FICBUEU 5 estrelas RUTA DAS TAPAS 2018 11º FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU RUTA “TAPAS 5 ESTRELAS” A Concellería de Promoción Económica e Turismo do Concello de Bueu, en colaboración co FICBUEU e algúns dos establecementos hostaleiros da vila, presenta a Ruta das Tapas 5 Estrelas. Do 7 ao 16 de Setembro, en horario de 12:00 a 14:00 e de 20:00 a 22:00 horas*, cada un dos establecementos participantes ofrecerá a súa propia tapa cinematográfica a un prezo de 2 euros. Máis información na páxina de Facebook do Concello de Bueu: facebook.com/ConcelloDeBueu/ XURADOS Establécense dous premios para as tapas máis valoradas: Premio do Xurado Internacional do FICBUEU e Premio do Público Ruta “Tapas 5 estrelas”. Un xurado composto por cineastas internacionais escollerá o petisco gañador do primeiro dos premios, mentres que todos os participantes na Ruta “Tapas 5 estrelas”conformarán un xurado popular que outorgará o Premio do Público. PARTICIPA Participar na Ruta das Tapas 5 Estrelas ten premio! 1. COMPLETA O SELADO DAS 5 ESTRELAS DO CUPÓN (cada unha nun local diferente) e entrarás no sorteo dunha cea para 2 persoas nun dos establecementos da ruta. 2. CUBRE OS TEUS DATOS PERSOAIS e entrega este folleto no Despacho de Billetes do FICBUEU, do 7 ao 16 de Setembro. 3. VALORA A TÚA TAPA FAVORITA! Anota o número do establecemento (consulta o listado no mapa) NOME E APELIDOS TELÉFONO/MAIL DE CONTACTO AGUSTÍN SANTOMÉ SL COLABORA: