mar bravo.
Curiscadas da choiva.
A noite vai rubindo
cabaleira na sombra.
As fortes ás tendidas,
inquedadas, sin rumbo,
silenzosas, levadas pol-o
vento déixanse ir as
gaivotas. Foto: Gaivotas en O Grove
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
Sabores de auga – Helena Villar Janeiro
- ¿A que sabe a auga,
Señora botella?
- A fonte,
a río,
a néboa.
A nube,
a mar,
a brétema.
A orballo,
a pozo,
a chuvia.
A xeada
a folerpa
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
Libro Os nobres carreiros (1970) - Eduardo Moreiras.
Brinca na rocha o regato
puro. Azas de cor viva
salpican o ceo.
Suspiros do regato en
flor,
¿de quen serán?
A auga lambe a carriza
coma bico na pel soñada
¿Qué amará?
Foto: regato en Tras do Río – Barra de Miño
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus! se verrá
cedo?
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus! se verrá
cedo?
Foto: Ría de Vigo tomada por Fátima dende o avión
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
“FARRAPOS DE NUBE”
De Xoán Neira
A PRAIA
No inverno a praia queda solitaria Só a acompañan O chío das gaivotas, O vento que zoa E as ondas que o bañan. De noite, a praia fica baleira Só quedan pegadas na area mollada E a lúa que soña Co arrolo das ondas. XUSTIFICACIÓN: Nesta praia solitaria pasei as vacacio ns de Semana Santa. Podedes ver a praia de Muros baleira, sen toallas, parasoles ... Din paseos, carreiras, fixen castelos de area... pero ao final botei de menos a compan í a da xente.
Joel Arce. 4º EP
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE
O RÍO
Foxe o río polo río,
Caladiño, sen dar chío.
Leva follas de ameneiro
Que esparexe no areeiro.
Escalos, troitas e anguías
Relocen nas augas frías.
Nas ponlas das arboriñas
Chían melros e andoriñas.
Sen présa, coa auga a fío
Marcha día e noite o río. Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas
XUSTIFICACIÓN: Escollín esta foto do río Barbantiño
porque é unha zona que me encanta. O río nesta zona pasa tranquilo e as augas
relocen como na poesía.
Candela Nieto. 5º EP
Poemas de Auga Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE