Xiii Xornadas de teatro 4, 5 e 6 de outubro Auditório municipal Burela 2012 > Xoves 4, ás 21:30 horas ‘iLalelo’ Carlos Blanco & Budiño DJ > Venres 5, ás 21:30 horas ‘Chebrévere. O bo se breve dúas veces chévere’ Grupo Chévere > Sábado 6, ás 18:00 horas ‘Vacacións no Mar’ Mircromina Títeres Organiza Patrocina Colabora ‘iLalelo’ Carlos Blanco & Budiño DJ Xoves 4 ás 21:30 horas Carlos Blanco convertido en rapeiro e Budiño en dj. A fusión chámase iLalelo, o espectáculo que une entorno á palabra, a música e a improvisación a dúas figuras galegas dos escenarios. iLalelo, con i pequeno. Humor 2.0. Retranca para o século XXI. Os monólogos de Carlos Blanco atopan acubillo e transfórmanse en hip-hop hipnótico nas bases de Budiño Dj. Dúas figuras da escena galega unen as súas forzas nun espectáculo singular. Falando de redes sociais, de redeiras cibernéticas, de poemas imposibles. Facendo participar ao pú- blico de salas e festas. Con risas garantidas polo humor intelixente de Carlos Blanco unido á calidade musical de Budiño Dj, e aportando tamén a súa mú- sica en directo, iLalelo é un espectáculo chamado a mover masas e a exportar ‘Galicia calidade’ polo mundo. Un ‘show’ diferente a todos. Fresco, valente e vivo. Para non perdelo! iLalelo! Porque estamos no mundo. ‘Chebrévere’ O bo se breve dúas veces chévere Chévere Venres 5 ás 21:30 horas No 2012 o grupo de teatro Chévere cumpre 25 anos de actividade escénica. En tal data, a compañía non podía deixar de visitar Burela, pois foi esta vila unha das primeiras en confiar no seu talante teatral. Aquí atoparon un dos seus primeiros públicos cómplices. Foi no desaparecido cine Mon, alá polo final dos anos oitenta, convidados polo C.C Buril, cando Chévere pre- sentou a súa versión escénica dos míticos superhe- roes ‘O mal non acouga’. Un título premonitorio do que sería a historia de Galiza e, por extensión do resto do mundo, nestas últimas dúas décadas. Tempo no que Chévere tiveron que aprender a facer teatro de verda- de para subsistir. Mellor ou peor, o feito é que chega- ron ata aquí mantendo a súa independencia, deixando no camiño decenas de espectáculos, centos de ac- tuacións e nada menos que 20 anos de actividade na Sala Nasa. Como nunha pequena festa de aniversario e como agasallo da compañía a todo o público burelá e da Mariña, Chévere ofrecerá unha escolma de pezas breves extraídas do seu repertorio clásico e recente. ‘Sketches’, cancións, personaxes e historias feitas a pé de escenario que retratan o xeito de entender o hu- mor, o amor e os odios destes cómicos incansables que son os Chévere. En escena: Miguel de Lira, Patricia Lorenzo, Manuel Cortés e Xron. Músicos ao vivo: Xacobe Martínez, Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián.