-
RECUPERACIÓN PARA ALUMNADO QUE SUSPENDEU A 1ª E/OU 2ª
AVALIACIÓNESTE DOCUMENTO LEVA MATERIAL SÓ DE LITERATURA
IMPORTANTE:
1. ESTAS TAREFAS SON OBRIGATORIAS PARA O ALUMNADO QUE TEN
ALGUNHAAVALIACIÓN SUSPENSA E QUEIRA RECUPERAR A MATERIA.2. O RESTO
DO ALUMNADO PODE FACELAS COMO REFORZO, ISO SERVIRÁ PARASUBIR A NOTA
MEDIA FINAL
3. PRAZO PARA ENTREGAR: ATÉ MÉRCORES 27 DE MAIO, PODEDES
MANDALOANTES TAMÉN! ( UTILIZADE, SE É POSÍBEL, UN DOCUMENTO EN
WORD, ODT OU PDF PARA FACELO ENORDENADOR. . ANTES DE REENVIARMO,
REPASADE EXPRESIÓN ESCRITA E CONSULTADE DÚBIDAS.
Propóñovos repasar o que entrou nas dúas primeiras avaliacións
de Literatura apartir destes videos elaborados por unha alumna de
2º Bacharelato. Creo que sonamenos ademais de didácticos e duran
entre 10-13
minutos.https://aulasgalegas.org/repasamos-para-as-abau/
CANLE DE neeumatiko :
https://www.youtube.com/channel/UClZ-fWAY2dGzcKXBW5HmlLA/featuredAlumna
de 2º Bach.(Partide dos esquemas xerais das etapas de literatura
que van adxuntos no documento en PDF)LITERATURA DE PREGUERRA
(S.XX), VIDEOS:
✔ CONTEXTO E Poesía das Irmandades da Fala (Antonio Noriega
Varela e Ramón Cabanillas) 1916-1936, o resumo . OU:
https://www.youtube.com/watch?v=xDcRni6zy7A
✔ Poesía de vangarda galega, o resumo (surrealismo,
creacionismo, hilozoísmo e neotrobadorismo) OU:
https://www.youtube.com/watch?v=9KUJopETAH8
✔ Prosa galega do primeiro terzo do século XX, o resumo
(Xeración Nós e Xeración do 25/vangardas) OU:
https://www.youtube.com/watch?v=kZKHGO30-LM
✔ Teatro do primeiro terzo do século XX, o resumo (Irmandades da
Fala, Vangardas, Xeración Nós) OU:
https://www.youtube.com/watch?v=4hHfMStT6YE (VOLUNTARIO)
TAREFA ESCRITA OBRIGATORIA: REDACTAR UN RESUMO DE CADA VIDEO.
Coidadea redacción e ortografía, ademais do contido, se queredes
ser avaliados positivamente).VOLUNTARIO: SELECCIONAR ,POLO LIBRO DE
TEXTO, ALGÚNS FRAGMENTOS E/ OU POEMAS DOS AUTORES MENCIONADOS E
FACER ALGÚN TIPO DE COMENTARIO ( Pode ser de contido,
características, estilo, opinión persoal, etc)
https://aulasgalegas.org/repasamos-para-as-abau/https://www.youtube.com/watch?v=4hHfMStT6YEhttps://www.youtube.com/watch?v=4hHfMStT6YEhttps://www.youtube.com/watch?v=4hHfMStT6YEhttps://www.youtube.com/watch?v=kZKHGO30-LMhttps://www.youtube.com/watch?v=kZKHGO30-LMhttps://www.youtube.com/watch?v=kZKHGO30-LMhttps://www.youtube.com/watch?v=9KUJopETAH8https://www.youtube.com/watch?v=9KUJopETAH8https://www.youtube.com/watch?v=9KUJopETAH8https://www.youtube.com/watch?v=xDcRni6zy7Ahttps://www.youtube.com/watch?v=xDcRni6zy7Ahttps://www.youtube.com/watch?v=xDcRni6zy7Ahttps://www.youtube.com/channel/UClZ-fWAY2dGzcKXBW5HmlLA/featured
-
SE PREFERIDES PRESENTACIÓNS EN POWER POINT EN VEZ DE VIDEOS:
SLIDESHARE:✗
https://es.slideshare.net/lourenzo/1-a-poesa-das-irmandades-da-fala
(inclúe contexto)✗ https://www.slideshare.net/lourenzo/vangardas
(1)✗
https://www.slideshare.net/lourenzo/22-a-poesa-de-vangarda-as-vangardas-galegas✗
https://www.slideshare.net/lourenzo/3-a-prosa-do-1-terzo-do-sc-xx
(inclúe contexto)✗
https://www.slideshare.net/lourenzo/4-o-teatro-do-1-terzo-do-sc-xx
(VOLUNTARIO)
MATERIAL CONSULTA PARA TODO O ALUMNADO
ARQUIVOS ADXUNTOS: ESQUEMAS DA LITERATURA DE POSGUERRA :✗
Esquema para entender a literatura galega contemporánea (Xeral).✗
Esquemas Amplos da poesía, prosa e teatro de 1950 a 1975.( Con
características).
EXERCICIOS INTERACTIVOS:
https://www.daypo.com/repaso-literatura-galega.html)
ALUMNADO QUE TEN AS DÚAS PRIMEIRAS AVALIACIÓNS APROBADAS E QUERE
SUBIR NOTA
PROPOSTA LITERATURA III: LITERATURA DE POSGUERRA EN GALIZA ( DO
1936-50, MÁIS OBRASDESTES AUTORES QUE PUBLICARON DESPOIS).VAN DÚAS
OPCIÓNS PERO: podedes facer unha, as dúas ou combinar actividades
das dúas).
OPCIÓN A ( Partide dos esquemas xerais das etapas de literatura
que van adxuntos no documentoen PDF)LITERATURA DE POSGUERRA (S.XX),
VIDEOS:
✔ Poesía galega 1936-1976, resumo (Xeración do 36, Promoción de
enlace e Xeración das Festas Minervais) OU:
https://www.youtube.com/watch?v=nQmcC4r6XGM
✔ Prosa galega 1936-1976, o resumo (realismo social, máxico,
popular e rural) OU:
https://www.youtube.com/watch?v=EtbkNj_oyP0
TAREFA ESCRITA: ELABORAR UN RESUMO DE CADA UN
SE PREFERIDES PRESENTACIÓNS EN POWER POINT EN VEZ DE VIDEOS:
SLIDESHARE:
✗ Poesía:
https://www.slideshare.net/lourenzo/5-a-poesa-galega-entre-1936-e-1976
✗ Prosa:
https://www.slideshare.net/lourenzo/6-a-prosa-galega-entre-1936-e-1976-fole-cunqueiro-blanco-amor-e-neira-vilas-7002432
https://www.slideshare.net/lourenzo/6-a-prosa-galega-entre-1936-e-1976-fole-cunqueiro-blanco-amor-e-neira-vilas-7002432https://www.slideshare.net/lourenzo/6-a-prosa-galega-entre-1936-e-1976-fole-cunqueiro-blanco-amor-e-neira-vilas-7002432https://www.slideshare.net/lourenzo/6-a-prosa-galega-entre-1936-e-1976-fole-cunqueiro-blanco-amor-e-neira-vilas-7002432https://www.slideshare.net/lourenzo/5-a-poesa-galega-entre-1936-e-1976https://www.youtube.com/watch?v=EtbkNj_oyP0https://www.youtube.com/watch?v=EtbkNj_oyP0https://www.youtube.com/watch?v=nQmcC4r6XGMhttps://www.youtube.com/watch?v=nQmcC4r6XGMhttps://www.youtube.com/watch?v=nQmcC4r6XGMhttps://www.daypo.com/repaso-literatura-galega.htmlhttps://www.slideshare.net/lourenzo/4-o-teatro-do-1-terzo-do-sc-xxhttps://www.slideshare.net/lourenzo/3-a-prosa-do-1-terzo-do-sc-xxhttps://www.slideshare.net/lourenzo/22-a-poesa-de-vangarda-as-vangardas-galegashttps://www.slideshare.net/lourenzo/vangardashttps://es.slideshare.net/lourenzo/1-a-poesa-das-irmandades-da-fala
-
OPCIÓN B1. Selección de lecturas e exercicios do libro de
texto:
1. Lectura dos poemas da p. 288 (Textos 2, 3 e 4 ACTIVIDADES 3,
7, 1O e11 DA PÁXINA 289). 2. Lectura dos poemas de Celso Emilio
Ferreiro da p. 304-305. ( ACTIVIDADES: 1, 2, 3, 4, 5, 7, 12, 14 E
15 DA PÁXINA 306)
2. TEXTOS E ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS1. A CONTINUACIÓN TES
INFORMACIÓN ACERCA DALGÚNS AUTORES DE POSGUERRA.
DESPOIS DE LER ESTA INFORMACIÓN E OUTRA QUE POIDAS CONSULTAR NO
TEU LIBRO DE TEXTO,ETC., DI QUEN É O AUTOR DE CADA UN DOS TEXTOS
QUE SEGUE, XUSTIFICANDO A TÚA LOCALIZACIÓNE EN QUE ETAPA E/OU
MOVEMENTO SE INCLÚEN. XUSTIFICA SEMPRE A RESPOSTA. ( FIXÁDEVOS
NATEMÁTICA, CARACTERÍSTICAS, ESTILO, OU PERSONAXES/ ESPAZOS QUE
APARECEN NO FRAGMENTO, ETC.).
• EDUARDO BLANCO AMOR (1897-1979)
Na Preguerra escribiu poesía e na Posguerra, prosa; as primeiras
novelas escríbeas en castelán e, en
Buenos Aires, publica a súa primeira novela en galego, A
Esmorga, na que, para dar a coñecer os
funestos feitos que viven os tres protagonistas nunhas horas de
esmorga, emprega a técnica telefónica:
o único supervivente da esmorga desvela o acontecido nun
interrogatorio policial no que só sabemos as
respostas.
• ÁNXEL FOLE (1903-1986)
Comeza escribindo nos anos corenta, en castelán. No 1953 publica
a súa primeira obra en galego, Á
lus do candil, obra na que uns viaxeiros illados pola neve,
pasan o tempo contando contos. Esta e as
seguintes obras deste autor, caracterízanse pola presencia do
medo e o misterio, como nos relatos da
tradición popular galega.
• ÁLVARO CUNQUEIRO (1911-1981)
Escritor que xa publicara na Preguerra, cultiva a poesía, a
prosa e o teatro. Na poesía está moi ligado ó
neotrobadorismo; na prosa e no teatro, caracterízase polo humor,
a fantasía e pola recreación das
historias de personaxes da literatura universal, com Simbad,
Merlín ou Hamlet.
• CARLOS CASARES (1941-2002)
Escritor de relatos curtos e novelas ambientados en diferentes
épocas, renova as técnicas narrativas,
polo que se inclúe entre os autores da Nova Narrativa
Galega.
• DARÍO XOHÁN CABANA (1952)
Inda que escribe principalmente prosa, pertence á Xeración do
68, na que se inclúen os poetas máis
novos da Posguerra. Este autor, que segue, como os seus
compañeiros de Xeración, os modelos
poéticos dos seus predecesores, cultiva a poesía intimista,
patriótica..., moitas veces en forma de
soneto.
-
1. Os lobosMoitas veces ouvín dicir que os lobos non atacan ás
persoas. E isto non é certo. O secretario de Caldas foicomido por
eles cando voltaba da feira de Viana. Algúns dixeron que o mataran
por roubalo, e que despois o comeran os lobos; mais a douscentos
metros de onde o comeran foi atopado un lobo morto coa gorxa furada
por unha bala. Aqueles días viran os pastores unha manda de dez
cunha loba con tres lobecos. Era tempo de neve, e baixaran da serra
da Moá. Ó parecer, despois de esgotados os cartuchos, quixo subirse
a unha árbore, mais non puido. Alí estaba ó seu carón, o revólver
con seis cartuchos baleirosno lombo. Era un bo revólver americano.
Ó sentirse feridos algúns lobos, todos se botaron enriba del. Se
tivese un bo foco eléctrico quizais se salvase. Ós lobos se non se
lles fere de morte é peor. Eu matei un con dous tiros de postas.
Foi morrer tres cantos máis aló de onde o asegundara. Atináralle na
testa e no fociño, e ía deixando un regueiro de sangue. Arrincaba
cos dentes os canotos das xestas. Quizais non se me arrepuxo porque
era de día. De noite médralles o corazón e son moi valentes. Non
vos riades. Tamén lles pasa iso ós lobicáns. O señor cura de Peites
tiña un. De noite ía ó monte e chamaba ós lobos. Viñan con el. Din
que abría os tarabelos das cortes coma unha persoa. Unha noite veu
un o señor cura. Era un gran cazador. Tiña un rifle de dez tiros
que lle trouxera un sobriño de California. Meteulle dous tiros
seguidos no entrecello ó galgar un pasadoiro. O crego estaba na
xanela da reitoral cun foco, e o lobicán volvía do monte, polas
tres da mañá, acompañado dos lobos. Abrírono e esfolárono axiña, e
viron que tiñao corazón inchado... ¿Sabedes cando se atreven os
lobos cos homes? Cando teñen moita fame, ou cando se decatan de que
lles teñen medo. Por iso case que nunca atacan a tres ou máis
xuntos. Cando se atopan un home só pola serra, póñense a
traballalo. Teñen moito instinto... Xa veredes como o traballan. De
primeiro, acompáñano; despois, póñenselle diante; máis tarde,
chéganlle a zorrega las pernas cos rabos... Así, pouquiño a
pouquiño. Vén un intre en que o home xa non pode máis. O medo
alporízalle os cabelos. Parécelle que lle cravaran arames na testa.
Váiselle a voz, perde o sentido. Xa está perdido. Bótanse os lobos
enriba del e esnaquízano. Cada vinte anos ou menos, dáse por estas
terras un caso deses. Desaparece un home. Crese que o mataron ou
que fuxiu para as Américas. Ó cabo de dous ou tres anos ninguén
fala del. Un cazador atopa nunha xesteira unha caveira. ¿De que
sería? Así lle aconteceu ó Pastrán de Vesuña hai moitos anos. Mais
se o home non perde a coraxe non se atreven con el. Todos coñecedes
coma min ó Emilio, o castrador de Rugando. Atendede ben e xa
saberedes que é certo todo canto levo dito sobre os lobos. E
vostedes tamén, señoritos... Non habería rapaz coma el se non fose
tan xogantín. Xogaba ata a camisa. Unha vez, na cantina da Cruz,
xogou a besta con tódoslos arreos, e perdeuna. Tivo que andar a pé
castrando ranchos dende Leixazós a Pacios, ou de Bustelo a Vilañán.
Era home moi botado para diante, e o primeiro nas liortas. Se non
me trabuco, fora pola Santa Lucía cando lleaconteceu o que vos vou
contar. Por ise tempo todos sabedes que non traballan os capadores.
O bo do home dedicábase á troula. Había pouco que casara cunha moza
de casa forte. Xa estaba en tratos cun xateiro da Hermida pra
mercar un cabalo. Queríano moito en tódolos sitios onde capaba
ranchos, e convidábano sempre á mata. Aquel día xantara en Arnado.
Xa se sabe como son eses xantares da mata. Empezan ás doce, poño
por caso, e rematan ás cinco. O fígado asado con aceite e pemento,
os roxóns e o raxo. Viño, nunca falta. Tempo de fartura. Xantara
aquel día en cas do Rulo. Enchéranse de néboa os cavorcos. Non se
vía un burro a tres pasos, dispensando... O Rulo díxolle que pasara
a noite na súa casa. -Andan os lobos -advertiulle- moi bastos. Con
esta néboa tan mesta pódeste esfragar. Non che pase coma o Bieito
da Corga cando ía para Ferramolín, que se derrubou polo canto do
Mazo e foi dar ó río. Alí quedou defunto cos cadrís partidos por
testalán, pois teimou coma ti por saír de Vilarbacú unha noite coma
a de hoxe. Mais o capador había pouco que casara, como vos dixen, e
non houbo xeito de facelo quedar. Nin tan sequera quixo levar
algúns fachucos de palla para o camiño. E alá se foi o Rugando tan
sócunha cachaba de freixo e a súa navalla no peto para se defender.
Grazas a Deus que coñecía ben o camiño. Xa levo dito que era home
valente. El mesmo mo contou en Santa Cubicia de Quiroga, na tasca
do Avelino. Polas primeiras horas todo foi ben. Non viu amosas de
lobos por ningures. Parouse a acender un pito antes de chegar á
lindeira da devesa de Bonxa. Mais de alí a un pouquichiño ouviu
patuxar nun trollo. Xa sabedes que é un terreo fondal onde se
encora a auga. Unha miguiña dispois ouviu un longo ouveo. E outro
lle respondeu da outra banda da valgada. Tamén sentiu unhas
carreiriñas polos dous lados do camiño. Os lobos seguían chamándose
os uns ós outros. Por sorte para el, había moitos seixos no camiño.
Encheu tódolos petos de croios. Non me dixo que empezara a ter
medo, mais eu coido que si...
-
Dous lobos grandísimos fórono acompañando. Ían sempre de par
del, ás dúas mans. Case que parecían dous cans que foran co seu
amo. Se el se paraba, tamén eles se paraban. Algunhas veces
púñanselle diante. Entón, o capador guindáballes un coio. E
batíalles. Os lobos apartábanse. No máis fondal dunha congostra
tivo que pasar un pontigo. Esgotara as pedras que trouxera nos
petos. Xa lle quedaban poucos fósforos. Do outro lado do pontigo
viu unhas luces coma de vagalumes. Acendeu un fósforo. Non había
pedras no camiño. Tivo que coller bulleiro coas mans e tirarllo ós
lobos, ó mesmo tempo que berraba moi forte. Ergueuse un e deixouno
pasar. Quizais foran seis. A todos lles relucían os ollos. Un deles
botoulle os dentes á cachaba e arrincoulla da man. Íanse metendo
nel cada vez máis. Ata lle fustrigaban as pernas cos rabos.
Acendeu, un tras outro, os tres fósforos que lle quedaban. Grazas a
isto puido coller un coio. Atinoulle a un lobo no peito. Regañaban
todos os dentes coma cando se van botar sobre as ovellas. Xa sentía
que se lle esmorecían os pulsos, que se ia quedando sen forza. Os
lobos seguían a chamarse uns ós outros. Tremía coma un vimbio. Xa
non os podía escorrentar nin sequera berrar. Íalle estoupar o
corazón. Unhas cantas lancañadas máis e xa estaría na casa.
¿Podería dalas? De súpeto, viu tremelar unhas luces nas tebras;
ladraban uns cas ó lonxe. Meteu os dedos na boca e asubiou.
Chamábano de lonxe. Estourou un tiro de escopeta. -Anda Rabelo,
anda Sultán ouviu que dicían. Diante del había tres fachucos de
palla ardendo. Seus tres cuñados dábanlle fortes apertas.
-Andabámoste buscando -dixo un. Chegaron o Sultán io Rabelo
brincando ó seu redor e dando ouveos de ledicia. Entraron na casa.
As mulleres estaban na cociña. Na gran lareira había un bo lume.
-Traédeme auga –dixo o capador. E caeu estalicado no chan. Todos se
alporizaron. Houbo moitos berros e prantos. Máis de dúas horas
estivo sen sentido. Levárono ó leito. A forza de fretas volveulle o
acordo. -Se non sairades a buscarme tan só se me atoparían os ósos.
Xanon podía resistir máis -dixo o bo do home. Para que vexades como
traballan os lobos á xente.
https://www.youtube.com/watch?v=AGlMx4z5-tQ
2. Tal e como agora eu vou, vello i anugallado, perdido cos anos
o lentor da moza fantasía, pónsemepor veces no maxín que aqués días
por min pasados na frol da mocidá, na antiga e longa selva de
Esmelle,son soio unha mentira, que por ter sido tan contada e tan
matinada na memoria miña, coido eu, omintireiro, que en verdade
aqués días pasaron por mín, i aínda me labraron soños e inquedanzas
talesxeiras, como unha afiada trincha nas máns dun vago e
fantástico carpinteiro. Verdade ou mentira, aquésanos da vida ou da
maxinación, foron enchendo cos seus fíos o fuso do meu esprito, i
agora podo tecer opano distas historias, novelo a novelo. Cando de
obra de nove anos cumpridos por Páscoa, coa pucha namán, acheguéime
á porta de mi amo Merlín, quén diría que ma iban a encher, a pucha
nova, das máismisteriosas maxias, engados, trasegos, inventos,
tendollos e feitizos? Nunca galano coma iste, digo eu, llefoi feito
a un rapaz, e, coma dun corno maravilloso, eu tiro fita tras fita,
conto tras conto, ecos meuspropios ollos miro pasar toda aquela
troupada profana que a Merlín acudía i aos seus sete saberes:
enMerlín amecíanse, tal as liñas dun xastre invisibre, tódolos
camiños do trasmundo. Il, o mestre, facía o nóque lle pedían. Xa o
veredes. (...)Ás vegadas, por facer festa, o señor Merlín saía á
eira, e nunha copa de cristal chea de auga, verquía dúasou tres
gotas de licor que il chamaba “dos países”, e sorrindo, con aquela
aberta sorrisa que lle enchía afranca faciana como enche o sol a
mañán, perguntábanos de que coor queríamos velo mundo, e sempreque
a min me tocaba responder, eu decía que de azul, i entón don Merlín
botaba a iauga, ao áer, e por unsegundo todo, Esmelle todo arredor,
as brancas torres de Belvís, as pombas i o can Ney, o roxo pelo
deManoeliña, a branca barba de mi amo, o cabalo tordo, as bidueiras
de Quintás i o toxo da coroa do Castro,todo era unha longa nuben
azul que pouco a pouco se esváia. O señor Merlín sorría namentres
secaba acopa con un pano mouro. Esmelle, selva longa i antiga, na
memoria lévoa eu de azul pintada, como si unenorme e morno luar
apousara, nun repente, na terra.
3. -Si señor, si; os mesmos. O Juan Fariña e o Eladio Vilarchao,
que están eí nos papeis, son o Bocas e o Milhomes polos alcumes,
que é como aquí nos coñecemos todos e que non ofenden a ninguén,
porqueXan e Aladio poden ser calisquera , pero o Bocas e o Milhomes
só poden se-los que son, do mesmo xeito que eu son Cipriano Canedo
e me chama Cibrán ou o Castizo; como vostede guste, pois o meu pai
tiña uncastizo para servire porcas con licencia.... Anque tamén me
chaman o Tiñica e o Puchapodre porque de
https://www.youtube.com/watch?v=AGlMx4z5-tQ
-
rapaz tiven a tiña, que me durou astra mozo, e andaba coa gorra
moi apegada.-- Non, señor,non; só é pra írmonos entendendo, pois xa
me vou deprocatando que vostede non é deiquí. -- Non, señor, non;
non é que me importe senón para que me entenda, pois xa lle tivemos
un capataz, que era das partes dos murcios, que aínda falándolle
nas súa fala non nos entendiamos... Pois indo ó asunto, eran
Xanciño o Bocas, ou o Alifante ou o Peitodemacho, e mais o Aladio o
Milhomes, ou o Papaganduxos, ou o Stesaias, ou o Maricallas, tamén
como a vostede lle peete, que eiquí todos temos onde escoller...
Conque arrodeáronme ríndo e zapicándome nas encostas, e o Milhomes
beliscándome na entreperna, como tiña por fodido costume. Deixaraos
na taberna de Narizán facía dous días, que era sábado, nunha
daquelas esmorgas que os fixeran famosos...
4. A rapaza do circo
Mirou pola fiestra. Víase a carpa do circo que se erguía entre
os carballos do feiral.Está castigado. Cando el saia, a sesión da
tarde terá rematado. E despois de cear non o deixarán ir.A cousa
empezou por culpa dunha aposta. Os de quinto estudiaban na aula II,
que tiña acceso directo desde o portal sen pasar polas demais
dependencias do colexio. Podían ver a rúa e meterse coas rapazas
que pasaban sen que ninguén os vixiase. Cando viron a Anne,
avisárono:- Mira a francesiña do circo.El coñeceuna de casualidade.
Unha tarde, a eso das seis, estaba sentado nun banco do xardín e
advertiu que se achegaba unha rapaciña loira, de melenas longas,
vestida cun pantalón corto. Con acento francés preguntoulle onde
podería atopar un médico. Acompañouna. Polo camiño ela díxolle que
era trapecista docirco e que seu pai, un antigo xendarme, atopábase
malo (pouca cousa: talvez unha mala dixestión), e que pedira que
lle levasen un médico. El a penas falou. Ao chegaren á clínica
indicoulle: «Aquí». Ela deulle as gracias e invitouno a pasar pola
taquilla, onde lle facilitaría un par de entradas para a función
das oito.Foi. Antes de se subir ao trapecio, a rapaza, vestida de
pescadora, cantou. Na metade da canción dirixiuse á butaca que
ocupaba el e botoulle o sedal da cana, mentres lle dicía entre os
risos de todos: «Pica, pica, pececito».Volvéronse atopar ao día
seguinte.Despois víronse tódolos días. Pasaban as tardes no río.
Deitábanse na area. Enterrábanse. Nadaban. Ela faláballe de
Marsella, da súa infancia. El pechaba os ollos e imaxinaba aquela
rúa frente do porto, os barcos que Anne despedía cun pano branco
desde o faiado, a tía Françoise, Jules... ¿Como sería aquel Jules
que lle dera o primeiro bico no portal?-Era loiro, coma min. E moi
apencado.-¿Lémbraste del?El tiña un sombreiro de palla sobre dos
ollos para tornar o sol. Volveulle preguntar:-¿Lémbraste del?Sentiu
os labios dela que se pousaban nos seus. Foi como un trallazo. Unha
ledicia branca nacíalle dentro do corazón.Despois bicáronse.
Bicáronse moitas veces. E ela apoiou a súa cabeza no peito
del.Pronto correu a noticia de que se vían no río. Na casa
rifáronlle. «¡O que me faltaba -dixera seu pai-, un fillo
titiriteiro!».Pero seguíanse vendo ás agachadas.Hoxe os compañeiros
de quinto desafiárono.-A que non es home de subila para aquí...Non
o dubidou. Asomouse á ventá e chamouna:-¡Anne...!Subiu. Recibiuna
no vestíbulo e metéronse no laboratorio. Pecharon a porta por
dentro e taponaron o buraco da pechadura cun cacho de papel. Os de
quinto armaban barullo fóra. El ensinoulle as bolboretas, as
pedras, os lagartos e as cobras metidos en formol... Pediulle un
alfinete e picouse nun dedo. Amosoulle o sangue a través do
microscopio.
-
-¿Sabes unha cousa? -dixo ela.-¿Que?-Que nos imos mañá.Colleuna
pola cintura e bicouna.E naquel momento chegou o director.Cando
saia, será xa de noite e terase que ir para a casa sen vela, sen
lle explicar, sen lle dicir o que ocorreu. E despois de cear dirá:
«Quero ir ao circo». E o seu pai responderá: «Non». Entón ira á
cama. E pensará: «Os vellos non saben». E os vellos (non tan
vellos), na súa habitación nin sequera se lembrarán del e da
francesiña Anne. E el ha tardar en durmir, pero durmirá.
¿Durmirá?Mañá, ao se erguer, sentirase triste. Máis triste que
ninguén. ¿E que será de Anne? Non a volverá ver. ¿Nunca máis?
Nunca.Ergueuse moi cedo. Marchou correndo ao campo da feira. No
sitio do circo só quedaba un redondel.5. Se miña señor a alba de
Arousa bailar poñereille, belida, un ventiño no mar. ¡A dorna vai e
vén que meu amor ten!Poñeireille unha frauta e mais un reiseñor e
unha longa soidade coma a do mar maior. ¡A dorna vai e vén que meu
amor ten!
Na illa Cortegada poñereille un galán por pastor das mareas co
seu remo na man. ¡A dorna vai e vén que meu amor ten!
Poñeireille unha gaita no bico da ría e unha abelaneira no medio
do day. ¡A dorna vai e vén que meu amor ten!
6. Soneto pra lembrar a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Deixo a miña palabra prá lembranzado profeta Daniel coma sempre
lembrado.Naceu preto do pobo, e foi criadono doce amor do mar e da
arelanza.
Deixo a miña palabra sin louvanza.Sóio digo o que foi: home
chantadoen si e no seu pobo asoballado,na loita, na verdade, na
esperanza...
Deixo a miña palabra sen máis flores,e digo só que foi home
cabal,home bon e cabal sin máis louvores.
Eu lembro a súa palabra natural,sinxela e popular. E o seu
desterro.E a súa morte lonxana e o seu berro.
(DESPOIS SERÍA LITERATURA A PARTIR DE 1975 QUE DEIXAREMOS PARA O
PRÓXIMO CURSO).
-
O Rexurdimento (1863-1916) Época das Irmandades e da Xeración
Nós
(1916-1936)
1863
Cantares
gallegos, de
Rosalía de Castro
1920
Publícase en Ourense o nº 1 da
revista Nós. Destacan Castelao,
Risco e Otero Pedrayo.
1931
Creación do Partido Galeguista e
proclamación da II República
Española
Aparecen as primeiras
gramáticas e dicionarios, así
como publicacións
periódicas bi e monolingües
1906
Fúndase na Habana a
Real Academia
Galega
1936-1939
Guerra Civil
Española.
1880
Rosalía de Castro: Follas novas
Curros Enríquez: Aires da miña terra
Lamas Carvajal: Saudades gallegas
E. Pondal: Queixumes dos pinos (1886)
POESÍA: XÉNERO PRIVILEXIADO
Agrarismo
Intensa mobilización labrega que
esixía a abolición dos foros (1923).
Ligado ás loitas agrarias, Ramón
Cabanillas foi o autor ponte entre o
Rexurdimento e o séc. XX.
1923
1922
Créase o Seminario de Estudos
Galegos co obxecto de
desenvolver en galego
investigacións universitarias en
diferentes campos.
28-06-1936
Aprobación do
Estatuto de
Autonomía
Outros xéneros
Primeiras obras teatrais
e prosísticas. Estudo da
literatura popular
Rexionalismo
Movemento sociopolítico que defendía a
personalidade hª diferenciada de Galiza, así
como a lingua e cultura propias. As súas
ideas actualizan os principios do
Provincialismo, iniciado en 1833.
1916
As Irmandades da Fala
Movemento nado na Coruña que se estendeu
por vilas e cidades e que tiña como obxectivo
normalizar e prestixiar a lingua en todos os
ámbitos. Dan o paso ao Nacionalismo.
Estudo do idioma e
presenza na prensa
Esquemas para entender a literatura galega contemporánea
Manifesto Máis Alá
A Xeración das Vangardas creou unha literatura
nova en liña coas estéticas renovadoras que se
manifestaban en Europa
Román C. Landín
Curso 2016-2017
-
Literatura de Posguerra
(1936-1950)
Literatura de Posguerra
(1950-1975)
O baleiro da posguerra: o exilio interior
Na inmediata posguerra, dáse unha forte
represión sobre o galeguismo. Ábrese un longo
período sen actividade cultural e produción
literaria por mor do proceso de uniformización
cultural e lingüística imposto pola Ditadura.
Comeza a LONGA NOITE DE PEDRA.
Celso Emilio
Ferreiro
Recuperación
paulatina do discurso
cultural silenciado.
Nova Narrativa Galega
Autores como Ferrín, Manuel
María, Nononeyra ou Xohana
Torres renovaron o discurso
poético entre 1950 e 1975.
Exilio
A literatura galega floreceu no exilio americano,
sobre todo en Arxentina. Os exiliados crearon
editoriais, publicacións periódicas, fixeron radio
e teatro. Destacan Luís Seoane, Blanco-Amor
e Rafael Dieste. Castelao preside o Consello de
Galiza.
1947
Cómaros verdes, de
A. Iglesia Alvariño.
Ensaio e
teatro A finais dos 50 e comezos dos 60
autores como Ferrín, Mª. X.
Queizán e Casares renovan a prosa
de ficción seguindo especialmente
aos novelistas franceses.
Créase a Editorial
Galaxia, que restableceu a
continuidade cultural
cortada pola Guerra Civil.
Álvaro Cunqueiro
Figura central da literatura galega do séc. XX. Poeta, narrador
e ensaísta,
comeza a súa traxectoria en 1950 coa publicación de Merlín e
familia.
Neste labor de recuperación da narrativa en galego viuse
acompañado por
autores como Ánxel Fole, que fusiona a novela de preguerra
coa
modernidade, ou Xosé Neira Vilas, representante da novela
realista.
1950
Xeración Poética dos 50 Asociacionismo
cultural. Anos 60
A poesía de temática social e de
compromiso ten continuación no exilio,
mais é con C.E.F. con quen o social-
realismo alcanza unha repercusión
fundamental a partir dos primeiros 60.
Poesía de Posguerra
Convivencia de diferentes
correntes e autores
continuístas ou renovadores.
A revista Grial
(Galaxia) e outras
coleccións dan cabida
ao ensaio (hº,
económico, cultural,
sociolingüístico…) e
o teatro renace a
través do
asociacionismo.
Román C. Landín
Curso 2016-2017
-
A Galiza contemporánea (1975-actualidade)
Século XXI
Diversificación
de xéneros e
recuperación dos
clásicos.
Predomina a
novela longa.
Amplíase o
abano temático,
xenérico e
formal. Gaña
espazo o relato
curto
Xeración dos 80
Extensa nómina de
autores cunha obra
de alto rigor formal
e culturalista: Pilar
Pallarés, X. Seoane,
Álvarez Cáccamo,
Fernán-Vello, Lois
Pereiro, Forcadela,
M. Rivas, R. Raña,
R. Fonte, Baixeras,
Rábade, Fiz
Vergara, H. Villar
1981
Grupo Abrente
Do culturalismo dos 80 (Fernán-Vello, Inma A.
Souto e Xesús Pisón) pásase nos 90 a unha clara
vontade por escenificar os textos (Candido Pazó,
Dans, R. Salgueiro, M. A. Murado). Súmanse
hoxe R. Ruibal, T. Moure, P. Carballeira, etc.
1985-2000
1975
Fin da Ditadura
franquista.
Aprobación da
Constitución
Española en
1978.
Narrativa Galega de 1975 á actualidade
Chegan con forza
as narradoras.
Toma pulo a
novela negra e da
Guerra Civil.
Éxitos comerciais.
Eclosión de voces novas,
de colectivos e dos
recitais. Aparecen
numerosas voces
femininas: Ana Romaní,
Olga Novo, Chus Pato,
Yolanda Castaño, Mª
Lado, Enma Couceiro…
Autores: Fran Alonso,
Miro Villar, Estevo
Creus, X. Cordal, etc.
Século XXI
Novos e variados
rexistros e
tendencias: Lucía
Novás, Antía Otero,
Xiana Arias,
Alberte Momán,
Daniel Salgado,
Gonzalo Hermo,
Ismael Ramos,
Oriana Méndez,
Rosalía Fdez. Rial,
etc.
1975-1985
Teatro
Vinculados á Mostra de Teatro de Ribadavia
(1973), destacan Manuel Lourenzo, Euloxio
Ruibal e Vidal Bolaño, innovadores na escena e
nas temáticas.
Aprobación do Estatuto de Autonomía e
creación das institucións autonómicas galegas,
da CRTVG, etc. A lingua galega é recoñecida
por primeira vez como lingua oficial mais é a
Lei de Normalización Lingüística (1983)
quen desenvolve o estatuto legal do idioma e
impulsa o proceso de promoción lingüística e
cultural, que tamén permite a reconstrución
dun sistema literario galego cada vez máis
autonómo.
Sistema literario
Consolidación dun panorama literario que abrangue todos os
xéneros e que moderniza o seu discurso estético. Aparecen
novas
editoriais, consolídase a crítica, amplíanse públicos, prolifera
a
tradución, popularizase o teatro, diálogase con outras artes,
etc.
Literatura Infantil
e Xuvenil
Poesía Galega de 1975 á actualidade
Xeración dos 90
Promocións dos 80, 90 e teatro actual
Forte impulso e
consolidación da LIX e
formación dun amplo
público lector. Ampla
nómina de autores,
títulos e coleccións.
Román C. Landín
Curso 2016-2017
-
A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA ESQUEMA PARA IMPRIMIR
AS IRMANDADES DA FALA
- Continuidade temática e formal dos autores do Rexurdimento,
cun progresivo deterioramento estético: costumis-mo ruralista,
historicismo celtista, intimismo sentimental e reivindicación
cívica
- Dúas tendencias xerais na poesía do primeiro terzo do séc. XX:
continuísta (Noriega Varela, Crecente Vega) e re-novadora (Ramón
Cabanillas)
- Fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de Antón Vilar
Ponte.- Recollen e potencian as aspiracións galeguistas do
Provincialismo e o Rexionalismo- A dignificación e promoción da
lingua galega é un dos seus principios fundamentais- Presentan,
ademais das reivindicacións culturais, un ideario político ben
definido. Supoñen o inicio do nacionalismo- O seu voceiro é a
revista A Nosa Terra -Fundan editoriais que permitirán a
publicación en galego: Céltiga, Alborada, Libredón, Lar, Nós e
crean publicacións
periódicas en galego: A Nosa Terra, Rexurdimento, Nós, Ronsel…-
Publican Algunhas normas pra a unificazón do idioma galego,
traballo de carácter normativo, e un dicionario caste-
lán-galego
SITUACIÓN DA POESÍA GALEGA NO INICIO DO SÉCULO XX
- A súa obra poética está recollida nun único volume, Do ermo-
Compoñentes da súa poesía:
► Costumismo ruralista: enmárcase dentro da corrente do
descritivismo paisaxista e de costumes propio da tra- dición
decimonónica: métrica popular, temática rural, escenas
costumistas
► Lirismo da natureza: enfatízanse as cousas humildes da
paisaxe, a partir dunha visión franciscanista da nature- za,
expresión máis culta e refinada, con influencia dos poetas clásicos
latinos e do saudosismo; emprego de es- trofas cultas, como o
soneto
NORIEGA VARELA
-
RAMÓN CABANILLAS
- OBRAS PRINCIPAIS:
► Poesía lírica: No desterro, Vento mareiro, Da terra
asoballada, A rosa de cen follas ► Poesía narrativa: Na noite
estrelecida► Teatro: O mariscal
- LIÑAS TEMÁTICAS:► Poesía lírica: Estilo simple e popular;
preferencia polos versos de arte menor
► Costumista: Paisaxismo, tipos e costumes rurais, ás veces
cunha perspectiva crítica ou humorística
► Intimista: Temática amorosa, vivencias do pasado,
identificación coa natureza: clara herdanza rosaliana
► Cívica: A máis representativa: crítica radical da inxustiza
social, anticaciquismo, agrarismo, reivindica- ción nacional, nunha
poesía de estilo directo e coloquial
► Poesía narrativa: Temática mítica, celtismo, reivindicación
nacional: Na noite estrelecida- NA NOITE ESTRELECIDA:
É un dos mellores poemas narrativos da literatura galega
Insírese dentro da temática artúrica; ofrece unha versión
galeguizada da lenda Componse de tres sagas: “A espada Escalibor”,
“O cabaleiro do santo Grial” e “O soño do Rei Artur” Introduce
elementos de inspiración modernista É unha obra dunha grande
elaboración formal, estilo culto, métrica coidada, onde se combinan
os
alexandrinos cos octosílabos e as sextinas rubenianas
-
A PROSA DA 1º TERZO DO XX ESQUEMA PARA IMPRIMIR
A XERACIÓN NÓS
- Nace en 1920 ao redor da revista Nós, que lle deu nome, e foi
o principal referente cultural até 1936 - O grupo fundamental é o
núcleo de Ourense: Vicente Risco, Otero Pedrayo e López Cuevillas.
Con eles colaboran activamente na revista Castelao e Losada Diéguez
- Son os creadores da prosa galega contemporánea presentando unha
importante renovación temática e formal - Características:
► Procedencia social acomodada ► Rigorosa formación intelectual
► Ideoloxía nacionalista ► Inadaptación e rebeldía ► Vocación
universalista ► Modernización da cultura galega
- Posúe unha ampla formación intelectual. O seu interese
céntrase tanto na tradición etnográfica galega como nas novidades
estéticas do seu tempo e no coñecemento e divulgación das culturas
alleas e o esoterismo
- Na época previa ao ingreso nas Irmandades, dirixe La Centuria
e mostra unha actitude cosmopolita e individualis- ta.
Despois,convértese nun dos principais teóricos do nacionalismo e
desenvolve un intenso labor literario e político
-A novela O porco de pé é a obra máis importante da súa
narrativa. Narra a historia do inexplicábel ascenso de don
Celidonio, personaxe materialista e vulgar, até a alcaldía da
cidade. Supón unha crítica feroz da degradación da so- ciedade
burguesa da época
VICENTE RISCO
- De familia fidalga, culta e liberal, toma conciencia da
problemática do país e ingresa nas filas do galeguismo. É membro
das Irmandades, no SEG e no PG. Posteriormente participará na
fundación da editorial Galaxia
- É un dos autores máis prolíficos da literatura galega: cultiva
todos os xéneros e destaca polo seu saber enciclopé- dico e a súa
oratoria privilexiada. É especialmente importante a súa obra
narrativa,con títulos como Os camiños da vida e Arredor de si.
- Os camiños da vida narra, cunha certa visión nostálxica, a
decadencia da fidalguía rural do século XIX fronte á nacente
burguesía urbana. Arredor de si constitúe o retrato do proceso de
concienciación galeguista experimenta- do por el mesmo e polos seus
compañeiros de xeración
OTERO PEDRAYO
-
CASTELAO
- POLÍTICO: é fundamental na organización do nacionalismo galego
ao redor do Partido Galeguista, polo que é elixi- do deputado.
Redacta e promove o Estatuto de Autonomía para Galiza e defende
desde o exilio a causa republicana
- ARTISTA: figura principal da arte galega, como pintor e
caricaturista: Álbum Nós, Cousas da vida, Galicia mártir
- OBRA NARRATIVA: Un ollo de vidro, Cousas, Os dous de sempre,
Retrincos
► Cousas: relatos breves acompañadas dun debuxo, narrados con
estilo sintético, humor, lirismo e voación de compromiso. Temática
variada: emigración, miseria do campesiñado, crenzas populares,
traxedias humanas...
► Os dous de sempre: Novela estruturada ao redor de dous
personaxes antitéticos: Pedro (movido unicamente por instintos
primarios, materialista, conformista, falto de talento) e Rañolas
(eivado e de orixe miserábel, é xeneroso e idealista e loita
desesperadamente por mellorar como ser humano)
O ENSAIO
- É de contido eminentemente político e cultural; defende as
teses do nacionalismo galego e procura a divulgación e análise dos
distintos sectores da cultura galega, así como das novidades da
cultura europea
- Teoría do nacionalismo galego (Risco), Ensaio histórico sobre
a cultura galega (Otero), Sempre en Galiza (Cas- telao). Esta
última obra supón o fundamento teórico principal do nacionalismo
galego. Realiza unha defensa radical da identidade nacional de
Galiza, baseada na súa realidade histórica, xeográfica, económica,
lingüística, cultural...
O XORNALISMO
- Publicacións de orientación política, como A nosa terra
(voceiro das Irmandades) ou cultural, como Nós (a máis destacada
deste período, que moderniza o discurso cultural galego) e revistas
de perfil vangardista
RAFAEL DIESTE
- Escribe un importante libro de relatos breves, Dos arquivos do
trasno: combina o popular (argumentos ás veces próximos ás lendas,
emprego de recursos propios da narrativa oral) co culto (artificios
técnicos de ruptura do dis- curso narrativo) e o cotián (temáticas
da realidade próxima) co fantástico (gusto polo misterio)
-
- Movemento estético que produce, no inicio do século XX, unha
profunda renovación nos distintos campos artísticos. Preséntase de
xeito fragmentario, en diferentes movementos: futurismo, cubismo,
surrealismo, creacionismo...
AS VANGARDAS
- CRONOLOXÍA: Entre 1909, data de creación do FUTURISMO, e
finais da década de 1920.
- LOCALIZACIÓN: Distintos países e cidades de Europa occidental,
especialmente en París
- VIXENCIA: A pesar de ser un movemento relativamente efémero,
deixou unha fonda pegada nas distintas mani- festacións artísticas
desde entón até a actualidade
- OBXECTIVO: A diferenza da concepción artística tradicional,
que intenta reproducir fielmente a realidade, as van- gardas
pretenden transformala, reinterpretala, a partir da visión persoal
do artista
- CARACTERÍSTICAS XERAIS:- Ruptura radical coa tradición -
Renovación da temática- A arte ten sentido en si mesma - Arte
cerebral, antisentimental, antirromántica- Expresión hermética -
Elaboración de manifestos programáticos radicais
FUTURISMO (PRINCIPAIS AUTORES: F. T. Marinetti, Álvaro de
Campos, Almada Negreiros,V. Maiakovski)
► Destrución absoluta da sintaxe► Emprego do verbo en
infinitivo► Abolición do adxectivo e do adverbio e emprego de
substantivos duplos (“multitude-resaca”)► Substitución dos signos
de puntuación por símbolos matemáticos (+ — < > = ...)►
Revolución tipográfica: mestura de distintos tipos e tamaños de
letras, uso de chaves, espazos en branco..► Abundante léxico de
tipo técnico
- CARACTERÍSTICAS DOS PRINCIPAIS MOVEMENTOS:
ESQUEMA PARA IMPRIMIR
-
CUBISMO (PRINCIPAIS AUTORES: Guillaume Apollinaire, Max Jacob,
Joan Salvat Papasseit)► Antisentimentalismo radical; predominio da
realidade intelectual sobre a sensorial ► Fragmentación da
realidade, ruptura da liña narrativa, simultaneidade► Mestura de
linguas e material heteroxéneo► Sentido humorístico e lúdico da
expresión artística► Xogo coa disposición tipográfica, creación de
imaxes visuais: os caligramas
DADAÍSMO (PRINCIPAIS AUTORES: Tristan Tzara, Francis Picabia) ►
Rebeldía contra todo tipo de convencionalismo ► Desprezo radical de
toda manifestación artística anterior► Reivindicación absoluta do
absurdo, do carente de sentido► Profundo negativismo; máis que
propor unha nova estética, destrúen toda estética imperante►
Humorismo, gusto polo ridículo
SURREALISMO (PRINCIPAIS AUTORES: André Breton, Louis Aragon,
Paul Éluard, Álvaro Cunqueiro)
► Negación do mundo real como materia para a arte;antirrealismo
► A creación ten como punto de partida o mundo onírico► A
imaxinación rebélase contra o reinado da lóxica► A escrita
automática como expresión da liberación da razón► Expresión
hermética e multisignificativa
CREACIONISMO (PRINCIPAIS AUTORES: Vicente Huidobro, Pierre
Réverdy, Manuel Antonio)
► Creado polo poeta chileno Vicente Huidobro► Semellante ao
Ultraísmo, supón, como este, unha síntese de características
variadas doutros movementos► Procura a expresión poética baseada en
imaxes, liberadas dos seus significados habituais► O poeta é un ser
elixido, capaz de captar a esencia da realidade e reinterpretala
desde a súa propia óptica
OUTROS MOVEMENTOS DE VANGARDA: Imaxinismo, Ultraísmo,
Expresionismo, Fauvismo...
-
- Movemento estético que produce, no inicio do século XX, unha
profunda renovación nos distintos campos artísticos. Preséntase de
xeito fragmentario, en diferentes movementos: futurismo, cubismo,
surrealismo, creacionismo...
AS VANGARDAS
- CRONOLOXÍA: Entre 1909, data de creación do FUTURISMO, e
finais da década de 1920.
- LOCALIZACIÓN: Distintos países e cidades de Europa occidental,
especialmente en París
- VIXENCIA: A pesar de ser un movemento relativamente efémero,
deixou unha fonda pegada nas distintas mani- festacións artísticas
desde entón até a actualidade
- OBXECTIVO: A diferenza da concepción artística tradicional,
que intenta reproducir fielmente a realidade, as van- gardas
pretenden transformala, reinterpretala, a partir da visión persoal
do artista
- CARACTERÍSTICAS XERAIS:- Ruptura radical coa tradición -
Renovación da temática- A arte ten sentido en si mesma - Arte
cerebral, antisentimental, antirromántica- Expresión hermética -
Elaboración de manifestos programáticos radicais
FUTURISMO (PRINCIPAIS AUTORES: F. T. Marinetti, Álvaro de
Campos, Almada Negreiros,V. Maiakovski)
► Destrución absoluta da sintaxe► Emprego do verbo en
infinitivo► Abolición do adxectivo e do adverbio e emprego de
substantivos duplos (“multitude-resaca”)► Substitución dos signos
de puntuación por símbolos matemáticos (+ — < > = ...)►
Revolución tipográfica: mestura de distintos tipos e tamaños de
letras, uso de chaves, espazos en branco..► Abundante léxico de
tipo técnico
- CARACTERÍSTICAS DOS PRINCIPAIS MOVEMENTOS:
ESQUEMA PARA IMPRIMIR
-
CUBISMO (PRINCIPAIS AUTORES: Guillaume Apollinaire, Max Jacob,
Joan Salvat Papasseit)► Antisentimentalismo radical; predominio da
realidade intelectual sobre a sensorial ► Fragmentación da
realidade, ruptura da liña narrativa, simultaneidade► Mestura de
linguas e material heteroxéneo► Sentido humorístico e lúdico da
expresión artística► Xogo coa disposición tipográfica, creación de
imaxes visuais: os caligramas
DADAÍSMO (PRINCIPAIS AUTORES: Tristan Tzara, Francis Picabia) ►
Rebeldía contra todo tipo de convencionalismo ► Desprezo radical de
toda manifestación artística anterior► Reivindicación absoluta do
absurdo, do carente de sentido► Profundo negativismo; máis que
propor unha nova estética, destrúen toda estética imperante►
Humorismo, gusto polo ridículo
SURREALISMO (PRINCIPAIS AUTORES: André Breton, Louis Aragon,
Paul Éluard, Álvaro Cunqueiro)
► Negación do mundo real como materia para a arte;antirrealismo
► A creación ten como punto de partida o mundo onírico► A
imaxinación rebélase contra o reinado da lóxica► A escrita
automática como expresión da liberación da razón► Expresión
hermética e multisignificativa
CREACIONISMO (PRINCIPAIS AUTORES: Vicente Huidobro, Pierre
Réverdy, Manuel Antonio)
► Creado polo poeta chileno Vicente Huidobro► Semellante ao
Ultraísmo, supón, como este, unha síntese de características
variadas doutros movementos► Procura a expresión poética baseada en
imaxes, liberadas dos seus significados habituais► O poeta é un ser
elixido, capaz de captar a esencia da realidade e reinterpretala
desde a súa propia óptica
OUTROS MOVEMENTOS DE VANGARDA: Imaxinismo, Ultraísmo,
Expresionismo, Fauvismo...
-
Lo
ur
en
zo
Álv
ar
ez
O TEATRO ENTRE 1936 E 1976 ESQUEMA PARA IMPRIMIR
LIÑAS DO TEATRO DOS ANOS 50
► TEATRO REXIONALISTA: continuadora do teatro costumista e a
comedia urbana das Irmandades: Carré Alva-rellos e Ramón
Cabanillas
► TENDENCIA RENOVADORA que continúa a modernización do teatro de
preguerra: Otero Pedrayo, Ánxel Fole,Jenaro Marinhas
► TEATRO DE INSPIRACIÓN EXISTENCIALISTA, ligado á Escola da
Tebra: Franco Grande, Manuel María, Car-valho Calero, Díaz
Pardo
O GRUPO DE ENLACE
► Grupo heteroxéneo de autores que serven de conexión entre a
dramaturxia de preguerra e a renovación do tea-tro independente
► AUTORES:
- Otero Pedrayo: O desengano do prioiro, Noite compostelá, O
fidalgo e a noite
- Blanco Amor: farsas e autos: Farsas para títeres,Teatro pra a
xente
- Álvaro Cunqueiro: O incerto señor Don Hamlet (orixinal versión
da obra shakespeareana), A noite vai coma unrío, Palabras de
víspera
- Jenaro Marinhas: teatro de intención pedagóxica: A revolta e
outras farsas, Acurrados, Ramo cativo
- Carvalho Calero: A farsa das zocas, O auto do prisioneiro, Os
xefes
A XERACIÓN DOS 50
► Conxunto de escritores (fundamentalmente poetas) nacidos
arredor de 1930 que irrompen na década dos 50 ásombra do grupo
Galaxia cunha decidida vocación renovadora. Cunha vivencia
indirecta da Guerra Civil, perten-cen maioritariamente a unha
pequena burguesía liberal e republicana que se achega á realidade
cultural galegaa través da Universidade e do maxisterio de Otero
Pedrayo
► AUTORES:
- Danirel Cortezón: revisión dramática da historia de Galiza:
Prisciliano, Os irmandiños, Xelmírez ou a groria deCompostela
- Manuel María: teatro como instrumento reivindicativo: Auto do
labrego, Barriga verde, Farsa de Bululú
- Xohana Torres: teatro realista de denuncia social: A outra
banda do Iberr, Un hotel de primeira sobre o río
- Bernardino Graña: visión crítica sobre o poder do diñeiro e a
vida alienada do ser humano no mundo moderno:20 mil pesos crime,
Sinfarainín contra Don Perfeuto, Os burros que comen ouro (nunca
cabalos serán)
O TEATRO INDEPENDENTE E A MOSTRA DE RIBADAVIA
► En 1973 a Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia convoca a I
Mostra de Teatro Galego e o I Certame Abren-te. Con esta
iniciativa, Ribadavia convértese no principal punto de encontro do
mundo do teatro galego. Ao tempoque se fomentan e popularizan as
representacións teatrais, estímulase, co premio Abrente, a creación
de textosdramáticos
► OBXECTIVOS DO TEATRO INDEPENDENTE:
- Rescatar o teatro das salas convencionais para achegalo ao
público en todo tipo de locais
- Romper co concepto de compañía estábel e apostar pola
itinerancia e a creación colectiva
- Pescudar novos métodos para a creación e a representación cun
afán experimental
- Crear unha rede teatral que permita o desenvolvemento dunha
dramaturxia galega moderna e comprometida
► O GRUPO ABRENTE: Está formado por autores que tiveron unha
destacada participación nas mostras e certa-mes de Ribadavia:
Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal, Francisco Taxes, R. Vidal
Bolaño
-
Lo
ur
en
zo
Álv
ar
ez
A POESÍA ENTRE 1936 E 1976 ESQUEMA PARA IMPRIMIR
PROMOCIÓNS DE POETAS
- Con Luís Pimentel (Sombra de aire na herba) como autor de
enlace coa xeración de preguerra, os poetas destaetapa poden
dividirse, seguindo un criterio cronolóxico en:
XERACIÓN DO 36 (nacidos entre 1909 e 1920): Participan na Guerra
Civil, que está moi presente na súa obra.Cultivan tendencias de
preguerra e desenvolven as temáticas social-realista, intimista e
clasicista
Autores: Iglesia Alvariño (Cómaros verdes), Díaz Castro
(Nimbos), Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra)
PROMOCIÓN DE ENLACE (1920-1930): Inícianse baixo a influencia da
poesía española. De formación autodi-dacta, móvense entre o
intimismo e a angustia existencial da “Escola da tebra”
Autores: Antón Tovar (Calados esconxuros), Luz Pozo Garza (O
paxaro na boca), M. Cuña Novás (Fabulario novo)
PROMOCIÓN DE ENLACE (1930-1940): De formación universitaria e
influídos polas correntes literarias euro-peas, cultivan unha
poesía comprometida onde se mesturan social-realismo e
existencialismoAutores: Uxío Novoneyra (Os eidos), Xosé Luís Méndez
Ferrín (Con pólvora e magnolias), Manuel María (Muiñei-ro de
brétemas), Bernardino Graña (Se o noso amor e os peixes...)
- É o autor máis importante desta xeración e o principal
representante da poesía social. A súa poesía comprometidafoi un
referente básico na resistencia antifranquista. As temáticas
reivindicativas (solidariedade cos oprimidos,defensa do idioma,
denuncia dos males da sociedade: fascismo, guerra, inxustiza,
emigración) compleméntanse conoutras liñas intimista e satírica
- Principais obras: O soño sulagado, Viaxe ao país dos ananos,
Longa noite de pedra. Esta última, de gran populari-dade,
converteuse nunha obra de culto da loita contra a ditadura. O
título é unha metáfora da situación que sevive durante o réxime
(sinxeleza expresiva, rexistro ás veces coloquial; importancia da
mensaxe: a poesía é unhaarma de concienciación social que debe ser
accesíbel a calquera lector)
CELSO EMILIO FERREIRO
XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS
UXÍO NOVONEYRA: O máis salientábel da súa lírica é a temática
paisaxista, presentada como un diálogo comedio natural desde unha
perspectiva transcendente, ás veces mística e panteísta. A natureza
convértese nuninstrumento para reflexionar sobre a natureza humana.
Tamén presenta unha vertente social, comprometidacon Galiza e coa
loita antiimpreialista e antibelicista.
Obras: Os eidos, Elexías do Caurel, Os eidos 2, Poemas
caligráficos
MÉNDEZ FERRÍN Iníciase na poesía seguindo a corrente estética da
“Escola da Tebra”,manifestando sempreunha predileción pola poesía
comprometida. O seu libro Con pólvora e magnolias supón un
auténtico revulsivo napoesía galega da década dos 70. Renova a
poesía de reivindicación social, dándolle un enfoque menos tópico
e“panfletario” e introducindo elementos estéticos novidosos e
abundantes referencias culturais. O poemariocombina dúas vetas: a
da proclama política (a pólvora) e a da introspección persoal e
intimista (as magnolias).
Obras: Voce na néboa , Con pólvora e magnolias, Poesía enteira
de Heriberto Bens, O fin dun canto
MANUEL MARÍA: Comeza a súa obra poética desde os presupostos
intimistas e existencialistas da “Escolada Tebra”. Posteriormente,
decántase cara ao descritivismo paisaxista e a poesía de compromiso
social: defen-sa das clases populares, reivindicación nacional de
Galiza e crítica da tiranía e do imperialismo. A sinxeleza
daexpresión e a temática popular contribúen á súa grande aceptación
social.
Obras: Muiñeiro de brétemas , Morrendo a cada intre, Terra chá,
Documentos personaes, Os soños na gaiola
BERNARDINO GRAÑA: Presenta unha traxectoria común á maioría dos
membros da súa xeración: inicio naórbita da “Escola da Tebra” e
posterior achegamento á poesía social e a outras temáticas máis
intimistas. A súapoesía, de marcado ton vitalista, trata de maneira
singular o tema do mar; nas últimas obras adquire maior pesoa
vivencia amorosa e o sentimento de alienación do ser humano nunha
sociedade mercantilizada en exceso.
Obras: Profecía do mar, Non vexo Vigo nin Cangas, Se o noso amor
e os peixes...
-
Lo
ur
en
zo
Álv
ar
ez
A PROSA ENTRE 1936 E 1976 ESQUEMA PARA IMPRIMIR
ÁNXEL FOLE
► ASPECTOS TEMÁTICOS:
VARIEDADE DE FONTES: céntrase no conto popular; gran parte dos
relatos están tirados da tradición oral
TEMÁTICAS:baseadas na realidade galega,mesturan unha realidade
material (O Courel e as súas xentes) e unharealidade inmaterial que
recrea as crenzas sobrenaturais e supersticións da tradición rural
galega
► ASPECTOS FORMAIS:
EMPREGO DE RECURSOS PROPIOS DA NARRACIÓN ORAL: recorre a
fórmulas da oralidade: apelacións direc-tas ao receptor, presenza
do narrador como protagonista supostamente real da historia...
REALISMO NARRATIVO: Os elementos fantásticos teñen case sempre
unha xustificación realista
NATURALISMO LINGÜÍSTICO: Adopta un modelo de lingua oral, que
reproduce a súa diversidade dialectal,introducindo mesmo formas
vulgares e arcaizantes
Obras: Terra brava , Á lus do candil: relatos de tipo oral onde
predomina a temática sobrenatural tratada ás ve-ces cun sentido de
distanciamento humorístico, relacionados coa comarca do Courel e do
Incio
► Presenta características renovadoras que posteriormente
desenvolverán os autores da Nova Narrativa Galega:espazos urbanos,
personaxes marxinais, temática realista, expresión coloquial... As
súas obras están ambienta-das en Auria (Ourense) e nelas predomina
o narrador en 1ª persoa. Algúns dos seus temas recorrentes son
omundo da infancia e da adolescencia, as relacións familiares, a
violencia, a marxinación, a represión política e lin-güística, o
afastamento da política das necesidades da xente...
Obras: A esmorga, Os biosbardos, Xente ao lonxe. A esmorga é
unha das novelas máis importantes e influentesda literatura galega.
Conta a historia de tres homes que, durante un día de esmorga,
viven unha serie de tráxi-cas peripecias que os conducen
inexorabelmente á morte. É unha novela de vocación sociolóxica que
presenta im-portantes innovacións técnicas, temáticas e
expresivas
BLANCO AMOR
ÁLVARO CUNQUEIRO
► CARACTERÍSTICAS DA SÚA NARRATIVA:
- Creación dun universo literario singular, froito da
combinación do mito, a tradición, o popularismo e a experien-cia do
cotián, e desbotando a temática social; atracción polo exotismo e
as temáticas universais
- Gusto polo relato breve - Presenza do humor e da ironía,
sempre de maneira sutil e amábel- Lirismo e poeticidade - Mestura
do real co fantástico
- Predominancia da oralidade do estilo - Intertextualidade:
referencias a outros textos literarios
Obras: Novelas:
- Merlín e familia: Merlín recibe no seu pazo a visita de
viaxeiros que lle presentan o seu caso e solicitan o seuconsello -
As crónicas do sochantre: un eclesiástico é recollido por unha
carruaxe na que varios defun-tos lle relatan as súas historias - Si
o vello Sinbad volvese ás illas: un Sinbad vello conta historias
pasa-das, mentres agarda en van conseguir unha nova nave que lle
permita regresar ás aventuras do mar
Narrativa breve: as semblanzas:
- Escola de menciñeiros , Xente de aquí e de acolá e Os outros
feirantes : están integradas por relatos moibreves, centrados nun
personaxe peculiar ou insólito. Supoñen unha excelente mostra do
realismo fantástico
NEIRA VILAS
► CARACTERÍSTICAS DA SÚA NARRATIVA:
- De carácter máis tradicional que os seus coetáneos, mostra cun
tratamento cruamente realista a vida da Gali-za rural e da
emigración. Os conflitos dos personaxes xorden do enfrontamento co
medio, da loita cotiá polasobrevivencia. En Memorias dun neno
labrego, a súa novela máis importante, narra, desde a óptica
crítica dunneno (Balbino), a vida de miseria e opresión dunha aldea
galega da posguerra
► CLASIFICACIÓN TEMÁTICA:
- Vivencia infantil no mundo da aldea: Memorias dun neno
labrego, Cartas a Lelo...
- Mundo rural observado desde un punto de vista do adulto: Xente
no rodicio, Querido Tomás...
- Emigración: Camiño bretemoso, Remuíño de sombras...- Estampas
líricas e semblanzas: Lar, Nai...
-
Lo
ur
en
zo
Álv
ar
ez
A NOVA NARRATIVA GALEGA ESQUEMA PARA IMPRIMIR
CARACTERÍSTICAS XERAIS
► CRONOLOXÍA: O movemento iníciase en 1954, coa publicación de
Nasce unha árbore de R. Mourullo.A partir de1968 e até 1980 (ano de
publicación de Cara a Times Square de Camilo Gonsar) estes autores
van abandonandoprogresivamente a experimentación formal
► INFLUENCIAS
- JAMES JOYCE e a “corrente da conciencia” (monólogo interior)
que pretende mostrar os pensamentos dospersonaxes “en bruto”, sen
ningún tipo de elaboración racional; ruptura da orde cronolóxica
lineal
- Os autores do “NOUVEAU ROMAN” francés, denominación na que se
inspira este movemento (Robbe-Grillet,Nathalie Sarraute, Michel
Butor...), que experimentaron cunha narración obxectalista na que,
cun desenvolve-mento mínimo de acción, se describe con
minuciosidade o entorno físico
- FRANZ KAFKA, na caracterización de personaxes atormentados e
incapaces de gobernar o seu propio destinoe na plasmación dunha
realidade absurda que se vive como un pesadelo
- JOHN DOS PASSOS e W. FAULKNER, no emprego do
pluriperspectivismo e a “narración cinematográfica”
► CARACTERÍSTICAS TEMÁTICAS E FORMAIS
- TEMÁTICA: Expresión do absurdo da existencia, pesimismo,
desesperanza; asasinatos, suicidios, fracasospersoais, amor
insatisfeito, soidade, illamento, episodios patolóxicos...
- PERSONAXES: Perdidos, desnorteados, movidos polas
circunstancias, sen control do seu destino, violentos,agresivos,
solitarios, desequilibrados, autodestrutivos... antiheroes
- TEMPO: Gusto pola ruptura da orde cronolóxica (analepeses,
prolepses, ucronía), redución radical do tempo- ESPAZOS:
Maioritariamente urbanos ou suburbiais. Fuxida consciente do
ruralismo. Ambientes claustrofóbi-cos, sórdidos. Cosmopolitismo,
localizacións estranxeiras
- NARRADOR: Preferencia pola primeira persoa protagonista e as
perspectivas obxectivistas, que mostran ahistoria sen explicala,
multiperspectivismo, monólogo interior
- ESTILO: Simple, oracións curtas, marcada tendencia ao
coloquialismo, fuxida da retórica; descricións de natu-reza
obxectalista; gusto pola mestura de xéneros, pola narrativa
“collage”
AUTORES
► RODRÍGUEZ MOURULLO: Memorias de Tains está composto por oito
cartas que conteñen historias entrelaza-das,radicadas nunha cidade
imaxinaria xa desaparecida, que presentan unha atmosfera de
angustia, de pesadelo
► CAMILO GONZÁLEZ SUÁREZ-LLANOS (CAMILO GONSAR) publica algunhas
das novelas máis representati-vas do grupo: técnica obxectalista,
temática sobre a violencia e o absurdo humano, ambientacións
afastadas da
realidade galega (Madrid, Nova York)... Cara a Times Square
► MARÍA XOSÉ QUEIZÁN: A orella no buraco enmárcase de cheo na
estética da NNG. Narra a biografía dunemigrante fracasado, desde a
atemporalidade e a partir de sucesivos monólogos. Nótase unha
grande influenciado nouveau roman na descrición obxectalista
► X. L. MÉNDEZ FERRÍN: As súas tres primeiras obras encádranse
claramente dentro das características daNNG: personaxes
problemáticos (violentos, incomunicados, con diversas
patoloxías...), espazos urbanos, estilomenos elaborado.... A partir
de Retorno a Tagen Ata (1971), o experimentalismo vaise reducindo,
ao tempo que arealidade social e politica galega vai cobrando máis
peso
- Constante relación entre realidade e fantasía- Reconstrución e
interpretación dun pasado mítico que remite á cultura celta ou á
materia artúrica- Profusión de topónimos e antropónimos de
aparencia céltica, oriental ou nórdica: Ulm, Nmógadah, Grieih...-
Creación de espazos literarios propios cargados de simbolismo:
Tagen Ata, Terra Ancha, Grande Fraga...- Grande presenza de
intertextualidade: personaxes, espazos, situacións, que se van
repetindo en obras dife-rentes e incorporación de elementos
literarios doutros autores
Obras: Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas ,
Arrabaldo do norte, Retorno a TagenAta, Bretaña, Esmeraldina, No
ventre do silencio
► CARLOS CASARES:
- Etapa de renovación formal, ligada á nova estética da NNG:
abrangue Vento ferido, Cambio en tres e Xo-guetes pra un tempo
prohibido : realidade desacougante e opresiva, monólogo interior,
obxectivismo, empregoda 2ª persoa, presenza de elementos
autobiográficos, ambientes predominantemente urbanos...
- Etapa de madurez (Os escuros soños de Clío, Ilustrísima, O sol
do verán): novelas máis realistas, centra-das en situacións
históricas de distintos períodos do século XX, sen renunciar ao
elemento fantástico. Cons-tante aparición do Mal, orixinado pola
mentira, a calumnia, o engano... como motor dos conflitos sociais.
Gustopolo humor, a ironía, a parodia
MAIO-RECUP. E REFORZO-LITESQUEMAS DE
LITERATURA1-Esquemadaliteraturagalegacontempornea-ESQUEMA POESÍA
IRMANDADESEsquema PROSA 1º TERZO S. XXEsquema. A poesía de
Vangardas1Diapositiva 1Diapositiva 2
Esquema. A poesía de Vangardas-2Diapositiva 1Diapositiva 2
2-ESQUEMAS Lª DO -36-76-