SANDIÁS Número 10 Boletín informativo municipal Verán 2002 Centro de Información ó Agro Galego 902 112 000 A resposta tela na túa man Horario: 8 a 22 horas (lúns a venres). 9 a 14 (sábados, domingos e festivos). Xunta de Galicia Liña directa do catastro Evite desprazarse a Ourense para face-las súas xestións. ô ô ô ( 902 373 635 O Concello destina o 40% do orzamento a investimentos en obras e servicios. Sandiás e as súas xentes foron protagonistas do programa “Desde Galicia para el Mundo”. A romaría de San Bieito da Uceira atrae a centos de devotos/as de toda a comarca. ➋ ➏ ➐ A creación dunha aula de Informática no colexio público permite ós máis novos practicarse nas novas tecnoloxías da información e Internet. Foi unha das novidades dos curso xa rematado, no que continuou a estreita colaboración do propio Concello de Sandiás, no referido a melloras do xim- nasio, na sinalización interior do centro e a organización de viaxes educativas, lúdicas e culturais. ➛ Páx. ➑ Os máis novos familiarízanse coa informática Luis Otero Agust n GÆn- Pregoeiro Boa memoria O escritor e xornalista de Piñeira de Arcos volve estar de plena actualidade por varios motivos: a publicación do seu último libro, a entrevista no pro- grama “La noche con Fuentes...”, en Tele 5, a intervención no espacio “Desde Galicia para o Mundo” adicado a Sandiás, e como pregoeiro das Fes- tas do Corpus de Ourense. ¡Noraboa! Despois de máis de catro décadas adi- cado á Administración pública, o secre- tario xeral da delegación provincial da Consellería da Presidencia mantén viva a memoria do seu pobo, Piñeira, e do seu concello, Sandiás. Na segunda parte do artigo que publica este Boletín Informa- tivo (páx. 5), don Agustín evoca a xente traballadora e honrada do municipio. O Plan Leader Plus do Val do Limia estará operativo ata o ano 2006 O Plan Leader Plus do Val do Limia, no que está integrado Sandiás, xunto a outros 15 concellos de A Limia, Baixa Limia e Terra de Celanova, xestionará ata o ano 2006 algo máis de 11,5 millóns de euros (1.917 millóns de pesetas). Un dos obxectivos desta nova andaina, tralo éxito do Plan Leader II, é favorece-la implantación de empresas e incentiva-lo mer- cado laboral, e potenciar proxectos de cooperación transfronteiriza. Unha nova fase permite completa-la rede de auga potable en Vilariño A terceira fase das obras de construcción de beirarrúas e renovación da rede de abas- tecemento de auga en Vilari- ño está incluída nos Planos Provinciais de Obras cun orzamento de 60 mil euros. Outros proxectos en execu- ción son os das beirarrúas e das dúas prazas públicas de Sandiás, e a mellora dos en- tornos e dos accesos ás igre- xas de Couso e Sandiás. A colaboración da Deputación permitíu construi-la pista polideportiva en Piñeira.
Boletín de Información Municipal con novas do Concello de Sandiás (Ourense) (Verán 2002)
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
SANDIÁSNúmero 10 Boletín informativo municipal Verán 2002
Centro de Información ó Agro GalegoNovo
902 112 000
A resposta tela na túa man
Horario: 8 a 22 horas (lúns a venres).9 a 14 (sábados, domingos e festivos).Xunta de Galicia
Liña directa do catastro
Evite desprazarse a Ourense para
face-las súas xestións.
902 373 635
O Concello destina o 40% do orzamento a investimentos en obras e servicios.
Sandiás e as súas xentes foron protagonistas do programa “Desde Galicia para el Mundo”.
A romaría de San Bieito da Uceira atrae a centos de devotos/as de toda a comarca.
➋
➏
➐
A creación dunha aula de Informática no colexio público
permite ós máis novos practicarse nas novas tecnoloxías da
información e Internet. Foi unha das novidades dos curso
xa rematado, no que continuou a estreita colaboración do
propio Concello de Sandiás, no referido a melloras do xim-
nasio, na sinalización interior do centro e a organización de
viaxes educativas, lúdicas e culturais. ➛ Páx. ➑
Os máis novos familiarízanse coa informática
Luis Otero
Agustín GÆn-Pregoeiro Boa memoria
O escritor e xornalista de Piñeira deArcos volve estar de plena actualidadepor varios motivos: a publicación doseu último libro, a entrevista no pro-grama “La noche con Fuentes...”, enTele 5, a intervención no espacio“Desde Galicia para o Mundo” adicadoa Sandiás, e como pregoeiro das Fes-tas do Corpus de Ourense. ¡Noraboa!
Despois de máis de catro décadas adi-cado á Administración pública, o secre-tario xeral da delegación provincial daConsellería da Presidencia mantén viva amemoria do seu pobo, Piñeira, e do seuconcello, Sandiás. Na segunda parte doartigo que publica este Boletín Informa-tivo (páx. 5), don Agustín evoca a xentetraballadora e honrada do municipio.
O Plan Leader Plus
do Val do Limia
estará operativo
ata o ano 2006
O Plan Leader Plus do Val do
Limia, no que está integrado
Sandiás, xunto a outros 15
concellos de A Limia, Baixa
Limia e Terra de Celanova,
xestionará ata o ano 2006
algo máis de 11,5 millóns de
euros (1.917 millóns de
pesetas). Un dos obxectivos
desta nova andaina, tralo
éxito do Plan Leader II, é
favorece-la implantación de
empresas e incentiva-lo mer-
cado laboral, e potenciar
proxectos de cooperación
transfronteiriza.
Unha nova fase
permite completa-la
rede de auga potable
en Vilariño
A terceira fase das obras de
construcción de beirarrúas e
renovación da rede de abas-
tecemento de auga en Vilari-
ño está incluída nos Planos
Provinciais de Obras cun
orzamento de 60 mil euros.
Outros proxectos en execu-
ción son os das beirarrúas e
das dúas prazas públicas de
Sandiás, e a mellora dos en-
tornos e dos accesos ás igre-
xas de Couso e Sandiás. A
colaboración da Deputación
permitíu construi-la pista
polideportiva en Piñeira.
Páxina 2
O Plan Leader II do Val do Limia, que
rematou o pasado ano, supuxo un
investimento próximo ós 2.000 millóns
de pesetas, facilitando, asemade, a
creación de máis de 500 postos de tra-
ballo, directos e indirectos, en toda a
comarca. Os beneficios desta iniciati-
va, que agora ten continuidade co
Leader Plus, semellan evidentes. A
nivel de iniciativas públicas temos o
exemplo do Centro de Interpretación
da Lagoa (a piques de remata-la súa
construcción), pero tamén outras que
favorecen a promoción turística e a
recuperación do noso patrimonio.
Pero onde realmente ten que inci-
dir este programa europeo é na inicia-
tiva privada, con importantes liñas de
subvencións para apoiar proxectos de
futuro que deben repercutir nun maior
dinamismo da nosa economía. Tal vez
o exemplo máis significativo sexa o do
turismo rural, xa que ó abeiro do Plan
Leader II foise implantando unha xa
respetable rede de casas de turismo,
como pode servir de exemplo a de
Zadagós, que permitíu recuperar un
antigo pazo. O Plan Leader Plus, sen
esquece-lo turismo, que debe ser un
dos pilares sobre os que se asente o
desenvolvemento económico da Li-
mia, trata de motivar á xente empren-
dendora e con iniciativas a pór en mar-
cha proxectos que estaban “aparca-
dos” por falla de respaldo económico
(o técnico local de emprego facilita
toda a información que se lles solicite).
O Leader Plus é unha clara oportu-
nidade de progreso, tal vez a derradei-
ra destas características se no ano
2007 Galicia deixa de ter dereito ós
fondos estructurais da Unión Europea.
Sería bó que dentro de catro anos, á
hora de facer balance, poidésemos
constatar que este ambicioso proxecto
acadou eses obxectivos tamén no
noso municipio.
Sandiás quedou integrado, xunto a
outros concellos de A Limia, Terra de
Celanova e Baixa Limia, no Plan Lea-
der Plus, auspiciado pola Unión Euro-
pea, e que terá vixencia ata o ano
2006. Esta iniciativa comunitaria, na
que tamén participan o Goberno
español, a Xunta de Galicia e a ini-
ciativa privada serve para facilitar
recursos que dinamicen o tecido
económico e laboral, con especial
incidencia no sector agropecuario.
O Plan Leader Plus tenta motivar á
xente emprendedora con axudas ás
iniciativas no eido turístico e no
aproveitamento e comercialización
dos productos agropecuarios.
Oportunidades
Un ano máis, no 2002
as partidas destinadas a
sufraga-los bens correntes
e servicios, investimentos
reais e persoal son as que
acaparan a maior parte dos
gastos do Concello de San-
diás, segundo os orzamen-
tos aprobados en sesión
plenaria pola Corporación
municipal. Algo máis de
264 mil euros destínanse
os proxectos de obras e
infraestructuras previstos
para o actual exercicio eco-
nómico. Deste xeito, o
noso municipio mantén,
como en anos anteriores,
un alto nivel de gasto por
habitante e ano, sen perxu-
dica-lo equilibrio económi-
co e financieiro da institu-
ción municipal.
Nos capítulos de ingre-
sos, as transferencias de
capital seguen a se-la prin-
cipal fonte do financia-
mento do Concello, xa que
supoñen o 37 por cento do
total. Tamén son significa-
tivas as aportacións das
transferencias correntes,
dos impostos directos e
indirectos, das taxas muni-
cipais e dos ingresos patri-
moniais.
O or zamento munic ipal durante o ano 2002 é de 661.113 euros
O capí tu lo de invest imentos reais acapara o 40 por cento dos gastos munic ipais
As transferencias de capital, principal vía de financiamento
Os investimentos inciden na me-
llora das infraestructuras públicas
en todo o municipio.
A adquisición de bens correntes e
de servicios supón case que o
25% do orzamento municipal.
As transferencias correntes son
tamén clave para asegura-lo equi-
librio económico do Concello.
■ Orzamento de gastos: 661.113,32 €
0% 10% 20% 30% 40% 50% 60% 70% 80% 90% 100%
Investimentos reais
Bens correntes e servicios
Persoal
Transferencias correntes
2,48% Pasivos financeiros
40%
24,83%
20,46%
10,68%
➱
1,55% Gastos financeiros➱
Páxina 3
As obras de Sandiás, a bo ritmoA fisonomía urbana da capitalida-de municipal na zona próxima áCasa do Concello e á Casa da La-goa cambia pouco a pouco. Os tra-ballos de renovación da rede deabastecemento, de construccióndas beirarrúas, de instalación donovo alumeado e das dúas prazaspúblicas seguen a bo ritmo. Outraobra importante en Sandiás é a dasbeirarrúas dende a estrada N-525ata o templo parroquial, co alume-ado correspondente.
Accesos á igrexa de CousoA ampliación da estrada de accesoá igrexa de Couso e da zona de es-tacionamento de vehículos xa érealidade. Era esta unha antiga rei-vindicación do colectivo veciñal,dadas dificultades que atopaban,sobre todo, nas celebracións litúr-xicas con gran afluencia de per-soas. Agora, o acondicionamentodo entorno permite acoller unmaior número de turismos e auto-cares. Tamén se instalaron diversasárbores ornamentais.
v
O investimento de 24.000 €, apor-tados pola Deputación Provincialde Ourense mailo Concello de San-diás, permitíu construir unha pistapolideportiva na área recreativa dePiñeira. Este espacio lúdico estápensado para os máis pequenos epara os amantes do deporte, enxeral. Porterías de fútbol sala ebalonmán e as canastras de balon-cesto serven de estímulo para prac-ticar estas modalidades, ao igualque acontece en outros pobos donoso municipio.
Pista polideportiva en Piñeira
O antigo edificio da Cruz Vermella,próximo á N-525 e á Casa do Con-cello, acollerá no seu interior á Agru-pación de Voluntarios de ProtecciónCivil, o Punto de Información Xuve-nil e un centro social, para a celebra-ción de actos públicos e veciñais. Areforma realizouse cunha subven-ción da Consellería de Xustiza, Inte-rior e Relacións Laborais da Xunta.O proxecto vaise completar coadotación do mobiliario e a reformada planta baixa.
O edificio polivalente, a punto
Os Planos Provinciais de Obras aportan 60.000 euros no ano 2002
A rede de abastecemento de Vilariño culmina o proxectomunicipal de optimiza-lo servicio en tódolos núcleos de poboación
Ademáis da mellora das redes viarias e de sumidoiros,
os proxectos de abastecemento de auga serviron nos
últimos anos para evita-los problemas de subministra-
ción durante os meses de verán en tódolos pobos.
Solventados as dificulta-
des técnicas para acomete-
la renovación e ampliación
da rede de abastecemento
de auga en Vilariño das Pol-
dras, os próximos meses
serán decisivos para com-
pletar este proxecto, agarda-
do con impaciencia por
moitos veciños e veciñas.
Os Planos Provinciais de
Obras, coa participación da
Deputación de Ourense e do
propio Concello de Sandiás,
incluiron un orzamento de
60.000 € (10 millóns de
pesetas) para remata-lo
abastecemento e un novo
tramo das beirarrúas na tra-
vesía deste núcleo.
As dúas primeiras fases,
xa executadas nestes últi-
mos anos, consistiron en
mellora-la captación, dende
o depósito de Sandiás, e a
renovación de importantes
tramos de tuberías, que
estaban deterioradas e non
servían para cumpri-lo ob-
xectivo do Concello de San-
diás de garanti-lo servicio
de xeito permanente a tódo-
los veciños, sobre todo, nas
épocas estivais.
Outra avantaxe das
obras é a mellora da seguri-
dade vial en Vilariño. Can-
do remate o proxecto, o in-
vestimento global nas tres
fases executadas superará
os 240 mil euros (arredor de
40 millóns de pesetas).
▲
Vilariño das Poldras
Páxina 4
A xente nova, protagonista do verán lúdicoComo en anos anteriores, o Concello de Sandiás maila
Deputación Provincial de Ourense fan posible un verán
moi divertido para os rapaces e rapazas interesados en
participar nas actividades que monitores da Ludoteca da
volverán no colexio público durante os meses de xullo,
agosto e setembro. Un día á semana, os máis novos do
noso municipio aprenderán manualidades e xogos tradi-
cionais, como un xeito de ocupa-lo seu tempo de lecer
con actividades formativas. Este programa está pensado
para os nenos e nenas de 4 a 14 anos.
Os retablos recuperan o seu aspecto orixinalOs traballos de restauración do retablos e das imáxenes
relixiosas da igrexa de Santo Estevo de Vilar de Sandiás
deixaron ó descuberto o seu aspecto orixinal, catro
séculos despois da súa construcción. Este proxecto,
patrocinado por Caixanova, a Deputación de Ourense
maila Consellería de Cultura, baixo a dirección de Car-
men Acuña (foto superior), permitíu tamén subsana-los
desperfectos ocasionados neste tempo polos insectos e
a humidade. Ademáis do valor sentimental para moitos
veciños, o retablo ten esculturas de grande relieve artís-
tica atribuidas a Francisco de Moure.
■
■
■
Sarreaus, Trasmiras e Sandiás
comparten un tractor-desbrozadora
Sandiás é o municipio da
provincia de Ourense que
acolle a maior colonia de
cigoñas estables. As ópti-
cas condicións climáticas,
unido ós traballos de recu-
peración das areeiras, que
leva a cabo a Consellería
de Medio Ambiente da
Xunta de Galicia, contri-
buiron nos últimos anos a
que se incrementasen as
nidificacións destas fer-
mosas aves.
Nos primeiros anos da
década dos oitenta o nú-
mero de cigoñas baixou de
xeito alarmante, debido ós
efectos da agricultura in-
tensiva e ó abuso dos in-
secticidas.
A cifra permanece es-
table, con arredor de 65 pa-
rellas, unha cantidade que
os técnicos de Medio Am-
biente consideran acep-
table para esta zona.
As campañas informativas
desenvolvidas pola Conse-
llería de Medio Ambiente e
a Sociedade Galega de Me-
dio Ambiente (SOGAMA),
coa colaboración do Conce-
llo de Sandiás, contribuiron
a que moitos veciños/as se
concienciasen da necesida-
de de respeta-los distintos
tipos de contenedores á hora
de deposita-lo lixo.
Este novo servicio per-
mite reciclar moitos dos
productos de refugallo, co
beneficio para o noso entor-
no natural, aínda que o custe
sexa maior, segundo o acor-
do de tódolos concellos que
integran a Mancomunidade
de A Limia.
Outra iniciativa neste
eido foi a viaxe gratuita que
realizou un grupo de ve-
ciños ata Cerceda (A Coru-
ña) para coñece-lo proceso
de tratamento dos resíduos.
▲Contabilizadas 130
cigoñas estables no
noso municipio
▲Boa resposta veciñal ó
plano de recollida
selectiva de lixo
Os concellos de Sarreaus, Trasmiras e Sandiás com-parten dende hai varias semanas unha nova máquinadesbrozadora que posibilitará que a limpeza viaria sefaga dun xeito máis áxil. Esta adquisición debeuse aque os concellos tiñan que depender exclusivamenteda Mancomunidade de A Limia á hora de acometermoitos dos traballos de conservación de pistas, estra-das e camiños, tendo que agardar turno, xunto ósoutros dez concellos que a integran. O custe destadesbrozadora foi de 14 millóns de pesetas, dos que ametade aportounos a Consellería de Medio Ambien-te, e a outra metade entre os tres municipios.
Páxina 5
Recuerdos de mi pueblo (Piñeira de Arcos) y de mi municipio (Sandiás).
1945-2002 (y II)
El bien común, uno de los vínculos seguros de unidad y convivencia
✍ Agustín Gándara
PPermítanme volver a vivir una peque-ña historia personal con centro en lalocalidad de Sandiás, que siempre
ocupó un lugar distinguido por la dignidady la sabiduría de sus familias. En el año1970, recién aprobada la oposición de Téc-nicos de Administración Civil del Estado,en Madrid, y una vez destinado a la Dele-gación de Hacienda de Ourense, mi queri-do y añorado maestro, y a la sazón alcaldede Sandiás, don Luis Otero Bobillo, seinteresó para que impartiese una conferen-cia sobre Administración Local, en la Casadel Concello de Sandiás. Accedí con mu-cho gusto, como si fuera una distinción quemi pueblo me dispensaba.
Como anécdota recuerdo una preguntadurante el coloquio de uno de los asisten-tes: "¿Lo que dijo es de su propio cosechao se lo mandaron decir?". Me brindó unaoportunidad única, de establecer un diálo-go distendido, generando proximidad yconfianza. Pensando en el regreso y du-rante la cena con mis padres y hermanos:"Ya no tengo sólo vecinos -les dije-, sinobuenos amigos a quienes servir y ayudar".Me pareció un buen propósito a seguir, queno sé en qué medida logré alcanzar. Lavoluntad no ha faltado.
Desde esta mi primera cooperaciónefectiva con mi pueblo pude continuar lalínea de colaboración por vías diversas:convocatorias de ayudas y subvencionespara la mejora del medio rural, participa-ción en tribunales de oposiciones para laselección de los funcionarios del Concello,asesoramiento y orientación sobre concur-sos y oposiciones de las distintas Adminis-traciones públicas, mediante la asistenciadirecta a los interesados, informacióngenérica y específica solicitada, atenciónde visitas y entrevistas, etc. Y puedo añadirque mis conocimientos personales y pro-fesionales siempre han estado abiertos a laciudadanía, en general, y en particular atodos los habitantes de mi municipio y demi pueblo de nacimiento. En los que es dejustifica indicar sus avances, las mejoresy sus no pocas perspectivas y vías desuperación iniciadas y que para culminar,aparte de los protagonistas de todos cono-cidos, no existen contribuciones exclu-yentes, a mi criterio propio.
La condecoración y distinción, en suclase de Encomienda al Mérito Civil, queme fue concedida por Su Majestad, ElRey Juan Carlos I, quiero hacerla extensi-va al municipio de Sandiás, en el que reci-
bí y aprendí los principios y valores esen-ciales de la vida.
Vislumbro el futuro de paz y bienestar,con proyectos ambiciosos e imaginativosde formación, fomento y creación de rique-za. Planificar nuevas ideas y programas su-gestivos, para que la juventud no abandonesus propias raíces y muchos retornen paraintegrarse en proyectos, que ellos mismosse encargarán de desarrollar y que a laAdministración compete potenciar.
El bien común debe ser uno de los vín-culos seguros de unidad y de convivencia.El buen espíritu, las buenas obras, la hon-radez y el buen sentido son ingredientesaconsejables de práctica continuada. Micolaboración es un activo garantizado, quelos responsables municipales y todos losciudadanos de mi pueblo, de mi municipioy de la A Limia pueden disponer, con plenalibertad, para obtener cuotas de mayor bie-nestar e interés general.
Me afirmo en los "despertadores"actuales de siempre, tradicionales, natura-les y humanos: familia Méndez de Sandiás,Feijóo, L. González, Campelo, Marra,Cabrera, etc., y la familia Seara, Amalia
Gómez-Novaíño, y otras de Piñeira. Indi-cadores valiosos de grandes obras anóni-mas y de difícil evaluación.
Los mayores de los pueblos son untesoro que tenemos el deber de custodiar ennuestro recuerdo, y mostrarles una gratitudsin límites y proclamar sus méritos y suejemplo a seguir. Es una irresponsabilidady una falta de justicia que no se hable en lafamilia de los padres, de los abuelos y delos tíos ya desaparecidos y que nos handejado un legado preciado y una reservapráctica, moral y ética incombustible.
Piñeira-Sandiás ocupan una lugar geo-gráfico privilegiado, por su situación, suriqueza y, sobre todo, por su gente, que lotransforman en un paraíso terrenal.
Propongo la idea de celebrar unas jor-nadas de formación para impartir en lazona. Corresponde fijar los datos de orga-nización a las autoridades locales, si seestima procedente la iniciativa, que mecomprometo llevar a cabo.
Estudios tradicionales de ayer: maes-tros, oficios, oposiciones, vocaciones reli-giosas, comercio, etc. Estudios básicos dehoy: escritores, periodistas, informáticos,ingenieros, abogados, empresarios, técni-cos, etc. Se observan problemas de empleo,bajas de calidad y se trata de compensarcon la diversificación. ¿Qué cambios yrenovaciones pueden suscitarse? Un buentema para el debate.
Segunda idea o iniciativa: organizartertulias de café y convivencias, fomentan-do la vuelta a lo antiguo, entrelazandoaspectos de modernidad e instaurando unsistema mixto, incidiendo en la resoluciónde la problemática existente, en la unidad,ilusiones y felicidad, favoreciendo lademografía, de balance tan negativo ennuestros tiempos.
Felicitar la permanencia, la guarda detradiciones, de costumbres que permitenrecobrar modos y maneras de ser y deestar de nuestros antepasados, de susmedios y de sus vivencias.
Es evidente que somos lujos o parien-tes de emigrantes, investigadores y con-quistadores de almas. Con esta creden-cial nada tenemos que temer para reini-ciar nuestra reconquista más próxima:nuestro pueblo y las capacidades deso-rientadas y ocultas que albergan susmoradores. ¡Yo vuelto al pueblo, yoapuesto por el resurgir de mi pueblo!Este es el germen que motivó mi relatoespontáneo y desinteresado.
En la foto de los años 60, de izquierda aderecha: Agustín, Lolita Moure (esposa),Plácido Gándara (hermano, ya fallecido),Ángeles Zorelle y Teófilo Feijóo (amigos).
Páxina 6
O Concello de Sandiás comezou a tramita-lastarxetas de estacionamento para persoas condiscapacidade, unha facultade que lle conce-de o Decreto 35/2000, que desenvolve a novaLei de accesibilidade e de supresión debarreiras arquitectónicas de Galicia. Esta tar-xeta é estándar en tódolos estados membrosda Unión Europea, con algunha peculiarida-de, en función do país de que se trate. O titu-lar desta tarxeta poderá estacionar en zonasreservadas para elo, en calquera dos 15 paí-ses da propia Unión Europea.
Reparto de alimentosComo en anos anteriores, o Con-
cello de Sandiás, a través do depar-
tamento municipal de Servicios
Sociais, colaborou coa Cruz Verme-
lla no reparto de excedentes alimen-
tarios da Unión Europea. As fami-
lias beneficiarias foron aquelas con
renda inferior á coantía resultante
de incrementar nun 30 por cento o
Salario Social da Comunidade
Autónoma, en función do número
de membros. Outra actividade que
desenvolve a Cruz Vermella é a
Campaña de Reis, destinada a que
ningún neno quede sen agasallos
nesas datas tan especiais para os
máis pequenos das casas.
Cheque asistencialServicios Sociais de Sandiás puxo
en marcha o cheque asistencial para
maiores de 65 anos dependentes
funcionais, en colaboración coa
Consellería de Asuntos Sociais da
Xunta de Galicia.
Este novo servicio consiste na con-
cesión de axudas económicas indi-
viduais para persoas maiores, nas
seguintes modalidades:
Cheque residencia.
Cheque centro de atención diurna.
Cheque para atención de axuda
no fogar, que comprende as axudas
destinadas a cubri-los custes ocasio-
nado por servicios profesionais de
atención integral.
Cheque de estadía temporal.
Na modalidade de “cheque resi-
dencia”, a contribución do benefi-
ciario será do 50% sobre o custe
total dos servicios.
Na modalidade de “atención de
axuda no fogar”, o beneficiario par-
ticipará cun 30%, sendo o 70% res-
tante aportado pola Xunta de Gali-
cia.
O prazo de presentación das soli-
citudes permanece aberto todo o
ano e pódense tramitar nos Ser-
vicios Sociais de Atención Primaria
do Concello de Sandiás.
RESERVADO
Concello deSandiás
Servicios Sociais, sempre solidarios coa nosa xente
▲▲
“Dende Sandiás para o Mundo”O noso concello foi pro-
tagonista dun dos espacios
do programa “Desde Galicia
para el Mundo”, producido
pola empresa audiovisual
Pórtico para Televisión Es-
pañola. Durante varias xor-
nadas, un equipo técnico,
integrado por un productor,
un realizador, varios opera-
dores de cámara, técnicos de
son, maquilladoras e dúas
presentadoras, percorreron
os diferentes pobos de San-
diás para recoller imaxes e
realiza-las entrevistas emiti-
das a través da 2 de TVE e
polo Canal Internacional de
Televisión Española. Preci-
samente, esta emisión para
Europa e América achega o
programa a cerca 200 mi-
llóns de potenciais telees-
pectadores. De feito, “Desde
Galicia para el Mundo” é un
dos espacios televisivos de
referencia para a colectivida-
de galega espallada por Cen-
troeuropa e Latinoamérica.
O programa fixo un repa-
so polo pasado, presente e
futuro de Sandiás a través
das imaxes e de persoeiros,
como a alcaldesa, María
Concepción Méndez Gánda-
ra; o escritor e xornalista
Luis Otero, que veu expresa-
mente dende Madrid; a res-
tauradora Carmen Acuña,
responsable do acondiciona-
mento do retablo da igrexa
de Sandiás; técnicos de Me-
dio Ambiente, sobre a recu-
peración das areeiras, exper-
tos agropecuarios, en turismo
rural, etc. A maior parte das
entrevistas, debido ó mal
tempo, realizouse no interior
da nova casa de turismo de
Zadagós, agás as da alcalde-
sa, no San Bieito da Uceira, e
de Luis Otero, xunto á torre.
Arriba, no santuario de San Bieito, durante a entrevistaá alcaldesa, Mª Concepción Mëndez; abaixo, parte doequipo técnico e dos entrevistados, en Zadagós.
▲
Páxina 7
Sandiás ten a honra de acoller unha das romarías conmáis sona e fervor relixioso da provincia de Ourense.Como cada ano, o Lúns de Pascua centos de persoas
(máis dun milleiro, segundo algunhas testemuñas)cumpren co rito do ofrecemento a San Bieito nun fer-moso lugar, no alto dun outeiro, convertido en símbo-
lo da devoción relixiosa do noso concello e da comar-ca de A Limia. Unha celebración que as novas xera-cións de veciños/as teñen o deber de conservar.
San Bieito da Uceira:a tradición continúa
Dende as primeiras horas da
mañá do Lúns de Pascua (este
ano cadrou o día 1 de abril) per-
cíbese o goteo incesante dos
romeiros procedentes de toda a
comarca. O seu obxectivo é, na
maioría dos casos, cumprir coa
tradición de asistir a algunha das
misas que se celebran ó ár libre
durante toda a mañá e visita-la
imaxe do noso santo milagreiro.
As afeccións de cabeza e as
verrugas son as causas máis
comúns dos ofrecementos, pero
non fallan outras enfermidades.
O San Bieito da Uceira celé-
brase dende tempo inmemorial e
co paso dos anos convertíuse
nun verdadeiro símbolo para os
creintes da nosa comarca.
Poucas celebracións relixio-
sas teñen na provincia de Ou-
rense a emotividade do noso
San Bieito, consolidada polos
moitos prodixios ou milagres
obrados ó longo da historia,
sempre dispostos a ser lembra-
dos por algúns dos romeiros/as.
Se non mermou a devoción
neste tempo, o que sí cambiou,
de xeito significativo, foron as
infraestructuras, que axudan a
facer máis doado o acceso ó
recinto e ás celebracións relixio-
sas. Así o testemuñan moitos
dos visitantes, que aínda lem-
bran as penalidades de subir á
ermida da Uceira décadas atrás,
“sempre a pé, e cando non cho-
vía, coa friaxe ás costas”.
¿Qué cambiou na celebración relixiosa e festiva do San Bieito no que vostedes lembran dende a súa mocidade?
Adoración Otero Fernández
Mª Elda Prol Traveso
“Agora é mellor que antes, máis moderno e axente está mellor atendida. Lembro que candoera nova viñamos moitos veciños andando dendePiñeira, porque para nós era unha festa en tódo-los sentidos. Agora poucos suben andando. Euveño porque estou ofrecida, e sempre que poidavolverei, porque lle teño moita devoción ó santo.Hai trinta anos, o entorno da capela era todomonte, pero puxéronno moi ben, fermoso e bencoidado, e resulta cómodo para todos”.
“Os prodixios que se contan fan que se mante-ña a fe no santo, tanto agora como antes. Cón-tase dun rapaz de Xinzo que subíu en muletas,porque estaba inútil, e baixou a pé sen elas,que son as que están expostas na capela.Tamén o do carro cargado de pedras, que sobi-ron os bois sen que se desen conta os amos. Ehai pouco, o coche que caeu por un desnivelcon dous neniños dentro, e non lles pasounada. San Bieito é bo para todo”.Julio Salgado Rodríguez
Bernardo Seara González
Manuel Carnero Fernández
“Vivo en Xinzo e éste foi o terceiro ano queviñen. Ofreceume ó santo unha irmá para queme quitase unhas verrugas, e resultoume moiben, porque desapareceron todas. Antes nonfacía moito caso destas cousas, pero agorateño que crer, porque o vivín nas miñas carnes.Estas tradicións que veñen de vello hai que con-serva-las, e tratar de que os novos non as per-dan. É un acto social e relixioso moi entrañable,e ten mérito que sexa neste montiño”.
“Veño sempre que poido como ofrecido dendehai moitos anos, porque teño fe no santo. Sem-pre que podemos vimos a pé, pero cada anocusta máis traballo. Antigamente os camiñoseran de terra, e cando chovía poñíámonos perdi-dos, pero non nos importaba, porque era un díamoi importante para os devotos da comarca.Gústame ver que cada ano que pasa o Concellofai algunha cousa nova, nos accesos ou no coi-dado do recinto, e paréceme ben”.
“Dende que tiña 8 ou 9 anos veño sempre quepoido, porque fago ofrecementos ó santo, sobretodo pola dor de cabeza. Eu creo e tamén haimoita xente que dí que lle axudou a superaralgunha enfermidade ou problema. A celebra-ción cambiou moito nestes anos, porque agorasí que está ben preparado, coa estrada en boascondicións para que cheguen e aparquen oscoches, os xardíns, os altavoces e outras cousasmáis que agradece, sobre todo, a xente maior”.Pilar Ferro Fernández
“Veño dende que era nena, e a verdade é quecambiou todo: daquela non se paraba co frío,había que vir andando e non entraba un coche,polo camiño e porque non había un sitio ondeaparcar. Agora, a romaría é só pola mañá, peroantes pasabamos eiquí todo o día, como sefacía nas festas. A xente viña andando de tódo-los pobos do concello e moitos da comarca. Eusigo a tradición dos meus pais e trato de queos meus fillos fagan o mesmo”.
Páxina 8
Edita: Concello de Sandiás - Imprime: GrafoDos - Dep. Legal: OU-227/97
SSe vostede coñece a algún familiar, veciño ou amigo que resida fora de Sandiás e queestea interesado en recibi-lo Boletín Informativo, comuníqueno-lo. O Concello enviarallode xeito totalmente gratuito. Só ten que facilitarnos os seguintes datos:
NOME E APELIDOS DIRECCIÓN CÓDIGO POSTAL CIDADEe PAÍS (caso de residir no extranxeiro).
Información e solicitudes:Información e solicitudes: Casa do Concello de Sandiás.
Bolletínde
suscripción
grattuita
“Sandiás. Historia dunha la-goa” é o título dun tríptico edita-
do polo noso Concello e que pre-
tende, dun xeito sinxelo, achegar
ós veciños e visitantes un anaco
da nosa historia, a partir do signi-
ficado que tivo e ten a Lagoa de
Antela. Trátase dun novo esforzo
divulgativo que terá o seu cul-
men no futuro Centro de Inter-
pretación da Lagoa, actualmente
en fase de execución.
O Centro de Saúde participou na campa-
ña de vacinación contra a gripe e as enfer-
midades pneumocócicas da Consellería de
Sanidade e Servicios Sociais da Xunta, e que
estivo especialmente indicada para as perso-
as maiores de 65 anos ou que pertenzan a
grupos de risco. Con esta vacina conséguese
aumenta-la protección da saúde das persoas
maiores, reducindo as posibilidades de con-
traer estas enfermidades, a súa gravidade en
caso de padece-las, e evitando, en moitos
casos, a hospitalización.
▲
▲
Moitos rapaces e rapazas,con vocación artística
Que Sandiás teña unha rondalla,
unha banda de gaitas e un grupo
de baile non é casualidade.
Dende o colexio poténciase a
vocación artística, teatral e musi-
cal a través dos actos programa-
dos ó longo do ano, de xeito
especial no Nadal (fotos superio-res), Entroido, Semana das
Letras Galegas, Día da Paz, etc.
Outro aspecto que se motiva
entre os máis novos é o respeto á
natureza: a representación de “El
bosque es mío” axudou a elo.
Espíritu viaxeiro paraaprender cousas novas
A excursión a Vigo e Baiona foi
o colofón a un curso escolar no
que se prodigaron as viaxes
didácticas: á Lagoa, con motivo
do Día Mundial dos Humedais,
para coñecer de cerca o proceso
de recuperación que desenvolve
a Consellería de Medio Ambien-
te; ó Tren da Lingua, de Ourense
a Monforte, dentro dun progra-
ma educativo e lúdico de Caixa-
nova; a Expourense, para partici-
par en actividades de seguridade
vial; ó xornal La Región, etc.
■
■
■
Pais/nais e alumnos participaron, como protagonis-tas ou meros espectadores, en boa parte dos actosorganizados polo noso Colexio durante o curso esco-lar, algúns deles, en colaboración co Concello.