Top Banner
247 Introdución Sobre o gravado rupestre da Chan da Gándara (Mondariz Balneario) tiñamos ata o momento unha serie de informacións publicadas confusas e contradi- torias, ademais dun gran baleiro científico no que se refire á súa caracterización arqueolóxica. Tampouco se fixera nunca, ata o momento, un relatorio completo do seu descubrimento e da peripecia que viviu con poste- rioridade ao seu traslado ao Museo Etno-Arqueolóxico que a familia Peinador posuía na Granxa de Sanmil (Pías; Ponteareas). O presente traballo compila e documenta todo este proceso, o devir histórico dun gravado rupestre excep- cional, declarado individualmente Monumento Histórico-Artístico polo Goberno do Estado e, xa que O PETRÓGLIFO DA CHAN DA GÁNDARA Memoria dun gravado rupestre indultado Alberte Reboreda Fotografía do petróglifo da Chan da Gándara tomada no ano 1908 1 antes de ser este trasladado á Quinta de Pías. Museo de Pontevedra
14

O petroglifo da Chan da Gándara (Mondariz Balneario)

May 14, 2023

Download

Documents

Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: O petroglifo da Chan da Gándara (Mondariz Balneario)

247

Introdución

Sobre o gravado rupestre da Chan da Gándara(Mondariz Balneario) tiñamos ata o momento unhaserie de informacións publicadas confusas e contradi-torias, ademais dun gran baleiro científico no que serefire á súa caracterización arqueolóxica. Tampouco sefixera nunca, ata o momento, un relatorio completo do

seu descubrimento e da peripecia que viviu con poste-rioridade ao seu traslado ao Museo Etno-Arqueolóxicoque a familia Peinador posuía na Granxa de Sanmil(Pías; Ponteareas).

O presente traballo compila e documenta todo esteproceso, o devir histórico dun gravado rupestre excep-cional, declarado individualmente MonumentoHistórico-Artístico polo Goberno do Estado e, xa que

O PETRÓGLIFO DA CHAN DA GÁNDARA

Memoria dun gravado rupestre indultado

Alberte Reboreda

Fotografía do petróglifo da Chan da Gándara tomada no ano 19081 antes de ser este trasladado á Quinta de Pías. Museo de Pontevedra

Page 2: O petroglifo da Chan da Gándara (Mondariz Balneario)

logo, Ben de Interese Cultural, segundo a catego-rización que establece a lexislación actual. O petrógli-fo da Chan da Gándara foi, no estado actual dos nososcoñecementos, o primeiro da historia de Galicia en sertrasladado2 co fin de ser conservado e admirado polasociedade da Belle Époque de principios do século XX.Velaquí a súa memoria.

1.—O Museo de Pías

Tal e como sinalan Pérez, Serrano Téllez e Vilar(1996:147), a primeira nova escrita que coñecemos enrelación coa creación dun museo no balneario deMondariz data de 1903. Nese ano a revista LaTemporada3 inclúe un artigo no que podemos ler:

“…nuestros amigos los Sres. Peinador guardan ensu museo gallego, algunos lindos ejemplares” (..),así como “dos cachorillos (cacharrilos?) debronce”. Quizais sexa esta a primeira noticia dapresenza de obxectos arqueolóxicos neste museono que os Peinador pretendían acoller “todo unpasado de esta noble raza gallega” porque “elpasado de un pueblo es siempre digno de estu-dio4”. En opinión dos mesmos autores (op.cit), omuseo “es el resultado de una ideología conscientede si misma y muy relacionada con el auge delregionalismo con el que emparentaba lafilantropía de Peinador”.

No seu libro recentemente publicado sobre a historiacontemporánea do balneario de Mondariz, ParedesPardo (2011:152) abunda sobre este pioneiro museo:

“El gran atractivo de la Quinta de Pías, comocomplemento ideal de todo cuanto pudiera llamarla atención del visitante y deseara disfrutar de unlugar de paz, tranquilidad y belleza natural yademás sentir la curiosidad de conocer las raíces denuestro pueblo, se creó el Museo etnográfico. Suinstalación en la Quinta de Pías era el lugaradecuado, tanto por su ambiente rural y agrario,como porque muchos de los objetos que allí seexponían, habían sido hallados en su entorno. Lahistoria, las costumbres y en general, de todocuanto de interés pudiera tener la forma de vida denuestros antepasados: el folklore, la religión, lalabranza, insculturas rupestres, etc. había allí unamuestra muy interesante”. (...)

Sabido é que a familia Peinador, ao igual que un seg-mento moi importante da intelectualidade da época enGalicia, foi a impulsora dunha serie de iniciativas cul-turais que tiñan por obxecto recuperar a memoriacolectiva do pobo galego co obxectivo de proxectala

cunha dimensión política galeguista. Neste marcocomprendemos que Enrique Peinador Lines fose corre-spondente da Sociedad Arqueológica de Pontevedra,entidade fundada por Casto Sampedro no ano 1894para promover, estudar e conservar o patrimonioarqueolóxico e artístico da provincia. A familiaPeinador, promotora do balneario máis importante deGalicia e, por tanto, símbolo incuestionable da mod-ernidade e do progreso do país, preocúpase por algoque, aos ollos das mentes máis conservadoras eobtusas do momento, os “ricachos analfabetos daTerra5”, semella contraditorio: coñecer e estudar onoso pasado é un alicerce básico para o progreso mate-rial e moral do presente e do futuro de Galicia.

Neste contexto Peinador Lines, grande afeccionado áarqueoloxía e ao estudo do patrimonio cultural deGalicia6, prosegue a idea do seu pai de avanzar “en lavía de la cultura. A eso ha obedecido en el ordenhistórico y etnográfico la fundación del Museoregional”7, un instrumento que ha permitir aos“nacionales y extranjeros aficionados a los estudiosetnográficos que hoy alcanzan tanta boga en elmundo culto, puedan conocer lo que es y lo que fueGalicia”8. As publicacións da época9 informan de queo museo dos Peinador contiña obxectos de carácteretnográfico e arqueolóxico; todos eles procedían deMondariz e a súa comarca, nomeadamente dos asen-tamentos castrexos como o Coto Redondo ouTeutixón (Mondariz), Coto da Cividade ou Troña(Pías, Ponteareas), etc., xacementos que foron obx-ecto de catas arqueolóxicas a cargo de PeinadorLines, quen traballaría na compaña de ilustresarqueólogos como Ángel de Castillo10, investigador aoque o Boletín da Real Academia Galega se refirecomo “querido compañero” para dar conta da súaestancia en Mondariz de 1915, cando estivo “acom-pañado del no menos querido Enrique PeinadorLines” quen tería feito ao “señor Castillo objeto de suobservaciones”.

Segundo González Pérez (1974:66-67) o museo desa-pareceu a finais da década de 1930, aínda que ParedesPardo (op. cit.) anticipa o seu abandono á primeirametade desa mesma década a causa de “el cambio deempresa, liderada a partir del año 32 por el BancoPastor y el estallido de la guerra civil” que “trajo consi-go el abandono total de la finca en la que unicamentequedó como encargado general el empleado para vigi-lancia de bienes externos Manuel Pino” (…). O mesmoautor infórmanos de como en xuño de 1944 os terreos daGranxa de Pías cambian de titularidade, pasando amans de Ramón Obella Vidal, un médico galeguista por-

248

Page 3: O petroglifo da Chan da Gándara (Mondariz Balneario)

riñés cofundador da empresa Zeltia e do InstitutoBioquímico Miguel Servet, quen “tenía allí una vivien-da que ocupaba esporádicamente”, no mesmo edificioque acollera o museo, situado en “una casa sencilla detres alturas” (op. cit. 1996:157). En calquera caso, men-tres o interior do edificio acollía, tal e como mostran asinstantáneas que conservamos, unha ampla panoplia deobxectos e bens mobles (instrumentos musicais,apeiros, vestimenta, restos cerámicos e líticos dos cas-tros da comarca...), o exterior amosaba “fondos arqui-tectónicos y arqueológicos”11, entre eles o petróglifo daChan da Gándara.

Seguindo o traballo de Alfonso Paredes, seis anosdespois do cambio de titularidade, en febreiro de 1950,a Quinta de Pías foi vendida a Cándido Rodríguez López.“Con esta nueva propiedad, se creó la empresa «LacteoAgrícola Rodríguez, S.A.» – LARSA – que adaptó losedificios allí existentes a una granja agrícola-ganadera, ampliando todo cuanto relacionado condicho fin, había realizado el Sr. Obella”.

Con todo, en 1963, unha publicación da autoría de A.Gutiérrez12 aínda cita o museo como unha realidadevisitable na comarca, onde destacan “entre los monu-mentos y ruínas románicas, el monasterio del siglo

XIV de la Franqueira, la iglesia de Casteláns y elMuseo de Etnografía y antigüedades de Pías”.

Xa en 1982 a sociedade anónima Kiwi de Galicia S.A.adquiriu a “Quinta de Pías” para dedicala a unha granplantación desta froita de orixe chinesa.

Seis anos despois, en 1998, a sociedade Balneario deMondariz, S.L. compraría a Kiwi de Galicia S.A. osterreos da antiga Granxa de Sanmil, coa excepcióndunha pequena parcela lindante co río de pouco máisde 8000 m2 que acolle dous edificios, un de planta terreae unha casa de tipoloxía vilega exenta que data de finaisdo s. XIX ou principios do século XX, a mesma que foisede física do Museo Etno-Arqueolóxico.

2.—O petróglifo da Chan da Gándara

2.1.—Localización orixinal

Mondariz e o seu balneario, o mesmo que a comarca daque forman parte, sitúanse na unidade do relevodenominada prelitoral que comprende o espazo situadoentre a costa galega e as serras setentrionais e centroc-cidentais; así podemos dicir que este ámbito é un conx-unto de vales inscritos na ladeira meridional da Serrado Suído, e por tanto a antesala da Galicia interior.

O territorio presenta unha variación altitudinal moiforte que vai desde os 28 m nas zonas baixas do val doTea ata os 883 m do Coto de Eira, monte que formaparte das estribacións montañosas da Serra do Suído. Alitoloxía de Mondariz caracterízase por un predominiode rochas graníticas e por unha banda comprendidaarredor do río Tea, do que é afluente o Xabriña, formadapor sedimentos cuaternarios. Os mapas xeolóxicosinfórmannos de que as ribeiras do río Xabriña, próximoá súa desembocadura no Tea, presenta un granitopropio da aliñación A Cañiza-Salvaterra-Cerdedo, seben o migmático de dúas micas tamén é especialmentehabitual a ambas beiras do Tea.

O 1 de xullo de 1915 o Boletín da Real Academia Gallegapublica un artigo de Manuel Murguía titulado “Peñascocon insculturas en Mondaríz”. Neste traballo o nosohistoriador infórmanos da localización orixinal destapedra gravada: “se halla en el lugar de Chan daGándara, a unos 450 metros del Balneario deMondaríz (...) Facilmente se la encuentra. Saliendo delEstablecimiento, por la carretera de Arcade aPuenteareas, en dirección a la plaza de Mondaríz, sehalla la piedra en cuestión, al pié de un pardiñeiro, endonde puede contemplarla el curioso (...)”.

A descrición locacional de Murguía coincide coa queilustra a instantánea que xuntamos, no inicio deste

249

O parque e o Gran Hotel do balneario de Mondariz.Arquivo de Aguas de Mondariz

Page 4: O petroglifo da Chan da Gándara (Mondariz Balneario)

traballo que hoxe recibe o nome da Canteira13, maisque se sitúa dentro dun ámbito maior, A Chan daGándara, que é o único que menciona no seu artigo ohistoriador e erudito do Froxel. O topónimo menor cor-robora o que permite observar a fotografía tomada en1908, un espazo dedicado á extracción de granito polosPeinador para levantar algún dos edificios do seu com-plexo balneoterápico; o pardiñeiro ao que fai alusiónMurguía puido ser, quizais, a cabana na que os can-teiros gardaban as súas ferramentas14.

A localización orixinal dos gravados situábase, xa que logo,nun lugar moi alterado pola extracción de pedra que seeleva 75 msnm, a uns 60 m do leito do río Xabriña, que nestepunto fai unha significativa revolta, apurando o seu desau-gadoiro no río Tea, algo que ten lugar pouco despois15. Ascoordenadas UTM16 deste lugar da Chan da Gándara serían544647-4675333.

O Xabriña transita nesta altura a pouco máis de 68msnm, polo que a localización das insculturas poderíasituarse, con toda seguridade, nun promontorio graníti-co que permitía controlar visualmente a contorna ensentido N-E e W grazas á depresión provocada polabacía fluvial; ao tempo a localización da prominencianatural que describimos permite controlar tamén o vao

do mesmo río, coñecido como A Ponte Xabriña, onde seconstruíron un muíño e un total de tres pontes parale-las ao longo dos últimos séculos, datos que permitenrecoñecer a este emprazamento unha incuestionablecondición xeoestratéxica. Este patrón de localización,nun espazo liminar, fai que pensemos, xunto con inves-tigadores como Rodríguez Saiz (2009:72), que esteemprazamento non é casual nin “condicionada unica-mente á existencia dun soporte pétreo idóneo para estetipo de representacións. Pola contra, semella ter tras desí unha lóxica de emprazamento no espacio social pre-histórico que intuímos, mais non chegamos a definircon claridade”.

Cremos, xunto a investigadores como Aparicio Casadoe Peña Santos (2011:28), que os gravados realizadossobre soportes visibles “terían sido concibidos coaintención de ser contemplados, –acaso participados–pola comunidade”, que tiñan intención de transcenderno tempo, tal e como demostra tamén o investimentoen tempo e esforzo que a súa factura esixe. É por isto

250

No centro, Enrique Peinador Lines, descubridor dos gravadosrupestres da Chan da Gándara. Arquivo Pacheco do Concello de Vigo

Arriba, lugar coñecido como A Canteira, na Chan da Gándara,onde se localizaban orixinalmente os gravados

Situación da localización orixinal dos gravados sobre ortofoto

Page 5: O petroglifo da Chan da Gándara (Mondariz Balneario)

que pensamos que gravados rupestres como o da Chanda Gándara poderían ter exercido sen moita dificultadecomo marcadores territoriais.

A maiores sinalaremos tamén que son varios os autores(v.g. Fábregas Valcarce, 2010:31) que teñen estudadocomo os petróglifos da bisbarra situada ao SW da Ríade Vigo seleccionan “con máis frecuencia afloramentosrechamantes ou con amplas panorámicas, algo quenoutras áreas se reserva case exclusivamente para ospaneis máis complexos”. Á vista do seu emprazamentoorixinal semella que o petróglifo da Chan da Gándara,gravado orixinalmente nun emprazamento conspicuoou destacado, podería incluírse dentro deste mesmopatrón.

As coordenadas UTM17 do emprazamento actual dosgravados son 541991-4675219; xa que logo o petróglifositúase hoxe a uns 2660 m liñais da súa localizacióninicial no lugar da Canteira. Ignoramos cal foi a dataexacta do traslado, mais cando Murguía reproduce en1915 o seu artigo de 1908 volve describir como chegar ael na súa localización orixinal. Curiosamente a únicainstantánea que conservamos del in situ aparece datadaen 1908, ano no que o noso historiador publica en LaTemporada o seu artigo, traballo que aparece ilustradocunha instantánea dos gravados no medio duns xardíns,sen dúbida os do Museo Etno-Arqueolóxico. O mesmotraballo, baixo o título Peñasco con insculturas enMondaríz, verá a luz, como xa se dixo, no Boletín daAcademia Gallega en 1915, onde non se altera un ápicea redacción de 1908, nin sequera no que se refire álocalización dos gravados.

2.1.1- Contexto arqueolóxico

Cómpre destacar tamén que no contorno da local-ización orixinal do petróglifo da Chan da Gándara nonexiste ningún xacemento semellante coñecido, nindesde o punto de vista tipolóxico nin crono-cultural. Oxacemento arqueolóxico máis próximo é o castro deCastromao18, localizado a 565 m ao SE, e o Castro deCoto Redondo ou Teutixón19, que se sitúa 795 m ao NW,xusto na ribeira do río Tea. O conxunto de gravadosrupestres máis achegados son os da Pedra dasNocellas20 e o extraordinario complexo rupestre deGargamala, formado por uns vinte e cinco afloramen-tos insculturados21, sitúase a máis de 5 km deste lugar.

2.2.—Referencias bibliográficas históricas

En diferentes números de La Temporada de 1908publícanse os primeiros artigos –dous– referidos aonoso gravado rupestre.

Como xa se sinalou, foi Manuel Murguía o que publicouo 16 de agosto de 1908 un artigo titulado “Peñasco coninsculturas existente en el lugar de Chan da Gándara”.Case un mes máis tarde, o 13 de setembro, PeinadorLines insire na mesma cabeceira a carta de resposta deFederico Maciñeira a unha misiva na que o facíapartícipe da aparición deste gravado rupestre. Da cartade Maciñeira, na que recolle unha “ligera impresión”acerca da natureza científica do petróglifo, cabeconcluír que a descuberta dos gravados se debe aEnrique Peinador Lines, cuestión esta que taménconfirma Murguía (1908:2; 1915:261). E chama aatención que este descubrimento fose tan apreciadopolo empresario dado que naquel tempo, tal e comosinala Maciñeira, “en Galicia pocos monumentos deesta naturaleza se conocen hasta el presente”.

Maciñeira destaca no seu escrito que a gráfica dosmotivos do noso petróglifo “sea poco rica, por falta devariedad, en relación con otras de los mismos tiempos.Los elementos que constituyen la de Mondariz, aménde algunas rayas simples, redúcense a los círculos,mejor o peor trazados (que entran mucho en el arte

251

Portada de La Temporada do 16 de agosto de 1908, onde se publicapor vez primeira unha instantánea dos gravados rupestres.

Museo de Pontevedra

Page 6: O petroglifo da Chan da Gándara (Mondariz Balneario)

prehistórico), ya solos o combinados, teniendo tres deellos cruces inscriptas (sic) en su campo (caso tambiénpresente), y todos menos uno, muchos puntos úhoyuelos con relativa regularidad distribuídos, detalleeste último que á mi entender es lo que mayor interéspresta á los signos, hoy que la escritura hemisférica sehalla á la orden del dia en los estudios de arqueologíaprehistórica22”.

O arqueólogo da Mariña luguesa aventura que “quizáalgunos pudiesen ver en el grupo inferior del lado Este,donde se asocian círculos y líneas rectas, la infantilrepresentación de una ave, pero yo no me atrevo átanto”. A continuación Maciñeira aborda a cuestióncronolóxica e cultural, sinalando que “el círculo, lascruces solas ó en círculo, líneas curva y rectas yasimples ya combinadas, y los grupos de puntos ócazoletas son motivos frecuentes en las insculturasprehistóricas, especialmente en las correspondientes álos períodos neolítico y del bronce, que en muchos casosmuéstranse asociados á representaciones humanas yanimales (...) pero yo no conozco ningún caso idénticoá este de Mondariz, ó sea de una combinacióndispuesta en tal forma”; e prosegue, “en mi concepto yjuzgando más que nada por impresión –puesto queéste no és, ni mucho menos, un estudio– los signos porV. descubiertos en esa roca del famosísimo balneariogallego, corresponden á la última fase del períodoneolítico (...)”.

O noso prehistoriador continúa preguntándose polocontido semántico dos motivos representados, unhasignificación aínda non aclarada nos nosos días: “¿setrata de un tema caprichoso de mera decorativa?,¿revelan una idea religiosa?, ¿tienen una significaciónconmemorativa?, ¿revisten caracter simbólico óideográfico?. He ahí la cuestión capital y como á pesarde lo mucho escrito sobre la materia no se puede aúnresolver de plano este problema de arqueologíaprehistórica; yo dentro del terreno de las hipótesis, meinclino á suponer lo último; esto es, que se trata de uncaso más de escritura arcana y primitiva, puesto queá los círculos y cruces, y especialmente á las cazoletas(tan prodigadas en monumentos y objetosprehistóricos ibéricos), son varios los autores que leconceden valor ideográfico”, isto é, un conxunto designos inintelixibles aos nosos ollos que representanunha idea abstracta.

Maciñeira, catedrático da Real Academia de la Historiae arqueólogo, non esquece a vertente etnográfica dosgravados, por iso apunta: “fáltame saber si, como pre-sumo, corren unidas á ese peñasco de las insculturasalgunas tradiciones ó supersticiones locales y cualesellas sean, porque, á mi ver, los hombres prehistóricosque abrieron aquellas, ó sus inmediatos descendientes,debieron de revestirlos de cierto caracter sagrado, cualocurrió con cuantos monumentos levantaron, si no esque algun culto de que fuese objeto el peñasco nodeterminó el grabado de tales misteriosos signos.Partiendo de este principio puede suponerse que con-tuvieron tambien sentido religioso (…) las inscul-turas de la roca del Monte dos Bicos23, cerca de laTorre de Hércules, tiene algunos puntos de semejanzacon estas de Mondaríz”, conclúe.

A constante vinculación da familia Peinador conalgúns dos principais representantes do galeguismocultural e político, “y muy especialmente con ManuelMurguía24”, explica as constantes colaboracións doque fora presidente da Real Academia Galega nas pub-licacións do balneario, tanto na primeira como nasegunda etapa, cando Enrique Peinador Lines énomeado director do balneario no ano 1907. Murguíanon dubida en facer pública a súa proximidade coempresario25, ao que cualifica (1915:261) como “esti-madísimo”, “querido e inteligente amigo, hijo y sobri-no de amigos26 con quienes me une una amistad demas de cuarenta años, ¡toda una vida!”.

Sete anos despois do primeiro artigo publicado en LaTemporada por Manuel Murguía, o mesmo autor asinao mesmo traballo baixo un novo título “Peñasco con

252

O arqueólogo mariñán Federico Maciñeira

Page 7: O petroglifo da Chan da Gándara (Mondariz Balneario)

insculturas en Mondaríz” (op. cit.). En ambas publi-cacións o home de Rosalía de Castro destaca o carác-ter “primitivo”, “rudimentario” e “sinxelo” dos grava-dos, soporte dunha “escritura arcana y primitiva”.Murguía especula con que a rocha conmemore o nomedun heroe, dun deus, ou nos fale de “victorias o derro-tas, alcanzadas o sufridas por el hombre al alborearde los tiempos primitivos”.

O decano dos historiadores galeguistas, malia non serun especialista en arte rupestre, xa publicara en 1866varios petróglifos pero “a título de simple curiosi-dad”, segundo el mesmo confesa. Anos máis tarde, en1905, dera a coñecer novos gravados, deducindo pre-monitoriamente, xunto con outros investigadorescomo o anticuario inglés Sir John Rivett Carnac, queos agrupamentos de cazoletas ou coviñas, presentestamén nos gravados da Chan da Gándara, son “coetá-neos de nuestros túmulos”. E é que para Murguía osgravados de Mondariz “algo significan” e que “unavez dados a conocer al mundo sabio se la apreciaráen lo mucho que para el caso vale, por la distribu-ción de los hoyos y por el sistema de líneas en queaparecen encerrados”. Murguía estaba convencidodun apriorismo filoceltista27 segundo o que se a rochafose descifrada coa axuda da escritura ogámica

“propia de los druidas de Escocia, Irlanda y país deGales, este sólo hecho (...) no sólo afirmaría la creen-cia en que estamos de que Galicia es eminentementecéltica, sinó también que contra lo que algunossostienen, se ha conocido en ella el druidismo”.Conclúe afirmando a natureza antrópica das coviñasou cazoletas, que el denomina “inscripciones hemis-féricas”, presentes tamén nun petróglifo atopadonalquel tempo en Vimianzo28 cuxa identidade nonrevela, amosándose convencido de que agochan uncódigo de comunicación aínda descoñecido.

A raíz deste traballo Murguía publicará, tamén en LaTemporada de Mondariz, novos traballos referidos aoutros gravados rupestres con motivos hemisféricos29,unha temática que terá continuidade na mesmacabeceira con outros autores30.

No ano 1935 o naturista e arqueólogo Ramón SobrinoBuhigas publica, grazas ao Seminario de EstudosGalegos, o seu Corpus Petroglyphorum Gallaeciae. Estecatedrático de instituto estudou os gravados rupestresda Chan da Gándara despois do seu traslado á Granxade Pías ou Finca de Sanmil. Neste traballo Sobrinoinclúe un total de dúas instantáneas xerais, unha doque nós denominaremos Grupo A e outra do Grupo B,xunto con outras dúas de detalle –a modo comparativo–dos negativos en xeso de dous dos motivos do Grupo A:o círculo dividido en cruz con cazoletas no seu interiore o “cartucho” tripartito reenchido cos mesmos motivossemiesféricos. Completa a súa atención a compositio ougravado sobre papel a escala do conxunto dos motivos,sen dúbida unha das achegas máis interesantes einnovadoras deste traballo31.

Sobrino, que no Corpus estuda un total de 250 pedrasgravadas de toda Galicia, fundamentalmente daprovincia de Pontevedra, presta especial atención aosgravados da Chan da Gándara, os únicos que considera

253

O historiador Manuel Murguía

Gravado do petróglifo sobre papel realizado por Sobrino Buhigas

Page 8: O petroglifo da Chan da Gándara (Mondariz Balneario)

en Mondariz e un dos poucos que documenta nacomarca do Condado. No momento de datar e clasificara arte rupestre galega o noso autor distingue entre tresperíodos ou etapas cronoculturais:

a) Un primeiro período, no que se gravarían antropo-morfos32 arcaizantes, cadrados e circunferencias“con cruces no medio” e “mal feitos”.

b) Unha segunda época, á súa vez dividida en tresetapas, caracterizada, entre outros motivos, pologravado de círculos concéntricos “con diámetroscruzados e con puntos nos cuadrantes máisperfectos que os anteriores e gravadas na mesmaépoca na que se fixeron as representaciónsestilizadas de cervos”.

c) Un terceiro período ao que cabería asignar ogravado de alfabetiformes e labirintos tipo Cnosos.

Aínda que Sobrino non aporta cronoloxía para ningun-ha destas tres fases, é consciente de que existen super-ficies gravadas nas que conviven varios dos motivos quevén de ordenar cronoculturalmente, o que, para el, noninvalida a súa proposta, consciente do gravadodiacrónico de boa parte das superficies. O arco tempo-ral que vai da Idade de Bronce (2500 a.C.) á Idade doFerro (900 a.C.) sería o que enmarcaría o gravado dameirande parte da arte rupestre galega, unha achegaque, grosso modo, segue vixente nos nosos días.

Así as cousas, os petróglifos da Chan da Gándaracabería situalos, segundo o investigador pontevedrés,na segunda época, máis concretamente nunhaprimeira fase caracterizada, como vimos, polo grava-do de “circunferencias concéntricas, con diámetroscruzados e con puntos nos cuadrantes”, tal e comoacontece nos gravados do Lombo da Costa (San Xurxode Sacos; Cotobade) ou no de As Tenxiñas (Amoedo;Pazos de Borbén).

2.3.—Referencias bibliográficas actuaisNo mesmo traballo citado anteriormente GonzálezPérez abonda na descrición de materiais arqueolóxi-cos presentes no museo: “En este museo estuvieronexpuestos durante muchos años los materialesprocedentes de las excavaciones de la vecina citaniade Troña, en particular de las realizadas por LuísPericot y López Cuevillas, y del castro de CotoRedondo o Teutixón (Mondariz) y otros cercanos” .Efectivamente, as imaxes coñecidas deste museo33

permiten visualizar con claridade, entre múltiplesobxectos etnográficos (armas, apeiros de labranza,un tear, unha roda de afiar, traxes populares...), unmuíño de man prerromano completo xunto con dousvasos cerámicos de forma ovoide aparentemente cas-trexos34.

En 1983 sabemos por González Pérez (op. cit.) da pre-senza dunha serie de bens culturais nos xardíns doMuseo Etno-Arqueolóxico, entre eles o noso gravado,que “aún se encuentra, cubierto por la vegetación(...)”. A presenza deste petróglifo, sen especificar a

254

Retrato do arqueólogo pontevedrés Ramón Sobrino.Museo de Pontevedra

Arriba: Instantánea do interior do Museo Etno-Arqueolóxico.Arquivo de Aguas de Mondariz

Abaixo: Aspecto actual do edificio

Page 9: O petroglifo da Chan da Gándara (Mondariz Balneario)

localización exacta, tamén é referida vagamente natese doutoral de Yolanda Pérez (2005) que engade “delos dos petroglifos encontrados (o da Chan da Gándarae o que Sobrino Buhigas35 denomina petra pusilla),uno de ellos –a pedra pequena– fue trasladado almuseo y actualmente se encuentra en el Museo dePuenteareas”. Efectivamente, neste museo está deposi-tado un fragmento de petróglifo que, pola morfoloxía dosoporte e sobre todo polos motivos gravados que pre-senta, puideron formar parte doutro sector da mesmaestación da Chan da Gándara, pero que optamos porestudar noutro lugar por non ter a certeza absoluta decal é a súa orixe e filiación. Esta convicción está funda-mentada na inexistencia dunha referencia específica aeste fragmento de rocha na documentación conservadada época, tanto a gráfica como escrita.

2.4.—A superficie gravada

Observando con atención a instantánea tomada en 1908do petróglifo da Chan da Gándara, os gravados tiñan comosoporte, en orixe, a cabeza dun afloramento graníticoformada por dous alombamentos naturais de diferentetamaño divididos de norte a sur por unha pequena valgaou depresión natural de 2,30 m de lonxitude, 20 cm deanchura e uns 5 cm de fondura36, que divide o conxuntoen dúas superficies de forma convexa ben diferenciadas.No momento actual, estes dous alombamentos foronclaramente minorados como consecuencia da fracturaderivada dos labores de segmentación e/ou traslado.

O grupo situado no sector E, que a partir de agoradenominaremos Grupo A, presenta hoxe unha formaque recorda á dun triángulo isóscele de puntasredondeadas con lados de 1,5 m x 2,30 m x 1,70 m, eunha altura máxima de 30 cm. É o que acolle un maiornúmero de motivos insculturados.

Por outra parte o grupo situado no sector W, que a partirde agora denominaremos Grupo B, o de meirandetamaño, presenta menos motivos gravados e unha formasemellante con puntas redondeadas e lados de 2,30 m x2,30 m x 2 m e unha altura máxima de 40 cm.

No transcurso dos labores de seccionado e/ou trasladoda superficie gravada, esta sufriu unha dobre frag-mentación oblicua con vértice no centro do ángulo infe-rior da superficie gravada total. Unha delas coincideexactamente coa depresión natural de 2,30 m á que nosreferimos máis arriba, mentres que a outra, de 1,30 m,secciona horizontalmente, case en dúas metades iguais,a metade superior do triángulo que serve de soporte aoGrupo B. Ambas fracturas son perfectamente visibles nainstantánea que publica a revista Mondariz en 1908,despois do traslado dos gravados.

2.4.1.—As coviñasEn relación coas coviñas, cazoletas ou puntos, oelemento de maior simplicidade formal de todos os queconstitúen o repertorio atlántico de arte rupestre, ainmensa maioría das que conforman o petróglifo daChan da Gándara son do mesmo tamaño e inscríbensedentro de círculos simples ou divididos en cuadrantes.Con todo identificamos algúns exemplos illados,situados fóra de calquera tipo de envolvente xeométricaou orgánica que explican a súa localización de formaaparentemente caprichosa.

Como excepción a esta norma destacaremos unhaagrupación de sete coviñas situada no Grupo B.Separado dos demais motivos do panel e carente deenvolvente, este grupo presenta a mesma pauta organi-zativa que os grupos de cazoletas incluídos dentro decírculos e outros motivos informes. Destaca unica-

255

Calco dixital do Grupo A

Calco dixital do Grupo B

Page 10: O petroglifo da Chan da Gándara (Mondariz Balneario)

mente o tamaño dunha delas, que presenta o dobre dodiámetro medio de todas as demais. En xeral, as cov-iñas de maiores dimensións tenden a aparecer illadas,fóra de calquera tipo de envolvente, reservando as demenor tamaño para reencher os círculos e demaismotivos amorfos.

2.4.2.—Os círculos

Nesta altura destacaremos que os círculos decoradoscon cazoletas no seu interior, tipo Chan da Gándara,son unha particularidade do sector meridional da arterupestre galaica (De la Peña Santos e Rey García(2001:36), unha realidade na que tamén é frecuente aaparición dunha maraña de trazos tendentes a unir osdistintos motivos circulares. Autores como FábregasValcarce (2010:31), que teñen estudado con detalle ospetróglifos da bisbarra situada ao SW da ría viguesa,constatan tamén como os círculos simples recheos decazoletas son unha das variantes máis frecuentes nesteámbito territorial (v.g. os gravados da Chan da Cruz ouPorteliñas I en Redondela).

Chama a atención que o recheo dos motivos circularescon cazoletas dos gravados da Chan da Gándara nonsegue unha pauta ordenada, rítmica e regular, como aque presenta por exemplo o Outeiro da Forcadela ou aLaxe de Irena (Ponte Caldelas), interpretados comoposibles escudos37, senón que opta por unha distribu-ción de cazoletas aparentemente irregular e “caótica”,ao igual que os exemplos da Laxe das Sombriñas ou ARaña 1 (Ponte Caldelas), todos eles alleos a unha sensi-bilidade xeométrica que ten como única normaaparente a equidistancia dos motivos hemisféricos. Estanotable diferenza desbotaría, a priori, a posibilidade deque os círculos reenchidos de cazoletas da Chan daGándara teñan unha intencionalidade figurativa.

Catro dos círculos representados nos gravados do nosopetróglifo aparecen divididos por un único cruciforme.Este motivo, o da cruz inserida nun círculo, está pre-sente en moitos outros petróglifos do denominado esti-lo atlántico, caso da Laxe do Barón (Forzáns; PonteCaldelas) por exemplo.

A este respecto Santos Estévez (2007:93), malia nonter estudado in situ o gravado en cuestión, sostén que“en varias fotografías publicadas por Sobrino(200038), se observa como una cruz inscrita en un cír-culo reaprovecha un surco perteneciente a una com-binación circular de Estilo Atlántico”. A este respectodebemos afirmar que, no transcurso do traballo queaquí presentamos, non puidemos apreciar unhadiacronía evidente –con base na diferenza de deseño

dos gravados, na profundidade ou na diferenza de sec-ción da superficie insculturada– entre o suco quedefine os círculos e as cruces que se gravaron dentrodeles, catro en total como dixemos.

2.4.3.—Os motivos subcirculares

Os motivos subcirculares ou informes, identificadostamén como figuras ovais pola literatura científica,ocupan no panel da Chan da Gándara a mesma posi-ción sintáctica que as formas circulares. Xa que logo,os principios espaciais que regulan a disposicióndestes motivos semellan idénticos aos exhibidospolas formas xeométricas puras, isto é, os círculos.Ao igual que acontece con estes, a tendencia maiori-taria no noso gravado é a de cubrir ou completar oseu corpo interno con cazoletas, pero non con cruci-formes, a diferenza do que sucede cos motivos circu-lares. Quizais a explicación a esta disparidade de cri-terio estea en que os gravadores puideron ver coninterese a xeometrización das formas puras, en con-creto pola simetría resultante, desbotando polodesigual resultado estético a dos motivos informes.

En todo caso dáse sempre unha proporción equilibradaentre a dimensión dos motivos, sexan ou non subcircu-lares, e a composición no seu conxunto, unha carac-terística á que tamén contribúe a concepción do espa-zo intermedio existente entre estes dous deseños. Esteespazo aparece cuberto, nalgún caso, con algunhacazoleta illada ou ben cunha combinación circularpuntual, pero sobre todo por trazos liñais e curvos.

Ao igual que acontece cos círculos, a relación existentesobre o panel entre os motivos subcirculares empregapor igual a tanxencialidade que a unión a través de liñasen forma de apéndice.

2.4.4.—Encadramento global

A tipoloxía do petróglifo da Chan da Gándara nonresponde ao patrón atlántico clásico, protagonizadopor motivos xeométricos e/ou naturistas. Aquí os círcu-los concéntricos con coviña central, o que arqueólogosbritánicos de principios do século pasado como Mr.Hawkes39 ou Marjorie M. Sweeting40 denominan tipo“cup and ring” e que recentemente estudaron autorescomo R. Bradley41, quen propuxo para eles unha dat-ación anterior ao III milenio, deixan paso a un únicocírculo ou, no seu caso, a un motivo seudocircular queserve de límite, ben a coviñas, ben a cruciformes, bena ambos motivos.

Xa que logo, a nosa pedra cabería encadrala dentro dorepertorio xeométrico da arte rupestre atlántica, aquela

256

Page 11: O petroglifo da Chan da Gándara (Mondariz Balneario)

formada, esencialmente, por cazoletas e círculos simplesreenchidos con cazoletas, mais carentes do habitualapéndice illado que, partindo do centro do círculo,excede os límites daquel. Son, en consecuencia, unabano de figuras xeométricas simples, –a maioríacírculos, aínda que algunhas delas motivos subcircularesou círculos irregulares– que aparecen decoradas concruciformes e/ou cazoletas no seu espazo interno.Cómpre destacar que, cando son estas últimas as quecompletan o corpo dos deseños, non sempre o fan porcompleto, senón que seguen unha pauta aparentementealeatoria que non somos quen de xustificar.

Ademais os círculos e demais motivos informes equiva-lentes aparecen complementados e interconectados pormotivos curvos e liñais, semellando buscar unha sintaxesignificativa unitaria realizada nun único momento. Tale como afirma Santos Estévez (2007:54) en relaciónco estilo atlántico, “cuando aparecen elementos lineales,estos nunca constituyen motivos propiamente dichos,sino que forman parte siempre de diseños máscomplejos”; tal é o caso.

Con todo a apreciación xeral que propón o mesmo autor(op. cit.) en relación co estilo atlántico no sentido deque “todos los diseños geométricos de este estilo se car-acterizan fundamentalmente por la colocación de loselementos básicos formales en función de un puntoprincipal, que en muchas ocasiones se sitúa en el cen-tro de la figura y que prácticamente en la totalidad delos casos conocidos este punto aparece indicado con unpunto o cazoleta, en torno a la cual se pueden dispon-er los círculos concéntricamente, en espiral o del cualparten las líneas o apéndices” non se cumpriría no casoda Chan da Gándara. Aquí a morfoloxía orixinal dosoporte, eis, os alombamentos naturais, insisto, moitomáis acusados na súa localización orixinal, semellanser determinantes á hora de explicar a distribución dosgravados, que viría dada fundamentalmente polas posi-bilidades naturais que ofrece a pedra-soporte e polacomodidade de quen os insculturou. Por iso cremos,con De la Peña Santos e Rey García (2001:34), que “nonparece moi operativo investir demasiados esforzos entratar de sistematizar un conxunto de deseños nos queas variantes (...) son demasiado numerosas ”.

2.5.—A protección legal

No ano 1911 o Goberno do Estado aprobou a “Ley de 7de julio de escavaciones arqueológicas y antigüedades”e, ao ano seguinte, o seu regulamento, co obxecto deregularizar a actividade arqueolóxica en España. Antesdesa data os traballos arqueolóxicos eran desenvolvidospor estudosos e profesores, pero tamén por afecciona-

dos como Peinador Lines, de aí que non teñamos con-stancia de que o traslado do petróglifo da Chan daGándara, descuberto catro anos antes da entrada envigor do regulamento da lei, fose sometido ao ditame doórgano competente do Estado. A maiores a arterupestre galega, a inicios da década de 1900, atopábasenunha fase de estudo e valoración embrionaria, sendoxulgada de forma anecdótica como un tertium genus nocontexto da actividade arqueolóxica xeral e galega enparticular. A reversión radical deste proceso terá o seuinicio coa Exposición Regional de Santiago 1909, ondea Sociedad Arqueológica de Pontevedra exhibe unhacolección de debuxos de gravados prehistóricos realiza-dos sobre rocha, e de forma definitiva coa a constitu-ción do Seminario de Estudos Galegos en 1923, e máisconcretamente coa publicación do Corpus a cargo deSobrino Buhigas que, como xa vimos, tamén se ocuparado noso gravado rupestre.

Xunto co motivo serpentiforme do Castro de Troña, opetróglifo da Chan da Gándara é o único ben culturalsito no concello de Ponteareas que ten recoñecida acategoría de Monumento Histórico-Artístico e Ben deInterese Cultural (BIC) por aplicación do art. primeirodo decreto 3741/1974 do 20 de decembro (BOE, nº 59 do10 de marzo de 1975).

En decembro de 2004 procedeuse á revisión do inven-tario de xacementos arqueolóxicos do concello dePonteareas, traballos que correron a cargo da empresaGOC, S.L. Como consecuencia disto creouse unha fichaxenérica42 denominada “Restos arqueolóxicos daQuinta de Pías”, que se dedica a un conxunto de acha-dos illados (o petróglifo da Chan da Gándara e unsepulcro medieval antropomorfo entre outros), maisobvia todas as circunstancias legais específicas que lleafectan ao noso petróglifo.

Aspecto actual do petróglifo da Chan da Gándara

257

Page 12: O petroglifo da Chan da Gándara (Mondariz Balneario)

3.—Conclusións

A temática xeométrica de gravados como o da Chanda Gándara, tal e como sosteñen Aparicio Casado ePeña Santos (2011:67), “aparenta denotar unha lin-guaxe simbólica, posiblemente exclusiva de certosindividuos –deliberadamente críptica, por con-seguinte– que interactúan con ela con propósitospara nós descoñecidos.

Podemos estar diante doutra elite, dun grupo cun sta-tus singular (...) de grupos minoritarios que pugnanpor acceder a posicións dominantes aproveitando onovo marco económico, social e cultural que se está acrear” nesta fase da prehistoria, a mesma que coincidecoa transición do III ao II milenio a.C. Esta mani-festación cultural prodúcese nun lugar concreto, unespazo situado á beira do vao dun río, nunha posicióndominante que permite controlar visualmente esta víanatural de tránsito, un feito que, unido á inexistenciadoutros gravados na contorna inmediata, semellaatopar xustificación máis alá da mera existencia casu-al dun soporte óptimo para ser gravado.

A decisión de trasladar este petróglifo tomada porEnrique Peinador Lines é, no estado actual dos nososcoñecementos, a primeira desta natureza que seadoptou na historia de Galicia, o que supón toda unhafeliz novidade no proceso de valorización social dopatrimonio cultural do noso país, máxime se esta xorde,non do ámbito académico como cabería esperar, senónda burguesía comprometida culturalmente, a mesmaque atopou na identidade xenuína de Galicia un valorengadido para o seu negocio.

A ditadura franquista supuxo para este ben cultural,como para tantos outros, a condena ao desleixo e aoabandono. As mentes máis cultivadas, emprendedoras esensibles –entre elas as dos Peinador– foron liquidadas,anuladas ou obrigadas a expatriarse, o que permitecomprender o espolio sufrido polo Museo de Pías, oprimeiro etnoarqueolóxico de Galicia, recordemos denovo. O volume e peso da pedra que soporta os gravadosdescubertos por Peinador Lines foi, cando menos,correlativo ao da ignorancia dos espoliadores, o que llepermitiu seguir no mesmo lugar que ocupou desde o seutraslado primeiro.

Por último non quero deixar de reclamar o mellorfuturo para o petróglifo da Chan da Gándara, solicitan-do aos seus propietarios que garantan a súa conser-vación nas mellores condicións, abrindo incluso peri-odicamente as súas portas para que a sociedade poidacoñecelo fisicamente. Alén diso, sería posible propoñerunha cesión ou venda á Administración para que poidaser exhibido con dignidade e mimo ao grande público?Se a Galicia actual (política, empresas e cidadanía)tivese a autoestima cultural que tiveron hai cen anosos Peinador, esta sería unha pregunta con respostainequivocamente positiva, pero “de minimis non curatpraetor”. Aínda.

Agradecementos: A David Barros, Museo dePontevedra, Aguas de Mondariz, S.A., Concellode Vigo e Antonio de la Peña Santos.

258

Page 13: O petroglifo da Chan da Gándara (Mondariz Balneario)

259

— APARICIO CASADO, B. e PEÑA SANTOS, A. (2011): Símbolossen memoria. Arte rupestre en Ponte Caldelas. Ed. Deputaciónde Pontevedra.

— BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R. (2012): Murguía y Mondariz.Ed. Fundación Mondariz Balneario.

— BRADLEY, R. e FÁBREGAS VALCARCE, R. (1999): La “Ley dela Frontera”. Grupos Rupestres Galaico y Esquemático yPrehistoria del Noroeste de la Península Ibérica. Trabajos dePrehistoria. Volumen 56, nº 1. Madrid.

— CARRERA RAMÍREZ, F., COSTAS GOBERNA, F. J., REY GARCÍA,M., e PEÑA SANTOS, A. de la (1994): El arte rupestre Galaico:una reflexión crítica sobre presente y una propuesta para elfuturo. Madrid: Trabajos de Prehistoria, 51 (2). 41-54.

— CARRERA RAMÍREZ, F., (1996): Ficha para la diagnosis delestado de conservación de los petroglifos gallegos. Vigo: Revistado Museo Municipal Quiñónes de León 9-10: 91-108.

— CASTILLO CAMPOS, M.ª J. (1992): Historia del Balneario deMondariz hasta 1936. Tese doutoral inédita.

— COSTAS GOBERNA, F. J.; HIDALGO CUÑARRO, J. M; PEÑASANTOS, A. de la (1999): Arte rupestre no sur da ría de Vigo.Instituto de Estudos Vigueses, Vigo, pp. 84.

— FÁBREGAS VALCARCE, R. (2010): Os petróglifos e o seu contexto.Un exemplo da Galicia meridional. Ed. Instituto de EstudiosVigueses. Vigo.

— FÁBREGAS VALCARCE, R.; PEÑA SANTOS, A e COSTAS GOBERNA,F. J. (2000): Arte Rupestre Prehistorica della Galizia. Storia,Temática e Contesto. De Petroglyphis Gallaeciae. Pinerolo (Italia).

— GARCÍA ALÉN, A. e PEÑA SANTOS, A. de la (1980): Gravadosrupestres de la provincia de Pontevedra. Fundación PedroBarrié de la Maza, Conde de Fenosa. A Coruña.

— GONZÁLEZ PÉREZ, C.: (1974) Voz “Museo de Pías”; GranEnciclopedia Gallega. T. 22.

— GONZÁLEZ PÉREZ, C.: (1983) Aproximación a la Historia dePonteareas. Ponteareas.

— MARTÍNEZ LÓPEZ, M. C. (1997): Contribución a un Sistemade Registro de Yacimientos Arqueológicos en Galicia. CAPA(Criterios y convenciones en Arqueología del Paisaje), 2.Santiago: Grupo de Investigación en Arqueoloxía da Paisaxe.

— MARTÍNEZ TAMUXE, X. (1993): Aportación al estudio delarte rupestre gallego en el municipio de Ponteareas. Soberosum,nº 1; p. 37-53.

— MURGUÍA, M.: (1905) Historia de Galicia. Tomo II. 2ª ed. Ed.Centro Gallego de la Habana. A Coruña.

(1908) Peñasco con insculturas existente en el lugar de Chanda Gándara. La Temporada en Mondariz nº 12. 16 de agostode 1908.

(1915) Peñasco con insculturas en Mondaríz. Boletín da RealAcademia Gallega. 1 de xullo de 1915.

— PAREDES PARDO, A.: (2011) Mondariz Balneario. Episodiosmemorables. Ed. Deputación de Pontevedra.

— PEÑA SANTOS, A. de la; REY GARCÍA, J. M. (1998): Perspectivasactuales en la investigación del arte rupestre galaico, en AIdade de Bronce en Galicia: Novas perspectivas. Edic. de RamónFábregas Valcarce. Cadernos do seminario de Sargadelos, 77.Edicións do Castro, A Coruña, pp. 221-241.

— PEÑA SANTOS, A. de la; REY GARCÍA, J. M. (2001): Petroglifosde Galicia. Vía Láctea Editorial. A Coruña.

— PEÑA SANTOS, A. de la (1999): Os petroglifos galegos, Ed. ANosa Terra. Vigo.

— PEÑA SANTOS, A. de la e VÁZQUEZ VARELA, J. M. (1996), Lospetroglifos gallegos. Grabados rupestres prehistóricos al airelibre en Galicia, Sada. Ediciós do Castro. (3ª edición).

— PÉREZ SÁNCHEZ, Y: (2005) El balneario de Mondariz: lacreación de un lugar (1873-1931). Tese doutoral inédita.Universidade de Santiago de Compostela.

— PÉREZ, Y., SERRANO TÉLLEZ, N., VILAR ÁLVAREZ, M.: (1996)El desaparecido Museo de Pías en el balneario de Mondariz.Actas do III Congreso de historia da antropoloxía e antropoloxíaaplicada: Pontevedra, 14- 16 de novembro, Vol. 2, 1997, pp.145-168.

— RODRÍGUEZ SAIZ, E.; (2009) Novos petroglifos no contornoda área arqueolóxica de Tourón, Ponte Caldelas. Rev. Gallaecianº 28. pp. 69-76.

— SANTOS ESTÉVEZ, M: (2007) Petroglifos y paisaje social enla prehistoria reciente del noroeste de la península Ibérica.Tapa, traballos de arqueoloxía e patrimonio nº 38. Santiago deCompostela.

— SOBRINO BUHIGAS, R: (2000) Corpus PetroglyphorumGallaeciae. Reedición facsimilar del original de 1935. Ediciósdo Castro. Santiago de Compostela.

— VÁZQUEZ ROZAS, R. (1993): Los petroglifos gallegos: Selecciónde su emplazamiento y selección de las rocas grabadas. Actasdel XXII Congreso Nacional de Arqueología, Vol. I. Vigo, pp.69-76.

— VÁZQUEZ ROZAS, R. (1997): Petroglifos de las Rías Baixasgallegas. Análisis artístico de un arte prehistórico. Servizo dePublicacións da Exma. Deputación de Pontevedra. Pontevedra.

Publicacións periódicas

— BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA: Publicación periódicada Real Academia Galega. Varios números.

— NOSA TERRA, A: Publicación periódica das Irmandades da Fala.Varios números.

— TEMPORADA EN MONDARIZ, LA: Publicación periódica doBalneario de Mondariz. Varios números.

BIBLIOGRAFÍA

Page 14: O petroglifo da Chan da Gándara (Mondariz Balneario)

260

1 Arquivo do Museo de Pontevedra.2 Os petróglifos de Gondarán (Cangas), o da Lagoa de San Pedro (Porto do

Son), Borroa (Arteixo), a Laxe dos Cebros (Cotobade) ou a Laxe dasPicadas (Poio) tamén son exemplos de gravados rupestres que forontrasladados ao longo das últimas décadas co obxecto de garantir a súaconservación. O periplo deste último gravado, trasladado primeiro ao eidoda familia Sobrino no ano 1951 para evitar que fose destruído polos canteirose, máis tarde, no ano 1976 ao Museo de Pontevedra, garda moitos paralelosestilísticos cos gravados da Chan da Gándara. Pola mesma época SobrinoBuhigas levaba para o seu “museo” do Instituto de Pontevedra varios fragmentosatopados en Samieira, os dous do museo actual e outros dous que se depositaroncomo intercambio no Museo Arqueológico Nacional.

A maiores un fragmento do coñecido como Petróglifo do Polvorín, descubertoen 1913 polo director do Arquivo do Reino de Galicia, Jesús González delRío, foi trasladado ao Museo de San Antón (A Coruña) pouco despois paragarantir a súa conservación xa que, hai agora 101 anos, tamén estaba ameazadopor unha canteira.

3 “La fábrica de Sargadelos”; Año XV, nº 32; 1 de xuño de 1903.4 “Un museo regional en Mondariz”; La Temporada, Año XVI, nº 14.5 “Mondariz templo de�enxebrismo. Os exemplares irmáns Peinador”; A NosaTerra, 28 de febreiro de 1921; nº 135.

6 O empresario compilou a modo de exemplo case 300 verbas do “Vocabulariodos cesteiros de Mondariz”, que publicou na revista Nós, boletín mensualda cultura galega. -Ed. facs. - Ano 3, n. 11 (26 xun. 1922); p. 12 Ano 3, n.13 (1-XI-1922); p. 15-16 Ano 3, n. 14 (1 Nadal 1922); p. 18.

7 “La granja de Pías”; La Temporada, Año XVI, nº 16, 18 de setembro de 1904.8 X, “Un museo original I”, Mondariz, 20 de xaneiro de 1919, nº 34. pp. 686.9 “Mondariz-Vigo-Santiago. Guía del turista, Imprenta de los Sucesores de

Ribadeneyra, Madrid, 1912, p.13.10 Segundo publica o Boletín da Real Academia Gallega no ano 1915 e o nº 14

de La Temporada, Angel del Castillo visitou Mondariz convidado por PeinadorLines para estudar o patrimonio cultural da comarca: o Castelo do Sobroso,a Ponte de Cernadela, as igrexas románicas de Angoares e Casteláns, oMosteiro de Melón, así como os restos depositados no Museo de Píasprocedentes das igrexas de Padróns e Riofrío. “Pero lo mas interesante, sinduda fue e minucioso estudio que llevó a cabo de los castros de dicha comarca,señalando la existencia de los de Frades, Caneiro, Meirol, Troña, Lougares,Vilar, Seares, Castelo, Castromao, Prado, Coto Redondo y Hachas, en cuatrode los cuales (Caneiro, Troña, Castelo, Coto Redondo) practicó excava-ciones que dieron por resultado el descubrimiento de antiguas poblaciones”.

11 AAVV; 1996:157.12 “El Castillo del Sobroso”, Vigo : Talleres de Faro de Vigo. p. 58.13 Algúns autores mencionan o topónimo Eido da Burra para identificar a

procedencia dos dous gravados que se exhibiron no exterior do Museo Etno-Arqueolóxico de Pías, mais non aclaran cal deles (o que está depositado noMuseo de Ponteareas ou o que aínda se atopa na Granxa de Sanmil) procededeste lugar.

14 Lisa Gamallo Garrido, nada en 1924 e residente no lugar das Pedras (barriodo San Pedro, o máis próximo ao afloramento granítico), recorda que, sendoela nena, no lugar da Canteira houbera unha pequena caseta que era utilizadapolos canteiros.

15 Concretamente 675 m ao W deste punto.16 ED50 fuso 29N.17 ED50 fuso 29N.18 Xacemento non inventariado situado a 207 msnm na parroquia de Sta. Baia

de Mondariz (Mondariz).19 GA36030005 no Inventario Xeral de Galicia. Localízase a 68 msnm tamén

na parroquia de Sta Baia de Mondariz (Mondariz).20 GA36030107 no Inventario Xeral de Galicia. Localízase a 2,5 km na parroquia

de Queimadelos (Mondariz).

21 O seu emprazamento e os motivos que este conxunto acolle son moi diferentesdo que nos ocupa.

22 Federico Maciñeira publicara seis anos antes un traballo titulado “Ejemplaresgallegos y portugueses de la escritura hemisférica”. Boletín da Real Academiade la Historia. 1902. páx. 439-444.

23 O Monte dos Bicos é un dos testemuños arqueolóxicos máis valiosos de todosos que se conservan na península coruñesa da Torre. Trátase dun gravadorupestre, probablemente histórico, que se sitúa en Punta Herminia, a carónda Torre de Hércules, sobre un promontorio desde o que podemos gozardunha estupenda visión de todo o Golfo Ártabro. Neste lugar, sobre unafloramento rochoso, localizáronse no ano 1898, sendo publicados por MartínezSalazar (“Prehistoria Coruñesa: Las piedras con signos del Monte dos Bicos”en La Voz de Galicia, 8 de agosto de 1898). As representacións dispóñensede forma aparentemente anárquica pola superficie granítica, combinandoformas xeométricas con cruces e signos, mais carece de cazoletas.

24 Pérez Sánchez (2005); p. 80.25 Xosé Ramón Barreiro publicou en 2012 o libro Murguía y Mondariz, onde

aborda, entre outras cuestións, a intensa relación persoal que mantivo ManuelMurguía coa familia Peinador.

26 Refírese aos irmáns Enrique e Ramón Peinador Vela, promotores do balneariode Mondariz.

27 En 1888 xa publicara o seu traballo titulado Galicia, obra na que se dedicoupor extenso á defensa da xénese celtista do noso país.

28 Probablemente estase a referir aos gravados da Rocha de Carnés, publicadospor Ramón Barros Sivelo en “Antigüedades de Galicia”. Imprenta de DomingoPuga. A Coruña, 1875.

29 “De otra importante inscripción hemiesférica hallada en el ayuntamientode Entrimo, provincia de Orense”. La Temporada de Mondariz, XX, nº14.Mondariz, 1908.

30 García De La Riega, C.: “Prehistoria gallega”. En La Temporada en Mondariz,año XX, nº 11. Mondariz, 9 de agosto de 1908.

31 O Corpus de Sobrino inclúe tamén a instantánea dunha “pedra pequeniñano xardín das Pías” (fig. 182), hoxe custodiada no Museo de Ponteareas,cuxa orixe exacta énos descoñecida.

32 Algún autor ten interpretado como un “deseño antropomorfo” un dos motivosinformes representados no noso petróglifo, identificación esta que foicualificada como “muy dudosa” por García Alén e Peña Santos (1980:100)e que nós cremos totalmente infundada.

33 La Temporada. 1925. nº 4.34 Para máis información acerca dos obxectos arqueolóxicos que se exhibían

no museo ver páxs. 162-164 do traballo de Yolanda Pérez, Nuria SerranoTéllez e Manuel Vilar Álvarez.

35 Op. cit; fig. 182.36 Estas últimas medidas son estimativas, xa que a pedra fracturouse por este

punto, o que impide coñecer con exactitude a súa mensura orixinal, cuestiónesta á que, desafortunadamente, non prestaron maior atención os investi-gadores que a coñeceron in situ.

37 Este argumento ten na súa contra, entre outros, a disposición do soporte,que nada destaca sobre o terreo, isto é, non semella realizado para ser vistoa media ou longa distancia, tal e como acontece na maioría dos paneis queacollen armas.

38 Sobrino Buhigas, R. 2000. Corpus Petroglyphorum Gallaeciae. Reediciónfacsimilar del original de 1935. Ediciós do Castro. Santiago de Compostela.

39 Catedrático de arqueoloxía europea da Universidade de Oxford.40 Profesora do Departamento de Xeografía da Universidade de Oxford.41 Rock art and the prehistory of Atlantic Europe. 1997. Londres.42 Codificada oficialmente como GA36042REF-8.

NOTAS