Rúa Madrid, 2-4, 2ª planta Polígono de Fontiñas 15781 Santiago de Compostela Resolución do de decembro da Dirección Xeral de Xustiza pola que se ditan instrucións en materia de vacacións e días de permiso por asuntos particulares correspondentes ao ano 2020. Dada a situación extraordinaria deste ano 2020, alcanzáronse diversos acordos en materia de vacacións e días de permiso por asuntos particulares polas distintas administracións xerais, tanto do Estado coma das Comunidades Autónomas. No caso da Administración de Xustiza debe concertarse unha solución acorde coa natureza da súa actividade común en todo o territorio do Estado, e facer posible así a realización da súa función constitucional. No 2020 suspendeuse durante varios meses a normal actividade da actividade xudicial, e impúxose a necesidade de establecer mecanismos de coordinación extraordinarios na Administración de Xustiza para poder acadar así solucións comúns a unha administración que da soporte ao funcionamento do Poder Xudicial; establecéndose así mesmo modelos de realización da actividade excepcionais, que quedaron finalmente plasmados na Lei 3/2020, do 18 de setembro, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á Covid-19. No marco destes mecanismos de coordinación tratouse sobre as especiais circunstancias do desfrute de vacacións, ou de días de permiso por asuntos particulares no presente ano que, conforme ao artigo 503.1 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, pode solicitar o persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, tratando de equilibrar o dereito a dito desfrute coa normal prestación do servizo público. Polo exposto, RESOLVO: 1. Como norma xeral, as vacacións e días de permiso por asuntos particulares do ano 2020, desfrutaranse ata o 31 de xaneiro de 2021. 2. Como excepción, poderá autorizarse o desfrute das vacacións correspondentes ao ano 2020 ata o 31 de marzo de 2021: a) Para aqueles funcionarios destinados en unidades onde, de non se producir esta autorización, e dada a súa natureza e funcións, así como a imposibilidade de arbitrar mecanismos de substitución, se produza un risco certo ou incluso o colapso da