COGAMI está de aniversario: 25 anos de traxectoria, de vivencias, experiencias, de traballo polos dereitos das persoas con discapacidade, de superación..., en fin, 25 anos traballando na creación dunha sociedade máis inclusiva. É moito tempo, e son moitas as melloras sociais consegui- das pero non é menos certo que aínda queda moito ca- mino por percorrer para normalizar a vida de moitas persoas. Accesibilidade a hoteis, praias (agora que remata o verán), establecementos de todo tipo,...Non pode ser que aínda haxa moitas persoas que teñen dificultades para saír da súa propia casa. Ou mulleres con mobilidade reducida que non te- ñen xinecólogos con instalación adaptadas. Ou persoas xordas que non poden comunicarse coa sociedade porque non se ten feito unha política de formar e dar a coñecer a lingua de signos. Parabéns a COGAMI polos seu 25 anos, e por todo o que teñen aporta- do, e polo apoio ofrecido a outras entidades de Galicia. Animámolos a non dar un paso atrás, a manterse firmes antes as inxus- tizas, a denunciar discriminacións, e a seguir traballando cunha meta clara de futuro: lograr unha sociedade na que non se- xan necesarias este tipo de asociacións. Na que todas as persoas teñan os mesmos dereitos e sexan quen de recolamalos por eles mesmos. Pero para isto, todas/os temos a nosa parte de respon- sabilidade; cada un de nós, cada persoa, pode facer moitas cousas. Non te quedes parado/a; actúa. 25 anos de COGAMI Contidos: Novas. Información. Esquizofrenia. Vidas con Capa- cidade. O Boletín Nº27 Setembro de 2015
12
Embed
O Boletín - asociacionamizade.org · Novas Páx. 2 ín Roteiro sobre Rodas sobre a senda do río Lérez O pasado 31 de maio, varios socios/as de Amizade
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
COGAMI está de aniversario: 25 anos de traxectoria, de vivencias,
experiencias, de traballo polos dereitos das persoas con discapacidade,
de superación..., en fin, 25 anos traballando na creación dunha
sociedade máis inclusiva.
É moito tempo, e son moitas as melloras sociais consegui-
das pero non é menos certo que aínda queda moito ca-
mino por percorrer para normalizar a
vida de moitas persoas.
Accesibilidade a hoteis, praias (agora
que remata o verán), establecementos
de todo tipo,...Non pode ser que aínda
haxa moitas persoas que teñen dificultades para saír
da súa propia casa. Ou mulleres con mobilidade reducida que non te-
ñen xinecólogos con instalación adaptadas. Ou persoas xordas que non
poden comunicarse coa sociedade porque non se ten feito unha política
de formar e dar a coñecer a lingua de signos.
Parabéns a COGAMI polos seu 25 anos, e por todo o que teñen aporta-
do, e polo apoio ofrecido a outras entidades de Galicia.
Animámolos a non dar un paso atrás, a manterse firmes antes as inxus-
tizas, a denunciar discriminacións, e a seguir traballando cunha meta
clara de futuro: lograr unha sociedade na que non se-
xan necesarias este tipo de asociacións. Na que todas
as persoas teñan os mesmos dereitos e sexan quen de
recolamalos por eles mesmos.
Pero para isto, todas/os temos a nosa parte de respon-
sabilidade; cada un de nós, cada persoa, pode facer
moitas cousas. Non te quedes parado/a; actúa.
25 anos de COGAMI
Contidos:
Novas.
Información.
Esquizofrenia.
Vidas con Capa-cidade.
O Boletín Nº27 Setembro de 2015
www.asociacionamizade.org
Novas
Páx. 2
O Boletín
Novas
Roteiro sobre Rodas sobre a senda do río Lérez
O pasado 31 de maio, varios socios/as de Amizade
realizaron un roteiro sobre rodas ao longo da senda
do río Lérez.
Ás 11:00 quedouse na Praia fluvial de Monte Porreiro
onde os socios/as deixaron as cadeiras de rodas e
traspasáronse ás Handbikes que prestou a Fundación
Maria José Jove a través dun
convenio de colaboración.
Desprazáronse ata a Illa das
Esculturas e fíxose un pe-
queno percorrido de aproxi-
madamente de 3 km.
Sobre ás 13:00 fíxose un pequeno descanso nun bar
situado nas inmediacións e recuperaronse os folgos
para percorrer o camiño de volta a praia fluvial.
Sobre ás 14:30 as persoas participantes no roteiro fixe-
ron un pequeno xantar na praia, ao tempo que intercambiaron experiencias e
anécdotas do día; e sobre ás 17:00h deuse por rematada a xornada e cada per-
soa regresou ao seu domicilio.
Os días 7 e 20 de xuño realizaronse dúas Xornadas Aber-
tas para probar Handbikes na Alameda de Pontevedra
dirixidas ao público en xeral que puidese ter interese.
O obxectivo das xornadas foi sensibilizar á sociedade das
dificultades que ten unha persoa con discapacidade á
hora de practicar un deporte (elevados custos, falta de espazos axeitados…).
Ademais, tamén se pretendía fomentar o deporte para todos/as e reivindicar
instalacións deportivas accesibles.
Para a organización da actividade Amizade solicitou tres
Handbikes á Fundación Maria José Jove que cunta cun
servizo de préstamo destas na Coruña.
Xornadas Abertas para probar Handbikes
Páx. 3 www.asociacionamizade.org
Novas O Boletín
Mesas Informativas contra o Copago Confiscatorio
A Lei de Promoción da Autonomía Persoal e atención ás
Persoas en situación de Dependencia (Lei 39/2006) creou
un dereito subxectivo que inauguraba unha nova forma de
concibir e aplicar as políticas socias, pero que co paso do
tempo foi frustrando as expectativas creadas, sobre todo
coa regulación da capacidade económica e a participación
no custo das prestacións por parte das persoas beneficia-
rias: o “COPAGO”.
Consciente de que este Copago en lugar de invitar a exer-
cer o dereito, expulsaba a moitas persoas do sistema (polo
gravoso do seus requirimentos en materia de achega eco-
nómica), o CERMI (Comité Español de Representantes de
Persoas con Discapacidade), iniciou unha campaña de recollida de sinaturas co
obxecto de presentar unha Proposición de Lei (a través dunha Iniciativa Lexislati-
va Popular) para modificar a Lei 39/2006, en materia de participación no curso
das prestacións e servizos das persoas beneficiarias.
A Asociación Amizade coincide completamente co plantexamen-
to do CERMI, polo que os días 11 e 18 de xuño, na contorna da
praza da Peregrina de Pontevedra, procedeu á recollida de sina-
turas que apoiaran esta iniciativa lexislativa.
Concretamente a proposta de modificación son en relación ao artigo 14, no que
se solicita que para o cálculo da capacidade económica, ademais da renda e o
patrimonio do solicitante, se teña en conta tamén o momento vital de aparición
da situación de dependencia e a súa maior ou menor prolongación ao longo da
vida da persoa. E en relación ao artigo 33, basicamente se propón aumentar o
mínimo exento por debaixo do cal os
beneficiarios non terían que copagar,
que en ningún caso a participación do
beneficiario superará o 60 por cento
do custo do servizo, e garantir á persoa
beneficiaria unha cantidade mínima
para gastos persoais que será do 40
por cento do IPREM correspondente.
O Boletín
Páx. 4 www.asociacionamizade.org
Novas
O pasado 13 de xuño, socios de Amizade par-
ticiparon na carreira popular Pontenoite 5+5
coas Handbikes cedidas pola Fundación Ma-
ria José Jove.
A carreira pode ser de 5 ou 10 km perto para
esta primeira participación decidiuse partici-
par no percorrido de 5 km.
Ás 21:30 deuse o pistoletazo de saída para
os/as corredores/as de 10 km e 2 minutos
máis tarde sairon as persoas que competían en Handbike. 3 minutos despois
sairon os/as que corrían 5 km.
En tempo récord, os nosos corredores chegaron á meta vitoreados e arroupados
por centenares de persoas que contemplaban a carreira na Praza de España e
arredores.
O vindeiro ano, REPETIMOS!!!!!.
Amizade participa na Pontenoite 5+5
De pedalada con Masa Crítica Pontevedra
O 25 de xuño acompañamos ao
colectivo Masa Crítica Pontevedra,
que levan anos organizando esta
pedalada o último xoves de cada
mes co obxecto de reivindicar máis
seguridade nas estradas e respecto
ás normas de
tráfico.
O punto de
saída foi a praza da Peregrina e desprazámonos en bicicle-
ta e Handbike ata a Estación de Autobuses para baixar logo
por Campolongo e achegarse ata a entrada de Pontevedra
onde se rendiu unha pequena homenaxe os ciclistas atro-
pelados recentemente na autovía a Marín (PO-11), Manuel
Mesías e Cristóbal Hermida.
O Boletín
Páx. 5 www.asociacionamizade.org
Novas
O pasado 28 de xuño, 36 socios e socias de
Amizade visitaron Baiona e Oia a través do
Programa “Coñece a túa provincia” da
Deputación de Pontevedra.
Sobre ás 10:15 o autobús saiu case ao
completo destino a Baiona, onde fixemos
unha primeira parada para visitar a carabe-
la e a fortaleza de Monterreal.
Despois das visitas e paseo, volvimos subir
o autobús para desprazarnos ao Hotel Glasgow ubicado xa en Oia para o xantar.
Ao remate, a seguinte visita foi ata o mosteiro de Oia. Alí gozouse do mesmo, así
como da incríble paisaxe natural que o rodea.
E sobre ás 17:30 volvimos a Baiona para dar un paseo polo casco histórico e
tomar algo relaxadamente. Sobre ás 19.10 aproximadamente o autobús arran-
cou de volta para Pontevedra.
Deixámosvos algún comentario dalgunha das persoas participantes:
“Ayer lo pasamos de maravilla, nos fuimos casi todos de excursión a Baiona y
después de un buen paseo por la ciudad, al acabar de eso nos dirigimos al mo-
nasterio de Oia el cual visitamos, luego fuimos a ver La Niña, una de las carabe-
las de Colón que se encontraba amarrada en el puerto deportivo; después fui-
mos a comer a un restaurante donde comimos chipiro-
nes y pescado; al salir de allí nos separamos en peque-
ños grupos donde nos tomamos algunos un helado,
que, por cierto, nos timaron y otros café con leche en
una terraza; luego de montarnos en el autobús cogimos
la ruta de regreso a casa, algunos más quemados por
el sol que otros pero satisfechos de haber pasado un
día agradable”. David Castiñeiras Dapena
“A excursión a Baiona estivo ben sobre todo me gustou
as playas e a comida foi todo ben, e despois fomos a
fortaleza de montereal”. Juan Gabriel García Carbia.”
Visita a Baiona e Oia
O Boletín
Páx. 6 www.asociacionamizade.org
Novas/ Información
Máis de 150 organizacións da sociedade civil, entre elas a Plataforma de Infan-
cia, lanzaron Poletika.org, unha iniciativa que fai un seguemento minucioso aos
compromisos adquiridos polos candidatos ás eleccións xerais e aos programas
electorais dos partidos que se presenten aos próximos comicios.
A ferramenta, baseada nunha web interactiva e que se renova constantemente,
medirá o nivel de compromiso dos candidatos e os programas electorais sobre
varios temas, entre os que figuran: axuda ao desenvolvemento, fiscalidade xus-
ta, educación, sanidade, protección social, salarios, propostas de participación
cidadá, conflictos internacionais ou políticas de infancia. Cada unha destas cate-
gorías ten unha serie de propostas e metas contra as que se medirán os progra-
mas e discursos electorais.
Poletika.org ten varias fases de implementación. Nun primeiro momento recolle
os compromisos feitos polos candidatos en declaracións públicas desde o 8 de
maio, data na que se iniciou a campaña electoral de Concellos e Comunidades
Autónomas, e seguirá facendo ata que sexan as eleccións xerais. En breve anali-
zará os compromisos concretos vertidos nos programas electorais e cruzará os
datos para saber se o prometido en discursos e entrevistas materializouse en
propostas concretas. Unha vez constituido o novo Goberno e Parlamento medirá
o cumprimento que cada partido fai dos seus programas.
A plataforma, cuxa posta en marcha está liderada por Oxfam Inter-
món e CIECODE, non só ofrecerá información sobre os temas máis tratados po-
los candidatos e os programas electorais, senón que permitirá á cidadanía inter-
pelar aos candidatos por temáticas concretas co obxectivo de que acheguen as
súas propostas ás necesidades das persoas.
Nace Poletika, ferramenta de vixiancia dos compromisos políticos
Servizo Apoio Psicolóxico
Grazas a unha colaboración da Obra Social de La
Caixa, púidose poner en marcha un novo servizo de
Apoio Psicolóxico cuxas sesións se
desenvolven na Rúa Marquesa,5—2º
A en Proceso Psicología.
O prezo/sesión para socios/as é de 10 €. Máis información no