Os Sofistas
Protágoras(h. 481 – 410 a.C.)
Gorxias(485 – 389 a.C.)
• A palabra sofista provén do termo grego sophos, que significa sabio. Os sofistas eran mestres itinerantes. Cobraban polos seus servizos e ensinaban a arte da retorica para ter éxito na política.
• Platón desprestixiou as ensinanzas dos sofistas ata o punto de que, hoxe en día, sofista sexa para nós sinónimo de embaucador, demagogo e mentireiro.
• Os sofistas cuestionaron a capacidade humana de acadar un coñecemento seguro e universal adoptando posturas relativistas e escépticas.
GorxiasProtágoras
• “O home é a medida de todas as cousas. Das que son en tanto que son, e das que non son en tanto que non son”.
• O ser é contraditorio, por iso percibimos aspectos contrarios da mesma cousa.
• A verdade única e absoluta non existe. O único criterio para tomar decisións é a utilidade.
• Postura relativista.
• “Nada hai, se o houbese non poderíamos pensalo, e no caso de que puidéramos pensalo non poderíamos comunicalo”.
• O único criterio posible é a utilidade.
• As palabras convencen aos demais non porque digan a verdade, senón polo poder poético que ten a linguaxe.
• Postura escéptica.
A SOLUCION DE PLATON• Platón crea unha síntese filosófica que reúne a
concepción parmenídea segundo a cal a auténtica realidade é eterna e inamovible, e a afirmación de Heráclito sobre o perpetuo fluír das cousas. Tamén ofrece unha alternativa ao relativismo dos sofistas e dálle consistencia teórica ao optimismo socrático.
• Esta síntese é a teoría das Ideas.
• Cando percibimos o mundo que nos rodea mediante a sensibilidade captamos cousas que cambian e flúen constantemente. Pero cando vemos cos ollos da mente (logos) captamos os modelos, as formas, a esencia das cousas, é dicir, as IDEAS.
• A teoría das Ideas afirma a existencia dunhas entidades inmateriais, absolutas, inmutables, perfectas, universais e independentes do mundo físico. Estas realidade son as IDEAS do mundo intelixible.