XENÉTICA MOLECULAR A DOMICILIO Noelia Deibe Pérez Ensaios biotecnolóxicos LACC2 IES A Sardiñeira
XENÉTICA MOLECULAR A DOMICILIO
Noelia Deibe Pérez
Ensaios biotecnolóxicos
LACC2
IES A Sardiñeira
1.Separación das células do kiwi:
Pelamos medio kiwi, cortámolo en anacos pequenos, engadimos
auga e esmagamos todo cun garfo.
2.Liberación do ADN:
Engadimos unhas pingas de deterxente á papa obtida anteriormente
para atacar os fosfolípidos ricos en ácidos graxos que forman parte das membranas que protexen o ADN e mesturamos ben todo.
3.Eliminación das proteínas:
Engadimos un chisco de sal e uns mL de zume de piña, fonte de bromelina, capaz de romper as cadeas de proteínas e render aminoácidos.
4.Obtención do líquido rico en ADN:
Poñemos a mestura nun papel de filtro para separar así
o líquido rico en ADN dos fragmentos de froita sólidos.
5.Precipitación das febras de ADN:Poñemos o líquido resultante da filtración nun recipiente axeitadoe engadimos a modiño unha cantidade de alcohol igual, para facer que as febras de ADN se xunten formando unha especie de bolas insolubles que precipitan.
6.Resultado:
Posto que a densidade dos dous líquidos presentes é moi diferente, estes superpóñense sen se mesturar aparecendo na súa interface o que se coñece co nome de “medusa de ADN”.