NOTICIAS prensa escrita/dixital 20-5-17 EL PROGRESO LA OPINIÓN A CORUÑA LA VOZ DE GALICIA 20 MINUTOS EL CORREO GALLEGO DIARIO BERGANTIÑOS LA REGIÓN ABC DIARIO DE AROUSA DIARIO DE FERROL ATLÁNTICO DIARIO PONTEVEDRA FARO DE VIGO EL IDEAL GALLEGO EXPANSIÓN FERROL 360 GALICIA CONFIDENCIAL GALICIA ÁRTABRA CRÓNICA 3 XORNAL 21 LA VANGUARDIA EL PAIS PORRIÑO DIGITAL OK DIARIO PONTE VIVA QUE PASA NA COSTA XORNAL DE LUGO XORNAL DE VIGO
14
Embed
NOTICIAS NCIAL prensa escrita/dixital 20-5-17 DIARIO ... maio/20-5-17.pdf · FERROL 360 NCIAL GALICIA ÁRTABRA CRÓNICA 3 XORNAL 21 LA VANGUARDIA EL PAIS PORRIÑO DIGITAL OK DIARIO
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Página: 10Sección: LOCAL Valor: 289,00 € Área (cm2): 285,3 Ocupación: 34,96 % Documento: 1/1 Autor: Núm. Lectores: 1000
Cód: 110525918
7 / 24
cristina.pet
Rectángulo
Íntegro celebra os seus 25 anos19 May 2017Lorena Martínez Canosa
Usuarios e usuarias de Íntegro participarán mañá na celebración do 25 aniversario daasociación
A asociación Íntegro está de aniversario. Son xa 25 anos de traballo que quedarán recollidono actao que terá lugar mañá. A historia da asociación comezou a escribirse logodunhas xornadas sobre discapacidade organizadas pola agrupación Monte Branco no Couto,e pouco a pouco foron sumándose homes e mulleres valentes, loitadores/as e decididos/as acambiar a sociedade para defender os dereitos das persoas con diversidade funcional econtribuír a acadar a súa plena inclusión social, cultural e laboral. Mañá, moitos deseshomes e mulleres anónimos/as que encheron de ilusión, esperanza, ánimo e fortaleza aspáxinas da nosa entidade, superando barreiras e alcanzando metas, serán merecidos/asprotagonistas da xornada.
Entre os preto de 200 convidados/as ao acto estarán os socios/as, familiares,usuarios/as, directivos/as, veciños e veciñas que fixeron posible esta longa andaina e que, deseguro, volverán a emocionarse recordando o pasado pero coa ollada posta nun futurorepleto de oportunidades e de cambios como os que sufriu a entidade abríndose ao empregosocial, a través da creación de Máis Porvir Xestión Social, ou promovendo programas deformación e inserción laboral para mulleres con disCapacidade no Rural, PIMD Rural, decara ao seu empoderamento na sociedade.
Por outra banda, ao acto tamén acudirán numerosas autoridades políticas de ámbitolocal, provincial e autonómico e unha ampla representación da vida social e económica daCosta da Morte. Así, xa confirmaron asistencia o Conselleiro de Política Social, José
Manuel Rey Varela; a responsable da área de Benestar da Deputación da Coruña, ÁnxelaFranco, e o presidente de COGAMI e COCEMFE, Anxo Queiruga.
Protagonistas
A celebración dará comezo ás 12 horas no auditorio municipal de Cabana de Bergantiñoscoa lectura dun poema a cargo dunha usuaria de Íntegro e a intervención, a continuación,do presidente da asociación, Adolfo López Baña. A partir de aí abrirase o telón e darácomezo un fantástico espectáculo no que participarán moitas das persoas que protagonizarona historia da entidade. Sobre o escenario os testemuños e as vivencias persoais irán dandopaso aos discursos, os proxectos, a música, os vídeos e o humor sen esquecer as palabras degratitude nun acto que promete emocións e sentimento de principio a fin. E para mostra unbotón! Sabiades que o lugar escollido para celebrar o 25 aniversario foi a primeira sedeoficial de Íntegro?
A partir das 13:30 horas, servirase un aperitivo na Escola de Vela de Cabana elaboradopolos alumnos e alumnas do noso obradoiro de cociña. Unha auténtica experiencia para ossentidos que deixará moi bo sabor de boca entre os asistentes.