Top Banner
Pincha(e)Discos EN CLAVE FEMININA Falamos coas cociñeiras Rosa Sanmartín, Lucía Freitas e Vanesa Vera Nº 4 | setembro-outubro 2015
36

Pincha(e)Discos Número 4

Jul 23, 2016

Download

Documents

Pincha(e)Discos

Revista sobre gastronomía e cultura compostelá. Neste número analizamos a situación da muller na cociña, entrevistamos ao alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e falamos, entre outras cousas, dos festivais Outono Códax Festival e Curtocircuíto.
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Pincha(e)Discos Número 4

Pincha(e)Discos

EN CLAVE FEMININAFalamos coas cociñeiras Rosa Sanmartín, Lucía Freitas e Vanesa Vera

Nº 4 | setembro-outubro 2015

Page 2: Pincha(e)Discos Número 4

El poder espontáneo de las buenas ideas

HTTP://RSMCOMUNICACION.COM

RSMCOMUNICACIÓN | PUBLICIDAD | MEDIOS ONLINE

Page 3: Pincha(e)Discos Número 4

Reportaxe Loitadoras

entre fogóns

P. 6

Vai de… Música Outono Códax

Festival

P. 10

Onde comer con… Camila BossaP. 18

5 e acción Curtocircuíto

2015

P. 21

Entrevista ao Alcalde de Santiago, Martiño Noriega

P. 12

Vai de… Turismo #OscarOnTheWay P. 16

Ten que haber de todo!

P. 34

Crusat & Costas Dúas copas de viño… con cal quedas?

P. 26

Crusat & Costas

Entre bambolinas con Davide Salvado

P. 22

P. 32 Directorio

D

Comer e Falar en Argentinos Burguer P. 25

Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015 | 3 |

Top 5 Abraiantes O mellor que

probamos ata hoxe

P. 20 TOP 5

ABRAIANTES

P. 29

A E•N D A

Page 4: Pincha(e)Discos Número 4

EDITORIAL

Lanzarse á piscina

Queda pouco xa para que remate o verán. En menos dun mes estaremos botando de menos os días longos, os refrescos nas terrazas, os xeados, os baños nas praias… Pero aínda que chegue o outono, moitos seguirán lanzándose á piscina, escribindo o seu propio destino e, en definitiva, sendo valentes. Porque si, neste cuarto número da nosa revista en papel falamos de xente valente. De mulleres que loitan por demostrar que nas cociñas dos restaurantes tamén poden ser as que manden. De emprendedores que un día tiveron o soño tolo de triunfar en Compostela con música de forte raíz norteamericana. Ou de seguir os pasos dos seus pais pese a todas as dificultades do oficio de hostaleiro. Escoitamos tamén a quen desde Teo chega á capital galega disposto a dar un rumbo nas nosas políticas culturais e gastronómicas. E a artistas que non desisten en demostrar o moito que valen. Ademais, veredes como algúns se atreveron co Camiño de Santiago e outros, a seguir dando guerra cun xénero de cine que, por sorte, xa só uns poucos consideran menor.

E non importa se a auga está fría. Se hai que mollarse, que sexa de corpo enteiro! Logo xa haberá tempo de repoñer forzas como máis nos gusta: sentados á unha boa mesa. Por iso neste número seguimos tamén coas nosas seccións habituais falando de viños e dalgúns dos mellores bocados que probamos estes meses.

Que a lectura vos sexa pracenteira! Moitas gracias por adicarnos un anaco do voso tempo e se queredes máis, non esquezades que tamén estamos a un só clic: en pinchaediscos.com e nas redes sociais Facebook, Twitter e Instagram.

EDITA:

Cristina Márquez ı Directora de MárketingRebeca Munín ı Directora de Contidos

[email protected] [email protected]

Deseño e maquetación: RSM Comunicación

Publicidade: Juan Vázquez e Jéssica Pintor

[email protected]

Fotografía:Suso Rivas

Colaboradores neste número:Pela del Álamo, Xiana Lastra, José Manuel García, Jose Crusat e Lorena Costas.

Imprime: COGRAF

Depósito Legal: C 66 - 2015 www.pinchaediscos.com

Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como pinchaediscos

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

Foto portada por Suso Rivas

| 4 | Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015

Foto: Suso Rivas

Page 5: Pincha(e)Discos Número 4

Avenida de Figueroa, 5 | Santiago de Compostela | 881 10 46 00 | www.theseafoodbar.es #SeafoodSCQ

nova luz

estilonovo

HotelTerraza

costavella.com

Terraza

costavella.comCosta Vella

Page 6: Pincha(e)Discos Número 4

| 6 | Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015

O traballo de hostelería non é fácil. Nin para as mulleres nin para os homes. Todos coñecemos as xornadas maratorianas ás que se enfrontan estes profesionais. E non é só cociñar. Moitos teñen que ir ao mercado, facer probas, limpar, atender o negocio… e cando chegan a casa: seguir formándose, investigar, viaxar.

Todo iso supón dedicar menos tempo a un mesmo, aos amigos, á familia. “Se queres chegar lonxe, tes que renunciar a todo”, afi rma Lucía Freitas, a única muller – polo de agora, xa que queda unha semifi nal – candidata ao Premio Cociñeiro do Ano que se celebrará en Barcelona. “Nunca sabes cando acaba a xornada e iso é unha difi cultade á hora de conciliar o traballo e a vida familiar”, opina

Loitadoras entre fogónsDAR CON MULLERES QUE TRIUNFEN NA COCIÑA É MOITO MÁIS DIFÍCIL QUE CON HOMES. POR QUE? FALAMOS CON TRES PROFESIONAIS COMPOSTELÁS:

ROSA SANMARTÍN, LUCÍA FREITAS E VANESA VERA

Por Rebeca Munín

Rosa Sanmartín na salón que teñen preparado para o menú de cociña conventual. Foto: Suso Rivas

Se vos pido que me faledes dos grandes da cociña seguro que de primeiras xurden nomes como Adriá, Arzak, Berasategui, Roca… Falando de Galicia, pensaredes en Pepe Solla, Javier Olleros, Yayo Daporta… Pero cantas mulleres veñen á vosa mente? As que están na cima desta profesión son menos. É certo. Pero por que? Para opinar sobre este tema escollemos a tres cociñeiras compostelás: Lucía Freitas, de A Tafona; Rosa Sanmartín, do Hotel Monumento San Francisco; e Vanesa Vera, de A Horta do Obradoiro.

“Nunca sabes cando

acaba a xornada e iso é

unha difi cultade á hora de

conciliar o traballo e a

vida familiar”

reportaXe

Page 7: Pincha(e)Discos Número 4

Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015 | 7 |

“Son máis mediática porque, sendo sinceira,

moitas entrevistas que me fan son por ser muller”

Lucía Freitas co seu uniforme do Grupo Nove.

Rosa Sanmartín. E nese punto ás femias, por moito que mudaran os tempos, séguennos poñendo – e poñémonos - moitas barreiras. “A muller cando decide ser nai, si ou si ten que saír da cociña. Eu quero selo e a idea non é deixalo, pero si tomarme un tempo”, recoñece Vanesa Vera. As tres son unhas loitadoras. As tres cóntannos a súa historia.

25 anos como xefa de cociña

Posiblemente Rosa Sanmartín foi unha das primeiras xefas de cociña en Santiago. E é que fai 25 anos, cando se puxo á fronte dos fogóns no Hotel Monumento San Francisco, non eran moitas as que escollían esta profesión. Antes pasou por varios restaurantes, entre eles o dunha muller pioneira, Toñi Vicente – á que hoxe en día podemos ver de novo por terras compostelás, en concreto no Hotel Congreso.

“Gustoume a cociña desde pequena, pero o impulso decisivo foi cando ao remate da E.X.B. o colexio levounos a coñecer o instituto de hostelería en Santiago e alí tiven claro que o que quería facer”, recorda Rosa, natural de Vila de Cruces. Hoxe en día a súa é unha cociña tradicional, posta ao día. “Á hora de elaborar un prato coidamos que os ingredientes non perdan a súa personalidade. Tamén somos moi exixentes coa calidade e tratamos de utilizar sempre produtos da nosa terra”, explica.

Desde o ano pasado, resulta ademais moi exitosa a súa proposta de cociña conventual, “recollendo moitas das receitas dos mosteiros e conventos franciscanos”. Esta caracterízase por un cociñado lento, no que se concentran moito os sabores. “Son pratos que nos evocan ao pasado e que a miúdo tráenlles recordos entrañables aos nosos clientes”, asegura.

O feito de que existan menos mulleres que homes na cúspide da súa profesión achácao á dureza da mesma. Pero cre que sempre que queiras loitar, todos teñen as mesmas posibilidades. “Eu son moi feliz facendo cociña. Sempre dixen que tes que facer o que che gusta”, afi rma. Tampouco pensa que exista unha maneira de cociñar masculina e outra feminina. “Ten máis que ver co carácter de cada un”, opina. “Porque no prato que chega ao comensal refl íctese un pouco da nosa alma”.

A única compostelá no Grupo Nove

Dúas son as únicas mulleres que forman parte na actualidade do selecto grupo de cociñeiros

galegos do Grupo Nove. Unha é Beatriz Sotelo - do restaurante A Estación, en Cambre – e outra é Lucía Freitas,

propietaria xunto con Nacho Tierno de A Tafona Casa de Xantar.

reportaXe

Page 8: Pincha(e)Discos Número 4

| 8 | Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015

Vanesa Vera nun dos espazos máis especiais de A Horta do Obradoiro. Foto: Suso Rivas

A compostelá aprendeu cociña no País Vasco e pastelería en Barcelona da man do mestre pasteleiro Jordi Bruton. “De vinte e pico alumnos, eramos só catro mulleres. Hoxe dúas son nais e dúas somos cociñeiras”, conta. Despois de traballar con algúns dos mellores chefs españois (no Celler de Can Roca, en Mugaritz, El Bohío e Tapies) regresou á casa para emprender o seu propio proxecto. “A nosa aposta na Tafona é ir polo gastronómico. E ademais estamos valorando abrir outro local máis en Santiago cunha liña máis informal. Aínda queda moito que facer pero espero que saia adiante”, confesa.

Candidata a Cociñeira do Ano, Lucía leva recibido nos últimos tempos moitos premios e recoñecementos, o que indica xa non un futuro senón un presente moi prometedor na profesión. “Soñar cunha Estrela Michelin? Sabemos de sobra o que hai que facer, o que hai que ter, e por iso somos realistas. Non imos crer nalgo que de momento non podo chegar. Pero ilusión por ir mellorando cada día si que temos”, apunta.

O feito de ser muller non a limita á hora de loitar por facerse un oco entre os grandes. É máis. Dalgún xeito, axúdaa. “Son máis mediática porque, sendo sinceira, moitas entrevistas que me fan son por ser muller”, sinala. E pode haber un toque feminino nos seus pratos? “Debe habelo porque a min todo o mundo mo di. Pero eu podo falarte de homes que empratan coa mesma sensibilidade. Penso que ten que ver coa personalidade de cada un”, sostén.

Complementando a dous grandes

Di Vanesa Vera no seu perfil en Twitter que todo “ten un comezo igual que empezar un prato de cero”. O seu arranca en Arxentina onde naceu e se formou para cociñeira. Chegou a España para facer as prácticas con Martin Berasategui e de alí viu a Galicia para traballar en locais como o Restaurante Ana ou o Garum Bistro. Este ano sumouse á aventura posta en marcha por Kike Piñeiro e Eloy Cancela, un novo establecemento

en pleno Casco Histórico compostelán que, en moi pouco tempo, é xa un referente da nosa restauración. “A Horta do Obradoiro é case como unha maneira de vida! É o entorno, a xente, o bo produto galego… é todo un conxunto”, asegura.

Ela ocúpase das sobremesas, entrantes e aperitivos. “O traballo con Kike e Eloy é moi bo. Cada un ten como as súas partes definidas, entón é moi fácil. E axudámonos os tres”, explica Vanesa. Na súa traxectoria nunca tivo

problemas polo seu sexo. “A min, mentres que sexan boa xente, dáme igual que sexan homes ou mulleres. Na cociña somos todos un. Tes que tirar para o mesmo lado”, opina. Pero si que sabe de compañeiras que o pasaron mal. “Por exemplo, dicíndolles: isto non o podes facer ti ou ti con carnes, non. Coñezo a unha que estaba traballando nun restaurante e non podía presentar pratos propios”, relata. Aínda que pensa que agora as cousas mudaron un pouco e xa é raro sufrir esas faltas de respecto.

Onde si que queda terreo por avanzar é no da maternidade. Así, Vanesa considera que ás cociñeiras téñenno máis difícil que os homes cando deciden ter fillos. “Hai un período onde non te queda outra que frear. Primeiro porque o corpo non te dá e despois porque tampouco queres. Se non o fillo críao a túa nai!”, opina. Pero ela, cando o teña, pretende adicarlle á cociña polo menos media xornada: “É que non me imaxino doutra maneira! Moitas veces renego, moitas veces enfádome… polo cansanzo, polo estrés… Pero non quero facer outra cousa. Así que o día que chegue o peque intentarei combinalo”.

“Coñezo a compañeiras ás que lle dicían: isto non o podes facer ti ou ti con carnes, non”

reportaXe

Page 9: Pincha(e)Discos Número 4

Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015 | 9 |

Vanesa Vera nun dos espazos máis especiais de A Horta do Obradoiro. Foto: Suso Rivas

Page 10: Pincha(e)Discos Número 4

| 10 | Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015

Martín Calviño, Fran Villasenín e Javier Freire na Sala Capitol. Foto: Suso Rivas

O Outono Códax Festival celebra o seu V aniversario con Naomi Shelton, Mike Sánchez e Tommy Hunt, entre outros artistas.

O espírito da música negra regresa a Compostela Por Rebeca Munín

Onde

comer con...

Oi

do cociña...

Onde

comer con...

Onde

comer con...

entrevista

ONDE COMERcon

OÍDO COCIÑA OÍDO COCIÑA

VAI D

E ... MÚSICA

VAI DE MÚSICA

VAI DE musica

VAI DE musica

Page 11: Pincha(e)Discos Número 4

Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015 | 11 |

“Sobre todo facémolo porque nos flipa esta música”. Así de claro explican os organizadores do Outono Códax

porque fai cinco anos que decidiron arriscar poñendo en marcha un festival nada común na nosa terra. E acertaron. Nas súas cinco edicións encheron a Sala Capitol en cada concerto. Este ano esperan logralo de novo. E razóns non lles faltan. Ata Santiago chegarán os míticos Naomi Shelton, Mike Sánchez e Tommy Hunt, entre outros artistas.

Impulsado por Raíña Productions e A Reixa, baixo o patrocinio de Martin Códax, e coa colaboración de Pousadas de Compostela, o Outono Códax é xa unha cita ineludible para milleiros de persoas. “É un festival moi recoñecido en España. Cada ano hai máis grupos que nos están mandando maquetas, interesándose por formar parte desto”, explica Fran Villasenín. Xunto a el, están á fronte desta aventura Martín Calviño, Javier Freire e Pablo Balsa. “O máis curioso é que temos público desde 18 ata 60 anos, xente que deixara de ir a concertos e volve e xente que non coñecía estes estilos e se engancha”, subliñan.

Neste quinto aniversario, gozaremos de tres espectáculos en Santiago (os sábados 19 e 26 de setembro e 3 de outubro) e un en Xixón (venres 2 de outubro). Ademais, o espazo Numax acollerá unha exposición do fotógrafo Lawrence Impey, autor de retratos de bandas históricas como The Police e Blondie, celebraranse sesións out con concertos gratuítos na rúa e as xa tradicionais allnighters (pinchadas ao final de cada concerto en A Reixa). “Todos os anos buscamos sorprender apostando pola diferenciación con outros festivais”, aseguran estes catro amigos.

E para poñelo fácil, as entradas teñen un prezo de tan só 20 euros (+gastos) en venda anticipada e 24 euros na billeteira. Ademais, hai a posibilidade de adquirir un abono para as tres actuacións de Compostela por 46 euros e de conseguir pases gratuítos sumando dez selos no denominado ‘Rock´nporte’ (consumindo ou comprando nos case un cento de establecementos hostaleiros e comerciais que colaboran).

Grandes estrela

Soul, rhythm&blues, gospel, rock, blues, reggae… Os estilos musicais que podemos gozar en Santiago gracias ao Outono Códax son moi variados. Pero sobre todo levan anos bríndanos a ocasión de ver en directo na nosa cidade a lendas da música como música como Maxine Brown, LaLa Brooks, Barbara Lynn, Bill Kirchen,

Irma Thomas ou Sonny Knight. “O máis bonito para nós do festival é a convivencia que temos con eles. E chama a atención o cercanos que son”, contan Fran, Martín, Javier e Pablo. Compartir mesa con eles, coñecer de primeira man anécdotas e sentilos case como se fosen da familia é un privilexio que compensa os moitos meses de traballo que hai detrás. “Moito máis do que a xente pensa!”, recalcan. “Por exemplo, moitas veces tórcense as cousas polo avión. Chegas a acordos económicos cos grupos e resulta que os billetes están polas nubes”, engaden. Por iso admiten ter algunhas ‘espiñas’ de artistas que lles gustarían traer. Pero prometen seguilo intentando. Outono Códax, temos para rato!

‘Tapa do Outono’ con Pincha(e)Discos

Unha das grandes novidades desta edición é que haberá unha ‘Tapa do Outono’ creada polo restaurante compostelán Resas e que poderá degustarse o sábado 26 de setembro. Nesta sesión out especial, na que colabora Pincha(e)Discos, non faltará, por suposto, a música en directo. Anímaste a probala? Marca a data no teu calendario!

Onde

comer con...

Oi

do cociña...

Onde

comer con...

Onde

comer con...

entrevista

ONDE COMERcon

OÍDO COCIÑA OÍDO COCIÑA

VAI D

E ... MÚSICA

VAI DE MÚSICA

VAI DE musica

VAI DE musica

Sábado 19 de setembro Mike Sánchez & His band, un dos artistas de rhythm&blues e rock´n roll máis recoñecidos mundialmente + o norteamericano David Hooper&The Silverbacks e os galegos Transilvanians.Sábado 26 de setembroTommy Hunt & The New Flamingos, que acudirá ao Outono Códax como artista convidado para repasar algúns dos grandes éxitos da súa carreira + os cataláns The Velvet Candles + The Gospel Sessions vol. 1, coa soberbia voz de Michelle David ao fronte + os galegos Sabela King and The Heartbreakers.Venres 2 de outubro - Xixón, Asturias Os galegos The Lákazans + Naoimi Shelton & The Gospel Queens.Sábado 3 de outubro: A lenda viva do soul internacional Naomi Shelton & The Gospel Queens + Juan Zelada Band, un dos máximos expoñentes do neo-soul español que preparou un espectáculo único para o festival + os vigueses The Soul Jacket.

Page 12: Pincha(e)Discos Número 4

| 12 | Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015

entrevista

MARTIÑO NORIEGA , ALCALDE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA“Hai que recuperar aquel latexo cultural que existía na cidade e que se perdeu”

Mudan os tempos en Compostela cun novo equipo á fronte do Goberno Municipal. O que antes fora alcalde de Teo, Martiño Noriega, chegou ao Concello encabezando a plataforma cidadá Compostela Aberta. Sobre a mesa,

moitos proxectos e xeitos diferentes de actuar na vida pública. Aterrizados xa no Pazo de Raxoi e pasadas as vacacións de verán, preguntámonos que lle espera á nosa cidade en materia de cultura, gastronomía e turismo.

Por Rebeca Munín

O alcalde asegura que a cultura é “unha das patas da mesa” onde se apoia o seu Goberno. Foto: Suso Rivas

“O Compostela Gastronómica habería que intentar redefinilo e o Santiago(e)Tapas habería que intentar mantelo”

Page 13: Pincha(e)Discos Número 4

Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015 | 13 |

entrevista

MARTIÑO NORIEGA , ALCALDE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Que papel ocupa a cultura para este novo Goberno?

É unha das patas da mesa. A intención que temos é, por un lado, xerar unha programación descentralizada, popular, aberta e de calidade e, por outro, actuar coas industrias culturais, coas iniciativas persoais, como institución facilitadora. É dicir, pondo todo o potencial do Concello en infraestruturas a disposición dos artistas e xerando un marco legal estable para poder recuperar aquel latexo cultural que existía na cidade e que se perdeu.

Nese senso, por exemplo, será posible recuperar as actuacións en directo nos locais hostaleiros?

É complicado pero hai que intentar solucionalo. Apostamos primeiro por crear unha mesa de diálogo entre veciños, músicos e locais para intentar achegar posicións. Nós xa escoitamos as partes e todas teñen parte de razón. Desde o Goberno estase a traballar para buscar ese marco legal, que non só é municipal. E ese é un problema.

Durante anos existiu un convenio entre o Concello e a Asociación Cultural Cidade Vella que daba amparo legal a estas actuacións. É recuperable?

Dada a situación de polarización, non. Era un marco legal collido con pinzas. E se te enfrontas a un conflito, a recursos… Nós estamos intentando traballar con algo un pouco máis garantista.

No programa de Compostela Aberta propoñíase crear un cheque cultural que permita desgravar nos tributos locais xustificando o consumo de cultura na cidade. Segue en pé esta idea?

Está dentro das medidas. Tería que respostalo Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural. Hai que ter en conta que as cuestións das propostas programáticas foron elaboradas por grupos de traballo. Fíxose un programa moi ambicioso. Seguramente dentro das medidas prioritarias de momento non está esa. Pero a min cónstame que Branca está moi comprometida con ese programa e quererao desenvolver.

“Somos partidarios de eliminar as estruturas fixas das terrazas. O espazo público hai que concilialo co uso do turismo e dos veciños”

Page 14: Pincha(e)Discos Número 4

| 14 | Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015

entrevista

E seguirán as probas aos artistas para poder actuar nas rúas compostelás?

Nós cremos que a música na rúa e os artistas son positivos para a cidade. Que hai que buscar un marco de reparto de zonas e de ordenamento, por dicilo dalgunha maneira, da actividade na rúa? Si. Que ao mellor hai que flexibilizar os requisitos? Si, tamén. Pero non ir a esos modelos de cásting ou de selección das actividades.

Que pasa coa abandonada Sala Nasa? Reabrirá?

Eu creo que o período da Sala Nasa é un período que rematou. O Grupo Chévere (compañía que rexentaba a sala) está cómoda en Teo. Entón non hai que pensar como saír dun lugar e ir a outro, senón en como artellar dinámicas no que eu chamo ‘a gran capital’, que vai máis alá da fronteira administrativa. Prefiro non falar de fusión de concellos, pero no futuro se se ve que son rendibles colaboracións en transporte público, programación cultural, oferta turística... por que non?

E que facemos coa Cidade da Cultura?

Eu creo que a Cidade da Cultura é un conxunto de erros encadenados. Pero a día de hoxe é un feito consumado. Que nos atopamos? Unha obra arquitectónica que vive de costas á cidade e a cidade vive a costas dela. Entón non quero ser ambicioso. Conformaríame con xerar dinámicas nas que houbera unha nova relación, tanto no que é a visita como na maneira de programar nela. Na conversa que mantiven co presidente da Xunta falamos de, se ben non está previsto que remate, si que se faga a humanización dun espazo que quedou sen humanizar.

O está xerando certa preocupación no sector hostaleiro é anunciada moratoria na creación de hoteis con encanto e grandes cadeas de recordos na Zona Vella…

Si. É curioso que a proposta sae do propio sector pero tamén crea esa preocupación. Eles recoñecen que existe un exceso de oferta para a demanda existente e que iso obriga a ir a unha competencia case que desleal. Pero ao mesmo tempo, hai unha parte ao que non lle gustan as medidas reguladoras. Eu son dos que penso que tamén aos poderes públicos tócalles introducir algún tipo de medida correctora sen ser excesivamente

“O marco legal que amparaba as actuacións en directo nos locais estaba collido con pinzas. Nós estamos traballando en algo máis garantista”

- Martiño Noriega no interior do Pazo de Raxoi. Foto: Suso Rivas

Page 15: Pincha(e)Discos Número 4

Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015 | 15 |

entrevista

intervencionistas. Esa é a vocación. Sobre todo porque o Casco Histórico estase a converter nun parque temático. Está con iso o señor Duarte, do departamento de Urbanismo.

Tamén está co tema de cambiar a normativa de terrazas?

Tamén. O uso do espazo público hai que concilialo co turismo, coa dinámica dos locais… pero tamén para o propio uso dos veciños e veciñas. O que temos claro é que algunhas estruturas de ocupación do espazo público, que poden ser case fixas, verdadeiramente hai que intentar limitalas.

Pero poderase eliminar algunha das que xa están feitas?

Nós somos partidarios de eliminar as estruturas fixas. Todos temos desfrutado e desfrutamos das terrazas no Casco Histórico pero iso hai que intentar tamén limitalo dentro do uso do espazo público. Non pode ser que a xente non poida nin camiñar por determinadas zonas.

Na Nave 5 do Mercado de Abastos xa se dixo que se desbota a idea de enchela de locais de restauración. Que se fará con ela entón?

Nós entendemos que non hai que ir a reproducir modelos como o de San Antón o San Miguel, en Madrid. Porque este é un mercado que ten o seu dinamismo e unha esencia. No seu día desboutouse a idea de utilizar esa nave como unha especie de tenda onde atopar o que non está no resto da Praza, ou por dicilo máis popularmente, un supermercado de mercado onde poidas facer o resto da compra. E optouse por un modelo de tapas… Eu creo que ao mellor entre un e outro elemento podemos buscar un punto de equilibrio.

Continuarán os programas de promoción da nosa gastronomía como o Santiago(e)Tapas ou o Compostela Gastronómica?

Santiago(e)Tapas eu penso que é un bo programa. Serve para dinamizar e dar a coñecer os diferentes locais. No outro teño as miñas dúbidas de como hai que definilo. E estou dando a miña opinión en cuestións que están baixo a responsabilidade dos meus compañeiros e compañeiras… pero eu creo que o Compostela Gastronómica habería que intentar redefinilo e o Santiago(e)Tapas habería que intentar mantelo.

E sobre Lavacolla, como mellorar as cifras?

Hai que intentar establecer mecanismos de colaboración, recoñecéndolle a Santiago a centralidade como aeroporto internacional. A realidade a día de hoxe é que Vigo, A Coruña e Compostela compiten. Eu quero, polo menos, explorar se podemos cambiar as regras do campo de xogo. En vez de ver quen lle rouba a quen determinados destinos e operadoras, intentar establecer unha serie de criterios e repartos.

Hai que negociar con compañías de baixo custo?

A día de hoxe hai unha serie de feitos consumados de negociacións e de acordos. Eu todavía non sei exactamente cales son os acordos herdados pero empezaron a chegarme algúns deles. Se ti non entras a negociar coas compañías, negocian cos outros. Entón ou rompemos esa dinámica ou estamos condenados a competir.

TEST GASTRO-CULTURAL!

O seu prato favorito. Os macarróns de bechamel e tomate ou as espinacas con bechamel gratinado da casa dos meus pais.

Tamén cociña? Non. Pero sobreviviría (risos).

Que opina da restauración compostelá? Hai unha boa carteira, e diversa, de nivel. Pero unha parte está bastante condicionada polo modelo turístico da cidade.

Teatro, cine ou un concerto? Todo. Pero desde que cheguei aquí, non teño tempo.

Considérase ‘fan’ de alguén? Fan, fan… non (risos)… pero ‘faniño’!! (máis risos). Gústame Tom Waits, Leonard Cohen, Van Morrison, Calamaro, Ataque Escampe, Quique González… Encántame a música. Non podería vivir sen ela.

Un concerto ou espectáculo que querería ver en Compostela? Un concerto de Eels. O outro día pensaba que seguro que estaría xenial na Quintana.

Page 16: Pincha(e)Discos Número 4

| 16 | Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015

Page 17: Pincha(e)Discos Número 4

Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015 | 17 |

Había tempo que Óscar de Toro soñaba con facer o Camiño de Santiago. Cumpría así unha

promesa feita tras superar un infarto fai unha década. Pero o barista compostelán buscaba algo máis que coñecer a Ruta Xacobea. Quería reivindicalo como un lugar de refl exión, encontro e solidaridade. Ata que deu coa idea! Apoiado por moi bos amigos e coa colaboración de Galicia Calidade e a promotora Instinto Humano, lanzouse á aventura disposto a promocionar os mellores produtos da nosa terra.

A súa andaina arrancou o 19 de xullo desde O Cebreiro e rematou o 25 cun acto no Hostal dos Reis Católicos, na Praza do Obradoiro. Unha semana na que Óscar non só compartiu experiencias cos peregrinos, senón que tamén amosou aos internautas as mellores localizacións da Ruta e algunhas das delicias que forman parte dela. E é que este proxecto, denominado #OscarOnTheWay, estivo íntimamente ligado ás redes sociais logrando un notable éxito. Así, foi a través das canles 2.0 de Galicia Calidade (YouTube, Facebook e Twitter) desde as

que se fi xo o seguimento do seu Camiño, alcanzando, por exemplo, os 11,5 millóns de impresións en Twitter. En total penduráronse 28 vídeos que xa superaron as 10.500 visualizacións e que todavía se poden consultar por estas vías.

O Cebreiro, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, O Pino e fi nalmente Santiago foron as localidades nas que vimos ao barista preparando un vermut, facendo melindres, cortando xamón, probando un bo polbo, catando uns viños ou degustando pementos de Herbón. Porque non nos digades que no Camiño de Santiago non se pode comer pero que moi ben!

Vai de ...Turismo

Que ben se come no Camiño de Santiago!O barista Óscar de Toro percorreu a Ruta Xacobea promocionando os produtos de Galicia Calidade en #OscarOnTheWay

Page 18: Pincha(e)Discos Número 4

| 18 | Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015

CAMILA BOSSA, ACTRIZ

“AS ACTRICES DE MÁIS DE 35 TEMOS MOITA BAGAXE DE ONDE SACAR HISTORIAS MARABILLOSAS”

“Fago un papel pequeno

en El Desconocido, a

película de Dani de la

Torre, con Luis Tosar,

que de seguro dará

moito que falar”

Por Rebeca Munín

- Camila gozando dun dos arroces de A Curtidoría. Foto: Suso Rivas

Camila Bossa é desas persoas coas que é moi pracenteiro falar. Sempre alegre, expresiva e cercana, elixe

A Curtidoría, na rúa da Conga, como un dos seus lugares favoritos en Santiago para tomar unhas cañas cos amigos ou celebrar unha cea íntima no seu reservado. Situado nunha antiga casa do século XIX, salienta o bo trato que sempre recibe alí e a súa decoración, moderna pero que “dialoga co pasado”. “Paréceme moi importante que se recuperen espazos na zona vella. E non é poñer pladur, luces de neón… non! É facelo con gusto”, afirma.

Con ela tomamos un dos pratos de arroz que tanto lle encantan. “Pero é que eu son moi comechona! É raro que

non me guste algo”, admite. Na cociña di ser unha excelente pinche. “Porque teño a desgracia ou a fortuna de ter unha nai e unha irmá que o fan moi ben”, apunta. Filla dunha das grandes damas do teatro galego, Pilar Pereira, Camila naceu en Bogotá pero pronto regresaron ao país. Das súas raíces colombianas vénlle a boa man co ajiaco, un prato similar ao cocido madrileño. Pero se

hai algo do que está orgullosa é do seu caldo galego. “Todo o mundo di que me sae moi ben. Agora estame tocando cociñar e estou descubrindo o pracer de dar de comer á xente”, conta.

Como actriz, nunca lle tocou interpretar o papel de cociñeira. Pero si que comparte con elas un oficio duro, para o que se precisa vocación e no que as trabas son maiores para o xénero

“É moi importante que se recuperen espazos como o da A Curtidoría na zona vella e que se faga con bo gusto”

Page 19: Pincha(e)Discos Número 4

Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015 | 19 |

“AS ACTRICES DE MÁIS DE 35 TEMOS MOITA BAGAXE DE ONDE SACAR HISTORIAS MARABILLOSAS”

“Sigo esperando ese gran personaxe. Moitas

veces digo: Ponme o listón un pouco máis alto, que podo facelo”

feminino. “A muller é moito máis liberada emocionalmente, culturalmente, por ser nai… Entón penso que ás veces temos moitos máis matices. Sen embargo, se lle dá moita máis importancia aos papeis de homes. Parece que todo lles pasa a eles e a muller pasaba por aí”, sostén.

As diferencias nos salarios, as presións por manter unha imaxe, o semellar un floreiro… son cuestións que non a desaniman, pero que si que a consumen bastante. “É curioso que canto mellor me sinto comigo mesma e máis aprendo de min como actriz, o traballo é menor. Creo que é un desperdicio, non só por min, senón polas miñas compañeiras, que estamos nun moi bo momento”, asegura. Por iso defende “a beleza e a sensualidade” das mulleres maduras: “Parece que non teñamos vida máis aló dos 35. Pero temos moita bagaxe de onde sacar historias marabillosas”.

Un rostro de grandes series

A Camila descubrímola sendo unha das protagonistas da recordada ‘Mareas Vivas’. Comezou así un camiño por non demasiadas series da TVG pero si das máis exitosas. Como ‘Matalobos’, coa que gañou dous premios Mestre Mateo. Agora

podemos vela facendo de novicia en ‘Hospital Real’, que recrea a vida do Hostal dos Reis Católicos no século XVIII, e que regresará despois do verán. “É un personaxe que ao quedar enmarcado por un hábito fixo que me centrara moito máis na interpretación da cara e do que ela transmite. É unha muller que ten unha historia que se vai descubrindo pouco a pouco, con moito segredo, moito sufrimento… entón é moi comedida. Cousa que para min foi un todo un reto porque son unha persoa moi expresiva”, explica.

E iso precisamente é o que quere agora. Que chegue ese gran papel co que demostrar todo o seu talento. “Moitas veces digo: Ponme o listón un pouco máis alto, que podo facelo”, sinala. Na tele, no teatro ou no cine, onde está a piques de estrear ‘El Desconocido’, filme protagonizado por Luis Tosar e que dirixe Dani de la Torre. “Para min foi un luxo estar nesa rodaxe. Sentinme como en Hollywood. É unha peli con poucos personaxes, cunha historia moi comprimida e moi metida nun coche. E aí estamos moitos actores facendo papeis pequenos que ao mellor o espectador medio non vai ver, pero que forman parte dela”, conta. Trátase ademais dunha película feita toda en Galicia, que está segura de que “dará moito que falar” e que espera que sirva para “cambiar un pouco a mentalidade do cine que podemos facer aquí”.

- A actriz participou en series como Mareas Vivas, Matalobos ou Hospital Real. Foto: Suso Rivas

Page 20: Pincha(e)Discos Número 4

| 20 | Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015

TOP 5 ABRAIANTES

O MELLOR QUE PROBAMOS ATA HOXE

1A mellor tapa

La Tita. Para moitos a tortilla deste coñecido

local compostelán é a mellor que probaron nas súas vidas.

Ben gordiña, coa cantidade xusta de ovos e patacas e feita ao punto. Se pides unha consumición, xa non terás que cociñar na casa! Unha tapa como Deus manda!

Consello: Proba tamén a súa ensalada rusa! #ricorico #atafartar

2Consello: Fíxate na súa decoración. Sentiraste como na beira do mar!

Menú mariñeiroMamá Peixe.

Neste restaurante da Zona Vella atopamos un menú degustación

a moi bo prezo.

Catro pratos, sobremesa, pan, bebida e café por 12 €. Os mediodías no Mamá Peixe son caralludos! A nós gustounos es-pecialmente o bacallao con laranxa. Pero cada semana hai propostas diferentes.

3 Para carnívoros Carnicería Esteban.

Que sería dos veráns sen unha barbacoa cos amigos

e moita carne?

Churrasco, criollos, polo, hamburguesas... Bo produto galego servido por un dos carniceiros máis simpáticos do Mercado de Abastos compostelán!

Consello: Non deixes de probar os chourizos de Esteban! Moi saborosos!

4 De terraceoZona Vella.

Lugares emblemáticos para para pasar os días de calor

na nosa Compostela.

De cando en vez hai que darse un capri-cho e gozar da cidade como un turista! E que mellor que tomar algo ao aire libre vendo a vida pasar.

Consello: Se fai bo tempo, a imaxe nocturna da Praza da Quintana é espectacular.

5 Tartar de atúnRestaurante O Ferro.

Un prato que entra polos ollos e senta moi ben

no estómago.

Volvendo da praia, paramos a cear en-trando en Santiago e... sorpresa! Que ben comimos con ese tartar de atún vermello que nos fixeron en O Ferro!

Consello: Se non es de peixe, proba as súas carnes. Tamén boísimas!

Page 21: Pincha(e)Discos Número 4

Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015 | 21 |

Tiña curiosidade por saber como percibe a xente un festival como Curtocircuíto. Así que lle pedín a persoas con distintos graos de coñecemento e implicación que me desen tres

cualificativos ou conceptos que lles suxerise o festival:

Aberto, actual, atento, arriscado, audaz, próximo, coherente, compacto, consciente, contemporáneo, diferente, dinámico, gozable, divertido, didáctico, efervescente, en crecemento, en garda, esixente, fresco, Galiza, novo, moderno, Portugal, preciso, profesional, plural, sólido, relaxado, rigoroso, ubicuo e vangardista.

Dunha forma ou outra, todos eses atributos son virtudes –o cal é afagador– pero debuxan un perfil un tanto ilusorio, mesmo utópico, do festival. É emocionante ver que existe tal percepción, pero tamén é frustrante descobrer que non se intúe o que ocorre na sala de máquinas. Ninguén mencionou as nosas carencias, que son unhas cantas, algunhas inherentes e outras debidas ao contexto no que Curtocircuíto tivo que sobrevivir nos últimos anos, derivando ante a falta de complicidades e sinerxías coa administración que o ampara. Cun orzamento que, aínda sendo moi digno, foi minguando paulatinamente desde o ano 2010, o festival carece dunha estrutura sólida que lle permita ter un peso real na cidade e no país. Hai moito que mellorar ou, mellor dito, moito que optimizar. Nunha cidade hiperestimulada polo turismo e a oferta cultural, non ten sentido que traballemos nove meses para un evento que dura só unha semana, é moito traballo para unha recompensa tan fugaz. O noso maior éxito sería existir ao longo do ano: co debido apoio institucional, e con apenas un pouco máis de orzamento, poderiamos soster unha organización pequena pero estable que permitise desenvolver plans de formación continua, proxeccións en centros socioculturais, unha ampla programación de verán… Inventar cousas que acheguen Curtocircuíto á cidadanía e que xeren un retorno de público na semana do festival. E, por suposto, converter Curtocircuíto nun reclamo turístico de calidade, turismo cultural para visitantes de toda Europa. Porque esa é outra materia pendente: a repercusión internacional do festival. Os festivais de cine teñen a capacidade

de proxectar a imaxe das cidades máis aló do ámbito cultural. Son unha gran ferramenta para vender “marca” e no noso caso estamos a desaproveitar a oportunidade. Sitges, Sevilla, Valladolid ou Málaga si están a explotar ese potencial, e moi ben. Pero en Santiago, seguimos vivindo da Catedral, que é como vivir de rendas.

E con este texto non discuto só os deberes da administración, cada día cuestiono tamén o meu traballo á fronte do festival e pregúntome se estamos a ir polo bo camiño. A idea de programar un cine pouco convencional, dándolle protagonismo aos experimentos menos comerciais, de entrada, pode non ser a filosofía máis rendible. Pero hai que arriscar, sen risco non hai aventura, nin gloria. Un festival coma este non pode ofrecer contidos similares aos da televisión. Curtocircuíto debe ser un festival articulado en diversas capas ou niveis de inmersión no que públicos distintos poidan atopar algo que lles chegue, os emocione, os cuestione ou simplemente os entreteña sen perder coherencia, cunha liña de programación clara e fiel a si mesma. Polo menos iso é o que aprendín o ano pasado, na miña segunda edición como director: ter unha liña de programación rigorosa non implica facer un festival hermético ou elitista. Confundir a calidade coa complexidade é un erro. Calidade e esixencia sempre, pero abertos á cidadanía porque este é un festival público, da cidade para a cidade. E niso ando, preocupado por establecer o equilibrio entre eses diferentes niveis de programación sen perder identidade.

A administración e os axentes aos que se nos confía a xestión dos eventos culturais temos que traballar moito e da man. Estamos nunha nova etapa para a cidade e iso convida a pensar que será posible prosperar. Algúns levamos anos agardando este momento. Haberá que estar atento e perseverar, só así seremos, de verdade, un festival aberto, audaz e vangardista.

Vémonos no Teatro Principal a partir do 6 de outubro.

Por Pela del Álamo

e accion

Curtocircuíto: carencias, virtudes e futuro

Pela del Álamo é director do festival internacional de cine Curtocircuíto, que se celebrará en Santiago do 6 ao 11 de outubro. Foto: Tamara de la Fuente

“O noso maior éxito sería existir ao longo do ano”

“Un festival coma este non pode ofrecer contidos similares aos da televisión”

Page 22: Pincha(e)Discos Número 4

| 22 | Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015

A el pegáballe máis unha fraga, un pazo ou mesmo un pub calquera do casco vello de

Compostela, mais Davide e máis eu rematamos tomando un café e un zume de laranxa (porque el non toma lácteos) no Café Casino, ‘secuestrado’ no medio de todo o rebumbio mediático da presentación do seu disco, Lobos, que acaba de ver a luz.

Para quen non o coñeza, é un dos referentes da música tradicional galega, integrante da Banda das Crechas, foino tamén da de Budiño e representou a Galicia no Womex en 2014. Hai pouco que nos coñecemos, pero eu describiríao como unha persoa excéntrica, sen pelos na lingua, divertida, talentosa e de gran beleza (obviamente é guapo, ou que?).

Falamos de Lobos e de si mesmo, porque o ovo sen a galiña... como que non se entende.

De onde che vén o amor pola música tradicional?En primeiro lugar da miña familia. O meu bisavó cantaba e bailaba, mais o punto de inflexión foi cando estudaba Agropecuarias nunha granxa escola e había unha nena que tocaba moi ben a pandeireta e cantaba. Eu flipaba con ela! Daquela estaba saíndo o disco de Leilía e a base de poñelo aprendín a tocar a pandeireta. Pedíralle a miña nai que me mercase unha, ao que me respondeu que só ma regalaría cando soubese tocar ben porque, senón, molestábaa moito (ha ha), intelixente pola súa parte... Entón eu aprendín cunha caixa de VHS e, cando xa sabía tocar díxenlle: Mamá, mira, xa sei tocar todos os ritmos... e foi cando me deu a pandeireta, porque efectivamente xa a sabía tocar! Foi guai.

Es de cidade pero decidiches ir vivir ao campo. Cal foi a razón?Vivo no rural porque entendo que só podo vivir alí. Teño cabalos, cans, gatos, horta... e necesito esa desconexión e conexión coa terra. Veño unha semana a Santiago e xa me sinto como desituado, e mira que estou a gusto e encántanme as cidades e saír de marcha, son unha persoa moi moderna a ese nivel, pero necesito ter un niño na aldea e saber que teño que volver alí.

Sempre chama a atención a túa indumentaria. De onde che vén ese gusto por coleccionar rosarios, amuletos... que ademais tamén traes de fóra de Galicia?Iso vénme de neno. Teño familiares que son coleccionistas de arte e de antigüidades. Levo subscrito á revista AD (Arte y Decoración) desde que teño 14 anos. Encántanme os obxectos bonitos, con forza, con poder... os colares, as pulseiras... os rosarios vólvenme tolo pola enerxía que teñen, tantos anos rezando con eles... e ben, dedícome tamén un pouco ás antigüidades, compro e vendo... e o gusto polas cousas bonitas cun punto patrimonial forte: a música, a escultura, a pintura...

Cres que está preparada a sociedade galega para a “excentricidade” coa que sempre nos sorprende Davide Salvado? Considérome, sen querer selo, rupturista. É dicir, vivo no rural coma antes, pero teño unha pinta que non é do rural. Teño cabalos e non os trato como trata a xente os cabalos... é un pouco que o que me gusta tento levalo ao meu campo. A xente do rural enténdeme á perfección. Non me xulgan polas pintas, nin polos animais que teño nin por nada. Xúlgame máis a xente que non vive no rural e que non entende ese xeito de vida. Moitos

“Lobos dignifica esas melodías arcaicas das que se pensa que só se poden tocar con pandeireta”

Davide Salvado, músico

Por Xiana Lastra

ENTRE BAMBOLINASentre bambOlinas

Xiana Lastra é xornalista e vocalista de Odaiko Percussion Group e Puntada sen Fío.

Page 23: Pincha(e)Discos Número 4

Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015 | 23 |

montón porque está metido nun cubículo sen luz durante ano e medio, comendo penso e repolos, para despois matalo. A min non me gustaría que me pasase iso como ser, entón non quero fomentar ese tipo de actuacións. O trigo está máis que demostrado que é unha semente que non é saudable. Creo que o 90% é inorgánico e non é asumido polo corpo. Queda por aí en zonas que se chaman zonas grises e non nos vén ben. E tampouco tomo

non entenden, por exemplo, que eu, que canto tradicional, poida ir cantar cunha crista, como teño feito moitas veces, un bolero, e de repente unha muiñeira vella. Pero... é unha maneira de entender as cousas... a beleza.

Que fas para coidarte? Sei que non comes carne, nin trigo nin lácteos... a min seríame imposible resistirme aos lácteos!Non como carne porque non me gusta como se trata os animais nas grandes superficies onde crían e matan. Incluso nas casas agora aliméntanse con pensos cargados de hormonas... e ao final son da casa pero... Un porco da casa sofre un

lácteos. Iso xa é unha putada porque me encanta o queixo, pero non é conveniente para o aparello fonador, porque produce moitos mocos e é moi tóxico. Tomo tódolos días xenxibre e procuro tomar tomiño, moito mel... pero sobre todo tento estar ben comigo mesmo, ser feliz e facer só o que quero facer, que ás veces non é posible; pero despois síntome mal e, se me sinto mal, pásame algo no intestino, ou na voz... e xa se me fastidia todo. Entón intento ser o máis consecuente posible coas miñas ideas e co meu criterio, que ás veces me xoga malas pasadas porque non é o criterio global.

entre bambOlinas

Davide é un dos referentes da música tradicional galega. Foto: Víctor Nieves.

“Vivo no rural porque entendo que só podo vivir alí. Necesito esa desconexión e conexión coa terra”

“Considérome, sen querer selo, rupturista. Moitos non entenden que poida ir cantar cunha crista un bolero e de repente unha muiñeira vella”

Page 24: Pincha(e)Discos Número 4

| 24 | Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015

Fálame de Lobos. Cal é a principal diferenza con Árnica pura, o teu anterior disco?Árnica Pura xurdiu da necesidade de facer un disco nese momento. Puxéronme un pouco entre a espada e a parede dicíndome que tiña que facelo, que tiña a idade perfecta... e eu tamén tiña o desexo. A condición foi facelo con Eliseo Parra, co que eu estaba alucinado naquel tempo. E, efectivamente, falamos con el e fixémolo. Eu deleguei moito nel, porque ademais estabamos lonxe, e o resultado foi un traballo moi seu. Escóitalo e ves moito a Eliseo, aínda que houbo moitas cousas que mudei eu, arranxos incluso, foi un proxecto moi del á hora de currar. A diferenza que hai con este é que no caso de Lobos estiven man a man cada día con Pedro Pascual (o produtor) traballando, moi implicados. Entón é un proxecto que sinto moi meu, coa miña enerxía, e tamén ca del, claro. Este disco é máis persoal.

Que é o que pensas que ofrece Lobos que o fai característico?Lobos para min dignifica esas melodías arcaicas que, ou es pandeireteira e as cantas, ou a xente xa non lles fai nin caso. Arranxa e idealiza esas músicas que parece que só se poden tocar con pandeireta. Achégalle a todo tipo de ouvintes e xente sensible (este disco está dirixido soamente a xente sensible) este tipo de música.

Destaca o gran traballo de arranxos por parte de Pedro Pascual e podemos escoitar a moitos músicos neste proxecto. Como foi o proceso?Este proxecto comezouse hai tres anos. Íase chamar O ladrón de amorodos. Como non saíu o disco daquela, fixemos unha xira dun ano rodando os temas e aí foron aparecendo moitos arranxos concerto tras concerto. Sobre todo

grazas a Santi Cribeiro. Entón foi darlle ese “paquete” de temas arranxados a Pedro e dicirlle: adorna isto máis. El fixo uns arranxos extraordinarios sobre os que xa había, e ese foi o proceso. A escolla de músicos foi cousa miña. Só canto eu neste disco, salvo dous coros de Gabi e de Guille, un alumno meu. En principio só quería que houbese homes e ao final metín algunha muller e estou encantado. Ademais son persoas que case non teñen xénero, son seres como eu propoño. Eu non me considero nin home nin muller. Somos persoas. Queer, que agora está moi de moda ese concepto. Entón é un disco moi masculino pero baseado en melodías que son moi femininas. Somos os que somos na música tradicional grazas ás mulleres, ás informantes. A elas debémoslles o folclore.

Presentaches hai pouco o disco en Canadá, no Calgary Folk Music Festival. Como foi a experiencia?Foi boísima. Ademais da propia presentación do disco, que foi xenial, os músicos que me acompañaron (Santi Cribeiro e Carlos Freire) máis eu participamos na creación de espectáculos en común con artistas de diferentes partes do mundo, como Ben Sollee (EEUU), Söndörgö (Hungría), Puerto Candelaria (Colombia) ou Socalled (Canadá). E ademais, fun tweener (“teloneiro”) dunha das grandes estrelas do festival, Lucinda Williams, unha das poucas artistas de Woodstock que quedan.

E por aquí? Farás algunha?Aquí, presentación como tal non imos facer ningunha. Creo que non me tratou nada ben a Administración e por iso decidín facer unha en Jaén, no Etnosur, e outra en Canadá. Teño concertiños por Galicia co trío, pero sen ser presentación.

entre bambOlinas

EN CURTOUnha cantiga que che guste especialmente. O meu amor, de Chico Buarque.

Un lugar onde actuaches que te marcase. Sen dúbida, o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.

Un sitio no que che gustaría actuar. No Liceu de Barcelona e en Porto, no Coliseu.

Un ou unha artista que admiras. Caetano Veloso.

Unha persoa coa que che gustaría cantar. Caetano Veloso (risas). E a parte del, Teresa Salgueiro, que me recorda moito a ti, por certo, no xeito de cantar.

Escoiteiche que querías facer un disco con Caetano? Si, vaise facer.

Pero xa tedes algo falado? Non, pero eu todo o que quero, consígoo. Se teño un desexo moi forte de facer algo, fágoo. Coas grandes estrelas é incluso máis doado, son persoas máis humildes. Se o fago, véste a cantar un tema.

Non se fale máis! Queda por escrito por se te arrepintes ;) E vós, se non o fixestes xa, escoitade Lobos!

Hoxe que como?

A Davide gústalle moito o sushi e o arroz con nécora. Así llo contamos á nosa colaboradora Vicky Morales, do blog tallerdeazucar.es, para que puidera realizar unha receita especial para el. O resultado? Búscao en pinchaediscos.com

Page 25: Pincha(e)Discos Número 4

Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015 | 25 |

Todos temos eses lugares, aos que imos por hábito, porque nos gustan, porque nos coidan, en resumo, porque estamos acostumados. Iso fai que neses casos, nin pensemos que hai detrás de todo o que vemos. Iso é algo que lle pasa a moita xente con Argentinos Burguer; moitísima xente vai alí, pero case ninguén coñece a historia da familia Pose Ventura. Detrás hai valentía, hai traballo, hai innovación e, sobre todo, hai unha familia que traballa man a man todos os días.

Dende que Sindo e Marta chegaron ata A Estrada, todo o que levan feito vai sempre por diante dos demais. Igual fi xeron en Compostela cando puxeron en marcha La Trattoria. Pero o mellor é que souberon inculcar o seu xeito de facer as cousas aos seus fi llos Gonzalo e Guillermina. A carta sempre en continua evolución garda inevitablemente pratos que contan a historia de Argentinos Burguer, porque a fi delidade da clientela fai que incluso as novas xeracións sigan visitando o establecemento como o facían seus pais.

José Manuel, Gonzalo, Sindo, Marta e Guillermina durante a

súa conversa

Queres ver a divertida reportaxe que José Manuel García fi xo en Argentinos Burguer? Tes o vídeo na nosa web pinchaediscos.com e tamén na nosa canle en YouTube.

V

COMER E FALARCON JOSÉ MANUEL GARCÍAJosé Manuel García é director e conductor do programa Come e Fala que se emite todos os domingos na Radio Galega

efalar

Argentinos Burguer

Page 26: Pincha(e)Discos Número 4

| 26 | Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015

ARISTEGUI:PAIXÓN E ARRAIGO Continuamos coa nosa viaxe polas diferentes zonas produtoras de viño en Galicia y desta volta fi camos na casa de José Luis Aristegui, dentro da D.O. Valdeorras. A adega, situada na Rúa, é a máis nova en entrar nesta D.O. Sen embargo, conta cunha tradición familiar emprendida polo seu avó, logo o seu pai, e agora José, que decidiu darlle un pulo de calidade para pasar de elaborar só viños para graneis a apostar pola especialización e modernización e sacar ao mercado unha partida de viños de altísima calidade vinculados a un terreo particular.

É precisamente na terra, terroir, terruño, onde reside a forza e a peculiaridade dos viños de Aristegui: Distinción, elegancia, presenza. Moitos califi cativos se poderían empregar para os seus viños. A D.O. Valdeorras caracterízase por chans pizarrosos e ferrosos, pero tamén combinados con solos onde predomina a arxila. Desas terras se alimentan as raíces das viñas de Aristegui; e desas viñas nace este Godello 2013.

Fiel ao seu estilo, este adegueiro opta pola mínima intervención na viña; só cando fai falta e na xusta medida, para deixar que sexa a natureza a que extraia o mellor de cada cepa, de cada fi nca e que cada añada se identifi que e se manifeste claramente, coas súas virtudes e defectos. O traballo de Aristegui é minucioso, silencioso, non entende de présas nin de sacar o viño “no ano”: os seus viños son tesouros para gardar e gozar no tempo... e con tempo.

É por iso que este Godello 2013 está espectacular no momento que o abrimos, pero estará aínda mellor dentro dun par de anos. A capacidade para conseguir extraer todo o potencial desta variedade (antano denostada e empregada só para aportar aroma a corpo) está fóra de dúbida.

Presenta unha cor amarela palla pero cun reberete dourado; limpa e brillante. En nariz aparecen notas de uva xa madura, froito dunha añada especialmente cálida; froitas brancas e marelas maduras, compota, marmelo e leves toques a améndoas e mel. A pesares de estas notas que apuntan a un viño maduro, a medida que o deixamos repousar na copa, aparece a expresividade e o potencial da Godello ben traballada nas súas lías: O viño ábrese, móstrase máis herbal e cítrico, con toques a pomelo e pel de laranxa. En boca é un viño pleno, que permanece, cunha acidez correctísima e posgusto herbal.

Un viño sutil e elegante que eu harmonizaría cunha boa táboa de queixos galegos onde destacaría un afumado de San Simón da Costa.

Segue as historias de Lorena Costas (@lorena_costas) no seu blog

Bake my Day

http://lorena-bakemyday.blogspot.com

Dúas copas de viño... con cal quedas?Crusat & Costas

Page 27: Pincha(e)Discos Número 4

Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015 | 27 |

O GODELLO DE ARISTEGUITócalle turno a un viño da DO Valdeorras, pero un viño persoal que reflicte perfectamente a complicidade do seu elaborador coa terra e as suas viñas. Este Aristegui e un tipo que soubo atopar a súa identidade a través da terra.

A DO Valdeorras atópase na zona nororiental da provincia de Ourense, localizada en oito municipios: Larouco, Petín, O Bolo, A Rúa, Vilamartín, O Barco, Rubiá e Carballeda de Valdeorras. Trátase dunha zona vitivinícola moi antiga que foi recoñecida como DO no ano 1957. Valdeorras soubo a través do traballo das súas xentes recuperarse do andazo que supuxo a fi loxera que practicamente decimou as viñas do lugar. Un grande exemplo é a recuperación da uva godello por mor de José Ramón Gayoso, que plantou un viñedo no ano 1895 despois da peste.

O clima é marcadamente continental cunha lixeira infl uenza atlántica. O terreo, caracterizado pola presenza de lousa e xistos nas zonas con

pendentes; e nos vales, terras arxilosas e area de aluvión.

A Godello é una variedade de uva precoz cos bagos pequenos de forma cilíndrica, cos grans medianos, lixeiramente elípticos e de cor verde amarelos. De difícil cultivo sobre todo pola sensibilidade ás enfermidades.

O viño que catamos desta vez corresponde coa añada 2013, pero ven podería ser outro máis antigo xa que a variedade permite a garda por moito tempo. O primeiro que atopamos na fase visual e unha cor limón co ribete verdoso, un lixeiro toque dourado.

No nariz distínguense notas herbáceas, fi úncho, menta, con froitas como pera, e marmelo con lixeiros cítricos tipo pomelo. Todo fresco, elegante.

Na boca presenta una acidez moderada, elegante retronasal con froita madura, herbáceos e un toque fi nal sutilmente amargoso.

Hei de indicar que gocei deste viño largo tempo xa que non catei; bebín a garrafa enteira, e a medida que o viño ía collendo temperatura cada vez estaba mellor.

E ao fi nal que lle botaremos enriba a este gran viño? A min se me ocorren unhas troitas grandes á grella..

FICHA

Godello 2013Adega: Jose AristeguiD.O. ValdeorrasVariedade: Godello 100% Grao: 13,5ºPrezo: En torno a 10 €

Segue as historias de José Crusat

(@choumimx) no seu blog Del Comercio y del Bebercio

http://delcomercioydelbebercio.blogspot.com

Page 28: Pincha(e)Discos Número 4
Page 29: Pincha(e)Discos Número 4

Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015 | 29 |

V ENCONTRO DE ARTISTAS NOVOSCando? Do 7 ao 11 de setembro Onde? Cidade da Cultura de GaliciaCanto pagarás? De balde, previa inscrición.Creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debatir arredor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais. Será na Biblioteca e no Arquivo de Galicia situados no complexo do Monte Gaiás.

O MAR, NA MOSTRA ‘LOCUS HORRIDUS#LOCUS AMOENUS’Cando? Ata o 16 de setembro Onde? Casa da Parra Canto pagarás? Nada! É gratis!

Óleos e fotografías conforman esta mostra do artista galego Antón Sobral, que tamén incorpora unha instalación con diversos materiais recollidos nas praias e unha videocreación.

FIN DE FESTA DO CICLO TERRAZEANDO 2015 Cando? 4 de setembro ás 21:00 h. Onde? A Granxa do Xesto (Monte Pedroso) Canto pagarás? A entrade é de balde!

O ciclo de concertos ao aire libre Terrazeando 2015 despídese cunha festa na que participarán Acapvico, Mad Martin Trío e Luis Brea y el Miedo.

AS MELLORES IMAXES DE RAMÓN SÁNCHEZ ESTALOTECando? Ata novembro Onde? Casa do CabidoCanto pagarás? Entrada libre

Baixo o título ‘Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo’, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de máis dun centenar de imaxes do fotógrafo compostelán vencelladas á peregrinación, á Catedral, ao Mercado de Abastos; así como fotografías relacionadas cos oficios da época, como as leiteiras que viñan dos pobos próximos ou os feirantes.

‘ENOCIÓNS BY RIBEIRO’ CON CARLOS BLANCOCando? 10 de setembro ás 19:00 h.Onde? Museo Centro Gaiás - Cidade da Cultura Canto pagarás? 12 euros

A través do humor, a retranca e as historias de Carlos Blanco, os participantes nesta última experiencia organizada pola D.O. galega Ribeiro poderán degustar varios viños como nunca antes o fixeran. Previamente poderase visitar a exposición ‘Camiño. A Orixe’.

A E•N D APatrocinada por:

Page 30: Pincha(e)Discos Número 4

| 30 | Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015

FESTIVAL DE MÚSICA NEGRA OUTONO CÓDAX FESTIVALCando? 19 e 26 de setembro e 3 de outubro Onde? Sala Capitol Canto pagarás? 24 euros / 46 euros o abono O festival celebra o seu V aniversario con tres concertos nos que poderemos ver, entre outros, a Mike Sánchez e Tommy Hunt e a Naomi Shel-ton na súa primeira actuación en España.

CONCERTOS INAUGURAIS DA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Cando? 15, 16, 17 18 e 19 de setembroOnde? Diferentes barrios composteláns Canto pagarás? Nada! Son gratuítos! A RFG arranca en setembro con varias actuacións na rúa: en Fontiñas, Vite, Conxo, San Pedro e a Praza Roxa. Ademais, nesta tempada, a orquestra fará un percorrido polos seus vinte anos de vida a través de 25 concertos de abono.

II EDICIÓN DO ENCONTRO CULTURAL WOSINC Cando? Do 11 ao 13 de setembro Onde? Dez espazos emblemáticos compostelánsCanto pagarás? O abono é de 40 euros (+gastos)Nesta segunda edición destaca o peso internacio-nal de bandas como Daniel Knox, Vision Fortune, Pye Corner Audio, The Vickers, Noveller, No Joy, Mdou Moctar, Ela Orleans, Niño de Elche, Bala e Cuchillo de Fuego, entre outros.

FESTA 55 ANOS NO ENSANCHE COMPOSTELÁNCando? 26 de setembro Onde? Casas de RamírezCanto pagarás? A consumiciónVeciños e comerciantes celebran os 55 anos da construción das Casa de Ramírez cunha festa na que non faltará a música e animación de rúa, así como unha comida popular con pulpeira e unha exposición de fotografías antigas.

GOYO JIMÉNEZ PRESENTA ‘EN VERDAD OS DIGO’Cando? 26 de setembro ás 20:30 h. Onde? Auditorio de Galicia Canto pagarás? 18 euros O humorista chega a Santiago para presentar o seu novo espectáculo, inédito en televisión. Considera-do por público e crítica como mellor monologuista cómico do país, Goyo Jiménez deleitará na súa xira nacional ao público co seu sorprendente, mordaz e desternillante visión da realidade e de como nos enganan constantemente, sen nocturnidade nin alevosia.

A E•N D APatrocinada por:

Page 31: Pincha(e)Discos Número 4

Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015 | 31 |

CONCERTO DE VETUSTA MORLACando? 2 de outubro Onde? Multiusos Fontes do Sar Canto pagarás? 23 euros (+gastos)O Multiusos Fontes do Sar será escenario o venres 2 de outubro dun festival encabezado pola banda madrileña Vetusta Morla, que contará amais con outros grupos do panorama pop rock indie español, como Eladio y los Seres Queridos, Misterioso Viaje a Holanda ou Novedades Carminha, e a presenza de Eme Dj. Esta é a terceira vez que a banda de Tres Cantos visita Santiago de Compostela.

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES GALICREQUES 2015Cando? Do 26 de setembro ao 4 de outubro Onde? Teatro Principal, SGAE , Zona C e a Regadeira de AdelaCanto pagarás? Entre 3 e 6 euros por espectáculoConvertida xa nunha mostra de referencia a nivel mundial no mundo dos títeres, Galicreques celebra a súa XX edición con novos espectáculos. Tamén haberá actuacións de rúa.

O BARÍTONO RODERICK WILLIAMS NO CICLO DE LIEDCando? 29 de setembro Onde? Teatro PrincipalCanto pagarás? 8 eurosO pianista Roger Vignoles acompaña a Roderick Williams nunha espectáculo que forma parte do Ciclo de Lied 2015 e no que exploran as temáticas xemelgas do amor sacro e terreal.

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE CURTOCIRCUÍTO Cando? Do 6 ao 11 de outubro Onde? Teatro Principal, CGAC e Zona CCanto pagarás? Consulta a web curtocircuito.orgO certame proxectará filmes representativos das últimas tendencias do cinema a nivel mundial, mostrará os traballos galegos máis audaces da tempada e acollerá grandes lendas do cinema con-temporáneo na capital de Galicia. Haberá tamén actividades paralelas.

REPRESENTACIÓN DA OBRA ‘TE ELEGIRÍA OTRA VEZ’Cando? 4 de outubro ás 20:30 h. Onde? Auditorio ABANCA Canto pagarás? Entre 10 e 14 eurosDirixida por Sara Escudero, nesta comedia román-tica apta para todos os públicos coñecemos a seis personaxes: tres parellas, seis situacións pouco realistas para personaxes que poden chegar a selo e que, como o resto do universo, teñen unha materia atragoada: o amor.

A E•N D APatrocinada por:

Page 32: Pincha(e)Discos Número 4

Casas Reais 25Santiago de Compostela

T. 981 556 344www.q uedamosenlaf lor.com

O nd e

L e M : 11:30 a 00:30 - M e e X o: 11:30 a 1:30 V e S: 11:30 a 2:30 Domingos P ech ado

H or a r io

+ info

P raz a de San F iz de Solov io 4Santiago de Compostela

T. 981 582 637 club laradiosdc@ gmail.com

O nd e

A f ter W ork : X ov es e V enres de 19:00 a 23:00Sesió ns V ermú: Sá b ados e Domingos de 12:00 a 19:00

H or a r io

+ info

Cantó n de San B ieito 5Santiago de Compostela

T. 628 177 128www.v inotecacasapepe.com

O nd e

Todos os dí as de 10:00 a 00:00

H or a r io

+ info

CAFÉ BAR

Senra 6- b aix oSantiago de Compostela

T. 981 585 974

O nd e

De luns a sá b adode 07:30 a 23:30

H or a r io+ info

P raz a do M atadoiro 3Santiago de Compostela

T. 619 744 969

O nd e

A b erto prox imamante ( de luns a sá b ado de 08:30 a 02:30)

H or a r io

+ info

www.resas.es

| 32 | Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015

Directorio

Bares/Cafeterías Restaurantes Outros

D

Page 33: Pincha(e)Discos Número 4

Barreirfrutas

V ilar de Calo, 9Teo - A Coruña

T. 981 530 534f rutasb arreiro@ terra.com

O nd e + info

f aceb ook .com/ petitsb isous

T. 659 987 901inf o@ petitsb isous.com

+ infoP raz a de A b astos 56- 57Santiago de Compostela

T. 981 583 550

O nd e

De luns a sá b adode 06:30 a 15:00

H or a r io + infoT. 682 410 689 - inf o@ seispes.com - www.seispes.com

+ info

Rúa da Raiña 4Santiago de Compostela

T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com

O nd e

De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 01:00

H or a r io

+ infoSempre en G aliz a 1Santiago de Compostela

T. 981 592 399www.restaurantef erro.com

O nd e

M artes a Domingo de 10:00 a 00:00H or a r io

+ info

O Ferro

Costa de San M arcos 18- 20 ( Ctra. A eropuerto)Santiago de Compostela

T. 981 557 415 - 620 296 839www.restaurantepedrasanta.com

O nd e

De luns a sá b adode 07:30 a 00:00 h oras

H or a r io + info

Pedra SantaRestaurante

A v enida de F igueroa 5Santiago de Compostela

T. 881 104 600inf o@ th eseaf oodb ar.es

O nd e + info

Rúa San Roq ue 13Santiago de Compostela

T. 981 564 379www.b odeguilladesanroq ue.com

O nd e

L uns a v enres: 09:00 a 00:30Sá b ado e domingo 10:30 a 16:00 | 19:00 a 00:30

H or a r io

+ infoV irx e da Cerca, 7 - B aix oSantiago de Compostela

T. 981 562 314 www.restauranteataf ona.com

O nd e

martes a sá b ado: 13:00 a 16:00 e de 20:30 a 23:30

domingos ab ertos ó mediodí a

H or a r io

+ info

Rúa de San P edro, 16Santiago de Compostela

T. 981 577 633www.dez aseis.com

O nd e

De luns a sá b adode 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 24:00

H or a r io

+ info

Rúa H ortas 16Santiago de Compostela

T. 881 031 375ah ortadoob radoiro@ gmail.com

O nd e + info

Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015 | 33 |

Page 34: Pincha(e)Discos Número 4

PARA OS FANS DE STAR WARS

É incrible a cantidade de utensilios de cociña curiosos que podemos atopar en Internet! Desta vez ensinámosvos esta teteira decorada como se fose o propio R2-D2. Seguro que os seguidores da Guerra das Galaxias prepararían nela todos os seus tés. Se es un deles, podes atopala na páxina web urban-collector.com O seu prezo? Está á venda por 35,99 dólares. E que a forza vos acompañe!

A BIBLIA DO CHURRASCO

Non, non esperes atopar neste libro algún consello para preparar o churrasco. Tampouco hai novidosas receitas. De feito, case non ten letras. A biblia definitiva do churrasco é un invento dunha marca brasileira, Tramontina, que podes converter en mantel, en material para as brasas, podes usalo como afiador de coitelos, como bandexa para servir ou incluso como mandil! O único problema é que se fixo unha edición limitada e só á venda nas librarías do Brasil.

UN CAFÉ ÚNICO E ESPECIAL

Pedir un café e que o camareiro teña o detalle de debuxar algo na escuma do leite non é nada novidoso. Pero e se puideras imprimir calquera fotografía ou mensaxe nel?

Seguro que sería todo un éxito para os bares e cafeterías composteláns! E non é tan difícil conseguilo. A máquina

véndese en coffeeripples.com. Logo chega con ter un smartphone, seleccionar a imaxe que se queira utilizar e

enviala á máquina para que esta a ‘pinte’ na bebida.

APROVEITA OS PRODUTOS A PIQUES DE CADUCAR

O proxecto FoPo Food Powder foi creado por un grupo de estudantes de Suecia co obxectivo de reducir os desperdicios alimentarios e axudar na loita contra a fame no mundo. Así, ocúpanse de liofilizar, é dicir, deshidratar froitas e verduras a piques de caducar para transformalas nun fino po con vida útil de ata dous anos, conservando as súas propiedades nutricionais. Atreveríaste a probalo?

| 34 | Pincha(e)Discos Nº 4 | 2015

TEN

QU

E H

AB

ER

DE T

OD

O

Page 35: Pincha(e)Discos Número 4
Page 36: Pincha(e)Discos Número 4