A festa da
chourizada Jorge Martínez Martínez e familia
5º Primaria
A descoñecida
historia de Santa
María de Oia Xan Fernández Romero e familia
4º Educación Ifantil
O conxuro do
sorriso Laura Gonzákez Pérez e familia
2º Educación Primaria
O galo de
Viladesuso Lucía Alonso Losada e familia
6º Educación Infantil
Lembranzas dunha
cativa Uxía e Iago Giráldez Miniño
5º Educación Infantil e 4º Educación Primaria
O demo burlón Adrián Miniño Diego e familia
2º Educación Primaria
O demo burlón
Houbo unha vez, fai moitos anos, na aldea de Mougás, cando aínda se
utilizaban os muíños que estaban esparexidos polo río que leva o mesmo nome
que o pobo, o Mougás. Eran tempos de aparicións da Santa Compaña e de
historias de medo.
As encargadas de moer o millo para facer a fariña eran as mulleres. Cando
tocaba o turno de moer de noite, xuntábanse cinco ou seis mozas e ían xuntas ao
muíño. Era unha noite de traballo, mais tamén era unha noite para contar contos,
historias e cantar.
Unha desas noites de inverno, chovía e facía frío, ían as mozas cargadas
con sacos e cos candís alumeando o camiño en dirección ao muíño do Chorlo,
perto das pozas de Mougás, cando atoparon un año de poucos meses de vida. O
pobre carneiriño estaba mollado e cheo de frío e medo. As mulleres non o
pensaron moito e cargaron tamén co cativo.
Ó chegar ao muíño acenderon un lume para quentarse e poder mirar mellor.
Colocaron o año perto do lume e dedicáronse ao seu traballo de moer o millo,
cantando as súas cancións.
Cando fixeron unha pausa para comer algo, déronse de conta de que
faltaba o año. Buscárono por dentro e por fóra e o año non aparecía.
Estaban nestas cando escoitaron “Cucurucú, cucurucú as mozas do muíño
quentáronme o cu”. Miraron para o tellado e viron un pequeno e burlón demo que
non deixaba de cantar “Cucurucú, cucurucú as mozas do muíño quentáronme o
cu”.
Unha lenda do
mosteiro
Santiago Matos Carabelos e familia
5º Educación Primaria
Unha lenda do Mosteiro
Chámome Santiago Matos Carabelos e vivo en Oia que, para min, é o pobo
máis fermoso do mundo. Nel vivíronse moitas lendas.
Vivo preto do mosteiro de Oia. Por estas terras pasaron algúns reis que
doaron moitas terras e así, as posesións de Oia chegaban dende Lisboa
(Portugal) ata Baiona, todo o Baixo Miño. Os reis que pasaron por aquí foron
Alfonso VII, Fernando II e Alfonso IX.
Esta lenda que vos vou contar, comeza falando coa miña avoa.Estamos no
tempo de plantar e sementar legumes, patacas e demais … Miña avoa ten unha
horta e eu pregunteille de onde trouxera unhas fabas ovaladas e negras (xudías).
Díxome que eran dos nosos devanceiros, que as trocaban cos monxes do
mosteiro. Cando nacen as fabas son verdes e redondas, logo son moi, moi
saborosas.
Miña avoa contoume que no tempo da guerra civil en España, vivían
monxes no mosteiro de Oia, pero tamén había prisioneiros da guerra que
traballaban moi duramente, eran escravos. Cando viñas os seus familiares
traíanlles sementes e plantas para as hortas.
A horta do mosteiro tiña moi boa terra e moitas hectáreas, e na parte alta,
unha alberca ou presa que contiña 20.000 l de auga. Chegaron a cultivar 400
ferrados de millo, 200 de centeo e 100 de trigo, centos de patacas, incontables
legumes e innumerables froitas … Hoxe sería imposible mirar tanta abundancia,
xa que os campos están todos sen cultivar e con moitos arbustos.
Daquela, seguimos cos prisioneiros da guerra… Cultivaban todos eses
froitos para o propio mosteiro, que os monxes mandaban e vixiaban. Saían ás
rúas do pobo para trocar os alimentos coas xentes. Estamos aínda nos tempos
da guerra, así que se os prisioneiros non obedecían , castigábanos nunhas
mazmorras que estaban soterradas baixo o mosteiro. Chamábanlle “a gota fría”.
Consistía ese castigo en amarrar aos prisioneiros e deixar que lles caeran gotas
de auga fría por riba da cabeza ata morrer.
Dentro do mosteiro seguían a ter moitas farturas. Había un Patio dos
Naranxos e fronte a el unha gran paneira chea de provisións. Máis ao fondo
había unha corte con mulas, outra con bois, outra cuns porcos que estaba mi ben
criados para poder comer e vender e, non podía faltar, o galiñeiro
Tiñan tamén no mosteiro bodegas coma un templo, porque eran grandes e
amplas e eran frescas coma unha mañá de primavera. Os viños que alí
gardaban, moitos deles das comarcas de Castela e Aragón, eran para a xente
rica que por alí pasaba.
Deixando o “Patio dos Naranxos” chegamos a “O Molino”, onde utilizaban
abundante auga e máis de fronte chegamos a “plaza de armas”… Oito canóns!
Son o adorno deste patio histórico do século XVII. Aquelas oito bocas de lume
anunciaban cunha salva a aparición da Virxe do Mar.
Ben, estes oito canóns enrolan a outra historia que xa vos contarei, sobre os
piratas que arribaban nas augas frías do mar de Oia.
A festa do galo Elba Pérez Silva e familia
6º Educación Infantil
Chosquito, o colello
cotilla Laura Giráldez Couce
4º Educación Infantil
A locomotora Paula González Pérez e familia
6º Educación Infantil
Relato sobre a
festividade de San
Cosme e San
Damián Lara Balboa Pereira e familia
6ºEducación Primaria
A fogueira de San
Xoán Noa Español Álvarez e familia
6º Educación Infantil
O lobo, o home e o
tesouro do mosteiro Alex Martínez García e familia
1º Educación Primaria