Top Banner
CON MARCA COMPOSTELA A Praza de Abastos, Pan da Moa, Coro da Ra, Grupo Chévere... así é o noso. Nº 2 | abril-maio 2015 Pincha(e)Discos
36

Pincha(e)Discos Número 2

Jul 21, 2016

Download

Documents

Pincha(e)Discos

Revista sobre gastronomía e cultura de Santiago de Compostela. Este segundo número inclúe entrevistas ao panadeiro Guillermo Moscoso, o director do Coro da Ra e a concelleira de Turismo, Reyes Leis. Tamén hai reportaxes sobre o Grupo Chévere e as 'paisanas' da Praza de Abastos, entre outras novas.
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Pincha(e)Discos Número 2

CON MARCACOMPOSTELAA Praza de Abastos, Pan da Moa, Coro da Ra,

Grupo Chévere... así é o noso.

Nº 2 | abril-maio 2015

Pincha(e)Discos

Page 2: Pincha(e)Discos Número 2

| 2 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015

joyería gallega de calidadga

liciacalid

ade.es

Cinco joyerías gallegas decidieron hace un par de años solicitar el amparo de la marca de garantía Galicia Calidade para promocionar conjuntamente su trabajo a nivel nacional e internacional. Una manera de potenciar sus productos de joyería aprovechando el sello de calidad gallego, que sigue abierto a productos y servicios de calidad.Galicia Calidade es la marca de garantía de Galicia. En sus más de 20 años lleva promocionando la calidad de los productos y servicios gallegos más allá de sus fronteras, apostando siempre por la internacionalización y la innovación. En la actualidad cuenta con más de 250 produtos y servicios amparados. Puede consultar más información en la web www.galiciacalidade.esLas cinco empresas de joyería gallegas certi�cadas por Galicia Calidade son: Ardentía, especializada en joyería de plata; Fink Orfebres, plata y azabachería; Orfega, apuesta por la tradición joyera; Óscar Rodríguez Joyeros, caracteri-zado por la exclusividad y exhuberancia de sus piezas y que cuenta tambíen con la marca Piropo Joyas, de corte más vanguardista; y Unión Joyera de Bergondo, especializada en alta joyería.

La a

ctri

z M

aría

Cas

tro

fu

e la

em

baj

ado

ra d

e la

joye

ría

gal

leg

a en

el S

aló

n d

e Ib

erjo

ya M

adri

d 2

013

Page 3: Pincha(e)Discos Número 2

Entrevista a Guillermo

Moscoso, panadeiro en

Pan da Moa

P. 6

Vai de… Teatro

Grupo Chévere

P. 10

Os de Sempre

Café Bar El Muelle

P. 16

Entrevista a Ramón

Bermejo do Coro da Ra,

por Xiana Lastra

P. 22

5 e Acción Numax

P. 12

Entrevista a Reyes Leis,

concelleira de Turismo

P. 14

Reportaxe Quero ser

paisana

P. 18

Ten que haber de

todo!

P. 34

Crusat & Costas Dúas copas de viño… con cal quedas?

P. 26

Directorio P. 32Directorio

D

Crusat & Costas

Mundo Blogger

Papando en Fisterra por

El Zampón de Compostela

P. 20

Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 3 |

Axenda de ocio

P. 29A E•N D A

Top 5 Abraiantes O mellor que

probamos ata hoxe

P. 13 TOP 5

ABRAIANTES

Page 4: Pincha(e)Discos Número 2

EDITORIAL

Coas nosas mans

As cifras din que Santiago é unha cidade pequena. Capital de Galicia, pero pequena. E as súas xentes? Basta con dar unha volta polo Mercado de Abastos e coñecer ás súas ‘paisanas’ para decatarse de que os composteláns somos grandes. Grandes en talento, como os membros do Coro da Ra ou da compañía de teatro Chévere. Grandes en esforzo e paixón polo noso, como defende cada día no seu obradoiro Guillermo Moscoso de Pan da Moa. E grandes en ideas e valentía, como os membros do Numax, que nun momento no que os cines están pechando deciden abrir unha nova sala e, inda por riba, con películas en versión orixinal subtitulada.

Algúns dirán que están tolos. Como o din de nós. Unha revista en papel? E de que vivides? Pero non é moita máis tolemia perder sen intentalo? Non loitar polo que queres é o verdadeiro fracaso. Por iso nesta edición falamos de todas esas persoas que se levantan cada mañá para saír adiante facendo o que lles gusta. Mollándose o que faga falla nas súas hortas, traballando de noite para que todos nós teñamos pan ou divulgando a nosa cultura polo mundo adiante.

O que tes entre as túas mans é o segundo número en papel de Pincha(e)Discos. E, de novo, temos que dar as gracias. Primeiro, a ti que nos estás a ler. E segundo, a todos aqueles que dunha maneira ou doutra nos axudan estar na rúa dous meses máis. Nós comprometémonos a seguir nos bares. Se fai sol, nas terrazas e, se chove, imos para dentro. Xa sabedes, non hai escusa para gozar de Santiago! ;) Vémonos de novo o 29 de maio. E mentras tanto, seguimos a falar de gastronomía e cultura en Compostela en pinchaediscos.com

EDITA:

Cristina Márquez ı Directora de MárketingRebeca Munín ı Directora de Contidos

[email protected] [email protected]

Deseño e maquetación: RSM Comunicación

Publicidade: Juan Vázquez e Jéssica Pintor

[email protected]

Fotografía:Suso Rivas

Colaboradores neste número:Zampón de Compostela, Xiana Lastra, Jose Crusat e Lorena Costas.

Imprime: Gráficas Garabal S.L.

Depósito Legal: C 66 - 2015 www.pinchaediscos.com

Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como pinchaediscos

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

Foto portada por Suso Rivas

| 4 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015

Foto: Suso Rivas

Page 5: Pincha(e)Discos Número 2

Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 5 |

www.resas.es

Page 6: Pincha(e)Discos Número 2

| 6 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015

Cando entras no obradoiro de Pan da Moa, en Amio, o primeiro que sentes é unha calor intensa. Non é raro. O forno está a tope! O branco é a cor predominante. Apréciase nos mandís dos traballadores e na fariña que está case que por todas partes. Pero o mellor é o cheiro: ule a pan recén feito. Pan dos de verdade, cun aroma que se apodera dos teus sentidos e que te leva a un único desexo: darlle un bocado aínda que sexa só un corrosquiño!

Así non hai quen se concentre para entrevistar a Guillermo, pero fago o esforzo porque escoitalo ben paga a pena. Membro dunha das sagas panadeiras con máis sona de Santiago, hai uns anos aparcou a súa carreira de Bioloxía para traballar no novo proxecto dos seus pais, a panadería Moscoso-Moure. Alí crearon a marca Pan da Moa, apostando por recuperar a tradición pero aplicándolle unha identidade propia; unha fórmula que recentemente lles valeu o Premio Picadillo no Fórum Gastronómico de A Coruña.

Os galegos estamos acostumados a acompañar as nosas comidas con pan, pero dámoslle o valor que merece? Desde o meu punto de vista, non. É un produto que ten moitas horas de elaboración, que cando se fai artesanalmente ten un gran esforzo detrás, as materias primas encarecéronse… Penso que iso debería valorarse máis.

En que vos diferenciades en Pan da Moa á hora da súa elaboración?Traballamos coa base da tradición galega, é dicir, con masas moi hidratadas, que

“Defendo o pan de Santiago, o pan galego e o bo pan artesán”

GUILLERMO MOSCOSO | PAN DA MOA Por Rebeca Munín

entrevista

Page 7: Pincha(e)Discos Número 2

Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 7 |

teñen moita auga para a fariña que levan. Pero sempre intentamos darlle toques distintos. Por exemplo, traballamos con fermentacións en frío, retardamos as masas para que teñan máis horas de fermentación; traballamos con fermentos totalmente naturais… E facemos diferentes variedades de pan como o pan de cervexa, o pan de sementes, etc.

O tempo de fermentación é o máis importante á hora de facer pan?É bastante complexo porque a

importancia de facer pan ven desde que se empeza a amasar ata que se coce. É certo que a fermentación é algo transcendental porque dá tempo a que dentro das masas se desenvolvan os sabores, as cores… Incluso a nivel nutricional, a fermentación canto máis longa sexa, vainos dar pans moito máis doados de dixerir.

Como podemos saber se un pan é bo?Niso hai un punto de subxectividade que pode ser trascendental. Pero depende do tipo de pan, de como estea feito e para que. Non lle podemos pedir, por

Guillermo Moscoso no seu obradoiro de pan en Amio. Foto: Suso Rivas

“Nós non podemos competir coas grandes cadeas. Temos que destacar non polo prezo, senón pola calidade”

“Hai que derrubar o mito dun pan que aguanta sete días. Pode ser que durante unha semana non se coma, pero nunca está igual”

ENTREVISTA

Page 8: Pincha(e)Discos Número 2

| 8 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015

exemplo, a unha baguette que nos dure tres días. Unha baguette, se é boa, debería chegar fresca á noite. Outros pans poden durar máis, aínda que hai que derrubar o mito dun pan que aguanta sete días. Pode ser que durante unha semana non se coma, pero nunca está igual. Porque o pan, unha vez que está frío, empézase a degradar, a secar, a perder humidade. Pódese comer ao mellor ao cuarto día, pero non está igual o primeiro que o cuarto.

E que opinas dos que comen a miga e deixan a codia para non engordar?Pois é unha mentira porque tanto engorda a codia como a miga. Iso xa está estudiado. Se lle gusta máis a miga, que a coma pero só se o fai por pracer! O pan, igual que todos os alimentos, engordan. Hai que ser consecuentes con iso e saber que o que está feito de maneira natural é unha fonte de hidratos de carbono e vitaminas, non ten ningún tipo de graxa. Ten azucres pero se descompoñen durante a fermentación, chegando a nós máis simples para que os poidamos dixerir perfectamente.

Recordas a primeira vez que fixeches pan? Saíuche ben?Nunca sae ben o pan! (ri) Realmente non teño a imaxe agora mesmo daquel pan pero seguro que debido ao meu nivel de esixencia non estiven contento. Aínda non o estou agora xeralmente, así que imaxínate! Nesta panadería intentamos ser moi esixentes. Non podemos ser conformistas. Por moi ben que saia unha cousa, sempre pode saír mellor.

Creciches rodeado de fariña, pero por que decides que o de panadeiro vai ser o teu oficio?Si, son dunha familia de panadeiros de toda a vida. A pesar de que nós xa viñamos dunha tradición de panadeiros, meus pais digamos que se ‘independizaron’ e montaron esta panadería. Empecei a traballar con eles e namoreime do que se facía aquí.

É tan dura como din a vida do panadeiro?Os traballos de noite sempre teñen a súa dureza, pero agora non é coma antes. Podes ter unha vida social e as condicións laborais tamén melloraron. O que pasa é que os panadeiros temos unha bagaxe de falar sempre tan mal do que faciamos, que agora é moi difícil

quítalo de enriba. Nós necesitamos xente que queira traballar de panadeiros e non a hai. As escolas de panadería non terminan de funcionar nada ben e cústanos moito atopar xente que valga. E realmente non hai que

ter nada especial! Só hai que ter ganas de currar, ilusión e afán por aprender.

De feito, ti das cursos de iniciación. Que é o que máis lle sorprende aos alumnos?A xente flipa tanto aprendendo a facer pan como eu ensinando! (sorrí) Encántalles o trato coas masas, tocar, amasar, o aspecto visual do pan cando sae do forno… Porque claro, vas vendo todo un proceso e no final cambia a forma, as cores…

Sorprenderalles tamén ese aroma a pan recén feito…Si! Ese aroma a pan… Porque as panaderías teñen que cheirar a pan. Non

como o pan dos supermercados, que non ten nada que ver. Ti cando estás aquí e sae unha fornada, cheiras o pan con eses matices ácidos, como tamén a iogur… Iso non se percibe absolutamente nada alí, porque ese pan está feito con moitos axentes externos como conservantes, edulcorantes, etc.

Falando das calidades, que opinión tes da polémica daquel panadeiro de Valencia que vendía as barras de pan a 20 céntimos?Fíxoo para poder competir coas grandes cadeas de alimentación pero iso é un grande erro. Nós non podemos competir con elas. Nós temos que vender un produto ben distinto e destacar non polo prezo, senón pola calidade. Se realmente compras unha boa materia prima e dedicas horas dentro do obradoiro, é imposible véndelas a ese prezo. Pero se as vendemos a 90 céntimos, ten que custar 90 céntimos. Porque hai panadeiros que as venden por eses cartos e non o valen.

O valor do pan é algo do que falas no teu blog ‘Pan da última fornada’, non si?Si, co blog quero transmitir a miña idea de pan e intentar revalorizar o produto. É unha loita que eu teño. Sempre estou en defensa do pan de Santiago, do pan galego, e en defensa do bo pan artesán.

Outra faceta túa e a Asociación Cultural ‘Con Moita Miga’. Fálame dela.Non é unha asociación de panadeiros, senón que hai xente que non ten nada que ver con este oficio, pero que si está moi interesada no mundo do pan. Naceu a partir da idea de organizar o primeiro evento do pan galego en Santiago o ano pasado. Houbo unha gran aceptación, tanto profesional como do público en xeral e non descartamos facer máis edicións. Seguramente para o 2016.

entrevista

“Os traballos de noite sempre teñen a súa dureza,

pero agora non é coma antes. Podes ter unha vida

social e as condicións laborais melloraron”

Page 9: Pincha(e)Discos Número 2

Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 9 |

LONGA TRADICIÓN DO PAN

COMPOSTELÁN

Sabías que Santiago ten unha longa tradición

panadeira? Incluso temos pezas propias

como o Molete de Compostela – ese bolo

con pirucho como o que ves na fotografía –

ou o cornecho – pan gramado torcido que

remata en catro puntas.

A noso produto estaba ao nivel doutras

zonas de Galicia como Cea, Carballo ou

Neda, pero pouco a pouco foise perdendo.

En Pan da Moa levan tempo tratando de

recuperar esos procesos de elaboración

que deron tanta sona ao noso pan: con

boas materias primas e grandes cantidades

de auga, fermentacións máis longas e

fornos, que non son de pedra, pero que

simulan as súas propiedades por ter

soleiras refractarias. “As mans volven ser as

protagonistas e iso é un pouco a importancia

da panadería na actualidade”, conta

Guillermo Moscoso.

ENTREVISTA

Guillermo con algunhas das súas pezas de pan. Foto: Suso Rivas

Page 10: Pincha(e)Discos Número 2

| 10 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015

Tres anos pasaron xa desde que Chévere, a compañía que levaba 20 na Sala Nasa de Santiago, se

mudou a Teo. Marcharon case que pola porta de atrás, enfrontados a un Concello gobernado por Conde Roa e asfixiados pola falta de axudas. Acolléronnos na Ramallosa e tocou renovarse, aínda que sen abandonar a súa aposta por un teatro de raíz popular, comprometido e con discurso.

Sufriron pero gañaron o maior dos galardóns. E non, non me refiro ao Premio Nacional de Teatro que recibiron en 2014. O seu agasallo foi o aplauso dun público fiel e doutro que, en moitos casos, nunca antes pisara un salón de actos.

“O proxecto nunca máis vai volver a Compostela. É unha oportunidade perdida para todos. O que me gustaría é que aprenderamos a lección e se volve haber algo así en Santiago, saber xestionalo e fortalecelo”. Así de claro o ten Xesús Ron, membro de Chévere, cando

se lle pregunta se algún día volverá abrir a Sala Nasa. A crise, o cambio de goberno municipal e a supresión da colaboración coa maioría de axentes culturais da cidade obrigáronnos a pechar fai xa tres anos. Poñíase fin así a dúas décadas de teatro, de experimentación, de música, do cabaré colectivo das famosas Ultranoites… Un traballo recoñecido en 2014 co Premio Nacional de Teatro, pero xa non como grupo residente na

cidade, senón como parte de Teo - que actualmente é o único concello galego que apoia un proxecto de residencia teatral trala supresión das axudas para este fin que tiña Agadic (Axencia Galega para as Industrias Culturais).

Comezar de novo nunha vila moito máis pequena non foi doado. Pero os Chévere son teimudos e non só sobreviviron á caída. Fixéronno fortalecidos. No

tempo que levan en Teo, levaron a cabo tres novas producións escénicas, cinco Ultranoites, 85 funcións teatrais e 23 sesións formativas, acollendo a máis de 10.000 espectadores.

“Coas Ultranoites no sabiamos se conseguiríamos o ambiente da Nasa. E foi sobradamente! Temos 100 cadeiras máis de aforo e énchense”, apunta Patricia de Lorenzo, outra das ‘almas’ deste grupo de teatro.

A actriz recoñece sentir aínda certa pena polo acontecido en Compostela, por iso emociónalle ver á xente usando o ‘Ultrabus’, un servizo de buses que conecta Santiago con Teo cando hai función. Pero non son só os composteláns e os teenses os que gozan agora dos seus espectáculos, senón que se abriron a moita outra xente de municipios limítrofes que antes non consumía teatro. “Acúsannos de facer teatro político, de esquerdas, alternativo… pero gañar estes espectadores que non pertencían á esa militancia cultural que era o público natural da Nasa é unha proba de

“O proxecto da Nasa nunca máis vai

volver a Compostela. É unha oportunidade

perdida para todos”

Vai de...Teatro

ChévereRenovarse tiña un premio Por Rebeca Munín

Page 11: Pincha(e)Discos Número 2

Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 11 |

que o que facemos é para calquera tipo de persoa”, reflexiona Xesús Ron.

Ademais, o espírito da Nasa non está totalmente ‘perdido’. Vive na páxina web redenasa.tv no que atopamos os traballos de Chévere e que sirve tamén de plataforma online para moitos outros creadores e profesionais das artes vivas.

Recoñecemento ‘só’ do público

O Premio Nacional de Teatro que outorga cada ano o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e está dotado con 30.000 euros, serviulle a Chévere, sobre todo, para recibir o cariño do público. “Son as persoas que atopamos polar rúa as que nos felicitan sinceramente”, asegura Patricia. Pero deulles máis traballo? Non. Por que? “Porque chegou no peor momento en 30 anos das redes de teatro en España. O único que persiste son aquelas obras que inclúen a famosos da tele, monologuistas… que teñen unha venda de entradas garantida”, opina Xesús.

Especialmente están doídos coa reacción da Xunta de Galicia. “A súa resposta foi humillarnos publicando unha nota de prensa con todas as subvencións que se concederan a Chévere e á Rede Nasa. Foi como botándonos en cara un diñeiro que é insuficiente, escaso, reducido e que nós devolvemos dobremente ao Estado a través das cotas da Seguridade Social e do IVE”, explica. “É moi inxusto o trato que nos dan porque a forza que ten o teatro é ser xerador de postos de traballo. Por que non queren entendelo é algo que non chego a comprender”, engade Ron.

Pese a todas as dificultades, Chévere ten por diante un ano repleto de

funcións en Galicia, no resto de España e no estranxeiro, con varias actuacións en Latinoamérica. Citizen, Eurozone, Ultranoite no país dos Ananos, As fillas bravas, Alá no fondo hai sitio abondo, Ultranoiteo… son as obras que representarán este 2015.

Ademais están traballando xa nunha nova produción que estrearán a principios do 2016. Aínda que todavía están buscando a historia, adiantan que unha vez máis, apostarán por un tema que nos afecte como cidadáns. Porque así é como Chévere entende o teatro: un reflexo das vidas e inquedanzas da xente que divirta pero que tamén nos faga pensar.

Hoxe que como?

Comezamos neste número cunha nova sección da nosa web. A cordobesa afincada en Santiago, Vicky Morales, e autora do blog tallerdeazucar.es, falaranos de saborosos produtos en ‘¿Y hoy qué como?’. Ademais, realizará as receitas favoritas dalgúns dos nosos entrevistados, comezando por Chévere.

A compañía de teatro lanzoulle un reto: precisan algún prato saudable que poidan preparar na casa e cear despois dunha función. “Normalmente acabamos moi tarde, mesmo despois das 12 da noite. Isto implica que hai poucos sitios con cociña aberta. Os teatros consideran este tema algo alleo a eles e prácticamente en ningún hai servizo de cátering”, contan.

Que solución lles deu Vicky? Descúbreo en pinchaediscos.com

“Sempre quixemos facer un teatro

de raíz popular, que chegue a todo

o mundo, pero sen renunciar a

ningunha exploración, compromiso ou

posicionamento”

Page 12: Pincha(e)Discos Número 2

| 12 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015

Na rúa Concepción Arenal, a mesma que gozou do sétimo arte co recordado Cine Capitol, nace NUMAX, un novo concepto que agrupa de maneira activa as formas cinematográficas

coas prácticas culturais, tomando ideas doutros que xa proxectan como o Cine Tonalá de México D.F., o Anthology Film Archives de New York ou o recentemente inaugurado ZumZeig de Barcelona.

O cinema conta cunha sala de 70 metros cadrados de superficie e un aforo de 70 butacas, na que se proxectan entre 6 e 8 filmes ao mes, distribuídas en 21 sesións semanais de martes a domingo, todos eles en versión orixinal subtitulada.

Fundamentalmente, esta sala dálle cabida as obras que apostan pola innovación formal e temática e as que non atopan espazo noutras carteleiras. Tamén podemos ver películas clásicas e filmes dirixidos ao público máis xoven.

As películas podense consultar na páxina web numax.org onde tamén se poden comprar as entradas. O prezo xeral é de 6,20 euros, se ben as sesións das 12:00 custan 4,80. Este prezo reducido tamén se aplica a maiores de 65 anos, menores de 18, estudantes menores de 25 e desempregados. Ademais, ofrecen a posibilidade de adquirir abonos por 30, 120 ou 500 euros ao ano, logrando así diferentes descontos.

O proxecto Numax conta con seis socios, todos eles procedentes de diversos ámbitos da creación e difusión cultural. Margarita Ledo, Xoan Carlos Hidalgo, Antonio Doñate, Pablo Cayuela, Ramiro Ledo e Irma Amado compoñen unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro, na que se establece un tope salarial dun 50%

sobre convenio e os beneficios reinvértense na propia cooperativa. A partir de agora que se inicia a actividade comezarán a percibir o seu salario.

O seu nome ten a orixe na Fabrica de Electrodomésticos Numax de Barcelona na que tras dous anos de folgas, movilizacións e autoxestións, o seus empleados decidiron financiarse cun documental de Joaquín Jordá que contara a sua experiencia.

Non só un cinema

Numax non é só un cinema. É tamén unha libraría que conta cunha superficie de 40 metros cadrados e que parte cun fondo de máis de 3.000 libros. Seleccionan as novidades máis destacadas do panorama editorial, tendo en conta o galego e o castelán, aínda que tamén podemos atopar unha selección de libros noutras linguas. Ademais, en colaboración co cinema, Numax ofrece percorridos bibliográficos que acompañan aos filmes que se están a proxectar.

Non menos importante é o seu laboratorio de deseño, comunicación e produción audiovisual, situado no semisótano, cunha superficie de 30 metros cadrados. Desde aquí coordínase toda a actividade interna da cooperativa e tamén se ofrece a clientes particulares ou empresas traballos de deseño, edición, vídeo e formación mediante cursos especializados.

Por todo isto, en Compostela estamos de noraboa. Xa podemos gozar dun cine ao que non tiñamos acceso desde fai anos polo peche de diversas salas e, por outro lado, este tipo de proxectos devólvennos a ilusión por botar un ollo as carteleiras cada semana.

A nova sala compostelá proxecta entre 6 e 8 filmes ao mes en versión orixinal subtitulada

Por Cristina Márquez

e accion

A MIÑA BUTACA ESTÁ EN NUMAXO Numax está situado na rúa Concepción Arenal.

Page 13: Pincha(e)Discos Número 2

Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 13 |

TOP 5 ABRAIANTES

O MELLOR QUE PROBAMOS ATA HOXE

1

3

5

2

4

O mellor colofónA Casa da Viña.

As sobremesas deste restaurante compostelán sorprenden tanto polo

seu aspecto como polo seu sabor.

Despois de encher o bandullo con pratos galegos e asiáticos, e cando xa pensaba-mos que nada podía ser mellor, chegaron os postres!

Consello: Toleamos coa mousse de queso de Arzúa! Non deixes de probalo

Ao rico cóctel Café Casino.

Os combinados deste mítico local non teñen desperdicio.

Todo un descubrimento!

Podes tomar mojitos, margaritas, dai-quiri... Ademais, tes as xenebras Nordés, Ana, Platu, Bulldog, Bombay, Nº3, Fifty Pounds e Martin Millers a 6 euros.

Consello: Se conduces, proba o seu San Franciso sen alcohol, que está moi bo!

Cervexa na casaFillos da Malte.

Unha tenda de cervexas artesanais na que ademais

podes aprender a facelas na casa..

Malte + Lúpulo + Auga + Lévedo= Cervexa. Así de sinxelo, pero a que non sabes facelo? Nós xa estamos desexando aprender!

Consello: Se queres iniciarte neste mundo, atento as catas que organizan.

Almorzo ao aire libreCafé de Altamira.

Empezar o día deste xeito é un dos praceres que

nos dá a vida.

Cando fai sol, os composteláns temos sorte. Podemos gozar do noso almorzo ao aire libre e con espectaculares vistas. Nós tomamos café con leite e croissant! uuuummm #ricorico

Menú do díaRestaurante Manso.

Por 15 euros tes aperitivo, primeiro, segundo e

sobremesa.

Arrancamos cun tartar de xurel e salmón que xa anunciaba todo o bo que viña despois! Non esperabamos menos do chef Alberto Lareo.

Consello: Vai con tempo, recorda que está no centro e hai que aparcar.

Consello: Se es intolerante, como Pincha, teñen leite sen lactosa.

Page 14: Pincha(e)Discos Número 2

| 14 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015

REYES LEIS, CONCELLEIRA DE TURISMO DE SANTIAGO“Apostamos pola gastronomía porque é o que demandan os nosos turistas”

A gastronomía é o segundo motivo polo que os turistas visitan Santiago, só por detrás do noso patrimonio. Por iso, o Concello vén desde hai un tempo apostando polas

actividades culinarias como un xeito de atraer a cada vez un maior número de visitantes. Agora que estamos comezando coa temporada alta de pernoctacións, falamos coa concelleira de Turismo, Reyes Leis, sobre os seus plans.

Que expectativas hai para este ano 2015?Esperamos que siga a tendencia de crecemento que levamos nos últimos meses. Agora que estamos en Semana Santa, parécenos moi interesante que haxa algo que dinamice e sexa unha oferta diferente. Como o programa ‘Santiago Paixón’ da Asociación Hostelería Compostela, no que estamos a colaborar nós, e no que participan máis de 30 restaurantes cos seus menús especiais.

A gastronomía está sendo un bo medio para promocionar a cidade, non si? Por que?Porque vimos que o noso perfil de visitante é o que demandaba. É o segundo motivo polo que nos visitan. O primeiro xa é moi coñecido, que é o noso patrimonio, e creíamos que debíamos ter algo máis atractivo. Buscabamos algo moi propio e fixemos ese festival da cociña galega que é o Compostela Gastronómica e que tivo unha acollida moi boa.

Do 16 ao 21 de abril celebrarase a súa segunda edición. Haberá sorpresas?Si! E melloras tamén. A principal novidade é que se vai facer na Nave 5 da Praza de Abastos. E virán novas Estrelas Michelin, como Yayo Daporta. Teremos de novo obradoiros infantís e para adultos, actuacións, concursos e, por suposto, a ruta de restaurantes da cidade que queiran participar.

A Nave 5 será un novo espazo de restauración, con varios locais, o que preocupa á Asociación Hostelería Compostela. Cando estará funcionando? Calculamos que máis ou menos a finais de maio poida estar resolto o concurso. A Asociación non está de acordo desde

un punto de vista de competencia. E eu entendo que iso non pode ser un motivo para paralo. A competencia é sana. Ademais estes locais son moi específicos, teñen un espazo reducido, teñen que ter moito dinamismo… Un non vai ter unha cea romántica porque non hai espazo físico. Creo que fará vir a moita máis xente e repercutirá positivamente en todos os negocios da cidade.

Respecto ao aeroporto de Lavacolla, cal é o plan para mellorar as súas cifras? O plan é continuar co obxectivo que tiñamos. En 2011 cando chegamos ao Goberno había só seis conexións internacionais e moi focalizadas nas datas de verán. Entón decidimos facer unha estratexia intensiva para convencer ás compañías de que Santiago tiña un potencial importantísimo de turismo internacional. Catro anos despois, temos o triple de conexións internacionais e cinco compañías novas. E os datos de usuarios de liñas internacionais son abrumadores. Duplicamos en tres anos os turistas internacionais. Pero seguiremos traballando e pedindo novas rutas que non estean só en verán.

E como se loita contra esa estacionalización do turismo?Por un lado co traballo coas compañías aéreas que comentaba e, por outro, tratando de programar eventos naquelas datas do ano nas que non hai unha demanda alta. Fíxose por exemplo co campeonato de dardos que trouxo a 3.500 persoas á cidade en novembro.

Nesa liña supoño que irá o Plan Estratéxico de Turismo 2015-2021… Si, estamos traballando na súa elaboración. Temos un traballo importante no Casco Histórico, que moita xente di que se está convertendo nun espazo só para turistas. E non queremos iso. Tamén temos que ver as p olíticas de inversión que se van facer porque por cada euro que se invirte en turismo, a cidade recibe 50. Nunca é un gasto. Entón, hai que intentar convencer aos xestores que manexan eses orzamentos de que poidamos dispor de máis medios para chegar a máis puntos e atraer a moita máis xente todavía.

TEST GASTRO-CULTURAL!

entrevista

Por Rebeca Munín

Page 15: Pincha(e)Discos Número 2

Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 15 |

REYES LEIS, CONCELLEIRA DE TURISMO DE SANTIAGO

Reyes Leis calcula que a finais de maio pode estar resolto o concurso da Nave 5 da Praza de Abastos. Foto: Suso Rivas.

entrevista

Page 16: Pincha(e)Discos Número 2

“El Muelle é o de sempre e seguirá sendo o de sempre”.

| 16 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015

Era o ano 1931 cando El Muelle abriu as súas portas na Senra. Por aquel entón, a Praza de Galicia – antes Praza de García Prieto – era un lugar moi diferente,

un punto de encontro de viaxeiros que chegaban ao impoñente Edifi cio Castromil. E precisamente de aí, da estación de autobuses que antigamente a xente chamaba peirao, venlle o nome ao local.

Sábenno moi ben os actuais propietarios, Enrique, Pablo e Jorge Iglesias; tres irmáns que constitúen a terceira xeración dunha familia adicada á hostalería. Os seus avós, Antonio e Delfi na, fundaron o que entón era unha taberna fai xa 84 anos. Era nunha casa pequena que se derrubou a mediados dos 50 para levantar o edifi cio actual. Daquela época só quedan fotografías, auténticas xoias do paso do tempo en Santiago como as que podedes ver nesta reportaxe e que forman parte do aderezo que tanto encanto lle dá ao bar.

Logo foron os seus pais, Enrique e Pilar, os que tomaron as rendas do negocio. O local conserva

desde entón a súa decoración, cunha longa barra, unhas características cadeiras vermellas e unha vaixela especial de Sargadelos. “O único que cambiou é que na parte de atrás había unha vidreira moi bonita cun porto e un barco. Pero entraron a roubar un día e rompéronna”, conta Jorge.

Naqueles anos El Muelle era un rebulir de xente de todo tipo e algúns incluso quedaban a durmir. E é que por un tempo o edifi cio funcionou tamén como hostal, alugando habitacións. Da súa infancia recordan os pequenos grupos de xente xogando ás cartas e o ambiente tan familiar que se creou e que todavía conserva. “Entrando pola porta os camareiros xa saben o que quere o 90 por cento da clientela. É como o salón da túa casa”, opina Enrique. Son clientes de toda a vida aos que se lles unen os traballadores da zona, persoas que van aos moitos bancos e notarios que hai pola Senra… e tamén turistas curiosos por coñecer unha das cafeterías históricas da cidade.

O seus produtos ‘estrela’ son o café – cunha preparación propia secreta que se negan, como é lóxico, a desvelar! ;)

EL MUELLE

OS DE

SEMPRE

Enrique e Jorge Iglesias no interior de El Muelle. Foto: Suso Rivas

Page 17: Pincha(e)Discos Número 2

Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 17 |

– e o chocolate con churros. “O segredo deste é que é bo chocolate con bo leite. Así conseguimos que sexa moi espeso”, explican. A estas delicias sumaránselle en pouco tempo novas propostas para a hora do xantar e da noitiña. “Imos ampliar a oferta incluíndo algunha tapa, tostas, petiscos…”, sinalan.

E que máis cambios preparan para o futuro? “Ningún. El Muelle é o de sempre e seguirá sendo o de sempre. Só imos pechar uns días para facer algunhas reparacións pero a decoración vai ser exactamente igual”. E é que despois de tanto tempo formando parte da vida dos composteláns non podería ser doutro xeito.

ONDE? Senra 6, baixo. Santiago de CompostelaHORARIO: De 7:30 a 22:30 h. Domingos pechado. NON TE PERDAS: O seu café e o seu chocolate con churros. Dos máis ricos da cidade!

Manuel servindo un dos chocolates de El Muelle. Foto: Suso Rivas

Page 18: Pincha(e)Discos Número 2

| 18 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015

QUERO SER PAISANAUn oficio duro, non sempre valorado como se merece e ao que se apunta cada vez máis xente nova

O Mercado de Abastos de Santiago está considerado un dos cinco mellores de España (xunto co de Valencia, o da Boquería de Barcelona e os de Bilbao e San Sebastián); é o segundo

monumento máis frecuentado da cidade despois da Catedral e conta con 160 negocios que, nun sábado bo, poden chegar a ter 5.000 clientes. “Xente que compra, non só visitantes”, recalca a súa xerente Marta Rey. Ela é a cara visible dunha cooperativa que xestiona a Praza desde o 2000. Un tempo no que se modernizou até o punto de ofrecer entre os seus servizos entrega a domicilio ou personal shopper, por exemplo.

Exposicións, visitas guiadas, obradoiros de cociña na súa aula gastronómica… son xa actividades habituais nun Mercado que estivo en obras os últimos catro anos e que pronto estreará ascensor e unha nave cunha variada oferta de restauración. Pero se hai unha figura que perdura no tempo é a das ‘paisanas’, mulleres xeralmente maiores que venden os produtos que traballan na súa propia horta. Ocupan diferentes zonas do mercado, agrupadas segundo a localidade de procedencia e o tipo de produto. Son moi coñecidas as pementeiras de Padrón, pero tamén son numerosas as de Aríns ou as que veñen ata dende Cambados. Nos meses de agosto e setembro, os de máis traballo, poden chegar a ser 130.

Cada día que pasan na Praza deben pagar unha tasa de ocupación de 3,06 euros, que lles dá dereito a 1,5 metros de espazo e dúas cestas. Así o fai Marisa, de Vilanova de Arousa, que leva máis de 20 anos vindo a Santiago todos os xoves e sábados. Vende leitugas, cenorias, tomates, xudías… depende da tempada. “En inverno é máis duro porque se chove, móllome; se vai frío, paso frío… pero é o que menos me importa”, conta. O que lle preocupa é a baixada das vendas: “Este ano está indo moi mal, peor que os anteriores incluso. Teño medo de plantar para o verán porque se plantas, gastas un montón de cartos. E se logo non o vendes, hai cousas que son perecedoiras e telas que tirar”.

Marisa recorda un Mercado ben distinto cando empezou. “Antes vendíase todo. Non ías para casa con nada de volta. Había moita xente a vender e moita xente a comprar”, apunta. O mesmo conta Victoria, do barrio de Santa Lucía: “Levo 40 anos vindo e xa non é o que era. Antes había paisanas ata case chegar a Cervantes”, lembra. “É duro cando chove e cando fai moito sol, pero hai que levalo ben porque queres facer algún pesiño para saír adiante”, engade.

Novos tempos

Mais se hai algo que mudou desde que ámbalas dúas acoden á Praza é que xa non son só mulleres as que exercen de ‘paisanas’.

reportaXe

Cada día que pasan no

Mercado de Abastos pagan

unha tasa de ocupación

de 3,06 euros, que lles dá

dereito a 1,5 metros de

espazo

Por Rebeca Munín

Marisa vende os seus produtos na Praza. Foto: Suso Rivas

Page 19: Pincha(e)Discos Número 2

Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 19 |

Desde hai uns anos son tamén homes os que venden deste xeito tradicional os produtos da terra. Como Antonio, de Trazo, que ten patacas, ovos e grelos “máis ou menos a un euro o quilo, dependendo de cómo estea a cousa”, sinala.

Ademais, cada vez son máis os mozos que coa crise volven ao campo atopando nas colleitas propias o seu medio de vida. É o caso de Lucía e Santi, aos que atopamos no seu primeiro día no Mercado de Abastos de Santiago despachando cenorias. “Adicámonos a isto porque non hai outros traballos. E nesto vaste poñendo ti o teu ritmo, ou a terra poncho, non cho pon un xefe”, afirman. E aínda que aseguran que é “sufrido” porque hai xente que quere “comodidades” como non camiñar ou non mollarse cando

chove, a eles non lles importa. Son, ante todo, defensores dunha alimentación natural e dun cultivo “sen velenos”. Conseguen así produtos máis sans e con moito sabor. “O fresco non ten nada que ver co que compras no supermercado! Un repolo apañado de onte está vivo, rico, ule…”, coincide a ‘paisana’ Marisa con eles.

Ben coñecedores da calidade destes produtos naturais son os chefs e restauradores da cidade, moitos deles clientes habituais da Praza de Abastos. E é que alí atopan peixe fresco, froitas e verduras recén apañadas e carne criada nas mellores granxas galegas. Sen esquecer un ambiente de mercado, que se ben non é tan abundante como no século pasado, si que mantén todo o seu encanto.

reportaXe

Marisa vende os seus produtos na Praza. Foto: Suso Rivas

Page 20: Pincha(e)Discos Número 2

| 20 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015

Xa está aquí a Semana Santa e no meu inicio desta bonita andaina de Pincha(e)Discos en papel gustaríame permitirme o luxo de barrer para casa e propoñervos una

escapada a Fisterra. Se sodes relixiosos, a Semana Santa alí é bastante importante nese aspecto, declarada de interese turístico e incluso con representacións en vivo o lado da igrexa. Pero o meu cometido é facer feliz o voso bandullo así que cinguireime a cuestións paisaxísticas e gastronómicas.

Fisterra ten lugares onde vai todo o mundo (véxase o Faro) e sitios marabillosos onde é raro (aínda que cada vez máis frecuente) atoparte con outra persoa (coma o Monte Facho). O mesmo ocorre coas praias, mais neste caso déixovos a vós o traballo de atopalas (un fi sterrán dicindo que praia é a mellor é coma un mago explicando o truco… Perde a gracia o asunto!).

Ben, tanta praia e tanto lugar, pero da papatoria que? Pois teño que dicir que xa non é ouro todo o que reloce. Non é coma fai vinte anos que podías comer ‘coma un Pepe’ en calquera local, pero por suposto seguen quedando moitos lugares moi apetecibles.

Imos de menos a máis? Pois empezando polo ‘menos’ seguro que moitos de vós xa coñecedes o meu segredo de encargar unas boas empanadas en Fisterra e levalas por aí. Hainas desde as míticas de carne picada e de atún ata de polbo, zamburiñas ou navallas. É una moi boa opción se non queremos perder moito tempo comendo encerrados nun local.

E se queredes parar nun local a tomar un menú do día aquí vos caen dúas recomendacións. Podedes parar no Recreo da Costa da

Morte en Cee ou no Rápido en Vimianzo, dous locais diferentes un doutro pero ambos apetitosos. Por certo, non perdades por nada do mundo a tarta de queixo e chocolate do Tearrón, na propia Fisterra.

Pero ben, sei que a maioría de vós, como é lóxico, se ides á Costa da Morte queredes comer marisco a esgalla así que teño neste campo tamén varias opcións para vós.

A primeira resultaravos moi curiosa, pois en Curcubión hai poucos anos decidiron abrir a primeira peixería-restaurante da zona. E isto que é? O nome dío todo. É una peixería onde ti vas, elixes

o peixe ou marisco que queres comprar e posteriormente entras nun comedor, elixes a forma de preparación e ale, a darlle ao dente.

Outra opción onde resalta a materia prima por riba do local é o Don Percebe, local que pasarías por diante del sen facerlle moito caso pero que traballa con moi bo produto (teño comido alí varías veces con xente de mar da zona e iso di moito do local).

Últimamente tamén se fala moito do restaurante O Fragón, xusto no centro de Fisterra con vistas á praia da Riveira. Deste non podo darvos información de primeira man pero espero que a fi nais de verán xa o

teña catado. Avísovos de que falan moi ben del.

E así son as cousas, un come, valora e logo volo conta. Espero que os vosos padais gocen dalgunhas das ideas que aquí vos deixo escritas. Desfrutade destas vacacións que veñen de camiño, reposade ben as comidas e ollo co alcohol, que aínda teño moitos locais que mostrarvos.

Por El Zampón de Compostela. Autor do blog elzampondecompostela.blogspot.com adicado á crít ica gastronómica de lugares con encanto de Santiago de Compostela e arredores, e de cando en vez tamén doutros lugares máis lonxanos.

PAPANDO EN FISTERRA

Page 21: Pincha(e)Discos Número 2

Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 21 |

El poder espontáneo de las buenas ideas

HTTP://RSMCOMUNICACION.COM

RSMCOMUNICACIÓN | PUBLICIDAD | MEDIOS ONLINE

Page 22: Pincha(e)Discos Número 2

| 22 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015

É xoves e chove, para variar. Como calquera outro xoves de calquera outra semana diríxome á Moniña. Normalmente vou ata alí estudar canto. Esta vez, en cambio, a miña viaxe é moito máis especial. Ó outro lado do enorme portalón verde agárdame, para min, un dos mellores profesores de canto (o meu) que hai no noso país, disposto a que o interrogue con tódalas miñas preguntas curiosas. A confianza dá noxo e, hoxe, teño eu a tixola polo mango!

Ramón Bermejo é tamén o director do xa supercoñecido Coro da Ra de Compostela e, desde hai pouco tempo, un dos membros da directiva da asociación Músicos ao Vivo.

Ramón, cóntanos como foron os teus comezos nisto da música.Cando eu tiña quince ou dezaseis anos, aquí en Santiago non había nada. Estamos falando do ano 75, 76... daquela a única posibilidade de estudar música que había era o conservatorio clásico, que me parecía moi rancio. Eu era un fanático do rock. Tiven moitos irmáns e eles mercaban moito rock, blues ou jazz... Con dezaoito anos vía que todo o que se facía a nivel musical en España e que a min me gustaba saía de Barcelona. Alí estaban os principais festivais, as revistas de música como

Vibraciones... e as únicas escolas de música moderna daquel momento. Entón, marchei para alí.

E non estudaras nada de música ata entón?Non. Eu cantaba na casa e tal, pero o conservatorio dábame repelús. Non tiña nada que ver coa idea que eu tiña da música naquel momento en concreto. Cando cheguei a Barcelona, matriculeime no Taller de Músics. Non era un método moi académico, pero si moi musical e directo. Os profesores era músicos moi bos: alemáns, checos, chilenos... xente do mundo do jazz que andaba pululando pola península e estaba alí concentrada. Co tempo, matriculeime no conservatorio superior de Barcelona e alí estudei solfexo e harmonía. Ademais metinme nun coro porque sempre me encantou a música polifónica.

Cal foi a razón de que elixises a voz como instrumento?Sempre me gustou, pero despois tamén coincidiu que, cando sufrín o cambio da voz e de repente se me puxo moi grave, comecei a sentir que a miña voz tiña certo poder.

É que tes un vozarrón!(Ha, ha) A xente dicíamo, mais, por outro lado, tamén era unha limitación,

porque a min gustábame a música de Deep Purple, Led Zeppelin... e eu non podía cantar os temas destes tíos alí arriba! Entón non entendía nada... non sabía que había unha cousa que se chamaba tesitura, (ha, ha) era todo un pouco complicado. Como comprenderás, fun moi feliz cando coñecín a Frank Zappa, a Jim Morrison e a xente así, que cantaba cantigas que eu podía cantar tamén.

Por que tes ese amor polos grupos polifónicos? Con ese “pedazo” instrumento nunca fuches solista?Eu tiven grupos pequenos de jazz. Moitos dúos con Abe Rábade, Manolo Gutiérrez, Serafín Carballo... con moita xente. Sempre me gustou moito a dualidade de piano e voz, guitarra e voz... Pero a miña actividade profesional máis importante si se desenvolve en grupos vogais. Tiven un cuarteto en Barcelona que se chamaba Baobab. Gañamos o Festival de Jazz de Getxo no ano 88 e fomos durante bastantes anos o grupo de jazz que máis traballaba en Catalunya. Tiñamos como 80 ou 90 bólos ao ano.

E con ese exitazo, por que parastes de tocar?Por circunstancias persoais da xente. Hai momentos nos que hai que tomar unha serie de decisións que implican

“Un bo cantante ten que ter honestidade na voz”

Por Xiana LastraXiana Lastra é xornalista e vocalista de Odaiko Percussion Group e Puntada sen Fío. RAMÓN BERMEJO, director do Coro da ra

ENTRE BAMBOLINASentre bambOlinas

Page 23: Pincha(e)Discos Número 2

Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 23 |

unha maior implicación, pese á redundancia... as cousas son así. Despois desa formación montamos outro cuarteto a capella. Foi entón cando comecei a interesarme máis por ese estilo e tamén por utilizar os coros nos que eu cantara na vertente clásica para levalos ó tipo de música que me gustaba. Foi despois desta experiencia cando volvín para Galicia.

E vasme contar por que volviches?Iso cóntocho off de record (ha,ha). Volvín por un cúmulo de razóns. Cuestións persoais por unha banda e ademais era un tempo no que era complicado vivir en Barcelona. En Santiago levaba un par de anos funcionando

a escola Estudio e Suso Atanes ofrecérame traballo alí. Tamén aparecera a oportunidade de facer dobraxe. Aquí parecía que había bastante traballo, entón... volvín. Cando cheguei, incorporeime a Estudio, fundei o Coro da Ra... e ata hoxe!

Que foi o que te impulsou a crealo?Xusto antes de vir fundara o coro do Taller de músics con outro profesor de alí. Esa foi a primeira experiencia como director que tiven. Alí os cantantes, ou eran solistas ou nada! Sempre considerei moi importante que nunha

escola de música houbese un coro para que tódolos instrumentistas cantasen. É moi importante que saiban cantar e

que saiban cantar ben, que afinen e que teñan esa experiencia, porque estou convencido de que aqueles que cantan son moito mellores intérpretes.

O da Ra era algo totalmente diferente aos coros que había. Botaba iso para atrás ou o contrario? O contrario! Realmente facía falla. Eu fixen moita publicidade por tódolos pubs de Santiago con slogans tipo: Queres cantar coma os negros? (Ha, ha). Pobres! Viñan todos enganados! Pero enseguida había 40 persoas no coro.

Que é o mellor e o peor de traballar cun coro? Supoño que manexar a tanta xente xunta non é doado.Si, no da Ra somos 65. A vantaxe é que, se nun coro falta alguén, non pasa nada. Se che falta nun cuarteto... cagámola! O

“A música en vivo está pendendo dun fío, que é unha lei autonómica que produce

moitísima inseguridade”

entre bambOlinasRamón durante un ensaio do Coro da Ra. Foto: Suso Rivas

Page 24: Pincha(e)Discos Número 2

| 24 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015

coro vai soar diferente pero soa. Esa é a vantaxe. O maior inconveniente... que é complicado manter a disciplina e hai que desenvolver unha inxente cantidade de paciencia e de man esquerda.

A pregunta do millón... é certo que nas probas do coro mandas cantar o “aniversario feliz”?(Ha, ha) Durante moito tempo, efectivamente, pedía que, despois de facer outra serie de probas de memorización, rítmicas... xa para finalizar a xente cantase o ‘Aniversario feliz’ ou o ‘Susanita tiene un ratón’. Por que? Porque son dúas cantigas que non son tan doadas de cantar e porque chega o momento en que escoitando

a alguén cantar unha desas dúas pezas xa sabes se canta ou non. Entón... para que meternos en máis saraos?

Que é o que para ti é máis importante nun bo cantante?Primeiro, a honestidade. Iso inclúe que a súa voz sexa honesta. Non me gustan os cantantes que imitan, que soan a alguén. E, por outra banda, a actitude, a enerxía...

E nun bo coro?Sentido do ritmo antes de nada, a afinación... Se me dan a escoller, prefiro que soen ben rítmicamente. E despois o equilibrio entre as voces e o empaste. Canto menos se noten as voces dos

EN CURTOQue coro che gustaría dirixir?Pois o coro Monteverdi ou o Eric Ericsson de Suecia, que son clásicos e referenciais, moi potentes.

Cantante masculino.Kurt Elling, é un cantante de jazz, para min o máis completo que coñezo. E, en Galicia, Xabier Díaz.

Cantante feminina.Hai moitas que me gustan pero, por exemplo, Silvia Pérez Cruz.

Un lugar no que che gustaría actuar.Nos Jameos del Agua, en Tenerife. É un sitio impresionante metido na lava.

Un libro para informarse sobre técnica vocal.A nivel básico, Como cantar. Outra aproximación máis espiritual sería El Tao de la voz, escrito por un mestre chinés que fala da voz como vivencia.

Parte dos membros do Coro da Ra con Ramón ao frente. Foto: Suso Rivas

entre bambOlinas

Page 25: Pincha(e)Discos Número 2

Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 25 |

cantantes como individuos, mellor. Tamén valoro moito a capacidade de transmisión. Esta foi unha das cousas nas que avanzou o Coro da Ra moitísimo nestes últimos anos.

Como ves o panorama musical galego en xeral? Véxoo mal. Quero dicir, véxoo ben polo que respecta á parte creativa. Hai grupos fantásticos, cada vez a xente é máis nova e está máis preparada... pero o futuro é moi incerto. A música en vivo está pendendo dun fío, que é unha lei autonómica que produce moitísima

inseguridade. E por outra banda está o que é o día a día dos músicos a nivel traballadores... Falta que gañemos a consideración

social que merece a profesión e que a nivel laboral consigamos o que se logrou en case tódolos colectivos.

Que se está a facer desde o colectivo Músicos ao Vivo?Estase traballando desde hai seis anos neste sentido. Primeiro, en mellorar as condicións dos que fan música en vivo, en que aumenten os circuitos... pero todo isto depende da actitude institucional. O primeiro que se precisa

é unha lei que lle dea certa seguridade á actividade dos músicos e despois unha política que se deseñe a longo prazo, non como as que se fixeron ata o de agora, que son políticas cortoplacistas, nas que se gastaron moitísimos cartos e a maior parte non teñen ningún sentido. Deberíase deseñar unha política cultural que apoie o desenvolvemento da música galega desde tódolos ámbitos.

E despois desta entrevista de 40 minutos de reloxo chegamos ao final. Moitísimas grazas, Ramón, pola túa atención.Grazas a vós!

A ver! Que tal o fago? Aniversario feliiiiiiz, aniversario feliiiiiiiz... ;)

“Cando fundei o Coro da Ra fixen moita publicidade por tódolos pubs de Santiago con slogans tipo: Queres cantar coma os

negros?”

entre bambOlinas

Page 26: Pincha(e)Discos Número 2

| 26 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015

PINKA: Chegou a primaveraNesta nova colaboración para falar de viños galegos, viramos agora cara a provincia de Ourense, zona de Cenlle, pretiño de Ribadavia. De novo, ao igual que no número anterior, buscamos un viño diferente, sorprendente, ben feito, e sobre todo, que guste, para querer repetir e repetir; e, unha vez máis penso que acertaremos con esta escolla.

Pasamos do Caíño Tinto ao CAÍÑO BRANCO, elaboración 100% con esta variedade.

Merece ser destacado sobre todo o seu potencial aromático: un bouquet primaveral delicioso. Chéganme aromas de froitas brancas e de óso: pera, albaricoque, pero sobre todo fl ores, PRIMAVERA, un anaco da miña terra, porque me trae os aromas das mimosas en cada xiro de copa.

En boca é un viño fresco, moi goloso, gozoso, gustoso... e untuoso, enche a boca; a pesares de tratarse dunha variedade cargada de bastante acidez, aparece moi ben integrada, sen dúbida produto do bo traballo deste viticultor tanto en viña como en bodega.

Outro aspecto destacable, que chamará a atención de todos aqueles que teñan a sorte de probalo, é a etiqueta tan molona que viste PINKA. Jorge Pérez (o viticultor, o home para todo desta adega, un home a seguir), contábame un día a bonita historia que hai detrás da etiqueta:

O debuxo é obra do seu fi llo de 4 anos: Joel. E o nome xurdiulle a Jorge despois dunha tarde de xogos con el. Joel sempre andaba a fedellar cos xoguetes e as pinturas e a dicir “pin”, en lugar de “pintar”. A Jorge ocorréuselle xuntar “Pin” con KA de KAIÑO, e así naceu este bonito nome e esta etiqueta chula: PINKA. Prometer, promete moito e agardan máis sorpresas deste viticultor para este ano.

Neste caso como harmonía vou suxerir algo moi diferente do esperado (e tamén aconsellada un pouco por Jorge), algo moi sinxelo de facer, barato e que combina con este viño á perfección baixo a miña opinión: Un arroz á cubana. Non hai escusas para non invitar a xantar aos colegas ou á familia e beberse este fantástico viño.

Segue as historias de Lorena Costas

no seu blog Bake my Day

http://lorena-bakemyday.blogspot.com

Dúas copas de viño... con cal quedas?Crusat & Costas

Page 27: Pincha(e)Discos Número 2

Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 27 |

Explosión fl oralNova volta aos viños galegos distintos, desta vez vamos cun viño elaborado na comarca do Ribeiro, por Jorge Pérez de Bodegas Merencio, pero que se atopa fóra da DO Ribeiro. A razón é a uva coa que se elabora, xa que se trata dun viño 100% Caíño Branco; na DO soamente se admite en mestura con outras variedades.

O Caíño Branco utilízase principalmente na zona do Rosal, na mestura de uvas característica desta zona. Tamén no Ribeiro mesturada con outras castes, pero non se ten utilizado en monovarietal, sendo este viño o primer monovarietal de Caiño Branco.

Trátase dunha uva pouco produtiva, de ciclo medio-largo e maduración tardía, e sensible a enfermidades fúnxicas como o mildeu e a botrite. Os

viños teñen uns aromas moi marcados e unha acidez elevada.

Catei o viño durante tres días seguidos para ver a súa evolución no tempo, manténdose fresco e potente ate o fi nal coma se fose recén

aberto, o que indica a súa coidada elaboración e coidado na viña e respecto á uva. En total: 18 meses de elaboración antes da súa saída o mercado.

Na copa o viño preséntase limpo, cor ouro pálido e ribete amarelo claro. Xa no nariz e onde aparecen a explosión de aromas que caracteriza esta variedade, aromas a fl ores melíferas, xesta, castiñeiro, froita amarela, ameixas xaponesas, lima, e incluso un pequeno toque de albahaca. Embriagador.

Na boca e un viño cunha acidez agradable e marcada, que nos fai salivar, largo e persistente, glicérico.

Como maridaxe para este viño propoño un polbo con patacas cocidas, uns boqueróns ou por que non atreverse cun ceviche ou unha xarda marinada.

En resumo, un viño distinto que sorprende e para ben. Non se trata dun viño de supermercado pero é fácil de atopar, aínda que haberá que apurarse porque soamente se fi xeron 800 garrafas desta ledicia.

FICHA

Bodega: Bodegas MerencioVariedade Caíño branco 100%Grados: 12ºPrezo: Sobre 12 €D.O.: Fóra de D.O.Prezo medio: 12-14 €

Segue as historias de José Crusat

(@choumimx) no seu blog Del Comercio y del Bebercio

http://delcomercioydelbebercio.blogspot.com

Page 28: Pincha(e)Discos Número 2

| 28 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015

Page 29: Pincha(e)Discos Número 2

Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 29 |

POETICLUB A CARGO DE DANDYLADYCando? Xoves 9 de abril ás 22:00 horasOnde? UltramarinosCanto pagarás? 3 eurosEspectáculo de cabaret protagonizado por Iria Pinheiro e Jesús Tejada que trata sobre econo-mía. Poemas, cancións e confesións entrelá-zanse para ofrecer ao público un desvergoñado espectáculo onde a actualidade tómase con moito humor.III SANTIAGO PAIXÓN - SEMANA

SANTA GASTRONÓMICA Cando? Ata o 5 de abril Onde? Santiago de Compostela Canto pagarás? 18 euros por menú

Máis de 30 restaurantes da cidade participan neste evento gastronómico organizado por Hostelería Compostela cun menú especial de cociña conventual, de coresma ou vixilia.

EXPOSICIÓN ‘EDITA: SECUENCIA/SENTIDO’Cando? Ata o 14 de xuño Onde? CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea)Canto pagarás? Nada! É gratis!

Mostra colectiva sobre fotografía contemporánea comisariada por Miguel von Hafe Pérez.

PEDRO GUERRA NO FESTIVAL SANTIAUTOR 2015Cando? Sábado 11 de abrilOnde? Sala SónarCanto pagarás? 15 euros anticipada / 17 euros na billeteira

Ademais do cantautor canario, gracias a este festival tamén actuarán en Santiago artistas como Fredi Leis, Paco Cifuentes, Luis Ramiro, Funambulista, Marino Sáiz, Carmela, Rozalén, Adriana Moragues & Elvira Sastre e Marwan. Máis info en www.sonarcompostela.com

ESPECTÁCULO CÓMICO CON RAÚL CIMAS E JULIÁN LÓPEZ Cando? Venres 10 de abril ás 20:30 horasOnde? Auditorio ABANCACanto pagarás? 13 - 15 euros anticipada / 15 -18 billeteira

Estes dous xenios do absurdo presentan Toda la verdad sobre el oso hormiguero, un show para partirse de risa na que dan renda solta á comedia tan característica da que fixeron gala toda a súa carreira.

A E•N D APatrocinada por:

Page 30: Pincha(e)Discos Número 2

| 30 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015

FEIRA DO LIBRO NO PARQUE DA ALAMEDACando? Do 1 ao 10 de maioOnde? Parque da AlamedaCanto pagarás? Os libros que queiras comprar!Un ano máis o Paseo Central da Alameda enche-rase das casetas de diferentes editoriais, librarías e organizacións. Haberá tamén actividades comple-mentarias como visitas de autores.

PRIMEIRO ANIVERSARIO DO RESTAURANTE RESASCando? Do 20 ao 26 de abrilOnde? Algalia de Abaixo 33Canto pagarás? A consumición O restaurante compostelán festexa o seu primeiro ano de vida con pinchadiscos convidados toda a se-mana e degustacións temáticas. O sábado 25 ce-lebrarase no Cachán o Guateque Resas con Bigote Mix e Primitivo Eirís & El Póllegro Enmascarado.

II EDICIÓN DO COMPOSTELA GASTRONÓMICACando? Do 16 ao 21 de abrilOnde? Mercado de Abastos Canto pagarás? www.compostelagastronomica.esSegunda edición deste festival da cociña galega con ponencias, obradoiros para grandes e pequenos e numerosas actividades paralelas.

CONCERTO DE QUIQUEGONZÁLEZCando? Venres 1 de maio ás 21:00 horasOnde? Teatro Principal Canto pagarás? 23 euros / 21 euros (anfiteatro)O cantautor chega a Compostela coa súa exitosa xira ‘Carta Blanca’, na que o repertorio cambia en cada actuación segundo as suxestións dos asistentes.

LAPSO 2015 MUSICAL EXPERIENCE Cando? 30 de abril ás 20:00 horas Onde? Praza da QuintanaCanto pagarás? A partir de 28 euros + gastosO festival de música internacional do no-roeste peninsular celébrase por primeira vez en Santiago. Actuarán os galegos Best Boys, os portugueses The Gift e The National,que presentarán ao público o seu último álbum Trouble Will Find Me.

A E•N D APatrocinada por:

Page 31: Pincha(e)Discos Número 2

Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 31 |

NOVA EDICIÓN DE ESTREA ESTILO!Cando? Domingo 10 de maio Onde? Pazo de San LourenzoCanto pagarás? É gratis! A xornada Estrea Estilo! desenvolverase entre as 11:30 e as 20:30 horas e permitirá, ademais de coñecer as novidades de temporada, visitar libremente os xardíns e salóns dunha das localizacións máis fermosas da cidade, así como participar de balde nun atractivo programa de actividades como concertos, sorteos e degustacións.

CONCERTO DE MONO E HELEN MONEYCando? Xoves 7 de maio ás 21:00 horasOnde? Teatro PrincipalCanto pagarás? 12 euros (anticipada) / 15 euros (billeteira)Os xaponeses Mono inclúen Galicia no seu tour mundial presentando os seus dous albums. Acompáñaos a estadounidense Helen Money, armada só co seu cello.

DESPEDIDA DOS GALEGOS NIÑO Y PISTOLACando? Venres 8 de maio ás 21:30 horasOnde? Sala Capitol Canto pagarás? 10 euros (anticipada) / 13 euros (billeteira)Unha das bandas máis representativas de Galicia di adeus despois de 10 anos co seu último traballo Bye Kid que presentarán nun concerto no que tamén recordarán a súa traxectoria.

DEBUT EN SANTIAGO DE ALEXANDRE THARAUDCando? Xoves 14 de maio ás 21:00 horas. Onde? Auditorio de Galicia Canto pagarás? 12 euros O pianista parisiense Alexandre Tharaud - coñeci-do pola película Amour de Michael Haneke na que se interpreta a si mesmo - debuta na nosa cidade cun recital de composicións para piano de Mozart pouco interpretadas e singulares obras de dous autores franceses.

FESTAS DA ASCENSIÓNCando? Do 13 ao 22 de maio Onde? Santiago de CompostelaCanto pagarás? Depende das actividades ás que queiras ir! Por fin chegan as segundas festas máis importantes da cidade e as máis queridas polos composteláns. Volven os concertos, as atraccións na Alameda, a feira cabalar en Amio... e moitas máis sorpresas dentro dun programa que poderás consultar proxi-mamente en pinchaediscos.com

A E•N D APatrocinada por:

Page 32: Pincha(e)Discos Número 2

Rúa da Vilar 35Santiago de Compostela

T. 981 577 503www.cafecasino.es

Onde

De luns a domingo de 08:00 a 23:30 Horario

+ info

café casinomuseo

desde 1873...

CAFÉ DE ALTAMIRA,O SABOR DO MERCADO

Rúa das Ameas 9Santiago de Compostela

T. 981 558 592www.pazodealtamira.com

Onde + infoRúa Altamira 18Santiago de Compostela

OndeT. 981 558 542

www.pazodealtamira.com

+ info

Avda. Benito Vigo 70A Estrada

T. 986 57 12 26www.argentinosburguer.com

Onde

martes a xoves: 9:30 - 0:00venres a sábado: 9:30 - 1:30 domingo: 9:30 - 0:00

Horario

+ infoRúa de San Lázaro 54Santiago de Compostela

T. 981 586 459 www.acasadaviña.es

Onde

De luns a lunsde 12:00 a 18:00

De mércores a domingode 20:00 a peche

Horario

+ info

Praza do Matadoiro 3Santiago de Compostela

T. 619 744 969

Onde

Aberto proximamante (de luns a sábado de 08:30 a 02:30)

Horario

+ info

mansorestaurante.com

CAFÉ BAR

Senra 6- baixoSantiago de Compostela

T. 981 585 974

Onde

De luns a sábadode 07:30 a 22:30

Horario+ info

Rúa Travesa 20Rúa do Curro da Parra 7Santiago de Compostela

T. 981 556 059www.ocurrodaparra.com

Onde

Martes a sábado de 13:30 a 15:30 e de 20:30 a 23:30Domingo de 13:30 a 15:30

Horario

+ infoOnde + info

Santa Clara 13 - baixoSantiago de Compostela

OndeDe luns a sábado

de 09:00 a 00:00

Horario

C A F E - B A R

Casas Reais 25Santiago de Compostela

T. 981 556 344www.quedamosenlaflor.com

Onde

L e M: 11:30 a 16:30 - Me: 11:30 a 1:30 - X: 11:30 a 2:00V e S: 11:30 a 2:30 Domingos Pechado

Horario

+ info

| 32 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015

Directorio

Bares/Cafeterías Restaurantes Outros

D

Page 33: Pincha(e)Discos Número 2

Avenida de Figueroa 5Santiago de Compostela

T. 881 104 [email protected]

Onde + info

facebook.com/petitsbisous

T. 659 987 [email protected]

+ info

Rúa San Lázaro 104Santiago de Compostela

T. 981 566 607www.bodeguilladesanroque.com

Onde

Luns a sábado: 09:00 a 00:30Domingo pechado

Horario

+ info

Rúa da Algalia de Abaixo 33Santiago de Compostela

T. 981 589 878www.resas.es

Onde

De luns a sábadode 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 24:00

Domingosde 13:00 a 16:00

Horario

+ infoCosta de San Marcos 18-20 (Ctra. Aeropuerto)Santiago de Compostela

T. 981 557 415 - 620 296 839www.restaurantepedrasanta.com

Onde

De luns a sábadode 07:30 a 00:00 horas

Horario + info

Pedra SantaRestaurante

Rúa do Cubelo 27Santiago de Compostela

www.pandamoa.com

T. 981 552 [email protected]

Onde + info

Cardenal Payá 18Santiago de Compostela

T. 981 562 [email protected]

Onde

De luns a sábadode 09:00 a 00:00

Horario + info

CASA DE XANTAR

T. 682 410 689 - [email protected] - www.seispes.com

+ info

Praza de Abastos 56-57Santiago de Compostela

T. 981 583 550

Onde

De luns a sábadode 06:30 a 15:00

Horario + info

Area Central L. 16BSantiago de Compostela

Tenda de calzado deportivo especializada en running

T. 881 031 [email protected]

Onde

De luns a sábadode 10:00 a 21:30

Horario + info

Sempre en Galiza 1Santiago de Compostela

T. 981 592 399www.restauranteferro.com

Onde

Martes a Domingo de 10:00 a 00:00Horario

+ info

O Ferro

Rúa de San Pedro, 16Santiago de Compostela

T. 981 577 633www.dezaseis.com

Onde

De luns a sábadode 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 24:00

Horario

+ info

Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 33 |

Page 34: Pincha(e)Discos Número 2

BLK, BEBERÍAS AUGA NEGRA?

Si, existe a auga mineral negra e pódese beber sen problema

ningún. Comercialízaa unha empresa canadiense en dous

formatos: botellas de medio litro en packs de 24 ou botellas de 23 cl en packs de 24. Provén dun manancial

con millóns de anos de antigüidade. Pódese adquirir en Amazon.

TATÚA AS TÚAS FOTOS DE INSTAGRAM

A app online Picattoo transforma as túas fotos de Instagram en pequenas tatuaxes temporais cadradas. Podes escoller ata 12 das túas imaxes e, só nuns días, mándanchas a casa. O prezo? Bastante económico: 10,99 €. E ademais os tattoos duran ata unha semana.

UN CHEF A DOMICILIO

Bendita Cocina é un proxecto galego gracias ao que podes ter na túa casa a todo un xefe de cociña para non ter que preocuparte de nada máis que de gozar coa comida. Só tes que buscar na súa web www.benditacocina.com o teu chef favorito, contactar con el e elexir o menú.

TACÓNS DESMONTABLES

Que queres lucir perna? Pos o tacón. Que queres ir cómoda? Quítalo. Así de sinxelo. Unha empresa de Almansa, en Albacete, comercializa estes tacóns desmontables desde hai uns anos.

Chámase Mossto e podes comprar o seu calzado en mossto.com

| 34 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015

TEN

QU

E H

AB

ER

DE T

OD

O

Page 35: Pincha(e)Discos Número 2

Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 35 |

Page 36: Pincha(e)Discos Número 2

Victoria, unha das ‘paisanas’ da reportaxe sobre a Praza de Abastos que facemos neste número. Foto: Suso Rivas