Top Banner
Santiago Jaureguizar Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Santiago Jaureguízar Ortiz de Zarate, nado en Bilbao no 1965. É un xornalista e escritor galego. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal “El Progreso” de Lugo. A súa obra Casa Skylab obtivo no ano 2005 o Premio Xerais de novela e ao ano seguinte coa obra Cabaret Voltaire o premio de novela Manuel García Barros, ano que tamén obtivo na Estrada o premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela. Outras obras súas son: Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo, O globo de Shakespeare... jueves 4 de febrero de 2016
9

Jaureguizar

Apr 13, 2017

Download

Education

Asnosasletras
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Jaureguizar

Santiago Jaureguizar

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Santiago Jaureguízar Ortiz de Zarate, nado en Bilbao no 1965. É un xornalista e escritor galego. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal “El Progreso” de Lugo. A súa obra Casa Skylab obtivo no ano 2005 o Premio Xerais de novela e ao ano seguinte coa obra Cabaret Voltaire o premio de novela Manuel García Barros, ano que tamén obtivo na Estrada o premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela. Outras obras súas son: Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo, O globo de Shakespeare...

jueves 4 de febrero de 2016

Page 2: Jaureguizar

Eu escribo en galego porque levo case dende que nacín vivindo en Galicia. Os meus pais falaban en castelán. De neno odiaba o euskara porque o meu pai e os seus irmáns usaban ese idioma cando querían falar de algo sen que comprendésemos os nenos. Gústanme os idiomas, deféndome en cinco, pero os meus coñecementos de vasco son mínimos. Algunhas frases soltas. A aprendizaxe do vasco ten o problema de ser unha lingua aillada, que nada ten que ver coas románicas, pese á súa influencia no español.

Santiago Jaureguizar

1. Vemos como Vostede ten un compromiso total co noso idioma... non xurdiu nalgún intre inquedanza por se mergullar na literatura do seu lugar de nacemento?

2. Como se produciu en Santiago Jaureguízar a súa entrada na literatura, na creación literaria?

Empecei con 11 anos. Faciamos un tebeo no barrio, en Ribadeo. Eu escribía contos. Despois optei pola música. Quería tocar a guitarra e cantar en Siniestro Total, pero nin a Julián Hernández (o líder) lle pareceu ben nin eu fun de capaz de aprender guitarra.

3. Existe interacción entre a súa vida, o seu percorrer vital e a realidade presente nas súas creacións literarias?

Si, todas e cada unha das miñas páxinas teñen que ver coa miña vida: con cousas que me pasaron, con libros que lin, con películas que vin... Outra cousa é que as esaxere, as adapte ou as deforme para contalas segundo o que necesite na historia que escriba. Pero todo isto pásalle a calquera escritor.

4. En todas as literaturas os premios adoitan ser un fundamental complemento... Até que punto a nosa literatura, moi necesitada dunha real normalización, depende moito máis deses premios?

Os premios son imprescindibles. Teñen tres vantaxes: consegues publicar, consegues cartos e consegues promoción. Escribir unha novela xuvenil pode levarme un ano dende que me documento ata que a entrego. Iso supón un traballo considerable. Se leva un premio elimino a incertidume de saber se se publica ou non, gaño un diñeiro que me compensa o esforzo e logro que apareza nos medios que teño un libro novo.

jueves 4 de febrero de 2016

Page 3: Jaureguizar

Si, teño varios. Se os multiplicades por quince saberedes o número de veces que me presentei a concursos. Os premios son o camiño máis rápido e sólido para poder escribir. Hai que presentarse sempre, a todos cantos convoquen, porque supoñen que unhas persoas que non te coñecen e que saben de literatura van avaliar obxectivamente a túa obra. Hai que ter presente que as primeiras 37 veces que vos presentedes non ides gañar e, sempre, sempre, volver intentalo. A carreira literaria non é doada, pero acaba devolvendo o que lle deas.

Santiago Jaureguizar

5.- E falando de premios, que nos podería contar sobre eles Vostede que ten abondos e dos máis significativos na nosa literatura?

6.- O seu primeiro recoñecemento literario de importancia quizabes fose o Premio Xerais do ano 2003 coa obra Casa Skylab, unha obra onde se mesturan realidades, ficción, tradición, sociedade... e literatura de noso, non?

Non exactamente. É literatura do meu. Nesa novela aparecen as experiencias e as fantasías de Santiago Jaureguízar nunha vila pequena da Montaña lucense que se chama Negueira de Muñiz. Eu contei ese ámbito tal e como o vía -con visión deformada-, con intención de fascinar aos lectores. Se, a maiores, logrei que alguén se identifique con esa visión: premio extra.

Portada: “Cabaret Voltaire”

7.- E dous anos despois coa súa obra Cabaret Voltaire acadou aquí na Estrada un dos tres máis importantes premios a nivel narrativo en galego, o “Manuel García Barros”. Que supuxo este galardón no cómputo xeral da súa obra literaria?

Algo grande. O García Barros non é unha coña. Quero moito esa novela porque fala da miña vila, Ribadeo. O título deume para poñelo tamén a un blog.

8.- Pero tampouco podemos esquecer que aquí na Estrada tamén acadou Vostede o premio xornalístico “Reimóndez Portela” (2005), curiosamente o mesmo ano do “García Barros”... Cal dos dous supuxo algo superior, o de literatura creativa ou o relacionado coa súa profesión?

Ben, foi a bomba; pero é como gañar o Mundial de Fútbol e o anel da NBA. Son disciplinas distintas e alegrías iguais. O Reimóndez Portela fíxome un chisco máis de ilusión porque era o primeiro premio de xornalismo que me concedían.

jueves 4 de febrero de 2016

Page 4: Jaureguizar

Achégame todo porque cada día coñezo varias historias sorprendentes novas. A partir delas, escribo literatura.

Santiago Jaureguizar9.- A súa profesión é a de xornalista... que lle aportou, e aporta, esta profesión á súa creación literaria?

Portada: “Casa Skylab”

10.- E falando de xornalismo... canto se bota de menos a presenza do noso idioma neste eido, non? E o que inda é peor, que cada vez aínda decrece...

Os medios de comunicación van por detrás da sociedade porque viven de vender publicidade. Se houbese demanda de noticias en chinés, fariamos noticias en chinés.

11.- Foi Vostede quizabes un dos abandeirados de ver a realidade literatura-rede... Pode estar nesta rede unha das bases fundamentais para a normalización da nosa literatura? sen desbotarmos dende logo outras vías, claro está...

Pode ser, pero eu teño pouca fe no porvir do galego. Temo que imos ser os derradeiros en usalo. A única opción que lle queda é que se poña de moda, que sexa prestixioso, usalo. Iso depende da vosa xeración.

Basicamente tratouse de contar as nosas historias e de facelo en galego. O campo que estaba máis descoidado era o do rock, e logrouse que aparecesen numerosas bandas. Foi a primeira vez que se fixo música rock en galego de xeito amplo. Obxectivo logrado.

12.- A comezos dos anos 90 xorde aquí en Galiza un movemento cultural-musical propio, o “Movemento bravú”, co que Vostede confluíu ao momento... Que procuraban con este movemento? Cre que os obxectivos deste movemento acadaron o todo ou máis ben quedou moito por facer?

13.- O que si nos choca é que despois deste movemento tan noso o vexamos a Vostede mergullado nun movemento de raíces foráneas (o trip-hop). Como podermos explicar isto?

O rock tamén ten raíces foráneas. Case todo o que miramos, vestimos e nos divirte ten raíces foráneas. Iso non ten nada de malo. Trátase de adaptalo ao noso. O trip hop é un, dito toscamente, hip hop ralentizado

jueves 4 de febrero de 2016

Page 5: Jaureguizar

Santiago Jaureguizar

14.- Tamén a literatura para idades máis temperás está abondo representada en Vostede. Con que lectoras e lectores se sente máis a gusto á hora de crear?

O que máis me gusta é escribir para rapaces; asemade, odio escribir para rapaces. Explícome. Gústame escribir para rapaces porque conto historias veloces, atrevidas, cousas que me divirten. Gústame escribir para rapaces porque nos encontros nos institutos sempre hai lectores que me fan preguntas sorprendentes, moi boas -como as preguntas desta entrevista-. Non me gusta escribir para rapaces porque xa teño moitos anos -cincuenta- e cada vez teño máis medo a non contactar con vós, a aburrirvos coas miñas novelas. A literatura, primeiro, debe divertir e fascinar. Despois, axudarnos a ser boas persoas. Non me gusta escribir para rapaces porque sodes sinceros e resulta duro escoitar que unha novela que che levou un ano escribir non conseguiu interesar a un lector. Pero, ben, é un dos riscos que debo asumir.

15.- E para rematarmos... vimos en certo sitio que o seu estado de ánimo máis habitual é o de “enfadado co mundo, somnolento”. Que lle fixo o mundo a Santiago Jaureguízar para rexeitalo de semellante forma?

Ja, ja. Sabedes o que acontece? Que escribo polas mañás. A iso das sete e, claro, desas horas estou dun humor de cadelo que soamente se calma no segundo café. Eh! Pero que non se vos ocorra empezar a tomar café. É unha droga que soamente acouga a parvos coma min.

Santiago Jaureguizar

jueves 4 de febrero de 2016

Page 6: Jaureguizar

CUESTIONARIO

jueves 4 de febrero de 2016

Page 7: Jaureguizar

A zona vella de

Santiago.

Un monumento

salientábel?

Fran P. Lorenzo.

Cabalos e lobos

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Nikola Tesla.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

A metamorf

ose.

Franz Kafka.Un/ha autor/-a e u

nha obra

literaria

estranxeiro

s?

Jim Hawkings, protagonista de 'A illa do

tesouro', de Robert Louis Stevenson.

Un personaxe literario co que

se identifique?

'Cayo largo', de John Ford.

Unha película de cine?

jueves 4 de febrero de 2016

Page 8: Jaureguizar

Escribir unha novela en

inglés. Dádeme dez anos.Un anceio por realizar?

Ribadeo. O sillón no que boto a soneca despois de

xantar.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

Xogar no Athletic de Bilbao.Unha utopía?

O mesmo sofá no que boto a soneca.

Un lugar axeitado para a lectura?

Jazz. 'Ain't supertitious' de Howlin' Wolf

Un tipo de música? Unha canción?

Rir.

Outro entretemento ademais da lectura?

jueves 4 de febrero de 2016

Page 9: Jaureguizar

Mundo urbano para vivir, mundo rural para pasear (Vivín demasiado

tempo no rural e aburríame). Montaña!

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

O control do lume

por parte do home.Un feito histórico?

Calquera dos norteamericanos que pasaron fame e foron felices en París: Hemingway, Henry

Miller, Saul Bellow, Scott Fitzgerald

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

A vida. Todos os días

acontecen cousas

horribles e m

arabillosas.

A vida é litera

tura.

Cal é a súa fonte d

e

inspiración

Unha obra teatral?

'McBeth'.

Shakespeare.

jueves 4 de febrero de 2016