OS HAIKUS
• O haiku é unha forma poética propia da literatura xaponesa.
• É un poema sinxelo composto por tres versos: o primeiro e o último, de cinco sílabas; e o segundo, de sete. Así que en total un haiku só ten 17 sílabas, no que destacan un vocabulario sensible e unha linguaxe descritiva.
OS HAIKUS• Os haikus son normalmente poemas
breves que amosan escenas da natureza ou da vida cotiá.
• Os haikus pretenden expresar en só tres versos un sentimento breve e sincero, xurdido normalmente ante a contemplación da natureza ou tamén ante sentimentos sobre o amor, a morte, a enfermidade, a dor ou ante calquera momento vivido.
Un haiku non ten título nin rima en xaponés, mesmo pode prescindir de sinais de puntuación e maiúsculas; parécese ao que dicimos falando.
Nos haikus abundan os substantivos (é unha forma poética preferentemente nominal, de expresión sinxela e concisa).
Na maioría dos poemas xaponeses faise referencia ás estacións do ano:
A primavera identifícase coa floración de ameixeiras, cerdeiras, salgueiros, o canto das aves, as sete flores da primavera, etc. O verán traía o canto dos insectos, as choivas, as treboadas, a sementeira. Propio do outono eran os parrulos, as grúas, as longas noites o a colleita do arroz. Finalmente o inverno viña acompañado da neve, a néboa, o vento e os eidos baleiros.
O poema adoita tratar da natureza, é a apreciación dun acontecemento que chama a atención do poeta; a fonte de inspiración pode ser un monte, un regato, a flora, o clima nalgunha estación, verán, outono, inverno, primavera ou Aninovo (tradicional en Xapón)
O KAIKU PERMANECEU DURANTE SÉCULOS MOI RELACIONADO COA CULTURA XAPONESA:
Unha chuvieira.Agárranse ás
herbasos
pardais.Yosa Buson
“Cando descubrimos o haiku, decatámonos da súa brevidade, a súa sinxeleza, a súa concreción, os seus contidos captan
inmediatamente a nosa atención. Xorde en nós o impulso de intentalo. En particular porque o haiku é un xénero sumamente
novidoso, que nos impresiona como cheo de frescura e posibilidades, en comparación con outros xéneros literarios que ou
ben practicamos ou ben só coñecemos en calidade de lectores. Desexamos ferventemente ter a inspiración para escribilo. “
(Adaptado do poeta uruguaio Carlos Fleitas)
"Haiku é simplemente o que está sucedendo neste lugar, neste momento."
Definición dada por Basho, pai do xénero
Cal é o fin do haiku? A beleza, o Zen, a ascese, o misterio do universo ou a suprema importancia do feito máis pequeno?
Para Basho o haiku era un camiño ao Zen. Buson considerábao unha arte cuxo fin era a beleza.
Para Issa é a expresión do amor polas persoas, os animais, as cousas.
Basho
OS HAIKUS
• Non se pode facer un haiku sen medir as sílabas de cada verso. Igual que para facer unha torta tes que usar un molde:
5 sílabas
7 sílabas
5 sílabas
OS HAIKUS
• Na literatura galega temos exemplos en Uxío Novoneyra, Helena Villar Janeiro, O Leo, Marilar Aleixandre, Xoan Abeleira e outros autores e colectivos poéticos.
• O haiku interesou moito a poetas españois como Antonio Machado, Juan Ramón Jiménez ou Federico García Lorca.
perpetra a arañalabirinto de chuspe:trampa ou poema.
Marilar Aleixandre
O ceo en siAs faias a ondularenA tarde acouga
Xoán Abeleira
En galego hai unha interesante aportación de Xavier Queipo no seu poemario Glosarios, publicado por Espiral Maior no 2004: unha sección de haikus en versión bilingüe inglés-galego, ambientados nun parque de Chicago.
Neve abondoPara xear o lagoe as ilusións.
A través do lagoO meu amor descansaNoutros brazos.
Pura tenruraLuar tras das nubesAusencia de neve
OS HAIKUS: FONTES• http://www.tallerdeescritores.com/haikus.php• http://www.tallerdeescritores.com/ejemplos-de-haiku.php• http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos_informaticos/andared01/poesia/activida/haikus.html• http://terebess.hu/english/haiku/benedetti.html
• http://cadernodelingua.wordpress.com/2011/03/21/haikus-par-xapon/
• http://www.elrincondelhaiku.org/sec1.php
• http://haiku.bitacoras.com/archivos/2005/08/22/que-es-un-haiku
• http://networkedblogs.com/fw0ZV• http://www.edu.xunta.es/centros/iesponteceso/node/246
• http://xoanabeleira.blogaliza.org/2010/05/17/quince-haikus-de-meu/