2º ESO - Tema 12 - páx. 1 Tema 12.- As cidades e os procesos de urbanización. 1.- Que se entende por cidade? 1.1.- O poboamento rural e urbano. [páx. 236] 1.2.- O concepto de cidade. C A palabra cidade é un concepto impreciso. Non existe unha única definición de cidade, xa que os criterios usados para definila son moi distintos e varían segundo os países. Xeralmente, empréganse cinco criterios que axudan a diferenciar unha cidade dun asentamento rural: o tamaño, a densidade da súa poboación, a forma ou morfoloxía urbana, as actividades económicas e as formas de vida. Criterio Cidade Tamaño C Poboación superior á dos asentamentos rurais. O número de habitantes para que un núcleo de poboación se considere unha cidade varía segundo os países; en España clasifícase como cidade a concentración de máis de 10.000 habitantes Densidade de poboación C Densidade de poboación elevada: vive moita xente nun espazo relativamente pouco extenso C As cidades teñen, por definición, un poboamento concentrado Morfoloxía C Amplas avenidas, predominan as vivendas colectivas desenvolvidas en altura (edificios) sobre as vivendas unifamiliares C Moita circulación de persoas e vehículos, densa rede de comunicacións, abundantes servizos públicos e locais de ocio... C Zonas verdes creadas ou mantidas artificialmente (parques) Actividade económica C Predominio das actividades secundarias (industria) e sobre todo terciarias (servizos) C As cidades centralizan os fluxos de persoas, de produtos, de capitais e de ideas Formas de vida C Complexas: predomina o individualismo, as relacións son máis impersoais e anónimas C Existe unha maior especialización no traballo e máis posibilidades de acceso á información e á cultura C O modo de vida é rápido e intenso, cosmopolita e anónimo, tolerante e dinámico N 1.- Realiza as actividades do mapa da páxina 237. 2.- A morfoloxía urbana. A morfoloxía urbana é a forma ou aspecto externo que presenta unha cidade. Depende de diversos factores: a orixe e localización da cidade, a súa posterior evolución, as funcións que desempeña... A morfoloxía dunha cidade está reflectida no seu plano. C O plano dunha cidade é a representación gráfica, a gran escala, da trama dunha cidade, é dicir, da distribución dos espazos libres (rúas, prazas, espazos sen edificar, parques, xardíns) e dos espazos construídos (vivendas, industrias, edificios públicos...). C Os tipos de plano urbano son moi variados, aínda que se adoitan clasificar en dúas grandes categorías: plano irregular e planos regulares. T Plano irregular: é aquel que carece de planificación, xa que a cidade medrou de xeito espontáneo e desordenado. T Planos regulares: son aqueles nos que o trazado dos diferentes espazos urbanos reflicte un ordenamento, unha planificación previa. Os máis comúns son o plano ortogonal, en cuadrícula ou reticular, e o plano radiocéntrico. Fíxate nas ilustracións da páxina 238. 1.- O plano irregular presenta rúas curtas, estreitas e tortuosas, ás veces sen saída, patios interiores e prazas sen forma definida, que producen un efecto desordenado e confuso. O seu trazado responde a un crecemento incontrolado da cidade. C Este tipo de plano é característico das cidades musulmás, da zona medieval das cidades europeas e dalgunhas cidades dos países en vías de desenvolvemento de Asia, África e América Latina. C Este tipo de plano dificulta as comunicacións e o tráfico de vehículos, pero permite conservar monumentos históricos de grande interese na zona vella das cidades. 2.- O plano ortogonal está formado por rúas rectas que se cortan perpendicularmente formando cuadrículas, semellantes a un taboleiro de xadrez máis ou menos regular. C Utilizouse moito ao longo da historia: a súa orixe remóntase ás cidades gregas e romanas, e despois foi utilizado nas cidades de nova creación de época moderna, e nos ensanches, os novos barrios das cidades dos séculos XIX e XX. C Ofrece unha forma simple e sinxela de ampliar, pero a súa organización espacial non se adapta a calquera topografía (necesita espazos amplos e chans) e as súas rúas perpendiculares crean moitos cruces que non permiten unha circulación fluída, polo que se fai necesario crear eixes diagonais para comunicar os extremos. 3.- O plano radiocéntrico organízase a partir dun núcleo central do que parten rúas radiais, cortadas por outras que forman círculos concéntricos cada vez máis afastados do centro a medida que a cidade vai crecendo en extensión. Presenta unha forma de tea de araña. C O seu trazado permite un rápido acceso ao centro polas vías radiais, pero a comunicación entre as distintas zonas da cidade pode resultar difícil e a miúdo é obrigado o paso polo centro urbano; para evitalo trázanse roldas (vías de comunicación que unen os eixes en forma de círculo). Cidades como París, Moscova, Milán ou Madrid son exemplos deste tipo. 4.- O plano lineal é menos frecuente: ten unha forma alongada, que se organiza en torno a un eixe central (estrada, camiño, ferrocarril, río, a liña de costa...) a partir do cal se construíron edificios e outras vías secundarias. C Ten a súa orixe en poboacións que xurdiron en torno a unha vía de comunicación como as cidades do Camiño de Santiago, ou nas cidades xurdidas no século XIX coa expansión do ferrocarril, ou como resultado da planificación urbana do século XIX (as cidades lineais). O crecemento urbano posterior ocultou o plano lineal inicial. C É un trazado urbano simple e sinxelo, pero padece conxestión de tráfico en determinados momentos. N 2.- Comenta os seguintes planos urbanos: resume os seus trazos básicos, as súas vantaxes e inconvenientes.