TEMA 2 CIENCIAS SOCIAIS : OS CONTINENTES E OS OCÉANOS OS CONTINENTES Os continentes son grandes extensións de terra separadas polos océanos e compostas por distintos países. Cantos continentes hai? Son seis: América, Europa, África, Asia, Oceanía e Antártida. América É o 2º continente máis grande.Conta con máis de 1200 millóns de habitantes. Atópase dividida en tres subcontinentes : Norteamérica, composta por Canadá, Estados Unidos e México, xunto coas dependencias de
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
TEMA 2 CIENCIAS SOCIAIS : OS CONTINENTES
E OS OCÉANOS
OS CONTINENTES
Os continentes son grandes extensións de terra separadas polos océanos e compostas
por distintos países.
Cantos continentes hai?
Son seis: América, Europa, África, Asia, Oceanía e
Antártida.
América
É o 2º continente máis grande.Conta con máis de
1200 millóns de habitantes. Atópase dividida en tres subcontinentes :
Norteamérica, composta por Canadá, Estados
Unidos e México, xunto coas dependencias de
Bermudas, Clipperton( frente a México), Groenlandia , San Pedro e Miquelón(
arquipélago de Chiloé, Chile) Centroamérica, integrada polos países de Belice, Costa Rica, El Salvador,
Guatemala, Honduras, Nicaragua e Panamá Sudamérica, formada por Argentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador,
Guyana, Paraguay, Perú, Surinam, Uruguay e Venezuela
Europa
Coñecida popularmente como o vello continente, Europa é o segundo continente máis pequeno en
extensión e o continente máis poboado despois de Asia, América e África .
África
É o terceiro continente máis grande do mundo, con 1.000 millóns de habitantes.
Asia
Asia é o continente máis grande do mundo, tanto en
extensión como en poboación.(cunha extensión de 44,5 millóns de metros cadrados e tamén o máis poboado, con máis de 4.000 millóns de habitantes)
Oceanía
Oceanía con pouco máis de 34 millóns de habitantes, é
un continente insular da Terra .Está formado por Australia, Nova Zelanda, Melanesia, Micronesia e Polinesia.
Antártida
Aínda que a nivel xeográfico é considerado un
continente, moitos estudosos non o teñen en conta como tal debido a que apenas ten entre 1.000 e 4.000
O país máis grande do mundo é Rusia, con 17.075.200 km2, ocupando dous
continentes: Europa e Asia. A súa capital é Moscú. Trátase do noveno país máis poboado do mundo.
Sabes cal é o país máis pequeno do mundo?
O país máis pequeno do mundo é El Vaticano. É o estado independiente con menor
extensión do planeta, contando con apenas 0,44 kilómetros cadrados.
Sabes cal é o lago máis grande do mundo?
O lago máis grande do mundo é o mar
Caspio, un lago de auga salgada cuias dimensións son tan enormes que exténdense
entre Europa e Asia. Trátase dun lago e non dun mar como algúns pensan, aínda que certamente está cheo de auga salgada e non de
auga doce como a maior parte destes depósitos naturais.
Sabes cal é o río máis grande do mundo?
En 2007 unha expedición de científicos decretou que o Amazonas era o máis longo.
Este río nace en Perú, cruza Colombia e desemboca en
Brasil, no Océano Atlántico.
Asimesmo, o Amazonas sempre considerouse como o río máis caudaloso do mundo .
Destaca o curso serpenteante do Amazonas a través da selva do mesmo nome, así como a riqueza da súa flora e
fauna. Por exemplo, son máis de 3.000 as especies de peixes que habitan no seu cauce.
Cal é a cidade máis grande e poboada do mundo?
A cidade máis grande do mundo é Tokio, a
capital de Xapón. Trátase dunha megacidade
SABÍAS QUE …? O interior dos océanos está surcado por correntes a modo de xigantescos ríos. Unha das
máis importantes é a Corriente do Golfo, que discurre polo océano Atlántico a uns
2.400 metros de profundidade e acada, nalgúns puntos, unha anchura de 540
kilómetros.
A corrente do Golfo é unha corrente oceánica que desplaza unha grande masa de auga
cálida procedente do golfo de México e que se dirixe ao Atlántico Norte.
A circulación desta corrente asegura a Europa un clima cálido. Tamén determina , en
boa parte, a flora e a fauna mariña dos lugares polos que pasa (por exemplo, os
artrópodos e cefalópodos ( como o polbo ) abondan máis nas costas de Galicia que nas
do País Vasco, onde a súa influencia é menor.
Se non fose pola Corrente do Golfo, estariamos mortos de frio. No se podería vivir en
Escandinavia.
Baixo as augas mariñas atópase a maior montaña do mundo. Trátase do volcán
Mauna Kea, en Hawai que mide 10.203 metros desde a súa base ata o cume, aínda
que só 4.213 metros emerxen do mar.
Aínda que o monte Everest é considerado o punto máis alto do mundo, o Mauna Kea é
incluso máis alto, pois este nace baixo a auga e máis da metade atópase escondida debaixo do
mar.
Outro dos récords submariños é posuir a maior cordilleira montañosa do planeta.
Está sumerxida no Atlántico e ocupa uns 16.000 kilómetros, desde Islandia ata o
Antártico.
REPRESENTACIÓN DA TERRA: PLANOS , MAPAS, PLANISFERIOS E GLOBO
TERRESTRE
O GLOBO TERRÁQUEO E OS MAPAS A Terra é unha esfera achatada polos polos.
A mellor maneira de representala é un globo terráqueo.
Para reproducir con detalle algunhas partes da Terra, os cartógrafos (Persoa que se dedica profesionalmente á
realización de cartas xeográficas)idearon
os mapas.
Os mapas son representacións planas de toda a superficie da Terra ou dunha
parte dela.
O mapa que representa toda a superficie terrestre chámase
planisferio ou mapamundi.
Os planos son debuxos nos que se representa
una localidade, una rúa, un cuarto,… a
tamaño reducido
A escala indícanos a proporción que existe
entre a dimensión
dun territorio na realidade e a dimensión que
ocupa no mapa.
A escala pode indicarse de dúas formas
distintas:
Escala numérica:
1/100 quere dicir que 1 cm no mapa equivale
a 100 cm na realidade
Escala gráfica:
Exprésase mediante unha recta dividida en
segmentos iguais.
Numérica gráfica
TIPOS DE MAPAS
En función da información que contén un mapa distínguense tres tipos de mapas: Os mapas físicos: presentan o relevo e as augas dun territorio. Os mapas políticos :mostran as fronteiras entre os territorios. Sinalan estados,
provincias, municipios, localidades. Os mapas temáticos: proporcionan información sobre un aspecto ou tema
concreto: agricultura, poboación, clima, historia, turismo,
MAPAS E PLANOS http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos_informaticos/proyectos2003/apoyo_cm/
paisa/contenidos/mapas0.html
PUNTOS CARDINAIS
Os puntos cardinais son as catro direccións
derivadas do movemento de rotación
terrestre .
Coñécense tamén como as catro direccións ou puntos principais do compás, que son:
Norte : símbolo N, é o punto cardinal que ven orientado pola Estrela Polar. A orientación determinada polo norte tamén se chama ártico, boreal ou
setentrional.
Sur: O sur é un punto cardinal que vén orientado pola oposición á Estrela Polar.
A orientación determinada polo sur tamén se chama antártico, austral ou meridional.
Leste: símbolo L ou E, tamén chamado Oriente, Nacente ou Levante
Oeste: é o punto cardinal polo cal se pon o Sol. O seu símbolo é W ou O, e
recibe tamén os nomes de poñente, occidente ou ocaso.