Top Banner
Por que somos máis listos? Intelixencia e cerebro Unidade 4
49

Unidade 4 por que somos máis listos

Jun 28, 2015

Download

Education

nieveslopez

Encéfalo, cerebro, evolución.
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Unidade 4 por que somos máis listos

Por que somos máis listos?Intelixencia e cerebro

Unidade 4

Page 2: Unidade 4 por que somos máis listos

Índice

• O encéfalo humano• O cerebro humano• A encefalización• Cerebro e alimentación• Xenes e linguaxe• A neotenia humana

Page 3: Unidade 4 por que somos máis listos

Índice

• O encéfalo humano

Page 4: Unidade 4 por que somos máis listos

O encéfalo

• Os seres humanos posuímos unha intelixencia moito máis desenvolvida que o resto dos animais.

• A rexión do noso organismo encargada de realizar esas funcións é o encéfalo, que está aloxada no interior da cavidade cranial e componse de tres órganos, o cerebro, o cerebelo e o bulbo raquídeo.

Page 5: Unidade 4 por que somos máis listos
Page 6: Unidade 4 por que somos máis listos

O encéfalo humano• De xeito xeral pódese dicir

que as funcións superiores relacionadas coa intelixencia lévanse a cabo no cerebro (por exemplo a capacidade de abstracción, a asociación de información ou a habilidade para codificar e descodificar información nunha linguaxe artillada), que está dividido en dous hemisferios (dereito e esquerdo).

Page 7: Unidade 4 por que somos máis listos

O encéfalo humano

• O cerebelo encárgase da coordinación motora xeral e do equilibrio do corpo.

Page 8: Unidade 4 por que somos máis listos

O encéfalo humano

• O bulbo raquídeo constitúe un auténtico “piloto automático” encargado de regular funcións tales como o ritmo respiratorio e o latido cardíaco.

Page 9: Unidade 4 por que somos máis listos

O encéfalo humano

• As investigacións dedicadas a estudar a evolución do encéfalo nos homínidos enfocáronse en dous aspectos básicos: cuantificar o aumento de tamaño do propio encéfalo ao longo da evolución dos homínidos, ou proceso de encefalización, e analizar a morfoloxía dos seus órganos, especialmente a dun deles: o cerebro.

Page 10: Unidade 4 por que somos máis listos

Índice

• O cerebro humano

Page 11: Unidade 4 por que somos máis listos

O cerebro humano

• En 1990 o Dr. Paul Maclean desenvolveu a teoría do cerebro triuno:

1. O complexo reptiliano.

2. O sistema límbico.3. O neo-córtex

Page 12: Unidade 4 por que somos máis listos

O cerebro humano

Page 13: Unidade 4 por que somos máis listos

O cerebro humano

1. O complexo reptiliano.• É a parte máis antiga e se

atopa na base do cerebro. O seu motor é o instinto, e esta parte controla a nosa primitiva técnica de supervivencia: fuxir ou loitar. Esta reacción aínda ocorre no noso cerebro cando experimentamos momentos de medo ou de estrés.

Page 14: Unidade 4 por que somos máis listos

O cerebro humano

2. O sistema límbico é a parte do cerebro responsable das emocións, un sistema de crenzas e valores, e da memoria a longo prazo.

Page 15: Unidade 4 por que somos máis listos

O cerebro humano

Page 16: Unidade 4 por que somos máis listos

O cerebro humano

3. O neo-córtex situado na parte de arriba do cerebro, é a área do pensamento cognitivo. Divídese en:• Hemisferio dereito• Hemisferio esquerdo

Page 17: Unidade 4 por que somos máis listos
Page 18: Unidade 4 por que somos máis listos

O cerebro humano• Hemisferio dereito: é o máis

intuitivo e é o responsable dos traballos creativos e imaxinativos, aínda que necesita ver o panorama á hora de recibir ideas novas.

• Hemisferio esquerdo: é máis analítico e funciona dunha maneira secuencial desde as partes cara o total. A linguaxe, a lóxica e os conceptos dos números son as funcións principais deste hemisferio.

Page 19: Unidade 4 por que somos máis listos

Índice

• A encefalización

Page 20: Unidade 4 por que somos máis listos

A encefalización expresada en peso-

+

Chimpancés: 400 g.

Gorilas: 500 g.

Ser humano: 1.250 g.

Elefante: 5. 700 g.

Balea: 6.800 g.

PRO

MED

IO D

A ES

PECI

E EN

GRA

MO

S

O ser humano non ten o encéfalo maior en termos absolutos.

Page 21: Unidade 4 por que somos máis listos

A encefalización expresada en pesoChimpancés: 400 g.

Gorilas: 500 g.

Ser humano: 1.250 g.

Elefante: 5. 700 g.

O ser humano non ten o encéfalo maior en termos absolutos.

Page 22: Unidade 4 por que somos máis listos

Alometría ou Lei da Disharmonía

• O tamaño do encéfalo aumenta máis despazo que o tamaño do corpo, i.e., o encéfalo vaise facendo proporcionalmente menor ao aumentar o tamaño dos mamíferos.

• Este fenómeno recibe o nome de alometría ou Lei da Disharmonía.

Page 23: Unidade 4 por que somos máis listos

Alometría ou Lei da Disharmonía

Page 24: Unidade 4 por que somos máis listos

Cociente de encefalización

• Dado que o encéfalo dos mamíferos crece alometricamente respecto do tamaño corporal, a única maneira de comparar o encéfalo de especies de tamaños diferentes é a de calcular o peso encefálico que debería ter cada unha delas segundo o seu peso corporal e comparar ditos “pesos encefálicos ideais” cos seus pesos encefálicos reais. Aquela especie que presente un maior superávit no peso encefálico será a máis encefalizada.

Page 25: Unidade 4 por que somos máis listos
Page 26: Unidade 4 por que somos máis listos

As especies con maior cociente de encefalización son sociais

Page 27: Unidade 4 por que somos máis listos

Evolución e encefalización

• Ao longo da evolución humana o lóbulo frontal experimentou unha grande expansión, tanto en termos absolutos como en proporción ao resto do cerebro.

Page 28: Unidade 4 por que somos máis listos

Evolución e encefalización

• Ademais doutras funcións (como o control das funcións motrices primarias) é o responsable dunha serie de capacidades psíquicas que son exclusivas dos seres humanos (establecer a secuencia de movementos do aparato fonador que compoñen a fala, o control das emocións, a posibilidade de concentrarse nunha tarefa, a planificación, a anticipación de acontecementos, o mantenimento dunha idea na mente durante longo tempo e o control do uso da memoria para integrar experiencias e aprendizaxes previos na toma de decisións).

Page 29: Unidade 4 por que somos máis listos

Evolución e encefalización

• Katerina Semendeferi sostén que o grande tamaño do cerebro da nosa especie non é a causa dos nosos grandes lóbulos frontais senón a súa consecuencia. Así, o desenvolvemento do lóbulo frontal foi o motor da nosa encefalización.

Page 30: Unidade 4 por que somos máis listos

Evolución e encefalización

Page 31: Unidade 4 por que somos máis listos

Evolución e encefalización

Óso esfenoide

Page 32: Unidade 4 por que somos máis listos

Evolución e encefalización

Óso esfenoide

Page 33: Unidade 4 por que somos máis listos

Evolución e encefalización

• Fai 60 millóns de anos os prosimios tiñan un esfenoides horizontal e plano como a inmensa maioría dos demais animais con cerebro.

• Fai uns 40 millóns de anos, nos simios o esfenoides tiñan unha primeira inclinación cara abaixo o que permitía un aumento da capacidade encefálica. Os lóbulos occipitais obtiveron máis espazo e así logrouse un perfeccionamento da visión estereoscópica e probablemente da memoria visual.

• Fai menos de 12 millóns de anos se produciu unha nova inclinación cara abaixo, isto na liña evolutiva deu orixe aos antropoides, o cal implica un cerebro aínda maior en proporción ao resto do corpo.

Page 34: Unidade 4 por que somos máis listos

Evolución e encefalización• Fai uns 6 millóns de anos, cos Australopithecus, a inclinación do

esfenoides volveuse a acentuar, e con elo incrementouse a capacidade neurocranial.

• Fai 2 millóns de anos se produciu a mesma inclinación cara abaixo do esfenoides, coincidindo cun total bipedismo no Homo erectus. Tal bipedismo, supón a necesidade dun cerebro voluminoso con redes neuronais complexas como para manter esa posición oposta á gravidade. É tamén probable que esa nova posición dos esfenoides permitiran unha fala rudimentaria, cuns fonemas que eran chasquidos e tons guturais.

• Entre 200.000 e 160.000 anos atrás o esfenoides obtivo a inclinación que se encontra no Homo sapiens. Este feito coincide cun aumento da capacidade cerebral, (en especial dos lóbulos frontais) e unha maior irrigación sanguínea para o cerebro.

Page 35: Unidade 4 por que somos máis listos

Índice

• Cerebro e alimentación

Page 36: Unidade 4 por que somos máis listos

Cerebro e alimentación

• Sir Arthur Keith sinalou en 1891 que nos primates existía unha relación inversa entre o tamaño do cerebro e o do estómago: canto maior é o estómago menor é o cerebro.

Page 37: Unidade 4 por que somos máis listos

Cerebro e alimentación

• Leslie Aiello e Peter Wheeler en 1995 sinalaron que o cerebro é un dos órganos máis custosos no metabolismo dos individuos (queima 1/5 da comida que consumimos), un aumento do seu volume só sería posible a cambio da redución doutro órgano con similar consumo de enerxía.

Page 38: Unidade 4 por que somos máis listos

Cerebro e alimentación

• Os órganos enerxeticamente máis custosos do corpo humano son o corazón, os riles, o cerebro e o conxunto formado polo tubo dixestivo máis o fígado (representa o 15% da taxa metabólica basal do organismo).

Page 39: Unidade 4 por que somos máis listos

Cerebro e alimentación

• Se o ser humano ten un cerebro bastante maior do que lle corresponde a un hipotético primate non humano do noso tamaño, tamén ten un tubo dixestivo menor do que lle correspondería. Logo, a expansión cerebral produciuse no Homo a costa do acurtamento do tubo dixestivo.

Page 40: Unidade 4 por que somos máis listos

Cerebro e alimentación• Co Homo habilis hai a hipótese

que relaciona o crecemento evolutivo do cerebro co cambio de dieta; consumían cantidades maiores de carne e graxas animais, que son de máis fácil asimilación que os produtos vexetais e gran poder calorífico. A fabricación de utensilios de pedra permitiulles desgarrar a carne dos animais mortos; ao carecer de caninos grandes e cortantes, usaron estas pedras talladas como ferramentas. Tamén sabemos que el Homo habilis consumía carraña.

Page 41: Unidade 4 por que somos máis listos

Cerebro e alimentación

• Non quere dicir que o cambio de dieta producira automaticamente un aumento do tamaño do cerebro, pero estes autores insisten en que era necesario que nos fixéramos carnívoros para poder ser intelixentes.

Page 42: Unidade 4 por que somos máis listos

Índice

• Xenes e linguaxe

Page 43: Unidade 4 por que somos máis listos

Xenes e linguaxe

• En 2001 , científicos do Centro Wellcome de Xenética Humana da Universidade de Oxford, liderado por Fisher, identificaron o primeiro xene relacionado coa fala. Este xene suponse foi el primeiro impulso para que o home puidera empezar a desenvolver a súa capacidade lingüística.

Page 44: Unidade 4 por que somos máis listos

Xenes e linguaxe• Este xene denomínase FOXP2,

abreviatura en inglés de Forkhead Box ( a caixa da cabeza do garfo). Este xene se require durante o desenvolvemento embrionario cedo para a formación das rexións do cerebro asociadas coa fala e a linguaxe. É verdade que non está demostrado que FOXP2 sexa o principal xene implicado na maioría dos trastornos da linguaxe, pero a súa destrución lévanos á incapacidade de poder falar correctamente.

Page 45: Unidade 4 por que somos máis listos

Xenes e linguaxe• A identificación deste xene, foi a través

do estudo dunha familia ( a familia KE) na que un 50 % dos seus membros presentaban un trastorno severo relacionado coa linguaxe. Os membros afectados non eran quen de executar coordinadamente, os movementos da lingua e dos beizos que son necesarios para falar con claridade (dispraxia verbal) . Os afectados, sen ser xordos son incapaces de xesticular e de realizar os movementos da boca indispensables para pronunciar calquera frase. Estes membros da familia tamén presentaban síntomas de dislexia e dificultades gramaticais que lles impedían escribir correctamente.

Page 46: Unidade 4 por que somos máis listos

Índice

• Neotenia humana

Page 47: Unidade 4 por que somos máis listos

Neotenia humana

• A neotenia (do grego neo-, ‘xove’, e teinein, ‘estender’) é un fenómeno que en Antropoloxía describe a retención das características de individuos inmaturos (xoves) durante máis tempo e alén da madurez sexual.

Page 48: Unidade 4 por que somos máis listos

Neotenia humana

• Un dos aspectos que contribuíu a nosa especiación foi a nosa capacidade para reter as nosas características de neno durante máis tempo e o desenvolvemento do encéfalo que elo permite.

Page 49: Unidade 4 por que somos máis listos

Neotenia humana

• Un cambio no noso ADN permitiu un período de desenvolvemento posnatal máis longo: un cranio con características xuvenís máis tempo, unha proliferación celular máis prolongada e capacidade durante máis anos de variabilidade (plasticidade neuronal) e desenvolvemento do encéfalo.