Índice
¿Que é?
¿Onde se encontra?
Extracción
Aplicacións
Consecuencias
A Guerra do Coltán
Conclusión
Bibliografía
¿Que é?
Coltán é a abreviatura de columbita-tantalite. Como o seu
propio nome indica está formado pola mestura de
columbita e tantalita. É un mineral óxido resistente á
corrosión, pode ser de cor gris, negra, marrón ou
vermella.
Cando o coltán se refina (tantalum metálico)
convértese nun po que resiste a calor e que
pode soportar unha carga eléctrica elevada.
¿Onde se encontra?
É un mineral moi escaso
que só se pode atopar
nunhas zonas determinadas
do noso planeta como en
Brasil (5%), Tailandia (5%),
Australia (10%) e en África
Central (80%), aínda que a
maior parte sitúase na
República do Congo.
Extracción
O coltán extráese mediante procesos primitivos que se
poderían comparar aos da extracción do ouro no
Oeste americano no ano 1800. Primeiro excávanse
grandes buratos en ringleiras para sacar o coltán do
subsolo. Despois os traballadores botan auga e o lodo
formado vértenno en tubos de lavado, conseguindo así
que o metal se deposite no fondo debido ao seu alto
peso.
A extracción deste mineral supón que un traballador que gañaba unha media de 10 dólares ao mes pase a conseguir de 10 a 50 dólares nunha semana, polo que os campesiños e os gandeiros deixan os campos e únense aos miles de nenos e demais traballadores das minas.
Aplicacións
Do coltán podemos obter tántalo, que é moi utilizado na industria electrónica (substituíndo ao aluminio) para fabricar pequenos condensadores eléctricos. Así conseguimos que os teléfonos móviles, os ordenadores portátiles, os xogos electrónicos... sexan máis pequenos e pesen menos.
O tántalo tamén se usa para construir equipos electrónicos para mísiles, xa que aporta máis estabilidade que o aluminio.
Outro mineral que podemos extraer é o niobio, que serve na industria aeronáutica para fabricar pezas para motores de reacción e para turbinas.
O niobio tamén se usa para fabricar equipos de resonancias magnéticas nos hospitais, na fabricación de tuberías de transporte de petróleo e gas natural en zonas árticas e incluso está presente nos piercings.
Consecuencias
Os grandes beneficios da explotación do coltán provocan numerosas guerras fronteirizas, chegándose a contabilizar máis de 60 guerras simultáneas. Estes conflitos provocan grandes desprazamentos de poboación, ocasionando numerosas enfermidades, violencia e fame.
O abandono das terras de cultivo para centrarse na minaría do coltán provoca desastrosos problemas ecolóxicos e económicos.
A pobreza e a fame causada pola guerra
fai que algunhas persoas cacen para
comer, en especial elefantes e gorilas,
diminuíndo a súa poboación un 80% e
90% respectivamente.
Os nenos non van á escola. A maioría morren por desprendementos de terra mentres traballan extraendo coltán. Calcúlase que por cada quilo que se extrae morren dous nenos.
Para extraer este mineral invadíronse varios parques nacionais do Congo.
Nalgunhas zonas falta o abastecemento de produtos básicos mentres que noutras invádense bosques e terras virxes, provocando grandes danos para a fauna salvaxe e perdendo a posibilidade de desenvolverse pola vía do turismo.
A Guerra do Coltán
Entre 1998 e 2003 tivo lugar a Segunda Guerra do Congo, tamén chamada guerra do coltán. Os odios étnicos, os intereses económicos e os intentos por controlar os recursos naturais converteron o país nun campo de batalla con desastrosas consecuencias:
Morreron aproximadamente 4 millóns de persoas. Moitas outras tivéronse que desplazar e refuxiar.
Miles de persoas foron obrigadas polos combatentes a traballar nas minas, o que implica estar exposto a materiais radioactivos como uranio, radio, torio...
Explotación infantil e sexual.
Emprego de miles de nenos soldado.
Conclusión
As cousas que nos parecen normais como ter un teléfono
móvil, conlevan á explotación de países subdesenvolvidos.
Deberíamonos preguntar: ¿Necesitamos un móvil novo cada
ano? ¿Necesitamos usar e tirar as cousas?
En definitiva, o coltán debería ser unha bendición para a
República do Congo, debería axudar ao seu
enriquecemento, pero a realidade dista moito de todo isto.
O noso desenvolvemento e benestar é a costa da súa
pobreza.
Bibliografía
www.wikipedia.org
www.libertaddigital.com
www.pagaelpato.com
www.slideshare.net
SOFÍA CABADO REDONDO
1ºBAC A