Top Banner
Lone Elisabeth Olesen O outo peludo
22

O outo peludo

Mar 09, 2016

Download

Documents

Disque aquela montaña é un ser vivo, unha criatura que esperta cada varios séculos, mais a xente da vila non ten medo, viven e rin ao seu redor. Porén, todos ollan para ela de esguello...
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: O outo peludo

Lone Elisabeth Olesen

O outo peludo

Page 2: O outo peludo

2

© Texto: Lone Elisabeth Olesen, 2011.

© Tradución: Xavier Frías Conde

© Lastura, 2011. www.lastura.blogspot.com

Creative Commons

Alcálima by Xavier Frias Conde is licensed under a Crea-

tive Commons Reconhecemento-Não comercial-Sem

obras derivadas. 3.0 Espanha License.

All rights reserved worldwide.

Page 3: O outo peludo

O OUTO PELUDO

Page 4: O outo peludo
Page 5: O outo peludo

5

Preto de Roskilde, en Dinamarca, existe

un lugar chamado O Outo Peludo. Cóntase

que a aldea recibira ese nome por mor dun

monstro estraño que veu xacando habitar

nalquel lugar. Non se trataba nin dun xigan-

te nin dun oso. Algúns afirmaron que era un

orco xigante, mais na verdade ninguén nun-

ca non vira cousa parella.

Unha certa mañá chegou aquel ser xigan-

te camiñando de lonxe e botouse a durmir

nunha campa. Os habitantes da aldea máis

achegada estaban no inicio moi asustados,

mais ao cabo parecía que aquel ser non

acordaba. Após un par de días, a xente

achegouse até alí para ver como alentaba.

Xa de lonxe víase como o seu bandullo de

xigante se erguía cada vez que respiraba.

A meiga da zona, de quen se dicía que

era experta en asuntos de troles, foi a única

que ousou aproximarse até o mesmo trol.

Cando volveu dixo:

Page 6: O outo peludo

6

– Évos un balixofax. Son unha especie

estraña de máis. Primeiro comen, logo van

durmir durante cen anos. Mais ninguén sabe

o que fan cando acordan.

Convocouse a concello os habitantes da

aldea e dos arredores. Concordouse que non

se podía incomodar o balixofax. Non querí-

an correr o risco de o ser espertar antes da

hora.

Todo o que se dixo na reunión foi anota-

do pormenorizadamente e rexistrado no li-

bro das actas.

Mais aconteceu o que adoita suceder cos

acordos deste xénero. Axiña os rapaces do

lugar comezaron a facer apostas sobre quen

tiña o valor de chegar máis preto do gran

monstro. Aos poucos, xa todos alcanzaron o

lugar e, como non acontecía nada, pararon

de apostar. Os rapaces máis ousados mesmo

tocaron o balixofax, descubrindo, para a súa

sorpresa, que a súa pelella era ben fofiña ao

tacto.

Page 7: O outo peludo

7

Un certo día apareceu unha rapaciña pe-

quena que estaba moi triste porque o seu

irmán botara no pozo o seu osiño de pelu-

xe.

Xurou que marcharía da casa para sem-

pre, mais da que chegou ao compo onde

durmía o balixofax, lembrou o que os rapa-

ces maiores dixeran del: que era moi suave

e agradábel ao tacto! Como ela xa ía cansa e

coidaba que non podería camiñar máis,

achegouse até o ser. O seu bandullo xigante

subía e baixaba amodiño. A cada seu alento

xurdía un sopro coma unha fraga de piñei-

ros en movemento.

Primeiro a rapaza puxo a man con coida-

do na perna dianteira, ou seica era o brazo,

porque non estaba moi claro. O ser era moi

fofiño e moi suave. Despois acubillouse en-

tre a pelella do balixofax. Era aínda moito

máis fofiño que o seu osiño de peluxe que,

infelizmente, acabara no pozo. A nena con-

toulle ao balixofax como o seu irmán se

Page 8: O outo peludo

8

comportara tan cruelmente con ela e logo

adormeceu.

Montouse un rebumbio tremendo cando

os seus proxenitores volveron do campo e

non a atoparon. Mais a cousa aínda peorou

cando o ferreiro a achou no campo, ao carón

do balixofax. A todos os demais rapaces

pareceulles que a nena fora moi valente. Por

iso, desde aquela, comezaron a ir onda o

ser, que sempre durmía; por iso, déronse

avezado á súa presenza.

Aos maiores, no inicio, non lles prestaba

que os rapaces andasen por alí, mais cando

á fin descubriron o mestre da escola a ron-

car coa cabeza apoiada na perna do balixo-

fax, tornouse imposíbel prohibirlles aos fi-

llos que fosen alí tamén eles. Foi daquela

cando a xente comezou a chamar o lugar O

Outo Peludo. No principio referíanse ao te-

rritorio, mais axiña pasoulle o nome tamén

ao bolixofax.

Page 9: O outo peludo

9

– Tes que ir a O Outo Peludo –adoitaba

aconsellar a xente cando alguén tiña facha

de estar canso e precisaba repouso.

Mesmo non se sabe exactamente cando a

aldea tomou o nome d'O Outo Peludo, mais

debeu acontecer cando xa o balixofax leva-

ba algúns anos naquela campa, se atende-

mos para o que din os arquivos locais.

Tampouco é para estrañar que a xente

non viñese de lonxe para ver aquel ser es-

traño, mais é que nun certo momento os ha-

bitantes da zona decidiran manter a historia

en segredo. O labrego propietario da campa

onde durmía o ser comezou xa a labrar a

pouca distancia, mais arredor do balixofax

deixou medrar a herba. Á fin, o único que se

lograba ver era o bandullo que salientaba

por riba da herba alta e das espigas.

E entrementres, o balixofax durmía e

durmía. Ás veces roncaba, de xeito que o

ruxido semellaba as augas dun río a bate-

ren.

Page 10: O outo peludo

10

Durante o inverno tornouse aínda máis

peludo e non parecía sentir para nada a fria-

xe. Ao contrario, a xente acudía onda el pa-

ra aquecer cando a neve cubría todo, pois

sabían que alí atoparía calor.

E así as cousas, decorreron moitos anos.

De facto, decorreron case cen anos.

Cando a xente abandonaba O Outo Pelu-

do e os arredores, adoptaban grandes cans

peludos, e caso non puidesen ter un na casa,

facían doazóns a favor dos osos en perigo

de extinción e ían moi decote ao zoo.

Mais un día, un político do Concello ato-

pou un documento e vello e esquecido men-

tres procuraba un índice no arquivo d'O Ou-

to Peludo. Era o decreto que indicaba como

se comportar perante o balixofax que se

achaba no campo do Hans Jensen – con da-

ta.

Mais ningún non sabía, segundo as decla-

racións da Sørine Caroline Olufsen (nome á

Page 11: O outo peludo

11

antiga) O QUE FAN OS BALIXOFAXES

CANDO ACORDAN.

Producíronse confusión e inquedanza xe-

rais n'O Outo Pelludo. Se un ser coma aquel

durmía durante cerca de cen anos, tocaríalle

xa acordar de seguida. E despois o que aca-

ecería? De que se alimentaría un balixofax?

Foron convocadas asembleas para tratar o

asunto. Debían desenvolverse coa máxima

discreción. Se os medios de comunicación o

descubrían, a xente acudiría a O Outo Pelu-

do en masa para ver de preto o ser, de xeito

que as zonas de lecer e mais as ca-

sas declaradas como patrimonio cultural

arruinarían, coa consecuencia lóxica de que

a xente abandonaría o lugar e o valor das

propiedades ficaría reducido á décima parte

do actual, ademais de que a actividade co-

mercial normal sería substituída por vende-

dores de suvenires e por moteis. Si, a todo

custo era preciso que a noticia non ultrapa-

sase os concellos.

Page 12: O outo peludo

12

Mais os cidadáns non daban concordado.

Era preciso emitir un plan de emerxencias

ou era preciso agardar ao desenvolvemento

dos acontecementos porque aínda non deco-

rreran os cen anos?

Durante as intervencións cheas de paixón

había sempre alguén que se recordaba co-

mo, cando cativo, se confiara ao balixofax

cando toda a xente o rexeitaba e que mesmo

durmira ao lado do balixofax.

Á final os cidadáns d'O Outo Peludo con-

cordaron que os bombeiros debían elaborar

un plano de evacuación que se podería exe-

cutar no mesmo momento en que o ser

acordase. Loxicamente isto só acontecería

caso existise risco contra a integridade das

persoas.

Foron publicadas nos xornais algunhas

noticias acerca de osos fuxidos do zoo, mais

remataron axiña e a vida n'O Outo Peludo

volveu pouco a pouco á normalidade.

Page 13: O outo peludo

13

Decorreu un ano, dous anos e logo...

ACORDOU O BALIXOFAX!

Dous rapaciños estaban daquela sentados

alí, cando o balixofax, de repente, interrom-

peu a súa respiración normal e largou un

gruñido que ninguén tiña sentido antes. Os

rapaciños espantáronse, mais cando o bali-

xofax se moveu, liscaron o máis rápido po-

síbel até a árbore máis próxima.

O balixofax ruxía e gruñía. Soaba como

unha gaiola de leóns á hora da comida. Es-

preguizouse tanto que se sentiron as súas

articulacións. Soaba como a madeira seca

nunha fogueira xigantesca na noite de San

Xoán.

Os dous rapaciños eran testemuñas de to-

do aquilo desde a árbore e case que esque-

ceron ter medo durante media hora, que foi

o tempo que o balixofax empregou para se

espreguizar de todo. Na súa vida nin viran

nin ouviran nada tan interesante.

Page 14: O outo peludo

14

Ao cabo, o ser ergueuse. Era alto coma

unha árbore e feo coma un trol. E fitou os

rapaces como se tivese sabido todo o tempo

que estaban alí.

Despois o monstro largou algo nunha lin-

gua descoñecida e virándose de costas á ár-

bore, foi embora. Os rapaciños decatáronse

entón que tiña un longo rabo.

A xente que moraba nas granxas dos

arredores non puideron deixar de notar que

o balixofax acordara. O barullo era incríbel

en atravesando os campos ás alancadas. Pa-

recía ir cara a O Outo Peludo!

Onde os bombeiros hoube un aluvión de

telefonadas. Habían decidir se era o mo-

mento de activar o plano de evacuación ur-

xente ou non.

Entrementres, o balixofax chegar á peri-

feria d'O Outo Peludo. Viu un par de perso-

as e emeteu uns sons inintilixíbeis. A xente

liscou ás carreiras. Para eles, aqueles sons

Page 15: O outo peludo

15

mal podían ter un significado: que o balixo-

fax os quería COMER!

O balixofax entrou na aldea sen que o in-

comodasen, mentres cadanseu paso facía

tremer as casas como sacudidas por un te-

rremoto. Había unha anciá que estaba a

durmir unha soneca despois da xanta. Acor-

dou cando as potas das flores da xanela cae-

ron ao chan. Aquela muller era das máis

anciás da aldea e, co tempo, tornárase un

bocadiño xorda. Primeiro pensou que fi-

nalmente permitiran aos tráileres pasar por

baixo da súa casa e decidiu que se aquilo se

repetía, iría ao Concello para protestar, mais

cando quitou a cabeza pola xanela, o único

que viu foron AS PERNAS DO BALIXO-

FAX.

Ollou para riba, pois que non estaba se-

gura de ter visto ben. Algures no alto viu os

grandes ollos do Balixofax. Pensou que lle

recordaban os ollos dun oso de peluxe.

Page 16: O outo peludo

16

– Benquerido Balixofax!! –exclamou

ela–. Á fin acordaches!

O balixofax ruxiu algo coa súa voz e fi-

tou para ela, mais a anciá non daba com-

prendido o que el dicía. Aínda que ela era

algo xurda, podía sentir un grupo de xente

berrar de medo, contemplando o espectácu-

lo na distancia.

– Groarr-raaah-hummmm –rosmou o ba-

lixofax e ficou á porta da casa.

De lonxe sentiuse a chegada dos bombei-

ros. O balixofax asustouse, nunca tal sentira

na súa vida. Ergueuse para fuxir e, en fa-

céndoo, bateu en dous farois da rúa co seu

rabo que caeron ao chan.

A anciá non sabía daquel plano de emer-

xencia secreto, mas sentiu mágoa polo bali-

xofax. Berroulle que tiña que saír da aldea.

O balixofax detívose cunha ollada de

confusión.

Como llo explicar? Viu as luces das du-

cias de autos dos bombeiros, da policía e

Page 17: O outo peludo

17

das ambulancias. Alí non cabía xa nin a ca-

beza dun alfinete. A vellota nunca vira tanto

enguedello por tan pouca cousa. Camiñou

cara ao balixofax e enganchouse á súa per-

na, tan alto como alcanzou. O ser ruxiu e

logo inclinouse para ver o que estaba a facer

alí a anciá.

– Balixofax –berroulle outra vez a anciá–,

marcha da aldea –probou a lle indicar a di-

rección ela mentres o agarraba.

Parecía imposíbel que o ser puidese com-

prendela.

Mais de súpeto o balixofax agarrouna con

coidado, coa súa pouta –ou que fose aquela

cousa enorme– e ALZOU A VELLA.

A xente que viu aquilo chiou de medo.

– Que vergoña! –berraba a anciá, que por

norma non dicía cousas así, porque era unha

paisana moi paciente–. Que vergoña para

todos vós!

Page 18: O outo peludo

18

Ao cabo, o balixofax comezou a camiñar.

Todo choutaba e tremía alí onde puña o pé.

Ben alta nos seus ombreiros ía a anciá.

Moitos autos dos bombeiros, da policía e

ambulancias ían detrás amodiño. Era todo

un espectáculo ver todos aqueles autos se-

guiren o ser en fila india a algúns metros

por detras até que saiu d'O Outo Peludo.

Un grupo de bombeiros quixeron salvar a

anciá e empezaron a subir unha autoescala

para chegar á altura dos ombreiros do bali-

xofax, mais a anciá fíxolles acenos, xestos

de ameaza, axudada con algúns ruxidos do

balixofax. Ao final, desistiron: se a anciá

non quería, non podían obrigala a baixar.

Os habitantes d'O Outo Peludo non deron

nunca sabido que é o que fan o balixofaxes

após acordaren. Agás a vellota. A viaxe pa-

receu tornábase longa, mais ela estaba a go-

zalo.

Certamente o balixofax non se lembraba

dunha rapariguiña que adoitaba ir onda el

Page 19: O outo peludo

19

mentres durmía, mais rosmou algo sobre

tela visto antes. Recordouse dos seus ollos.

Marabillouse da rapidez con que envellecen

os seres humanos.

A vella comprendeu isto só máis tarde,

cando finalmente aprendeu a lingua dos ba-

lixofaxes. E estaba moi leda de ter vivido

tanto tempo, chegando a velo desperto. De-

vecía por saber quen era e que cousas sabía.

E resultou que os balixofaxes son vexeta-

rianos!

Disque que xuntos descubriron cidades e

países no Extremo Oriente, cuxo nome tra-

ducido significa Outo Peludo. Mais talvez

isto non sexa máis ca unha coincidencia.

Page 20: O outo peludo
Page 21: O outo peludo
Page 22: O outo peludo