Louis Ducis
Levy: A morte de Orfeo
De alí afástase Himeneo, cuberto por azafranado manto, atravesando o ceo inmenso, e diríxese á rexión dos Cicónidos, e
en vano o chama a voz de Orfeo. Presente estivo, si, mais nin levou alí palabras rituais nin rostro gozoso nin favorable
presaxio. Incluso o facho que sostiña non deixou de chispear producindo un fume que facía brotar as vágoas, e non logrou,
por máis que o moveu, dar ningunha lapa. O resultado foi aínda máis grave que o augurio: pois a flamante esposa,
durante un paseo no que ía acompañada por un tropel de Náiades, morreu pola picadura dunha serpe nun nocello.
Despois de que o vate rodopio a chorou suficientemente nos aires de arriba, para probar tamén as sombras, atreveuse a
baixar á Estixie pola porta do Ténaro, e, atravesando multitudes ingrávidas e espectros que recibiran sepultura,
presentouse ante Perséfone e ante o señor que posúe os repulsivos reinos das tebras, e pulsando as cordas en
acompañamento ó seu canto dixo así:
Brueghel: Hades e Perséfone reciben a Orfeo
Divindades do mundo situado baixo terra, ó que vimos caer os que somos procreados mortais, se é lícito, e vós permitides que
eu diga a verdade omitindo os rodeos propios dunha boca mentireira, non baixei aquí para ver o escuro Tártaro, nin para
encadear ás tres gorxas, peludas de serpes do monstro Meduseo; o motivo da miña viaxe é a miña muller, na que unha víbora ó ser pisada introduciu o se veleno, e lle quitou os seus
crecentes anos. Eu quixen poder soportalo, e non negarei que o intentei; Venceu Amor. É un deus ben coñecido nas rexións de arriba; eu non sei se tamén o é aquí, mais sospeito que tamén o é, e se a fama do antigo rapto non foi mentireira, tamén a vós vos uniu Amor. Por estes lugares cheos de espanto, por este
inmenso Caos e polo silencio do vasto reino eu vos rogo: volvede a tecer o fado prematuro de Eurídice. Todos os seres vos somos debidos, e despois dunha breve demora, antes ou despois, imos rapidamente ó mesmo sitio. Aquí dirixímonos todos, esta é a
última morada, e vós posuídes os máis amplos reinos habitados pola raza humana.
Jean-BaptisteCamille
Tamén Eurídice será da vosa xurisdición cando en sazón cumpra os anos que lle corresponden; pídovos o seu gozo
como un agasallo; e se os fados negan esta concesión para a miña muller, estou resolto a non volver: gozade coa morte dos dous”. Mentres el falaba así e facía vibrar as cordas acompañando as súas verbas, choraban as ánimas sen
sangue; Tántalo non tratou de alcanzar a auga que retrocedía, quedou fixa a roda de Ixíon, as aves non
esgarraron o fígado, e ti, Sísifo, sentaches na túa rocha. Dise que entón por primeira vez as meixelas das
Euménides, subxugadas polo canto, molláronse coas vágoas, e nin a rexia consorte nin o que goberna os abismos
foron quen de dicir que non ó suplicante, e chaman a Eurídice. Estaba ela entre as sombras recén chegadas, e
avanzou a paso lento a causa da ferida. O rodopeo Orfeo recibiuna e ó mesmo tempo recibiu a condición de non
volver os seus ollos cara atrás mentres non saíran dos vales do Averno; ou quedaría sen efecto o agasallo.
Nicolas Poussin
Emprenden o camiño a través de paraxes de silenciosa quietude e seguindo unha senda
empinada, ardua, escura, chea de escuras tebras, e chegaron así preto do límite da terra de arriba. Alí, por temor a que ela desfalecese, e ansioso de vela, volveu o namorado os ollos, e no acto ela caeu de
novo ó abismo. E estendendo ela os brazos e esforzándose por ser apertada e por apertar, non agarra a infeliz máis que o aire que lle esvara, e ó
morrer por segunda vez non proferiu queixa algunha do seu home ( pois de que se queixaría senón de que a amara?), e dicíndolle un último
adeus, que case non puideron percibir os oídos de Orfeo, baixou de novo ó lugar de onde partira.
Kratzenstein