Top Banner
O SÉCULO XVI: O APOXEO DO IMPERIO ESPAÑOL 2º ESO Roberto López
16

O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.

Jul 10, 2015

Download

Education

guest7c5a895
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.

O SÉCULO XVI: O APOXEO DO IMPERIO ESPAÑOL

2º ESO

Roberto López

Page 2: O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.

1. CARLOS V: O INICIO DO REINADO

Carlos V reinou entre1516 e 1556.

Dos seus avós herdouun gran imperio conterras en Europa(Castela, Aragón,Países Baixos, SacroImperio, territorios enItalia), no norte deÁfrica e en América.

Como rei de España recibiu onome de Carlos I.Como emperador do SacroImperio o nome de Carlos V

Page 3: O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.

A guerra das comunidades

Cando chega a España, repartiu cargos de goberno entre nobres flamencos e subiu os impostos

Esto provocou rebelións en moitas cidades de Castela

A rebelión fracasou, pero supuxo un cambio na forma de gobernar de Carlos.

Page 4: O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.

2. O GOBERNO DUN EXTENSO IMPERIO

Os territorios do seu imperio conservaban as súas propias leis e institucións.

O rei tiña un enorme poder: exercía o goberno, dirixía a política exterior e ocupábase da administración, do exercito e da recadación de impostos; pero algunhas decisións, coma o establecemento de impostos, tiñan que ser aprobadas polos parlamentos de cada reino.

A corte era itinerante, e o rei desprazábase aos territorios onde había problemas. En cada territorio había un vicerrei ou gobernador, que gobernaba en nome do rei

Carlos V en Mühlberg

Page 5: O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.

3. OS PROBLEMAS DO REINADO

Carlos V desexaba unificar a Cristiandade baixo o seu mando, pero a súa política contou coa oposición de:

• Francia. Os dous países estiveron en guerra durante todo o reinado.

• Os turcos otománs. Ameaza no Mediterráneo nas fronteira do Sacro Imperio

• Príncipes protestantes alemáns. Carlos intentou frear a expansión do luteranismo, pero fracasou

Carlos V abdicou en 1556. Entregou o Sacro Imperio ao seu irmán Fernando e o resto das súas posesións ao seu fillo Filipe.

Abdicación de Carlos V. Louis Gallait

Page 6: O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.

4. A MONARQUÍA HISPÁNICA DE FILIPE II

Filipe II recibe de Carlos V os territorios máis importantes: os territorios españois, italianos e flamencos.

En 1580 Filipe II herdou a Coroa portuguesa e o imperio que Portugaltiña en América, África e Asia.

Page 7: O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.

Neptuno vestido de turcosimboliza a armada otomá

España representada porunha matrona seguida dassúas tropas.

A relixiónespidae desamparada.

5. OS OBXECTIVOS DE FILIPE II

A política de Filipe II tivo dous obxectivos principais:

A conservación de todos os territorios que herdara.

A defensa do catolicismo.

A relixión socorrida por España. Tiziano

Page 8: O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.

6. OS PROBLEMAS DO REINADOFilipe II enfrontouse aos seguintes

problemas:

A guerra con Francia.O enfrontamento cos turcos.A revolta dos Países Baixos.O enfrontamento con Inglaterra.

Terzos españois loitando nos Países Baixos

Fresco Batalla de Lepanto, Museo del Vaticano Derrota da Armada Invencible

Jacques de Loutherbourg

Estas guerras provocaron grandes gastos que colapsaron a economía

Page 9: O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.

7. A CONQUISTA DE AMÉRICA

Ao longo do século XVI os españois foron explorando e conquistando moitas terras en América.

Os españois interesáronse polas zonas máis poboadas e cun clima máis parecido ao europeo.

Houbo numerosas expedicións de conquista. As máis importantes foronas de Hernán Cortés, que conquistou o imperio azteca, e Francisco Pizarro, que conquistou o imperio inca.

Tamén se explorou o Amazonas e se conquistaron as illas Filipinas

Principais expedicións

Page 10: O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.

As expedicións estaban dirixidas por particulares, aos que o rei daba un permiso ou capitulación de conquista. O particular corría cos gastos. Unha vez que se conquistaba un territorio, este pasaba ao monarca, e, a cambio, o rei concedíalle ao conquistador o título de gobernador e a propiedade de extensas terras.

A conquista foi rápida debido á superioridade en armamentos, a existencia de certas tradicións indíxenas e os enfrontamentos entre os pobos americanos.

Instrumentos da conquista

Hernán Cortés

Francisco Pizarro

Page 11: O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.

8. A ORGANIZACIÓN DO IMPERIO AMERICANO

Os territorios americanos rexíanse polas mesmas leis ca Castela.

O Consello de Indias asesoraba o monarca sobre o goberno de América.

O territorio dividiuse en dous vicerreinados: vicerreinado de Nova España e vicerreinado do Perú.

Os vicerreis era elixidos polo rei entre a aristocracia castelá.

Page 12: O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.

Desde 1542, os metais preciosos e outros produtos americanos trasladáronse a España en convois de barcos mercantes escoltados por naves militares, a fin de protexelos dos ataques dos piratas.

Establecéronse dúas grandes frotas anuais, unha a Nova España e outra a Terra Firme, defendidas pola Armada do Mar Océano.

As frotas de Indias

O sistema das frotas de Indias mostrou unha eficacia altísima e durante os séculos XVI e XVII a frota só caeu en poder do inimigo en 1628, cando o pirata holandés Heyn derrotou a Armada española en Matanzas

Barcos do século XVI, baixo a protección da Virxe dos Mareantes. Retablo de Alejo Fernández,

Page 13: O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.

9. A EXPLOTACIÓN DAS COLONIAS

Explotáronse principalmente as minas de prata (Zacatecas, Potosí) e a agricultura, para o que se estableceron grandes estancias gandeiras e agrícolas.

O comercio era un monopolio real, controlado a través da Casa de Contratación.

Minas de Potosí

Casa de Contratación. Sevilla

Page 14: O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.

10. A SOCIEDADE AMERICANA

A sociedade americana organizouse por criterios raciais:

Os españois ocupaban a posición superior na sociedade colonial.

Seguían en importancia os mestizos (fillos de español e india)

Os indios tiñan unha situación peor. Facían os traballos do campo. Sufriron moitos abusos, a pesar da Lei de Indias que os protexía.

Os negros eran escravos sen dereitos. Traídos de África.

Page 15: O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.

Efectos culturais da conquista

A extensión do castelán e o portugués A extensión do catolicismo

Page 16: O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.

O descenso de poboación indíxena

Desde hai máis de corenta años que os españois están alí, non fixeron outra cousa que asasinar indios, facelos sufrir, aflixilos, atormentalos e destruílos. Así, a illa de Cuba está hoxe practicamente despoboada.

Se ben na Española había máis de trescentos mil habitantes, hoxe non quedan apenas douscentos. A causa pola que mataron e destruíron a tantas persoas foi só por ter o ouro e encherse de riquezas en moi breves días.

BARTOLOMÉ DE LAS CASAS, Brevísima relación da destrución das Indias. Adaptado

O exemplo de México central

Efecto demográfico da conquista