CCCChámome PPPPPPPP, que quere dicir Pacho PirataPacho PirataPacho PirataPacho Pirata. O meu cabelo é loiro e de punta. Son moi alto e gústanme os libros de piratas.
TTTTeño un parche no ollo porque levei un golpe e o meu ollo está morado, e como son moi presumido non me gusta que me miren con esta cara.
NNNNa miña camiseta sempre aparece as letras PPPPPPPP, que son as iniciais do meu nome.
Comigo sempre levo ao meu loro Pachi. Encántame dicir “Arrrr” que é o que dicen os piratas para dar medo.
NNNNo verán pasado tivemos unha grande aventura: eu e o meu amigo Pachi.
Todo empezou unha tarde cando estaba na biblioteca practicando o meu deporte favorito: a lectura.
Encontrei un libro con un mapa moi antigo dun tesouro que atopábase escondido nunha illa, e cosida ao mapa estaba unha chave.
- Era a chave do tesouro! Din tal salto, que o pobre Pachi
saiu voando co susto.
IIIInmediatamente, saímos no noso barco á procura desa illa marabillosa.
Despois dunha longa viaxe
conseguimos ver unha illa..
AAAAo atracar na illa, coa axuda do vello mapa estivemos a procura do tesouro. Despois de unhas cantas voltas, conseguimos encontrar o lugar exacto e coa pá escavamos na terra até que demos con algo duro: o tesouro.
CCCCon moito esforzo sacamos o cofre do buraco, e digo sacamos, porque Pachi non paraba de tirarme dos pelos e da roupa. Logo, coa chave abrímolo entusiasmados.
VVVVaia sorpresa, dentro había moreas de libros; de todas as cores, formas, tamaños, de aventuras, comics, dicionários…
SSSSaltei de alegría e sen querer, tropecei con unha palmeira e inmediatamente empezounos a caer unha chuvia de cocos e…
- Au, au, au…
Co que realmente tropecei, non foi con unha palmeira, senon co andel da Biblioteca, e o que nos caía enriba, non eran cocos e sí un bon montón de libros.
- Todo era un soño!
E colorín colorado, este soño está rematado e quen non levante o cú, levará un librazo.
Fin
Participaron na elaboración deste conto:
� Kevin Alvites Míguez
� Leticia Castro Acuña
� Icía Domínguez Rodríguez
� Andrea Estévez González
� Yeneva Garrido Fernández
� Anxo Martínez Costas
� Carla Rodríguez Rodríguez
� Jon Santarén Álvarez