Top Banner
COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN
16

Xogos tradicionais

Mar 24, 2016

Download

Documents

Nunha xornada de convivencia no centro de día de Toén, ensináronnos os xogos dos nosos avós
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Xogos tradicionais

COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

Page 2: Xogos tradicionais

COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

O 1 de outubro, os alumnos/as do Colexio de Toén visitan o

Centro de día.

Profesores e alumnos do colexio de Toén, felicitan aos anciáns, na conmemoración do DÍA DO MAIOR

Ao chegar, fomos recibidos polos anciáns e os seus coidadores/as con moito cariño.Tiñan ensaiadas unhas cancións e contos, tamén nos contaron o que significaba para eles o Centro.

Page 3: Xogos tradicionais

COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

Preparáronnos unha serie de xogos tradicionais e ensináronnos como se practicaban:

A billarda

Os bolos

O truco da laranxa

A petanca

O tres en raia

Outros xogos Don Amancio, o Alcalde, tampouco se quixo perder a celebración

Page 4: Xogos tradicionais

COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

A BILLARDA

Consiste en darlle cun pao (panca) a outro máis pequeno (billarda), para que salte e envialo o máis lonxe posible..

A Martín déuselle ben este xogo.

Page 5: Xogos tradicionais

COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

OS BOLOS

Trátase de derrubar cunha pelota o maior número de bolos.Necesítanse 5 botellas e unha pelota

Raúl, Andrés e Lucía practican este xogo con moito interese.

Page 6: Xogos tradicionais

COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

O TRUCO DA LARANXA

Trata de ir a pata coxa empuxando co pé unha pedra por un debuxo con forma de laranxa. Se a pedra sae fora perdes o turno. Se completas todo o debuxo gañas.

É a quenda de María De Melo

Page 7: Xogos tradicionais

COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

A PETANCA

Consiste en guindar unha serie de bolas co propósito de achegarse o mais posible a unha pequena bola.

Na imaxe proban sorte Estela, María Domínguez e Alex.

Page 8: Xogos tradicionais

COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

O TRES EN RAIA

O xogo consiste en colocar as tres pedras en liña xa sexa en horizontal, vertical ou diagonal.

Boa sorte!

Nesta ocasión enfróntanse Quique e Alex. Seguen o xogo Dani, Iria e Bianca.

Page 9: Xogos tradicionais

COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

INVESTIGAMOS: OUTROS XOGOS

BUGALLOS (CANICAS)

ONDE SE XOGA: Na area facendo unha pequena fochanca co talón do pe. CANTOS PODEN XOGAR: Cantos queiran. MATERIAL: Cada xogador necesita un bugallo. COMO SE XOGA: Cando está feita a fochanca debúxase unha liña un pouco lonxe dende onde parten os xogadores. Agachados e de un en un, collen o bugallo na man e coa unlla do dedo polgar empuxan a bola. O que antes meta o bugallo no burato ou quede mais cerca gaña.

Page 10: Xogos tradicionais

COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

O TRUCO OU MARIOLA O truco consistía en debuxar cunha tella no chan ou cun pau na terra 8 cadros para saltar a pata coxa algún. As normas do xogo: -Cada xogador tira a tella ao recadro número 1 sen tocar a raia e despois ira saltando polos demais recadros, dará a volta e recollerá a tella ata chegar ao final. -Non pisar as raias co pé nin ca tella. -Nos cadros 1 – 3 e no 6 apoiar só 1 pé. -Cando o xogador pousa o pé no chan ou se sae dos límites, pasa a quenda seguinte. -Gaña o primeiro que complete a figura. O lugar onde se xogaba: -Ao aire libre ou no patio da escola. O número de xogadores: -Todos os que queiran por quendas.

Page 11: Xogos tradicionais

COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

TIRACHINAS- TIRACROIOS Está formado por un marco de madeira en forma de Y, que ten dúas tiras de goma atadas as puntas superiores. Emprégase agarrando o pao coa man esquerda e estendendo o brazo. Agárrase a pedra colléndoa cos dedos polgar e índice e estírase a goma ata situala cerca da meixela. Apúntase, e cando se solta, a pedra sae disparada cara o obxectivo.

Page 12: Xogos tradicionais

COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

BUXAINA OU PEÓN PODE SER DE CORDA OU DE MAN Nº DE XOGADORES: mínimo un. REGLAS: hai que tirala e facer que baile sobre si mesma. Podes facer algúns trucos: pola encima da corda, collela coa corda, facer que baile na man , pasarlla a un compañeiro, envolverlle o cordón na punta e lanzala ao aire para collela de novo... XOGABASE ANTES DE QUE SE INVENTARAN A RADIO, A TELEVISION,ETC.

Page 13: Xogos tradicionais

COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

A PIONEIRA: • Materiais: Abelás e tesoiras e un pauciño • Facemos un furadiño no cu da abelá e logo lixamos a punta e facemos

outro furadiño onde metemos un pauciño curto para facer unha pioneira…e logo…¡a darlle voltas!

Page 14: Xogos tradicionais

COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

A TURUTA: • Materiais: cana de bambú, un anaco de plástico fino ou papel de fumar e un

cordel • Cortamos un anaco pequeno de cana, procurando que un extremo estea tapado.

Tapamos o outro extremo cun anaco de plástico ou papel de fumar e logo atamos cun cordel.. e facendo vibracións neste extremo... ¡xa temos unha turuta!

UN CHIFRO: • Materiais: Abelás e unha tesoiras • Lixamos no cu da abelá e facémoslle un furadiño

coa tesoira. Baleiramos a abelá e ...¡facemos un chifro!

Page 15: Xogos tradicionais

COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

Page 16: Xogos tradicionais

COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

Mil bicos para todos vós.

Muá, Muá

Dos alumnos/as e mestres

do Colexio Saco e Arce de Toén