XENÉTICA FONTAO O PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA VISITOU XENÉTICA FONTAO Nº11 Setembro 2011 CONAFE E O LABORATORIO DE XENÉTICA MOLECULAR, DA MAN NA SELECCIÓN XENÓMICA PROGRAMA DE MELLORA XENÉTICA DE GALICIA 2011-2015 GOSPELL, NOVO SEMENTAL NÚMERO 1 DE ESPAÑA
16
Embed
xf n11 galego hr...mos poñer a disposición dos gandeiros algúns dos mellores fillos de Goldwyn dispoñibles no mercado. Hoxe sabemos que os mellores resul-tados se obtiveron cando
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
XENÉTICA FONTAO
O PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA VISITOU XENÉTICA FONTAO
Nº11 Setembro 2011
CONAFE E O LABORATORIO
DE XENÉTICA MOLECULAR,
DA MAN NA SELECCIÓN
XENÓMICA
PROGRAMA DE MELLORA
XENÉTICA DE GALICIA
2011-2015
GOSPELL, NOVO SEMENTAL NÚMERO 1 DE ESPAÑA
GLPI 2.224
GTPI 2.045
Fiabilidade:
Fiabilidade:
ÍNDICE TIPO (IXT)EstaturaFortalezaProfund. corporalAngulosidadeAnchura grupaÁngulo grupa
I. PATAS E PÉS (IPP)Ángulo podalVista lateralVista posterior
Morningview Gldwn Lidia ET, irmá completa de Gospell
7XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2011 TOUROS PROBADOS
o ranking de produción en España e que
reflicte a respectable cifra de +1.158 qg de
leite nas últimas probas oficiais de Cona-
fe (xuño 2011).
A PROBA DE GOSPELL. CONSELLOS DE APAREAMENTO
A proba de descendencia de Gospell re-
flicte unha perfecta combinación das li-
ñas xenéticas das que procede: as súas
fillas son vacas dunha alta corrección
morfolóxica con elevadísimas produ-
cións de leite. Gospell non soamente é o
semental nº 1 por ICO de España, senón
tamén o nº 2 para qg de leite e proteína,
o nº 3 para qg de graxa e o nº 4 para tipo.
As “Gospell” son vacas moi altas e an-
gulosas, de pel fina e brillante, con pes-
cozos longos e cabezas estilizadas. A an-
chura de peito é intermedia e o costelar
é aberto, arqueado e cunha profundidade
adecuada. As grupas son anchas e lixei-
ramente inclinadas; as patas son funcio-
nais e con boa mobilidade, gran calidade
de óso, bo ángulo podal e ideal vista late-
ral (nin rectas nin curvas), sendo lixeira-
mente converxentes ou pechadas en vista
posterior.
xeracións de vacas MB ou EX, varias delas
GMD DOM, cun patrón familiar moi claro
e contundente: altísimas producións de
leite con moi boas calidades de graxa e,
sobre todo, de proteína. Basta dicir que
High-Sight Cleitus Lulu (a tataravoa de
Gospell) é a nai da coñecidísima Muranda
Óscar Lucinda MB-86 USA GMD DOM, a
filla de Óscar que ostentou durante moi-
tos anos o récord mundial de produción
de leite: 26.522 qg de leite ao 3,30% de
proteína en 305 días na súa segunda lac-
tación. Lucinda tivo un fillo probado en
Xenética Fontao, ALH Convincer Content
ET, un touro que aínda hoxe, despois de 11
anos do seu nacemento, ten unha proba
para leite de +852 qg e cuxa irmá com-
pleta (M Lucinda 2) foi a nai de Lupino, o
touro probado de Xenética Fontao (fillo de
Dutch Boy) que liderou durante un tempo
Non obstante, a característica morfo-
lóxica máis destacada das fillas de Gos-
pell, xunto coa súa grande angulosidade,
é, sen dúbida, un sistema mamario de
moita calidade e moi ben inserido, sobre
todo o seu ubre posterior, alto e ancho,
con moi bo ligamento e escasa profun-
didade, trazo este moi chamativo para
un semental que transmite tal cantida-
de de leite; quizais sexa precisamente o
seu punto máis orixinal: a transmisión de
altas producións con ubres recollidos ao
mesmo tempo, tándem moi buscado pero
difícil de conseguir.
Boas calidades de graxa e proteína,
recontos celulares por baixo da media e
unha alta lonxevidade son o resto de fac-
tores a ter en conta á hora de utilizar Gos-
pell. O seu apareamento ideal sería sobre
vacas con potentes estruturas que nece-
siten mellorar a súa produción á vez que
a súa estatura, estilo e calidade leiteira e,
sobre todo, os seus ubres. Tamén corrixe
en boa medida as grupas estreitas e con
isquións altos, tan frecuentes na raza fri-
sona hoxe en día.
Con todo iso, as vacas máis apropiadas
sobre as que usar Gospell serían aquelas
sen sangue Goldwyn ou BW Marshall no
seu pedigrí e que descendan das seguin-
tes liñas xenéticas:
Liñas O Man: fillas de Once,
Ordes, Marcador e Tranquil.
Liñas Durham: fillas de Dancer,
Duplex, Damion, Model e
Megamagic.
Liñas Talent: fillas de Viduerio e
Magrebí.
Liñas Allen: fillas de Cid.
Liñas Prelude: fillas de Outside,
Mtoto e Shottle.
E tamén nas fillas de Tunno, Lucus,
Stio, Botafogo, Moes ou Elegant.
A característica morfolóxica
máis destacada das fillas de
Gospell, xunto coa súa grande
angulosidade, é, sen dúbida,
un sistema mamario de moita
calidade e moi ben inserido
G. Castro Gospell Xacoba, filla de Gospell
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 20118 CENTRO
O PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA VISITOU XENÉTICA FONTAO PARA COÑECER IN SITU O TRABALLO DE INVESTIGACIÓN DO CENTRO
O titular do Executivo autonó-
mico percorreu as distintas
estancias de Xenética Fon-
tao guiado por persoal do
centro e acompañado polo conselleiro do
Medio Rural, Samuel Juárez; o director
xeral de Produción Agropecuaria e pre-
sidente do Consello de Administración
de Xenética Fontao, José Álvarez Ro-
bledo; e a delegada territorial da Xunta
de Galicia en Lugo, Raquel Arias, entre
outras autoridades.
A comitiva oficial estivo no laboratorio
de xenética molecular, na sala de reco-
llida de seme, no laboratorio de análise
de seme, na área de xenómica, no labo-
ratorio de fecundación in vitro, na sala de
envasado de seme e nas naves do gando,
de xeito que realizou un seguimento de
todo o proceso que vai dende a toma de
mostras ata a elaboración de doses se-
minais. Ademais, tivo a oportunidade de
ver en directo unha extracción de seme,
así como aos seis mellores touros de
España, entre eles o famoso Mario Xa-
cobeo, que foi o número 1 durante tres
anos consecutivos.
No transcurso da visita, o presidente
da Xunta mostrouse especialmente inte-
resado pola evolución que experimentou
Xenética Fontao dende a súa creación, no
ano 1998, e pola demanda de seme que
recibe doutros países. Na comparecen-
cia posterior ante os medios de comu-
nicación, manifestou atoparse “ante un
A comitiva oficial, presidida por Alberto Núñez Feijóo e Samuel Juárez, co Consello de Administración de Xenética Fontao
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou no mes de maio as
instalacións de Xenética Fontao para coñecer in situ o traballo de mellora xenética do
gando que se leva a cabo no centro de inseminación artificial de vacún máis impor-
tante de España, situado en Lugo.
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2011 9CENTRO
O presidente da Xunta interesouse polo funcionamento de todas as áreas de traballo de Xenética Fontao
referente a nivel mundial en investiga-
ción vinculada á gandería”, así como “o
orgullo como Goberno de ter este centro
de calidade contrastada a nivel nacional
e internacional, punteiro en xenética e
inseminación artificial”.
Feijóo destacou algúns datos que lle
sorprenderon, coma que no centro se fai
o maior número de análises de mostras
de ADN de España, que conta con máis de
450 sementais ou que exporta aos países
máis desenvolvidos en xenética de raza
frisona, coma Estados Unidos, Canadá,
Reino Unido, Francia, Italia, Austria,
Suecia, Suíza e Finlandia. Tamén valorou
que Fontao estea a piques de lograr o
total financiamento a través da súa pro-
dución, o que comporta un incremento
do aforro e garante o mantemento dunha
xenética propia, fronte ás importacións
sistemáticas doutras épocas. En Gali-
cia, subliñou, é necesario incrementar
o potencial xenético para incrementar a
produtividade e seguir apostando pola
cabana gandeira e a calidade do leite,
obxectivos que considera cumpridos coa
achega de Xenética Fontao.
Varios momentos da visita do titular do Goberno galego ás instalacións
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 201110 XENÉTICA
MEDIO RURAL E XENÉTICA FONTAO
COLABORARÁN NA MELLORA DA
RAZA FRISONA GALEGA
ANTECEDENTES
Desde principios dos anos noventa, a Xunta de Galicia vén afrontando ambiciosos pro-
gramas de mellora xenética da cabana frisona galega. Neste contexto coordináronse
distintas actuacións en colaboración co sector leiteiro:
1. Control de rendemento leiteiro e estima do mérito xenético dos reprodutores.
2. Difusión da mellora vía femia en ganderías colaboradoras coa aplicación da técnica
de transferencia de embrións.
3. Difusión da mellora vía macho a través do seme producido por Xenética Fontao.
Desde 1992 celébranse de xeito continuado convenios de colaboración entre a Conse-
llería do Medio Rural e a Federación Frisona Galega (FEFRIGA) para o mellor desenvol-
vemento do Programa. En particular, en 1996 constituíuse a Unidade de Doadoras de
Embrións de Bos e, paralelamente, a Unidade de Transferencia Embrionaria.
Con esta estrutura, a selección vía femia foi quen de achegar unha parte importante dos
machos que ano tras ano son testados en Fontao, e que configuran a principal ferramen-
ta de difusión da mellora xenética ao conxunto dos gandeiros de Galicia.
Logo de 20 anos de traballo, o éxito dos programas de mellora xenética é indiscutible: a
cabana frisona galega conta cun nivel xenético de primeira orde, medido tanto nas me-
dias produtivas e nos índices de mérito dos reprodutores rexistrados no Libro Xenealóxi-
co como na produción de sementais de recoñecido prestixio no mercado internacional ou
no mantemento de liñas maternas elite. Non obstante, a evolución científica e os cambios
socioeconómicos do sector leiteiro galego están a condicionar o seu futuro inmediato, de
tal forma que non se poden descoñecer.
Por unha parte, o desenvolvemento da tecnoloxía da estima do mérito xenético dos re-
produtores mediante análises xenómicas está a supoñer unha revolución nos esquemas
de selección e mellora das razas, que terá especial incidencia na incorporación de se-
mentais aos centros de testaxe e na selección das nais de futuros sementais.
Doutra, o sector leiteiro galego evoluciona cunha forte redución do número de explo-
tacións leiteiras que se profesionalizan e acadan ratios de produtividade e excelencia
sanitaria comparables cos mellores estándares europeos. Malia todo, a complexidade
do mercado global, caracterizado pola volatilidade de prezos, dificulta a viabilidade das
explotacións gandeiras, que precisan de vías alternativas de negocio que complementen
O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e o presidente do Consello de Administración de Xenética Fontao, José Álvarez Robledo, rubricaron o pasado 29 de agosto un convenio de colaboración para o desenvolvemento do Programa de Mellora Xenética da Raza Frisona en Galicia 2011-2015
PROGRAMA DE MELLORA XENÉTICA DA RAZA FRISONA EN GALICIA 2011-2015
Mediante o convenio asinado, Xenética Fontao comprométese a adquirir no mercado internacional un volume anual mínimo de 100-150 embrións de alto valor xenético, e á súa implantación nas ganderías elite de Galicia
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2011 11XENÉTICA
a súa rendibilidade. Os produtores de leite galegos son os destinatarios e os principais
interesados na mellora xenética da raza, polo que cómpre artellar mecanismos que facili-
ten a súa maior integración nos procesos de toma de decisións e na corresponsabilidade
económica do Programa, tanto no seu sostemento como na participación dos beneficios.
Con estas premisas, a Consellería do Medio Rural presenta unha evolución do Programa
de Mellora Xenética para o quinquenio 2011-2015, que resulta da revisión e actualiza-
ción do anterior, salvagardando os seus piares básicos e introducindo os axustes nece-
sarios para adaptarse ás novas variables de situación.
OBXECTIVOS
1. Mellora da eficiencia das explotacións leiteiras galegas, mediante a elevación do nivel
xenético da súa cabana.
1.1. Incorporación dun número de ganderías colaboradoras suficiente para o desenvol-
vemento do Programa de mellora xenética.
2. Creación dun novo nicho de negocio na produción de alta xenética para os criadores
de gando vacún leiteiro en Galicia.
2.1. Creación dun mercado virtual de venda de material xenético e animais galegos de
alto valor xenético.
2.2. Oferta anual ao mercado galego de xovencas de alto mérito xenético procedentes
de explotacións colaboradoras.
2.3. Oferta anual ao mercado galego de embrións e doses seminais de alto mérito
xenético.
AXENTES DO PROGRAMA
DIRECCIÓN XERAL DE PRODUCIÓN AGROPECUARIA
Segundo o decreto de estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, correspóndelle
á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria a elaboración, proposta e desenvolvemento
das directrices de política agraria da Consellería en materia de ordenación, fomento e
mellora da produción agrogandeira.
XENÉTICA FONTAO S.A.
Xenética Fontao, S.A. é unha empresa pública creada en 1998, coa participación da
Xunta de Galicia, a Federación Frisona Galega (FEFRIGA) e a Asociación Nacional de
Criadores de Ganado Vacún Selecto da Raza Rubia Galega (ACRUGA), que se encarga
da xestión do Centro de selección e reprodución animal de Galicia. No ano 1999 creou o
Laboratorio de Xenética Molecular como unha nova unidade para a prestación de servi-
zos mediante o emprego da biotecnoloxía do ADN nos campos da sanidade e produción
agropecuaria.
FEFRIGA/AFRICOR
A Federación Frisona Galega (FEFRIGA) é a federación das catro asociacións provinciais
de control leiteiro. Ten encomendada a xestión do Libro Xenealóxico da raza frisona en
Galicia, por delegación de CONAFE.
CENTRO GALEGO DE CONTROL LEITEIRO
O Centro Galego de Control Leiteiro (CEGACOL) é o órgano responsable en Galicia da
xestión do control leiteiro nos termos previstos polo Real Decreto 368/2005, do 8 de
abril, polo que se regula o control oficial do rendemento leiteiro para a avaliación xenética
nas especies bovina, ovina e caprina. Como centro galego encargarase de incardinar
a participación das asociacións provinciais de control leiteiro no Programa de mellora
xenética e de representalos na Mesa Técnica.
GANDERÍAS COLABORADORAS
Explotacións de vacún de leite galegas que se comprometen activa e particularmente
coa xestión do Programa de Mellora Xenética a través dun acordo de colaboración asi-
nado con Xenética Fontao S.A. As ganderías colaboradoras deberán estar integradas
nunha asociación provincial de control leiteiro, adscritas a unha ADSG recoñecida ou
reunir condicións sanitarias específicas. Como protagonistas do programa asumen de
xeito directo o mantemento da liña femia.
MESA DO PROGRAMA
Grupo de traballo presidido pola Consellería do Medio Rural e polo CEGACOL, FEFRIGA
e Xenética Fontao S.A. A Mesa será a encargada de definir os obxectivos de selección
da cabana leiteira galega, organizar a sistemática de valoración de novos sementais e
aprobar a incorporación de xenética de elite ao programa. A Mesa poderá contar con
diferentes comités técnicos e grupos de traballo especializados; en particular, contará
cun comité permanente de selección dedicado a valorar as diversas dispoñibilidades de
material xenético do mercado.
O Programa adquirirá no mercado internacional o volume anual necesario de embrións seleccionados de entre os mellores cruces
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 201112 XENÉTICA
ESTRATEXIA OPERATIVA PROGRAMA EMBRIONARIO, SELECCIÓN DE REPRODUTORES
MELLORANTES E TESTAXE DOS SEMENTAIS
LIÑA MACHO
A clave da difusión xeral da mellora entre os gandeiros galegos descansa na oferta de
doses seminais de alto valor xenético. A tal fin cómpre incorporar anualmente no Centro
de selección e reprodución animal de Xenética Fontao un número determinado de novos
sementais para proba. A Mesa do Programa definirá o número anual de sementais a
incorporar e as claves da sistemática da proba, en particular o número mínimo necesario
de lactacións finalizadas en control e as condicións de realización, incluído o retorno
económico por lactación finalizada.
Para garantir a variabilidade xenética da oferta, unha porcentaxe suficiente dos novos
sementais deben proceder das mellores liñas maternas foráneas. A este fin, o Programa
adquirirá no mercado internacional o volume anual necesario de embrións escollidos
polo Comité de selección de entre os mellores cruces.
O sistema de compra e implantación de embrións requirirá da participación de gan-
derías colaboradoras, que asinarán un acordo con Xenética Fontao S.A., que regulará
as condicións funcionais e económicas da súa participación, segundo o modelo definido
no ANEXO II.
Os machos de primeira xeración obtidos dos embrións implantados serán propiedade
de Xenética Fontao S.A., que retribuirá á gandería colaboradora, segundo os termos
pactados no acordo.
Os machos de segunda xeración, nados de femias obtidas de embrións implantados ao
amparo do programa, serán propiedade plena da gandería, mantendo Xenética Fontao
S.A. dereitos de compra en primeira opción a prezos previamente acordados polas par-
tes.
Xenética Fontao S.A. será a responsable de adquirir no mercado, preferentemente ga-
lego, os embrións e animais vivos necesarios, no marco das liñas xenéticas seleccio-
nadas pola mesa técnica, ata completar o número mínimo de sementais a ingresar cada
ano no Centro de selección e reprodución animal.
LIÑA FEMIA
As femias de primeira xeración obtidas da implantación de embrións adquiridos con pago
compartido serán propiedade da gandería, onde permanecerán, con carácter obrigato-
rio, ata o fin da primeira lactación. Xenética Fontao S.A. mantén o dereito á obtención
gratuíta de 6 embrións. Nestes casos, Xenética Fontao S.A. seleccionará e pagará
as doses seminais a utilizar na obtención dos embrións e os gastos de obtención dos
mesmos.
As femias de segunda xeración serán propiedade plena da gandería. Os seus embrións
e machos nacidos serán ofertados en primeira opción a Xenética Fontao S.A. en prezo e
número previamente acordado polas partes.
DIFUSIÓN DA MELLORA
Os resultados do Programa tradúcense na produción e distribución de doses seminais,
embrións e reprodutoras de alto valor xenético. A Consellería do Medio Rural habilitará
no marco da Oficina Agraria Virtual (OAV), para os gandeiros galegos, unha canle web
de oferta de material xenético.
Xenética Fontao S.A. porá a dispor dos gandeiros galegos, a través da súa rede comer-
cial, embrións excedentes e doses seminais dos touros do Programa.
AVALIACIÓN DE RESULTADOS
A Mesa do Programa supervisará a xestión do Programa avaliando os resultados e
estudando as medidas correctoras necesarias para o seu mellor desenvolvemento.
Anualmente aprobará unha memoria de resultados, a proposta da Dirección Xeral de
Produción Agropecuaria.
A evolución do Programa avaliarase sobre a análise dos feitos concretados e indicadores
obxectivos:
Ganderías colaboradoras no Programa embrionario.
Número de embrións adquiridos, implantados e número de animais incorporados ao
Programa.
Número de embrións de segunda xeración retornados ao Programa.
Número de xovencas de alto mérito xenético procedentes de explotacións colaborado-
ras co Programa ofertadas ao mercado galego.
Número de embrións de alto mérito xenético ofertados.
Número de machos incorporados a Xenética Fontao S.A.
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2011 13XENÉTICA
ANEXO I.REQUISITOS E CRITERIOS DE PRELACIÓN APLICABLES NA SELECCIÓN DAS GANDERÍAS COLABORADORAS CO PROGRAMA DE MELLORA XENÉTICA DA RAZA FRISONA EN GALICIA 2011-2015
As ganderías en Control leiteiro de Galicia que se consideren colaboradoras nas acti-
vidades de transferencia embrionaria reunirán, con carácter preceptivo, os seguintes
requisitos sanitarios:
Requisitos da explotación
a) Oficialmente indemnes a Tuberculose, Brucelose e Leucose e estaren libres das en-
fermidades de declaración obrigatoria na UE.
b) Historial analítico e sanitario que permita descartar a presenza de virus IBR circulante.
c) Non presenza de positividade a nivel de antíxeno para BVD.
Requisitos das receptoras
a) Resultado negativo da receptora e da súa nai a Paratuberculose. (1)
b) Resultado negativo da receptora e da súa nai a Neospora. (1)
c) Resultado negativo da receptora a IBR.
(1) Sempre ten que constar analítica demostrativa da negatividade da nai.
As comprobacións de ausencia de Tricomonas e Campylobacter realizaranse directamente
sobre os machos candidatos a ingresar no Centro de sementais.
CRITERIOS DE SELECCIÓN DE GANDERÍAS
A selección de ganderías farase en base a un sistema de puntuación que se describe a con-
tinuación, dando preferencia ás ganderías que acaden máis puntos. A Mesa do Programa de
Mellora Xenética da Raza Frisona en Galicia acordou que as explotacións colaboradoras sexan
seleccionadas entre tódalas ganderías de control leiteiro de Galicia. A tal fin, as AFRICOR pro-
vinciais efectuarán semestralmente unha avaliación de todas as ganderías en control leiteiro,
adxudicándolles a cadansúa unha puntuación en función dos seguintes parámetros:
Lonxevidade media. Número medio de partos das vacas dadas de baixa (só vacas paridas) no
período considerado, exceptuando as vendas para vida.
Porcentaxe de recría. Número de animais rexistrados menores de 24 meses respecto do nú-
mero de reses maiores de 24 meses.
Taxa de non retorno das xovencas. Taxa de non retorno a 56 días dos animais inseminados con
menos de 24 meses.
Nivel medio de produción. Media das lactacións válidas finalizadas no período de referencia.
Media de cualificación morfolóxica. Puntuación media das vacas cualificadas no mo-
mento do cálculo.
Idade ao primeiro parto. Idade media dos animais, expresada en meses, no momento
do primeiro parto.
Intervalo entre partos. Media do intervalo en días entre as datas do parto acaecido no
período de referencia e o parto inmediatamente anterior.
Media da puntuación lineal (PL) do RCS. Media dos valores de RCS de cada un dos
Percentil 80 a 89........................... 90 puntos.
Percentil 70 a 79 .......................... 80 puntos.
E así sucesivamente, ata acadar un máximo global de 800 puntos.
Os percentís calcularanse a nivel de Galicia.
A pertenza a unha ADSG puntúa 100 puntos adicionais.
A experiencia demostrable na transferencia de embrións nos últimos 2 anos puntúa 100
puntos adicionais.
A suma total máxima dunha gandería é de 1.000 puntos.
CONDICIÓNS E OBRIGAS COMPLEMENTARIAS
O número máximo de embrións transferidos por gandería será de 4. Evitaranse en todo
momento futuras situacións de monopolio das ganderías colaboradoras respecto de li-
ñas xenéticas concretas mediante o espallamento destas polas distintas explotacións
do Programa.
As ganderías adquiren o compromiso de aportar o seguinte número mínimo de recepto-
ras, en función dos embrións a transferir, no momento da programación da actividade:
Se no proceso planificado de transferencia resultase que algúns embrións non puideran
ser transferidos por falla das condicións das receptoras sincronizadas, estes embrións
poderanse transferir noutras ganderías con receptoras preparadas para a transferencia
na mesma data, respectando sempre o máximo de catro embrións por gandería.
CONTRATOS COAS GANDERÍAS
Xenética Fontao realizará contratos coas ganderías colaboradoras, segundo o modelo
definido no Programa de Mellora Xenética da Raza Frisona en Galicia, referido a cada
receptora/s sobre a que se lle realice a transferencia embrionaria.
Nº EMBRIÓNS
1......................
2......................
3......................
4......................
Nº RECEPTORAS
3
4
5
6
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 201114 XENÉTICA
ANEXO II.
ACORDO DE COLABORACIÓN CON GANDERÍAS
D. con D.N.I. en representación da Gandería
D. con D.N.I. en representación de Xenética Fontao
ACORDAN colaborar na produción de animais (machos e femias) de alto valor xenético
no marco do Programa da mellora xenética frisona de Galicia, coas seguintes cláusulas:
I. OBRIGAS E DEREITOS DA GANDERÍA
A) Obrigas
1. Poñer a disposición do Programa anualmente un rabaño mínimo de 8 xovencas vir-
xes, con idades comprendidas entre 14 e 18 meses, aptas para seren utilizadas como
receptoras de embrións.
2. Estar vinculada a unha ADSG ou cumprir cun programa sanitario equivalente. En
particular, as ganderías deberán ser oficialmente indemnes á Tuberculose, Brucelose e
Leucose e estaren libres das enfermidades de declaración obrigatoria na UE, de IBR e
de BVD. Ademais, as xovencas ofertadas ao Programa estarán libres de Paratuberculose
e Neospora.
3. Abonar a Xenética Fontao S.A. a parte de financiamento que lle corresponda pola
compra dos embrións incorporados nun prazo máximo de 15 días trala presentación da
copia da factura.
4. Comunicar a Xenética Fontao S.A. o nacemento dos animais nun prazo de 24 horas,
aloxalos en espazos individuais e subministrarlles os costros da nai durante un mínimo
de 24 horas. A partir dese momento, e ata que sexan retirados por Xenética Fontao S.A.,
os animais serán atendidos e alimentados en condicións óptimas.
5. Comunicar a Xenética Fontao S.A. nun prazo de 48 horas as incidencias sanitarias
que afecten aos animais incluídos no Programa.
6. Manter obrigatoriamente as femias de pago compartido ata o fin da primeira lactación.
7. Ofrecer en primeira opción a Xenética Fontao S.A. os embrións e os animais obtidos a
partir das femias de pago compartido.
B) Dereitos
1. Os machos de primeira xeración obtidos dos embrións implantados serán propiedade
de Xenética Fontao S.A., que retribuirá á gandería colaboradora a razón do custo do em-
brión máis un plus do 25% no caso do primeiro macho, e do custo do embrión no caso
dos seguintes machos obtidos do mesmo cruce e na mesma gandería.
2.As femias de primeira xeración obtidas da implantación de embrións adquiridos con
pago compartido serán propiedade da gandería, onde permanecerán, con carácter
obrigatorio, ata o fin da primeira lactación. Xenética Fontao S.A. mantén o dereito á
obtención gratuíta de 6 embrións. Nestes casos, Xenética Fontao S.A. seleccionará e
pagará as doses seminais a utilizar na obtención dos embrións e os gastos de obtención
dos mesmos.
3. Os sementais levarán o nome xenérico da gandería de procedencia.
II. OBRIGAS E DEREITOS DE XENÉTICA FONTAO S.A.
A) Obrigas
1. Practicar sobre as xovencas os procesos técnicos e analíticos necesarios para a im-
plantación e obtención de embrións, asumindo integramente o seu custo.
2. Retirar os animais da gandería nos quince días posteriores ao seu nacemento, sempre
e cando as condicións sanitarias da explotación o permitan.
3. Retribuír ás ganderías colaboradoras as cantidades pactadas en concepto de pago
polos machos nacidos.
B) Dereitos
1. Os machos de primeira xeración obtidos dos embrións implantados serán propiedade
de Xenética Fontao S.A., que deberá retribuír á gandería colaboradora.
2. Xenética Fontao S.A. conservará o dereito de adquisición en primeira opción dos
embrións e os animais nados de femias de pago compartido.
III. DURACIÓN DO ACORDO
O acordo celébrase con carácter indefinido ata o remate do Programa de Mellora Xe-
nética en decembro de 2015. Calquera das partes que desexe rescindir este acordo
deberá comunicalo con 3 meses de antelación. No caso de rescisión, ambas partes
comprométense a respectar as obrigas contraídas (xestacións en curso, devolución de
crías, compensacións económicas e embrións, etc.).
IV. CAUSAS DE RESCISIÓN
Serán causa de rescisión do presente acordo o incumprimento do establecido nas cláusu-
las do mesmo ou a aparición na explotación de calquera problema sanitario, reprodutivo
ou outro, que imposibilite ou dificulte gravemente o normal funcionamento do establecido.
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2011 15XENÉTICA
CONAFE E XENÉTICA FONTAO ASINARON UN CONVENIO PARA MELLORAR A RAZA FRISONA POR SELECCIÓN XENÓMICA
Xenética Fontao e a Confe-
deración de Asociacións de
Frisona Española (Conafe)
subscribiron o 22 de xullo, en
Lugo, un convenio de colaboración para
a realización de análises de ADN en ani-
mais desta raza vacúa, ratificando así ao
Laboratorio de Xenética Molecular como
referente nacional neste labor.
O documento foi asinado, en presenza
do conselleiro do Medio Rural, Samuel
Juárez, polo director xeral de Produción
Agropecuaria e presidente do Consello
de Administración de Xenética Fontao,
José Álvarez Robledo, e polo presidente
de Conafe, Germán De La Vega, e a súa
directora xerente, Sofía Alday.
A colaboración nesta materia entre
Conafe e Xenética Fontao empezou no
2005, cando asinaron un primeiro conve-
nio para a realización de análises de ADN
para o control da filiación da poboación
bovina de raza frisona en España, pro-
rrogando este acordo ata a sinatura da
súa renovación, en decembro de 2009.
Agora, a Confederación e os centros
nacionais de testaxe de sementais, entre
os que se atopa Xenética Fontao, inician
unha nova traxectoria nos programas de
mellora xenética desta raza en España
coa introdución da selección xenómica.
Xenética Fontao xa incorporou ao seu la-
boratorio as ferramentas e a metodoloxía
necesarias para facer estas análises.
A selección xenómica consiste no em-
prego da información do ADN nos pro-
gramas de valoración xenética. Para iso
utilízase a información de marcadores
de ADN tipo SNPs (Polimorfismos dun
Só Nucleótido), que axudan a predicir o
mérito xenético dos animais e a selec-
cionar os mellores. Trátase dunha me-
todoloxía innovadora que está a revolu-
cionar os programas de mellora xenética
que se están levando a cabo actualmente
en todo o mundo.
Xenética Fontao analizou o ADN de
case mil touros da súa propiedade, que
entrarán a formar parte da poboación de
referencia do programa de selección xe-
nómica da raza frisona en España.
De esquerda a dereita, José Álvarez Robledo (presidente do Consello de Administración de Xenética Fontao), Samuel Juárez (conselleiro do Medio Rural), Germán De La Vega (presidente de Conafe) e Sofía Alday (directora xerente de Conafe)