: www.usc.es/etse www.usc.es/enxqu : @etse_usc @EnxQuim_USC 1/7 BORRADOR Reunión Ordinaria da Comisión de Titulación do Grao en Enxeñaría Química Data: 19-01-17 Texto da Convocatoria: 1. Aprobación da acta do 05/12/2016 2. Informes 3. Accións de mellora da axenda 2016-2017 4. Informe de seguimento 5. Validacións & Recoñecemento 6. Quenda aberta Asistentes: G. Feijoo, M.S. Freire, J.M. Garrido, G. Garcia, D. Gómez, S. González, Excusan a súa asistencia: J. González, F. Omil, M. Reyero O día 19 de xaneiro ás 10:00, na Sá X3.1 da ETSE, reúnese a Comisión da Titulación do Grao en Enxeñaría Química cos asistentes que se indican. 1. Aprobación da acta da Comisión da Titulación do 05/12/16 Apróbase a a acta da Comisión do 05/12/16 2. Informes 2.1. Reunión do Comité Externo do GrEQ O día 13/12 tivo lugar a reunión entre o Comité Externo e os Grupos de Interese da ETSE para facer un seguimento das accións de mellora e analizar a importancia das prácticas en empresa na formación dos futuros Graduados/as en Enxeñaría Química. ASISTENTES Comité Externo ETSE Natalia Lorenzo e José Ortuño (Repsol) Coordinador da Titulación Roberto Almuiña (Ferroatlántica) Coordinadores dos catro cursos Miguel López (Aluminios Cortizo) Coordinador de Prácticas en Empresa Macario Yebra (COETICOR) Membros da Comisión de Titulación Yolanda Nuñez e Lorena González (Egresadas do GrEQ) Responsable das relacións co Comité Externo Representantes do alumnado de 3º curso
7
Embed
Reunión Ordinaria da Comisión de Titulación do Grao … · : : @etse_usc @EnxQuim_USC 1/7 BORRADOR Reunión Ordinaria da Comisión de Titulación do Grao en Enxeñaría Química
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
: www.usc.es/etse www.usc.es/enxqu
: @etse_usc @EnxQuim_USC
1/7
BORRADOR
Reunión Ordinaria da Comisión de Titulación
do Grao en Enxeñaría Química
Data:
19-01-17
Texto da Convocatoria:
1. Aprobación da acta do 05/12/2016
2. Informes
3. Accións de mellora da axenda 2016-2017
4. Informe de seguimento
5. Validacións & Recoñecemento
6. Quenda aberta
Asistentes: G. Feijoo, M.S. Freire, J.M. Garrido, G. Garcia, D. Gómez, S.
González,
Excusan a súa
asistencia:
J. González, F. Omil, M. Reyero
O día 19 de xaneiro ás 10:00, na Sá X3.1 da ETSE, reúnese a Comisión da Titulación do
Grao en Enxeñaría Química cos asistentes que se indican.
1. Aprobación da acta da Comisión da Titulación do 05/12/16
Apróbase a a acta da Comisión do 05/12/16
2. Informes
2.1. Reunión do Comité Externo do GrEQ
O día 13/12 tivo lugar a reunión entre o Comité Externo e os Grupos de Interese da ETSE
para facer un seguimento das accións de mellora e analizar a importancia das prácticas en
empresa na formación dos futuros Graduados/as en Enxeñaría Química.
ASISTENTES
Comité Externo ETSE
Natalia Lorenzo e José Ortuño (Repsol) Coordinador da Titulación
Roberto Almuiña (Ferroatlántica) Coordinadores dos catro cursos
Miguel López (Aluminios Cortizo) Coordinador de Prácticas en Empresa
Macario Yebra (COETICOR) Membros da Comisión de Titulación
Yolanda Nuñez e Lorena González
(Egresadas do GrEQ)
Responsable das relacións co Comité Externo
Representantes do alumnado de 3º curso
: www.usc.es/etse www.usc.es/enxqu
: @etse_usc @EnxQuim_USC
2/7
A información e a documentación analizada foi a seguinte:
• Breve descripción do plan de estudos e a inclusión das prácticas en empresa na Aula
Profesional (6 ECTS)
• Evolución do número de alumnos/as que en cada curso académico realizan prácticas en
empresa (182 alumnos/as ata actualidade)
• Sector industrial das empresas que participan no programa
• Satisfación do alumnado, titores externos e académicos
• Xestión das prácticas en empresa incluindo os procedementos de selección, asignación,
seguemento e avaliación.
As principais conclusións da reunión foron:
I. As empresas outorgan unha gran importancia o período de formación nas súas
instalacións, de xeito que o trato xa non é de mero estudante senon que a
consideración é de “profesional junior”
II. O número de horas (6 ECTS = 150 h = 1 mes na empresa en xornada laboral completa)
é insuficiente, considerando que un total de 300 h sería moito máis axeitado. As
solucións para mellorar este aspecto serán:
o A curto prazo, fomentar a opción das prácticas extracurriculares tal que a
estadía de 2 meses na empresa se compute como a suma de 1 mes de
prácticas curriculares + 1 mes de prácticas extracurriculares.
o A medio prazo, compre valorar un troco do plan de estudos; por exemplo,
dotar a Aula Profesional de 12 ECTS coa correspondente disminución de 6
ECTS no TFG.
III. No sistema de asignación fomentar o mecanismo de asignación directa, de xeito que o
alumnado se acostume a procurar a súa propia estadía. Este feito potenciaría o
desenvolvemento das seguintes competencias transversais: iniciativa, liderado,
actitude proactiva, creatividade.
IV. O alumnado debe asumir o traballo na empresa con profesionalidade, esto é, debe
adaptarse ao quefacer diario que ten lugar na industria.
V. Tamén se destacou como moi importante a distribución versátil no período de
realización das prácticas, evitando a concentración nos meses de verán. O estar
integrado no segundo semestre de 4º permite atender as demandas dos titulados do
noso GrEQ. O plan de formación ha de ser xenérico para poder facer un número maior
de actividades diferentes e puntuais.
VI. Na avaliación das prácticas suxírese a inclusión das seguintes modificacións:
o A memoria das prácticas realizada polo alumnado deben remitirse tamén ao
titor externo para a súa valoración.
o Na enquisa propia da ETSE deben engadirse un apartado de valoración
númerica para definir a calificación final das mesmas.
o Atinxir o recoñecemento por parte da USC aos que son titores de empresa.
VII. Seguir traballando na diversidade da tipoloxía de empresas
: www.usc.es/etse www.usc.es/enxqu
: @etse_usc @EnxQuim_USC
3/7
Asemade, para finalizar a reunión definíuse os temas á analizar nas vindeiras reunións:
1. Formación en seguridade e prevención de riscos
2. Visita a empresas no proceso formativo
3. Competencias específicas da rama industrial
4. TFG
2.2. Datos sobre prácticas en empresa
O día 20/12 publicouse o último número da Newsletter do Departamento de Enxeñaría
Química que foi adicado aos diversos aspectos relacionados coas prácticas en empresa
que realiza o alumnado do Grao en Enxeñaría Química: empresas involucradas,
satisfaccións dos grupoes de interés, relación coa inserción laboral.
2.3. Remisión a Vicerreitoría da solicitude de recoñecementos no GrEQ na ensino
secundario privado
O día 3/01 remitiuse ao SXOPRA unha solicitude para demandar ante a Consellería de
educación unha actualización dos recoñecementos asociados ao GrEQ. O día 12/01 na
reunión co SXOPRA acordouse que se ia remitir unha solicitude a Consellería nos termos
remitidos polo Coordinador da Titulación
2.4. Incorporación ao Comite Externo
O día 17/01 a empresa PecoFacet Ibérica (http://www.pecofacet.com/) comunicou que se
incorpora ao Comité Externo Consultivo do GrEQ, sendo a Dna. Cristal Paz (Axudante a
Dirección) quen representará á devandita empresa.
A Comisión manifesta o seu agradecemento é quere darlle a súa cordial benvida ao foro
de debate na procura da mellora continua da titulación e das competencias dos seus
egresados.
: www.usc.es/etse www.usc.es/enxqu
: @etse_usc @EnxQuim_USC
4/7
2.5 Orzamento Extraordinario
Por mor do patrocinio de CETAQUA ao Departamento de Enxeñaría Química, o GrEQ
poderá dispor dun ingreso extraordinario de orzamento que adicará de forma parcial á
comprar pequeno material inventariable e para promocionar a participación do alumnado
no WCCE 2017.
2.6. Solicitude de orzamento para visitas técnicas do 2º semestre
Acorde co plan de visitas técnicas do GrEQ (incluidas nas correspondentes Guías
Docentes) procedeuse a remitir a información necesaria para atinxir o orzamento paras as
seguintes visitas prácticas:
Curso Materia Empresa
1º Análise de Procesos CAPSA
2º Tranmisión de Calor ALCOA
3º Enxeñaría Ambiental
Xestión de Residuos
SOGARISA
3º Control de Procesos ENDESA
3º Reactores Químicos ENCE
3. Accións de mellora
O día 9/1 remitiuse aos membros da Comisión da Titulación, os Coordinadores de Cursos,
Coordinador de Prácticas en Empresas, Representantes do alumnado, Biblioteca e
Secretaría administrativa da ETSE as accións de mellora propostas para a axenda 2016-
2017 (xa foron subida co formato correspondente a aplicación de calidade da USC) que
serán reflectidas no informe de seguimento do GrEQ. Estas accións de melloras teñen a
súa orixe en:
• Informe final de renovación da acreditación do título por parte da ACSUG
• Reunión anual co alumnado (PEC: RG-AAE)
• Reunión anual co PDI & PAS (PEC: RG-ACO)
O seguimento das accións farase do seguinte xeito:
o AM-GrEQ-1: G. Feijoo
o AM-GrEQ-2: A. Arce, F. Chenlo, G. Feijoo, R. Méndez, E. Rodil