1 Ola familias! Estamos a piques de rematar este curso. Dende logo que foi una situación excepcional, nova para todos nós. Gustaríanos darvos parabéns polo voso esforzo e dedicación. O vindeiro curso agardan novos desafíos para os que, sen dúbida, estaremos todos e todas máis preparados. Alumnado, familias, profesorado e persoal non docente formamos un gran equipo. Xuntos conseguiremos dar continuidade ao proceso de ensino-aprendizaxe dos nosos nenos e nenas, pese a incerteza da situación que estamos a vivir. Agora que xa parece que todo volve a nova normalidade imos darvos unhas recomendacións para este verán. Aproveitade para cargar as pilas! É tempo de vacacións! Viva o verán! Recomendacións para o verán
7
Embed
Recomendacións para o verán EP-.pdf2 Pasa tempo en familia: compartindo momentos, xogando, falando… Móvete: saltar, nadar, xogar correr, patinar, camiñar… Todas serven! Colabora
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
1
Ola familias!
Estamos a piques de rematar este curso. Dende logo que foi una situación
excepcional, nova para todos nós. Gustaríanos darvos parabéns polo voso esforzo e
dedicación.
O vindeiro curso agardan novos desafíos para os que, sen dúbida, estaremos todos e
todas máis preparados. Alumnado, familias, profesorado e persoal non docente
formamos un gran equipo. Xuntos conseguiremos dar continuidade ao proceso de
ensino-aprendizaxe dos nosos nenos e nenas, pese a incerteza da situación que
estamos a vivir.
Agora que xa parece que todo volve a nova normalidade imos darvos unhas
recomendacións para este verán.
Aproveitade para cargar as pilas!
É tempo de vacacións! Viva o verán!
Recomendacións para o verán
2
Pasa tempo en familia: compartindo momentos, xogando, falando…
Móvete: saltar, nadar, xogar correr, patinar, camiñar… Todas serven!
Colabora na casa: é un bo momento para aprender novas tarefas e axudar
máis na casa: varrer, limpar o po, recoller a mesa….
Sé máis autónomo: practica atar os cordóns dos zapatos, cepillar os dentes,
o pelo, quitar e poñer a roupa sen axuda, facer un sándwich ou unha
macedonia…
Aprende cancións, contos, ve películas e visita museos virtuais.
Seguro que os avós e avoas coñecen moitas cancións e xogos populares que
nos poden ensinar, podemos inventar xogos xuntos e ir a museos.
Le! É moi importante crear un vínculo cos libros e coas historias, levar un libro
á un lugar especial, falar dos libros, personaxes da historia, do que pasou….
Proba a plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas
Se estades pensando en mercar un libro suxerímosvos os seguintes títulos:
“ABECEMOCIONES” , Susanna Isern (Editorial Bruño)
Para descubrir o alfabeto á vez que se traballan as emocións, dende o A da alegría ata o Z da timidez, pasando entre outras polo medo e a vergoña.
ISBN: 9788469607824
“ MI PRIMER PRINCIPITO” , Antoine de Saint-Exupéry (Editorial
Bruño)
Adaptación do clásico da literatura francesa El Principito. Para que os máis pequenos comecen a comprender os valores universais que se presentan nas súas páxinas.
ISBN: 978846960723
“O FIO” , Graza Iglesias (Kalandraka Editora)
Simpático e disparatado, este relato rimado comeza cunha anécdota inocente e insignificante: quen non tirou dun fío que lle sobresaía da chaqueta...
ISBN: 978-84-8464-990-8
“FEROZ, O LOBO”, Margarita del Maxo (Editorial OQO)
Feroz, o lobo, pasará toda a noite deambulando polo bosque. Andaba tan atarefado, que… ISBN:978-84-9871-497-5
Realiza operacións con números e cálculo mental: series, sumas levando,
restas e xogos con moedas.
Aproveita para rematar as tarefas pendentes dos libros de 1º.
Coa axuda dos teus pais, tamén podes usar o ordenador para repasar os
contidos traballados:
Xogos interactivos para traballar lingua, matemáticas e inglés:
https://www.vedoque.com/
Recursos interactivos clasificados por área e nivel:
http://ceiploreto.es/
Apps: Academons primaria, Edelvivestatum, Smartick 15 e
Smile_learn
A continuación deixámosvos o enlace a páxinas onde podedes descargar
material de repaso para imprimir
Pasatempos lectoescritura para o verán. Repasamos o abecedario: https://docs.google.com/file/d/0B8PSA3pT5dhWN0lvYmFPQVNqLVE/edit
Xogo con tiras de verdade/mentira para traballar a comprensión lectora e conceptos básicos: https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2020/06/tiras-verdad-o-mentira-verano.pdf
Enlaces a cadernos de verán para imprimir: http://elenajimenezfuentes.blogspot.com/2013/06/cuadernos-de-verano-para-imprimir-1.html
Caderno de problemas pensado para alumnos de 1º e 2º de primaria. Inclúe actividades que requiren pensar e manipular para poder facelo. O resto de tarefas resólvense todas con sumas e restas sen levadas: https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2020/04/CUADERNO-DE-PROBLEMAS-NIVEL-INICIAL-1.pdf
No seguinte enlace podedes descargar ficheiros con actividades para practicar a ortografía. https://www.imageneseducativas.com/coleccion-de-cuadernos-de-ortografia-para-1o-2o-3o-4o-5o-y-6o-de-primaria/
A continuación inclúense as recomendacións para traballar a área de inglés.