www.vicensvives.es www.vicensvives.es Cabo FISTERRA 2 Ciencias sociais, xeografía e historia Segundo Curso
www.vicensvives.eswww.vicensvives.es
Cabo FISTERRA 2Ciencias sociais, xeografía e historia
Segundo Curso
Cabo FISTERRA 2
Índice
Climas y paisajes de España, Europa y la CA
Os grandes reinos peninsulares05
Galicia na Idade Media06
07
A monarquía autoritaria: os Reis Católicos08
O Islam e Al-Andalus01
A Europa feudal02
A cidade medieval03
Formación e expansión dos reinos peninsulares04
Os grandes descubrimentos xeográficos09
O Imperio dos Austria10
O século do Barroco11
Galicia na Idade Moderna12
Os habitantes do planeta13
A poboación de España e de Galicia14
A cidade e o urbano15Renacemento e Reforma
As sociedades humanas16
Cabo FISTERRA 2
Formación e expansión dos reinos peninsulares
1. A orixe dos reinos cantábricos
2. Os primeiros condados e reinos pirenaicos
3. A expansión territorial dos séculos XI e XII
4. A repoboación dos territorios conquistados
5. A Península Ibérica: encontro de culturas
04
6. O Románico na Península Ibérica
Cabo FISTERRA 2
Introdución
• No século VIII, a meirande parte da Península Ibérica fora ocupada por un exército islámico que estableceu un poderoso Estado: Al-Andalus.
• No século VIII fundouse o reino de Asturias por unha poboación insubmisa ao poder islámico.
• Nos Pireneos, os reis carolinxios formaron a Marca Hispánica.
• Entre os séculos VIII e X deuse unha hexemonía de Al-Andalus.
• No século XI iniciouse o declive musulmán e a consolidación dos primeiros reinos cristiáns da Península.
04
Cabo FISTERRA 2
1. A orixe dos reinos cantábricos
1.1. O reino de Asturias
1.2. O reino de León• Os reinos cristiáns occidentais (mapa)
1.3. A independencia do reino de Castela
04
Cabo FISTERRA 2
1.1. O reino de Asturias
• Algúns nobres visigodos fuxidos despois da derrota de Guadalete refuxiáronse na zona montañosa da Cordilleira Cantábrica.
• Un deles, Pelaio, obtivo no ano 722 unha primeira vitoria contra os musulmáns xunto á cova de Covadonga.
• Este feito foi considerado como o inicio da Reconquista.
• Os sucesores de Pelaio, sobre todo Afonso I e Afonso II (séculos VIII-IX), crearon un reino ao redor de Oviedo, que manifestou a súa independencia do Emirato.
04
Cabo FISTERRA 2
1.2. O reino de León
• Na segunda metade do século IX, os reis de Asturias aproveitaron a debilidade dos emires cordobeses e ocuparon os territorios que se estenden ata o río Douro.
• Con esta ocupación, o reino asturiano incrementara as súas posesións e moitos campesiños asentáronse nestas terras.
• Para controlar mellor o territorio e protexer os campesiños, trasladouse a capital a León (854), co cal pasou a denominarse reino de León.
04
Cabo FISTERRA 2
Os reinos cristiáns occidentais04
Cabo FISTERRA 2
1.3. A independencia do reino de Castela
• No século X, Castela pasou a ser gobernada por condes que dependían do rei de León.
• Anos máis tarde, Castela quedou incorporada ao reino de Pamplona, pero o testamento do rei Sancho III de Pamplona dividiu o reino entre os seus fillos (1035).
• Un dos fillos de Sancho III, Fernando I, autoproclamouse rei de Castela.
04
Cabo FISTERRA 2
2. Os primeiros condados e reinos pirenaicos
2.1. A creación da Marca Hispánica
• Os primeiros núcleos cristiáns nos Pireneos (mapa)
2.2. O reino de Pamplona
2.3. O reino de Aragón
2.4. Os condados cataláns
04
Cabo FISTERRA 2
2.1. A creación da Marca Hispánica
• No século VIII, Carlomagno, rei dos francos, realizou varias expedicións en territorio hispánico contra os musulmáns de Al-Andalus.
• Os francos sentiron a necesidade de protexer a fronteira Sur do seu reino fronte ao expansionismo musulmán e crearon unha franxa protectora fortificada ao longo dos Pireneos.
• Esta franxa protectora denominábase Marca Hispánica, e dividírona en condados, gobernados por marqueses e condes, que dependían do monarca carolinxio.
• Logo da morte de Carlomagno, os territorios da Marca Hispánica desvinculáronse do reino franco.
04
Cabo FISTERRA 2
Os primeiros núcleos cristiáns nos Pireneos04
Cabo FISTERRA 2
2.2. O reino de Pamplona
• A comezos do século IX, o conde Íñigo Arista de Pamplona logrou expulsar os gobernadores francos do seu territorio e independizarse.
• Os xefes deste Estado independente tituláronse reis e constituíron cara ao ano 830 o núcleo orixinario do reino de Pamplona, que habería de ser o posterior reino de Navarra.
• A partir do século X, o rei Sancho Garcés I conseguiu vitorias contra os musulmáns e estendeu o seu reino polas actuais provincias de Álava e A Rioxa.
• O reino de Pamplona coñeceu a súa máxima expansión territorial no século XI, baixo o reinado de Sancho III o Maior.
04
Cabo FISTERRA 2
2.3. O reino de Aragón
• No século IX, os condados aragoneses da Marca Hispánica tamén conseguiron independizarse da tutela dos reis francos.
• No século X, o condado de Aragón uniuse temporalmente ao reino de Pamplona.
• Pero coa división do reino pamplonés á morte de Sancho o Maior, un dos seus fillos, Ramiro, uniu os condados de Aragón, Sobrarbe e Ribagorza, e converteuse no primeiro rei de Aragón.
04
Cabo FISTERRA 2
2.4. Os condados cataláns
• O dominio dos reis francos sobre unha parte do actual territorio catalán foi máis duradeiro que o que exerceron sobre Pamplona e Aragón.
• No século IX, o máis extenso dos condados cataláns era o de Barcelona.
• O paso definitivo para a independencia deuse en época de Borrell II, cando este conde se negou a renovarlle o xuramento ao rei franco e converteu os seus dominios en hereditarios (987).
04
Cabo FISTERRA 2
3. A expansión territorial dos séculos XI e XII
3.1. O sistema de parias
3.2. A conquista do val do Texo
3.3. A conquista do val do Ebro
3.4. A chegada dos almorábides• A reconquista nos séculos XI e XII (mapa)
04
Cabo FISTERRA 2
3.1. O sistema de parias
• Despois da descomposición do Califato de Córdoba en taifas, desapareceu a inferioridade militar dos reinos cristiáns fronte ao Estado musulmán.
• Daquela, os reinos cristiáns peninsulares iniciaron, ao longo do século XI, unha forte presión militar sobre as taifas.
• Os reis musulmáns intentaron deter os ataques comprometéndose a entregarlles anualmente unha cantidade de ouro e obxectos preciosos: as parias.
• Cos ingresos das parias, os reinos cristiáns reforzaron o seu poder militar.
04
Cabo FISTERRA 2
3.2. A conquista do val do Texo
• Fernando I (1037-1065), primeiro rei de Castela, uniu o reino de León á súa Coroa, conquistou Coímbra e repoboou os territorios despoboados ao Sur do Douro, ata Ávila.
• Así, Castela-León converteuse nun Estado forte e pasou a dominar a ofensiva contra Al-Andalus.
• O seu fillo, Afonso VI (1072-1119), continuou a expansión e ocupou Toledo (1085). Isto permitiu levar a fronteira do reino castelán-leonés máis alá do Texo.
04
Cabo FISTERRA 2
3.3. A conquista do val do Ebro
• O rei de Aragón, Afonso I o Batallador (1104-1134), conquistou todas as poboacións importantes do reino musulmán de Zaragoza.
• Máis tarde, Afonso II acabou a ocupación de Aragón coa conquista de Caspe e a fundación de Teruel (1171).
• Pola súa banda, o conde de Barcelona Ramón Berenguer IV completou a formación do territorio catalán coas conquistas de Tortosa (1148) e de Lleida (1149).
04
Cabo FISTERRA 2
3.4. A chegada dos almorábides
• O avance dos reis cristiáns atemorizou os monarcas islámicos, que viron que nin co pagamento das parias podían detelos.
• Para defenderse, chamaron no seu auxilio aos guerreros dun imperio islámico do Norte de África: os almorábides.
• Ante os ataques almorábides, os reis cristiáns tiveron que abandonar Valencia, que fora ocupada polo Cid Campeador en 1092.
• No ano 1140, o dominio dos almorábides debilitouse e no ano 1146 chegaron os almohades, que dominarían Al-Andalus.
04
Cabo FISTERRA 2
A reconquista nos séculos XI e XII04
Cabo FISTERRA 2
4. A repoboación dos territorios conquistados
4.1. A ocupación do territorio
04
Cabo FISTERRA 2
4.1. A ocupación do territorio
• Denomínase repoboación a ocupación das terras que se mantiveran deshabitadas ou que os reis cristiáns lles conquistaran aos musulmáns.¿como as reparte? ¿Que é unha carta de poboamento?
• As repoboacións libres. No século IX formáronse comunidades de campesiños libres no val do Douro e no Sur dos condados pirenaicos. Alodios-vila-concello
• A partir do século XI, a necesidade de defender os territorios dos ataques musulmáns fortaleceu os nobres, que posuían castelos amurallados. Moitos campesiños libres puxéronse baixo a protección dun señor.
• As repoboacións concellís. Os reis organizaron a repoboación das cidades fronteirizas. Peligrosas e feitas colectivas
04
Cabo FISTERRA 2
5. A Península Ibérica: encontro de culturas
5.1. A interrelación cultural
5.2. As comunidades xudías• Unha sinagoga (ilustración)
5.3. Mozárabes e mudéxares
04
Cabo FISTERRA 2
5.1. A interrelación cultural
• Nos reinos cristiáns peninsulares conviviron culturas, relixións e pobos diversos: cristiáns, musulmáns e xudeus.
• Como resultado desa convivencia produciuse un influxo dunhas culturas sobre outras e un enriquecemento do patrimonio cultural dos reinos cristiáns.
• Moitas das obras culturais dos autores gregos e latinos chegaron a Europa a través de Al-Andalus, xa que foran traducidas ao árabe.
• Na España cristiá creáronse escolas de tradutores. A máis destacada foi a Escola de Tradutores de Toledo.
04
Cabo FISTERRA 2
5.2. As comunidades xudías
• Nas cidades de Al-Andalus vivían importantes minorías de xudeus. ¿De que viven?
• As comunidades xudías habitaban en barrios separados, chamados alfamas ou xudarías, nos que se atopaba a sinagoga, o seu centro de oración e culto.
• Os xudeus pagábanlle uns impostos especiais á tesouraría real e gozaban de autonomía administrativa e xudicial.
04
Cabo FISTERRA 2
Unha sinagoga04
Cabo FISTERRA 2
5.3. Mozárabes e mudéxares
• Mozárabes. Trátase de cristiáns non convertidos ao Islam, isto é, fieis ao cristianismo. (Propias leis pero pagan impostos)
• Mudéxares. Son os musulmáns que habitaban en territorios gobernados por reis cristiáns.
• Durante a Idade Moderna, os mudéxares foron obrigados a se converter ao cristianismo, e pasaron a denominarse mouriscos.
04
Cabo FISTERRA 2
6. O Románico na Península Ibérica
6.1. A arquitectura
6.2. Escultura e pintura
04
Cabo FISTERRA 2
6.1. A arquitectura
• As dúas influencias europeas máis importantes foron o modelo románico francés e o modelo románico bizantino.
• Edificios románicos importantes nos reinos de León e Castela son as catedrais de Santiago de Compostela, Zamora e Salamanca, etc.
• En Cataluña destacan o mosteiro de Ripoll e as igrexas de San Clemente e Santa María de Tahull.
• En Aragón e Navarra sobresaen a catedral de Xaca, o mosteiro de San Xoán da Peña, etc.
04
Cabo FISTERRA 2
6.2. Escultura e pintura
• A escultura románica amósase esencialmente nas fachadas e chapiteis das igrexas.
• As zonas máis importantes de pintura románica en España son Cataluña e Castela e León.
• En Castela e León a influencia mozárabe e mudéxar amósase na introdución de temas máis profanos con escenas de vida cotiá.
04
Cabo FISTERRA 2
A REPOBOACIÓN DOS TERRITORIOS CONQUISTADOS