A IDADE MODERNA. OS DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS TEMA 7
A IDADE MODERNA. OS DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS
TEMA 7
1.-DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS
• O mundo coñecido polos europeos era moi reducido, pois limitábase a Europa, parte de Asia e de Africa e o Mar Mediterráneo. O descubrimento de novos mundos debeuse a diferentes causas:
• a)Políticas: os estados cristiáns españoles desexaban novos territorios en Africa.
• b)Económicas: Buscábanse novas rutas para acceder ao ouro de Sudán e traer produtos de India e China pois os turcos pecharon o paso por Constantinopla.
• c)Científicas e xeográficas: difundíronse libros que sostiñan que a terra era redonda polo que podía chegarse á India navegando polo oeste.
• d)Técnicas: A navegación por mar mellorou co compás e astrolabio que permitiu orientarse. Construíronse novos barcos como a carabela e a nao, adaptados para aproveitar o vento e soportar as ondas do Atlántico.
• e)Ideolóxicas e relixiosas: a nova mentalidade promoveu o afán de aventuras, fama e riqueza; e a relixiosidade, o desexo de estender a fe por novos territorios.
2.-OS DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS. Vixaxes portuguesas
• Dende mediados do século XV, o infante portugués Henrique o Navegante impulsou a navegación e as viaxes de exploración polascostas africanas.
• O obxectivo de Portugal era acceder ao ouro de Sudán e comerciar coa India, bordeando para iso a Costa de África. A rivalidade con Castela nesta zona solucionouse coa firma do TRATADO DE ALCAÇOVAS. Nel, Portugal cedía a Castela a conquista de Canarias e esta aceptaba que Portugal explorase a costa africana ao sur do Cabo Borjador.
• En sucesivas exploracións pola costa africana, os portugueses ocuparon as Illas Madeira, Azores e Cabo Verde, pasaron o cabo Borjador e chegaron ao golfo de Guinea. Finalmente, Bartolomé Dias dobrou o Cabo de Boa Esperanza e Vasco de Gama chegou a India.
• Nas costas africanas e asiáticas os portugueses fundaron factorías.
2.-DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS. Descubrimento de América
• O descubrimento de América debeuse a Cristobal Colón. Este mariño, posiblemente de orixe xenovés, ideou chegar á India navegando polo Oeste. Presentou primeiro o seu proxecto ao rei de Portugal Joao II que rexeitou. Despois, levouno aos Reis Católicos, que o aceptaron e asinaronas Capitulacións de Santa Fe. Este contrato concedíalle a Colón o título de Almirante do mar Océano e de vicerrei e gobernador das terras que descubrise, máis a décima parte das ganancias obtidas.
• Colón empredeu a viaxe dende o Porto dde Palos (Huelva), fixo escala en Canarias e o 12 de outubro de 1492 chegou a Guanahaní (Bahamas) que bautizou como San Salvador. Tras volver outras tres veces ao novo mundo morreu crendo que chegar á India. O descubridor de América, como novocontinente, foi o navegante italiano Américo Vespuccio.
• Os Reis Católicos recibiron do papa a soberanía da India. Para evitar conflitos con Portugal asinaron o Tratado de Tordesillas que trazaba un meridiano a 370 leguas ao oeste de Cabo Verde. As terras situadas aooeste desta liña serían para Castela, e as situadas ao Leste, para Portugal. Como consecuencia Portugal estableceuse en Brasil.
MONARQUÍAS AUTORITARIAS
O REI REFORZA O PODER
Unifica
Territorio
Con alianzas
matrimoniais
Sometemento
De todos os
Poderes limitando
O poder dos nobres
Melloraron
A administración
Con funcionarios
E creando capitais
De Estado
Teñen un
exército
Establecen
Relacións
internacionais
A Vulgata é unha tradución da Biblia ao latín, realizada a
finais do século IV (no 382 d.C.) por Jerónimo de Estridón.
Foi encargada polo papa Dámaso I dous anos antes da súa
morte (366-384). A versión toma o seu nome da frase vulgata
editio (edición para o pobo) e escribiuse nun latín corrente en
contraposición co latín clásico de Cicerón, que Jerónimo de
Estridón dominaba. O obxectivo da Vulgata era ser máis fácil
de entender e máis exacta que as súas predecesoras.
A Biblia latina utilizada antes da Vulgata, a Vetus Latina, non
foi traducida por unha única persoa ou institución e nin
sequera editouse de forma uniforme. A calidade e o estilo dos
libros individuais variaba. As traducións do Antigo
Testamento proviñan case todas da Septuaginta grega.
Pintura renacentista
• Temas diversos: relixiosos, mitolóxicos, retratos.
• Preocupación pola perspectiva
• Representantes destacados: Masaccio, Boticelli, Leonardo da Vinci, Rafael, Miguel Angel.