Top Banner
TIMERIME (liñas do tempo) TITORIAL Elaborado por Miguel Carricoba e Marta Arias.
26

Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

Jul 22, 2015

Download

Education

urraca60
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

TIMERIME (liñas do tempo)

TITORIAL

Elaborado por Miguel Carricoba e Marta Arias.

Page 2: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

1. Entra en www.timerime.com e

preme en rexistrarse ou login*

Login*: palabra inglesa que significa “entrar no sistema”, ou “abrir sesión”.

Page 3: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

2. Se é a primeira vez que accedes, completa os datos da columna da esquerda. Recibirás un correo electrónico cunha ligazón (link en inglés) para que actives a túa conta.

Non te esquezas de marcar

esta casa

Page 4: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

3. Na nova xanela, preme no botónCree unha liña de tempo

Page 5: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

Podes decidir se a túa liña do

tempo será só para ti ou non…

pero para o noso traballo…

terá que ser pública!!!!

•4. Completa os campos e preme en gardar

Page 6: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

4. Unha opción interesante que nos ofrece TimeRime

para traballar na clase, é poder traballar de xeito

colaborativo na mesma liña do tempo (por exemplo

un traballo en grupo ou de toda a clase).

Neste caso o profesor ou profesora creará a liña do

tempo como vimos antes e logo “invitará” o alumnado.

Page 7: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

Separa os enderezos por un

punto e coma

Tamén podes enviar a túa liña do tempo por correo

electrónico a quen queiras

Para iso pincha na

pestana Opcións extra e

escribe os enderezos

electrónicos dos que

van participar na

elaboración da nosa liña

do tempo.

Logo dálle a enviar

Page 8: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

6. Dende a pestana de evento podesengadir os feitos que aparecerán na túa liña do tempo. En primeiro lugar pon o nome do evento.

Page 9: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

7. A continuación inclúe a data do evento. Ten en conta isto:• Se abrangue varios

anos, pon data de inicio e de fin. Se no, pon só a de inicio.

• Non é obrigado encher tódolos campos (mes, día, etc)

• Non se poden poñer séculos, só anos.

• Os anos antes de Cristo póñense en negativo. Ex: -2000

Page 10: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

8. Escribe unha pequena descrición no cadro de texto. Servirá de explicación ao evento na liña do tempo.

Page 11: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

9. Se te decides a poñer unha imaxe, primeiro tela

que ter no teu ordenador para logo subila ao servidor

de TimeRime

Fai clic en Upload one file*

Upload one file*: expresión inglesa que significa “subir un arquivo”

Page 12: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

Dándolle en examinar busca a túa imaxe no teu ordenador

Logo dálle a Upload*

Upload*: termo inglés que significa “subir”, nun sentido figurado, á “nube”, a internet.

Page 13: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

Unha vez feito isto, aparecerache a imaxe no escritorio. Fai clic sobre ela e quedará seleccionada.

Page 14: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

1

10. De xeito opcional,

podes ampliar inda

máis a información

sobre o evento.

Exemplos:1. Engadir un texto

2. Suxerir enlaces

web para ampliar a

información

3. Poñer un vídeo de

youtube

2 3

Fai clic aquí

Page 15: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

Como sempre ocorre cando

queremos incrustar, inserir (ou

como se di en inglés “embed”), un

recurso web 2.0 noutro, tes que

pegar o código HTML

correspondente. Neste caso, un

vídeo de youtube.

Se non te lembras de cómo atopar o código HTML de

youtube, podes revisar o titorial sobre como incrustar o

código HTML nun blog deste mesmo curso.

Page 16: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

Cando consideres que o evento estea rematado, dálle a Gardar.

Se lle dás a Gardar e novo quedará gardado e poderás engadir outroevento.

Page 17: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

Así nos queda o noso evento:

Se fas clic na imaxe, aparecerache…

Data e nome do evento

Page 18: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

Indícanos que, facendo clic, aparecerán máis contidos, no noso exemplo, un vídeo de youtube)

Ao facer clic na imaxe, aparece…

Page 19: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

11. De xeito opcional podes engadir períodos históricos. Pincha na pestana Períodos e enche as casas. Despois selecciona gardar ou gardar e novo (se vas engadir outro)

Page 20: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

•12. Observa como queda o período nunha liña do tempo

Page 21: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

13. Na versión gratuíta de TimeRime (que é na que nos rexistramos) podes engadir ata 100 eventos. Esta versión ten algunha outra limitación, pero realmente insignificante en comparación ao que nos ofrece.

Page 22: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

Se pos moitos eventos poden amorearse uns por

riba doutros. Non hai problema… podes modificar a

escala da liña do tempo movendo os seu extremos.

Page 23: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

Observa como, modificando a escala, se separan

máis os eventos.

Page 24: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

Unha última cousa: esta liña do tempo, como

recurso web 2.0 pode ser inserida, incrustada, nun

blog. Para iso necesitas o código HTML, e neste

caso atópase no botón co símbolo <>

Copia este código e pégalo nunha entrada do teu blog

Se só queres saber o enderezo web da túa liña do tempo, fai clic no símbolo

Page 25: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

• - Entra co idioma en inglés e coa conta de acceso a Timerime.

Pincha en Welcome.... E logo cambias o idioma a español se

queres.

No medio aparecerá "CREATE A NEW TIMELIME" ou "CREAR

UNA NUEVA LÍNEA". Pulsas aquí e podes comezar a cubrir os

datos e engadir eventos. Non te esquezas de “gardar”.

Para editar:

Pulsa arriba en "MY Timerime" e en "Cambio" podes editar a liña

que ti queiras.

Se tes algún problema á hora de crear

algunha liña de tempo, pode ser por

problema do idioma…

Page 26: Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

TIMERIME (liñas do tempo)

FIN

Elaborado por Miguel Carricoba e Marta Arias.