PROTOCOLO DE PREVENCIÓN E PROTECCIÓN ANTE O CORONAVIRUS-19 NAS PROBAS FÍSICAS DO PROCESO SELECTIVO UNITARIO PARA A PROVISIÓN MEDIANTE CONTRATO LABORAL TEMPORAL DE AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL O obxectivo deste protocolo é minimizar a posible transmisión do COVID19 durante o desenvolvemento das probas físicas correspondentes ao proceso selectivo unitario para a cobertura de postos de auxiliares de policía local, polo tanto todas as persoas convocadas deberán atender as seguintes instrucións: 1. As probas físicas levaranse a cabo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, sito na Rúa Padre Fernando Olmedo, 3, 36002. Pontevedra, e para o acceso ao recinto establecerase un precinto de seguridade sinalado e valado no cal os/as aspirantes se colocaran no horario no que son convocados/as, gardando entre si a distancia de seguridade de 1.50 metros e coa mascarilla posta. 1. Establecese unha orde chamamento de 24 persoas/quenda, que se publica como anexo a este protocolo, xunto co horario establecido. Rógase puntualidade, e ningunha persoa acudira ao chamamento con mais de 10 minutos de antelación ao horario marcado. Non se permiten acompañantes, nin no interior do recinto nin no exterior no lugar habilitado para os chamamentos. Manterase o distanciamento social establecido de 1.50 metros e acudirase provisto de mascarilla. Todas as persoas aspirantes, deberán entregar no momento do seu chamamento unha declaración xurada, que se establece como anexo II a este protocolo en relación a ausencia de síntomas do covid19 durante os últimos 14 días nin haber sido contacto estreito dun caso diagnosticado. Non se permitirá acceder ao recinto, nin realizar as probas senón se presenta esta declaración.
35
Embed
PROTOCOLO DE PREVENCIÓN E PROTECCIÓN ANTE O …€¦ · unha declaración xurada, que se establece como anexo II a este protocolo en relación a ausencia de síntomas do covid19
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
PROTOCOLO DE PREVENCIÓN E PROTECCIÓN ANTE O CORONAVIRUS-19 NAS PROBAS
FÍSICAS DO PROCESO SELECTIVO UNITARIO PARA A PROVISIÓN MEDIANTE CONTRATO
LABORAL TEMPORAL DE AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL
O obxectivo deste protocolo é minimizar a posible transmisión do COVID19 durante o
desenvolvemento das probas físicas correspondentes ao proceso selectivo unitario para
a cobertura de postos de auxiliares de policía local, polo tanto todas as persoas
convocadas deberán atender as seguintes instrucións:
1. As probas físicas levaranse a cabo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva,
sito na Rúa Padre Fernando Olmedo, 3, 36002. Pontevedra, e para o acceso ao
recinto establecerase un precinto de seguridade sinalado e valado no cal os/as
aspirantes se colocaran no horario no que son convocados/as, gardando entre si
a distancia de seguridade de 1.50 metros e coa mascarilla posta.
1. Establecese unha orde chamamento de 24 persoas/quenda, que se publica como
anexo a este protocolo, xunto co horario establecido.
Rógase puntualidade, e ningunha persoa acudira ao chamamento con mais de 10
minutos de antelación ao horario marcado.
Non se permiten acompañantes, nin no interior do recinto nin no exterior no
lugar habilitado para os chamamentos.
Manterase o distanciamento social establecido de 1.50 metros e acudirase
provisto de mascarilla.
Todas as persoas aspirantes, deberán entregar no momento do seu chamamento
unha declaración xurada, que se establece como anexo II a este protocolo en
relación a ausencia de síntomas do covid19 durante os últimos 14 días nin haber
sido contacto estreito dun caso diagnosticado. Non se permitirá acceder ao
recinto, nin realizar as probas senón se presenta esta declaración.
2. Limitase a 24 persoas o aforo máximo dentro dun mesmo espazo.
3. As mochilas ou afectos persoais so se poderán deixar nos espazos habilitados
para ese efecto.
4. Con carácter xeral, non se compartirá ningún material.
5. Os usuarios non poderán compartir alimentos, bebidas ou similares. Todos estes
produtos terán o nome do usuario.
6. Antes de entrar e ao saír do espazo asignado limpar as mans cos hidroxeles que
estarán dispoñibles nos espazos habilitados ao efecto.
7. As persoas aspirantes cooperarán en todo momento cos/cas organizadores das
probas, e unha vez rematadas as mesmas, sairán do recinto, empregando o
menor tempo posible.
Cada grupo de 24 persoas estará acompañado en todo momento dunha persoa
responsable, que os guiará na realización das probas de xeito ordenado,
realizando de forma rotatoria a comprobación de estatura, salto vertical e
carreira de 1000 metros.
Procederase a limpeza das instalacións e dos equipos empregados despois de
cada uso.
A carreira de 1000 metros, realizarase en grupos de catro persoas, permitindo
gardar a distancia de seguridade.
Nas probas restantes, seguindo a indicacións do responsable de cada grupo,
gardarase a distancia de seguridade entre as persoas aspirantes, facendo unha
fila ordenada.
8. O emprego das mascarillas é obrigatorio, so será dispensado durante a
realización das probas físicas e establecese como obrigatorio o lavado das mans
frecuentemente, especialmente ao comezo e ao fin das probas físicas.
A mascarilla sacarase inmediatamente antes do comezo da proba
correspondente e deberá volver a poñerse ao remate da mesma.
9. Os vestiarios atoparanse pechados, polo que as persoas aspirantes deberán
acudir as probas coa roupa deportiva adecuada.
10. Poderase utilizar os aseos de xeito individual, non se poden utilizar para outro fin
que o propio, e polo tempo estritamente imprescindible e sempre co
coñecemento e consentimento da persoa responsable de cada grupo.
11. Desbotar os panos ou calquera material desbotable nas papeleiras instaladas.
En todo o non establecido neste protocolo, estarase ao disposto no protocolo
establecido a tal efecto para o uso das instalacións do Centro Galego de Tecnificación