A viaxe a Fuerteventura A viaxe a Fuerteventura foi unha experiencia única e inolvidable. A xente canaria, en xeral é moi sociable e simpática. Estiven moi contenta polo trato que recibín. Os dous primeiros días sentíame algo tímida e vergonzosa porque non coñecía a ningén, pero os outros días estiven xenial e sentinme “superben”. Mentras estivemos alí fixemos moitas actividades: fomos coñecer o pobo de Morro Jable e ensinaronnos unha ruta con esculturas que pretenden recordar oficios que xa se están perdendo, no mesmo pobo teñen unha praia asombrosa aínda que non me sorprendeu moito xa que nós aquí témolas a pares.; outro día fomos a Pájara e alí ensinaronnos os seus costumes, o que máis me asombrou foi o que nos contaron sobre as cabras, algo moi antigo e que se sigue a facer. Visitamos unha praia que está fosilizada cunhas covas grandes e impresionantes.