Top Banner
~ 1 ~ CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA PROGRAMACIÓN DE ANÁLISE , CURSO 2019 / 2020 PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE ANÁLISE
13

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE ANÁLISE · 2019. 11. 26. · Unidade 5: O paso ó renacemento. Escola inglesa e a borgoñona. A nova consonancia. Unidade 6: O renacemento. As simultaneidades.

Jan 27, 2021

Download

Documents

dariahiddleston
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
  • ~ 1 ~

    CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA

    PROGRAMACIÓN DE ANÁLISE , CURSO 2019 / 2020

    PROGRAMACIÓN

    DIDÁCTICA

    DE

    ANÁLISE

  • ~ 2 ~

    CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA

    PROGRAMACIÓN DE ANÁLISE , CURSO 2019 / 2020

    INTRODUCCIÓN

    A disciplina de análise ocuparase de analizar todo tipo de música seguido un desenvolvo

    histórico, comezando no canto gregoriano e rematando na música do século XXI. Afondaráse nas

    formas principais do sistema tonal funcional que, por falta de tempo, non poidan ser tratadas nos cursos

    de harmonía (xa que o tempo que se lle pode dedicar ó análise é escaso).

    Desde xeito, os alumnos/as que rematen o grao medio Terán un coñecemento exhaustivo da

    harmonía tonal funcional, ademáis dun coñecemento analítico da música doutras épocas, ou sexa, unha

    cultura musical completa.

    A disciplina do análise está pensada para os alumnos/as que desexen orientar a súa carreira

    fundamentalmente cara a interpretación. Pretende subministrar non só o coñecemento teórico dos

    principais elementos e procedementos compositivos (harmonía, contrapunto, etc…) senón tamén unha

    serie de factores tipo histórico indisociables do feito musical coma fenómeno cultural, así como de tipo

    psicoperceptivo, ademáis de proporcionar unha serie de ferramentas metodolóxicas que permitan

    afrontar o análise dende todos aqueles puntos de vista de relevancia.

    Utilizaránse criterios lingüísticos, así coma os de sincronía e diacronía, quizáis os que máis se

    adapatan ó análise musical. A valoración de toda a obra musical debe realizarse tendo en conta que esta

    pertence a un estilo, ou cando menos a un autor e unha época, que só adquire a súa dimensión exacta

    cando son comprendidos coma amplos momentos sincrónicos relacionados íntimamente cos estilos ou

    épocas anteriores e posteriores, formando así unha pequeña porción do amplo todo que é, en resumidas

    contas, a Historia da Música.

    Nos derradeiros anos ademais do campo do análise enriquecese con contribucións procedentes

    doutros campos como a Física e a Psicoloxía. O análise estructural está baseado na psicopercepción. É

    na mente e a súa conexión cos estímulos físicos onde debe investigarse a orixe e causas que determinan a

    nósa percepción e conseguinte comprensión musical, e con elo, as asociación e formas mínimas de cuxa

    suma haberá de resulta-la forma global: o análise estructural está íntimamente baseado na

    psicopercepción, e só pode ser plenamente comprendido neses termos.

    O análise debe formar parte dos estudos musicais dende o comezo, aínda que é nos últimos

    cursos do grao profesional onde adquire relevancia. A estas alturas dos seus estudos os alumnos xa

    posúen os coñecementos necesarios para afondar nunha materia de importancia tan cuestionable.

  • ~ 3 ~

    CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA

    PROGRAMACIÓN DE ANÁLISE , CURSO 2019 / 2020

    A análise comprenderá dende o estudo do gregoriano ata a actualidade, co fin de poder

    contemplar con gran perspectiva o contexto diacrónico no que se insiren os distintos momentos

    sincrónicos. Para elo deberase basear no estudo dun reducido número de obras representativas dos

    distintos períodos e estilos que, traballadas tan fondamente como sexa posible, proporcional unha ampla

    visión das técnicas musicais occidentais, así como dos criterios metodolóxicos que poderán ser aplicados

    ó análise destas obras. Así mesmo non se desbotarán referencias a músicas non occidentais, dada a

    utilidade da comparación entre elementos afíns con traxectorias culturais diferentes.

    Non só se trata de asimilar teóricamente unha serie de coñecementos técnicos ou estilísticos,

    senón incluir prácticas de identificación auditiva dos distintos elementos e procedementos estudiados.

    Obxectivos xerais do curso.

    Para que os procesos de ensinanza-aprendizaxe teñan sentido e sexan verdadeiramente

    significativos é necesario que estes se ordenen en base a uns obxectivos claros, predeterminados e

    coñecidos por tódalas partes implicadas.

    Os obxectivos da ensinanza do análise no grao profesional serán os seguintes:

    a) Coñecer os principais elementos e procedementos compositivos das distintas épocas e autores,

    dende o Canto Gregoriano ata a actualidade. Para elo proporcionarase ó alumno/a unha

    información teórica sobre as principais técnicas compositivas de cada época, así coma sobre as

    principais ideas e estéticas de cada período. Esta información precederá ao análise das obras.

    Faráse especial fincapé nos estilos da práctica tonal: barroco, clasicismo e romanticismo.

    b) Analizar obras dende diferentes puntos de vista que permitan avanzar na súa comprensión.

    Amosarase ó alumno/a como o análise pode realizarse fixando a atención en diferentes

    parámetros, ou sobre o mesmo pero con distinta atención, obtendo así unha visión global da

    obra: macroestructuras e microestructuras, proporcións, tonalidade, harmonía (cadenzas, acordes

    e procedementos modulatorios), temática e motívica, textura, ritmos, dinámica, agóxica, tímbrica,

    articulacións, etc…

    c) Comprender a interrelación dos procedementos compositivos das distintas épocas coas

    estructuras formais que se derivan deles. Tentarase relacionar sempre a estructura pequeña

    (progresións de acordes, series, etc….), coa estructura grande da obra, permitindo así unha

    comprensión global. Para elo o alumno/a realizará sempre que sexa posible un esquema xeral da

    obra analizada, na que se detalle a súa estructura.

    d) Escoitar internamente as obras analizadas. Realizaranse análises sen audicións, de forma que o

    alumno deberá imaxina-lo son da obra. Esto é importante, xa que non sempre dispomos dunha

    grabación da peza que debemos analizar.

    e) Tocar esquemáticamente nun instrumento polifónico as fórmulas harmónicas máis características

    das obras analizadas.

  • ~ 4 ~

    CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA

    PROGRAMACIÓN DE ANÁLISE , CURSO 2019 / 2020

    Contidos.

    Estudo dos principais elementos e procedementos compositivos (harmonía, contrapunto, etc…) a

    partir de obras de diferentes épocas e autores, dende o canto plano a actualidades (incluíndo

    referencias á música non occidental) e dende distintos puntos de vista analíticos, tamén se estudarán

    os feitos históricos e psicoperceptivos indisociables do fenómeno musical. Práctica auditiva e

    instrumental dos elementos e procedementos aprendidos que conduza á súa interiorización.

    Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións.

    Os contidos de tipo conceptual a desenvolver durante estes dous cursos serán os seguintes:

    CONTIDOS 5º CURSO DO GRAO PROFESIONAL

    1ª AVALIACIÓN:

    Evolución da composición musical dende a antigüedade ata o Ars Antiqua.

    Unidade 1: O canto gregoriano. O comezo da música occidental. A teoría, oríxe e evolución.

    Principais formas musicais.

    Unidade 2: A orixe da polifonía. Do século X ó XII. A interválica. Principais formas. A cláusula

    sustitutiva.

    Unidade 3: a evolución da polifonía no Ars antiqua (S. XIII). O motete, o conductus e os organa.

    Os modos rítmicos. Aparición do concepto de verticalidade. A cláusula.

    2ª AVALIACIÓN:

    As técnicas compositivas dende o século XIV ata o barroco.

    Unidade 4: A evolución da polifonía no Ars Nova (S. XIV). Isorritmia e consonancia. Principios de

    organización compositiva. A clausula.

    Unidade 5: O paso ó renacemento. Escola inglesa e a borgoñona. A nova consonancia.

    Unidade 6: O renacemento. As simultaneidades. O sistema compositivo renacentista. O

    contrapunto imitativo.

    Unidade 7: O renacemento. Formas principais.

    Unidade 8: Música vocal e música intrumental no Renacemento.

  • ~ 5 ~

    CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA

    PROGRAMACIÓN DE ANÁLISE , CURSO 2019 / 2020

    3ª AVALIACIÓN:

    A composición musical no Barroco.

    Unidade 9: O barroco. O sistema tonal funcional.

    Unidade 10: Música vocal: a Cantata e o Oratorio.

    Unidade 11: A ópera barroca.

    Unidade 12: Música instrumental: Fuga e Sonata.

    Unidade 13: Música intrumental: O Concerto e a Suite.

    CONTIDOS 6º CURSO DO GRAO PROFESIONAL

    1ª AVALIACIÓN:

    Dende o Clasicismo ata finais do século XIX.

    Unidade 1: El Clasicismo. Claridad del sistema tonal funcional. Formas principales.

    Unidade 2: Evolución da composición no Romanticismo. Novedades harmónicas. Extensión das

    formas clásicas. Aparición do neo-modalismo e debilidade do sistema tonal. Música cromática.

    Unidade 3: Finais do S. XIX. Neomodalismo e postromanticismo. Diversas opcións ó sistema tonal

    funcional.

    2ª AVALIACIÓN:

    Primeira metade do século XX e período de entreguerras.

    Unidade 4: Primeiros anos do S. XX. Impresionismo e atonalismo. A obra de Debussy e a 2ª Escola

    de Viena. Primeiras vanguardias: Primitivismo, Futurismo, Atonalismo, etc…

    Unidade 5: Período de entreguerras. Dodecafonismo e neoclasicismo. Principais utilizacións da

    serie a volta ós valores clásicos.

  • ~ 6 ~

    CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA

    PROGRAMACIÓN DE ANÁLISE , CURSO 2019 / 2020

    3ª AVALIACIÓN:

    Evolución da composición musical na segunda metade do século XX.

    Unidade 6: Período de posguerra. A gran revolución. Un novo concepto da música. Serialismo

    integral.

    Unidade 7: Música textural. O xesto grande.

    Unidade 8: Compositores independentes. Influenzas doutras culturas. Minimalismo, citación,

    neotonalismo…..

    Unidade 9: A composición musical hoxe.

    Contidos mínimos esixibles.

    1. Coñecemento básico dos principais e máis básicos elementos e precedementos compositivos das

    épocas e dos autores, dende o canto gregoriano ata o barroco.

    2. Coñecemento a través da análise dos compoñentes da linguaxe musical (macroestruturas e

    microestruturas, proporcións, tonalidade, harmonía).

    3. Coñecemento das cadenzas, acordes e procedementos modulatorios (temática motívica, textura,

    ritmo, dinámica, agóxica, tímbrica, articulación, etc….), a partir de obras de diversas épocas e

    autores, dos estilos da práctica tonal: Barroco, Clasicismo e Romanticismo.

    4. Práctica auditiva e instrumental dos acordes e das fórmulas harmónicas máis características das

    épocas da práctica tonal, que conduza á súa interiorización.

  • ~ 7 ~

    CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA

    PROGRAMACIÓN DE ANÁLISE , CURSO 2019 / 2020

    METODOLOXÍA DIDÁCTICA

    Basearase no aprendizaxe por descubrimento en situación que fomenten a creatividade e

    autonomía dos alumnos/as. O aprendizaxe é un proceso personal de cada alumno/a que o profesor non

    pode imponer substituir, só estimular e facilitar de acordó ó interese do aprendiz.

    A metodoloxía basearase nos seguintes principios metodolóxicos:

    1. Formación personalizada.

    2. A participación e colaboración dos país ou titores.

    3. A efectiva igualdade de dereito entre os sexos.

    4. O desenvolvo das capacidades creativas e do espírito crítico.

    5. O fomento dos hábitos de comportamento democrático.

    6. A autonomía pedagóxica.

    7. A atención psicopedagóxica e a orientación educativa e profesional.

    8. A metodoloxía activa.

    9. A relación co entorno social, económico e cultural.

    Haberá que prestar especial atención ó aspecto colectivo da clase de análise, aproveitando para

    desenvolver a motivación e o interese do alumno/a. Ó ser un grupo grande será o profesor o que

    ostente o papel de líder, pero tentaráse conseguir unha variedade de traballos que abrangan dende o

    individual ó colectivo pasando polos pequenos grupos. Tentaráse de evitar a polarización clásica de

    función, deixando ós alumnos/as e desenvolvo dun papel activo. O modelo docente deberá ser

    dinámico e integrador, compartindo a responsabilidade, estimulando o diálogo e a participación

    ordenada dos alumnos/as, facilitando a aprendizaxe por descubrimento, integrando as suxestións dos

    alumnos/as adaptándose mellor ás súas necesidades.

    O ambiente de traballo é tamén importante. Tentaráse adaptar a clase ás características propias

    e sempre cambiantes de cada grupo de alumnos. O profesor deberá establecer na clase unha autoridade

    clara, pero as súas correcións deberán ser sempre constructivas e sen xestos nin comentarios despectivos

    que poidan resultar ofensivos. O profesor interesarase igualmente por todos os alumnos/as, evitando os

    diálogos excesivamente personalizados. Os problemas específicos trataránse na titoría.

    Para que os alumnos/as estean verdadeiramente motivados deberán coñecer exactamente os

    abxectivos e plano de cada actividade e ser estimulados nos seus centros de interese comprendendo a

    funcionalidade do que aprenden. Neste senso, e dado o carácter eminentemente teórico que dita materia

    tivo dende antigo, será importante dentro do posible, realizar todo tipo de actividades que permitan

    comprender ó alumno/a que se trata dunha materia viva, importante para a súa formación musical.

  • ~ 8 ~

    CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA

    PROGRAMACIÓN DE ANÁLISE , CURSO 2019 / 2020

    Ademáis a avaliación deberá ser contínua, formadora e orientadora, e estimularáse a motivación baseada

    na autoestima e os reforzos positivos.

    Poderanse utilizar técnicas de grupo orientadas a fomentar o traballo e a reflexión en grupo.

    As actividades de ensinanza serán de diferentes tipos segundo o grupo e os contidos,

    conceptos, procedementos e actitudes que se queiran desenvolver. Para ensinar conceptos farase uso das

    actividades expositivas ( por parte do profesor ou do alumno/a ou grupos de alumnos/as). Tamén se

    poden organizar discusións ou debates, os cales requirirán unha preparación previa individual ou por

    equipos e un protocolo de funcionamento claros. O moderador será o profesor ou un alumno/a. O

    análise das partituras farase de forma colectiva alternándoa co traballo individual.

    AVALIACIÓN

    A avaliación do alumno será contínua e integradora polo que é REQUISITO

    INDISPENSABLE para superar a materia a asistencia regular ás clases e ás actividades programadas

    que puideran desenrolarse ó longo do curso.

    Criterios de avaliación:

    - Identificar mediante o análise os elementos morfolóxicos das distintas épocas do linguaxe

    musical occidental.

    - Identificar mediante o análise de obras das distintas épocas da música occidental os elementos e

    procedementos que configuran a forma a pequena escala.

    - Identificar mediante o análise de obras das distintas épocas da música occidental, os elementos,

    procedementos e niveis estructurais que configuran a forma a gran escala.

    - Identificar auditivamente os elementos e procedementos que configuran a forma a pequena

    escala.

    - Identificar auditivamente os elementos e procedementos que configuran a forma a gran escala.

    Todos estes criterios están relacionados cunha serie de coñecementos técnicos sobre as distintas

    técnicas compositivas de cada período histórico que haberá que coñecer, e sobre as cales o alumno/a

    pode ser interrogado.

  • ~ 9 ~

    CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA

    PROGRAMACIÓN DE ANÁLISE , CURSO 2019 / 2020

    Probas específicas:

    Realización: Para esta proba reservarase un día lectivo (normalmente o día de clase anterior á

    avaliación), no horario normal de clase (se fose necesario ampliaríase o tempo). Poderán ser abertas

    ou pechadas (tipo proba).

    Contidos: Poderán estar constituidos por un ou máis dos seguintes exercicios:

    - Análise escrito: realización da análise dunha peza ou fragmento seguindo o esquema aprendido

    na clase.

    - Análise auditivo: realización dunha análise auditiva seguindo este mesmo esquema.

    - Preguntas teóricas ou teórico-prácticas: sobre os contidos nun formato ben tipo test ou de

    resposta curta a criterio do profesor.

    CUALIFICACIÓN DE ANÁLISE

    A AVALIACIÓN FINAL será unha suma da avaliación continua, xunto coa calificación obtida

    nunha serie de probas obxetivas que se realizarán ó longo dos trimestres, estando a criterio do profesor

    as valoracións pertinentes de cada un dos apartados tendo en conta a propia metodoloxía empregada e a

    propia idiosincrasia dos diferentes grupos.

    O alumno que perdese a avaliación continua por reiteradas faltas de asistencia sen xustificar, e

    como criterio de avaliación, o profesor poderá empregar un único exame que se realizará ó final do

    curso cos formatos xa expostos nas avaliacións trimestrais e os contidos xa expostos para o curso de

    análise de 5º. A dito examen final, o alumno será convocado con antelación suficente polo profesor.

    Na avaliación continua terase en conta non só a asistencia a clase, senon parámetros como a

    puntualidade ás clases, comportamento, actitude, participación, etc…. ademais da realización das

    propostas de traballo dentro e fóra da aula e as melloras paulatinas que se irán apreciando en ditos

    traballos e nas propias probas obxetivas.

    Os traballos de dentro e fóra da aula poderán estar constituídos por un ou máis dos seguintes

    exercicios:

  • ~ 10 ~

    CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA

    PROGRAMACIÓN DE ANÁLISE , CURSO 2019 / 2020

    1. Análises realizados de maneira colectiva na propia clase, así como a realización de traballos de análise

    que o alumno ha de realizar individualmente e de maneira regular para debatir na clase co resto de

    alumnos e o profesor.

    2. A realización de un ou máis traballos trimestrais, que o alumno ha de expoñer na clase e presentar

    convintemente ordenados e redactados.

    3. Lectura de libros e artículos de referencia que se comenten na clase, como complemento e para un

    mellor aproveitamento das mesmas, así como para suscita-lo debate e o espírito crítico entre o

    alumnado.

    Publicidade ó alumnado e pais.

    As titorias de Pais e Alumnos son o vieiro para a información. Insistirase ós alumnos/as a

    necesidade de asistencia ás titorias para resolve-los problemas da materia.

    Actividades de recuperación e reforzo para alumnos/as coa materia pendente:

    1. Recuperación durante o curso.

    No exámen da segunda avaliación incluiranse aspectos da primeira, e no examen da terceira

    avaliación incluiranse aspectos da primeira e segunda avaliación para que poidan recuperalas aqueles que

    non a teñan superado ó longo do curso.

    O alumno/a que perdese a avaliación continua por reiteradas faltas de asistencia sen

    xustificar, e como criterio de avaliación, o profesor poderá emplear un único exame que se

    realizará ó final do curso cos formatos do apartado de avaliación e os contidos xa expostos para

    o curso de análise de 5º.

    A dito examen final, o alumno será convocado con antelación suficiente polo profesor.

  • ~ 11 ~

    CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA

    PROGRAMACIÓN DE ANÁLISE , CURSO 2019 / 2020

    2. Recuperación de materias pendentes.

    O alumnado co Análise de 5º pendente asistirá ás clases de 5º Curso e realizará as mesmas tarefas

    e probas.

    3. Probas extraordinarias.

    O exame de setembro será unha proba obxetiva constituída por un ou máis dos exercicios

    propostos no apartado da avaliación, manténdose tanto a programación como os contidos mínimos.

    Materiais e recursos didácticos.

    Material impreso.

    Poderanse utilizar apuntes en fotocopias preparadas polo profesor, así como libros de merca

    obrigada. Ademais, facilitarase ós alumnos unha lista coa bibliografía recomendada.

    Nas clases analizaranse partituras correspondentes a diversos estilos e épocas históricas co fin de

    familiarizar ó alumno cos procedementos armónicos decada época. Como material impreso poderán

    utilizarse tamén láminas, estampas, cartas postais e carteis.

    Medios audiovisuais.

    Poderase facer uso de medios de imaxe estática como a pizarra (de tiza ou rotulador), os

    proxectores de diapositivas, proxeccións en Power Point, transparencias ou opacos, fotocopias. Será

    necesario un equipo de son de boa calidade. O uso do vídeo, así como do ordenador poderá resultar

    dunha gran utilidade.

    Para a selección dos recursos didácticos teremos en conta os seguintes criterios:

    1) que respondan a unha necesidade,

    2) que faciliten o aprendizaxe,

    3) que presenten unha información exclusiva,

    4) que sexan rendibles, e

    5) que estimulen a creatividade.

  • ~ 12 ~

    CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA

    PROGRAMACIÓN DE ANÁLISE , CURSO 2019 / 2020

    BIBLIOGRAFÍA

    Formación do oído:

    Hindemith, Paul.- Adestramento elemental para músicos.- Ricordi Americana.

    Kühn, Clemens.- Formación musical do oído.- Labor1.

    Formas musicais:

    Bas, Xullo.- Tratado da forma musical.- Ricordi Americana.

    Kühn. Clemens.- Tratado da forma musical.- Labor.

    Rosen, Charles.- Formas de sonata.- Labor

    Zamacois. Joaquín.- Tratado da forma musical.-Labor.

    Melodía:

    Toch, Ernst- A melodía.- Labor.

    Temas transversais:

    Todos os temas transversais, e especialmente os de Educación para a igualdade de oportunidades

    de ambos sexos, a educación moral e cívica e a educación para a saúde (sobre todo en torno á

    contaminación acústica) estarán presentes ó longo do curso en todas as unidades didácticas .

    Actividades complementarias e extraescolares previstas:

    Non están previstas para esta asignatura.

    Medidas de atención á diversidade:

    Non se contempla ningunha medida deste tipo xa que o alumnado que cursa esta materia non

    presenta ningunha necesidade especial en relación coa diversidade.

    NOTA: Os libros editados pola desaparecida editorial Labor poden ser agora publicados

    por outras editoriais como Spanpress.

  • ~ 13 ~

    CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA

    PROGRAMACIÓN DE ANÁLISE , CURSO 2019 / 2020

    PROBA DE ACCESO A 6º DE GRAO PROFESIONAL (2º ANÁLISE)

    Análise dunha obra/as ou fragmentos (dende canto gregoriano ata barroco ambos inclusive).

    Trataráse os seguientes aspectos, eliminando aqueles que non fose pertinentes tratalos na obra

    ou fragmento proposto:

    - Análise sintáctico (frases, semifrases…), incluíndo neste apartado as cadencias

    principais así como a súa tonalidade/modalidade.

    - Análise textural.

    - Análise rítmico.

    - Análise harmónico/modal (se procede) da obra completa proposta ou dun fragmento.

    - Análise formal (esquema e explicación da mesma).

    Preguntas teóricas ou teórico-prácticas co formato de resposta curta sobre os contidos do 5º

    curso de análise (dende Ocanto gregoriano ata barroco ambos inclusive).

    CRITERIOS DE AVALIACIÓN

    Avaliaranse cada unha das preguntas propostas de 1 a 10 e éstas serán ponderadas segundo o

    número de preguntas propostas.

    A nota mínima respecto a análise sintáctica, formal e ás preguntas teóricas, deberá ser 4,

    para realizar a ponderación correspondente (se non é así nestes aspectos, a proba constará como non

    superada).

    A nota global para considerar a proba superada será de 5.