Cabo FISTERRA 4 O século XVIII: a crise do Antigo Réxime 01 1. Economía agraria e desenvolvemento comercial 2. A sociedade estamental e monarquía absoluta 3. O pensamento ilustrado 4. A creba do absolutismo 5. A Revolución americana 6. O século XVIII en España: os Borbón 7. O reformismo ilustrado en España 8. Galicia no século XVIII
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Cabo FISTERRA 4
O século XVIII: a crise do Antigo Réxime01
1. Economía agraria e desenvolvemento comercial
2. A sociedade estamental e monarquía absoluta
3. O pensamento ilustrado
4. A creba do absolutismo
5. A Revolución americana
6. O século XVIII en España: os Borbón
7. O reformismo ilustrado en España
8. Galicia no século XVIII
Cabo FISTERRA 4
Introdución
• O século XVIII europeo foi un período de transición. Dunha banda, mantivéronse as características do Antigo Réxime e, doutra banda, preparouse o camiño das revolucións liberais.
• En España, o século XVIII significou a chegada da dinastía dos Borbón e a aplicación dos principios do absolutismo monárquico.
01
Cabo FISTERRA 4
2.-O Antigo Réxime conceptos
O Antigo Réxime
PrivilexiadosNobreza e clero
Non privilexiadosBurguesía e clases popularesClases baixas
PrivilexiadosNobreza e clero
Non privilexiadosBurguesía e clases popularesClases baixas
- Concentración de poder no rei- Orixe divino
- Concentración de poder no rei- Orixe divino
NobrezaPropietario terraPoder económicoPoder político
NobrezaPropietario terraPoder económicoPoder político
• O proxecto da Enciclopedia foi posto en marcha por dous pensadores ilustrados, Diderot e D’Alembert.
• Tratábase de publicar unha grande obra que reunise todos os coñecementos da época, fundados na razón e no estudo da natureza.
• A Enciclopedia tivo un grande éxito e axudou á difusión das ideas ilustradas.
01
Cabo FISTERRA 4
4. A creba do absolutismo
4.1. As revolucións inglesas• O sistema político inglés (ilustración)
4.2. O Despotismo Ilustrado
01
Cabo FISTERRA 4
4.1. As revolucións inglesas
• No século XVII produciuse unha guerra civil entre os defensores do Parlamento e os da monarquía absoluta. En 1649, o rei Carlos I foi axustizado e proclamouse a república.
• Oliver Cromwell, o principal impulsor do cambio político, acabou por transformar a república nunha ditadura militar. En 1660, tras a morte de Cromwell, restableceuse a monarquía.
• En 1689, unha segunda revolución acabou coa monarquía absoluta dos Estuardo e o Parlamento ofreceulle a coroa a Guillerme de Orange.
• Xa que logo, Inglaterra foi o primeiro país que tivo unha monarquía de poder limitado. Instaurouse unha monarquía parlamentaria.
01
Cabo FISTERRA 4
O sistema político inglés01
Cabo FISTERRA 4
4.2. O Despotismo Ilustrado01
A ID
EA É
Cabo FISTERRA 4
• “ TODO PARA O POBO”
• PERO
• “ SEN O POBO”
Cabo FISTERRA 4
5. A Revolución americana
5.1. A Guerra de Independencia americana• Estados Unidos en 1776 (mapa)
5.2. A formación de Estados Unidos• Sistema político de Estados Unidos (ilustración)
01
Cabo FISTERRA 4
5.1. Estados Unidos de América
• As trece colonias inglesas foron protagonistas no século XVIII da primeira insurrección colonial contra unha metrópole, seguindo as ideas de igualdade, liberdade e tolerancia da Europa ilustrada.
• Os colonos americanos non estaban de acordo coas taxas e os impostos, así como tampouco co monopolio comercial que Gran Bretaña exercía sobre o seu territorio.
• O 4 de xullo de 1776, as trece colonias redactaron a Declaración de Independencia de Estados Unidos de América.
• Esta declaración expresaba o dereito de todas as persoas á liberdade e á procura da felicidade, e o deber dos gobernantes de respectar os “dereitos inalienables” do pobo.
01
Cabo FISTERRA 4
Estados Unidos en 177601
Cabo FISTERRA 4
5.2. A formación dos Estados Unidos
• A guerra contra a metrópole foi longa. Gran Bretaña recoñeceu a independencia do territorio americano en 1783, tras a derrota de Yorktown.
• En 1787, redactouse a primeira Constitución da historia. O texto aseguraba a separación e o equilibrio de poderes, establecía un goberno republicano e unha estrutura federal.
• Por enriba dos Estados, situábase o goberno federal, responsable dos asuntos exteriores, da defensa, das finanzas e da moeda do novo país.
• A Constitución completábase cunha Declaración de Dereitos.
01
Cabo FISTERRA 4
Sistema político de Estados Unidos01
Cabo FISTERRA 4
6. O século XVIII en España: os Borbón
6.1. A Guerra de Sucesión (1701-1714)
6.2. O absolutismo borbónico
6.3. O uniformismo territorial• Palacio de Oriente (ilustración)
01
Cabo FISTERRA 4
6.1. A Guerra de Sucesión (1701-1714)
• A Guerra de Sucesión produciuse despois da morte de Carlos II de Austria, ao se proclamar Filipe V rei de España.
• A proclamación de Filipe V de Borbón significaba para as potencias europeas un fortalecemento dos Borbón (franceses) en Europa.
• Gran Bretaña, Holanda, Portugal e o Imperio austríaco declaráronlles a guerra a Francia e a España e propuxeron outro candidato á coroa, o arquiduque Carlos de Austria.
• En 1713, o arquiduque Carlos herdou a Coroa de Austria e temerosas do excesivo poder dos Habsburgo, as potencias europeas asinaron o Tratado de Utrecht que lle puxo fin ao conflito e recoñeceu a Filipe V como rei de España.
• 1714 : as tropas de Filipe V entran en Barcelona
01
Cabo FISTERRA 4
6.2. O absolutismo borbónico
• ¿Que modelo implantan os Borbóns?
• Os primeiros Borbón españois implantaron o modelo de absolutismo centralista francés. Todos os poderes residían no monarca e as Cortes quedaron case anuladas.
• Para gobernar, o rei axudábase duns asesores ou secretarios, nomeados directamente polo monarca e que se reunían no Gabinete, antecedente do Consello de Ministros.
• As Cortes desapareceron, agás as castelás. Os Consellos mantivéronse, en especial o de Castela, pero a súa función era simplemente consultiva.
01
Cabo FISTERRA 4
6.3. O uniformismo territorial
• Os Borbón unificaron todo o territorio, impoñendo unhas leis únicas, unha idéntica administración e a homoxeneización de todas as súas institucións.
• Filipe V anulou todos os foros e institucións da Coroa de Aragón, e cos Decretos de Nova Planta impúxose o sistema administrativo castelán nas terras da Coroa.
• O territorio quedou dividido en provincias, á fronte das cales o monarca colocou un capitán xeneral con poder militar e administrativo, que exercía como gobernador.
• En cada provincia creáronse audiencias para a administración de xustiza e implantáronse corrixidores e intendentes.
01
Cabo FISTERRA 4
Palacio de Oriente01
Cabo FISTERRA 4
7. O reformismo borbónico
7.1. Os Ilustrados españois
7.2. O Despotismo Ilustrado de Carlos III
7.2. O crecemento do século XVIII
01
Cabo FISTERRA 4
7.1. A Ilustración en España
• Coma no resto de Europa, na España do século XVIII xurdiu un grupo de pensadores ilustrados.
• Os ilustrados españois fixáronse como obxectivos o crecemento económico, a reforma da sociedade, a mellora do ensino e a modernización da cultura española.
• Pero a ausencia en España de amplos grupos burgueses, o conservadorismo dos medios intelectuais e o enorme peso da Igrexa católica dificultaron a expansión destas ideas.
• A maioría dos ilustrados acabou colaborando coa monarquía e estes atoparon un eficaz apoio no rei Carlos III.
01
Cabo FISTERRA 4
7.2. O Despotismo Ilustrado de Carlos III
• Exemplo de rei no Despotismo Ilustrado: Carlos III• Rodease de conselleiros ilustrados:
Floridablanca,Aranda…• Reformas que acomete:• 1.- Impoñen a autoridade real sobre a Igrexa
(expulsión dos Xesuitas)• 2.-Máis escolas (primaria) e Universidades• 3.-Honestas todas as profesións• 4.-Limitar a Mesta e facer colonizacións• 5.-Liberalizar prezos do trigo e comercio con América
dende todos os portos• 6.-Impulsar as Sociedades Económicas do País
Cabo FISTERRA 4
7.3. O crecemento do século XVIII
• A expansión xeral da demografía e da economía europeas e as medidas reformistas de Carlos III permitiron mellorar a situación da economía española.
• Produciuse un crecemento demográfico que fixo aumentar a demanda de produtos. Unha serie de melloras agrícolas permitiron o incremento da produción agrícola.
• O comercio e mais a industria tamén se modernizaron. A liberalización do comercio permitiu a expansión das Compañías comerciais.
• Tamén se crearon as manufacturas reais e se protexeron as manufacturas privadas. Ditáronse aranceis.