Top Banner
COCIÑEIROS... E ARTISTAS? Responde Pepe Solla Nº 3 | xuño-xullo 2015 Pincha(e)Discos
36

Pincha(e)Discos Número 3

Jul 22, 2016

Download

Documents

Pincha(e)Discos

Revista sobre gastronomía e cultura compostelá. Neste segundo número preguntámoslles se a cociña é unha arte ao chef Pepe Solla e á actriz Nerea Barros. Tamén falamos da situación dos artistas de rúa en Santiago e coñecemos algúns dos locais de hostalaría da cidade.
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Pincha(e)Discos Número 3

COCIÑEIROS... E ARTISTAS?

Responde Pepe Solla

Nº 3 | xuño-xullo 2015

Pincha(e)Discos

Page 2: Pincha(e)Discos Número 3

www.resas.es

T. 981 552 [email protected]

www.pandamoa.com

Page 3: Pincha(e)Discos Número 3

Entrevista ao chef Pepe

Solla

P. 6

Oído Cociña Matadero P. 10

Trala barra do…

Restaurante Pedra Santa

P. 20

5 e acción Os

Fenómenos

P. 25

Onde comer con…

Nerea Barros

P. 12

Reportaxe Arte na rúa

P. 16

Ten que haber de

todo!

P. 34

Crusat & Costas Dúas copas de viño…

con cal quedas?

P. 26

Crusat & Costas

Entre bambolinas by

Pincha(e)Discos Puntada sen Fío

P. 22

P. 32Directorio

D

Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015 | 3 |

Top 5 Abraiantes O mellor que

probamos ata hoxe

P. 15 TOP 5

ABRAIANTES

P. 29

A E•N D A

Page 4: Pincha(e)Discos Número 3

EDITORIAL

Que arte temos

Neste número falamos de moita arte. Da que practican os artistas de rúa na nosa Compostela. Da que desprenden grupos novos como Puntada sen Fío, estreando o seu primeiro disco. Ou a que demostra cada día nas pantallas unha das nosas mellores actrices, a gañadora do Goya Nerea Barros. Pero tamén nos preguntamos se a cociña pode ser arte. Facémolo cun dos mellores cociñeiros do panorama gastronómico actual, o galego Pepe Solla. Que ademais, sorprende pola súa destreza tocando a guitarra.

Di o diccionario da Real Academia Galega que a arte – substantivo feminino – é a actividade humana que ten como fin a creación de obras estéticas. Nese estricto senso a cociña non o cumpre, pois o seu obxectivo último e quitar a fame. Pero como segunda acepción, indica: “Cada un dos dominios en que o ser humano pode pór en práctica a súa capacidade creadora con fins estéticos”. E non é ben certo que hoxe en día ata o prato máis sinxelo entra primeiro polos ollos? A comida activa todos os nosos sentidos. Chegamos a un restaurante e xa antes de pedir nada, o seu ambiente, a música que soa, a súa decoración… todo inflúe en nós. Coa comida, estimulamos o olfacto, a vista e o gusto. E ata o tacto, apreciando, por exemplo, a frescura dun bo pan.

Pero non seremos nós as que rematemos co debate. Que cada un saque as súas propias conclusións. Nestas páxinas atoparedes as opinións ao respecto de diferentes profesionais da cultura e da gastronomía. Unha vez máis, esperamos que vos resulte de interese. Xa estamos no terceiro número! E coma sempre, moitas gracias a toda a xente que nos apoia. Vémonos nas rúas – que está chegando o verán e hai que aproveitar!- e non vos esquezades que, ata a próxima revista en papel, seguiremos dando guerra en pinchaediscos.com

EDITA:

Cristina Márquez ı Directora de MárketingRebeca Munín ı Directora de Contidos

[email protected] [email protected]

Deseño e maquetación: RSM Comunicación

Publicidade: Juan Vázquez e Jéssica Pintor

[email protected]

Fotografía:Suso Rivas

Colaboradores neste número:Jéssica Pintor, Alfonso Zarauza, Jose Crusat e Lorena Costas.

Imprime: Gráficas Garabal S.L.

Depósito Legal: C 66 - 2015 www.pinchaediscos.com

Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como pinchaediscos

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

Foto portada por Suso Rivas

| 4 | Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015

Foto: Suso Rivas

Page 5: Pincha(e)Discos Número 3

Concello de Padrón

Uns pican e Outros non!

Festa de Interese Turístico de Galicia

Page 6: Pincha(e)Discos Número 3

| 6 | Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015

entrevista

É un dos grandes da nosa cociña. O único Estrela Michelin galego que conta tamén con tres Soles da Guía Repsol. Pero Pepe Solla non se sente especial. “Ás veces creo que os cociñeiros estamos sobrevalorados. Nestes últimos tempos parece que somos o eixe de todo. E non é así”, opina durante a nosa conversa na tenda compostelá Estudio 54.

Estamos alí porque, ademais dos fogóns, outra das súas grandes paixóns é a música. En concreto, a das guitarras, instrumento que procura tocar todas as noites despois dunha longa xornada ao fronte do restaurante Casa Solla – en Poio. Escoitalo é un pracer para os ouvidos. Probar os seus pratos, para todos os sentidos.

Que é a guitarra para ti?É un hobby ao que lle teño especial cariño. Para os outros que teño (a bicicleta, o surf…) necesito máis tempo. Pero para este non. De feito, case todas as noites, cando remato de traballar e chego a casa, toco un ratiño. Aínda que só sexan 15 ou 20 minutos, é unha maneira de desconectar.

E cantas tes?(Sorrí) É que aos que nos gustan as guitarras temos varias! É como un hobby case de coleccionismo. Como todas son distintas, e soan completamente distinto… pois teño acústicas, eléctricas…

Tes algunha favorita?Desde hai tempo tiña o capricho de ter unha acústica Martin e fai uns anos conseguina. E hai pouco que comprei unha Collins, que é desas guitarras case non coñecidas pero que… (suspiro) Ostras! Cando a atopei aquí a primeira vez quedei namorado dela!

É a guitarra tan importante para ti como un garfo, un coitelo…?Non, porque a cociña dáme de vivir e a guitarra, non. Pero teño a sorte de que a cociña dáme moitas satisfaccións, alegrías, gústame… É case outro hobby do que consigo gañar cartos. E iso é unha grandísima sorte.

A música inflúe dalgunha maneira na túa cociña?En certo modo si. Por exemplo, durante os traballos previos, o que chamamos a ‘Mise en place’, a música é parte do que che fai levar o ritmo. E ademais, no restaurante hai algo para min importante que é a música que soa, que a escollo eu. Non é posiblemente a música habitual… Un día estaban uns amigos comendo e dicían: “Debe de ser o único restaurante gastronómico onde soa Pearl Jam” (Risos). E é certo, soa Pearl Jam, Radiohead, Ben Harper… o que a min me gusta. Porque penso que un restaurante ten que ter a túa personalidade en todo.

Nese senso, fálase moito de lograr unha experiencia completa, unha cociña que entre polos ollos, que estimule os

sentidos… Claro! Eu levo moitos anos reivindicando as casas de comidas porque son sitios dignos, honestos e onde se come moi rico. Pero a experiencia limítase a iso, a comer moi rico. Mentras que nun restaurante gastronómico a experiencia ten que ser global. Hai que coidar o espazo, o ambiente, o servizo, a música que soa… Odio cando chego a un gran restaurante gastronómico e soa a Zara Home! É dicir, que pos o disco soando e esquéceste. Creo que perde parte do seu encanto.

Volvendo á guitarra, para ti é un hobby pero xa tocaches con Xoel López, Iván Ferreiro… Como foron esas experiencias?Pois para min superreconfortantes! O máis bonito que ten a música é tocar en directo. E poder facelo con Xoel, con Iván, con Jorge González de Vetusta Morla… Foi como cumprir un soño que espero repetir! Non hai aínda nada programado, pero seguro que fago máis cousas con eles e con outros grupos.

E ademais, non só atréveste a tocar, senón que tamén cantas!Si, pero arropado por eles! Que é distinto, moito máis fácil! (Risos).

“En Casa Solla escollo eu a

música. Soa Pearl Jam, Radiohead,

Ben Harper… porque un

restaurante ten que ter a túa

personalidade”

“Os cociñeiros non somos artistas, pero cada prato ten que ter a súa alma”

PEPE SOLLA, CHEF- ESTRELA MICHELIN E TRES SOLES REPSOL Por Rebeca Munín

Page 7: Pincha(e)Discos Número 3

Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015 | 7 |

ENTREVISTA

Pepe Solla tocando unha das guitarras da tenda Estudio 54. Foto: Suso Rivas

“Teño a sorte de que a cociña me dá moitas alegrías. É case como un hobby do que gaño cartos”

Page 8: Pincha(e)Discos Número 3

| 8 | Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015

Dis que a cociña é cultura pero que os cociñeiros non sodes artistas. Por que?Eu creo que somos artesáns. A finalidade da cociña é alimentarnos. Que queramos darlle un valor máis aló paréceme moi ben, pero non por iso é unha arte. Aínda que provoque sensacións. Eu espero que a xente cando veña á casa – o seu restaurante en Poio, ao que adoita chamar así - non só diga quedei farto, senón que ten que sentir algo. Pero iso non o convirte nunha

arte. A arte é o que ten como función satisfacerche pola emoción que provoca.

Tamén dis que a túa cociña non é unha revolución, senón unha evolución…Si. Somos evolucionistas. Non fixemos nada radicalmente distinto. Pero partimos dunha base que contemporanizamos. Sinto respecto, cariño e admiración pola tradición e non quero romper con ela. Casa Solla non é un restaurante que nace no 2003

que é cando collo a propiedade. Nace no 1961. E non podo romper coa súa historia. O valor das cousas tamén o dá o tempo.

Unha Estrela Michelin, tres soles Repsol… Tanto recoñecemento créache algún tipo de presión?Non porque eu xero máis presión interior que a que me xeran todas esas cousas. Penso que sempre podemos ser un pouquiño mellores. Non é ser infeliz,

entrevista

TEST GASTRO-CULTURAL

Ademais da guitarra, tocas outro instrumento?

Non. Golpeo a batería e podo agarrar un baixo. E cando era pequeno tocaba a frauta.

Que foi o mellor que levaches á boca?

Moitos bocados. O bonito da cociña é a infidelidade. Que digas: Iso non me gustou, agora quero outra cousa.

E o contrario?

O allo. Non me gusta.

Un lugar onde atoparte en Compostela.

Gústame moito estar na rúa ao lado do Mercado de Abastos.

Un soño por cumprir.

Tocar con Pearl Jam.

Page 9: Pincha(e)Discos Número 3

Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015 | 9 |

nin é que non estea contento co que teño, pero como creo que podemos ser mellores, métome esa presión.

Que é o fundamental para ti en calquera prato?Un prato ten que ter un por que, unha alma. Algo ten que emocionarme para que queira facelo. Pode ser porque de súpeto atopas un ingrediente e pensas con que combinalo. Un dos últimos foron uns chícharos. E pensei: que lle metería eu a este chícharo? E fíxate que é unha cousa mínima!

As túas viaxes tamén son unha grande influencia na túa cociña…Si, eu digo que a cociña evoluciona gracias a que os cociñeiros viaxamos. E temos estímulos. O cociñeiro que non viaxa está carente de sensacións que o enriquecen. En casa cociñamos tremendamente galegos pero con moitas influencias externas, das viaxes a Asia, a Latinoamérica, Noruega…

E os xenios da cociña tamén se equivocan? Podes, por exemplo, queimar un prato?Si, os xenios tamén se equivocan e nós tamén! (Risos) Claro que cometo erros. E moitos! Pero o mellor que ten a cociña é que te permite aprender de analizalos. E de xeito moi rápido. Estou cociñando, probo e aos 5 segundos podo estar rectificándoo porque non era a textura, non era o punto, quedouse plano…

Que opinas da restauración compostelá?Eu creo que, en xeral en toda Galicia, demos un salto excepcional. Estamos no mellor momento pero estou convencido de que case no quilómetro cero. Hai moita xente nova, apostas distintas… A crise fixo ver que non só son importantes os restaurantes gastronómicos. Hai outros formatos que funcionan moi ben. En Compostela, desde un tío que toca as brasas como Alberto Lareo do Manso; ata menús económicos como fan Lucía Freitas e Nacho Tierno en A Tafona; formatos máis informais de tapas como as do Abastos 2.0; Alén Tarrío cunha cociña moi de mercado no Café de Altamira, aspectos máis urbanos como La Industrial… E hai moitos máis!

Xa se ve que nos coñeces ben!

Si, si! Gústame!

Pois aquí te esperamos sempre que queiras!

ENTREVISTA

“Case todas as noites, cando remato de traballar, chego

a casa e toco un ratiño. Axúdame a desconectar”

Solla rexenta o restaurante familiar Casa Solla desde o ano 2003. Foto: Suso Rivas

Page 10: Pincha(e)Discos Número 3

| 10 | Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015

Despois de varios anos pechado, abre de novo as súas portas o mítico local de hostalaría da Praza do Matadoiro.

E alí fun eu disposta a coñecelo. Está completamente renovado, moi luminoso, agradable... Visítoo antes da súa apertura e xa apetece tomar algo nel mentras vemos un partido na pantalla situada ao fondo de dous por dous metros!

“Todo, tiven que cambiar todo. Non quedaron máis cas catro paredes da casa, porque a normativa é moi quisquillosa”, fala comigo o xerente e propietario, Jose Ramón, coñecido por todos como Leyte, a alma deste novo proxecto. Na nova decoración salienta a pedra e a madeira, propias da zona vella compostelá.

O local mantén o seu nome de toda a vida, xa que para Leyte é algo máis que un local, é a súa casa. “Nacín, crecín e espero morrer no barrio de San Pedro”, afirma. O que si cambia é o logo, que

nos transmite a mensaxe coa súa imaxe de ‘déixate caer polo Matadero’.

Pregúntolle por que agora decide iniciarse nesta andaina e responde entre risos: “Quen dixo medo?”. O feito de que sempre se dedicara a hostalaría, a vantaxe de que o local sexa da súa propiedade, a futura refoma da praza e os ánimos dos amigos levaron a Leyte a lanzarse á aventura.

O proceso foi longo, 17 meses pasaron entre licenzas, obra e demais trámites. O que máis tempo levou foron os permisos para iniciar a obra. “Se tes padriño supoño que haberá vías máis rápidas para facer as cousas, pero se non es ninguén coma min, 14 meses para empezar un negocio, creo que non é moi de lei’, comenta o empresario.

O novo Matadero é un pouco de todo, cafetería polo día e as fins de semana, tamén é o sitio ideal para tomar a primeira copa. Abre de luns a sábados, xa que coma di Leyte “o domingo é o día do Señor, e eu que son un señor, vou descansar!”.

Nun futuro cercano espera ter terraza. Cóntanos que está a espera do que

pase coa Casa da Xuventude, xa que é un malgasto pagar tasas e mobiliaro se empezan as obras de derruba.

Falando deste edificio, non podo evitar preguntar a Leyte que opina da polémica sobre este derrubamento, paralizado polas protestas dalgúns veciños. “Levan 35 anos sangrándome os ollos. Opino que se a min me obrigan a ter portas de madeira, fachada uniforme… ese edificio é todo o contrario. Se eu teño que facer as cousas dunha maneira determinada, por que non os demais? E non hai ningún motivo de peso para mantelo. Eu creo que é política pura e dura”.

Agora que o local xa está aberto e puiden por fin tomar un bo café nel con Discos, só me queda desexarlle a Leyte moita sorte e que siga con esa filosofía: “O negocio vaise adaptar ao que o cliente pida. Porque ao final, quen fai o negocio? Os clientes. Sen clientes, non hai negocio”. Moi ben, Leyte!

Abre de luns a sábados, en horario de cafetería e as

fins de semana como local para a primeira copa

Está completamente renovado, moi luminoso e

agradable

E ti, deixaraste caer polo Matadero?

Por Cristina MárquezAlí onde abra un local, aparecerá Pincha!

Page 11: Pincha(e)Discos Número 3

Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015 | 11 |

José Ramón Vázquez Leyte é a alma deste proxecto. Foto: Suso Rivas.

Page 12: Pincha(e)Discos Número 3

| 12 | Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015

NEREA BARROS, ACTRIZ - PREMIO GOYA 2015

“HAI MOITOS PRATOS QUE SON AUTÉNTICAS PEZAS DE ARTE” Por Rebeca Munín

Nerea degustando un tataki de La Casa de la Marquesa. Foto: Suso Rivas

Page 13: Pincha(e)Discos Número 3

Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015 | 13 |

Dá gusto escoitar a Nerea Barros falar de comida. Faino con intensidade, con paixón. Sobre todo cando se trata de A Moa e La Casa de la Marquesa, dous locais aos que

quere por igual e nos que confesa sentirse como na casa. Por iso, sempre que o seu traballo llo permite, regresa a eles. Non hai visita a Compostela, a súa cidade, na que non remate comendo ou ceando nalgún dos dous. Neles celebrou o seu Goya revelación por La Isla Mínima. E neles, goza cos sabores tradicionais da terra e da cociña moderna.

“Os pratos de A Moa son espectaculares. Son moi conscientes de que o importante nun restaurante é dar unha boa materia prima e ben traballada”, opina a actriz. Destaca especialmente a súa pescada – “Non a probei noutro lado igual!” – e as súas alcachofas con queixo San Simón. “E os calçots e os espárragos de tempada que teñen agora son maravillosos!”, engade. Posa con eles xunto a cheminea, un dos seus espazos preferidos dentro deste local da rúa de San Pedro. “En inverno gústame moito sentarme alí de sobremesa. E no verán, teñen un xardín incrible que dá ao parque de Belvís. É moi difícil nunha cidade atopar un sitio tan especial”.

Con respecto á Casa de la Marquesa Nerea teno claro: “É o mellor xaponés de España”. Amante da comida nipona, asegura que en ningún outro lugar pode tomar un tataki ou uns crunchs parecidos aos que eles fan. E, ademais, acompañados por ensaladas que “saben a ensalada, a tomate, a leituga…”. “O peixe que utilizan é impresionante. E a alga está perfecta, brandiña, desfaise na boca…”, di case salivando.

Tan asidua é ao local, que ten alí o seus propios palillos, co seu nome posto. Foi un agasallo da dona tanto para ela como para o seu mozo, Juan Ibáñez, a famosa formiga Trancas de El Hormiguero. “El alucina porque en Madrid é moi difícil comer de menú rico. E en Santiago podes comer por 12 euros de luxo”, explica.

Para ela a cociña é unha arte non recoñecida, ao igual que o deseño de moda. “Na Moa ou na Marquesa vexo pratos que inflúen en min, a beleza de cada cousa que me propoñen… E despois cando comezas a comelo daste conta de que chegas a sentir cada sabor, cada mistura… Hai moitos pratos que son pezas de arte. E non todo o mundo pode facelo”, afirma.

Con moita morriña

A maior parte do ano Nerea vive en Madrid pero, sempre que pode, escapa á súa querida Galicia. “É certo que a morriña existe. Eu boto moito en falta a miña terra, os costumes, a humidade, o verde…”. E a comida. Por iso os seus pais sempre lle mandan por mensaxería polbos, carne de tenreira e de porco, queixos, mariscos… Deles aprendeu o valor dos produtos naturais, pero o que non se lle pegou foi o seu bo facer entre fogóns. “Non sei cociñar nada! Intento imitalos pero eles cociñan demasiado ben!”, admite.

Alí en Madrid, no seu escritorio, ten gardado o seu Goya. Un galardón que sinte moi da terra e así quixo trasmitilo no seu discurso de agradecemento. “É un cabezón precioso, que ten cara de galego e ao que lle falo en galego. Dígolle: Francisco! Paco! Quéresme? Non me queres?”, conta entre risos. A Santiago tróuxoo xa en máis dunha ocasión. Pero ha de volver. Entre outras cousas, ‘gracias’ ao Arcebispo de Santiago. “Cando estiven facendo o saque de honra nun partido do Compos, estaba el e botoume a bronca porque non o ofrecín ao Apóstolo!”, recorda.

O premio recibiuno con moita felicidade pero tamén con responsabilidade. “A industria é moi complicada. É moi difícil vivir desto. E con toda a xente que o merece, que cho den a ti é marabilloso. Significa que teño que seguir ese camiño, que teño que currar todavía mellor, ao cen por cen, e deixar a pel en cada segundo”, sinala. Así o fai desde os 15 anos, cando debutou coa película Nena. Empezou entón un percorrido difícil nunha profesión que durante moito tempo tivo que combinar co seu traballo de enfermeira.

Gran momento profesional

A Nerea coñecímola no audiovisual galego, pero foi coa súa participación na serie ‘Entre costuras’ cando comezou o seu

“En A Moa y en La Casa de la Marquesa síntome

como na casa”

Page 14: Pincha(e)Discos Número 3

| 14 | Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015

camiño cara o éxito. O seu papel de nai sufridora no filme La Isla Mínima valeulle numerosos recoñecementos – ademais do Goya – e abriulle as portas de novos proxectos. Hoxe en día podemos vela nas series ‘El Príncipe’, de Telecinco, ‘Hospital Real’, da TVG, e próximamente ‘Apaches’, de Antena 3. “Estou moi contenta porque son papeis moi diferentes. En ‘El Príncipe’ paseino pipa facendo de espía no CNI. Penso que as mulleres temos moito que aportar a nivel de acción. No caso de ‘Apaches’, fago dunha yonqui, Silvia, unha muller que está enganchada á heroína e iso marca a súa vida. En ‘Hospital Real’ son unha nena filla de papá, de marqueses vidos a menos. É marabilloso poder transitar por tantos personaxes”, asevera.

O seu obxectivo de cara ao futuro é seguir combinando os traballos dentro e fóra de Galicia. “Eu nacín no audivisual galego. É algo que quero que siga aí. Aquí temos unha supercanteira de actores. E tamén grandes profesionais a nivel técnico”, apunta. Polo de pronto, ten xa dúas películas

pendentes, aínda que non quere adiantar nada máis. E confesa que xa a están a chamar do estranxeiro. Tantos anos de esforzo parece que por fin están dando os seus froitos. “Dáme igual que sexa difícil. Eu non podo vivir sen isto”. Nerea é así, unha compostelá valente, que non sabe onde estará mañá pero que, pase o que pase, sempre regresa á súa terra, a Santiago, á súa casa. E á súa xente.

“Dáme igual que a industria audiovisual sexa difícil. Eu non podo vivir sen isto”

“O Goya ten cara de galego. Eu dígolle: Francisco!

Paco! Quéresme?”

A Nerea encántalle o produto fresco que empregan para os seus pratos en A Moa. Foto: Suso Rivas

Page 15: Pincha(e)Discos Número 3

Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015 | 15 |

1

3

5

2

4

Vermú na prazaLa Radio.

Que ben o pasamos os sábados antes de comer coa música que

pincha o noso amigo Javier Rial!

Música, degustación e venda de produtos gastronómicos artesáns nun entorno privilexiado da zona vella compostelá. Iso é Radio Deli. Alguén dá máis?

Consello: Se fai moita calor pide un mojito! É unha das súas especialidades.

Coulant de polbo The Seafood Bar.

Probamos o polbo de moitas maneiras, pero coma esta... ummmm!

Bo produto galego e expertas mans na cociña son a combinación perfecta para ofrecer algo diferente e orixinal aos clien-tes deste restaurante compostelán.

Consello: Non perdas detalle da decoración deste local. Cada rincón é especial!

Molete de Compostela Pan da Moa.

O mellor acompañamentopara as nosas comidas é un

bo pan artesán.

Ben certo é que unha comida sen un bo pan non é comida nin é ‘na’! O noso preferido é este molete de Compostela co seu característico pirucho.

Consello: Para os estómagos delicados recomendamos o pan de masa nai.

TOP 5 ABRAIANTES

O MELLOR QUE PROBAMOS ATA HOXE

Á rica croqueta! O Currro da Parra.

Un clásico que ten a súa ciencia e aquí téñena

ben dominada.

En Pincha(e)Discos encántanos experi-mentar coa comida e alucinamos cando atopamos clásicos tan ben feitos. Estas croquetas de xamón saben a gloria! #rico-rico #atafartar

Consello: Tamén che recomendamos as verduriñas de tempada salteadas

Un bo cambioCafé Bar El Muelle.

Unha decoración mellorada coa que manteñen o mesmo

encanto de sempre.

Manuel segue trala barra, o chocolate segue estando boísimo... pero ademais estamos máis a gusto que nunca! E se temos fame, pedimos unha tosta!

Consello: Fíxate nos baños! Que cambiaron de orde! Non te equivoques!

Page 16: Pincha(e)Discos Número 3

| 16 | Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015

Cando camiñas pola zona vella da cidade e escoitas o son dunha guitarra, a voz dalgún cantante ou contemplas o cadro dalgún pintor, páraste a pensar quen é ese artista?

Onde ten traballado? E con quen? En moitas ocasións quedarías sorprendido coas historias destes profesionais, na súa maioría con longas traxectorias.

Bieito Barreira é un deles. Toca nas rúas de Santiago desde o ano 2012. Faino no arco do Pazo de Xelmírez, espazo únicamente reservado para as actuacións de gaiteiros e cantantes líricos. El que xa sabe o que é compartir escenarios con músicos como Kepa Junkera ou Carlos Núñez ante centos de persoas, salienta o seu traballo sobre o empedrado compostelán por ser máis “puro” e “improvisado”. “Nunca sabes quen vai aparecer por aí. Tocas para todo o mundo e ao mesmo tempo para ninguén”.

Membro da Liga Gaiteira Galega, banda residente do Café Literarios, practica con eles o que deron en chamar ‘Folk ‘n Roll’. “Se lle dás unha patada a unha pedra neste país aparecen 80 cuartetos tradicionais e por iso a nosa idea era ofrecer algo distinto. Un pouco facer o que che gusta! E se che gusta o metal por que non vas tocalo coa gaita?”, sinala. E é que Bieito defende unha maior normalización do noso instrumento, abrindo as súas posibilidades a diferentes estilos.

Pero tocar na rúa tamén ten para el a súa parte mala. Está exposto ás condicións climatolóxicas, só resulta “rendible” nos

ARTE NA RÚANumerosos músicos, artistas plásticos e comediantes dan vida a Compostela cos seus espectáculos, aínda que preocupados por unha normativa municipal que lles esixe unha licenza para poder exercer o seu traballo

meses de verán cando máis turistas hai e, entre o público, atopa ás veces certa desconsideración. “É complexo porque eu non lle poido dicir a ninguén que non me saque fotos, porque estou tocando na rúa e a rúa é de todos. E non me parece mal, pero si que me gustaría que tiveran a deferencia de pedirmo. Outros pensan que se che fan unha foto, téñenche que dar cartos obrigatoriamente e tampouco é así. Entón pasan como de lado, como escondéndose para que non os vexas… Para min xa non é unha cuestión de respecto, senón de educación”, opina.

Tamén se ten atopado con xente pouco respectuosa o músico Tomás Carro, aínda que por norma xeral a relación cos transeúntes é boa. “Algúns quédanse asombrados, outros rexéitano, outros preguntan… Hai de todo. Pero o mellor é o contacto directo con algunhas persoas que son máxicas”, asegura. El é o único galego que se dedica de xeito profesional a tocar o didgeridoo, un instrumendo dos aborixes australianos con 20.000 anos de antigüidade e más de 3 metros de lonxitude. Pero que é o que leva a un rapaz de Santiago a gañarse a vida con este aparello tan curioso? “Hai uns quince anos, escoiteino nos primeiros discos do

vocalista inglés Jamiroquai e dixen: Teño que aprender a tocalo!”. Hoxe Tomás dá concertos, actúa con outros músicos e djs e organiza terapias porque o seu son axuda a relaxarse e meditar. Ademais, está a piques de sacar unha maqueta e imparte un curso para tubistas no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. “A técnica que se utiliza é a de respiración circular, que consiste en coller aire polo nariz ao mesmo tempo que

O mellor: o contacto

directo co público.

O peor: soportar as

condicións climatolóxicas

e a falta de educación

dalgúns transeúntes

Por Rebeca Munín

reportaXe

Page 17: Pincha(e)Discos Número 3

Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015 | 17 |

ARTE NA RÚA

O arco do Pazo de

Xelmírez resérvase

exclusivamente para

gaiteiros e cantantes líricos

reportaXe

Bieito Barreira tocando no arco do Pazo de Xelmírez. Foto: Suso Rivas

Page 18: Pincha(e)Discos Número 3

| 18 | Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015

reportaXe

se expulsa pola boca, e isto pódese aplicar á tuba”, explica.

Só con licenza

A Tomas podemos escoitalo en Fonseca ou na rúa do Vilar. Para obter a súa licenza tivo que presentar o seu currículum no Concello e pasar unha proba ante un xurado. E é que a realización de calquera actividade artística na vía pública en Santiago está regulada por un decreto que se aprobou a finais do 2013.

A implantación desta normativa non estivo exenta de polémica. Entre outras cousas, porque as licenzas son limitadas (na actualidade hai 40 dadas), hai que renovalas cada tres meses e porque impide que calquera artista eventual que pase por Compostela poida actuar nas súas rúas. Algúns quéixanse ademais de que noutros países europeos tamén existen estas regulacións, pero con algún tipo de remuneración a cambio. “A que aspiras facendo unha proba de nivel? A mendigar? Nos sitios onde fan probas de acceso é porque hai cartos en xogo e unha protección legal. Porque a institución pertinente considera que eres un activo cultural da cidade e polo tanto non che remunera directamente pero si te dá certas vantaxes, como por exemplo asegurarte”, apunta Bieito.

O decreto foi modificado parcialmente en decembro do 2014 despois das diversas alegacións e queixas formuladas polos músicos. O obxectivo era a posta en práctica dun sistema máis equitativo, ampliando o número de lugares autorizables e incluíndo unha regulación específica para o arco do Pazo de Xelmírez. Estableceuse entón que só gaiteiros e cantantes líricos poderían actuar neste punto, en seis quendas diarias entre as 10 da mañá e as 9.30 da noite.

Deuse así solución a un conflito que viña de meses atrás, cando o Concello prohibiu a música no arco polas continuas queixas dos hóspedes do Hostal dos Reis Católicos. Isto provocou a movilización dos gaiteiros que levaban tocando durante décadas alí sen problemas. Hoxe, ademais de ter que lograr a licenza, os artistas do arco organízanse pola súa conta. “É un sistema de listas que se fan na madrugada. Na cabeceira ponse a data. E

logo van os turnos. Cando as campás da Catedral dan as 4 da mañá, ábrense as listas e cando tocan as 7, gardamos os papeis entre as pedras para que se quedan horas libres, calquera poida anotarse”, engade Bieito.

Máis dereitos

Tamén metidos en protestas andiveron recentemente a pintora Ire Lampón, o fotógrafo José Ramón Moruja e o pintor de conchas de Santiago, Manuel Blanco. Os tres levan varios anos traballando na zona vella compostelá – os dous primeiros en Fonseca e o terceiro no Franco, baixo os soportais de Correos. A súa loita é por conseguir a regularización dos seus postos de rúa, o que implicaría darse de alta en autónomos e pagar impostos, pero tamén lograr moitos dereitos dos que agora carecen. “Ademais, o permiso que temos de ocupación da vía pública non permite a venda, e os nosos produtos véndense, non é coma un músico que toca ou un mimo que pon a gorra…”, contan.

O seu é un labor duro, no que nunca saben como van acabar o mes, se gañarán cartos ou non, e con xornadas que en verán - os meses de máis vendas - poden durar ininterrompidamente desde ás 10 da mañá ata as 11 da noite. Pero tamén destacan que a gran maioría dos turistas están “encantados” con eles porque son un “atractivo” para a cidade.

As súas protestas comezaron en setembro do ano pasado cando o Concello regularizou aos postos que venden castañas, xeados e recordos de Santiago. “Desde novembro do 2014 falamos con diferentes cargos, co concelleiro, o alcalde… para que nos puxeran coma a eles”, explican. Despois de varias reunións sen chegar a ningún acordo, empezaron a manifestarse na rúa cunha pancarta. Así estiveron 22 días ata que, a mediados do mes de maio, e despois dunha “conversa amigable”, decidiron volver ao seu traballo. “Dixéronnos que o noso caso ten que ir á comisión

de Patrimonio Histórico, que nos van pedir unhas fotos e o van estudar. Pero hai que esperar a que pasen as eleccións municipais”, sinalan. Mentras tanto seguirán ao pé do canón, porque coma eles mesmos din: “Compostela sen artistas de rúa non sería Compostela”.

Os músicos teñen que presentar o

seu currículum no Concello e pasar

unha proba para obter a licenza

que lles permita tocar na rúa

Algúns artistas quéixanse

de que noutros países

europeos tamén existen estas

regulacións, pero con algún

tipo de remuneración a cambio

Page 19: Pincha(e)Discos Número 3

Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015 | 19 |

reportaXe

O que di a normativa As normas reguladoras da realización de actividades artísticas na vía pública promovidas por particulares en Santiago aplícanse a actuacións musicais, pictóricas ou outras actividades artísticas como estatuas viventes, mimos, etc. O período máximo autorizado é de tres meses, sendo necesario renovar a licenza cada trimestre.

En canto ás actuacións musicais, permítense entre as 10:00 e as 22:00 horas ininterrompidamente, tendo en cada localización soamente unha actuación cada dúas horas. Non poden utilizarse aparellos reprodutores de son nin altofalantes

e a única percepción lucrativa que poden ter é de carácter voluntario por parte dos cidadáns que transitan pola vía pública. As zonas onde poden actuar son as prazas do Obradoiro, Cervantes e Inmaculada; a Rúa do Vilar, a Praza 8 de marzo, Casas Reais, Avda. de Xoan XXIII e parque da Alameda.

O arco do Pazo de Xelmírez está reservado exclusivamente para gaiteiros e cantantes líricos, divididos en seis quendas diarias (de 10:00 a 21:30 horas).

Tomás Carro e o seu impresionante didgeridoo. Ire, José Ramón e Manuel piden que se regularice a súa situación. Fotos: Suso Rivas.

Page 20: Pincha(e)Discos Número 3

| 20 | Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015

Tempo para cociñar, tempo para saborear

“Aínda que estou trala barra, gústame que a cociña estea controlada pola miña man”. Desta guisa comeza Javier Abalo Iglesias a contarnos que é un pouco

todoterreo. “Sei o que quere o cliente, dende a cociña ata o prato. Por iso gañamos en confianza, aínda que ás veces se me escape algún detalle”. Leva máis de trinta anos traballando na hostalaría, a metade deles na súa casa: Pedra Santa. Prepara o xantar, atende as mesas, pero sobre todo goza estando detrás da barra; sendo esa cara coñecida que tantas veces empuxa ao cliente a escoller un determinado local.

Estudou nun centro público, en Lamas de Abade, no Colexio de Hostalaría, e recoñécese un amante da cociña antiga, dos pratos tradicionais. Confesa que, a pesares de que a cociña moderna está en auxe, a escuma só lle gusta na ducha! Non lle gusta disimular nin disfrazar os pratos. Unha boa pescada “débese servir nunha boa dentada. Hase de preparar cun pouco sal, cun chisco de aceite de oliva e con pimentón de la Vera”. Cal é o segredo, entón, de que os seus clientes prefiran maioritariamente o peixe? Pois que “son un produto fresco, do día e de moitísima calidade: a merluza sempre de Celeiro!”

Javier non só gusta de ir á Praza de Abastos de Santiago, senón que ten a súa dispoñibilidade bos provedores que lle traen marisco da ría e peixe recén saidiño da auga ata a porta do seu restaurante. El xa se declara un amante dos pratos do mar. Ademais de pixota á galega, en Pedra Santa prepárase unha boa robaliza ao forno, un rape con ameixas, un arroz con lumbrigante galego, unha vieira á prancha con crema de pataca ou un impresionante salpicón de lumbrigante e cigalas.

Pero hai variedade, tamén fai sitio aos carnívoros, sobre todo aos de bo dente. De feito, este ano fan una forte aposta e introducen na súa nova carta o boi: certificado e galego, para degustar á brasa! E para que

sigamos facendo dente do marisco de cortello poderemos elixir, asemade, entre: tenreira galega, vaca vella, xarrete, cordeiro estilo Castela ou unhas boas costeletas de lechazo.

O seu é un traballo vocacional, pecha os ollos falando do seu día a día, amosando sen querer a paixón que esperta nel a cociña e a atención personalizada. Intentamos escudriñar a ver se conseguimos que nos revele por que é famosa a súa tortilla, pero só descobre que o mimo é esencial para que saia tan boa e saiba tan ben! “Facémola sen présa, con agarimo”. O mesmo para o resto dos pratos, explica. A Pedra Santa “hai que vir a comer con tempo” e ter paciencia, como ten Javier nos fogóns. “Dedicar tempo a preparar, pero tamén a saborear é unha regra nesta casa. Os pratos sempre se fan ao momento”.

Non podemos obviar na nosa conversa o seu famoso cocido. Que se serve todos os xoves no inverno. Miramos a ver se desta esgrimimos a receita máxica, máis sen éxito, pois só confía que para a súa elaboración utilizan as pezas enteiras e moita cantidade, por iso recomenda que de vir a comelo, veñamos en grupo, porque para un só faise moito. Outra máxima galega: que non quede nada no prato! E é verdade, pois sería unha mágoa, visto a pinta que ten! Decímosvolo nós, que sabedes

RESTAURANTE PEDRA SANTA

En Pedra Santa sempre atopamos boas carnes. Foto: Suso Rivas

Trala barra de ...

Por Jéssica Pintor

Page 21: Pincha(e)Discos Número 3

Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015 | 21 |

o que gozamos en Pincha(e)Discos co xantar! Non só escribindo, non pensedes; que tamén comemos!

O seu cliente ten un perfil moi definido. Coñéceo ben, ao dediño, diríamos! Sabe como quere as cousas, case ata como se senta e que día tivo. De feito se tivera que escoller quedaríase “trala barra” e non na cociña. Quen o diría! El sabe que a xente quere que estea aí. “Preguntan por ti. Déixanse aconsellar e pídenche consello. O meu cliente é de aquí. De Santiago. Vén relaxado, agarda, vai facendo ganas… E sempre repite”. Nesta casa, como di o seu dono, “a xente esixe calidade, un bo produto e ven buscando o servizo”. Por suposto que a iso engade logo o aliciente de gozar dun dos moitos viños da súa adega. Branco ou tinto?, preguntamos. Depende! Non esperábamos outra ou mellor resposta dun galego. Son tanto de aquí os seus comensais que cando non están; el tampouco. Por iso colle vacacións a cando o resto dos picheleiros e pecha os domingos, en Semana Santa e as súas vacacións son no verán.

Imos ir rematando o conto, pero non sen darvos máis fame aínda. Chega o toque doce do asunto. E é que nos sorprendeu algo da súa torta de queixo. Que é caseira? Non! É que non é ao forno, senón que vai ao baño María! Outras opcións son o tiramisú ou cañas recheas. A elección xa e máis difícil, a que si?

Cambiaron os tempos, quizais. Javier confirma que agora somos todos máis selectivos. “Teño dado oitenta menús. Pero daquela o servizo era unha tolería. Non tiña tempo a nada. Estaba ben, pero logo vas escollendo pratos, vas perfeccionando”. Renunciou a facer menús en pro dunha carta máis esixente, seleccionada. Non todo vai polo papel, tamén cumpren algún antollo. O prezo? Detalla que por 20€ en Pedra Santa podemos sentarnos e comer un primeiro, un segundo con bebida, pan, un doce e café.

“Eu comecei nisto por gusto, por vocación e sígueme gustando moito”. Oír falar apaixoadamente a Javier sobre a cociña é o mellor convite para dedicar tempo a saborear un prato.

Javier no interior do seu restuarante en San Marcos. Foto: Suso Rivas

Page 22: Pincha(e)Discos Número 3

| 22 | Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015

Os que nos seguides habi-tualmente sabedes que esta sección, Entre Bambolinas,

pertence á cantante e xornalista Xiana Lastra. Pero neste número atrevémonos a ‘roubarlla’. Por que? A ocasión ben o merece! A nosa colaboradora saca disco, A lúa prendeu a luz, xunto con Juan Collazo (vibráfono e marimba) e Roberto Rama (saxo). Os tres forman o trío Puntada sen Fío, un grupo que irrumpe no panorama musical galego ofrecendo unha sonoridade que, como mínimo, promete non deixar indiferente a ninguén.

Que imos atopar neste voso primeiro disco? Xiana: Son nove temas de moi diferentes estilos. Algúns son tradicionais, outros son de autor, algúns son traducións doutras linguas ao galego…

Hoxe, 29 de maio, presentádelo no CGAC. Hai nervos? Roberto: Home… nervos un pouquiño si que hai! (sorrí). Vai a ser especial porque virá moita xente que nos apoiou e moitas colaboracións. Estará Mini, que é o que fixo a música de “Fidelidade”

–un poema de Manuel María-; estará Xacobe de Os D’Abaixo, que puxo a voz no tema “Ron Ron” xunto con Xiana; Paco Barreiro, que é o autor de “Eco”e Rosalía Fernández Rial, que é a escritora do poema “Todas as rúas”…

O disco sae á venda grazas a unha campaña de micromecenado que fixestes por Internet e que tivo moito éxito. Esperabades tanto apoio da xente?R.: Non. Foi unha grata sorpresa. Ao ser un grupo que empeza de cero non contabamos con que tanta xente fixese achegas.

Por que hoxe en día se fai imprescindible optar por este tipo de fórmulas para poder sacar un disco?Juan: Máis que imprescindible eu creo que o micromecenado responde a dúas cousas. Por un lado, é certo que che axuda, pero poderiamos atopar outra maneira de sacalo, e por outro, é certo que sentirse con ese apoio márcache unha liña de traballo máis definida. X: Hai que dicir que por suposto que se poden sacar os cartos doutros sitios, pero normalmente veñen dos aforros xerados de tocar durante moooito tempo sen cobrar, xa que é un proceso bastante custoso e as actuacións cada

vez son menos e peor pagadas. O sector está moi precarizado.

Sentides entón unha maior responsabilidade?J.: Moito máis, claro! A xente espera que fagas algo que estea a un bo nivel. Fagas o que fagas. Como se tes que facer un striptease… pero ben feito! (risos)

Os tres estades tamén noutras formacións (Juan e Xiana en Odaiko, Roberto en Os D’Abaixo). Como se vos ocorreu xuntarvos para este proxecto?X.: Un día Juan chegou e díxome: “Conseguinche unha actuación en Allariz de solista”. E eu non actuaba de solista. Non tiña un repertorio propio. Foi daquela cando pensamos en meter un saxo. E nesa actuación na que preparamos algúns temas tradicionais para saír do apuro vimos que funcionaba, que á xente lle gustaba… E de aí, co tempo, naceu Puntada sen Fío. De feito, chamábannos cando aínda nin tiñamos nome!

“Gustaríanos que cando a xente nos escoite non quede indiferente”

Puntada sen Fío:by Pincha(e )D iscos

ENTRE BAMBOLINASentre bambOlinas

“En ‘A lúa prendeu a luz’ temos temas de moi diferentes estilos: tradicionais, de autor, traducións doutras linguas…”

Page 23: Pincha(e)Discos Número 3

Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015 | 23 |

O artista Celso Dourado di que Xiana é a “promesa da voz do panorama musical galego”. Que pensades vós?

J.: O que está claro é que Xiana ten unha voz moi singular. E que creo que é única. E emotiva. X.: Que bonito! (risos)R.: E hai unha cousa moi curiosa! Que é que lle entendes todas as palabras que di cando canta!

E Xiana, que me dis ti dos teus compañeiros?X.: Son únicos! Non sei en que sentido, pero son! (risos). En serio, son os dous moi bos músicos. Levan moitos anos nisto e son os que poñen a experiencia. Aínda que eu son quen os dirixo un pouco porque se non desvíanse! J.: É a mamá!X.: Son a que intenta poñer cordura neste grupo.

entre bambOlinas

Roberto Rama, Xiana Lastra e Juan Collazo forman Puntada sen Fío. Foto: Moncho Rivadulla

Hoxe que como?

Sempre que están de ensaio, Puntada sen Fío adoita comer unha tortilla algo especial, cambiando a cebola por allo. Ese é o prato que lle propoñen á nosa colaboradora Vicky Morales, autora do blog tallerdeazucar.es. Como a fixo a cordobesa? Non perdas a receita que publicamos na nosa web pinchaediscos.com

“A música galega precisa o que calquera cousa que se faga nun país, que é unha industria”

Page 24: Pincha(e)Discos Número 3

| 24 | Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015

Cal é o voso obxectivo como Puntada sen Fío?J.: O que nos interesa é tocar. E mentras dure, que sempre teña forza. X.: A min tamén me gustaría que cando nos escoiten, como mínimo, non queden indiferentes. Eu creo que os temas que metimos no cd teñen todos unha forte carga literaria. Se a xente está atenta ao que se di, váiselle mover algo por dentro.

Que diriades que precisa a música galega?R.: O que precisa calquera cousa que se faga nun país, que é unha industria. Aquí o que pasa é que o tema cultural está moi enfocado a empresas do que mal chaman orquestras. E logo para o resto da música, e dá igual que sexa jazz, música galega, rock…, non hai nada. X.: E o pouco que hai, que é o que se programa nos grandes teatros ou auditorios, vén de fóra en moitos casos.

En Santiago, desde hai un tempo fálase moito da polémica das actuacións en directo nos bares e pubs. Como músicos, que opinades?R.: É o único concello que eu coñezo no que existe este problema. Hai unha asociación, na que agora só queda unha persoa, apoiada por locais que teñen licenza de café-concerto e polo organismo municipal, que se dedican a boicotear todo o que ten que ver coa cultura. Porque o ruído é un problema de civismo, non de que os locais estean insonorizados. Un caso concreto que me chamou moito a atención foi que os veciños da rúa onde está o Ultramarinos – que recentemente anunciou a fin das súas actuacións ao vivo polas ameazas de multas - foron alí a pedirlles desculpas porque eles en ningún momento puxeron ningunha denuncia. Con iso creo que xa se di todo.

X.: Ademais, a propia música que poñen os locais dentro moitas veces está máis alta que a que pode facer un grupo. Polo tanto, non ten sentido ningún que se fale dun problema de ruído. Que isto pase en Santiago, que é a capital de Galicia, e unha cidade cultural de referencia... é moi triste.R.: A única palabra que para min define esta situación é vergoña.

entre bambOlinas

EN CURTOA cociña é arte?

Por suposto. Igual que na música tes moitos ingredientes para misturar e conseguir sons novos, na cociña pasa o mesmo.

Cal é o voso prato estrela?

J.: Coller produtos da horta e transformalos o mínimo. X.: Eu o contrario. Son artista en coller o que haxa pola casa e construír unha comida. R.: A tortilla.

Que lugar recomendades para comer en Santiago ou na comarca?

Xantares Galegos, que está na Picaraña, A Silveira en Santiago e A Senra en Pontevea.

Unha bebida?

X.: O té, ultimamente con xenxibre. R.: Murphy’s, que é cervexa tostada. J.: O viño Monterrei.

E de sobremesa?

J. Queixo con marmelo. R.: Requeixo con mel. X.: Filloas.

A produtora Seispés realizou o primeiro videoclip de Puntada sen Fío. Foto: Moncho Rivadulla.

Page 25: Pincha(e)Discos Número 3

Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015 | 25 |

Quería facer un filme sobre a crise económica alonxado dos tópicos de bos e malos. Unha visión dende dentro do boom e do crack do ladrillo. Está claro que nesta crise houbo

vencedores e vencidos, e a min resultábame infinitamente máis atractivo falar destes últimos, aínda que dun xeito autocrítico e pouco autocompracente. Facer unha reflexión profunda e sen efectismos sobre como conseguiron enganar a tantos millóns de cidadáns (e de como nos deixamos enganar) para ter unha idea nítida de como chegamos a onde agora mesmo estamos.

Escribín o guión xunto a Jaione Camborda Coll. Fixemos oito versións ao longo dun ano e medio. Cando iamos polo cuarto borrador reformulamos completamente a historia e comezamos de cero. Foi un traballo arduo, extenuante e complexo (pola miña actitude excesivamente autocrítica con respecto ó meu propio traballo). Jaione nalgunha ocasión decíame frases do tipo “Eso nunca o diría unha muller” que me fixeron percatarme da miña inconsciente cegueira patriarcal con respecto á psicología feminina. Todo iso creo que dalgún xeito redundou na calidade e complexidade do guión.A rodaxe

Foi sen dúbida a rodaxe técnicamente máis complexa que tiven que afrontar na miña carreira. En cada escena había unha morea de actores e figurantes e había que darlle unha función consciente dentro do proceso de construción dun edificio. Rodabamos en lugares complexos, nunhas condicións meteorolóxicas moi adversas, en pleno outono galego. Buscabamos, ante todo a naturalidade e a credibilidade. E penso que iso está logrado no filme.

Tiñamos moi pouco tempo de rodaxe, cinco semanas e media, que para 94 secuencias tan complexas é moi pouco tempo. Pero grazas ao meu excelente equipo técnico e a un marabilloso reparto conseguimos sacar o filme adiante sen pinchar ningún día.

O traballo e o esforzo dos actores foi excepcional. En xeral están estupendos e cribles. O traballo e esforzo de Lola Dueñas é inconmesurable. É unha actriz marabillosa nun momento boísimo. Por outra banda, estou especialmente orgulloso do traballo dos actores da cuadrilla. Miguel de Lira está sublime, nun momento de madurez apabullante na súa carreira. Xúlio Abonjo, tirando de talento e de oficio, consegue facer grande un papel pequeno, e iso é algo que só logran os moi bos. Gonzalo Uriarte fai unha das personaxes máis entrañables e ben construídas da película con moi poucas palabras. E o gran descubrimento do filme é Touri (Xosé Antonio Touriñán). Todos sabiamos que é un grandísimo showman e comunicador, pero neste filme queda claro que estamos ante un dos grandes talentos actorais puros.

O triángulo amoroso que conforman con Lola os personaxes interpretados por Luis Tosar e Juan Carlos Vellido é sensacional. Estou moi contento do resultado. Poder traballar cun dos actores máis grandes de Europa, unha vez máis, é todo un privilexio. Para min Luis é simplemente o máis grande.

Por último, gustaríame sinalar o rigor e a calidade do resto do reparto encabezado por Ledicia Sola, Alfonso Agra, Patricia Vázquez, Federico Pérez, Marcos Orsi, Farruco Castromán, María Tasende e especialmente un dos grandes actores deste país, o gran Morris, que fai unha das mellores interpretacións da súa xa de por si magnífica carreira. Sinto un orgullo especial cada vez que teño a oportunidade de traballar con actores así, inmensos e xa feitos, como os tristemente desaparecidos Xaquín Marcos ou o gran Xosé Manuel Olveira “Pico”, a quen está adicada esta película; e por suposto os aínda activos (espero que por moito tempo) Miguel de Lira, Chete Lera, Mercedes Sampietro ou o propio Morris. Son historia viva e traxectoria coherente deste noble oficio e para min é todo un honor aprender de todos eles.

Director de cine compostelán. A súa película Os Fenómenos foi a gran triunfadora dos premios Mestre Mateo 2015 (mellor filme, mellor director, mellor guión e mellor actriz de reparto). Tamén foi galardoada en cinco dos numerosos festivais internacionais polos que pasou e que todavía segue percorrendo.

Por Alfonso Zarauza

e accion

Os Fenómenos

Page 26: Pincha(e)Discos Número 3

| 26 | Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015

BROA: Boas novas dende o Cabo do MundoViaxamos neste número ata a Ribeira Sacra, subzona de Chantada, bañada polas ribeiras lucenses do Miño e do Sil; unha paisaxe realmente alucinante e de visita obrigada para todo amante do viño. Na Ribeira Sacra non entenden de cousas sinxelas: basta con botar unha ollada a eses bancais ou socalcos ás veces completamente verticais, para saber con que xogan por estes lares. Viticultura case 100% manual (con apenas algunha axuda de raíles en determinadas viñas), xente brava, desafi ante do vértigo, que traballa en verán baixo unha calor abafante para extraer as mellores uvas, cargando os capazos ao lombo, ou ben levándoos en pequenas barcas polo río ata chegar á adega.

De todas estas cousas debe saber bastante o creador deste viño, Bruno Lovelle, sumiller chantadino que nos presenta este novo proxecto: BROA Barrica Selección 2013.

Comezarei falando dalgunhas curiosidades, como por exemplo a elección do nome. Conta Bruno que a escolla foi un tanto casual: revisando denominacións típicas galegas apareceu Broa. Chamoulle a atención por ser curto, sinxelo, fácil de lembrar. O signifi cado que todos sabemos fai referencia a un tipo de pan de millo elaborado na nosa terra e tamén en Portugal. Pois ben, esta palabra tamén ten raíces celtas, e un signifi cado un tanto curioso: Límite entre os ríos… Así se plasmou na etiqueta… Tal vez teña algo que ver co entorno onde nace o viño… a Ribeira Sacra, sempre vencellada aos ríos…

En canto á cata do viño, recomendo airealo uns 15 minutos antes de probalo. Presenta unha capa media alta, con cor cereixa e ribete violáceo. Viño denso na copa cando a axitamos, o que denota unha boa gradación alcohólica e tamén o traballo das barricas. En nariz aprécianse os aromas típicos do viño tralo paso pola madeira: toques afumados e de cacao, que dan paso a matices máis minerais co paso do tempo. A medida que o viño repousa, vai aparecendo a froita negra, madura. En boca é un viño con alta tanicidade, pero redondo (quere decir, que aínda que se nota a sensación de sequedade ou aspereza, bastante típico nos tintos, esta aparece suavizada e non molesta). Ten unha boa acidez e notas de confi turas de froitas negras.

Nesta ocasión, armonizaría este viño cun magret de pato acompañado de froitas vermellas ou foie, e, por que non, cunha salsa feita a partir de Broa.Segue as historias de Lorena Costas

(@lorena_costas) no seu blog

Bake my Day

http://lorena-bakemyday.blogspot.com

Dúas copas de viño... con cal quedas?Crusat & Costas

Page 27: Pincha(e)Discos Número 3

Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015 | 27 |

Para facer un bo camiñoBROA é un novo viño elaborado na Ribeira Sacra con uvas mencía, garnacha tintureira e tempranillo, todas procedentes dunha mesma fi nca na zona de Sober, de chan granítico (polo menos nesta anada 2013 xa que en futuras elaboracións a selección das uvas vén de fi ncas e terreos distintos). Viño de produción limitada de 1.000 garrafas e

60 magnum.

Trala selección das uvas, o mosto, tras despalillar, fermenta en depósitos de aceiro inoxidable. Despois da fermentación alcohólica pasa a barricas de roble francés e americano onde se cría durante oito meses volvendo despois ao aceiro durante

un tempo antes do embotellado. Xa na botella o viño pasa 6 meses antes de saír ao mercado.

Na vista é un viño de cor intensa cunha boa capa, principalmente aportada pola garnacha, bágoa persistente e larga.

Na fase olfativa, atopamos unha moi lixeira redución inicial que marcha rapidamente (nós catamos recén aberta a garrafa). Se abrides o viño un pouco antes do consumo xa non estará presente. No nariz marca a madeira, con toques de vainillas, afumados e tabacos, propios das barricas de roble francés e americano nas que se cría o viño. Pero por baixo empezan a aparecer froita negra madura como fatóns, e amoras.

Na boca é un viño cálido con moita potencia, de taninos marcados pero fi nos; cun tempo de garda estarán mais integrados e aterciopelados. A madeira volve a estar ben presente cos toques afumados, pero aparece a froita en forma de marmeladas de amoras e framboesas, que teñen ese toque acedo que fai salivar.

E con que acompañariamos este viño? Eu penso que é un viño con bo corpo para desfrutar cunhas carnes potentes que compensen os seus taninos. Que vos parece se lle damos a unha boa costeleta de vaca de Chantada ou un porquiño ao forno? Pura manteiga!.

FICHA

BROA Barrica Selección 2013Creador: Bruno LovelleGrados: 13ºD.O.: Ribeira Sacra DOPrezo medio: 12,50 €

Segue as historias de José Crusat

(@choumimx) no seu blog Del Comercio y del Bebercio

http://delcomercioydelbebercio.blogspot.com

Page 28: Pincha(e)Discos Número 3
Page 29: Pincha(e)Discos Número 3

Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015 | 29 |

A E•N D APatrocinada por:

RELATORIO DE DONNA LEÓN E SHOWCOOKING DE ALBERTO LAREO E MANUEL GAGO Cando? Venres 6 de xuño ás 12:00 h.Onde? Cidade da Cultura de GaliciaCanto pagarás? De balde, previa inscrición.Baixo o título ‘O deleite na palabra. Larpeiradas dos literatos’, a escritora estadounidense con-versará sobre os praceres da lectura e da comida dentro do ciclo Nexus. Ademais, haberá un showcooking da man do xornalista Manuel Gago e do chef do restaurante Manso, Alberto Lareo.

O MELLOR HUMOR DE DANI MATEO Cando? Sábado 30 de maio ás 20:30 h. Onde? Auditorio de Galicia Canto pagarás? 17 euros (anticipada) / 20 euros

O coñecido cómico, actor e presentador de televisión e radio trae a Compostela o seu último espectáculo humorístico. A actuación enmárcase dentro do ciclo Falabaratos.

REPRESENTACIÓN DE O PRINCIPIO DE ARQUÍMEDESCando? Xoves 4 de xuño ás 20:30 h. Onde? Teatro PrincipalCanto pagarás? 10 euros

A compañía galega Teatro do Atlántico cumpre 30 anos de historia con esta obra, que recibiu o Premio Born de Teatro 2011.

CONCERTO DE UXÍA E NARFCando? Mércores 10 de xuño ás 21:00 h. Onde? Salón Teatro Canto pagarás? 12 euros (anticipada) / 15 euros

Uxía e Narf funden os seus repertorios nun espectáculo conxunto, man a man, e propoñen un concerto de formato intimista, no que convidan a coñecer As baladas da Galiza imaxinaria. Un proxecto que nace do talento e da sensibilidade de dous artistas que en cada balada abren portas e ventás aos corazóns inquedos e aventureiros.

PLUTO, UNHA COMEDIA DE ARISTÓFANESCando? Domingo 7 de xuño ás 20:30 h.Onde? Auditorio de Galicia Canto pagarás? 24 euros

Javier Gurruchaga, Marisol Ayuso, Jorge Roelas, Marcial Álvarez e Ana Labordeta protagonizan esta adaptación de Pluto, unha comedia da Atenas de hai agora 25 séculos que nos fai reflexionar cun humor ácido e satírico.

Page 30: Pincha(e)Discos Número 3

| 30 | Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015

A E•N D APatrocinada por:

VENIDOS A MENOS CON PABLO PUYOL E DAVID ORDINASCando? Xoves 18 de xuño ás 22:00 h.Onde? Sala MoonCanto pagarás? 10 eurosPablo Puyol e David Ordinas volven a Galicia case un ano despois da súa primeira visita con Venidos a Menos, un espectáculo moi divertido que garantiza toneladas de risos.

REENCONTRO DA BANDA COMPOSTELÁ THE HOMENSCando? Venres 12 de xuño ás 21:30 h. Onde? Sala CapitolCanto pagarás? 8 euros (anticipada) / 10 eurosDespois de catro anos en ‘standby’, os composte-láns The Homens xúntanse de novo para un único concerto no que volverán a velocidade, o ruído, as melodías e o pop extremo.

OS MELLORES DA ESCOLA DE ALTOS ESTUDOS MUSICAISCando? Xoves 11 de xuño ás 21:00 h.Onde? Auditorio ABANCACanto pagarás? Nada! É gratis!O ciclo ‘A Escola na Cidade’, organizado pola Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) e o Consorcio de Santiago, ofrece un concerto de peche con alumnos e varios membros da Real Filharmonía de Galicia.

FIN DE XIRA DE LEIVACando? Venres 19 de xuño ás 21:00 h.Onde? Pazo de Congresos e Exposicións de GaliciaCanto pagarás? 28 euros (zona 1), 24 euros (zona 2), 20 euros (zona 3)O cantante Leiva pecha a súa xira española en Santiago presentando Pólvora, o seu segundo traballo en solitario, co que se consolidou como unha referencia indispensable no panorama do rock feito en España.

MARATÓN DE JAZZ 1906 NA PRAZA DA QUINTANA Cando? Venres 19 de xuño de 12:00 a 24:00 h.Onde? Praza da QuintanaCanto pagarás? Nada! É de balde!Santiago será de novo escenario do final do ciclo Jazz 1906. Serán 12 horas de música de balde e en directo en plena rúa co obxectivo de compartir cos viandantes de forma aberta e sen barreiras as propostas musicais de formacións galegas de jazz.

Page 31: Pincha(e)Discos Número 3

Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015 | 31 |

A E•N D APatrocinada por:

FESTAS DO APÓSTOLOCando? Do 16 de xullo ao 1 de agostoOnde? Obradoiro, Quintana, Alameda...Canto pagarás? Depende do espectáculo!Xa quedan ben pouco para que a cidade celebre as súas festas máis grandes, as do Apóstolo Santiago. As actividades arrancarán o 16 de xullo coa colocación dos postos na Alameda, que permanecerán alí ata o 1 de agosto. As atraccións estarán dispoñibles desde o 24 ao 31 de xullo. Próximamente poderás consultar na nosa axenda de pinchaediscos.com toda a relación de espectáculos previstos dentro da programación.

CACHARELAS E SARDIÑAS PARA CELEBRAR O SAN XOÁNCando? 24 de xuño Onde? Barrios composteláns Canto pagarás? A consumición!É unha das festas que máis nos gustan aos composteláns e este ano volvemos a ter a sorte de que sexa festivo! Así que non hai escusa para non saír pola noite a cumprir coa tradición, saltar a cacharela e comer unhas sardiñas.

CONCERTOS NO RESTAURANTE LA CASA DE LA MARQUESACando? Todas as semanas de mércores a domingo de 20:00 a 23:00 h.Onde? Costa de San Domingos, 2Canto pagarás? A consumición!Sempre que o tempo acompañe, a terraza de La Casa de la Marquesa encherase de música coas mellores actuacións en directo.

EXPOSICIÓN DE JOSÉ GUITIÁNCando? Ata o 30 de agosto Onde? Museo das Peregrinacións e de Santiago Canto pagarás? Entrada gratuíta ‘José Guitián. Fotógrafo en Compostela (1950-1980)’ é unha escolma de imaxes coas que o re-coñecido artista realiza un percorrido pola historia recente da capital de Galicia. A mostra recolle unha ampla selección do traballo do fotógrafo compostelán.

MARK KNOPFLER EN DIRECTO EN COMPOSTELACando? Mércores 29 de xullo Onde? Multiusos Fontes do SarCanto pagarás? 45 euros + gastos de distribuciónO que fora líder dos Dire Straits e un dos artistas con máis éxito de todos os tempos recala coa súa xira en Compostela. Knopfler presentará Tracker, o seu noveno disco en solitario. Ademais, o acla-mado como un dos mellores guitarristas da historia, interpretará algúns dos seus temas máis coñecidos.

Page 32: Pincha(e)Discos Número 3

Casas Reais 25Santiago de Compostela

T. 981 556 344www.quedamosenlaflor.com

Onde

L e M: 11:30 a 00:30 - Me e Xo: 11:30 a 1:30 V e S: 11:30 a 2:30 Domingos Pechado

Horario

+ info

CAFÉ DE ALTAMIRA,O SABOR DO MERCADO

Rúa das Ameas 9Santiago de Compostela

T. 981 558 592www.pazodealtamira.com

Onde + infoRúa Altamira 18Santiago de Compostela

OndeT. 981 558 542

www.pazodealtamira.com

+ info

Avda. Benito Vigo 70A Estrada

T. 986 57 12 26www.argentinosburguer.com

Onde

martes a xoves: 9:30 - 0:00venres a sábado: 9:30 - 1:30 domingo: 9:30 - 0:00

Horario

+ infoAvda. da Liberdade 11Santiago de Compostela

T. 981 813 520www.bodeguilladesanroque.com

Onde

Luns a venres: 09:00 a 00:30 - Sábados: 10:30 a 00:30Domingo: 10:30 a 16:30

Horario

+ info

bodeguilla

Praza de San Fiz de Solovio 4Santiago de Compostela

T. 981 582 637 [email protected]

Onde

After Work: Xoves e Venres de 19:00 a 23:00Sesións Vermú: Sábados e Domingos de 12:00 a 19:00

Horario

+ info

Cantón de San Bieito 5Santiago de Compostela

T. 628 177 128www.vinotecacasapepe.com

Onde

Todos os días de 10:00 a 00:00

Horario

+ info

CAFÉ BAR

Senra 6- baixoSantiago de Compostela

T. 981 585 974

Onde

De luns a sábadode 07:30 a 23:30

Horario+ info

Rúa Travesa 20Rúa do Curro da Parra 7Santiago de Compostela

T. 981 556 059www.ocurrodaparra.com

Onde

Martes a sábado de 13:30 a 15:30 e de 20:30 a 23:30Domingo de 13:30 a 15:30

Horario

+ infoOnde + info

Rúa Rueiro 16Bertamiráns (Ames)

T. 981 890 868www.tropicburguer.com

Onde

Martes a Venres de 07:00 a 01:00Sábado de 09:00 a 01:00

Horario

+ info

Rúa Hortas 16Santiago de Compostela

T. 881 031 [email protected]

Onde + info

| 32 | Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015

Directorio

Bares/Cafeterías Restaurantes Outros

D

Page 33: Pincha(e)Discos Número 3

Rúa do Cubelo 27Santiago de Compostela

www.pandamoa.com

T. 981 552 [email protected]

Onde + info

facebook.com/petitsbisous

T. 659 987 [email protected]

+ infoPraza de Abastos 56-57Santiago de Compostela

T. 981 583 550

Onde

De luns a sábadode 06:30 a 15:00

Horario + info

Avenida de Figueroa 5Santiago de Compostela

T. 881 104 [email protected]

Onde + info

mansorestaurante.com

Rúa da Algalia de Abaixo 33Santiago de Compostela

T. 981 589 878www.resas.es

Onde

De luns a sábadode 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 24:00

Domingosde 13:00 a 16:00

Horario

+ infoCosta de San Marcos 18-20 (Ctra. Aeropuerto)Santiago de Compostela

T. 981 557 415 - 620 296 839www.restaurantepedrasanta.com

Onde

De luns a sábadode 07:30 a 00:00 horas

Horario + info

Pedra SantaRestaurante

Costa de San Domingos 2Santiago de Compostela

Pechado os luns

T. 981 573 958www.lacasadelamarquesa.es

Onde + info

T. 682 410 689 - [email protected] - www.seispes.com

+ info

Rúa da Raiña 4Santiago de Compostela

T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com

Onde

De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 01:00

Horario

+ infoSempre en Galiza 1Santiago de Compostela

T. 981 592 399www.restauranteferro.com

Onde

Martes a Domingo de 10:00 a 00:00Horario

+ info

O Ferro

Rúa de San Pedro, 16Santiago de Compostela

T. 981 577 633www.dezaseis.com

Onde

De luns a sábadode 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 24:00

Horario

+ info

Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015 | 33 |

Page 34: Pincha(e)Discos Número 3

BINGO ROCK

O compostelán restaurante Resas non para de sorprendernos. A imaxinación destes rapaces parece non ter límites! Unha das súas últimas propostas para entreter aos comensais é o Bingo Rock, que se organiza unha vez ao mes, normalmente un mércores. Pero en que consiste? Con cada consumición recibes un cartón que debes encher adiviñando as cancións que pon o pinchadiscos. E cada vez que cantas ‘Bingo’ gañas un premio que pode ser unha botella de viño, un menú do día ou unha burguer do Guateque Burguer que celebran os xoves.

PAN DE OURO

Comer pan con ouro sae caro. Pero pode facerse. Un panadeiro de Málaga comercializa por encargo uns bolos feitos con este metal comestible. Cada peza de 400 gramos custa 117 euros. O seu creador, Juan Manuel Moreno, asegura que está feito con masa nai de millo, espelta con mel deshidratada e ouro en po no interior e en copos no exterior. O panadeiro asegura que o ouro non aporta ningún sabor especial ao pan, pero si que lle outorga luxo e exclusividade. Comerías un?

UN LIBRO QUE SE PLANTA

Ensinar aos nenos e nenas o respecto pola natureza é o principal obxectivo co que a editorial Pequeño Editor lanzou o programa Tree Book Tree. Trátase de exemplares do libro ‘O meu papá estivo na selva’ que foron confeccionados con papel reciclado e tintas biodegradables. As súas tapas levan incrustadas sementes dunha árbore nativa na polpa do papel. Só hai que lelo, humedecelo ata que xermine e plántalo sen cubrir o brote. Unha vez baixo terra, hai que regalo con regularidade.

FOGÓNS SOBRE RODAS

As chamadas ‘Food Trucks’ son a última tendencia en gastronomía de rúa. Pero non falamos só das típicas furgonetas de feira, senón

de auténticos restaurantes de alta cociña con rodas. Este ano xa se deixaron ver en tres importantes citas tales como a madrileña MadrEAT, o Forum Gastronómico que se celebrou en A Coruña e no festival Compostela Gastronómica. Iso si, polo de agora, esta

actividade limítase a eventos puntuais. Así que se queres probar os pratos dalgún, reza porque pronto cambie o marco legal no noso país.

| 34 | Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015

TEN

QU

E H

AB

ER

DE T

OD

O

Page 35: Pincha(e)Discos Número 3

El poder espontáneo de las buenas ideas

HTTP://RSMCOMUNICACION.COM

RSMCOMUNICACIÓN | PUBLICIDAD | MEDIOS ONLINE

Page 36: Pincha(e)Discos Número 3

A actriz Nerea Barros cóntanos cales son os seus restaurantes favoritos de Santiago. Queres saber cales? Mira no interior. Foto: Suso Rivas.