Por que celebramos o Día das Letras Galegas? 1. Le atentamente este texto sobre a orixe e a historia do día das Letras Galegas e contesta as preguntas: O Día das Letras Galegas é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución unha proposta para celebrar o 17 de maio o Día das Letras Galegas, precisamente a data na que saíra á luz Cantares gallegos. Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Esa primeira edición do Día das Letras Galegas dedicouse á figura de Rosalía de Castro e, dende aquela, cada 17 de maio dedícaselle a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teñan pasado como mínimo dez anos desde o falecemento da persoa homenaxeada. A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida, non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares. Desde o ano 1991, dezaoito anos despois da súa institución, o Día das Letras Galegas é festividade oficial en Galicia. En 2020, por mor da pandemia da COVID-19, a Academia anunciou que por primeira vez nos seus 57 anos de historia o Día das Letras non se celebraría o 17 de maio, trasladándose no seu lugar ao 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero. Adaptado de https://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_das_Letras_Galegas a. Desde que ano se celebra o Día das Letras Galegas? Quen propuxo celebrar este día? b. Por que se escolleu o 17 de maio como Día das Letras Galegas? c. A quen se lle dedicou o primeiro Día das Letras Galegas? d. Que requisito debe cumprir o/a homenaxeado/a do Día das Letras Galegas? e. Desde que ano o 17 de maio é festivo en Galicia? f. Por que se suspendeu este ano a celebración do Día das Letras Galegas? Para que data se aprazou? Lingua Galega e Literatura. 3º ESO Tarefas para a semana do 11 de maio. Data límite de entrega: 17 de maio ás 23.59h. Material didáctico cedido por Carolina Pérez Capelo.
7
Embed
Por que celebramos o Día das Letras Galegas? · Rafael Dieste 8. Álvaro Cunqueiro 9. Álvaro Cunqueiro 10. Luís Amado Carballo 11. Eduardo Blanco Amor 12. Carlos Casares. i. Ricardo
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Por que celebramos o Día das Letras Galegas?
1. Le atentamente este texto sobre a orixe e a historia do día das Letras Galegas e contesta as preguntas:
O Día das Letras Galegas é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua
arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á
figura escollida.
O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, tres
membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego)
presentaron nesta institución unha proposta para celebrar o 17 de maio o Día das Letras Galegas, precisamente a data
na que saíra á luz Cantares gallegos. Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura
galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento.
Esa primeira edición do Día das Letras Galegas dedicouse á figura de Rosalía de Castro e, dende aquela, cada 17
de maio dedícaselle a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa
conmemoración teñan pasado como mínimo dez anos desde o falecemento da persoa homenaxeada.
A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida, non só a nivel literario
senón tamén nos ambientes populares. Desde o ano 1991, dezaoito anos despois da súa institución, o Día das Letras
Galegas é festividade oficial en Galicia.
En 2020, por mor da pandemia da COVID-19, a Academia anunciou que por primeira vez nos seus 57 anos de
historia o Día das Letras non se celebraría o 17 de maio, trasladándose no seu lugar ao 31 de outubro, xusto un día
despois do 110 aniversario do homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero.
Adaptado de https://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_das_Letras_Galegas
a. Desde que ano se celebra o Día das Letras Galegas? Quen propuxo celebrar este día?
b. Por que se escolleu o 17 de maio como Día das Letras Galegas?
c. A quen se lle dedicou o primeiro Día das Letras Galegas?
d. Que requisito debe cumprir o/a homenaxeado/a do Día das Letras Galegas?
e. Desde que ano o 17 de maio é festivo en Galicia?
f. Por que se suspendeu este ano a celebración do Día das Letras Galegas? Para que data se aprazou?
Lingua Galega e Literatura. 3º ESO
Tarefas para a semana do 11 de maio.
Data límite de entrega: 17 de maio ás 23.59h.
Material didáctico cedido por Carolina Pérez Capelo.