FRANCÉS Na sociedade da globalización a formación multilingüe co dominio de dúas ou máis linguas estranxeiras permite unha maior integración e interrelación no mundo. Nesta etapa preténdese que os alumnos/as desenvolvan unha competencia comunicativa básica que lles permita expresarse nesa lingua en situación próximas, acordes coa súa idade e intereses TIC Traballaremos con : HARDWARE: arquitectura de un PC, compoñentes básicos, periféricos. SOFTWARE: sistemas operativos, aplicacións (antivirus, optimización, …) procesadores de texto, folla de cálculo, presentacións, internet, edición de imaxe, de vídeo e de son. CULTURA CLÁSICA Esta materia optativa poderase cursar unha soa vez en 3º ou 4º de ESO. A maior parte dos pobos de Occidente basean a súa cultura nas culturas grega e latina. Esta materia optativa pretende que os alumnos/as estuden: Mitoloxía: Deuses e heroes. Descubrir a súa presenza na cultura actual. A pegada de Grecia e Roma na nosa sociedade e na vida cotiá actual. Espectáculos en Grecia e Roma. Influencias do alfabeto grego e romano nas nosas linguas. EDUCACIÓN PLÁSTICA, VISUAL E AUDIOVISUAL Está dirixida a todos aquel alumnado que queira atopar un canle para a expresión artística na súa vida. Recoméndase para interesados en Arquitectura, Belas Artes e todas as ramas de Deseño. Vense importantes movementos artísticos coma o Futurismo (movemento), Fauvismo (color), Surrealismo (mundo interno), Por Art (cartelismo, comics, publicidade), Abstracción xeometría e cubismo, texturas, pintura xestual (grafismo caligráfico). Todos os traballos son abordados desde a vivencia e a expresión persoal. O material que se usa é gratuito. CULTURA CIENTÍFICA O Universo a Terra e o medio ambiente, Seres vivos e contaminación, Saúde. Avances científicos e tecnolóxicos do último século: biotecnoloxía, materiais e tecnoloxías da comunicación, aplicacións e repercusións para a sociedade. Priorizarase o traballo en grupo, a investigación e realización de debates. MÚSICA Trabállanse aspectos musicais moi diversos: a música do mundo , a música popular urbana (pop, rock ...), a música contemporánea en Galicia e en España, as profesións da música (intérprete, director de orquestra, letrista, musicólogo, programador musical, mestre de IES PEDRO FLORIANI Rúa Pedro Floriani nº 2, C.P.: 36800 REDONDELA (Pontevedra) Telf: 886 120 416 - 886 120 413 Correo electrónico: [email protected]