Top Banner
Educación secundaria para persoas adultas Páxina 1 de 51 Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 2 Unidade didáctica 6 A organización política
51

SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Mar 02, 2020

Download

Documents

dariahiddleston
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Educación secundaria para persoas adultas

Páxina 1 de 51

Ámbito social Educación a distancia semipresencial

Módulo 2 Unidade didáctica 6

A organización política

Page 2: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 2 de 51

Índice

1. Introdución........................................ .........................................................................3

1.1 Descrición da unidade didáctica ................................................................................... 3 1.2 Coñecementos previos ................................................................................................. 3 1.3 Suxestións para a motivación e o estudo...................................................................... 3 1.4 Orientacións de temporalización................................................................................... 4

2. Secuencia de contidos e actividades ................ ......................................................5

2.1 Organización política e territorial de España................................................................. 5 2.1.1 Proceso de configuración territorial do Estado español .....................................................................................5 2.1.2 Configuración territorial actual de España .......................................................................................................10

2.2 España: unha democracia parlamentaria.................................................................... 12 2.2.1 Características do sistema democrático español.............................................................................................12 2.2.2 A organización territorial en España ................................................................................................................16

2.3 A Comunidade Autónoma de Galicia .......................................................................... 21 2.3.1 A Transición en Galicia ....................................................................................................................................21 2.3.2 A Comunidade Autónoma de Galicia ...............................................................................................................21

2.4 A Unión Europea ........................................................................................................ 23 2.4.1 O ingreso na Unión Europea............................................................................................................................23 2.4.2 O proceso de creación da Unión Europea .......................................................................................................23 2.4.3 Os obxectivos da Unión ...................................................................................................................................24 2.4.4 As institucións da UE .......................................................................................................................................24 2.4.5 Trazos socioeconómicos da UE. Disparidades e política rexional...................................................................26 2.4.6 Política rexional solidaria..................................................................................................................................26 2.4.7 A política agraria da UE ...................................................................................................................................27 2.4.8 Os grandes eixes industriais da UE .................................................................................................................27 2.4.9 Servizos, comercio e comunicación da UE ......................................................................................................28 2.4.10 A posición de España dentro da UE ................................................................................................................29 2.4.11 Balance da incorporación de España á UE......................................................................................................29 2.4.12 A condición periférica de Galicia e a repercusión nela das políticas europeas ...............................................30 2.4.13 A Eurorrexión Atlántica Galicia-Norte de Portugal ...........................................................................................30

3. Resumo de contidos ................................. ..............................................................32

4. Actividades complementarias........................ ........................................................34

5. Exercicios de autoavaliación ....................... ..........................................................36

6. Solucionarios...................................... .....................................................................38

6.1 Solucións das actividades propostas .......................................................................... 38 6.2 Solucións das actividades complementarias............................................................... 45 6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación ................................................................ 47

7. Glosario........................................... .........................................................................49

8. Bibliografía e recursos............................ ................................................................50

Page 3: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 3 de 51

1. Introdución

1.1 Descrición da unidade didáctica

Esta unidade didáctica aborda algúns aspectos fundamentais da nosa organización política, que afectan á nosa vida cotiá.

Iníciase cun apartado dedicado á evolución histórica da división territorial de España, desde a época da dominación romana ata a actualidade. Ese rápido paseo pola historia ha-nos axudar a comprender mellor o presente.

En segundo lugar, abórdase o estudo de España como unha democracia parlamentaria. Inténtase responder á pregunta: que quere dicir que un país estea organizado democrati-camente? Cales son as institucións propias dunha democracia? Neste apartado realizare-mos unha análise detida da Constitución española, como norma fundamental da conviven-cia.

Estúdase despois un aspecto fundamental da nosa organización política: o Estado das autonomías, con especial referencia á realidade de Galicia.

O derradeiro apartado da unidade dedícase a outro aspecto fundamental, que ten tamén moita influencia na nosa vida de todos os días: a incorporación de España, e consecuente-mente de Galicia, á Unión Europea.

1.2 Coñecementos previos

Sería importante que o alumnado lembrase o traballado en xeografía de Europa, da Penín-sula Ibérica e de Galicia. É preciso coñecer os países de Europa e os principais accidentes físicos para afrontar a presente unidade didáctica. Ademais, cumprirá dominar os contidos da unidade didáctica 5, titulada A democracia.

1.3 Suxestións para a motivación e o estudo

Nunha época en que as distancias están a desaparecer e en que as persoas viaxan para co-ñeceren puntos distantes na Terra, faise imprescindible o coñecemento da realidade propia do país de nacemento ou de residencia.

Mais non é abondo o coñecemento descritivo dos aspectos físicos ou políticos; é preci-so tamén comprender as causas e as consecuencias deses aspectos. Debémonos preparar para desenvolvernos no espazo físico inmediato e que coñezamos os dereitos e os deberes que rexen a nosa vida cotiá.

Somos cidadáns e cidadás do mundo, pero tamén o somos da Unión Europea, dun país, dunha comunidade, dunha provincia, dun concello e dunha bisbarra, o que nos confire unha identidade propia que é preciso coñecermos.

O alumnado debe aprender a comprender, a respectar e a amar todos os países, as razas, as culturas e as relixións, nomeadamente os dos individuos que viven no seu contorno in-mediato.

Page 4: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 4 de 51

1.4 Orientacións de temporalización

Á presente unidade dedícaselle o equivalente de doce horas. É importante ler detallada-mente a información teórica de cada bloque antes de afrontar as actividades propostas. As actividades complementarias e o test de autoavaliación precisarían dúas sesións para a súa realización e corrección.

Page 5: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 5 de 51

2. Secuencia de contidos e actividades

2.1 Organización política e territorial de España

España caracterízase pola súa diversidade natural, xeográfica e humana. A pesar de moitos trazos comúns, hai uns carácteres ecolóxicos, demográficos, de xeitos de poboamento, de actividades económicas, e de patrimonio cultural e histórico que varían dun lugar a outro.

Actividades propostas

S1. Procure información en internet ou en fontes escritas, e localice no mapa supe-rior os seguintes elementos:

� As principais unidades de relevo da Península Ibérica.

� As grandes zonas climáticas.

� As rexións máis poboadas.

Que factores explican a diversidade rexional de España?

2.1.1 Proceso de configuración territorial do Estado espa ñol

Antes da chegada dos romanos, a Península Ibérica era un territorio formado por unha se-rie de pobos e culturas diferentes, con dominios independentes entre si.

Os romanos conquistaron a península Ibérica e someteron os pobos que a habitaban. Desde ese momento a Península pasou a formar parte dos territorios dominados polos ro-manos, que lle deron o nome de Hispania. Impuxeron a unificación territorial e a homoxe-neización cultural, e organizaron o territorio en provincias, gobernadas por un pretor, e conventus xurídicos.

Page 6: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 6 de 51

A Península Ibérica durante a conquista romana

Hispania no século III Hispania no século VI

Coa desaparición do Imperio Romano o territorio foi invadido por pobos bárbaros (barba-

ri: estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares.

Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse así a Hispania visigoda, que supuxo a unificación territorial (agás o norte). Cre-ouse un reino independente (con capital en Toledo) dividido en provincias gobernadas por duces.

No ano 711 o territorio peninsular é invadido polos musulmáns. Desaparece o reino vi-sigodo e Hispania pasa a ser unha provincia do califato de Damasco.

A partir do ano 722, e ao longo de oitocentos anos (un longo proceso de reconquista do territorio peninsular polos cristiáns), foise creando lentamente unha rede de reinos máis ou menos estables, que se foron fusionando entre eles ao tempo que ían adquirindo unha identidade propia. Tratábase de reinos asentados en territorios independentes entre si, con fronteiras inestables.

Page 7: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 7 de 51

Península Ibérica. Mediados do s. VIII Península. Ibérica. Principios do s. XI

Península Ibérica. Século XIII Península Ibérica. Século XIV

Reis Católicos

Durante o reinado dos Reis Católicos (derradeiro terzo do século XV e primeiros anos do século XVI) unificáronse os reinos cristiáns baixo a súa coroa. Tratábase dun territorio formado por reinos que mantiñan as súas particularidades (unión dinástica). Cada reino mantiña a súa lingua, as súas leis e moeda, as súas fronteiras e institucións. Os reis exercí-an a súa autoridade a través de gobernadores, capitáns xenerais, vicerreis e audiencias.

No ano 1504 os reinos baixo a súa autoridade eran:

� Coroa de Castela: reino de Castela, reino de Galicia, reino de León, principado de As-turias, reino de Murcia, reino de Sevilla, reino de Xaén, reino de Córdoba, Vasconga-das e reino de Estremadura. A estes territorios peninsulares cómpre engadirlles as pose-sións en América, as Canarias e Melilla.

� Coroa de Aragón: reino de Aragón, condados Cataláns, reino de Valencia e reino de Mallorca. Neste caso, hai que engadir as posesións aragonesas no Mediterráneo.

� Reino de Navarra.

Page 8: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 8 de 51

Os Austrias e os Borbóns

Durante o reinado dos reis da casa de Austria (séculos XVI e XVII) fórmase o Imperio Español. Mantense a mesma situación administrativa do territorio peninsular, respectando a existencia de reinos dentro da coroa de España, que conservan as propias leis (foros), costumes, moeda e idioma.

A Península Ibérica no tempo dos Austrias (séculos XVI e XVII)

O Imperio Español a finais do século XVI

Coa chegada dunha nova dinastía a comezos do século XVIII, os Borbóns, estrutúrase un novo modelo de Estado unitario e centralista. Os reinos da Coroa de Aragón ven desapare-cer os seus foros e adoptan as leis da coroa de Castela. Aparece así un novo marco de or-ganización territorial de España (desaparición dos reinos) dividida en provincias, e im-plántanse institucións dependentes da coroa que exercen a autoridade no seu nome: capi-táns xenerais, audiencias, intendentes e deputacións.

Page 9: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 9 de 51

España en tempo dos Borbóns (século XVIII)

Século XIX

O centralismo foise acentuando a partir do século XIX, coa implantación do liberalismo: os antigos reinos que formaban a Coroa de España van desaparecendo e perdendo identi-dade e aparece unha nova división provincial. Cada provincia dependía do poder central, que nomeaba un representante do goberno: o gobernador civil.

A este centralismo liberal temos que contrapoñer o proxecto federal da I República, que en 1873 presentaba un modelo de estado descentralizado e federal. España era así o resul-tado da federación de 17 estados que cedían ao goberno central parte das súas competen-cias. Establecíase tamén a autonomía municipal.

División provincial de España de Javier Burgos (1833) Proxecto de Estado federal (fins do século XIX)

A pesar de que durante a Restauración se mantivo o modelo de Estado unitario e moi cen-tralizado (gobernadores provinciais e alcaldes dos concellos eran nomeados polo rei) as reivindicacións dos nacionalistas foron en aumento. Durante a II República atendéronse as aspiracións dalgúns territorios e a constitución de 1931 presentou un modelo de Estado unitario e descentralizado que recollía a existencia dalgunhas autonomías.

Page 10: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 10 de 51

O franquismo e o restablecemento da democracia

No franquismo volveuse a un modelo de Estado unitario e fortemente centralizado. España quedou dividida en provincias, controladas polo Goberno a través dos gobernadores civís.

Co restablecemento da democracia, a Constitución de 1978 debuxa unha organización territorial que mantén as estruturas do Estado unitario pero recoñece ao mesmo tempo a existencia de 17 comunidades autónomas e dúas cidades con estatuto de autonomía, con competencias propias exclusivas e outras compartidas co Estado.

2.1.2 Configuración territorial actual de España

A Constitución española, aprobada en 1978, regula os principais aspectos do sistema polí-tico actual. Define a forma de goberno de España como unha monarquía parlamentaria, describe o Estado como social, democrático e de dereito, e establece unha nova estrutura territorial: o Estado das autonomías.

España no franquismo

A España autonómica segundo a Constitución de 1978

Page 11: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 11 de 51

Actividades propostas

S2. Compare o mapa do territorio español da época dos Austrias, o da República Federal e o actual das autonomías.

� Sinale semellanzas e as diferenzas.

� Teñen algo que ver as autonomías actuais cos reinos históricos españois?

S3. Fíxese no mapa coa división provincial de Javier Burgos (1833). Que modelo de Estado reflicte?

S4. Lea o seguinte texto cos títulos dos reis Fernando e Isabel (Reis Católicos). No cadro, ao lado de cada un, diga en que comunidade autónoma actual se inclúen. Se se trata de territorios que hoxe non son españois, diga a que país pertencen.

Títulos dos Reis Católicos

“Don Fernando e dona Isabel, pola graza de Deus, rei e raíña de Castela, de León, de Aragón, de Sicilia, de To-ledo, de Valencia, de Galicia, de Mallorca, de Sevilla, de Sardeña, de Córdoba, de Córsega, de Murcia, de Xa-én, do Algarve, de Alxeciras, de Xibraltar, conde e condesa de Barcelona, señores de Biscaia e de Molina, du-ques de Atenas e de Neopatria, condes de Rosellón e de Serdaña, marqueses de Oristán e de Gociano”

Hernando del Pulgar. Crónica de los Reis Católicos. 1490

Reino histórico Comun. actual Reino histórico Comun. actual Reino histórico Comun.actual

���� Castela ���� Sardeña ���� Rosellón

���� León ���� Córdoba ���� Molina

���� Aragón ���� Córsega ���� Atenas

���� Sicilia ���� Murcia ���� Neopatria

���� Toledo ���� Xaén ���� Biscaia

���� Valencia ���� Algarve ���� Cerdaña

���� Galicia ���� Alxeciras ���� Oristán

���� Mallorca ���� Xibraltar ���� Gociano

���� Sevilla ���� Barcelona

S5. Observe o mapa da distribución administrativa do Franquismo e o actual. Que di-ferenzas aprecia?

Page 12: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 12 de 51

2.2 España: unha democracia parlamentaria

En 1975, tras a morte do xeneral Franco, España puido acceder a un réxime democrático. O pobo español recuperou así os seus dereitos e as súas liberdades tras case corenta anos dunha ditadura de carácter persoal. Este paso á democracia foi posible grazas á colabora-ción de todas as forzas políticas no período da Transición, etapa en que se levaron a cabo as reformas políticas necesarias para desmantelar as institucións franquistas vixentes, á vez que se organizaban as novas de carácter democrático. A Transición foi un exemplo de consenso, diálogo e tolerancia.

Todas as forzas democráticas estableceron como obxectivo da Transición devolverlle a soberanía ao pobo español, instaurar un réxime democrático e legalizar todos os partidos políticos ata chegar á celebración dunhas eleccións xerais libres para formar unhas Cortes constituíntes que elaborasen unha Constitución.

España quedou constituída así como unha democracia parlamentaria cuxo xefe de Esta-do é o Rei, que reina pero non goberna. As funcións do Rei son as de representar o Estado e ser árbitro entre as institucións; carece de poder lexislativo (non pode elaborar leis) e non ten funcións executivas (non pode gobernar) nin pode xulgar. A diferenza do xefe de Estado dunha república, o cargo de Rei é vitalicio e hereditario.

2.2.1 Características do sistema democrático español

O sistema democrático fundaméntase nas liberdades e nos dereitos individuais; xa que lo-go, as súas institucións non deben ter outro obxecto que garantir e satisfacer as liberdades e os dereitos da cidadanía.

As características fundamentais dun sistema democrático son: división de poderes, existencia dunha constitución, a soberanía reside no pobo, eleccións por sufraxio univer-sal, existencia de pluripartidismo e respecto polos dereitos e as liberdades.

División de poderes

En todo sistema democrático existe división de poderes para que ningunha institución nin persoa os acapare:

� Parlamento: desempeña a función lexislativa. As Cortes españolas están constituídas por dúas cámaras: o Congreso dos Deputados e o Senado. Elixidos por todos os cida-dáns e cidadás en eleccións cada catro anos, encárganse de elaborar e aprobar as leis e de controlar o Goberno. O presidente do Goberno é elixido polo parlamento e está so-metido co seu goberno á súa vixilancia.

� Goberno: desempeña a función executiva. Está integrado polo presidente do Goberno, o vicepresidente (un ou varios) e os ministros. Determina a política que debe seguir o Estado e aplícaa a través da Administración do Estado, que está baixo as súas ordes. Fixa os obxectivos políticos nos diferentes campos (industria, agricultura, educación, sanidade, cultura, etc.) e as estratexias para os alcanzar.

� Xuíces e maxistrados: desempeñan a función xudicial. Correspóndelles administrar xustiza, mediante a aplicación das normas xurídicas na resolución de conflitos. Inter-pretan, por tanto, as leis elaboradas polo parlamento e son independentes dos outros poderes. Só están sometidos ao imperio da lei (artigo 117 da Constitución).

Page 13: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 13 de 51

Outras institucións do Estado son o Tribunal constitucional, que interpreta as leis e deter-mina se están de acordo coa constitución, e o Defensor do Pobo, que defende os dereitos e liberdades dos cidadáns e das cidadás.

Existencia dunha constitución

A constitución é a lei básica ou o conxunto de leis básicas que regulan a organización po-lítica fundamental dun Estado. Establece a forma de goberno, os dereitos e os deberes da cidadanía e o funcionamento xeral do Estado. A actual constitución española é a de 1978.

A constitución declara que España é un Estado democrático e de dereito, cuxa sobera-nía reside no pobo e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria, cunha organiza-ción territorial descentralizada. Establece o sufraxio universal para homes e mulleres ma-iores de 18 anos e unha clara separación de poderes.

A soberanía

Nos Estados democráticos a soberanía (o exercicio do poder) reside no pobo porque son os seus cidadáns os que elixen, a través dos mecanismos de participación política, os seus gobernantes.

Sufraxio universal

Nunha democracia as opinións de todos os cidadáns contan igual. A cidadanía expresa a súa opinión e a súa vontade a través de eleccións libres. O voto libre de todos os homes e mulleres maiores de idade é o que chamamos sufraxio universal.

A loita polo sufraxio universal iniciouse co liberalismo. Nun primeiro momento esta-bleceuse o sufraxio restrinxido ou censatario masculino. Posteriormente foise implantando o sufraxio universal masculino ata lograrse finalmente o sufraxio universal de homes e mulleres, logrado por primeira vez en España na constitución da II República, de 1931. Foi o froito dunha longa loita das mulleres por acadar o seu dereito ao voto (as sufraxistas, entre as que temos que resaltar o papel xogado por Clara Campoamor).

Clara Campoamor

Vitoria Kent

“Lamento vivamente ter que erguerme nestes momentos a pronunciar unhas brevísimas palabras. Estase a facer unha Constitución de tipo democrático, por un pobo que ten escrito como lema principal o respecto profundo aos principios democráticos (...). Nou-tras partes, digo eu, a título radical, está o perigo do cura e da reacción; non na muller (...)

Eu non creo, non podo crer que a muller sexa un perigo para a República, porque eu vin a muller reaccionar fronte á Ditadura e coa República(...). Resolvede o que queirades, pero afrontando a responsabilidade de dar entrada a esa metade do xénero humano na política, para que a política sexa cousa de dous, porque só hai unha cousa que fai un sexo só: dar a luz. As demais, facémolas todos en común, e non podedes aquí vós vir-des lexislar, votar impostos, dicir deberes, lexislar sobre a raza humana, sobre a muller e sobre o fillo, fóra de nós, as mulleres”.

Discurso sobre o sufraxio feminino de Clara Campoamor, deputada radical.

Agosto de 1931

Page 14: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 14 de 51

Existencia do pluripartidismo

Os partidos políticos son a canle a través das que a cidadanía participa na vida política. Os partidos políticos representan diferentes maneiras de entender o goberno, teñen unha ideo-loxía e un programa propios, e presentan os seus propios candidatos e candidatas ás elec-cións. Unha vez elixidos os seus representantes, defenden o punto de vista do seu partido no parlamento, nos parlamentos autonómicos e nos concellos.

Na actualidade existen en España partidos de ámbito estatal, como o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), o Partido Popular (PP) e Esquerda Unida (IU), e partidos de ámbito autonómico, normalmente de carácter nacionalista, como Convergència i Unió (CIU) en Cataluña, o Partido Nacionalista Vasco (PNV), o Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Partido Andalucista (PA).

A lei de partidos obriga a condenar a violencia como medio de expresión das ideas po-líticas. Se a condena non se fai explícita, o partido non pode inscribirse legalmente.

Os cidadáns e as cidadás podemos participar na vida política de diversas maneiras:

� Votando nas eleccións cada catro anos ou nos referendos que se convoquen (consultas para que os electores expresen a súa opinión sobre determinados aspectos ou temas).

� Coa afiliación aos partidos políticos.

Para que as eleccións sexan democráticas deben ser:

� Libres: calquera cidadán pode presentar a súa candidatura.

� Plurais: os electores poden votar entre diferentes opcións.

� Por sufraxio universal: todos os cidadáns e as cidadás maiores de idade poden votar sen ningún tipo de discriminación por razón de sexo nin económica.

� Periódicas: as eleccións repítense cada certo tempo (establecido pola lei).

En España, cada catro anos eliximos os membros do Congreso e do Senado, os dos parla-mentos autonómicos, os concelleiros dos concellos e os membros do Parlamento Europeo.

Estado democrático social e de dereito

Nun estado democrático os cidadáns e as cidadás participan nas tarefas de goberno direc-tamente ou mediante a elección dos seus representantes.

Nun Estado social e de dereito as institucións de goberno interveñen na vida económica e nas relacións laborais e sociais co obxectivo de lle garantir a toda a cidadanía unhas con-dicións de vida dignas. Na constitución de 1978 establécense unha serie de principios que deben rexer a política económica e social, como son a protección das persoas e dos grupos sociais desfavorecidos (maiores, doentes, nenos, diminuídos psíquicos e físicos, inmigran-tes, etc.), o dereito de todos ao traballo, á educación, á sanidade, á vivenda, etc.

Dereitos e liberdades democráticas

� Valores fundamentais.

– A verdadeira democracia fundaméntase nos valores do respecto, a igualdade e a li-berdade. Todos debemos ter as mesmas oportunidades con independencia de raza, orixe, sexo, economía, crenzas... Isto significa respectar os dereitos humanos.

Page 15: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 15 de 51

– A tolerancia. O verdadeiro demócrata acepta e tolera os que defenden outras ideas e outros intereses e os gobernantes teñen a obriga de ter en conta as minorías.

� Dereitos e liberdades: entre os dereitos e as liberdades que se recollen na Constitución están os seguintes:

– De carácter individual: o dereito á vida, á liberdade de expresión, á liberdade políti-ca, á liberdade de prensa, etc.

– De carácter político: liberdade e igualdade política, dereito de reunión, de manifes-tación e de asociación.

– Económicos e sociais: o dereito ao traballo, á educación, a un salario xusto, a vaca-cións retribuídas, etc.

– Todos os cidadáns e todas as cidadás deben educarse e informarse dos seus dereitos e deberes.

Actividades propostas

S6. Defina os seguintes conceptos:

Monarquía parlamentaria Cortes Autonomía Sufraxio universal

Poder executivo Poder lexislativo Poder xudicial

S7. Analice a Carta Magna ou Constitución española de 1978.

� Na actualidade existe en España división de poderes?

� E durante o franquismo?

� Que pasos se seguiron para a elaboración da Constitución de 1978?

� Por que cre que é importante para un país ter unha constitución?

� Cando obtiveron as mulleres o dereito ao sufraxio?

S8. Indique a que institución corresponde cada unha das seguintes funcións.

� Aprobar ou rexeitar un proxecto de lei presentado polo Goberno ou por un gru-po parlamentario.

� Decidir se unha lei ou un decreto do goberno se axusta ou non aos principios da Constitución.

� Xulgar un delito cometido contra as persoas ou contra a propiedade.

� Encargarlle ao dirixente dun partido político a formación do goberno despois das eleccións.

� Resolver en última instancia a apelación contra unha sentencia xudicial dos tri-bunais ordinarios.

Page 16: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 16 de 51

2.2.2 A organización territorial en España

A Constitución de 1978 establece unha organización do territorio en catro niveis territo-riais: municipios, provincias, comunidades autónomas e administración central. Os muni-cipios e as provincias son unidades administrativas moi antigas que quedan recoñecidas nela. Ademais, deseña un modelo de Estado descentralizado e autonómico que lles outor-ga autogoberno ás rexións e que, en calquera caso, debe garantir o equilibrio económico entre as partes do territorio.

Os concellos ou municipios

A división territorial local son os municipios, a administración máis próxima á cidadanía. Actualmente existen en España 8.104 municipios, dos que 315 son galegos. Os concellos teñen as características seguintes:

� Poden estar formados por un ou varios núcleos de poboación.

� Réxense pola administración local. O concello é o máximo órgano de goberno munici-pal e está formado polo alcalde e os concelleiros, que se elixen democraticamente. A cidadanía elixe os concelleiros que á súa vez elixen os alcaldes.

� Obteñen ingresos dos impostos propios e dos que recada do Estado ou da súa comuni-dade autónoma. Reciben un orzamento dependendo do número de habitantes.

� Proporcionan unha serie de servizos indispensables para a cidadanía:

– Deben dispor de iluminación pública, recollida de residuos domésticos, limpeza via-ria, auga potable, sumidoiros, pavimentación, cemiterio, policía local, etc.

– Os de máis de 5.000 habitantes deben ofrecer parques públicos, biblioteca, mercado e tratamento de residuos.

– Os de máis de 20.000 habitantes deben dispor de protección civil, servizos sociais, prevención e extinción de incendios, e instalacións deportivas públicas.

– Os de máis de 50.000 habitantes, transporte urbano e protección ambiental.

A administración provincial

As provincias son territorios que agrupan varios concellos. A administración provincial é unha división territorial e, ao mesmo tempo, unha entidade local. A división provincial ac-tual foi ideada por Javier Burgos en 1833 durante o reinado de Isabel II sobre os límites dos antigos reinos da Coroa española. A intención básica era a desaparición dos reinos como tal e ampliar o centralismo do Estado nun momento histórico no que se estaban asentando as bases políticas do liberalismo. As provincias tiveron que ir adaptando as súas funcións ás diferentes situacións históricas desde 1833. Na actualidade a división provin-cial ten tres funcións:

� Serve de circunscrición electoral do Estado (delimitan o territorio para as eleccións).

� Serve de división territorial da administración periférica do Estado central, representada pola figura do subdelegado do goberno.

� É a entidade local de maior rango: a súa función é a de cooperar cos municipios. Os deputados da deputación provincial escóllense entre os concelleiros electos e o presi-dente da deputación escóllese entre os deputados provinciais electos.

Page 17: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 17 de 51

As comunidades autónomas

Un dos cambios políticos máis importantes emprendidos na Transición foi o da constru-ción dun novo modelo de Estado non centralista, recollido no título VIII da Constitución de 1978: o Estado das autonomías.

A Constitución fundaméntase na unidade e indivisibilidade da nación española, pero recoñece o dereito das diferentes nacionalidades e das rexións a constituírse en autonomí-as. Cada comunidade autónoma conta co seu respectivo estatuto de autonomía, que son leis que recollen as súas institucións, as súas normas e competencias.

� O camiño cara ás autonomías. O establecemento das autonomías tivo dúas etapas.

– A primeira foi a das preautonomías, na que se concederon autonomías provisionais ás rexións que o solicitaran por vía parlamentaria.

– A segunda foi a partir da aprobación da Constitución, na que se regulaba definitiva-mente o carácter e procedementos do acceso á autonomía.

De xeito provisional as rexións foron obtendo unha serie de transferencias de funcións, nun movemento que foi impulsado polas asembleas de parlamentarios constituídas en moitas rexións españolas. En primeiro lugar atendéronse as reivindicacións das chama-das nacionalidades históricas: Cataluña, Euskadi e Galicia.

– A primeira autonomía foi a de Cataluña. O 29 de setembro de 1977 restablecíase a Generalitat e o 23 de outubro nomeábase a Josep Tarradellas o seu presidente.

– O caso de Euskadi foi máis problemático, principalmente pola cuestión de ETA e a da inclusión ou non de Navarra. Finalmente, a preautonomía vasca, sen Navarra, materializouse nun Consello Xeral Vasco aprobado o 6 de xaneiro de 1978.

– No caso galego, a UCD intentou aplicar unha política restritiva e en marzo de 1978 creouse unha Xunta de Galicia provisional, sen competencias propias.

Resoltos estes tres casos, o proceso continuou coas novas autonomías. Optouse por es-pallar o mapa autonómico a todo o territorio do Estado, que se dividiu en rexións autó-nomas, mantendo vixente a división provincial. Entre 1979 e 1983 foron conformándo-se as 17 comunidades autónomas que hoxe configuran o Estado español.

� As competencias autonómicas. As competencias das autonomías poden ser plenas ou compartidas co Estado.

– Son competencias plenas a organización das súas institucións de autogoberno, o ur-banismo, a vivenda, o patrimonio monumental, a sanidade, etc.

– Son compartidas a educación, a xestión das estradas, a lexislación laboral, etc.

A distribución das competencias entre os diversos niveis institucionais réxese polo principio de subsidiariedade, o que significa que todo o que pode facer o municipio non o fai a comunidade autónoma, e todo o que pode facer a comunidade autónoma, non o fai o Estado.

� Os estatutos de autonomía. Son a norma institucional básica de cada comunidade au-tónoma, que dentro dela teñen un rango superior ás leis aprobadas pola asemblea da comunidade. O Estado recoñéceos e ampáraos como parte integrante do seu ordena-mento xurídico (co rango de lei orgánica). Os estatutos deberán conter :

– Denominación da comunidade.

Page 18: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 18 de 51

– Delimitación do seu territorio.

– Denominación, organización e sede das institucións autónomas propias.

– Competencias asumidas e bases para o traspaso dos servizos correspondentes.

O proxecto de estatuto de autonomía é elaborado por unha asemblea, e debe ser eleva-do ás Cortes Xerais para a súa tramitación como lei orgánica.

� Réxime de competencias. É o elemento clave de todo o sistema autonómico. A Consti-tución segue un sistema aparentemente simple de dobre lista:

– Enumera as materias sobre as que poderán asumir competencias propias (art. 148.1).

– Establece as materias en que o Estado ten competencias exclusivas (art. 149.1)

� As institucións autonómicas de goberno. Cada comunidade autónoma ten os seguin-tes órganos de goberno:

– Asemblea ou parlamento: é o órgano lexislativo que controla o goberno autonómico, elixe o presidente da autonomía e aproba os orzamentos autonómicos. Elixida por sufraxio universal, en sistema de representación proporcional que asegure, ademais, a representación das diversas zonas do territorio.

– Presidente autonómico: representa a Autonomía e dirixe o Goberno autonómico (poder executivo). É elixido polo parlamento e é nomeado polo Rei. Nomea os con-selleiros. Ten a suprema representación da comunidade e a ordinaria do Estado nela. O procedemento de elección é semellante ao do presidente español; a proposta co-rrespóndelle neste caso ao presidente da asemblea, e o nomeamento, ao Rei.

– Goberno ou consello: ten o poder executivo e fai cumprir as leis aprobadas polo par-lamento autonómico e aquelas sobre as que comparte competencias co Estado.

– Nas comunidades das Illas Baleares e Canarias, cada illa ten unha administración propia en forma de Consello Insular (Illas Baleares) ou Cabido (Canarias). Ceuta e Melilla son desde 1995 cidades con Estatuto de Autonomía.

Cronoloxía dos estatutos de autonomía

Page 19: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 19 de 51

Diversidade xeográfica e desequilibrios rexionais

Existen desequilibrios entre as comunidades autónomas de España. Son o resultado das condicións naturais e da actuación humana, que os foron acentuando recentemente. Estes desequilibrios aprécianse, nomeadamente, en tres aspectos:

� Na importancia económica, medida polo PIB e polo PIB por habitante.

� No peso demográfico, manifestado no volume e na distribución da poboación.

� No benestar social, estimado en función da dotación de servizos e equipamentos.

A base desas diferenzas foi o desigual proceso industrializador, que favoreceu a concen-tración da riqueza, da poboación e das mellores dotacións sociais no litoral mediterráneo, Madrid e a cornixa cantábrica. Hoxe certos servizos especializados (o turismo, as novas tecnoloxías, a investigación e a innovación) crearon novas zonas de desenvolvemento.

Como se poden solucionar estes desequilibrios? O Estado outórgalles aos territorios máis atrasados recursos procedentes do Fondo de Compensación Interterritorial, aos que se unen os fondos da política rexional da Unión Europea.

Actividades propostas

S9. Conteste ás seguintes cuestións:

� Como se organiza o territorio en España?

� Explique que é un municipio.

� Como obteñen os municipios os ingresos para desempeñar as súas funcións?

� Cal é a función actual das provincias?

� Como están representados os municipios na deputación provincial? Que figura representa o goberno na actualidade en cada provincia?

� Cantas comunidades autónomas hai na actualidade? Que son Ceuta e Melilla?

� Cales son as institucións de autogoberno das comunidades autónomas?

S10. Localice nos mapas seguintes as provincias actuais e as comunidades autóno-mas. Pinte de cor azul as provincias galegas e a comunidade galega.

Page 20: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 20 de 51

S11. Observe o mapa e complete.

� A comunidade con maior número de provincias é [ _______________ ].

� As comunidades autónomas uniprovinciais son [ _______________________ ]

� A miña comunidade autónoma é [ _______________ ].

� A miña comunidade autónoma ten [ _______________ ] provincias.

� Eu vivo na provincia de [ _______________ ]

Page 21: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 21 de 51

2.3 A Comunidade Autónoma de Galicia

2.3.1 A Transición en Galicia En Galicia o proceso da transición tivo certas peculiaridades debido á súa particular com-posición sociopolítica, á existencia do nacionalismo galego (Galicia é considerada, xunto con Cataluña e Euskadi, nacionalidades históricas) e ao precedente do Estatuto Galego de 1936.

En setembro de 1977 creouse a Asemblea de Parlamentarios de Galicia, formada polos deputados e senadores elixidos nas eleccións de xuño de 1977 e os tres senadores designa-dos polo Rei. O seu cometido foi o de preparar a autonomía da comunidade autónoma. Apoiaron o seu labor todos os partidos políticos, excepto o BNPG, e a cidadanía a través de manifestacións.

A preautonomía galega foi concedida o 11 de marzo de 1978, e formouse unha Xunta provisoria, integrada por once membros elixidos pola Asemblea de Parlamentarios e pre-sidida por Antonio Rosón.

O presidente da preautonomía, de acordo coa Asemblea de Parlamentarios, nomeou unha comisión redactora do Estatuto na que estaban presentes os partidos relevantes. O es-tatuto elaborado foi entregado o 9 de abril 1979, e deseñaba unha autonomía igual que a catalá. Malia que o goberno central da UCD presentou atrancos e pretendía outorgarlle a Galicia unha menor autonomía, finalmente cedeu e o Estatuto de Autonomía de Galicia foi referendado polos galegos o 21 de decembro de 1980, cunha abstención moi alta (73,5 %).

O Estatuto de Autonomía foi promulgado mediante lei orgánica o 6 de abril de 1981. Establecía o Parlamento e a Xunta de Galicia e constitúe a lei básica de Galicia.

2.3.2 A Comunidade Autónoma de Galicia

No estatuto establécense as súas competencias e as súas institucións de goberno. Entre as competencias que ten o goberno galego figura a organización das institucións autonómicas e do territorio, o ensino do galego, a asistencia social, etc. As institucións da Comunidade Autónoma de Galicia son:

� Parlamento: é o encargado de lexislar, elaborar e aprobar os orzamentos, controlar o labor da Xunta, designar os senadores que correspondan a Galicia no Senado e de pre-sentar proposicións de lei no Congreso dos Deputados. Está integrado por 75 deputa-dos, elixidos por sufraxio universal, directo e secreto. O número de deputados distribú-ese así: 10 fixos para cada provincia, e os 35 restantes en proporción á poboación de cada unha delas. Para as eleccións de marzo de 2009, a distribución de escanos foi: 24 para A Coruña; 22 para Pontevedra; 15 para Lugo e 14 para Ourense. É función do Par-lamento elixir entre os seus membros o Presidente da Xunta.

� Xunta ou Goberno de Galicia: está formada polo presidente, polos conselleiros e por un ou varios vicepresidentes, todos eles nomeados polo presidente da Xunta. Desempe-ña as funcións executivas: propón leis ao Parlamento e fainas cumprir. O seu mandato establécese por períodos de catro anos (unha lexislatura).

Page 22: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 22 de 51

� Presidente da Xunta: dirixe e coordina a actividade da Xunta, e é o máximo represen-tante da Comunidade. A súa elección faise no Parlamento Galego entre os 75 deputados elixidos. Nomea e cesa os conselleiros, e ten a máxima representación da Comunidade.

� Tribunal Superior de Xustiza.

� Valedor do Pobo.

No Estatuto de Autonomía establécese a cooficialidade do idioma galego, institucionalí-zanse os símbolos e as efemérides que previamente creara o nacionalismo (himno, bandei-ra, Día da Patria Galega, etc.) e a obriga de promover a cultura propia.

A Constitución española organiza o territorio de Galicia en catro provincias. O Estatuto organízao en concellos e en 53 comarcas.

División provincial de Galicia Mapa das comarcas galegas

Unha comarca está formada por localidades próximas e comunicadas entre si que, asenta-das sobre o mesmo tipo de paisaxe e cun mesmo clima, comparten actividades económicas e formas de vida e tradicións.

Actividades propostas

S12. Explique como foi o proceso da redacción do Estatuto de Autonomía e a posta en funcionamento da Xunta de Galicia.

S13. Escriba os nomes das institucións de autogoberno que fan estas funcións.

Presidir a Xunta; facer cumprir as leis; controlar a acción do Goberno; aprobar os orzamentos; proporlle leis ao Parlamento.

S14. Que partido ou partidos políticos gobernan na actualidade en Galicia?

Page 23: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 23 de 51

2.4 A Unión Europea

2.4.1 O ingreso na Unión Europea

A Unión Europea (UE) está formada por un conxunto de países europeos con réximes po-líticos democráticos que se comprometeron a defender valores como a democracia, a li-berdade e a xustiza social, traballar xuntos pola paz e pola prosperidade e o benestar dos pobos e dos seus cidadáns, fomentando a axuda entre países.

Na actualidade a Unión Europea está formada por 27 estados que teñen como obxectivo final acadar un sistema económico e político comúns.

2.4.2 O proceso de creación da Unión Europea

Nunha Europa desfeita pola II Guerra Mundial, varios países decidiron crear unha organi-zación europea encamiñada a evitar novas guerras e fomentar o desenvolvemento econó-mico. O primeiro paso deuse en 1951, cando Francia, a República Federal de Alemaña, Bélxica, Países Baixos, Italia e Luxemburgo firmaron en París un tratado que creou a Co-munidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA). En 1957 Alemaña (República Fede-ral), Italia, Francia, Países Baixos e Luxemburgo asinaron o Tratado de Roma, creando a Comunidade Económica Europea (CEE) co obxectivo de estableceren un mercado común europeo que permitise a libre circulación de bens, servizos, persoas e capitais e facilitase así o desenvolvemento económico, permitindo ademais competir economicamente con Xapón e Estados Unidos.

Esta primeira comunidade europea foise ampliando coa incorporación de novos países:

– 1973: Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido.

– 1981: Grecia.

– 1986: España e Portugal. O mesmo ano asinouse a Acta Única Europea, que entrou en vigor o 1 de xullo de 1987.

– 1990: Alemaña do Leste.

– 1992: polo Tratado de Maastricht a Comunidade Económica Europea pasa a deno-minarse Unión Europea. No tratado recóllese o establecemento da moeda única para o 1 de xaneiro de 1999, as eleccións ao Parlamento Europeo e políticas de solidarie-dade coas rexións menos desenvolvidas.

– 1995: Austria, Finlandia e Suecia.

– 2002: o euro comeza a circular o 1 de xaneiro en Alemaña, Austria, Bélxica, España, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, os Países Baixos e Portugal.

– 2004: Chipre, Estonia, Letonia, Lituania, Hungría, Malta, Polonia, a República Che-ca, Eslovaquia e Eslovenia.

– 2007: Romanía e Bulgaria. Eslovenia comeza a utilizar o euro como moeda.

Page 24: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 24 de 51

2.4.3 Os obxectivos da Unión � Impulsar o progreso económico e social a través da creación dun mercado único e du-

nha moeda común.

� Garantir a liberdade, a seguridade e a xustiza para todos os seus cidadáns e as súas ci-dadás.

� Afirmar a identidade europea ofrecendo axuda aos países extracomunitarios.

� Implantar a cidadanía europea con dereitos e deberes comúns para toda a Unión.

� Desenvolver o sentido comunitario a partir de leis e normas comúns.

2.4.4 As institucións da UE

� Consello Europeo: responsable das orientacións xerais. Composto por todos os xefes de Estado ou de Goberno dos países membros, e os ministros de asuntos exteriores.

� Consello de Ministros: está formado xeralmente polos ministros de asuntos exteriores dos países membros. Toma as decisións máis importantes e coordina as actuacións dos Estados da Unión. Ás veces, cando os asuntos así o requiren, asisten outros ministros.

� Parlamento Europeo: representa os cidadáns e as cidadás da UE, e os seus membros son escollidos directamente por sufraxio universal. Os eurodeputados organízanse por grupos políticos, de acordo cos partidos que representan. O parlamento ten a función lexislativa, elabora as leis e aproba os orzamentos da UE. Organízase en comisións para traballar temas concretos e controla o Consello de Ministros e a Comisión Europea.

� Comisión Europea: exerce a función executiva, garante o cumprimento das normas europeas, propón os proxectos de lei que se presentan ao Parlamento e ao Consello de Ministros, controla o cumprimento dos acordos e tratados e elabora os orzamentos para o Parlamento e o Consello. A Comisión está formada polo Presidente e os Comisarios, elixidos polos Estados membros cun mandato de catro anos.

� Tribunal de Xustiza: exerce a función xudicial. Garante o respecto, a interpretación e o cumprimento das leis comunitarias. Está formado por un xuíz de cada país membro, que se renova cada cinco anos.

� Defensor do Pobo: pode ser consultado polos cidadáns e as cidadás dos estados mem-bros que consideren que foron tratados inxustamente por algunha das institucións da Unión.

� Outras institucións.

– Banco Central Europeo: xestiona o euro e a política monetaria da UE.

– Tribunal de Contas: encargado de controlar os gastos da UE.

– Comité das Rexións: representa as autoridades locais e rexionais.

– Banco Europeo de Investimentos: financia o desenvolvemento dos sectores econó-micos comunitarios que o necesitan.

– Consello Económico e Social: representa a sociedade civil organizada (sindicatos, empresarios, consumidores, etc.).

Page 25: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 25 de 51

Actividades propostas

S15. Procure información e localice no mapa físico de Europa as principais unidades de relevo e os máis importantes ríos europeos.

S16. No seguinte mapa político de Europa, sitúe os 27 estados da Unión Europea.

Page 26: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 26 de 51

S17. Conteste ás seguintes cuestións:

� Cales son os principais obxectivos da UE?

� Que institucións da UE teñen máis poder de decisión?

� O Parlamento Europeo, que organismos controla?

� Quen forma parte do Consello Europeo? Cal é a súa función?

� Cal é a principal función do Consello de Ministros?

� Que funcións desempeña a Comisión Europea?

� Quen forma parte do Tribunal de Xustiza? Que garante este tribunal?

S18. Describa as principais competencias das institucións da UE: consello de Minis-tros, Consello Europeo, Parlamento Europeo, Comisión Europea e Tribunal de Xustiza.

2.4.5 Trazos socioeconómicos da UE. Disparidades e políti ca rexional

A Unión Europea é un conxunto heteroxéneo de estados, con distintos niveis de desenvol-vemento económico e social, e diversos lingüística e culturalmente. Existen fortes diferen-zas sociais e económicas tanto entre estados como entre rexións do mesmo Estado, polo que desde un primeiro momento se considerou esencial a redución destas diferenzas, para evitar que a liberalización económica acentuase as disparidades territoriais.

2.4.6 Política rexional solidaria

Para corrixir os desequilibrios territoriais, a Unión desenvolve unha política económica rexional á que se dedica un terzo do orzamento comunitario. Esta política económica ba-séase na aplicación de fondos estruturais e fondos de cohesión, que son partidas do orza-mento europeo dedicadas aos seguintes fins:

� Concesión de préstamos para realizar investimentos nas rexións máis pobres.

� Creación de infraestruturas de trasporte e de subministración de enerxía.

� Realización de obras públicas para a solución de problemas ambientais e para a asisten-cia técnica en xeral.

� Desenvolvemento de políticas comúns nos ámbitos culturais e educativos, e na proble-mática xuvenil.

� Creación de postos de traballo.

� Concesión de préstamos e subvencións para axudar a manter os sectores agrícolas e pesqueiros comunitarios.

A última etapa do proceso de ampliación da Unión puxo ademais de manifesto a existen-cia de grandes desequilibrios económicos, sociais, culturais, etc., entre os novos e os anti-gos membros. Por esta razón, estes países (por exemplo, Romanía, Bulgaria e Polonia) re-ciben unha parte importante deses fondos comunitarios.

Page 27: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 27 de 51

Ademais, para acomodar a estrutura e o funcionamento da Unión Europea á realidade de 27 estados diferentes, déronse sucesivos pasos para a elaboración e a aprobación dunha Constitución común, cuxos obxectivos son a maior integración política e a creación dun espazo común de liberdade, seguridade e xustiza, e a promoción do pleno emprego. A aprobación desta Constitución está a ser un proceso longo e difícil, polas resistencias que atopa en varios países da Unión.

A Unión Europea adoptou como tarefa fundamental unha política agraria común, que pretendía asegurar un nivel de vida axeitado aos agricultores e modernizar as súas instala-cións e os seus equipamentos. Esta política consistiu nomeadamente en:

� Concentración das explotacións agrarias que eran moi pequenas.

� Concesión de créditos agrícolas baratos.

� Asegurar aos agricultores un bo prezo para os seus produtos agrarios.

� Limitación das importacións de alimentos e produtos agrarios procedentes de países de fóra da UE.

2.4.7 A política agraria da UE

A Política Agraria Comunitaria (PAC), para evitar unha produción agrícola superior á ca-pacidade de consumo dos europeos, propón na actualidade o seguinte:

� Redución da superficie dedicada aos cultivos e do número de cabezas de gando.

� Conversión dalgunhas terras de cultivo en zonas forestais e en espazos de lecer.

� Redución dos prezos que paga a UE para os achegar aos prezos mundiais.

� O Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agraria (FEOGA) está formado polos re-cursos que a UE reparte entre os estados membros para lles axudar a resolver os pro-blemas relacionados coa agricultura e coa gandería.

� A Política Pesqueira Común (PPC) delimita as zonas de pesca, determina o volume e o tamaño das capturas, e favorece a sinatura de acordos con outros países. Impulsa tamén a modernización, a investigación e a formación no sector pesqueiro.

2.4.8 Os grandes eixes industriais da UE

A UE é unha da principais zonas industriais do mundo, xunto con América do Norte e Xa-pón. O 25 % da poboación activa da UE dedícase á actividade industrial. Dentro do terri-torio da Unión podemos destacar o eixe que vai desde o Sueste do Reino Unido ata o val do Rin, en Alemaña, e o norte de Italia. Inclúense neste eixe cidades como Londres, París, Amsterdam, Bruxelas, Frankfurt e Milán. Son zonas de industrias modernas que ao mes-mo tempo coinciden coas rexións nas que se iniciou a primeira revolución industrial. Hai que subliñar o desenvolvemento en torno ás grandes cidades das industrias de alta tecno-loxía (telecomunicacións, electrónica, aeroespacial, etc.).

Os países do leste de Europa pertencentes á Unión, cunha forza de traballo moi cualifi-cada e salarios e custos de produción baixos, están a recibir importantes axudas para a modernización das súas estruturas industriais.

Algúns dos problemas máis importantes da industria europea nestes momentos son:

Page 28: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 28 de 51

� A falta de recursos enerxéticos (petróleo) e de materias primas, que deben ser importa-das de fóra da UE.

� O traslado de fábricas a países non pertencentes á Unión, a chamada deslocalización industrial, para aproveitar salarios máis baratos e custos de produción máis baixos.

2.4.9 Servizos, comercio e comunicación da UE

O sector de servizos é o que achega a meirande parte da riqueza da Unión. Nel traballa o 65 % da súa poboación activa. A súa importancia explícase por estes factores:

� O sector agrícola e o industrial necesitan cada vez menos man de obra, debido ao seu desenvolvemento tecnolóxico, polo que liberan esa man de obra para o sector servizos.

� O desenvolvemento económico favorece o nacemento de novas necesidades sociais, nas redes de comunicación, na investigación, etc.

Os intercambios comerciais entre os países da UE, e entre esta o os do resto do mundo, al-canzan un grande volume. O 40 % do total das exportacións mundiais parte dalgún país da UE.

Cómpre salientar a importante rede de transportes que está en proceso constante de me-llora e homoxeneización. As infraestruturas máis usadas son as estradas.

O Plan Xeral de Rede de Alta Velocidade para o ano 2010 pretende mellorar toda a re-de ferroviaria. Á súa vez, o transporte marítimo entre os países membros é moi importante e invístense moitos recursos económicos en infraestruturas portuarias. O transporte aéreo é un elemento clave para a cohesión da UE. Os aeroportos máis transitados son os de Lon-dres, París, Frankfurt, Amsterdam e Madrid.

Actividades propostas

S19. Conteste ás seguintes cuestións sobre a Unión Europea e as súas políticas.

� En que se basea a política rexional da UE?

� A que se dedican os fondos estruturais e os fondos de cohesión?

� En que consiste a Política Agraria Común?

� Que porcentaxe da poboación europea traballa no sector agrícola, no industrial e no de servizos?

� Localice as cidades nas que se atopen as sedes das institucións europeas e sitú-eas no mapa da seguinte actividade.

S20. No mapa da páxina seguinte, sitúe en cor vermella as principais cidades que for-man parte do eixe con maior desenvolvemento industrial da UE. No mesmo ma-pa, pinte de laranxa os catro países que contan coas zonas industriais máis im-portantes da Unión. Localice tamén e marque con outra cor as zonas industriais máis importantes de España (Madrid, País Vasco, Asturias, Cataluña, Val do Ebro e Valencia).

Page 29: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 29 de 51

2.4.10 A posición de España dentro da UE

Cando se asinou o Tratado de Roma en 1957, España tiña un réxime ditatorial. Os países asinantes non contaron con ela, xa que non cumpría cos requisitos políticos necesarios. En 1979 comezaron as negociacións para a adhesión de España á CEE (Comunidade Econó-mica Europea). O requisito esixido era dispor de institucións democráticas e a adaptación da economía española á comunitaria, sobre todo no ámbito da produción agraria e pes-queira. España, ademais, solicitou tempo para se adaptar á unión aduaneira e á existencia de determinados monopolios, e permitir así a integración progresiva dalgúns sectores pro-dutivos.

Despois de longas negociacións, tanto España como Portugal incorporáronse á CEE en 1986. España pasou a ter oito votos no Consello de Ministros e dous comisarios na Comi-sión Europea. Tras as sucesivas ampliacións, contaba cun comisario e 54 deputados no Parlamento Europeo (dun total de 738 membros). Nas eleccións de xuño de 2009, España elixiu 50 representantes no parlamento.

2.4.11 Balance da incorporación de España á UE

Parte do actual desenvolvemento económico e social de España débese ao proceso de in-tegración europea:

� España comezou a recibir fondos da UE desde 1987. Estas axudas crearon uns 300.000 empregos anuais.

� A renda per cápita actual é o 97,7 % da media comunitaria (no ano 1986 era dun 68 % respecto á media comunitaria).

� O 90 % dos investimentos que recibe España do exterior procede da Unión Europea.

Page 30: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 30 de 51

� Os fondos europeos serviron para financiar proxectos como:

– Construción do 40 % de autovías e ampliación de portos, aeroportos e metros.

– Programas educativos para estudantes (Erasmus, Lingua, etc.).

– Tarxeta Sanitaria Europea, que asegura o tratamento médico e cirúrxico para os es-pañois que viaxan pola UE.

– Restauración ou reconstrucións do patrimonio artístico e monumental.

2.4.12 A condición periférica de Galicia e a repercusión n ela das políti-cas europeas

Algunhas consecuencias da incorporación de Galicia á Unión Europea son:

� Aumentou o comercio en xeral, pero tamén o déficit da nosa balanza comercial.

� Incrementouse o investimento de capital da UE en Galicia.

� Mellorou o PIB per cápita, pero non tanto como noutras comunidades de España.

� Galicia, como o resto de España, comezou a recibir fondos da UE en 1987, que reper-cutiron no aumento da actividade económica e no emprego. Galicia beneficiouse dos fondos estruturais (FEDER, FEOGA, IFOP, FSE, INTERREG e LEADER) e dos de cohesión. Unha importante cantidade deses fondos foi directa á mellora das infraestru-turas (autovías e portos) e á restauración do patrimonio artístico-cultural.

� Determinadas medidas na agricultura e na gandería prexudicaron a economía de Gali-cia: a cota leiteira, a reestruturación da gandería e o arrinque de vides, etc.

� Galicia recibiu fondos para renovar o sector pesqueiro. Pretendíase conseguir un sector máis competitivo, desde a extracción á comercialización, axustando o tamaño e as ca-racterísticas da flota ás posibilidades e ás exixencias dos novos caladoiros. Con esa fi-nalidade, construíronse novos barcos, modernizáronse os existentes, despezáronse moi-tos e creáronse empresas mixtas noutros países con ricos caladoiros. Algunhas destas medidas xeraron paro no sector pesqueiro.

� A industria galega tiña moitas limitacións ante as empresas europeas: falta de competi-tividade, especialización en sectores de pouca demanda, reducido tamaño das empresas, escaso desenvolvemento tecnolóxico, etc. A desaparición de aranceis acelerou o proce-so de reconversión industrial, que afectou sobre todo o sector naval en Vigo e Ferrol.

� Os estudantes galegos participan nos programas educativos europeos (Erasmus, Lingua, Sócrates, etc.).

� Tarxeta Sanitaria Europea, que asegura o tratamento médico e cirúrxico para os espa-ñois que viaxan pola UE.

2.4.13 A Eurorrexión Atlántica Galicia-Norte de Portugal

Coa entrada da Península Ibérica na Unión Europea, a fronteira administrativa que separa-ba Galicia e o norte de Portugal diluíuse. A cooperación transfronteiriza, amparada pola UE, deu lugar á creación de entidades coma o Eixo Atlántico e a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, que traballan para converter as dúas rexións, ata agora obxecti-vo 1 nos programas europeos, en competitivas no mercado global.

Page 31: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 31 de 51

O Eixo Atlántico

Esta asociación crea un espazo rexional interestatal que persegue eliminar efectivamente as dificultades á libre circulación de persoas, capitais, mercadorías e servizos.

O nacemento do Eixo (1992) supuxo que Galicia e o Norte de Portugal impulsaran conxuntamente o sector turístico, a deslocalización de empresas e o desenvolvemento de iniciativas empresariais a un e outro lado da fronteira.

A eurorrexión abrangue unha poboación de seis millóns de habitantes e ten unha exten-sión de 50.000 quilómetros. As dezaoito cidades do Eixo, catro delas Patrimonio da Hu-manidade, configuran o sistema urbano da eurorrexión e agrupan en conxunto aproxima-damente o 50 % da súa poboación. A experiencia compartida é un dos principais valores: acolléronse a programas europeos para a rehabilitación dos seus cascos históricos.

Este espazo rexional integra as cidades de: A Coruña, Lugo, Ferrol, Ourense, Santiago, Pontevedra, Vigo, Porto, Braga, Bragança, Chaves, Viana do Castelo, Vila Real, Vilagar-cía de Arousa, Monforte de Lemos, Guimarães, Peso da Régua e Vila Nova da Gaia. Estas pretenden ser auténticos motores do desenvolvemento do espazo rexional en que se insi-ren, e caracterízanse por teren similares realidades socioeconómicas e culturais.

Un dos eixes arredor dos cales debe xirar a construción do espazo da Eurorrexión Gali-cia-Norte de Portugal é a mellora das infraestruturas, básicas para o desenvolvemento co-mún (alta velocidade ferroviaria entre Galicia e o país veciño) e a colaboración en materia ambiental e, en concreto, o compromiso co desenvolvemento sustentable.

Actividades propostas

S21. Que cambios económicos experimentou España tras o ingreso na UE?

S22. Cite algúns proxectos financiados polos fondos europeos.

S23. Que beneficios e desvantaxes tivo para Galicia a entrada de España na UE?

S24. Que é a Eurorrexión Atlántica Galicia-Norte de Portugal e cales son os seus ob-xectivos?

Page 32: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 32 de 51

3. Resumo de contidos

División de poderes consonte a Constitución

Poder executivo: Goberno Poder xudicial Poder lexislativo Parlamento

Congreso e Senado Executa leis Presidente e ministros

Elabora leis

Controla o executivo

Aproba o orzamento

Establece prioridades e obxectivos do Goberno

Elixe o presidente do Goberno

Independencia xudicial

Castiga infraccións de leis

Arbitra nos conflitos Tribunal Supremo

e Constitucional

Tribunais ordinarios

Page 33: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 33 de 51

Administración central

Comunidades autónomas

Provincias

Concellos

Concello

Concelleiros (elixidos pola cidadanía)

Alcalde (elixidos polos concelleiros)

Cultura Etc. Comercio Urbanismo Medio Benestar

Page 34: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 34 de 51

4. Actividades complementarias S25. Repase o aprendido sobre a vixente Constitución Española.

� En que ano foi aprobada a Constitución Española?

� Segundo a Constitución, que forma de goberno ten España?

� Quen debe obedecer a Constitución?

� Quen escolle os membros do poder lexislativo?

� Quen escolle o Presidente do Goberno? E os seus ministros?

S26. Lea na unidade o texto de Clara Campoamor e resuma os seus argumentos. Busque en internet información sobre Clara Campoamor e Victoria Kent e realice un pequeno informe da súa contribución na procura da igualdade das mulleres.

S27. Fíxese nesta táboa de datos, tomada do INE. [Tómanse como referencia os da-tos da media da Unión Europea de 27 membros. As comunidades autónomas cunha renda superior a esa media teñen máis de 100; as de renda inferior, me-nos de 100, loxicamente.]

Produto interior bruto en PPA. Ano 2007 ([índice UE 27 = 100]

���� País Vasco 137 ���� Ceuta 98

���� Madrid 137 ���� Asturias 97

���� Navarra 133 ���� Valencia 96

���� Cataluña 124 ���� Melilla 96

���� Aragón 116 ���� Canarias 93

���� Illas baleares 114 ���� Galicia 89

���� A Rioxa 113 ���� Murcia 87

���� Cantabria 106 ���� Castela-A Mancha 83

���� ESPAÑA 106 ���� Andalucía 82

���� Castela e León 102 ���� Estremadura 73

���� UNIÓN EUROPEA 27 100

� Que comunidades autónomas están por encima da media europea?

� Cales están por debaixo?

� Onde se sitúa a media española?

� Que posición ocupa Galicia?

Page 35: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 35 de 51

S28. Identifique os presidentes da Autonomía galega e os anos en que gobernaron.

S29. Fíxese no mapa das comarcas de Galicia (páxina 22) e conteste:

� Cal é o número de comarcas?

� Nomee algunha comarca da Coruña, de Lugo, de Ourense e de Pontevedra.

� A que concello pertence a localidade onde vive vostede? E a que comarca?

S30. Identifique cada un destes símbolos coa comunidade autónoma correspondente.

La bandera blanca y verde vuelve, tras siglos de guerra, a decir paz y esperanza,

bajo el sol de nuestra tierra.

Que din os rumorosos na costa verdecente ao raio transparente do prácido luar?

Soy la sombra de un almendro soy volcán, salitre y lava repartido en siete peñas late el pulso de mi alma.

Yo estaba en el medio: Giraban las otras en corro,

Y yo era el centro. Ya el corro se rompe,...

Page 36: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 36 de 51

5. Exercicios de autoavaliación

1. A configuración territorial do Estado español é o resultado da influencia de distintos pobos e culturas que foron ocupando a Península Ibérica dende a antigüidade. Cal destes pobos non interveu nese proceso configurador?

� O reino visigodo.

� Os persas.

� Os musulmáns.

� O mundo grecolatino.

2. Coa implantación do liberalismo na España do século XIX, aparece unha nova administra-ción territorial constituída por provincias. Quen foi o artífice desta nova configuración do te-rritorio?

� Javier de Burgos.

� Os Reis Católicos.

� Manuel de Burgos.

� Juan de Burgos.

3. Cal é a diferenza entre un xefe de Estado dunha república e dunha monarquía?

� Que o cargo de rei é vitalicio e hereditario.

� Que o cargo de presidente da república é hereditario.

� Que o cargo de rei non é vitalicio, aínda que si hereditario.

� Que o cargo de rei é electivo.

4. Para que unhas eleccións sexan democráticas deben ser...

� Libres.

� Plurais.

� Por sufraxio universal.

� Cando falezan os gobernantes que están no poder.

5. Cantas comunidades autónomas conforman o Estado español?

� Dezaoito.

� Dezasete.

� Dezaseis.

� Dezanove.

Page 37: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 37 de 51

6. En que data foi promulgado o Estatuto de Autonomía de Galicia?

� 14 abril de 1931.

� 20 novembro de 1975.

� 6 abril de 1981.

� 6 decembro de 1981.

7. Cal destes persoeiros non foi presidente da Comunidade Autónoma de Galicia?

� Afonso Daniel Rodríguez Castelao.

� Manuel Fraga Iribarne.

� Xerardo Fernández Albor.

� Fernando Ignacio González Laxe.

8. Por que tratado a Comunidade Económica Europea pasa a denominarse Unión Europea.

� Tratado de Maastricht.

� Tratado de Roma.

� Tratado de Estrasburgo.

� Tratado de Bélxica.

9. O estudantado galego participa en programas educativos europeos. Cal é o termo intruso?

� Sócrates.

� Erasmus.

� Platónico.

� Lingua.

10. A eurorrexión atlántica está conformada polas seguintes cidades:

� A Coruña, Lugo, Ferrol, Ourense, Santiago, Pontevedra, Vigo, Porto, Braga, Bragança, Chaves, Viana do Castelo, Vila Real, Vilagarcía de Arousa, Monfor-te de Lemos, Guimarães, Peso da Régua e Vila Nova de Gaia.

� A Coruña, Lugo, Ferrol, Ourense, Santiago, Pontevedra, Vigo, Porto, Praga, Bragança, Chequia, Viana do Castelo, Vila Real, Vilanova de Arousa, Monfor-te de Lemos, Guimarães, Peso da Régua e Vila Nova de Gaia.

� A Coruña, León, Ferrol, Ourense, Santiago de Chile, Pontevedra, Vigo, Porto, Braga, Bragança, Chaves, Viana do Castelo, Vila Real, Illa de Arousa, Monfor-te de Lemos, Guimarães, Peso da Régua e Vila Nova de Gaia.

� A Coruña, Lugo, Ferrol, Ribadavia, Santiago, Pontevedra, Vigo, Portobello, Braga, Bragança, Chaves, Viana do Castelo, Villarreal, Vilagarcía de Arousa, Monforte de Lemos, Guimarães, Peso da Régua e Vila Nova de Gaia.

Page 38: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 38 de 51

6. Solucionarios

6.1 Solucións das actividades propostas

S1. Principais elementos do relevo da Península Ibérica, zonas climáticas e rexións.

Zonas climáticas (Fonte Wikipedia)

Distribución poboación 2007 (Wikipedia)

Factores da diversidade rexional de España. ���� Diversidade física: as concas fluviais facilitan o

acceso a unhas zonas da Península e a disposición do relevo illa outras (Galicia). É unha orografía moi variada, que xera recursos e condicións naturais e climáticas moi heteroxéneas. A longa costa tamén é un elemento diferenciador: concéntrase en encla-ves costeiros máis porcentaxe da poboación que nas rexións interiores.

���� Diversidade histórica (cultural, política e administra-tiva). A Península foi ocupada por moitos pobos (mediterráneos ou europeos) cuxa maior ou menor pegada define diferenzas rexionais.

S2. Compare mapas: época dos Austrias, a República Federal e o das autonomías.

���� Sinale semellanzas e diferenzas

A I República recoñecía 17 estados, o mesmo número de autonomías actuais; pola contra, os reinos da época dos Austrias son moito máis numerosos. No norte peninsu-lar mantense practicamente o mesmo reparto territorial, desde os Austrias, sufrindo máis alteracións no centro e sur da península.

���� Teñen algo que ver as autonomías actuais cos reinos históricos ?

Si, nomeadamente as coñecidas como nacionalidades históricas (Galicia, Cataluña e País Vasco). A maior parte dos territorios conservan o seu nome e o seu territorio, especialmente ao norte.

S3. Mapa coa división provincial de Javier Burgos (1833). Que modelo de Estado?

Estado centralizado dividido en 49 provincias. As provincias recibiron os nomes das súas capitais; á cabeza de cada provincia o goberno central situaría un xefe político. Seguiu o modelo dos departamentos franceses.

Page 39: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 39 de 51

S4. Os títulos dos reis Fernando e Isabel (Reis Católicos).

Reino histórico Comun. actual Reino histórico Comun. actual Reino histórico Comun.actual

���� Castela Castela e León

Castela-A Mancha ���� Sardeña Italia ���� Rosellón Francia Cataluña

���� León Castela e León ���� Córdoba Andalucía ���� Molina Castela-A Mancha

���� Aragón Aragón ���� Córsega Francia ���� Atenas Grecia

���� Sicilia Italia ���� Murcia Rex. de Murcia ���� Neopatria Grecia

���� Toledo Castela-A Mancha ���� Xaén Andalucía ���� Biscaia País Vasco

���� Valencia C. Valenciana ���� Algarve Portugal ���� Cerdaña Cataluña

���� Galicia Galicia ���� Alxeciras Andalucía ���� Oristán Italia

���� Mallorca Illas Baleares ���� Xibraltar Reino Unido ���� Gociano Italia

���� Sevilla Andalucía ���� Barcelona Cataluña

S5. Observe o mapa da distribución administrativa do Franquismo e o actual.

Durante o franquismo España organizábase en rexións e durante a democracia en comunidades autónomas. FRANQUISMO: León, Zamora e Salamanca eran unha rexión, hoxe forman parte de Castela e León; Santander formaba parte de Castela a Vella, hoxe é unha comunidade independente; Albacete e Murcia formaban unha rexión conxunta, hoxe Albacete pertence á Castela a Mancha e Murcia é unha comunidade uniprovincial. Madrid formaba parte de Castela a Nova e hoxe é unha comunidade uniprovincial.

S6. Defina os seguintes conceptos:

���� Monarquía P. Forma de goberno democrática na que o rei exerce a función de xefe de Estado baixo o control do Parlamento e do Goberno.

���� Cortes Órgano constitucional, representante do pobo, no caso español bicameral (Senado ou cámara alta e Congreso dos Deputados ou cámara baixa)

���� Autonomía Entidade territorial dotada de autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da súa administración a través dos seus representantes.

���� S. universal Voto de todos os cidadáns sen distinción de ningún tipo, recoñecido para homes e mulleres, maiores de idade.

���� P. executivo Facultade do Estado que consiste en ditar e facer cumprir as leis que adoita aprobar o goberno ou o xefe do Estado.

���� P. lexislativo Unha das divisións do poder do Estado cuxa función é aprobar as leis.

���� P. xudicial Poder do Estado encargado de administrar xustiza mediante a aplicación de normas xurídicas.

S7. Analice a Carta Magna ou Constitución española de 1978.

���� Observe o gráfico da organi-zación do sistema político español e explique o organi-grama coas súas palabras.

O sistema político español recoñece a separación de poderes: o poder lexislativo é exercido polo Parlamento (Congreso e Senado) encargado de elaborar as leis, controlar o executivo e aprobar os orzamentos. En segundo lugar está o poder executivo, exercido polo Goberno (Presidente e ministros), quen executa as leis. Por último, o poder xudicial, que castiga as infraccións de leis e media nos confli-tos.

Page 40: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 40 de 51

Si (lexislativo, executivo e xudicial) ���� Existe en España división de poderes?

���� E durante o franquismo? Non, concentrábanse nas mans do ditador.

���� Que pasos se seguiron para a elaboración da Constitu-ción de 1978?

22 de novembro, proclamado rei D. Xoán Carlos – 1976, a democracia comeza a súa andaina, o 18 de novembro apróbase a Lei da Reforma Política (soberanía nacional) – 31 outubro 1978, as Cortes aproban a Constitución. Foron redactores: Gabriel Cisneros (UCD), José Pedro Pérez-Llorca (UCD), Miguel Herrero Rodrí-guez de Miñón (UCD), Miquel Roca i Junyent (Convergència i Unió), Manuel Fra-ga Iribarne (Alianza Popular/Coalición Democrática), Gregorio Peces-Barba (PSOE) e Jordi Solé Tura (PSUC/PCE). 6 de decembro: aprobación en referendo da Constitución.

���� Por que cre que é importan-te para un país ter unha constitución?

É a norma fundamental para organizar un Estado.

���� As mulleres o dereito ao sufraxio?

En España coa constitución de 1931, aínda que votaron por primeira vez nas eleccións de 1933.

S8. Indique a que institución corresponde cada unha das seguintes funcións.

Institución Función

���� Parlamento Aprobar ou rexeitar un proxecto de lei presentado polo Goberno ou por un grupo parlamentario.

���� Tribunal Constitucional Decidir se unha lei ou un decreto do goberno se axusta ou non aos principios da Constitución.

���� Xuíces e maxistrados Xulgar un delito cometido contra as persoas ou contra a propiedade.

���� Xefe de Estado / Rei Encargarlle ao dirixente dun partido político a formación do goberno despois das eleccións.

���� Tribunal Supremo Resolver en última instancia a apelación contra unha sentencia xudicial dos tribunais ordinarios.

S9. Conteste ás seguintes cuestións.

���� Como se organiza o territo-rio en España?

17 Comunidades Autónomas (2 insulares) e dúas cidades autónomas; estas divídense en provincias, estas en municipios e comarcas.

���� Que é un municipio? Entidade administrativa definida por un termo municipal e a poboación que o habita. O Concello está rexido pola alcaldía, dirixida polo alcalde.

���� Como obteñen os munici-pios os seus ingresos?

Os procedentes do seu patrimonio; as taxas polo uso dos seus bens e servizos, licencias, contribucións, impostos, ...; subvencións estatais ou autonómicas; o resultado de multas e sancións ...

���� Cal é a función actual das provincias?

Estar en contacto directo cos cidadáns e ofertarlles os servizos básicos.

���� Como están representados os municipios na deputación provincial? Que figura re-presenta o goberno en cada provincia?

Por deputados elixidos de forma indirecta en función dos resultados das elec-cións municipais. Está presidida por un presidente. O goberno está representado polo subdelegado do Goberno.

Page 41: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 41 de 51

���� Cantas comunidades autó-nomas hai na actualidade?

���� Ceuta e Melilla que son?

17 Dúas cidades con estatuto de autonomía.

���� Institucións de autogoberno das comunidades autóno-mas?

Asemblea ou parlamento; presidente autonómico e goberno ou consello.

S10. Localice nos mapas as provincias e as autonomías. Pinte de azul Galicia.

S11. Observe o mapa e complete:

� A comunidade con maior número de provincias é [Castela-León].

� As comunidades autónomas uniprovinciais son [Asturias, Cantabria, A Rioxa,

Navarra, Murcia, Illas Baleares, Madrid]

� A miña comunidade autónoma é [Galicia].

� A miña comunidade autónoma ten [Catro] provincias.

� Eu vivo na provincia de [resposta libre]

S12. Explique o proceso de redacción do Estatuto de Autonomía.

A Constitución española recoñece o dereito das nacionalidades e das rexións a constituírse en comunidades au-tónomas. Primeiro recoñecéronse autonomías provisionais e cando se aprobou a constitución iniciáronse os pro-cesos autonómicos. Primeiro foron obtendo transferencias de funcións. Malia a política restritiva da UCD, creou-se a Xunta de Galicia provisional e o Estatuto de Autonomía foi aprobado definitivamente o 6 de abril de 1981.

S13. Escriba os nomes das institucións de autogoberno que fan estas funcións.

���� Presidir a Xunta Presidente autonómico

���� Facer cumprir as leis Goberno ou Consello

���� Controlar a acción do Goberno Asemblea ou Parlamento

���� Aprobar os orzamentos Asemblea ou Parlamento

���� Proporlle leis ao Parlamento Goberno autonómico

Page 42: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 42 de 51

S14. Que partido ou partidos gobernan na actualidade en Galicia?

No ano 2009 (1 marzo) gañou por maioría absoluta o Partido Popular (PP).

S15. Mapa físico de Europa.

S16. Mapa dos 27 Estados da Unión Europea.

Page 43: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 43 de 51

S17. Conteste ás seguintes cuestións.

���� Cales son os principais obxectivos da UE?

Impulsar o progreso económico e social nun mercado único cunha moeda única (euro); garantir a liberdade, seguridade e xustiza de todos os cida-dáns/cidadás; implantar a cidadanía europea.

���� Que institucións da UE teñen máis poder de decisión?

Consello Europeo e Consello de Ministros.

���� Que organismos controla o Parla-mento Europeo?

O Consello de Ministros e a Comisión Europea.

���� Quen forma parte do Consello Europeo? Cal é a súa función?

Todos os xefes de estado ou de goberno e os ministros de asuntos exte-riores dos países membros. FUNCIÓN: Responsable das orientacións xerais.

���� Cal é a principal función do Conse-llo de Ministros?

Coordina as actuacións dos Estados membros da Unión Europea.

���� Que funcións desempeña a Comi-sión Europea?

Función executiva. Garante o cumprimento das normas.

���� Quen forma parte do Tribunal de Xustiza? Que garante este tribunal?

Un xuíz de cada país membro (cada 5 anos renovado).

Garante o respecto, a interpretación e o cumprimento das leis comunita-rias.

S18. Describa as principais competencias das institucións da UE.

���� Consello de Ministros Responsable das orientacións xerais e máis importantes.

���� Consello Europeo Coordina as actuacións dos estados membros.

���� Parlamento Europeo Representan aos cidadáns e as cidadás. Función lexislativa, elabora leis e aproba os orzamentos.

���� Comisión Europea Función executiva. Garante o cumprimento das normas, propón os pro-xectos de lei, controla o cumprimento dos acordos e elabora os orzamen-tos.

���� Tribunal de Xustiza Función xudicial. Garante o respecto, a interpretación e o cumprimento das leis comunitarias.

S19. Conteste ás seguintes cuestións sobre a Unión Europea e as súas políticas.

���� Bases da política rexional da UE ���� A que se dedican os fondos estrutu-

rais e os fondos de cohesión?

Procura da corrección dos desequilibrios territoriais.

Concesión de préstamos para investimentos en rexións pobres; présta-mos e subvencións para os sectores agrícola e pesqueiro; infraestruturas enerxéticas e de transporte; políticas educativas e culturais comúns.

���� En que consiste a Política Agraria Común?

O seu obxectivo é asegurar un nivel de vida axeitado para agricultores (modernizando as súas instalacións e os seus equipamentos).

���� Porcentaxe da poboación europea nos sectores agrícola, industrial e de servizos?

Servizos: 65 %. Industria: 25 %. Agrícola: 10 %.

���� Cidades sede das institucións europeas.

BRUXELAS (Parlamento, Consello, Comisión); ESTRASBURGO (plena-rias do Parlamento); LUXEMBURGO (Tribunal de Xustiza e Tribunal de Contas); FRÁNCFORT (Banco Central Europeo) e A HAIA (Europol).

Page 44: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 44 de 51

S20. O desenvolvemento industrial da UE.

S21. Que cambios económicos experimentou España tras o ingreso na UE?

As axudas europeas permitiron a creación de 300.000 postos de traballo anuais; aumentou a renda per cápita no país. Melloraron as infraestruturas, especialmente as comunicacións.

S22. Cite algúns proxectos financiados polos fondos europeos.

Construción de autovías; ampliación de portos, aeroportos e metros; programas educativos (ERASMUS, LINGUA, ...); a Tarxeta Sanitaria Europea (tratamento médico en caso de viaxar polos países membros); reconstrución do patrimonio artístico e monumental.

S23. Beneficios e desvantaxes que tivo para Galicia a entrada na UE de España.

Desvantaxes Beneficios

���� Déficit da balanza comercial. ���� A cota leiteira, a reestruturación da gandería e o arran-

que de vides. ���� Paro no sector pesqueiro. ���� A reconversión do sector naval.

���� Aumentou o comercio en xeral. Renovación do sector pesqueiro.

���� Incremento dos investimentos. Mellora de infraestrutu-ras (autovías e portos). Participación dos estudantes nos plans europeos.

���� Renovación tecnolóxica e industrial grazas á desapari-ción de aranceis.

S24. Que é a Eurorrexion Atlántica Galicia-Norte Portugal e os seus obxectivos?

Asociación entre Galicia e o Norte de Portugal co fin de impulsar o sector turístico, a deslocalización de empresas e o desenvolvemento de iniciativas empresariais a ambos lados do río Miño.

Page 45: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 45 de 51

6.2 Solucións das actividades complementarias

S25. Repase o aprendido sobre a vixente Constitución Española.

���� En que ano foi aprobada a Consti-tución Española?

1978 (6 de decembro, referendo)

���� Segundo a Constitución, que forma de goberno ten España?

Estado social e democrático. Monarquía parlamentaria.

���� Quen debe obedecer a Constitu-ción?

A toda persoa dentro do territorio español.

���� Quen escolle os membros do poder lexislativo?

Elixidos por todos os cidadáns e cidadás en eleccións cada catro anos.

���� Quen escolle o Presidente do Goberno? E os seus ministros?

O presidente é elixido polo Parlamento; os ministros son elixidos polo presidente

S26. Análise do texto de Clara Campoamor. Resumo dos seus argumentos.

���� Homes e mulleres deben participar na vida pública en igual medida: lexislar, votar impostos, dereitos, debe-res, ...

���� Nega que a muller sexa un perigo para a república. ���� A diferenza entre homes e mulleres está no feito de

dar a luz.

Páxinas para as biografías:

���� Sufraxismo e feminismo: http://clio.rediris.es/udidacticaO/sufragismo2/biogra.htm ���� Textos: http://www.sbhac.net/Republica/TextosIm/VictoriaKent/VictoriaKent.htm ���� O voto feminino: http://www.almendron.com/historia/contemporanea/sufragismo/sufragismo_3.htm

���� Biografías wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Clara_Campoamor e http://es.wikipedia.org/wiki/Victoria_Kent

S27. Fíxese nesta táboa de datos...

���� Que comunidades autónomas están por encima da media europea?

País Vasco, Madrid, Navarra, Cataluña, Aragón, Illas Baleares, A Rioxa, Cantabria, Castela e León.

���� Cales están por debaixo? Ceuta, Asturias, Valencia, Melilla, Canarias, Galicia, Murcia, Castela A Mancha, Andalucía e Estremadura.

���� Onde se sitúa a media española? 106

���� Que posición ocupa Galicia? O 15 (entre as 17 comunidades e as dúas cidades autónomas)

Page 46: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 46 de 51

S28. Identifique os presidentes da Comunidade Autónoma de Galicia e os anos ...

Fernando González Laxe

(1987-1990) PSdG-PSOE

José Quiroga Suárez

(1979-1981) UCD

Antonio Rosón Pérez

(1977-1979) UCD

Emilio Pérez Touriño

(2005-2009) PSdG-PSOE

Xerardo Fernández Albor

(1981-1987) AP

Manuel Fraga Iribarne

(1990-2005) PP

Alberto Núñez Feijoo (2009 - )

PP

S29. Comente o mapa das comarcas de Galicia.

���� Número de comarcas 53 comarcas

A Coruña Arzúa, Barbanza, A Barcala, Bergantiños, Betanzos, A Coruña, Eume, Ferrol, Fisterra, Muros, Noia, Ordes, Ortegal, Santiago, Sar, Terra de Melide, Terra de Soneira e Xallas.

Lugo Os Ancares, Chantada, Fonsagrada, Lugo, a Mariña Central, a Mariña Occidental; Mariña Oriental, Meira, Quiroga, Sarria, Terra Chá, Terra de Lemos e Ulloa

Ourense Alariz-Maceda, Baixa Limia, Carballiño, Limia, Ourense, Ribeiro, Terra de Caldelas, Terra de Celanova, Terra de Trives, Valdeorras, Verín e Viana.

���� Nomee algunha comarca de cada provincia.

Pontevedra Caldas, Condado, Deza, Morrazo, Paradanta, Pontevedra, Salnés, Tabeirós-Terra de Montes, Vigo, Baixo Miño,

���� A que concello pertence a localidade en que vive? E a que comarca?

(Resposta libre)

S30. Identifique cada un destes símbolos coa comunidade autónoma correspondente.

“La bandera blanca y verde vuelve, tras siglos de guerra, a decir paz y esperanza,

bajo el sol de nuestra tierra.”

Himno de Andalucía

“Que din os rumorosos na costa verdecente ao raio transparente do prácido luar?”

Himno de Galicia.

Asturias

Aragón

Galicia

Euskadi

Castela e León

Melilla

Soy la sombra de un almendro soy volcán, salitre y lava repartido en siete peñas late el pulso de mi alma.

Himno das Illas Canarias

“Yo estaba en el medio: Giraban las otras en corro,

Y yo era el centro. Ya el corro se rompe,...”

Himno de Madrid

Page 47: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 47 de 51

6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación

1. A configuración territorial do Estado español é o resultado da influencia de distintos pobos e culturas que foron ocupando a Península Ibérica dende a antigüidade. Cal destes pobos non interveu nese proceso configurador?

� O reino visigodo.

� Os persas.

� Os musulmáns.

� O mundo grecolatino.

2. Coa implantación do liberalismo na España do século XIX, aparece unha nova administra-ción territorial constituída por provincias. Quen foi o artífice desta nova configuración do te-rritorio?

� Javier de Burgos.

� Os Reis Católicos.

� Manuel de Burgos.

� Juan de Burgos.

3. Cal é a diferenza entre un xefe de Estado dunha república e dunha monarquía?

� Que o cargo de rei é vitalicio e hereditario.

� Que o cargo de presidente da república é hereditario.

� Que o cargo de rei non é vitalicio, aínda que si hereditario.

� Que o cargo de rei é electivo.

4. Para que unhas eleccións sexan democráticas deben ser...

� Libres.

� Plurais.

� Por sufraxio universal.

� Cando falezan os gobernantes que están no poder.

5. Cantas comunidades autónomas conforman o Estado Español.

� Dezaoito.

� Dezasete.

� Dezaseis.

� Dezanove.

Page 48: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 48 de 51

6. En que data foi promulgado o Estatuto de Autonomía Galego?

� 14 abril 1931.

� 20 novembro 1975.

� 6 abril 1981.

� 6 decembro 1981.

7. Cal destes persoeiros non foi presidente da Comunidade Autónoma de Galicia?

� Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

� Manuel Fraga Iribarne.

� Xerardo Fernández Albor.

� Fernando Ignacio González Laxe

8. Por que tratado a Comunidade Económica Europea pasa a denominarse Unión Europea.

� Tratado de Maastricht.

� Tratado de Roma.

� Tratado de Estrasburgo.

� Tratado de Bélxica.

9. O estudantado galegoparticipa en programas educativos europeos. Cal é o termo intruso?

� Sócrates.

� Erasmus.

� Platónico.

� Lingua.

10. A eurorrexión atlántica está conformada polas seguintes cidades:

� A Coruña, Lugo, Ferrol, Ourense, Santiago, Pontevedra, Vigo, Porto, Braga, Bragança, Chaves, Viana do Castelo, Vila Real, Vilagarcía de Arousa, Monfor-te de Lemos, Guimarães, Peso da Régua e Vila Nova de Gaia.

� A Coruña, Lugo, Ferrol, Ourense, Santiago, Pontevedra, Vigo, Porto, Praga, Bragança, Chequia, Viana do Castelo, Vila Real, Vilanova de Arousa, Monfor-te de Lemos, Guimarães, Peso da Régua e Vila Nova de Gaia.

� A Coruña, León, Ferrol, Ourense, Santiago de Chile, Pontevedra, Vigo, Porto, Braga, Bragança, Chaves, Viana do Castelo, Vila Real, Illa de Arousa, Monfor-te de Lemos, Guimarães, Peso da Régua e Vila Nova de Gaia.

� A Coruña, Lugo, Ferrol, Ribadavia, Santiago, Pontevedra, Vigo, Portobello, Braga, Bragança, Chaves, Viana do Castelo, Villarreal, Vilagarcía de Arousa, Monforte de Lemos, Guimarâes, Peso da Régua e Vila Nova de Gaia.

Page 49: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 49 de 51

7. Glosario O presente tema, da organización política, compleméntase co abordado na unidade didác-tica 5, dedicada á democracia, e permítenos analizar e coñecer os termos clave para com-prender a organización política e económica do territorio español e as súas relacións cos países veciños. O glosario foi elaborado seguindo un criterio alfabético.

A ���� Alcalde Cargo público –presidente da corporación municipal– á fronte da administración local nos concellos do Estado español, elixido polos veciños –mediante sufraxio universal– por catro anos.

C ���� Competencias Atribucións que unha persoa ou institución posúe e que lle permiten desenvolver unha acción efectiva nun ámbito concreto.

���� Comunidade

autónoma

Cada unha das 17 entidades territoriais en que se divide o Estado Español. Posúen a facultade de administrarse a través dos seus representantes políticos (gobernos autonómi-cos), mais dependendo para certos aspectos da Administración Xeral do Estado.

���� Concelleiro Cada unhas das persoas que forma parte do goberno dun concello ou corporación munici-pal..

���� Conselleiro Persoa responsable de cada unha das consellerías ou departamentos que forman o go-berno autónomo de Galicia..

D ���� Democracia

parlamentaria

Modelo de Estado, propio de países capitalistas e democracias representativas, fundamen-tado na división de poderes, aínda que non implique separación (polo menos entre execu-tivo e lexislativo). O Parlamento é elixido de forma directa e por voto universal. Exemplo, Reino Unido.

E ���� Estatuto de

autonomía

Norma institucional básica dunha comunidade autónoma española aprobada por maioría absoluta no Congreso dos Deputados. Recolle a súa delimitación territorial, a denomina-ción, organización, a sede das institucións autonómicas, as competencias transferidas dende o Estado e os temas lingüísticos..

���� Eurorrexión Estrutura para a cooperación transfronteiriza entre as administracións locais e rexionais de dous ou máis países europeos, dentro do marco da Unión Europea. Carece de poder político.

P ���� Pluripartidismo

Sistema de organización política en que concorren ás eleccións moitos partidos políticos. A representatividade e o poder repártese entre os representantes deses partidos que son elixidos. Contraponse ao bipartidismo, no que o poder se reparte entre dous partidos exclusivamente.

���� Provincia Cada unha das zonas en que se divide o territorio español (50 na actualidade) para orga-nizar a acción administrativa do Estado. A actual división provincial foi deseñada por Javier de Burgos (1833).

U ���� Unión Europea Comunidade de 27 Estados europeos (no ano 2009) constituída o 1 de novembro de 1993. Ten un carácter supranacional e funciona con institucións comunitarias propias.

V ���� Valedor do

Pobo Cargo do Estado, goberno autonómico ou local encargado de representar os intereses dos cidadáns ante os abusos que poidan cometer os funcionarios do Estado.

X ���� Xunta Goberno de Galicia, formado polo Presidente, polos conselleiros e por un ou varios vice-presidentes. Estes cargos son nomeados polo presidente da Xunta. Desempeña funcións executivas: propón leis ao Parlamento e fainas cumprir.

Page 50: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 50 de 51

8. Bibliografía e recursos

Bibliografía

As referencias bibliográficas recollidas nesta unidade son orientativas, pois existen nas bi-bliotecas e en internet moitas más referencias documentais igual de válidas que estas.

� Cores Trasmonte, Baldomero: Viaxe ao Parlamento de Galicia. Parlamento de Galicia. A Coruña, 1998.

� Historia 4º ESO. Libro de texto de varias editoriais (Santillana, Consorcio Editorial, Vicens Vives, Edebé, Anaya, etc.)

� Libros de educación para adultos. Xunta de Galicia [http://www.edu.xunta.es/ea/]

– Módulo 2: O devir da sociedade humana.

– Módulo 3: A democracia española, a Constitución de 1978 e o Estatuto de Autono-

mía de Galicia.

Ligazóns de internet

� Comarcas de Galicia [http://www.comarcasdegalicia.com]

� Consello de Europa [http://www.coe.int/t/es/com/about_coe/]

� Constitución Española. Portal oficial [http://narros.congreso.es/constitucion/constitucion/indice/index.htm]

� Estatuto de Autonomía de Galicia [http://www.xunta.es/estatuto]

� Historiasiglo20.org. (Enlaces a páxinas sobre historia de España) [http://www.historiasiglo20.org/enlaces/espana.htm]

� Instituto Nacional de Estatística [http://www.ine.es/]

� Instituto Xeográfico Nacional (Mapas) [http://www.ign.es/espmap/bachillerato.htm]

� Mapas interactivos [http://www.xtec.net/~ealonso/flash/mapasflash.htm]

� Portal da Unión Europea [http://europa.eu/index_es.htm]

� Proxecto Terra. Identidade territorial (ampla información do proceso histórico de Gali-cia) [http://www.coag.es/proxectoterra/presentacion.htm]

� Unión Europea (enlaces) [http://www.historiasiglo20.org/europa/enlaces.htm]

� Unión Europea [http://personal.telefonica.terra.es/web/e-europa/index.htm]

Outros recursos

� Lecturas.

– López Carreira, Anselmo: O Reino de Galicia. Ed. A Nosa Terra. Vigo, 1998. ISBN: 84-89976-43-0

Page 51: SP SOC MOD 2 UNID 6 · ri : estranxeiros) que crearon os primeiros reinos peninsulares. Máis tarde, os visigodos fixéronse co control efectivo de todo o territorio peninsular. Formouse

Páxina 51 de 51

� Filmografía.

Documentais ArteHistoria:

– As Comunidades Autónomas [http://www.youtube.com/watch?v=zylbZ1nOX0c]

– Referendum Constitucional [http://www.youtube.com/watch?v=lku0Ka8JTKo]

– Unión Europea [http://www.youtube.com/watch?v=L_06CgfD7m4]

Outros documentais:

– Institucións da Unión Europea [http://www.youtube.com/watch?v=1A-41JTWgNs]