Recuperar os dereitos Manter a dignidade Defender o público ELECCIÓNS SINDICAIS 2015 RECUPERAR os dereitos DEFENDER o público MANTER a dignidade ELECCIÓNS SINDICAIS 2015 Á XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO DA CORUÑA CANDIDATURA CIG 1. Roberto Tizón Miguens....................... Área Económica 2. María Porto Cagiao............................. Servizos Sociais 3. Jose Manuel Rama García.................. Seg. e Mob. Bombeiro 4. Elena Iglesias Deza.......................... .. Área Económica 5. Jose María Calatayud Sánchez........... Urbanismo 6. Natividad García Teijeiro................... .. Contratación 7. Ana Isabel Filgueiras Espasandin........ Conserxe de Educación 8. Laura Tur Llonart.............................. .. Bibliotecas 9. Andrés Otero Cerveró....................... .. Seg. e Mob. Policía 10.Rosario Gregorio Fernández............... Urbanismo 11.Alejandro López Calviño.................... Seg. e Mob. Policía 12.Jose Luis Leira Caparros.................... Seg. e Mob. Bombeiro 13.Rafael Piñeiro Guzmán...................... Actas 14.Raquel Seijo Gomez.......................... Servizos Sociais 15.Oscar Eiroa Patiño............................. Urbanismo 16.Ruben Prado Castiñeiras.................... Seg. e Mob. Bombeiro 17.Jose Antonio Costa Vales.................... Informática 18.Manuel Lema Pose............................. Cultura 19.Jesús Miguel Costoya Louzao.............. Seg. e Mob. Policía 21.Gabriel Rodríguez Gutiérrez................ Seg. e Mob. Bombeiro 22.Luis Maroño Astray ............................ Medio Ambiente Ceminterio 23.Concepción López Corral.................... Estación Autobuses 24.Lourenzo Castro Pérez....................... Músico 25.Beatriz Doldán Theodosio................... Cultura 26.Diego Vilariño Vide............................ Seg. e Mob. Protección Civil 27.Agustín Barreiro Rodo........................ Seg. e Mob. Bombeiro 28.Jesús Villaverde Zas........................... Axte. Recaudación O xoves 21 de maio (En María Pita de 10 a 20h) Vota CIG A estratexia do Partido Popular no goberno é o desmante- lamento dos servizos públicos cun dobre obxetivo: reducir os dereitos da clase traballadora e obter beneficios eco- nómicos. As agresións contra as empregadas e empregados públi- cos son constantes. Eliminan dereitos adquiridos ca des- culpa da austeridade, tanto económicos como sociais, e logo regálanlle suculentos negocios ás empresas dos seus amigos. Modifican as leis para poder anular os convenios colectivos unilateralmente ou para impedir o dereito fundamental á tutela xudicial efectiva. Queren que non poidamos defen- dernos, amedrentar e minguar a nosa dignidade. Constrixen constantemente as administracións: peche de centros e servizos, taxa de reposición 0, despedimentos, amortizacións, privatizacións..., Aumentando a carga de traballo do persoal que queda ou eliminando directamente servizos á cidadanía. Non teñen freo nos seus obxectivos e a súa voracidade é insaciábel. Xa vimos outra das súas intencións: eliminar o dereito á indemnización por despedimento para o persoal indefinido. Ás numerosas agresións que xa levabamos sufrido ante- riormente, nestes últimos anos sumáronse a eliminación das pagas extras, os custos abusivos para poder acceder aos tribunais, a Lei de medidas Temporais o goberno galego que se converten en definitivas, a mutilación dos convenios colectivos, os despedimentos masivos, a nula contratación... E fronte a esta maquinaria de destrución e saqueo ás em- pregadas e empregados públicos só nos queda a defensa colectiva dos nosos dereitos e da nosa dignidade. E para iso temos a ferramenta necesaria: a CIG, o sindicato que non negocia ás agachadas cos dirixentes políticos das distintas administracións, o sindicato que non asina ningún acordo que diminúa os dereitos das empregadas e empregados públicos, o sindicato que non asinou o Estatuto Básico do Empregado Público, do que agora se derivan múltiplas agre- sións ás empregadas e empregados públicos, o sindicato que enfronta calquera agresión con contundencia, o sindica- to que obriga aos dirixentes políticos das administracións a sentaren a negociar, o sindicato que impulsa os órganos de representación, que está coas compañeiras e compañeiros no día a día, o sindicato que organiza asembleas para dar participación directa a todas e todos. Temos que, entre todas e todos, organizarnos, defendernos e pasar á acción. Non só vos pedimos que votedes pola CIG nas próximas eleccións sindicais; tamén queremos que con- tribuades a construir a ferramenta de defensa da clase tra- balladora máis precisa e contundente que sexamos capaces. Queremos a vosa participación nas asembleas, queremos as vosas achegas sobre modelos de resposta e acción ante os liquidadores dos servizos públicos esenciais,queremos a vosa presenza nas mobilizacións, queremos manter a nosa dignidade de empregadas e empregados públicos, a nosa independencia e os servizos públicos necesarios para unha sociedade igualitaria e solidaria. Publicidade, transparencia e respeto aos principios de igualdade mérito e capacidade nas seguintes cuestións: 1) Visualización na INTRANET da situación en tempo real de cada empregado público e da súa situación administrativa no posto que ocupe. 2) Convocatoria anual do concurso de provisión de todos os postos vacantes. 3) Definición dun sistema que garanta a igualdade de opor- tunidades para optar á cobertura das vacantes e que só por razón de urxencia se provisionen en comisión de servizo. A recuperación de todos os dereitos “roubados”.... Implementar medidas que garantan a protección das vítimas ou denunciantes dentro do protocolo de acoso laboral. Publicación anual das quendas da totalidade do persoal nos centros de traballo e, onde fóra preciso, negociar o sistema de xestión destas. A consideración da formación autorizada e realizada fóra da xornada de traballo como tempo de traballo efectivo e com- pensado como legalmente proceda. Revisar e adecuar a RPT ás necesidades reais do concello, con especial consideración á definición e aplicación do concepto do ED, e adecuación da adscripción dos postos de traballo aos novos grupos de titulación. Facilitar a promoción interna, con especial mención ao acce- so do C2 ao C1, do AP a C2, fundamentalmente no persoal de oficios, por realizar na maiorÌa destes supostos as mesmas tarefas; reclasificación dos Bombeiros no subgrupo C1. Facilitar a conciliación efectiva en todos os servizos e a apli- cación de medidas de igualdade implementando sistemas de mobilidade, cobertura temporal de baixas... Defensa dos servizos públicos evitando novas privatizacións e recuperando os servizos privatizados. As nosas propostas sempre foron e seguirán a ser de carácter xeral (todos os servizos,todas as categorÌas e todos os supos- tos) e coma fixemos sempre na CIG, as delegadas e delegados que nos presentamos nesta ocasión, adquirimos o compromi- so de defender estas propostas nas Mesas de Negociación e apoiar e defender ao persoal do Concello da Coruña na súas xustas reivindicacións. Propostas da CIG no Concello da Coruña Visita a nosa páxina web www.cigconcellodacoruna.com