Top Banner
TEXTOS PRESENTABLES
32

Textos presentables

Jul 24, 2016

Download

Documents

Todo o que sempre quixeches saber para presentar un texto pero non eras quen de preguntar
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Textos presentables

TEXTOS PRESENTABLES

Page 2: Textos presentables

Cóntase que un señor, por ignorancia ou por malicia, deixou ao morrer o seguinte escrito:

Deixo os meus bens ao meu sobriño Xoán non ao meu irmán Luís tampouco xamais se pagará a conta do xastre nunca de ningún modo para os Xesuitas todo o dito é o meu desexo Facundo.

Cando o documento foi lido, as persoas aludidas atribuíanse a preferencia. Co fin de resolver as dúbidas, acordaron que cada un levara o escrito e lle colocase a

CUESTIÓN DE SIGNOS

de resolver as dúbidas, acordaron que cada un levara o escrito e lle colocase a puntuación respectiva. O sobriño Xoán presentouno do seguinte xeito:

Deixo os meus bens ao meu sobriño Xoán, non ao meu irmán Luís. Tampouco, xamais se pagará a conta do xastre. Nunca, de ningún modo para os Xesuítas. Todo o dito é o meu desexo. Facundo.

O irmán Luís presentou a súa reclamación desta maneira:Deixo os meus bens ao meu sobriño Xoán? Non! Ao meu irmán Luís. Tampouco, xamais se pagará a conta do xastre. Nunca, de ningún modo para os Xesuítas. Todo o dito é o meu desexo. Facundo.

Page 3: Textos presentables

Os Xesuítas consideraron que o documento debería interpretarse da seguinte maneira:

Deixo os meus bens ao meu sobriño Xoán? Non. Ao meu irmán Luís? Tampouco, xamais. Pagarase a conta do xastre? Nunca, de ningún modo. Para os Xesuítas todo. O dito é o meu desexo. Facundo”.

Esta lectura ocasionou grandes escándalos e, para poñer orde, acudiuse á

CUESTIÓN DE SIGNOS

Esta lectura ocasionou grandes escándalos e, para poñer orde, acudiuse á autoridade. Esta conseguiu establecer a calma e, despois de examinar o escrito, dixo en ton severo:

Señores, aquí estase tratando de cometer unha fraude; a herdanza pertence ao Estado, segundo as leis; así o proba esta interpretación:

Deixo os meus bens ao meu sobriño Xoan? Non. Ao meu irmán Luís? Tampouco. Xamais se pagará a conta do xastre. Nunca, de ningún modo, para os Xesuítas. Todo o dito é o meu desexo. Facundo”.

En virtude do cal, e non resultando herdeiros para esta herdanza, queda incautada en nome do Estado e dáse por rematado este asunto.

Page 4: Textos presentables

NORMAS ORTOGRÁFICASRespectaranse as normas do idioma que se empregue. • De se tratar dun texto escrito

nun ordenador, é útil empregar con intelixencia as ferramentas de corrección. Xa sabedes: primeiro é necesario definir o primeiro é necesario definir o idioma do texto e, máis tarde, aplicar a revisión ortográfica e/ou lingüística.

• Tamén é eficaz contar entre os favoritos con páxinas de consulta e dicionarios en liña:

http://www.rae.

es/ayuda/diccion

ario-de-la-

lengua-espanola

Page 5: Textos presentables

O HOME QUE PERDEU...

O home aquel perdeu a coma empezou a temerlle ás oracións complexas; buscou frases sinxeliñas. Frases sinxelas trouxeron pensamentos sinxelos.Perdeu despois o sinal de exclamación e comezou a falar en voz moi baixa, monotonamente. Non se aledaba nin indignaba con nada, tanto lle tiña todo. Máis tarde, perdeu o sinal de interrogación e deixou de formular preguntas: Ningunha cousa espertaba a súa curiosidade, xa acontecese no Cosmos, na Terra ou mesmo na súa propia casa… Despois dun par de anos, perdeu na Terra ou mesmo na súa propia casa… Despois dun par de anos, perdeu outro sinal de puntuación -os dous puntos- e deixou de explicar á xente a súa conduta.Cara a fin da súa vida non lle quedaban xa máis que as comiñas. Non expresaba ningunha idea propia; citaba sempre aos outros…Velaí que se desacostumou a pensar e chegoulle o punto final. Coide vostede os sinais de puntuación!

ALEXANDR KANEVSKIIT

Page 6: Textos presentables

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA

A corrección lingüística non se esgota na ortografía: a coherencia das ideas, a cohesión e a riqueza léxica son parámetros a ter en conta na redacción dun traballo. Aquí, o consello É RELER O TEXTO ANTES DE ENTREGALO . Se hai

A MALA ORTOGRAFÍA É

UNHA TEXTO ANTES DE ENTREGALO . Se hai algo que non está claro nunha segunda lectura, o mellor ha SIMPLIFICALO,dándolle unha formulación lingüística máis clara e máis segura .

O TRABALLO TEN QUE TER UNHA ESTRUTURA; non sempre ten que ser a clásica (introdución, desenvolvemento e conclusión), mais, cando menos, ten que ser recoñecíbel e axustada á temática tratada.

UNHA ENFERMIDADE

DE TRANSMISIÓN

TEXTUAL

Page 7: Textos presentables

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA

O TEXTO DEBE ORGANIZARSE EN PARÁGRAFOS que desenvolvan unha idea central. As oracións deben ir separadas por puntos. Evitaranse os períodos oracionais demasiado longos e nos que haxa demasiada subordinación.Para non enlearse coa formulación das frases, é útil construílas seguindo a orde Para non enlearse coa formulación das frases, é útil construílas seguindo a orde lóxica

SUXEITO + VERBO + COMPLEMENTOS + PUNTO E SEGUIDO

Outras ordenacións non son necesariamente incorrectas, mais, cando non se ten demasiada pericia, é fácil enredarse e cometer erros que nos levan a deixar frases inacabadas, a cruzar estruturas sintácticas, incorrer en faltas de concordancia ou de correlación temporal.

Page 8: Textos presentables

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA

“…atopámonos INCOHERENCIA SINTÁCTICA:“…atopámonos cun poema no que nos versa

sobre a guerra…”

INCOHERENCIA SINTÁCTICA:

O poema pode versar sobre a guerra, pero non pode versarnos a nós sobre ela, porque o verbo versar non admite un CD. Pódese versificar algo, pero non versar “algo”.

En que consistiría versar a alguén sobre algo? En facer que sexa moi versado en algo ou en convertelo nun verso?

Page 9: Textos presentables

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA

“Debido á guerra,

AMBIGÜIDADE:

A miseria de Galiza debida á guerra é o tema principal?“Debido á guerra,

o tema principal é a miseria de

Galiza?”

…o tema principal sería “a miseria de Galiza, debido á guerra…”

guerra é o tema principal?

Page 10: Textos presentables

INCISOS, TÍTULOS E REFERENCIAS

Os incisos ou aclaracións:Habería que evitar o abuso das parénteses ou das das parénteses ou das aclaracións, porque complican a expresión. Nos textos realizados desde o ordenador pódense introducir comentarios numerados que aparecerán ao pé de páxina ou ao final do escrito como notas, comentarios, observacións ou información adicional.

Page 11: Textos presentables

INCISOS, TÍTULOS E REFERENCIAS

En calquera caso, as parénteses poden ser útiles cando o inciso é un elemento En calquera caso, as parénteses poden ser útiles cando o inciso é un elemento illado no texto ou para aludir á parte dun texto que non se rexistra. De ser así, dentro das parénteses van uns puntos suspensivos que representan a parte non reproducida da obra que se cita: (…) porque se dicía que en mil seiscentos sesenta e seis a apocalipse sería un feito e moitos agardaban medorentos a consumación das profecías (…). Claro que, para daquela, a anunciada fin era unha ameaza tan habitual que moitos xa desconfiaban das razóns nas que aniñaba aquel paxaro de mal agoiro.

Page 12: Textos presentables

INCISOS, TÍTULOS E REFERENCIAS

Os títulos de seccións e as Os títulos de seccións e as referencias:Os títulos dos diversos apartados ou seccións do traballo deben escribirse en minúscula, agás a primeira letra da frase, exceptuando, naturalmente, aquelas palabras que por regra ortográfica deban ir grafadas con maiúscula.

Page 13: Textos presentables

INCISOS, TÍTULOS E REFERENCIAS

Enlaces con outros artigos: se enlazarmos o noso texto con outro que desenvolve en profundidade o tema exposto, debe indicarse empregando a abreviatura “ vid.” (véxase) e ofrecendo a seguir a información sobre a obra: autor, título, capítulo e páxinas:

“…o tratamento da infancia desde unha perspectiva social e non só psicolóxica (vid. NEIRA VILAS, X. .- Memorias dun neno labrego, Ed. Galaxia, páxs. 25-48) é frecuente nos autores da posguerra galega…”

Page 14: Textos presentables

INCISOS, TÍTULOS E REFERENCIAS

Títulos de libros, películas ou outro tipo de obras : Gráfase en maiúscula a inicial da primeira palabra do título e en minúscula o resto, non sendo que haxa nel algún nome propio, en cuxo caso se manterá a maiúscula.

“Cartas a Lelo”Nos nomes de publicacións periódicas, escríbense con maiúscula inicial os substantivos e adxectivos e en minúscula o resto das palabras.

A Nosa Terra. La Voz de Galicia.

Se o título dá nome a unha obra nunha lingua estranxeira, transcribirase conforme ás normas do idioma correspondente.

Page 15: Textos presentables

TRATAMENTOS DE CORTESÍA

Tratamentos, títulos, cargos ou dignidades:Son nomes comúns e gráfanse con letra minúscula, agás cando se tratar dunha alta dignidade da igrexa ou do estado ou se estiveren utilizados para substituír a un nome propio, circunstancia na que é permisíbel empregar a maiúscula aínda que non sexa obrigatorio. Diante dos nomes propios respectivos deben empregarse as minúsculas, agás cando se empregan as formas abreviadas: Dr., D. , Ilma. , Fr. , Lic.

Page 16: Textos presentables

Reservamos o destacado en cursiva para:• estranxeirismos e latinismos.• siglas de expresións noutros idiomas :

TIPOS DE LETRA E REFERENCIAS

Cursiva, bastardiña ou

itálica

RedondaNegriña • siglas de expresións noutros idiomas :

LOL, QED.• os nomes científicos en latín ou taxóns biolóxicos: Coleóptera.• para títulos de obras de creación literarias e artísticas e as súas siglas, agás as de enxeñaría ou arquitectura. A Venus do espello.• os pseudónimos ou alcumes que se achegan inmediatamente despois do nome propio: Afonso X O Sabio.

Negriña

Emprégase o destacado en negriña case sempre para

resaltar o título do artigo.

En xeral, para todo o demais.

Page 17: Textos presentables

COMIÑAS

Nos textos impresos e informáticos, en oposición aos manuscritos, recoméndase empregalas

Para citar textualmente un treito que non ocupe máis de tres ou catro liñas; para resaltar palabras empregadas recoméndase empregalas

en primeira instancia reservando outros tipos para cando deban engadirse comiñas a partes dun texto que xa ía entre comiñas. Neste caso, as inglesas empréganse no último lugar: «María díxome: “vaia pota de coche que mercou o Lois”».

palabras empregadas cun sentido especial; nun título ou para substituír a cursiva cando se introduce o título dunha obra (Análise de “A Esmorga”); para representar os pensamentos dun personaxe no relato.

En obras de carácter lingüístico, para enmarcar significados:o latinismo ipso facto ‘no momento’ é frecuente en obras de carácter culto.

Page 18: Textos presentables

COMIÑAS

Escríbense pegadas á primeira e á última palabra do Escríbense pegadas á primeira e á última palabra do período que enmarcan e separadas por un espazo das palabras que as preceden ou seguen, agás de se tratar dun signo de puntuación:

Sus palabras fueron: «por favor, el pasaporte».

Como modelo de la primera conjugación se utiliza usualmente el verbo «amar».

Page 19: Textos presentables

FRAGMENTAR O TEXTOEN DÚAS LIÑAS

Non deben separarse letras dunha mesma sílaba, polo que o guión colocarase no final dalgunha das sílabas que forman a palabra:

cas-/telocaste-/lo.

Se as palabras son compostas ou levan un prefixo, hai dúas posibilidades:- coincidir co silabeo da palabra: - coincidir co silabeo da palabra: - dividir conforme á separación dos compoñentes:

des-/amparo ou de-/samparoma-/linterpretar ou mal-/interpretar

Dúas ou máis vogais seguidas nunca se separan ao final da liña, independentemente de que formen ditongo, tritongo ou hiato,

cau-/sa e non ca-/usasendo a única excepción o caso de que o encontro de vogais obedeza á unión de dous formantes nas compostas (contra-/espionaxe).

Page 20: Textos presentables

FRAGMENTAR O TEXTOEN DÚAS LIÑAS

• Non poden aparecer fragmentadas en dúas liñas do texto: • as abreviaturas e as siglas.• as cifras e expresións numéricas, sexan arábigas ou romanas.

• Para dividir palabras que conteñan “h” intercalado, actuarase como se • Para dividir palabras que conteñan “h” intercalado, actuarase como se a letra non existise e aplicarase a norma xeral, agás se esta fixer parte dunha palabra composta, en cuxo caso rexerémonos pola pauta das composta:

cohe-/sión, des-/herdar• Os dígrafos non se poden separar ao final da liña, agás se se

producen do resultado do encontro dos formantes nunha composta:hiper-/realismo, pero ca-/rro

• Se un guión dos empregados para representar certas compostas coincide co final da liña, debe repetirse o signo ao comezo da liña seguinte:

teórico-/-práctico

Page 21: Textos presentables

TRATAMENTO DE MARCAS

• Debe evitarse empregar como nome dun obxecto o nome da marca comercial ou do patrocinio, non sendo que a substitución sexa de extensión xeneralizada:

Kleenex, Post-it, Tupper... E cando os escribamos, como nomes propios que son, grafarémolos con propios que son, grafarémolos con maiúsculas.

• Só se poderá empregar a minúscula cando o nome se forme con varias palabras escritas sen separacións ou con fragmentos das mesmas ou cando se engadir unha letra minúscula como o prefixo i– de Internet ou e- de electrónico:

iPod, email.• En xeral, desterrarase o uso de resaltes

tipográficos para as marcas comerciais (cursivas, subliñados, etc).

Page 22: Textos presentables

• Este é o formato máis estendido nos países da lusofonía: 3 de xaneiro de 1846

REXISTRARDATAS

3 de xaneiro de 1846• Pode usarse o formato 3/1/1846• Deben evitarse, por erróneas, referencias cronolóxicas como

03/01/1846• O primeiro día do mes pode escribirse co ordinal (1º ou primeiro)

ou co cardinal (1 ou un). • Ao incluír unha data determinada non se fará alusión á estación

do ano na que transcorre o acontecemento aludido, aínda que en textos literarios ou informais como cartas persoais pode substituírse a indicación de mes pola estación, como unha licenza.

Page 23: Textos presentables

Os paralelos e meridianos escribiranse sen deixar espazo entre o número e o símbolo

COORDENADASXEOGRÁFICAS

número e o símbolo pero cun espazo entre o símbolo de grao e o punto cardinal60º NO mesmo é aplicábel ás coordenadas xeográficas: 34º 21’ 57” O

Page 24: Textos presentables

SEPARACIÓN DE MILLARES E SIGNO DECIMAL• Aínda que é frecuente ver que se separan os números da parte enteira de tres en

REXISTRARNÚMEROS

CARDINAIS

• Aínda que é frecuente ver que se separan os números da parte enteira de tres en tres mediante punto, recoméndase usar un espazo como separador e a coma para separar a parte enteira da decimal:

3 456 231719,56

• Non se separan cifras ao falar de anos, códigos postais, páxinas, artigos de leis...• Os números que teñen máis de oito díxitos, sexa por seren moi grandes, quer por

moi pequenos, deben representarse como potencia de dez en notación científica. 8,5 × 109; 4,53 × 10.-10.

• A palabra billón significa millón de millóns (noutras linguas significa mil millóns)

Page 25: Textos presentables

REXISTRARNÚMEROS

ORDINAIS

• Habitualmente úsanse abreviados, polo que non é frecuente escribir milésimo duocentésimo cuadraxésimo oitavo

No seu lugar, adoita escribirse, tendo en conta que entre o cardinal e a letra voada hai un punto

1248.º• Outra posibilidade é usar como ordinais os números romanos, pero,

neste caso, non se debe empregar a letra voada:XXIII edición ou 23.ª edición.

Page 26: Textos presentables

CANDO ESCRIBIR OS NÚMEROS EN PALABRAS E CANDO MEDIANTE SIGNOS DA NUMERACIÓN ARÁBIGA:

REXISTRARNÚMEROS

• En artigos científicos ou técnicos empregaranse cifras (e o mesmo en cómputos estatísticos, inventarios, táboas, gráficos…)

• No resto dos artigos é preferible o emprego de palabras, agás en casos de números moi complexos.

• Tamén é conveniente escribir con letras: - Números que poden expresarse nunha soa palabra

(decenas, centenas)- Números redondos que poden expresarse en dúas palabras- Números que se expresan en dúas palabras unidas pola

conxunción “e”.

Page 27: Textos presentables

PARÁGRAFOS

Exemplo de texto no que non se distinguiron parágrafos; despois da terceira ou cuarta liña, perdemos o fío e abandonamos desconcertados a lectura.

Grande parte do material para ese volume foi recollido no tempo en que eu preparaba para imprimilo o meu traballo sobre aevolución da femia, unha investigación sobre o tema da especialización dos sexos. Durante o tempo previo á edición, a miñaintención era incluír dentro desta parte da procura feitos relacionados cos fundamentos da relixión e o culto que ata daquelanon foran tratados e, sabendo o traballo e a paciencia que ían ser precisos para abalar os tais datos convenientemente,decidín publicar só a primeira parte do traballo e reter, de momento, esoutra parte relativa ao desenvolvemento da idea dedecidín publicar só a primeira parte do traballo e reter, de momento, esoutra parte relativa ao desenvolvemento da idea deDeus. Como o xeito de construír os seus propios deuses ou como as ideas predominantes de aquilo ten que ver co que éincognoscíbel reflicten a mesmísima conciencia interna da propia humanidade, unha historia fiábel do desenvolvemento dasrelixións debe ir parella á historia da evolución mental, moral e social do individuo e da nación. A través dos datospresentados nos últimos tempos en relación coa maduración da idea de Deus, parece que se deliñan dúas vías dedemarcación sexual diverxentes. É dicir, verifícase que o sexo é un feito fundamental, non só nas operacións biolóxicas, maistamén na construción dun deus. A evolución das mulleres mostra que a herdanza de ambos os sexos, macho e femia é oresultado da separación que experimentaron durante os primeiros períodos da sexo- diferenciación. Un estudo exhaustivodos rexistros prehistóricos mostra que, nunha idade máis adiantada da existencia na terra, nunha época na que as mullerestiñan ascendencia sobre os homes, a enerxía humana foi dirixida polos personaxes altruístas que se orixinou e foi transmitidaa través da femia; mais despois da decadencia do poder das mulleres, todas as humanas constitucións, costumes, maneirase hábitos de pensamento son vistos como reflexo das calidades adquiridas pelo macho egoísta.

Page 28: Textos presentables

ESPAZADOS E SANGRÍAS

SANGRÍAS son os espazos que se deixan ao comezo de cada novoparágrafo, NA PRIMEIRA LIÑA DO TEXTO.

SEPARACIÓN ENTRE PARÁGRAFOS :Non se debe deixar un espazo maiorque unha liña. Este sería un boespaciado para un interlineado simple.

Page 29: Textos presentables

PARÁGRAFOSNeste texto xa se distinguen parágrafos mediante espazados e sangrías: a lectura facilítase e o lector non desiste á cuarta liña

Grande parte do material para ese volume foi recollido no tempo en que eu preparaba para imprimilo o meu traballo sobre a evolución da femia, unha investigación sobre o tema da especialización dos sexos.

Durante o tempo previo á edición, a miña intención era incluír dentro desta parte da procura feitos relacionados cos fundamentos da relixión e o culto que ata daquela non foran tratados e, sabendo o traballo e a paciencia que ían ser precisos para abalar os tais datos convenientemente, decidín publicar só a primeira parte do traballo e reter, de momento, esoutra parte relativa ao desenvolvemento da idea de Deus.do traballo e reter, de momento, esoutra parte relativa ao desenvolvemento da idea de Deus.

Como o xeito de construír os seus propios deuses ou como as ideas predominantes de aquilo ten que ver co que é incognoscíbel reflicten a mesmísima conciencia interna da propia humanidade, unha historia fiábel do desenvolvemento das relixións debe ir parella á historia da evolución mental, moral e social do individuo e da nación.

A través dos datos presentados nos últimos tempos en relación coa maduración da idea de Deus, parece que se deliñan dúas vías de demarcación sexual diverxentes. É dicir, verifícase que o sexo é un feito fundamental, non só nas operacións biolóxicas, mais tamén na construción dun deus. A evolución das mulleres mostra que a herdanza de ambos os sexos, macho e femia é o resultado da separación que experimentaron durante os primeiros períodos da sexo- diferenciación.

Un estudo exhaustivo dos rexistros prehistóricos mostra que, nunha idade máis adiantada da existencia na terra, nunha época na que as mulleres tiñan ascendencia sobre os homes, a enerxía humana foi dirixida polos personaxes altruístas que se orixinou e foi transmitida a través da femia; mais, despois da decadencia do poder das mulleres, todas as humanas constitucións, costumes, maneiras e hábitos de pensamento son vistos como reflexo das calidades adquiridas pelo macho egoísta.

Page 30: Textos presentables

MARXES

• Os textos deben presentar marxes (un espazo en branco significativo nos bordos do texto), que serán máis ou menos amplos en función do tratamento que vaia ter o escrito: encadernar, maquetar para a imprenta...

• En textos xerarquizados como o guión ou o esquema, as marxes sucesivas representan, de esquerda a dereita, a importancia e amplitude das ideas expresadas neles.

Page 31: Textos presentables

INDICAR UNHA BIBLIOGRAFÍA

Os nomes de autores e obras consignados nunha referencia bibliográfica deben rexistrarse co seguinte formato e nesta orde:

1. Os apelidos do autor (con todas as letras maiúsculas) seguidos dunha coma;

2. O nome (ou a inicial en maiúscula).3. Dous puntos;4. O título da obra subliñado, en cursiva ou entre comiñas;5. O nome da editorial, con maiúsculas como nome propio que é;6. O lugar e ano de edición da obra.

CASARES, Carlos: Vento ferido. Editorial Galaxia. Vigo, 1967

Page 32: Textos presentables

RECURSOSBIBLIOGRÁFICOS

http://parles.upf.edu/llocs/cr/casacd/treball4.htm

http://www.rae.es/obras-academicas/ortografia/ortografia-escolar

http://fido.palermo.edu/servicios_dyc/publicacionesdc/vista/detalle_articulo

.php?id_libro=430&id_articulo=8876.php?id_libro=430&id_articulo=8876

http://creacionliteraria.net/2012/04/creacin-de-un-texto/

http://www.vectoralia.com/manual/html/textos_impecables.html