This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Getting StartedContraste Present Simple / Present Continuous• O Present Simple expresa hábitos, mais o Present
Continuous sinala o que está a ocorrer mentres se fala. I usually eat salad, but today I’m eating lasagna. (Polo xeral como ensalada, mais hoxe estou a comer lasaña.)
• Co Present Simple adoitan empregarse as seguintes expresións temporais: every day / week / year (todos os días / semanas / anos), once / twice a year (unha / dúas veces ao ano), on + un día da semana en plural, etc. Co Present Continuous, porén, adoitan empregarse estas: now (agora), at the moment (neste momento), today (hoxe), these days (hoxe en día), etc.
Todas estas expresións poden ir ao comezo ou ao final da frase, mais adoitan poñerse ao final.
• O Present Simple tamén adoita empregarse cos seguintes adverbios de frecuencia: always (sempre), usually (polo xeral, normalmente), often (a miúdo), sometimes (algunhas veces), never (nunca), etc. Estes colócanse diante do verbo, agás no caso do verbo to be, que van detrás.
• OPresent Simple refírese ao futuro cando vai acompañado de horarios ou programas.
The train leaves at 2 o’clock. (O tren sae ás 2 en punto.)
• O Present Continuous tamén se pode empregar para anunciar plans persoais que ocorrerán no futuro próximo porque se fixaron de antemán. Neste caso, vai acompañado destas expresións temporais: soon (axiña, dentro de pouco), later (máis tarde, logo), tomorrow (mañá), tonight (esta noite), next week / month / year (a semana / o mes / o ano que vén / próximo/a), etc.
Susan is coming later. (Susan vén / virá máis tarde.)
Os verbos “estáticos”Os verbos estáticos empréganse para expresar gostos, sentimentos e desexos, actividades da mente, posesión e percepción. Refírense a estados e non a accións, polo que non se adoitan empregar co Present Continuous. Cando se empregan co Present Continuous adoitan ter un significado diferente. I think this is a nice restaurant.
(Coido / Opino que este é un restaurante agradábel.) I’m thinking about travelling around the world. (Estou pensando en / Estou formulándome viaxar
arredor do mundo.)
Contraste Past Simple / Past Continuous• O Past Simple sinala que a acción ocorreu e
rematou no tempo sinalado na frase, mentres que o Past Continuous fala de accións prolongadas que estaban a ocorrer no pasado.
He did his homework last Monday. (Fixo os deberes o luns pasado.)
He was doing his homework yesterday afternoon. (Estivo a facer os deberes onte pola tarde.)
• Co Past Simple adoita empregarse when e co Past Continuous as conxuncións while ou as.
We were listening to the news when he arrived. (Estabamos escoitando as noticias cando chegou.)
While / As we were listening to the news, he arrived. (Chegou mentres estabamos escoitando as noticias.)
• Co Past Simple e o Past Continuous adoitan empregarse as seguintes expresións temporais: as que levan ago (hai) ao final da expresión, last night / week (esta noite, a semana pasada), at + unha hora, on + un día / data, in + un ano, yesterday (onte), etc. Todas estas expresións poden ir ao comezo ou ao final da frase, mais adoitan poñerse ao final.
Artigos e cuantificadores
a / an
Con nomes contábeis en singular. Úsanse diante dun nome que non é coñecido polo falante.
un/unha a picture, an orange pero a uniform
the
Con nomes contábeis e non contábeis. Emprégase diante dun nome que é coñecido polo falante.
o, a, os/as
I have got a house. The house has got a garden.(Teño unha casa. A casa ten un xardín.)
some
Frases afirmativas: Con nomes contábeis en plural e non contábeis.Frases interrogativas: Cando a pregunta expresa unha oferta ou petición e agárdase que a resposta sexa afirmativa.
uns/unhas algúns/algunhas algo de un pouco de (ou non se traduce)
There are some trees.(Hai algunhas árbores.)We’ve got some fruit.(Temos algo de froita.)
Would you like some tea?(Queres tomar té?)
any
Frases negativas ou interrogativas: Con nomes contábeis en plural e non contábeis.
ningún/ningunha nada de (ou non se traduce)
I haven’t got any sisters.(Non teño ningunha irmá.)She hasn’t got any money.(Non ten cartos.)
algún/algunha algúns/algunhas algo de (ou non se traduce)
Are there any biscuits?(Hai algunha galleta?)Have you got any water?(Tes auga?)
A lot of children study here.(Moitos nenos estudan aquí.)I have got a lot of homework.(Teño moitos deberes.)Lots of people enjoy films.(A moita xente gústanlle as películas.)
many
Con nomes contábeis en plural.
moitos/asMany students play football.(Moitos estudantes xogan ao fútbol.)
much
Frases negativas e interrogativas:Con nomes non contábeis.
moito/a
I haven’t got much money.(Non teño moitos cartos.)Was there much smoke?(Había moito fume?)
How many ... ?¿Cantos/as... ?
Nomes contábeis en plural.
How many chairs are there?Cantas cadeiras hai?
How much ... ?¿Canto/a... ?
Nomes non contábeis.Cando vai co verbo to be serve para preguntar o prezo dunha cousa.
How much flour do you need?Canta fariña precisas?How much is it? (Canto é?)
O comparativo dos adxectivosPara comparar dúas cousas, animais ou persoas empréganse os adxectivos en grao comparativo.
• O comparativo de superioridade (máis... que / ca / do que) úsase para comparar dúas cousas, animais ou persoas cando unha supera á outra nalgún aspecto. Para formalo cómpre reparar na lonxitude do adxectivo:
1. Se ten 1 sílaba, ou 2 e remata en y, considérase curto e engádeselle a terminación -er. Detrás ponse a partícula than. The red dress is cheaper than the blue one. (O vestido vermello é máis barato que o azul.) Nos seguintes casos, o adxectivo cambia ao engadirlle -er:
- Se ten 1 sílaba e remata en 1 vogal + 1 consoante, dóbrase esa consoante: thin - thinner big - bigger
- Se ten 2 sílabas e remata en consoante + y, cámbiase o y por un i: crazy - crazier lucky - luckier
- Se remata en l, duplícase esa letra: cruel - crueller
- Se remata en e mudo, só se engade -r: nice - nicer
2. Se o adxectivo ten 2 sílabas ou máis, é longo e a comparativa fórmase con more + adxectivo + than. My trainers are more comfortable than yours. (Os meus tenis son máis cómodos que os teus.)
• O comparativo de inferioridade fórmase con less + adxectivo + than (menos... que / ca / do que).The book is less popular than the film. (O libro é menos popular que a película.)
• O comparativo de igualdade fórmase con (not) as + adxectivo + as ((non) tan / tanto... como/a).My office is not as large as hers. (O meu despacho non é tan grande coma o seu.)
O superlativo dos adxectivos• Emprégase para comparar máis de dúas cousas,
animais ou persoas e dicir que unha salienta sobre as demais. Tamén hai que ter en conta a lonxitude do adxectivo:
1. Se é curto ponse diante the e engádeselle a terminación -est segundo as mesmas regras que para formar o comparativo con -er. Paul is the strongest boy in the class. (Paul é o rapaz máis forte da clase.)
2. Se é longo, ponse diante the most. This is the most elegant shirt in the shop. (Esta é a camisa máis elegante da tenda.)
• O superlativo pode ir seguido das preposicións in, of e on.
She is the best actress of all / on TV. (É a mellor actriz de todas / da televisión.)
• Para indicar que alguén ou algo é inferior que o resto nalgún aspecto emprégase a estrutura the least + adxectivo.This is the least interesting book in the library. (Este é o libro menos interesante da biblioteca.)
Os adxectivos irregularesAo non seguiren regra ningunha, cómpre aprender as súas formas comparativa e superlativa de memoria.
O comparativo dos adverbios• Osadverbiosdemododescribenaformaenquese
realiza a acción. Con eles respóndese ás preguntas que comezan por How ... ? (Como...?).
Os máis fórmanse engadindo a terminación -ly ao adxectivo correspondente. They eat slowly. (Comen amodo.)
Se o adxectivo remata en consoante + y, cámbiase o y por un i e logo engádese -ly. It all ended happily. (Todo rematou felizmente.)
• O comparativo dos adverbios úsase para comparar dúas accións e fórmase así: more / less + adverbio + than. You listened to it more carefully than I did. (Escoitáchelo con máis atención ca min.)
• Coas + adverbio + as indícase que dúas accións se realizan do mesmo xeito. We ran as fast as you. (Corremos tan á présa coma ti.)
Os adverbios irregularesAo non seguiren regra ningunha cómpre aprender de memoria estes adverbios e mais a súa forma comparativa.
Adxectivo Adverbio Forma comparativa
fast (rápido/a)fast (rapidamente, á présa)
faster than
hard (duro/a; difícil)
hard (duro, moito)
harder than
high (alto/a) high (alto) higher thanfar (lonxano/a, afastado/a)
far (lonxe, afastado)
farther / further than
good (bo/a) well (ben) better thanbad (malo/a, mao/má) badly (mal) worse than
Unit 1O futuro con be going to
FormasI am / I’m going to runHe is not / He isn’t / He’s not going to runAre you going to run?Yes, we are. / No, she isn’t. / Yes, I am.
Significa “ir” + infinitivo.
• Afirmativa: suxeito + to be en presente + going to + verbo na forma base.
Paul is going to wait at the bus stop. (Paul vai agardar na parada de autobús.)
• Negativa: suxeito + to be en presente + not (n’t) + going to + verbo na forma base.
They aren’t going to go to the art gallery. (Non van ir á galería de arte.)
• Interrogativa: to be en presente + suxeito + going to + verbo na forma base.
Is she going to meet us at the concert hall? (Ela vai quedar connosco na sala de concertos?)
• Respostas curtas : ponse o pronome persoal suxeito + o verbo to be, sen contraer en afirmativa ou contraído en negativa.
Are you going to live in Oslo? Yes, I am. / No, I’m not. (Vas vivir en Oslo? Vou. Si. / Non.)
Os usos do futuro con be going toFalar de intencións, plans ou decisións
I’m going to paint the house.(Vou pintar a casa.)
Expresar o que vai ocorrer pois hai sinais diso
She’s going to have a baby.(Vai ter un bebé.)
O futuro con willFormas
I will / I’ll listenHe will not / won’t listenWill you listen ... ?Yes, we will. / No, she won’t.
• Afirmativa: suxeito + o auxiliar will + verbo na forma base. É o mesmo en todas as persoas. Na conversa, will contrae co suxeito (’ll)
I will work in an office. (Traballarei nunha oficina.)
• Negativa: suxeito + will + a partícula not (ou a contracción won’t) + verbo na forma base.
You won’t need your car. (Non precisarás o coche.)
• Interrogativa: Will + suxeito + verbo na forma base. Will she come with us? (Virá connosco?)
• Respostas curtas: ponse o pronome persoal suxeito + will ou won’t.
Will you live in a city? Yes, I will. / No, I won’t. (Vivirás nunha cidade? Vivirei. Si. / Non.)
Os usos do futuro con willAnunciar accións ou feitos futuros
Kim will come to our concert.(Kim virá ao noso concerto.)
Predicir o que se cre que ocorrerá
I think it will snow tonight.(Coido que nevará esta noite.)
Expresar decisións súpetas
I’m tired. I’ll take a taxi.(Estou cansa. Collerei un taxi.)
•Co will e be going to adóitanse empregar as seguintes expresións temporais: later (máis tarde, logo), soon (pronto, axiña, nun pouco), in an hour (nunha hora), next year (o ano que vén), in the future (no futuro), etc. Todas poden ir ao comezo ou ao final da frase, pero adóitanse pór ao final.
In the future, more people will live in the city. (No futuro, máis xente vivirá na cidade.)
O Present Simple con valor de futuroO Present Simple pode empregarse como tempo futuro cando vai seguido de horarios ou programas.
The Star Wars film starts at 6 o’clock. (A película de Star Wars comeza ás 6 en punto.)
O Present Continuous con valor de futuro• O Present Continuous expresa o que está a ocorrer
no presente, mais tamén se emprega para anunciar plans persoais que ocorrerán no futuro próximo porque se fixaron de antemán.
I am cooking for my friends tomorrow. (Mañá cociño / cociñarei para os meus amigos.)
• Distínguese de be going to en que expresa algo seguro, non unha intención, e do Present Continuous normal nas expresións temporais, que se refiren ao futuro e non ao presente.
I am working next weekend. (Traballo / Traballarei a fin de semana que vén.)
O Future ContinuousAfirmativa Forma contraídaI will be eating I’ll be eatingYou will be eating You’ll be eatingHe will be eating He’ll be eatingShe will be eating She’ll be eatingIt will be eating It’ll be eatingWe will be eating We’ll be eatingYou will be eating You’ll be eatingThey will be eating They’ll be eatingNegativa Forma contraídaI will not be eating I won’t be eatingYou will not be eating You won’t be eatingHe will not be eating He won’t be eatingShe will not be eating She won’t be eatingIt will not be eating It won’t be eatingWe will not be eating We won’t be eatingYou will not be eating You won’t be eatingThey will not be eating They won’t be eating
InterrogativaRespostas curtasAfirmativa Negativa
Will I be eating ... ? Yes, I will. No, I won’t.Will you be eating ... ? Yes, you will. No, you won’t.Will he be eating ... ? Yes, he will. No, he won’t.Will she be eating ... ? Yes, she will. No, she won’t.Will it be eating ... ? Yes, it will. No, it won’t.Will we be eating ... ? Yes, we will. No, we won’t.Will you be eating ... ? Yes, you will. No, you won’t.Will they be eating ... ? Yes, they will. No, they won’t.
Emprégase para sinalar o que estará ocorrendo nun momento determinado do futuro.
• Afirmativa: suxeito + will be + verbo principal rematado en -ing. She will be working at home on Friday. (Estará traballando na casa o venres.)
• Negativa: suxeito + will not be ou won’t be + verbo principal rematado en -ing. Paul won’t be playing in tomorrow’s game. (Paul non xogará no partido de mañá.)
• Interrogativa: Will + suxeito + be + verbo principal rematado en -ing. Will they be giving a concert in Paris next month? (Darán un concerto en París o mes que vén?)
•Respostas curtas: pronome persoal suxeito + will ou won’t. Will Pam be attending the conference next week? Yes, she will. / No, she won’t. (Asistirá Pam á conferencia a vindeira semana? Asistirá. Si. / Non.)
•OFuture Continuous ás veces se emprega para interesarse polos plans de alguén, especialmente se se quere acadar algo
Will you be going shopping this afternoon? (Irás de compras esta tarde?)
• Co Future Continuous adoitan empregarse as seguintes expresións temporais: (at) this time tomorrow (mañá a esta/s hora/s), (at) this time next ... (o / a... que vén a esta/s hora/s), on + un día da semana, in the next decade (na vindeira década), etc.
At this time tomorrow, we will be lying on the beach. (Mañá a estas horas, estaremos deitados na praia.)
Unit 2As oracións de relativoSon oracións subordinadas que achegan información engadida sobre o antecedente que se amenta na oración principal e van introducidas polos pronomes relativos who, which, where, when, whose e that.As oracións de relativo especificativas
Achegan información esencial para identificar o antecedente. Os pronomes relativos poden ser suxeito ou complemento da oración subordinada. Se funcionan como complemento poden omitirse os pronomes who, which, when e that.• Who: emprégase cando o antecedente é unha persoa.
Pódese substituír por that.He is the actor who / that plays the role of Henry VIII. (É o actor que interpreta o papel de Henrique VIII.)She’s the girl (who / that) I invited to the party. (Ela é a rapaza que convidei á festa.)
Na linguaxe formal, ás veces emprégase whom no canto de who cando funciona como complemento da oración de relativo.That’s the boy whom I met yesterday. (Ese é o rapaz que coñecín onte.)
• Which: emprégase para se referir a cousas ou animais. Pode substituírse por that.This is the book which / that is so expensive. (Este é o libro que é tan caro.)I didn’t like the film (which / that) she recommended. (Non me gustou a película que recomendou.)
• Where: emprégase cando o antecedente é un lugar.Windsor Castle is the place where the Royal Family spend the summer. (O Castelo de Windsor é o lugaronde a familia real pasa o verán.)
• When: emprégase cando o antecedente é unha cláusula temporal. Adoita substituírse por that cando vai despois de day, week ou year.It was the year (when / that) she married the king. (Foi o ano en que casou co rei.)
• Whose: emprégase cando o antecedente é unha persoa. Expresa posesión.She was the queen whose husband was assassinated. (Ela foi a raíña cuxo marido foi asasinado.)
As oracións de relativo explicativas
As oracións de relativo explicativas engaden información que non é precisa para identificar o antecedente. Van separadas con vírgulas e fórmanse con who, which, where, when e whose, que non se poden omitir nin substituír por that.
Paul, who you met yesterday, is in hospital. (Paul, a quen coñeciches onte, está no hospital.)
Os compostos de some / any / noEmpréganse polo xeral nas oracións de relativo. Lembra que, se fan de suxeito na frase, levan o verbo en singular.
• Apartirdesome fórmanse someone (alguén), somewhere (algures) e something (algo), que se empregan en oracións afirmativas e naquelas oracións interrogativas para as que se agarda unha resposta afirmativa (peticións, ofrecementos, etc.). Someone has knocked at the door. (Alguén petou na porta.)We can go somewhere on holiday. (Podemos ir a algures de vacacións.)She has got something important to tell her friends. (Ten algo importante que dicir aos seus amigos.)Do you want to eat something? (Queres comer algo?)
• Apartirdeany fórmanse anyone, anywhere e anything, que se empregan xeralmente con oracións negativas e interrogativas. A súa tradución varía segundo o caso: en frases negativas significan “ninguén, ningures, nada”, mentres que en oracións interrogativas significan “alguén, algures, algo”. Do you know anyone who watches Game of Thrones? (Coñeces a alguén que vexa Xogo de tronos?)I didn’t go anywhere last weekend. (Non fun a ningures a pasada fin de semana.)The actors won’t say anything about the next season. (Os actores non contarán nada sobre a vindeira tempada.)
Estes compostos tamén se poden empregar en oracións afirmativas nas que any se traduza como “calquera”.
The princess could be anywhere. (A princesa podería estar en calquera sitio.)
• Apartirdeno fórmanse no one (ninguén), nowhere (ningures, ningún sitio) e nothing (nada, ningunha cousa). Os compostos de no equivalen a not any e só se empregan en afirmativa, pois xa teñen un significado negativo de seu.
No one knows how the story will end. (Ninguén sabe como rematará a historia.)They found nowhere to stay. (Non atoparon ningún sitio para ficar.)There is nothing to worry about. (Non hai nada de que se preocupar.)
Unit 3O Present Perfect Simple
FormasI have / I’ve talkedHe has not / hasn’t talkedHave you talked ... ?Yes, we have. / No, she hasn’t.
• Afirmativa: suxeito + has / have + un verbo en participio. O participio fórmase engadindo -ed aos verbos regulares e é o mesmo en todas as persoas. Os verbos irregulares non seguen regra ningunha e por iso cómpre aprendelos de memoria. Podes consultar a listaxe das páxinas 26-27.
We have painted our bedroom. (Pintamos o noso cuarto)
• Negativa: suxeito + has / have + a partícula not ou a contracción n’t + un verbo en participio.
Bill hasn’t been to Paris. (Bill non estivo en París.)
• Interrogativa: Has / Have + suxeito + un verbo en participio
Have you won any medals? (Gañaches algunha medalla?)
• Respostas curtas: ponse o pronome persoal suxeito + has / have sen contraer en afirmativa ou contraído coa partícula not en negativa.
Have you moved house? Yes, we have. / No, we haven’t. (Mudástesvos de casa? Mudámonos. Si. / Non.)
• CoPresent Perfect Simple adoitan empregarse as seguintes expresións temporais e adverbios:
ever
interrogativa: “algunha vez”
Have you ever travelled abroad? (Algunha vez viaxaches ao estranxeiro?)
negativa: “nunca”, “xamais”
I haven’t ever watched that film. (Nunca vin esa película.)
never afirmativa: “nunca”
She has never called me. (Nunca me chamou.)
always “sempre” You’ve always been her friend. (Sempre fuches a súa amiga.)
already afirmativa: “xa”
We’ve already finished the exam. (Xa rematamos o exame.)
just afirmativa: “acabar / vir de”
They have just arrived here. (Acaban de chegar aquí.)
yetnegativa: “aínda” He hasn’t found his glasses yet.
(Non atopou as súas lentes aínda.)
interrogativa: “xa” Have you bought any fruit yet? (Compraches froita xa?)
My brother has lived in Manchester for five years. (Meu irmán viviu en Manchester cinco anos.)
since “desde / dende”I haven’t heard from him since 2002. (Non sei nada el dende 2002.)
recently “hai pouco” Has Lisa talked to you recently? (Lisa xa falou contigo hai pouco?)
lately “ultimamente”Jim hasn’t been to the gym lately. (Jim non foi ao ximnasio ultimamente.)
several times “varias veces”
They have worked for us several times. (Traballaron para nós varias veces.)
so far “até o momento”
I have read two of the three Millennium books so far. (Lin dous dos tres libros de Millennium até o momento.)
over the years
“co tempo”, “ao longo dos anos”
Many children have read that book over the years. (Moitos nenos leron ese libro ao longo dos anos.)
• Cómpre ter en conta que just, already, always, ever e never se poñen entre o auxiliar have e o participio do verbo principal. Yet colócase ao final da frase, for vai seguida dun período de tempo pois indica a duración da acción, e since vai diante do momento en que comezou a mesma. O resto poden ir ao comezo ou ao final da frase, mais adoitan poñerse ao final.
Os usos do Present Perfect SimpleAccións que comezaron no pasado e aínda continúan (leva for ou since e tradúcese en presente)
She has worked here since 1999.(Ela traballa aquí dende 1999.)
Accións pasadas que afectan ao presente ou teñen consecuencias no momento actual
I have already finished. I’m bored now. (Xa rematei. Agora estou aborrecida.)
Accións pasadas sen especificar cando ocorreron
They have enjoyed their holiday. (Pasárono ben nas vacacións.)
Accións moi recentes (leva just e tradúcese por “acabar / vir de” + inf.)
The train has just left the station. (O tren acaba de saír da estación.)
Contraste Present Perfect Simple / Past SimpleO Present Perfect Simple sinala que o ocorrido no pasado garda relación co presente e non di cando sucedeu. En troques, o Past Simple fala de accións pasadas que xa non afectan ao momento actual e sinala cando ocorreron. He has written many stories. (Escribiu moitas
historias.)
He bought some fruit yesterday. (Mercou froita onte.)
O Past Perfect SimpleFormas
I had / I’d walkedHe had not / hadn’t walkedHad you walked ... ?Yes, we had. / No, she hadn’t.
Emprégase para sinalar que unha acción ocorreu antes ca outra no pasado. Esta última vai en Past Simple.
• Afirmativa: suxeito + had + un verbo en participio.The experts had solved the mystery of the ship. (Os expertos resolveran o misterio do barco.)
• Negativa: suxeito + had + a partícula not ou a contracción n’t + un verbo en participio. We hadn’t heard any strange noises in the house. (Non oiramos ruídos estraños na casa.)
• Interrogativa: Had + suxeito + un verbo en participio. Had they come up with something similar before? (Propuxeran algo semellante antes?)
• Respostas curtas: ponse o pronome persoal suxeito + had ou hadn’t. Had she been to Loch Ness? Yes, she had. / No, she hadn’t. (Fora ao Lago Ness? Fora. Si. / Non.)
• CoPast Perfect Simple adoitan empregarse as seguintes expresións temporais e adverbios:
before “antes”I had cleaned the car before I went to the party. (Limpara o coche antes de ir á festa.)
after “despois”
He ate some ice cream after he had finished lunch. (Comeu xeado despois de rematar o almorzo.)
as soon as
“tan pronto / axiña como”
As soon as I had got up, I went to buy the newspaper. (Tan pronto como me erguín, fun mercar o xornal.)
by the time “(para) cando”
By the time he was five, he had read many books. (Cando tiña cinco anos, xa lera moitos libros.)
until “até que”
Until I went to Italy, I hadn’t eaten real Italian food. (Até que fun a Italia, nunca comera comida italiana de verdade.)
when “cando”Ian had finished his homework when I arrived. (Ian rematara os seus deberes cando cheguei.)
already afirmativa: “xa”
I had already seen Jim when he said hello to us. (Xa vira a Jim cando nos saudou.)
yet
negativa: “aínda”It was 3 am and the pub hadn’t closed yet. (Eran as tres da mañá e o pub non pechara aínda.)
interrogativa: “xa”
When you arrived at the station, had the train left yet? (Cando chegaches á estación, xa marchara o tren?)
Contraste Past Perfect Simple / Past Simple• OPast Perfect Simple adoita ir en oracións
acompañado doutro verbo que vai en Past Simple. O Past Perfect Simple indica sinala que a acción ocorreu antes que a outra que está en Past Simple.By the time he arrived at the cinema, the film had already started. (Cando chegou ao cinema, a película xa comezara.)
• Paraexplicaromotivopoloqueocorreualgonopasado, ponse o verbo principal da frase en Past Simple e a oración subordinada introducida por because en Past Perfect Simple.We were nervous because we had seen unusual shadows. (Estabamos nerviosos pois viramos unhas sombras estrañas.)
used toUsed to expresa feitos ou estados que eran habituais noutro tempo e logo deixaron de selo. Só ten forma de pasado e vai seguido doutro verbo na forma base. Tradúcese como o pretérito imperfecto do verbo “adoitar” ou do verbo que o segue
• Afirmativa: suxeito + used to + un verbo na forma base. We used to go to the swimming pool every day. (Adoitabamos ir / Iamos á piscina todos os días.)
• Negativa: suxeito + did not / didn’t + use to (sen “d”) + un verbo na forma base. He didn’t use to buy vegetables at the supermarket. (Non adoitaba mercar / mercaba verduras no supermercado.)
• Interrogativa: Did + suxeito + use to (sen “d”) + un verbo na forma base. Did you use to play tennis on Sundays? (Adoitabas xogar / Xogabas ao tenis os domingos?)
• Respostas curtas: ponse o pronome persoal suxeito + did ou didn’t. Did she use to travel abroad? Yes, she did. / No, she didn’t. (Adoitaba viaxar / Viaxaba ao estranxeiro? Viaxaba. Si. / Non.
Unit 4O condicional ceroEmprégase para expresar situacións xerais que se repiten sempre que se dá unha determinada condición.
• Afirmativa: a condición (oración subordinada) exprésase con if + Present Simple, e o resultado (oración principal) tamén con Present Simple. Se a condición vai primeiro, ponse unha vírgula entre a oración principal e a subordinada. Pódese empregar when no canto de if sen que o significado da frase varíe.
If you heat ice, it melts. (Se quentas xeo, derrétese.)
He takes the bus when he goes to the centre of town. (Colle o autobús cando vai ao centro da cidade.)
• Negativa: pódese negar a condición, o resultado ou ambos os dous. If I don’t sleep, I feel irritable. (Se non durmo, síntome irritábel.) If I sleep, I don’t feel irritable. (Se durmo, non me sinto irritábel.) If I don’t sleep, I don’t feel well. (Se non durmo, non me sinto ben.)
• Interrogativa: Do / Does + suxeito + predicado da oración principal + oración subordinada. Do you go to the market if you need fruit? (Vas ao mercado se precisas froita?)
• Respostas curtas: ponse o pronome persoal suxeito + do / does ou don’t / doesn’t. Does she save money when she shops at the market? Yes, she does. / No, she doesn’t. (Aforra cartos cando merca no mercado? Aforra. Si. / Non.)
Para expresar que algunha cousa ocorre ou non ocorre se non se cumpre a condición, a subordinada introdúcese pola conxunción unless, que equivale a if not (“a non ser que”, “a menos que”, “se non”). Esta conxunción emprégase con moita asiduidade no condicional cero e o primeiro condicional, pero é menos frecuente no segundo e xamais se emprega no terceiro.
Unless I get up early, I don’t arrive at work on time. If I don’t get up early, I don’t arrive at work on time. (A non ser que me erga cedo / Se non me ergo
cedo, non chego ao traballo á hora.)
O primeiro condicionalEmprégase para falar de accións que ocorrerán se se cumpre a condición sinalada.
• Afirmativa: a condición exprésase con if + Present Simple, e o resultado adoita ir en futuro con will. If he doesn’t find a job here, he will move to London. (Se non atopa traballo aquí, mudarase a Londres.)He will move to London if he doesn’t find a job here. (Mudarase a Londres se non atopa traballo aquí.)
• Negativa: pódese negar o verbo en presente, o verbo en futuro ou ambos os dous.If you don’t come, I will be sad. (Se non vés, estarei triste.)If you come, I won’t be sad. (Se vés, non estarei triste.)If you don’t come, I won’t be sad. (Se non vés, non estarei triste.)
• Interrogativa: Will + suxeito + predicado da oración principal + oración subordinada.Will she go to the concert if she leaves work early? (Irá ao concerto se sae axiña do traballo?)
• Respostas curtas: ponse o pronome persoal suxeito + will ou won’t. Will your parents let you go out if you do your homework? Yes, they will. / No, they won’t. (Teus pais deixarán que saias se fas os deberes? Deixaranme. Si. / Non.)
O segundo condicionalEmprégase para falar de accións hipotéticas referidas ao presente, é dicir, que é pouco probábel que ocorran, e tamén para dar consellos.
• Afirmativa: a condición exprésase con if + Past Simple, e o resultado con would (ou a contracción ’d) + o verbo na forma base.If there were more policemen, people would feel safe. (Se houbese máis policías, a xente sentiríase segura.)
No canto de would, podemos empregar o verbo modal could no resultado, mais este sinala que a probabilidade de que se cumpra a hipótese é aínda menor. Equivale ao verbo “poder” en condicional ou ás expresións “talvez” ou “quizais” + condicional.If I had money, I could buy a new car. (Se eu tivese cartos, talvez mercaría un coche novo.)
Se o verbo da condición é to be, adóitase empregar were en todas as persoas do singular e do plural. If he were home, he’d open the door. (Se el estivese na casa, abriría a porta.)
Para dar consellos emprégase a fórmula If I were.If I were you, I’d go to the new market. (Eu de ti, iría ao mercado novo.)
• Negativa: pódese negar a condición, o resultado ou ambos os dous.If I didn’t have a car, it would be difficult to get to work. (Se eu non tivese un coche, sería difícil chegar ao traballo.)If I had a car, it wouldn’t be difficult to get to work. (Se eu tivese un coche, non sería difícil chegar ao traballo.)If I didn’t have a car, it wouldn’t be easy to get to work. (Se eu non tivese un coche, non sería doado chegar ao traballo.)
• Interrogativa: Would + suxeito + predicado da oración principal + oración subordinada.Would you buy a house in the city if you had enough money? (Mercarías unha casa na cidade se tiveses cartos de abondo?)
• Respostas curtas: ponse o pronome persoal suxeito + would ou wouldn’t.Would you do volunteer work if you had free time? Yes, I would. / No, I wouldn’t. (Traballarías como voluntario se tiveses tempo libre? Traballaría. Si. / Non.)
O terceiro condicionalEmprégase para falar de condicións enteiramente imposíbeis, pois refírense ao pasado e xa non poden realizarse.
• Afirmativa: a condición expresase con if + Past Perfect Simple, e o resultado con would have + participio.
If Phil had finished the project, he would have gone on holiday. (Se Phil rematase o proxecto, marcharía de vacacións.)
• Negativa: pódese negar a condición, o resultado ou ambos os dous.If I hadn’t won the lottery, I would have accepted that job. (Se non me tocase a lotaría, aceptaría ese emprego.)If I had won the lottery, I wouldn’t have accepted that job. (Se me tocase a lotaría, non aceptaría ese emprego.)If I hadn’t won the lottery, I wouldn’t have accepted that job. (Se non me tocase a lotaría, non aceptaría ese emprego.)
• Interrogativa: Would + suxeito + have + participio + predicado da oración principal + oración subordinada.Would Sarah have helped people at the community centre if she had lived nearer? (Sarah axudaría á xente do centro cívico se vivise máis preto?)
• Respostas curtas: ponse o pronome persoal suxeito + would ou wouldn’t.Would you have arrived at school on time if someone had driven you? Yes, I would have. / No, I wouldn’t have. (Chegarías ao colexio a tempo se alguén te levase en coche? Chegaría. Si. / Non.)
As oracións temporaisAs referidas ao futuro fórmanse como as oracións do primeiro condicional: Present Simple na subordinada e Future Simple na principal. As que fan referencia a feitos xerais fórmanse como o condicional cero: co verbo en Present Simple na subordinada como na principal. O que muda son as conxuncións: no canto de if ou unless, empréganse by the time ((para) cando), when (cando), as soon as (tan pronto como, en canto), after (despois de (que)), the moment (that) (en canto), before (antes de (que)), once (unha vez que, en canto), etc. As soon as I get home, I will call you.
(En canto chegue á casa, chamareite.) After I brush my teeth, I go to bed.
(Despois de lavar os dentes, vou para a cama.)
Unit 5A voz pasiva en presente, pasado e futuro
Presente am / is / are+ o participio do verbo
principalPasado was / wereFuturo will be
• Afirmativa: suxeito + to be como auxiliar no tempo correspondente + o participio do verbo principal.That shirt is sold online. (Esta camisa véndese en internet.)Several people were interviewed for the job. (Varias persoas foron entrevistadas para o traballo.)
The book will be delivered tomorrow. (O libro entregarase mañá.)
Se se quere amentar que ou quen realiza ou realizou a acción, ponse ao final da frase precedido de by.This bridge was built by the Romans. (Esta ponte foi construída polos romanos.)
En inglés emprégase moito a pasiva, pero adóitase traducir o verbo na forma impersoal ou na voz activa.This tower is used as a museum. (Empregan / Emprégase esta torre como museo.)
• Negativa: suxeito + to be como auxiliar no tempo correspondente + not ou n’t + o participio do verbo principal.The advert wasn’t placed in the newspaper. (O anuncio non se puxo no xornal.)
• Interrogativa: en presente e pasado, to be como auxiliar no tempo correspondente + suxeito + o participio do verbo principal; en futuro, will + suxeito + be + participio do verbo principal. Nas respostas curtas ponse o pronome persoal suxeito + to be como auxiliar en presente ou pasado, ou will / won’t en futuro.Will these clothes be shown in the shop display? Yes, they will. / No, they won’t. (Esta roupa vai poñerse no escaparate? Vai. Si. / Non.)
En preguntas con partícula interrogativa tamén se inverte a orde de to be agás se a partícula fai de suxeito pois nese caso non cambia a orde.Where are these products advertised? (Onde se anuncian estes produtos?)What is said in this article? (Que se di neste artigo?)
Cando o verbo principal da oración rexe unha preposición, esta ponse sempre ao final da pregunta. What is Picasso known for? (Por que é coñecido Picasso?)
Os usos da voz pasivaSalientar a acción e non o suxeito que a realiza
This picture was taken in Italy.(Esta foto tirouse en Italia.)
Cando o suxeito que realiza a acción é obvio, descoñecido ou non que se quere nomear
New museums are opened every year.(Ábrense novos museos cada ano.)
Como pasar unha frase activa a pasivaPonse to be no mesmo tempo que tiña o verbo principal en activa, e este verbo en participio.Activa: Someone sold the bicycle yesterday.(Alguén vendeu a bicicleta onte.)Pasiva: The bicycle was sold yesterday.(A bicicleta foi vendida onte.)
Ponse como suxeito o primeiro complemento que haxa detrás do verbo na voz activa, xa sexa o directo ou o indirecto.Activa: They used music in the advert. (Usaron música no anuncio.)Pasiva: Music was used in the advert.(Usouse música no anuncio.)Se o complemento é un pronome persoal, cámbiase pola súa correspondente forma de suxeito.Activa: Paul gave me a mobile phone. (Paul deume un teléfono móbil.)Pasiva: I was given a mobile phone. (Déuseme un teléfono móbil.)
Pásase o suxeito da oración activa ao final da pasiva precedido de by.Activa: Alice will exchange the sweater.(Alice cambiará o xersei.)Pasiva: The sweater will be exchanged by Alice.(O xersei será cambiado por Alice.)Se o suxeito é un pronome persoal, cámbiase polo pronome obxecto correspondente.Activa: He ordered a book from the online shop.(Encargou un libro dunha tenda de internet.) Pasiva: A book was ordered from the online shop by him.(Encargouse un libro dunha tenda de internet.)
• Asexpresións temporais que se empregan na voz pasiva son as mesmas que na activa. Polo tanto, se o verbo está en presente: every day / week / year, once / twice a year, on + un día da semana en plural, ou adverbios como usually, sometimes, etc. Se o verbo está en pasado: last night / week, at + unha hora, on + un día / data, in + un ano, in the past, yesterday, etc. Se o verbo está en futuro: tomorrow, next week / month / year, later, etc.
Unit 6O estilo indirectoEmprégase para contarmos o que alguén dixo sen repetir xustamente as súas palabras.
Reported statements• Empréganse os verbos say ou tell e a conxunción
that, quítanse as comiñas e cámbianse o pronome suxeito e a persoa do verbo.
• O verbo que introduce a subordinada en estilo indirecto adoita ir en pasado (said / told), polo que o verbo da subordinada introducida por that dá un salto atrás no tempo.
Estilo directo Estilo indirectoPresent Simple Past Simple
“I always recycle paper,” Beth said.Beth said that she always recycled paper. (Beth dixo que sempre reciclaba o papel.)
Present Continuous Past Continuous“She is dumping litter on the street,” Paul said.Paul said that she was dumping litter on the street. (Paul dixo que ela estaba tirando lixo na rúa.)
Past Simple Past Perfect Simple“We talked about wildlife,” Tom said.Tom said that they had talked about wildlife. (Tom dixo que falaran sobre a flora e fauna.)
Present Perfect Simple Past Perfect Simple“I have collected 2,000 cans,” the boy said.The boy said that he had collected 2,000 cans. (O rapaz dixo que tiña recollido 2 000 latas.)
will would“I will separate my waste,” Jane said.Jane said that she would separate her waste. (Jane dixo que separaría o seu lixo.)
can could“You can buy green products,” the teacher said.The teacher said that we could buy green products. (A profesora dixo que podiamos mercar produtos ecolóxicos.)
must had to“We must protect the environment,” Dad said.Dad said that we had to protect the environment. (Papá dixo que tiñamos que protexer o medio natural.)
• Cando a frase enuncia unha verdade xeral non hai cambio nos tempos verbais:
“People don’t take enough care of the environment,” she said. She said that people don’t take enough care of the environment. (Dixo que a xente non coida o medio natural o suficiente.)
• O cambio de estilo directo a indirecto tamén afecta ás expresións de tempo e de lugar, aos demostrativos e aos posesivos:
Estilo directo Estilo indirectonow thentoday, tonight that day, that nighttomorrow the next / following dayyesterday the previous day, the day beforelast night the previous night, the night beforenext week / year the following week / year
last week / year the week / year before, the previous week / year
a month ago a month before, the previous monthhere therethis, these that, thosemy his / her, etc.
Reported questionsHai dous tipos de preguntas en inglés:
• As Yes / No questions son as que se poden contestar cun “si” ou un “non”. Para pasalas a estilo indirecto emprégase o verbo ask en pasado seguido de if ou whether e, a seguir, o suxeito e o verbo. Como a pregunta deixa de selo e se converte nunha afirmativa, non hai inversión suxeito-verbo nin sinal de interrogación, e tampouco comiñas.
“Do you recycle?” she asked. She asked if / whether we recycled. (Preguntounos se reciclabamos.)
• As Wh- questions non se poden contestar cun “si” ou un “non” (what, who, where, when, why, whose, etc.). Ao pasalas ao estilo indirecto ponse ask en pasado seguido da devandita partícula (no canto de if ou whether). Logo van o suxeito e o verbo, e prescíndese do sinal de interrogación e das comiñas.
“What are you doing to save water?” Jon asked. Jon asked what I was doing to save water. (Jon preguntou que estaba facendo para aforrar auga.)
As preguntas en estilo indirecto poden expresar algo do que non se está certo ou que non se sabe.
She wanted to know / wondered why people still used disposable products. (Quería saber / Preguntábase por que a xente aínda empregaba produtos desbotábeis.)
Reported orders / requests / offersPara pasar unha orde a estilo indirecto ponse o verbo tell en pasado seguido do complemento indirecto e, a seguir, o verbo que estaba en imperativo cámbiase por un infinitivo con to. Con esta mesma estrutura pode empregarse ask para expresar peticións. Para pasar un ofrecemento a estilo indirecto ponse o verbo offer en pasado e, a seguir, o verbo en infinitivo con to.Ao pedir algo polo xeral dise please en estilo directo, mais adóitase omitir en estilo indirecto ao se considerar que está implícito no verbo ask. “Be careful!” he said.
He told me to be careful. (Díxome que tivese coidado.)
“Please take the cans to the recycling bin,” she said. She asked me to take the cans to the recycling bin. (Pediume que levase as latas ao colector de reciclaxe.)
“I’ll help you with your recycling project,” she said. She offered to help me with my recycling project. (Ofreceuse a axudarme co proxecto sobre reciclaxe.)
Cando se trata dunha oración negativa, ponse not diante de to. “Please don’t throw rubbish on the ground,” he said. He asked me not to throw rubbish on the ground.
(Pediume que non tirase lixo ao chan.)
Reported suggestionsPara pasar unha suxestión a estilo indirecto ponse o verbo suggest ou recommend en pasado e, a seguir, dicimos o que se suxeriu. Tamén se poden empregar advise para dar consello e invite para facer unha invitación. As suxestións poden pasarse ao estilo indirecto de dúas maneiras.
• Empregando unha oración de complemento directo introducida por that, co seu suxeito e o verbo na forma base.
“You should use energy-saving light bulbs,” he said. He suggested that I use energy-saving light bulbs. (Suxeriu que empregase lámpadas de baixo consumo.)
• Empregando o xerundio, sen especificar suxeito ningún.
“Let’s buy green products,” she said. She suggested buying green products. (Ela suxeriu mercar produtos ecolóxicos.)
Reporting verbs• Os verbos máis empregados para pasar unha frase
a estilo indirecto son say e tell, que introducen unha oración subordinada precedida da conxunción that (esta adoita omitirse no inglés falado). O verbo tell vai sempre seguido dun complemento indirecto sen to. O verbo say pode levar ou non levar complemento indirecto, mais se o leva, debe ir precedido de to. tell + compl. indirecto (+ that) say (+ to + compl. indirecto) (+ that)
“I turned off the tap,” he said. He told me / said (to me) (that) he had turned off the tap. (Díxome que pechara a billa.)
• Osverbossay e tell dise que son neutros porque non reflicten o ton ou a intención da frase. Se o falante quere transmitir algunha intención ou usar algún ton, poden empregarse outros moitos reporting verbs: - Afirmacións: explain, announce, add, admit,
demand - Súplicas: ask, beg - Ofrecementos: offer - Suxestións: suggest, advise, recommend, invite “I arrived late,” he said.
He admitted that he had arrived late. (Admitiu que chegara tarde.)
“Stop shouting!” she said. She ordered me to stop shouting. (Ordenoume que cesase de berrar.)
“Please forgive me,” he said. He begged me to forgive him. (Rogoume que non o perdoase.)
• As afirmacións en estilo indirecto poden servir para amosar o que a xente pensa ou sabe, de xeito que ás veces se poden substituír os reporting verbs por verbos como think, know ou realise.
“I lost my keys,” she said. She realised that she had lost her keys. (Decatouse que perdera as chaves.)
Unit 7may / might
Formas UsosI may come. I might come.
posibilidadeHe may not come. He might not come.May I go now?
permisoYes, you may. / No, you may not.You may go now.You may not go tonight.
May (poida que, talvez) e might (puidese / podería ser que) expresan posibilidade en afirmativa e negativa, aínda que con might a posibilidade é máis remota. May tamén se emprega para dar, pedir ou negar permiso, ou para facer peticións máis educadas.
• Afirmativa: suxeito + may / might + verbo na forma base. I may / might be late. (Poida que chegue / Podería ser que chegase tarde.) [posibilidade] You may use my phone. (Podes usar o meu teléfono.) [permiso]
• Negativa: suxeito + may / might not + verbo na forma base. They may / might not come today. (Pode / Podería ser que non veñan hoxe.) [posibilidade]You may not open the door now. (Non podedes abrir a porta agora.) [permiso]
• Interrogativa: May + suxeito + verbo na forma base. En interrogativa adoita empregarse may e ten o significado de permiso ou petición, non o de posibilidade. May I use your bike? (Podo usar a túa bici?)
• Respostas curtas: ponse o pronome persoal suxeito + may ou may not. May I go with you? Yes, you may. / No, you may not. (Podo ir contigo? Podes. Si. / Non.)
canFormas
I can swim well.He can’t / cannot swim well.Can you swim well?Yes, we can. / No, she can’t.
Can expresa habilidade ou capacidade para facer algo (saber), posibilidade (poder) e tamén se emprega para pedir permiso ou favores (poder)
• Afirmativa: suxeito + can + verbo na forma base.Lisa can swim very well. (Lisa sabe nadar moi ben.)They can go out tonight. (Poden saír esta noite.)You can take my phone. (Podes coller o meu teléfono.)
• Negativa: suxeito + cannot ou a forma contraída can’t + verbo na forma base.I cannot play the piano. (Non sei tocar o piano.)
• Interrogativa: Can + suxeito + verbo na forma base.
Can they come with us? (Poden vir connosco?)
• Respostas curtas: ponse o pronome persoal suxeito + can ou can’t.Can you play tennis? Yes, we can. / No, we can’t. (Sabedes xogar ao tenis? Sabemos. Si. / Non.)
could Formas
I could ride a bike.He couldn’t ride a bike.Could you ride a bike?Yes, we could. / No, she couldn’t.
Could expresa habilidade e posibilidade no pasado e tamén se pode empregar para pedir permiso ou favores de maneira máis educada que con can.
• Afirmativa: suxeito + could + verbo na forma base.Robert could talk when he was one year old. (Robert sabía falar cando tiña un ano.)They could finish their homework on time. (Puideron rematar os deberes a tempo.)
• Negativa: suxeito + could not ou a forma contraída couldn’t + verbo na forma base.They couldn’t come to my party last year. (Non puideron vir á miña festa o ano pasado.)
• Interrogativa: Could + suxeito + verbo na forma base.Could you take me home? (Poderiades levarme á casa?)
• Respostas curtas: ponse o pronome persoal suxeito + could ou couldn’t.Could you do the exam? Yes, we could. / No, we couldn’t. (Puidestes facer o exame? Puidemos. Si. / Non.)
be able toFormas de presente
I am able to run fast.He isn’t able to run fast.Are you able to run fast?Yes, we are. / No, she isn’t. / Yes, I am.
Formas de pasadoI was able to run fast.He wasn’t able to run fast.Were you able to run fast?Yes, we were. / No, she wasn’t.
Formas de futuroI will be able to run fast.He won’t be able to run fast.Will you be able to run fast?Yes, we will. / No, she won’t.
Ten o mesmo significado que can, pero be able to pode conxugarse.
• Afirmativa: suxeito + to be no tempo correspondente + able to + verbo na forma base. She was able to work with a broken arm. (Ela puido traballar cun brazo roto.)
• Negativa: suxeito + to be no tempo correspondente + not ou n’t + able to + verbo na forma base. He won’t be able to help you with your homework. (Non poderá axudarte cos deberes.)
• Interrogativa: en presente e pasado, to be no tempo correspondente + suxeito + able to + verbo na forma base. En futuro, will + suxeito + be able to + verbo na forma base.
Are you able to / Will you be able to win the race? (Podes / Poderás gañar a carreira?)
• Respostas curtas: pronome persoal suxeito + to be como verbo auxiliar en presente ou pasado, ou will / won’t en futuro.Were you able to apologise to him? Yes, I was. / No, I wasn’t. (Puideches pedirlle perdón (a el)? Puiden. Si. / Non.)
should Formas
I should use it.He shouldn’t use it.Should you use it?Yes, we should. / No, she shouldn’t.
Should emprégase para dar ou pedir consellos e para dicir o que se debería ou non facer.
• Afirmativa: suxeito + should + verbo na forma base. You should call your parents. (Deberías chamar os teus pais.)
• Negativa: suxeito + should not ou shouldn’t (a máis habitual é a segunda) + verbo na forma base.They shouldn’t send so many text messages. (Non deberían enviar tantas mensaxes de texto.)
• Interrogativa: Should + suxeito + verbo na forma base.Should I buy a new mobile phone? (Debería mercar un teléfono móbil novo?)
• Respostas curtas: ponse o pronome persoal suxeito + should ou shouldn’t.Should we leave at six o’clock? Yes, you should. / No, you shouldn’t. (Deberiamos marchar ás seis en punto? Deberiamos. Si. / Non.)
mustFormas Usos
I must tell you. obriga
He mustn’t tell you. prohibición
• Afirmativa: suxeito + must + verbo na forma base. Expresa a obriga e a necesidade ou a conveniencia de facer algo, e significa “deber”.You must turn off your phones. (Debedes apagar os teléfonos.)
• Negativa: suxeito + must not ou mustn’t (a máis habitual é a segunda) + verbo na forma base. Expresa prohibición, que algo non está permitido, e tamén que algo non se debe facer pois non convén ou non é correcto facelo.They mustn’t use their laptops here. (Non deben empregar os seus portátiles aquí.) [está prohibido]She mustn’t lie to her parents. (Non debe mentir aos seus pais.) [non é correcto]
• Interrogativa: Must + suxeito + verbo na forma base. Neste caso, must expresa obriga ou necesidade, aínda que este verbo modal non se adoita empregar na forma interrogativa.Must we tell Sally about the party? (Debemos dicirlle a Sally o da festa?)
• Respostas curtas: ponse o pronome persoal suxeito + must.Must I invite Ben? Yes, you must. (Debo convidar a Ben? Debes. Si.)
have toFormas
I have to go soon.He doesn’t have to go soon.Do you have to go soon?Yes, we do. / No, she doesn’t.
• Afirmativa: suxeito + have / has to + verbo na forma base. Significa “ter que” e expresa, coma must, a obriga ou necesidade de facer algo. A diferenza é que have to si se conxuga e, por iso, emprégase nos tempos que must non ten.We have to send her an e-mail right now. (Temos que enviarlle un correo electrónico agora mesmo.)
• Negativa: suxeito + don’t / doesn’t have to + verbo na forma base. Significa “non ter que / por que”.He doesn’t have to buy her a present. (Non ten que / por que comprarlle un agasallo.)
Lembra que have to significa o mesmo ca must, pero don’t have to e mustn’t non son equivalentes.You don’t have to go. (Non tes que / por que ir.) [non é preciso]You mustn’t go. (Non debes ir.) [está prohibido]
• Interrogativa: Do / Does + suxeito + have to + verbo na forma base.Do you have to do any homework this afternoon? (Tes que facer deberes esta tarde?)
• Respostas curtas: ponse o pronome persoal suxeito + do / does ou don’t / doesn’t.Does she have to leave now? Yes, she does. / No, she doesn’t. (Ten que marchar agora? Ten. Si. / Non.)
need toFormas
I need to sleep now.He doesn’t need to sleep now.Do you need to sleep now?Yes, we do. / No, she doesn’t.
Need to significa “ter que” e expresa como have to, a obriga ou necesidade de facer algo. Pódese conxugar e, polo tanto, pode empregarse en todos os tempos verbais.
• Afirmativa: suxeito + need / needs to + verbo na forma base.
I need to rest for a few days because I’m exhausted. (Teño que descansar uns días porque estou esgotada.)
• Negativa: suxeito + don’t / doesn’t need to + verbo na forma base.
You don’t need to help me. (Non tes que axudarme.)
• Interrogativa: Do / Does + suxeito + need to + verbo na forma base.
Do you need to buy something for dinner? (Tes que mercar algo para a cea?)
• Respostas curtas: ponse o pronome persoal suxeito + do / does ou don’t / doesn’t.
Does he need to call to make an appointment? Yes, he does. / No, he doesn’t. (Ten que chamar para pedir cita? Ten. Si. / Non.)
needn’tDa mesma maneira que don’t need to, emprégase needn’t para sinalar que non hai obriga ou necesidade de facer algunha cousa, malia que o seu uso sexa máis formal. Vai seguido dun verbo na forma base sen a preposición to.
You needn’t drive me to the hospital. (Non tes que me levar en coche ao hospital.)
Unit 8O xerundio
É a forma verbal rematada en -ing que funciona como substantivo nos seguintes casos:
•Como suxeito da oración ao falarmos de accións ou feitos en xeral. Visiting Beijing was an amazing experience. (Visitar Pequín foi unha experiencia incríbel.)
•Como obxecto directo dalgúns verbos: finish, enjoy, avoid, miss, recommend, suggest, imagine, regret, keep, mind, etc. She enjoys eating food from different countries. (Ela goza tomando comida de distintos países.)
• Detrás das preposicións.He is thinking about learning Chinese. (El está a pensar en aprender chinés.)
•Detrás dalgunhas formas verbais: can’t stand, feel like, don’t mind, it’s no use, look forward to, etc. I don’t mind walking to work. (Non me importa ir andando ao traballo.)
O infinitivo
É a forma verbal precedida de to e emprégase nestes casos:
•Detrás de verbos como decide, want, promise, hope, pretend, refuse, offer, agree, seem, appear, choose, expect, learn, plan, wish, allow, etc.Paul has promised to take her dog to the vet. (Paul prometeu levar o seu can á veterinaria.) They decided not to take part in the experiment. (Decidiron non participar no experimento.)
•Detrás de adxectivos tales como easy, happy, sad, lucky, hard e nice. I’m happy to volunteer. (Estou contenta de ser voluntaria.)
Verbos seguidos de xerundio e de infinitivo Algúns verbos (like, love, hate, prefer, begin, start, continue, etc.) poden ir seguidos de xerundio ou de infinitivo sen o que o seu significado varíe.
They like going / to go to summer camps. (Gostan de ir aos campamentos de verán.)
En troques, outros non significan o mesmo se levan detrás un xerundio ou un infinitivo. A continuación tes algúns exemplos:
• remember + xerundio significa “lembrar que se fixo algo no pasado”.I remember eating at that restaurant when I was in Toronto. (Lembro que comín neste restaurante cando estiven en Toronto.)
• remember + infinitivo significa “lembrarse de facer algo”.She remembered to buy the ingredients for the cake. (Lembrou mercar os ingredientes para a torta.)
• forget + xerundio emprégase en frases negativas para sinalar a imposibilidade de esquecer algo ocorrido no pasado.Tim will never forget meeting his favourite singer. (Tim nunca esquecerá que coñeceu o seu cantante favorito.)
• forget + infinitivo significa “esquecer facer algunha cousa”.I forgot to buy the tickets for the theatre. (Esquecín mercar as entradas para o teatro.)
• stop + xerundio significa “deixar de facer algo / un costume”.She stopped using the mobile phone a month ago. (Deixou de empregar o teléfono móbil hai un mes.)
• stop + infinitivo significa “parar (unha acción) para facer outra cousa”.They didn’t stop to have lunch on their way home. (Non pararon para comer de camiño á casa.)
Unit 9 Repaso da gramática
Índice dos tempos verbais
Present Simple páx. 12
Present Simple (futuro) páxs. 12, 14
Present Continuous páx. 12
Present Continuous (futuro) páxs. 12, 15
Past Simple páx. 12, 17
Past Continuous páx. 12
be going to páx. 14
will páx. 14
Future Continuous páx. 15
Present Perfect Simple páx. 16
Past Perfect Simple páx. 17
Índice de gramática
Artigos e cuantificadores páx. 12
O comparativo e o superlativo dos adxectivos
páx. 13
too ... / (not) ... enough páx. 13
O comparativo dos adverbios páx. 14
As oracións de relativo páx. 15
Os compostos de some / any / no páx. 16
used to páx. 18
O condicional cero páx. 18
O primeiro condicional páx. 18
O segundo condicional páx. 19
O terceiro condicional páx. 19
As oracións temporais páx. 19
A voz pasiva en presente, pasado e futuro
páx. 19
O estilo indirecto páx. 20
O xerundio e o infinitivo páxs. 24-25
Índice dos verbos modais
may páx. 22
might páx. 22
can páx. 22
could páx. 23
be able to páx. 23
should páx. 23
must páx. 23
have to páx. 24
need to páx. 24
needn’t páx. 24
BASE FORM (V1) PAST SIMPLE (V2) PAST PARTICIPLE (V3) GALEGO
•at horas: at five o’clock festividades: at Christmas •on díasdasemana: on Tuesday datas: on 15th June on Christmas Day•in meses: in September estacións: in summer anos: in 2014 partesdodía: in the eveningPero: at the weekend at night
A orde das palabras: Suxeito – verbo (Word order: Subject – verb)
Osuxeitodaoraciónponsediantedoverbo.Peter is athletic. sv
Maisnaspreguntasvaidetrásdoverbo.Is Peter athletic? vs
A orde das palabras: As expresións temporais (Word order: Time expressions)
Asexpresiónstemporaispodeniraocomezoouaofinaldafrase,aíndaqueémáishabitualpoñelasaofinal.We walked to town yesterday. timeexpr.
Sevanaocomezo,sepáransedaoraciónprinicipalcunhavírgula.Yesterday, we walked to town. timeexpr.
Next week, I’m visiting Tom – my favourite cousin. Don’t worry. You’ll see ... Tina (my friend’s sister) is having a party. Send me photos. I can’t wait!•Ascomiñas(“”)empréganseparaescribiroquea
Eninglés,avírgulavaidentrodascomiñas(“... with me,” he said),mentresqueengalegovaifóra(“... comigo”, dixo).
“Please wait here,” he said.
As maiúsculas (Capital letters)
Escríbenseconmaiúscula:
•osnomesetítulosdaspersoas:Rick Day, Mr King, Dr Adams
•osnomesdelugarescomocidades,países,continentes,edificioscélebres,museos,etc.:Rome, Mexico, Asia, Tower Bridge, the Louvre
•asnacionalidades:Irish, German, British•osdías:Sunday, Tuesday, Thursday•osmeses:January, March, July•aprimeirapalabradunhaoración:This is Ron.•opronomepersoalI: I live here.•osidiomas:French, Swedish, Chinese•aspalabrasrelevantesdostítulosdelibrose
películas,cancións,festividadesexogosdeordenador:
Pride and Prejudice Easter, Christmas Time after Time Minecraft
He usually writes funny stories. advv Maisseoverboéto be,oadverbiovaidetrás.
Tom is usually at the beach. vadv
Dar exemplos (Presenting examples)
Empréganseexpresiónscomo like, for example e such asparadarexemplos.
I often do activities like yoga and dancing.There are rules at school. For example, you must wear a uniform.Water sports such as diving and surfing are my favourite.
Os adxectivos posesivos e os pronomes (Referencing)
My school isn’t far from here. It is opposite the church.Dan and I are going to the beach. We want to surf. Do you want to come with us?Mike’s phone is on the table. That’s his phone.
Expresións para escribir opinións (Expressions to state opinions)
Estassonasexpresiónsmáiscomúnsqueseempreganparaescribiropinións:In my opinion, I think, I feel, I believe, It seems to me that, As I see it, As far as I’m concerned, In my view.
I think maths is a difficult subject.I feel many students need extra help with their maths studies.I believe some students are afraid of maths.In my opinion, history is the most interesting school subject. It seems to me that sport is the most important activity for teenagers.As I see it, our school breaks aren’t long enough.As far as I’m concerned, the lessons should start at 10.00 in the morning - not earlier.In my view, students should decide which subjects to study at school.
We didn’t go because it was raining.We couldn’t hear him because of all the music.We went home since we ran out of money.He is successful as he is determined.The route was changed due to the weather conditions.As a result of your support, I didn’t give up.
•Consecutiva (Effect)
Describirunresultado I was late, so I missed the train.As a result, I didn’t get to London on time.I was sceptical. Therefore, I didn’t listen to her advice.
•Adversativa (Contrast)
Relacionarideasopostas I am daring, but I’m not fearless.The film was funny. However, it wasn’t original.Although he is my favourite actor, the film was boring.Even though I was tired, I enjoyed the film.While the king was young and inexperienced, he made excellent decisions.The queen was popular despite her unusual personality.
•Desecuencia (Sequence)
Amosaraordeenqueocorreronunhaseriedefeitos
At first, we saw flames.In the beginning, we heard a loud sound.Previously, we had smelt smoke.Next, I phoned the police.Then, I ran outside.Eventually, the firefighters arrived.Finally, we went home.In the end, everyone was safe.
•Copulativa (Addition)
Paraincorporarinformaciónengadidasobreunmesmotema
We took the train and we rented a car for a day.We visited many museums. We also toured a number of palaces.In addition, we stopped using disposable products.There’s a café as well as a restaurant on the beach.The hotel is central. Furthermore, it’s eco-friendly.We recycle all our bottles. Moreover, we have a compost bin.Besides its historical sites, the town has got a lovely beach.
•Final (Purpose)
Paraexpresarunhafinalidadeouunpropósito
I called to invite you to my party.She came in order to help us.I shouted so that they would hear me.
Writing Guide
TEMPOS VERBAIS TENSES OUTRAS EQUIVALENCIASPRESENTE PRESENT SIMPLE
eu xogoti xogas
el, ela xoganós xogamosvós xogades
eles, elas xogan
I playyou play
he, she, it playswe playyou playthey play
PERÍFRASE PRESENT CONTINUOUS FUTURO: PERÍFRASEeu estou a xogar / xogandoti estás a xogar / xogando
el, ela está a xogar / xogandonós estamos a xogar / xogandovós estades a xogar / xogando
eles, elas están a xogar / xogando
I am playingyou are playing
he, she, it is playingwe are playingyou are playingthey are playing
eu vou xogarti vas xogar
el, ela vai xogarnós imos xogarvós ides xogar
eles, elas van xogar
FUTURE: BE GOING TOI am going to play
you are going to playhe, she, it is going to play
we are going to playyou are going to playthey are going to play
FUTURO FUTURO: WILLeu xogareiti xogarás
el, ela xogaránós xogaremosvós xogaredes
eles, elas xogarán
I will playyou will play
he, she, it will playwe will playyou will playthey will play