Top Banner
4

Servizos15

Jul 24, 2016

Download

Documents

Catálogo de servizos da Biblioteca do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Servizos15
Page 2: Servizos15

COMO BUSCAR NA BIBLIOTECA Cada un dos materiais catalogados leva unha etiqueta con estas tres signaturas:

• en primeiro lugar, un NÚMERO, que nos di de que materia se trata. Con el podemos localizar o material na biblioteca, tendo en conta o plano de situación que che proporcionamos.

• en segundo lugar, TRES LETRAS MAIÚSCULAS: son as tres primeiras letras do apelido do autor, polas que te debes guiar para buscar o libro unha vez localizada a sección. Por isto é importante que saibas quen é o escritor, o músico ou o director da película que buscas: non chega co título.

• E, finalmente, TRES LETRAS MINÚSCULAS que son as primeiras do título. Así que xa estás preparado para comezar a busca. Pero...

...SE NON SABES A SIGNATURA, TES QUE:

• Preguntarlle ao profesorado que che recomendou o libro ou aos encargados da biblioteca. Nos recreos hai sempre algún compañeiro do equipo auxiliar que colabora e pode axudar.

• Buscar ti na páxina web da nosa biblioteca http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=OED004 ou teclear no navegador PROXECTO MEIGA e seleccionar a biblioteca do IES Celanova. Podes facer a consulta desde calquera lugar do mundo.

UNHA VEZ QUE COÑEZAS ESTE DATO, BUSCA NOS ANDEIS:

• Hai pancartas verticais brancas cos rótulos de cada sección. Guíate por elas.

• Os libros, as películas e os demais materiais están colocados por orde alfabética. É moi sinxelo atopar o que buscas. Nalgúns casos, ademais, teñen etiquetas de cores, que axudan a buscar por xéneros.

Pois, xa estás preparado! Na contraportada vai un plano da sala lectura para axudarche.

Page 3: Servizos15

COMO CLASIFICAMOS OS LIBROSA NOSA CDU

As siglas CDU significan �Clasificación Decimal Universal�, que é o método que todas as bibliotecas utilizan para organizar os seus fondos. Dividimos os libros en dez grandes materias, que á súa vez se dividen en dez apartados; estes, noutros dez, y así sucesivamente. Cando vexas a signatura dun libro saberás que o primeiro número indica a materia:

0. XENERALIDADES. Aquí están, entre outros, os dicionarios enciclopédicos, as enciclopedias e as obras de consulta; é dicir, libros que falan de todos os temas.

1. FILOSOFÍA, con todas as súas ramas: psicoloxía, ética....

2. RELIXIÓNS (cristianismo, xudaísmo, islam...) e MITOLOXÍAS

3. CIENCIAS SOCIAIS: aquí están os materiais sobre política (32), economía (33), dereito (34), etnografía (39)...

4. PRODUCIÓN PROPIA: neste apartado clasificamos os materiais elaborados e publicados polo Instituto e pola propia biblioteca.

5. CIENCIAS. O segundo número indica cal é: matemáticas (51), astronomía (52), física (53)...

6. CIENCIAS APLICADAS: medicina, agricultura, enxeñería,...

7. ARTES VISUAIS (do 71 ao 77: debuxo, pintura, escultura), MÚSICA (78) e DEPORTES, XOGOS E ESPECTÁCULOS (79) (especialmente cine, coa sinatura 791) Aquí están tamén os videoxogos, as series de televisión e o teatro filmado.

Neste curso temos unha nova sección de MÚSICA, con etiquetas de cores para que atopes mellor os teus autores favoritos:

MUSICA POPULAR URBANA

CANTAUTORES JAZZ

MÚSICAS DO MUNDO

Algúns materiais están identificados con estas etiquetas.

Búscaos e pásao ben co que temos seleccionado para ti.

8. LINGUAS E LITERATURAS: neste apartado temos unha clasificación particular que é bo que coñezas, posto que terás que usala moitas veces:

81 LINGUA 81 + AUXILIARES DE IDIOMA (81-LA, 81-FR,...)

82 LITERATURA, no idioma orixinal 82 + AUXILIAR DE XÉNERO + AUXILIAR DE IDIOMA (separados por guión: 82N-G, 82T- GR...)

821 LITERATURA UNIVERSAL (TRADUCIÓNS)

9. XEOGRAFÍA E HISTORIA, con alguhas subdivisións importantes: viaxes (91), biografías (92)... Os materiais de historia comezan por 93 e levan estas especificacións:

93 + AUXILIAR DE TEMPO + AUXILIAR DE LUGAR (separados por guión: 93MO-G, 93AN-M,...)

Ademais, nalgunhas etiquetas podes ver indicacións auxiliares:

E RECORDA: ESTÁS NUNHA BIBLIOTECA!

SEGUE SEMPRE AS NORMAS DE USO RESPECTA OS DEREITOS DOS TEUS COMPAÑEIROS

����������������������������������������������������������������������������������������������������ú�� ����� ����� ����� �������

AUXILIARES

DE XÉNERO

AUXILIARES

DE IDIOMA

E ENSAIO C CASTELÁN

N NARRATIVA F FRANCÉS

P POESÍA G GALEGO

T TEATRO GR GREGO

I INGLÉS

LA LATÍN

AUXILIARES

DE TEMPO

AUXILIARES

DE LUGAR

AN ANTIGA G GALICIA

ME MEDIEVAL E ESPAÑA

MO MODERNA M MUNDO

CO CONTEMPORÁNEA

(01) FILOSOFÍA DE...

(03) ENCICLOPEDIAS E DICIONARIOS

(05) PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS

(06) CATÁLOGOS DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS

(07) LIBROS DE TEXTO OU CADERNOS DE EXERCICIOS

(08) ATLAS E MAPAS

(09) HISTORIA DE...

Page 4: Servizos15

HORARIO DE BIBLIOTECACURSO 2015 -2016

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

2ª TERESA DEVESA

R1 BELÉN SÁNCHEZ TERESA DEVESA TERESA DEVESA TERESA DEVESA TERESA DEVESA

3ª BELÉN SÁNCHEZ TERESA DEVESA IRMA FERNÁNDEZ (Xefatura departamento)

BELÉN SÁNCHEZ (Xefatura departamento)

4ª IRMA FERNÁNDEZ

(Contratos-programa)

CARMEN VALUGO

TERESA DEVESA BELÉN SÁNCHEZ

R2 TERESA DEVESA CARMEN VALUGO CARMEN VALUGO CARMEN VALUGO CARMEN VALUGO

5ª ISIDORA GIL

IRMA FERNÁNDEZ (Contratos-programa)

MARÍA JOSÉ FRANCO (Atención educativa)

ISIDORA GIL

ISIDORA GILIRMA FERNÁNDEZ

MARÍA JOSÉ FRANCO (Atención educativa)

ISIDORA GIL IRMA FERNÁNDEZ

6ª IRMA FERNÁNDEZTERESA DEVESA

IRMA FERNÁNDEZ (Contratos-programa)

ISIDORA GIL (Xefatura departamento)

JUAN LAMAS (Atención educativa)

CARMEN VALUGO

7ª ISIDORA GIL IRMA FERNÁNDEZ ISIDORA GILRECREOS PLAMBE OUTROS

8ª ISIDORA GIL IRMA FERNÁNDEZ ISIDORA GIL

9ª ISIDORA GIL IRMA FERNÁNDEZ (Atención pais)

ISIDORA GIL (Atención pais)