Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46 Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma- lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 1/15 1 San Marcos, 8 – 27001 Lugo – Tel.: 982 260 001 – Fax: 982 260 212 www.deputacionlugo.org PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN DO HOSTING E MANTEMENTO DO SERVIZO DE CORREO ELECTRÓNICO, OS DOMINIOS CORPORATIVOS E WEBS EXTERNAS ÍNDICE 1 INTRODUCCIÓN E OBXECTO DO CONTRATO .......................................................... 2 2 SITUACIÓN ACTUAL. .............................................................................................. 2 2.1 Dominios corporativos. ............................................................................................................... 2 2.2 Servidores de hosting.................................................................................................................. 4 2.3 Correo electrónico corporativo................................................................................................... 5 2.4 Hosting de webs .......................................................................................................................... 6 3 OBXECTO E SERVIZOS A REALIZAR .......................................................................... 7 3.1 Servizo de renovación e xestión de dominios ............................................................................. 7 3.2 Servizo de correo electrónico .................................................................................................... 7 3.3 Servizo de hosting e migración das webs externas ..................................................................... 8 3.4 Servizos adicionais ...................................................................................................................... 9 3.5 Servizo de migración e formación............................................................................................... 9 3.6 Soporte e acordos de nivel de servizo ...................................................................................... 10 4 CONDICIÓNS E OBRIGAS ....................................................................................... 11 4.1 Condicións xerais ...................................................................................................................... 11 4.2 Prazo de execución ................................................................................................................... 13 4.3 Obrigas de documentación e información ................................................................................ 13 4.4 Finalización do contrato. Plan de devolución do servizo .......................................................... 14 5 SEGURIDADE E CONFIDENCIALIDADE .................................................................... 14
15
Embed
PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS QUE REXERÁ A … · Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46 Normativa Este documento incorpora
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 1/15
PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN DO HOSTING E MANTEMENTO DO SERVIZO DE CORREO ELECTRÓNICO, OS DOMINIOS CORPORATIVOS E WEBS EXTERNAS
ÍNDICE
1 INTRODUCCIÓN E OBXECTO DO CONTRATO .......................................................... 2
2 SITUACIÓN ACTUAL. .............................................................................................. 2
Actualmente a infraestrutura de hosting na nube componse por dous (2) servidores virtualizados
sobre servidores físicos modelo HP ProLiant BL460c Gen8 con procesadores Intel(R) Xeon(R) CPU
E5-2640 v2 @ 2.00GHz.
Servidor Windows Servidor Linux
Tipo servidor Dedicado Dedicado
Sistema operativo Sistema operativo Windows Server 2012 64 bit
Sistema operativo LINUX
vCPU 4 4
Memoria RAM 8 GB 36 GB
Almacenamento 1TB 3TB
Caudal: 100 Mbps 100 Mbps
Observacións: O propósito de este servidor é albergar as aplicacións en ASP e as bases de datos MSSQLSERVER2012.
O propósito de este servidor é albergar as aplicacións en PHP, Moodle, Wordpress, HTML e as bases de datos MySQL. O correo electrónico corporativo da Deputación de Lugo tamén se atopa neste servidor.
Tabla 2. Servidores virtualizados para o hosting
Ambos servidores utilizan e ofrecen a plataforma de hosting web Plesk Onyx 17.5.3. para a súa
administración por parte dos técnicos da Deputación de Lugo, tanto para a xestión das contas
de correo electrónico (e a administración das características de este servizo) como para a xestión
dos propios servidores: acceso ás bases de datos, acceso aos ficheiros das aplicacións,
intercambio de documentos, xestión de dominios, etc.
Este hosting ofrece adicionalmente os seguintes servizos:
Servicio antivirus/antispam de correo Firewall perimetral. Backup de datos Monitorización avanzada
A seguinte imaxe mostra o estado actual do servidor Linux:
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 5/15
3 OBXECTO E SERVIZOS A REALIZAR O obxectivo do presente contrato é o de continuar e ampliar os servizos de administración, mantemento, renovación, almacenamento e migración dos dominios, contas de correo e webs que non están ubicados na infraestrutura tecnolóxica da Deputación de Lugo e que se describiron anteriormente no apartado 2.
Para levar a cabo este servizo será preciso desenvolver os seguintes traballos:
3.1 Servizo de renovación e xestión de dominios
O adxudicatario deberá encargarse da renovación dos dominios indicados na Tabla 1. Listaxe de
dominios activos. Ademais o adxudicatario deberá prever a adquisición e ampliación de novos
dominio, permitindo un mínimo total de 60 dominios.
O adxudicatario encargarase da xestión e administración destes dominios, incluíndo non só a
modificación e mantemento dos actuais, senón a creación de novos dominios ou a eliminación
dos existentes.
Os cambios nos dominios deberán ser autorizados exclusivamente polos técnicos do Servizo de
Novas Tecnoloxías da Deputación de Lugo, en particular por aquelas persoas do servizo que se
determinen ao inicio do contrato.
Proporcionarase unha ferramenta para a xestión dos mesmos á que se lles dará acceso e
formación ao persoal técnico do Servizo de Novas Tecnoloxías para que poidan facer unha
xestión directa dos mesmos.
3.2 Servizo de correo electrónico
O adxudicatario deberá encargarse de manter o servizo de correo electrónico corporativo
especificado no apartado 2.3 Correo electrónico corporativo
Para iso o adxudicatario deberá dispor de un servidor onde aloxar este servizo como mínimo das
mesmas características que o servidor actual (ver apartado 2.2 Servidores de hosting e deberá
soportar o número de contas actual, incluíndo a posibilidade dun crecemento das mesmas de
unha media de 50 contas ao ano.
O adxudicatario encargarase da xestión e administración deste servidor e deste servizo de
correo electrónico, incluíndo non só a modificación e mantemento dos actuais, senón a creación
de novas contas ou a eliminación das existentes.
Os cambios neste servidor e no servizo deberán ser autorizados exclusivamente polos técnicos
do Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Lugo, en particular por aquelas persoas do
servizo que se determinen ao inicio do contrato.
Proporcionarase unha ferramenta para a xestión do servizo de correo á que se lles dará acceso
e formación ao persoal técnico do Servizo de Novas Tecnoloxías para que poidan facer unha
xestión directa de dito servizo de correo electrónico.
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 8/15
Incidencias graves. Aquelas que interrompen ou provocan unha parada do
servizo, afectando a un gran número de usuarios ou a sistemas críticos.
Incidencias medias. Aquelas que se ben non interrompen un servizo, si
deterioran a calidade do mesmo ou afectan ao seu rendemento. Tamén se
considerarán incidencias medias cando se interrompa ou pare un servizo, pero
este non sexa crítico ou afecte a un número reducido de usuarios.
Incidencias leves. Aquelas incidencias que poidan afectar a calidade dos
servizos, sen interrupción dos mesmos.
Condicións da prestación do servizo soporte
De carácter xeral o servizo de mantemento deberá cumprir co seguinte:
A cobertura mínima do servizo de soporte será durante a xornada laboral, é dicir de luns
a venres mañá e tarde (de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00), nun modelo 8x5 NBD.
As incidencias serán reportadas polos técnicos do Servizo de Novas Tecnoloxías a través
das canles indicadas na proposta da empresa adxudicataria (mínimo un correo
electrónico ou aplicación web e un teléfono gratuíto), identificando a gravidade da
incidencia e determinando as actuacións a realizar.
Todos os servizos deberán funcionar correctamente durante a duración do contrato,
correndo por conta do adxudicatario o custo do traballo de mantemento que fose
preciso para garantir a calidade do servizo.
Os licitadores deberán cumprir os acordos de nivel de servizo que indiquen na súa
proposta e que en ningún caso deberán superar os indicados nos presentes pregos.
A empresa adxudicataria poderá realizar as intervencións e tarefas de mantemento que
considere oportunas, para iso concretará co servizo de Novas Tecnoloxías as condicións
das mesmas para a súa aprobación.
O adxudicatario deberá informar periodicamente das accións de soporte e mantemento
realizadas.
4 CONDICIÓNS E OBRIGAS
4.1 Condicións xerais
A entidade adxudicataria acordará coa Deputación de Lugo a planificación concreta das
actuacións a realizar no marco do proxecto, e deberá cumprir a normativa en materia de
protección de datos, de acordo coa lexislación vixente.
O adxudicatario asumirá o desenvolvemento íntegro de todas as accións propostas e garantirá o cumprimento dos obxectivos establecidos para cada unha delas.
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 12/15
As medidas de seguridade a implantar serán as establecidas no Esquema Nacional de
Seguridade para unha categorización se sistema de nivel medio.
Á finalización do contrato a adxudicataria deberá devolver á Deputación de Lugo os datos
obxecto do contrato e derivados do mesmo.
A empresa adxudicataria será a responsable de garantir en todo o momento o cumprimento
da legalidade en cada unha das actuacións a desenvolver e de ter subscritas as pólizas de
seguros correspondentes (accidentes e responsabilidade civil).
4.2 Prazo de execución
Todos os servizos e traballos incluídos no alcance do presente contrato deberán estar finalizados
e aceptados no prazo máximo de dous (2) anos dende a firma da acta inicio do contrato ou no
seu defecto dende a data de formalización do contrato, con posibilidade de prórroga por un ano
adicional.
Coa finalización e aceptación de todos os traballos asinarase unha acta de recepción onde se
inclúa unha listaxe detallada do equipamento subministrado e un resumo das actuacións
realizadas.
4.3 Obrigas de documentación e información
Ademais da documentación administrativa esixible, os licitadores deberán presentar toda a
documentación técnica relacionada cos servizos realizados ao longo do contrato.
O licitador deberá realizar e entregar informes á finalización do contrato onde se recollan as tarefas desenvolvidas durante o proxecto, así como posibles accións de mellora, reflectindo tamén datos e estatísticas analíticas dos portais obxecto do presente contrato.
Adicionalmente, o contratista elaborará os informes extraordinarios e/ou medidas que solicite a Deputación de Lugo en relación a calquera aspecto do servizo obxecto do presente contrato.
Durante a execución dos traballos obxecto do contrato, o adxudicatario comprométese, en todo momento, a facilitar ás persoas designadas pola Deputación para tales efectos, a información e documentación que estas soliciten para dispor dun pleno coñecemento das circunstancias en que se desenvolven os traballos, así como dos eventuais problemas que poidan formularse e das tecnoloxías, métodos, e ferramentas utilizados para resolvelos.
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 14/15
Xunto ca factura do contrato farase entrega de toda a documentación xerada, e incluirase unha
memoria detallada na que se describan os traballos realizados incluídos na factura. Esta
memoria debe ser asinada e selada xunto ca factura presentada.
4.4 Finalización do contrato. Plan de devolución do servizo
Á finalización do contrato a adxudicataria deberá devolver á Deputación de Lugo os datos
obxecto do contrato e derivados do mesmo.
Para garantir a correcta transferencia de activos e coñecementos unha vez esgotado o período de contrato, elaborarase un plan de devolución dos servizos, de operación, supervisión e mantemento dos servizos, cuxo custo estará incluído na oferta.
Durante este proceso de transferencia, o adxudicatario comprométese a facilitar toda a axuda necesaria durante este proceso de devolución á Deputación de Lugo, ou a terceiras partes nomeadas por esta, para garantir un correcto traspaso de sistemas e servizos, garantías ou contratos de mantemento existentes ata o momento da terminación do contrato nas mesmas condicións que se pactaron cos provedores.
Así mesmo, o adxudicatario deberá facer entrega á Deputación de Lugo de toda a documentación técnica e funcional xerada durante o proxecto (código fonte e base de datos dos recursos implantados e/ou mantidos, manuais…), así como un inventario da infraestrutura transferida á Deputación coa súa pertinente documentación e todas as credenciais utilizadas para todos os sistemas e contornas desenvoltos.
En calquera caso este proceso non debe ter unha duración superior a UN MES, dende a súa comunicación formal.
5 SEGURIDADE E CONFIDENCIALIDADE
O adxudicatario queda expresamente obrigado a manter absoluta confidencialidade e
reserva sobre calquera dato que puidera coñecer con ocasión do cumprimento do contrato
(especialmente os de carácter persoal), que non poderá copiar ou utilizar con fin distinto ao
que figura no contrato, nin tampouco ceder a outros, nin sequera a efectos de conversación.
O adxudicatario quedará obrigado ao cumprimento da normativa vixente e materia de
protección de datos de carácter persoal.
A tal fin, e conforme á normativa vixente en materia de protección de datos (Regulamento
Europeo de Protección de Datos, RD 1720/2007 e LOPD, Esquema Nacional de Seguridade),
o licitador incluirá na súa oferta memoria descritiva das medidas de seguridade que adoptará
para asegurar a dispoñibilidade, confidencialidade e integridade dos datos manexados e da
documentación facilitada. Así mesmo, deberá incluír na súa oferta a designación da persoa
ou persoas que, sen prexuízo da responsabilidade propia da empresa, estarán autorizadas
para as relacións co equipo directivo a efecto do uso correcto do material e da información a
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 15/15