Top Banner
BIBLIO tk 14 CEN ANOS CON ÁLVARO CUNQUEIRO nam dolor ipsum: Infantil 2 Primaria 2 Secundaria 3 Ensaio, cine, música 4 LER NO VERÁN BOLETÍN TRIMESTRAL DA BIBLIOTECA DO CPI DE VEDRA Si miña señor á i-alba da Arousa beilar poñereille, belida, un ventiño no mar. A dorna vai e ven que meu amor ten! Poñereille unha frauta e mais un reiseñor e uha longa soedade coma ad mar maior. A dorna vai e ven que meu amor ten! Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama riveira En decembro deste 2011 cúmprense cen anos do nacemento de Álvaro Cunqueiro Mora. Esta conmemoración supón unha oportunidade para ler ou reler a obra do escritor mindoniense, A dimensión galega e universal da obra e da figura de Álvaro Cunqueiro convertérono nun factor privilexiado para a proxección de Galicia no m u n d o . O p e n s a m e n t o e a imaxinación cunqueiriana renovaron a conciencia dos propios galegos sobre si mesmos, establecendo novas pautas que contribuíron a definir a identidade galega e a imaxe do noso país. É o a u t o r d a f a m o s a c i t a Mil primaveras máis para a lingua galega, que figura actualmente na súa sepultura "Eiqui xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis" xunto con outra que reza, "Loubado seña Deus que me permitiu facerme home neste grande Reino que chamamos Galicia".
8

REVISTA TK14

Mar 12, 2016

Download

Documents

Almuzara

Publicacion da revista da biblioteca do CPI de VEDRA
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: REVISTA TK14

BIBL

IOtk

14

CEN ANOS CON ÁLVARO CUNQUEIRO

nam dolor ipsum:Infantil 2Primaria 2Secundaria 3Ensaio, cine, música 4

LER NO VERÁN

BOLETÍN TRIMESTRAL DA BIBLIOTECADO CPI DE VEDRA

Si miña señor á i-alba da Arousa beilarpoñereille, belida, un ventiño no mar. A dorna vai e ven que meu amor ten!

Poñereille unha frauta e mais un reiseñor

e uha longa soedade coma ad mar maior.

A dorna vai e ven que meu amor ten!

Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama riveira

En decembro deste 2011 cúmprense cen anos do nacemento de Álvaro Cunqueiro Mora. Esta conmemoración supón unha oportunidade para ler ou reler a obra do escritor mindoniense, A dimensión galega e universal da obra e da figura de Álvaro Cunqueiro convertérono nun factor privilexiado para a proxección de Galicia no m u n d o . O p e n s a m e n t o e a imaxinación cunqueiriana renovaron a conciencia dos propios galegos sobre si mesmos, establecendo novas pautas que contribuíron a definir a identidade galega e a imaxe do noso país.

Éo au tor da famosa c i ta Mil primaveras máis para a lingua galega, que figura actualmente na súa sepultura "Eiqui xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis" xunto con outra que reza, "Loubado seña Deus que me permitiu facerme home neste g rande Re ino que c hamamos Galicia".

Page 2: REVISTA TK14

Bertiño Rompetodo

de Ramón Caride e Chus Ferrín.

(Primeiros lectores)

Bertiño é un neno trasto, sempre que quere facer algo remata rompendo todo. Fai a merenda e a cociña remata desfeita, c o l l e u n c o n t o n a librería e alá van os andeis e os libros, ata na gardería respiran se Bertiño cae con febre. Bertiño pon patas arriba a consulta do pediatra…

Bea, aínda que hoxe xa é maior, hai trinta anos tamén era unha nena. E igual que as nenas de hoxe en día sempre quere quedar cinco minutiños máis na cama antes de se erguer para ir á escola. Bea vive cos seus pais e mentres coida das súas irmás, estuda e fai os deberes, rega as plantas...pensa que vai ser de maior: ¿será deportista, bandoleira, astronauta?, pero ten un segredo, hai algo que lle gusta moito facer e co que goza sempre que pode. Ás veces non é doado ser a irmá maior.

Bea de Iván Sende

(Primeiros lectores)

INFANTIL

O GALO TRAGANOCESde Roberto Mezquita & Bernardo Carvalho“—O galo papou noces a fartar e agora o pobre afoga por lambón.Axiña!, se o queremos axudar, un grolo de auga é a solución.” Axudado pola galiña, a súa amiga, unha granxeira, un zapateiro, unha ovella, un ferreiro e ata un carballo conseguiran salvalo do atragoamento

Mefi, Sata e Demi de Mercedes Neuschäfer-Carlón

No centro dun bosque de enormes e antigas árbores, álzase un tétrico castelo. O seu dono, o conde Similoff, estraño e sombrío, vive cos seus fillos. Mefi, Sata e Monio son unhas criaturas infernais... Ningún criado puido resistir o seu tormento

Page 3: REVISTA TK14

Tucho Despistes Ana Santiso

Xosé Carlos Caneiro debuta como autor de infantil con ‘O raposo Co labranca’, fe rmoso álbum i lust rado por Feder ico Fernández e que vén sendo unha interesante ref lexión sobre o egoísmo e a tiranía da propia beleza, que nos volve insensibles aos problemas dos demais. Ata que as circunstancias, como tantas veces na vida, nos obrigan a esquecernos de nós propios para pensar, tamén, nos demais.

O raposo ColabrancaA cobiza do verme Noel

En ‘A cobiza do verme Noel’ de Miro Villar e ilustrado por Marta Álvarez Miguéns a acción sitúase en Linguápolis, onde habitan uns vermes moi traballadores. Un deles, Noel, é especialmente cobizoso. Isto fará que ese mundo idílico comece a ter problemas.

PRIMARIA

Nun souto moi grande, moi escuro e moi perigoso vivían un lobo moi grande, moi negro e moi perigoso, tamén vivía un oso moi moi grande, e moi moi negro, e moi moi pero que moi perigoso e un coello moi pequeno, moi branco e moi pero que moi pouco perigoso.

O souto escuro e perigoso, de Miguel Vázquez Freire,

Susto en la playaAutor/Autora: Violeta MonrealIlustradora: Violeta Monreal

Cada verán,un grupo de a m i g o s c o i n c i d e n n o mesmo lugar de vacacións. Formaron "El Club de la casa del Cuco" Este ano alguén novo entrará a formar parte do club. Pero é un pouco diferente, quen será?

Page 4: REVISTA TK14

Non hai noite tan longa,Agustín Fernández Paz

Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar.

Non hai noite tan longa. Audio 1º capítulo na voz do autor

En Lume de cobiza, o detective californiano de pais galegos, Frank Soutelo, emprende o seu primeiro caso en Galicia que o levará por numerosas vilas e cidades galegas (Sanxenxo, Cambados, Santiago de Compostela, Vigo, O Carballiño, Muros, Soutelo de Montes…) a modo de road movie para aclarar a

morte dun mozo durante a vaga de lumes de 2006. A peripecia que o levará a esclarecer o caso, espertará no propio detective a súa agachada alma de ecoloxista. Tres anteriores entregas do detective: Un nicho para Marilyn (Premio García Barros 2002), Luar no inferno e Tres disparos e dous friames.

LUME DE COBIZA, Miguel Anxo Fernández

SECUNDARIA

Botchan é un mestre criado en Toquio que vai traballar a un afastado colexio de provincias. Alí converterase en vítima das falcatruadas dos seus alumnos e das manobras dos seus colegas. A obra presenta unha galería de personaxes singulares, e mestura o grotesco co sarcástico cun estilo persoal e sorprendente para o lector occidental.O personaxe de Botchan está construído coas propias vivencias do autor da novela, quen foi destinado á afastada escola da aldea de Matsuyama cando empezou a traballar como mestre. Botchan é tan famoso na literatura xaponesa como pode selo Tom Sawyer na norteamericana.

Botchan , Natsume Soseki Ed. Rinoceronte

Exogamia 0.3 reúne media ducia de relatos, non estritamente literarios, suxestivos e non pechados, que permiten abrir un debate necesario sobre algúns dos temas candentes do noso tempo, cuestións nas que a ciencia é protagonista, problemas decisivos para a humanidade aos que ninguén pode quedar alleo.

Exogamia 0.3, Ramón Caride, Ed. Edicións Xerais de Galicia

Page 5: REVISTA TK14

Indignádevos! o opúsculo de

Stéphane Hessel do que se venderon preto de dous millóns de exemplares en Francia pódese ler en galego na edición da editorial FAKTORÍA K O escritor Manuel Rivas asina o prólogo desta obra directa, reivindicativa e axitadora cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, se dirixe -aos seus recios 93 anos- á sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental.

“…Facemos un chamamento ás novas xeracións para revitalizaren e transmitiren o herdo da Resistencia e os seus ideais. Nós dicímoslles: tomade o relevo, indignádevos! Os responsables pol í t icos , económicos e intelectuais, e o conxunto da sociedade, non deben renderse nin deixarse amedrentar pola actual ditadura internacional dos mercados financeiros, que ameaza a paz e a democracia”.     (Stéphane Hessel).

Josep Vallverdú,La Galera

Considerado o patriarca ca literatura xuvenil en catalán.

Desde que JOHN SILVER, o pirata da

muleta, fuxiu con parte do botín

atopado na illa do tesouro, non se

soubo que fora del... Durante moitos

anos fíxose pasar por un señor, isto

lévao por camiños arriscados...

Dende a súa aparición no ano 2007, ‘Made in Galiza‘, de Séchu

Sende, non deixa de se editar. Referencial en moitos centros de ensino pola vitalidade dos seus relatos á hora de estudar as cuestións da nosa (estraña) sociolingüística, os relatos deste volume cativan tamén ano tras ano a un público xeralista que cae rendido diante deste equilibrio de humor, amor, tenrura e retranca que destilan todos e cada un dos relatos do autor padronés.

http://www.blogoteca.com/madeingaliza/

A historia mestura

unha trama que se

inicia en España, na

catedral de Santiago,

na que se ven envolta

a CIA e incluso o

'El ángel caído'

presidente americano.Unha trama que

se adentra nos recunchos da historia, a

ciencia e a mitoloxía. Véndese como

“un thriller apaixonante cheo de

acción que se desenvolve en 72 horas,

entre oriente e occidente”.

Page 6: REVISTA TK14

El silencio se mueve de Fernando Marías é unha

obra multimedia moi orixinal. Mestura narrativa, cómic,

cine, internet. Destinada para a xente nova fálase da

relación pai-fillos.

Se queres saber máis, quen é o autor, como é a obra

entra neste enlace:

http://www.fernandomarias.com/obras/

el_silencio_se_mueve.html

“desearías que todo el mundo callase...si pudieras escuchar lo que dice el silencio”

CERO, Oriana Méndez

“Ti que posúes o barco no teu interior

-e cavas e navegas-

fálame dos ventos no mes de abril”

No seu novo libro, "Cero", reflexióna sobre a opresión, a m e m o r i a o u a incomunicación desde unha óptica de estrañamento da realidade

Lois Pereiro. Breve encontro de Jacobo Fernández

Jacobo Fernández publica

unha novela gráfica sobre

a vida do poeta Lois

Pereiro. Afronta ao seu

pe r sonaxe s en t abú s

porque é consciente dá

« i m p o s i b i l i d a d e d e

achegarse a súa poesía

s e n t e r e n c o n t a a s

c i rcuns tanc ias dá súa

Page 7: REVISTA TK14

Os centos de docentes que coordinan clubes de lectura nos centros de ensino secundario e que asistiron o pasado venres á IV Xornada dos Clubes de Lectura saben que non camiñan sós, e que o seu traballo, dedicación e profesionalidade é valorado polo alumnado, as familias e o conxunto do profesorado, e comeza a dar os seus froitos . Mais a administración dá mostras en ocasións (por desgraza con bastante regularidade ultimamente) de non acompañar nin valorar o seu labor, poñendo en risco as dinámicas colectivas que tantos recursos, s obre todo humanos, precisaron, de aí que asistamos perplexos e indignados ante a demolición (unha máis) do sistema educativo público.

O seguinte texto mereceu o aplauso unánime das persoas asistentes ao encontro e foi pronunciado por Carme, impulsora de Nós tamén navegar , clube de lectura modélico do IES Lagoa de Antela de Xinzo da Limia. As súas palabras ben se poderían aplicar á lexislación e aos programas de fomento de uso do galego no ensino, proxectos que, a maiores da constante "tarefa" de desmantelamento que protagoniza a administración, teñen que aturar campañas de criminalización e intoxicación política , como ben saben nese centro: canto e que bo traballo realizan!

Un club de lectura crea un espazo de comunicación íntimo que promove o diálogo dende o respecto, provoca a reflexión, potencia a imaxinación, convida a viaxar de balde, contribúe a combater prexuízos e a desenmascarar estereotipos, crea complici dades, esperta a conciencia e a sensibilidade, incrementa a confianza, é un pasaporte ao pasado e ao futuro, favorece o coñecemento da propia identidade e do outro, polo tanto, axuda a aceptar as diferenzas, edifica habitables e tende pontes entre culturas, destrúe muros, sobre todo os que constrúe a ignorancia, compensa desigualdades e contribúe á adquisición das competencias básicas. Ler fainos máis críticos e, polo tanto máis libres. De aí que estea convencida de que a seguinte fase deste proxecto que é a lectura compartida se instale nas aulas. Como docentes comprometidos co ensino público creo que debemos rescatar a lectura das marxes e integrala no currículo e evitar así que se faga máis profunda a brecha entre favorecidos e desfavorecidos. Pero o camiño cara a ese horizonte non é fácil,

máis ben se albisca arduo e cheo de obstáculos, pois, ademais de competir coa poderosa industria do ocio e consumo que vende produtos atractivos pero baleiros de contidos, ou cos medios que difunden vulgaridade e espectáculo, agora, por se fose pouco, debemos enfrontarnos ao inimigo na propia casa: a unha administración que ameaza con someter os proxectos de promoción da lectura, a recortes drásticos, a unha administración que fai depender a existencia e continuidade destes proxectos do voluntarismo e da carga horaria do profesorado. Nós non somos heroes nin heroínas, nós só somos obreiros e obreiras da aprendizaxe que queremos desempeñar o noso traballo dignamente e que este sexa recoñecido, nin máis nin menos. Non, nós non somos heroes nin heroínas pero sabemos indignarnos. E, por último, en palabras de Lois Pe re iro : Que a vida non me sorprenda xamais desprevenida, calada e neutral. Porque se eles non nos deixan soñar, nós non os

PARA Q

UE S

ERVE A

LEC

TURA

COMPA

RTID

A?

Apo

io d

o c

lub “D

evora

libr

os” a

o m

anifes

to

Club de lectura “Devoralibros”

Page 8: REVISTA TK14

Resumo dos resultados da enquisa sobre “ Hábitos de lectura” r e a l i z a d a a o a l umnado d e Secundaria.

Cando acoden á biblioteca é para estudar ou facer traballos de clase ( 26%), para préstamo (22%) ou ler libros ( 15%). Un 50% leva libros en préstamo, fundamentalmente libros que lles gustan (55%) ou de lectura obrigatoria (30%).As áreas que máis empregan son Lingua galega e literatura seguida de Lingua e literatura castelá.Propostas de mellora escollidas :! - máis libros do seu gusto - máis ordenadores conectados a internet (29%) - apertura durante máis horas (11%)Conectada coa primeira proposta obxectan que non poden eles incidir na compra de libros do seu interese.

A biblioteca é coñecida, practicamente, por todo o alumnado. Aínda que moitos costuman ir á biblioteca, sobre todo nos recreos, hai un 32% que non vai nunca. Co profesorado a maioría declara que non vai nunca ou só algunha vez ao ano. O material máis utlizado é literatura (37%), seguido de cómics (20 %).Un aspecto negativo, que habería que traballar o próximo curso, é que a pesar de coñecer a orde de colocación dos materiais non saben consultar o catálogo nin da súa biblioteca nin doutras.

Parécenos interesante resaltar a porcentaxe de alumnado que declara que lle gusta ler un 56% (bastante, moito, moitísimo) fronte a un 12% que contesta que nada. Máis dun 40% confesan que len 1 ou 2 libros ao mes e un 15% di que non le ningún. O que máis lles gusta ler son novelas e cómics, o que menos poesía, teatro ou libros de coñecemento.Na elección dun libro quen máis inflúe son os amigos ou amigas. Os idiomas nos que costuman ler son: castelán--------> 53% galego --------> 36% inglés --------> 8% !