REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN XERAL E RÉXIME INTERNO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DO CONCELLO DE ORTIGUEIRA Exposición de motivos A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), establece no capítulo VI, ensinanzas artísticas, sección primeira, ensinanzas elementais e profesionais de música e danza e no artigo 48.3, organización, que poderán cursarse estudos de música que non conduzan á obtención de títulos con validez académica ou profesional en escolas específicas, con organización e estrutura diferentes e sen limitación de idade. Por outra banda, a Orde do 11 de marzo de 1.993 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia regula as escolas específicas de música da comunidade autónoma de Galicia ás que fai referencia a LOE, resaltando a especial responsabilidade das corporacións locais nesta materia. Recóllese nesta orde o relativo a: finalidade xeral, obxectivos, a estrutura das súas ensinanzas, a organización, as condicións para o seu funcionamento e, finalmente, as orientacións metodolóxicas sobre os ámbitos de ensino. A Escola Municipal de Música do Concello de Ortigueira (EMCO) pretende a formación teórica e práctica de músicos afeccionados/as de calquera idade, nos ámbitos instrumentais e vocais, prestando atención á necesaria labor de orientación cara 1
67
Embed
ÍNDICE · Web viewA Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), establece no capítulo VI,ensinanzas artísticas, sección primeira,ensinanzas elementais e profesionais
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN XERAL E RÉXIME INTERNO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DO CONCELLO DE ORTIGUEIRA
Exposición de motivosA Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), establece no capítulo VI,
ensinanzas artísticas, sección primeira, ensinanzas elementais e profesionais de
música e danza e no artigo 48.3, organización, que poderán cursarse estudos de
música que non conduzan á obtención de títulos con validez académica ou profesional
en escolas específicas, con organización e estrutura diferentes e sen limitación de
idade.
Por outra banda, a Orde do 11 de marzo de 1.993 da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia regula as escolas específicas de música
da comunidade autónoma de Galicia ás que fai referencia a LOE, resaltando a
especial responsabilidade das corporacións locais nesta materia. Recóllese nesta orde
o relativo a: finalidade xeral, obxectivos, a estrutura das súas ensinanzas, a
organización, as condicións para o seu funcionamento e, finalmente, as orientacións
metodolóxicas sobre os ámbitos de ensino.
A Escola Municipal de Música do Concello de Ortigueira (EMCO) pretende a formación
teórica e práctica de músicos afeccionados/as de calquera idade, nos ámbitos
instrumentais e vocais, prestando atención á necesaria labor de orientación cara aos
estudos profesionais de quen se manifeste especialmente dotado e apto. Asemade,
tenderá á difusión dos valores formativos da música en xeral entre o seu alumnado.
A Escola Municipal de Música do Concello de Ortigueira encamiñará a súa docencia
ao alumnado desde os tres anos de idade en diante, orientándoos cara a grupos
homoxéneos segundo as súas aptitudes, intereses ou idades. Asemade, e aínda que
deberá atender a toda a poboación independentemente da formación, a Escola
Municipal de Música prestará especial atención ás vocacións temperáns dos/das máis
cativos/as.
1
A Escola, estará guiada por un xenuíno proxecto educativo do centro que deberá
presentar unha oferta educativa flexible en canto á temporalización da docencia, á
formación complementaria e a outras opcións formativas.
A Escola de Música promoverá, como un dos seus signos de identidade básicos o
traballo musical en grupo, impulsando a asociación dos/das seus/súas alumnos/as en
colectivos diversos: tradicional, bandas, agrupacións corais, grupos de música
moderna…
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), no seu título II, capítulo I e
artigo 71 dinos no punto 2 que lle corresponde ás administracións educativas asegurar
os recursos necesarios para que o alumnado que requira atención educativa diferente
á ordinaria, por presentar NEE, por dificultades específicas de aprendizaxe, polas súas
altas capacidades intelectuais, por terse incorporado tarde ao sistema educativo, ou
por condicións persoais ou de historia escolar, poidan acadar o máximo
desenvolvemento persoal e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter
xeral para todo o alumnado.
A Escola Municipal de Música do Concello de Ortigueira (EMCO), ao abeiro desta lei,
promoverá a integración do alumnado con NEE tanto na etapa de Música e
movemento como en calquera nivel de especialidade instrumental.
CAPÍTULO I1. DISPOSICIÓNS XERAIS
1.1 Obxecto
1.2 Obxectivos da Escola Municipal de Música do Concello de Ortigueira(EMCO)
1.3 Requisitos de idade mínima dos/das solicitantes
1.4 Beneficiarios/as con necesidades educativas especiais ou específicas (NEE)
2
1.5 Estrutura das ensinanzas
1.5.1 Disciplinas educativas
1.5.2 Niveis e actividades
1.5.3 Ensinanza non regrada
1.6 Normalización lingüística e uso do galego
1.7 Calendario Escolar e horario
1.8 Sede
CAPÍTULO II2. ORGANIZACIÓN XERAL
2.1. Órganos de goberno2.1.1. Órganos Colexiados de Dirección
2.1.1.1. Claustro Xeral de Profesores/as 2.1.1.1.1. Funcións dos claustrais
2.1.1.1.2. Funcionamento
2.1.1.2. Consello Escolar2.1.1.2.1. Competencias do/a Presidente/a do Consello Escolar
2.1.1.2.2. Competencias do/a Vicepresidente/a do Consello Escolar
2.1.1.2.3. Competencias do/a Secretario/a do Consello Escolar
2.1.1.2.4. Competencias do Consello Escolar
2.1.1.2.5. Funcións do Pleno do Consello Escolar
2.1.1.2.6. Plan de Convivencia – Ámbito do Consello Escolar
2.1.1.2.6.1. A Comisión de Convivencia.
2.1.2. Órganos Unipersoais de Dirección2.1.2.1. O/a Director/a
2.1.2.1.1. Funcións do/a Director/a
2.1.2.2. O/a Xefe/a de Estudos 2.1.2.2.1. Funcións do/a Xefe/a de Estudos
2.1.2.3. PAS (Persoal de Administración e Servizos) 2.1.2.3.1. Funcións do/a Persoal de Administración e Servizos
3
2.1.3. Órganos de Coordinación Docente2.1.3.1. Profesores/as
2.1.3.1.1. Funcións Profesores/as
2.1.3.1.2. Horario Profesores/as
CAPÍTULO III 3. PROCEDEMENTOS
3.1. Matrículas3.1.1. Criterios de adxudicación de prazas3.1.2. Criterios para o agrupamento de alumnos e alumnas nas materias
colectivas3.1.3. Criterios para a elección de horarios nas clases individuais3.1.4. Criterios para a avaliación de alumnos/as3.1.5. Criterios de promoción de alumnos/as
3.2. Mensualidades3.3. Baixas3.4. Listas de espera3.5. Préstamo instrumentos
3.5.1. Obxecto3.5.2. Alcance3.5.3. Persoas3.5.4. Instrumentos3.5.5. Condicións do préstamo3.5.6. Responsabilidades do usuario3.5.7. Criterios de adxudicación3.5.8. Xestión do préstamo3.5.9. Anuncios e notificacións
3.6. Probas de nivel3.7. Certificados e diplomas
CAPÍTULO IV
4
4. USO DAS INSTALACIÓNS4.1. Acceso e saída do centro4.2. Prohibición de fumar4.3. Limpeza e hixiene4.4. Comportamento nos espazos comúns 4.5. Utilización de espazos cedidos a terceiros4.6. Secretaría4.7. Hall da entrada4.8. Uso aulas de estudo
4.8.1. Disposición e condicións das aulas de estudo4.8.2. Control das aulas de estudo4.8.3. Obrigas dos usuarios das aulas de estudo
4.9. Biblioteca4.10. Arquivo4.11. Utilización taboleiro de anuncios4.12. Sinalización e seguridade4.13. Aparcadoiro4.14. Fotocopiadora4.15. Comunicación de danos
5. REGULAMENTO DE REXIME INTERNO 5.1. Dereitos e deberes da comunidade educativa
5.1.1. Dereitos e deberes dos/as alumnos/as 5.1.2. Dereitos e deberes dos/as profesores/as 5.1.3. Dereitos e deberes do persoal non docente
5.2. Normas de comportamento 5.3. Faltas, sancións e procedemento 5.4. Modificación do regulamento de réxime interno
5
CAPÍTULO I 1. DISPOSICIÓNS XERAIS
1.1.Obxecto
Este regulamento ten por obxecto establecer as normas de uso e convivencia para
as persoas usuarias da Escola Municipal de Música, no que se refire a: estrutura
das ensinanzas; órganos de goberno; calendario escolar; condicións de acceso ás
prazas escolares; proceso e calendario das matrículas; aboamento das taxas ou
prezos públicos; renovación de prazas e cobertura de baixas ao longo do curso
escolar.
A EMCO rexerase por este regulamento e polas disposicións que os órganos do
Concello de Ortigueira ou da Escola establezan en uso das súas competencias.
1.2.Obxectivos da Escola Municipal de Música do Concello de Ortigueira
Son obxectivos da Escola de Música:
a) Fomentar o coñecemento e apreciación da música, estruturando estratexias de
ensino-aprendizaxe desde os primeiros anos do seu alumnado.
b) Ofertar una formación ampla e diversa, para toda a poboación de Ortigueira, sen
limitacións por idade.
c) Detectar e orientar aquel alumnado que amose aptitudes e condicións axeitadas,
para encamiñalos a un ensino de carácter profesional, ou no seu caso, preparalo
para o seu acceso a este tipo de formación.
d) Ofrecer unhas ensinanzas de carácter instrumental, facendo compatibles a
formación individual como a de conxunto.
6
e) Proporcionar unha formación complementaria á práctica instrumental.
f) Fomentar no alumnado a súa participación en agrupacións vocais ou
instrumentais.
g) Organizar actuacións públicas, deseñando especialmente actividades didácticas
dirixidas aos centros de ensino do noso Concello, para dar a coñecer entre o
alumnado destes centros a cultura musical en xeral e mostrar o traballo
desenvolvido na Escola.
h) Participar en actos públicos, xunto con outras agrupacións afeccionadas,
intercambiando as experiencias formativas.
i) Servir de espazo de formación, tanto a docentes como ao alumnado, en
períodos non lectivos (verán, Nadal...), a través de escolas de verán/inverno,
cursos, xornadas ou seminarios.
j) Deseñar proxectos específicos de crecemento, consolidación e expansión de
cada unha das agrupacións existentes: Banda de Música, Coros, Grupos de Folk e
as que poidan xurdir.
k) Programar un circuíto estable de actuacións das agrupacións da escola polas
distintas parroquias, centros sociais do Concello de Ortigueira, para deste xeito
amosar polos núcleos e parroquias o traballo musical feito.
1.3.Requisitos de idade mínima dos/das solicitantes
Poderán ser alumnos/as da EMCO aquelas persoas que polo menos teñan
cumpridos os tres anos de idade no ano correspondente ao inicio do curso escolar
no que desexe matricularse.
7
1.4.Beneficiarios/as con necesidades educativas especiais ou específicas (NEE)
Poderán integrarse na Escola Municipal de Música, os/as usuarios/as con NEE. No
seu caso o centro deberá dotar de infraestrutura e material didáctico axeitados, e
persoal suficiente e formado especificamente para educar nestas necesidades:
a) En ningún caso poderá haber máis dun alumno ou alumna de NEE por aula de
materias colectivas.
b) Porén, se houbese máis alumnado de NEE que grupos de materias colectivas
onde integrarse, poderase habilitar unha nova aula para este colectivo. A creación
desta nova aula estará sempre suxeita ao informe favorable da xefatura de estudos
ou da dirección pedagóxica da Escola.
c) Para os efectos de ratio, cada praza de integración do alumnado con NEE
contabilizarase como dobre tanto nas materias individuais como grupais, e no
cómputo global de número de matriculados no curso escolar.
1.5. Estrutura das ensinanzas
1.5.1. Disciplinas educativas.A Escola Municipal de Música de Ortigueira, como centro de ensino non oficial,
impartirá ensinanzas dirixidas á formación práctica en música a aficionados de
calquera idade, nas súas manifestacións máis variadas, dende o folclore tradicional
ata a formación clásica, pasando pola música moderna e contemporánea. Terá
como oferta básica os seguintes ámbitos de actuación:
a) Música e movemento para nenos en idades comprendidas entre os 3 e os 6
anos.
8
b) Práctica instrumental sen límite de idade.
c) Formación musical, complementaria á práctica instrumental.
d) Actividades instrumentais e vocais de conxunto.
1.5.2. Niveis e actividades complementarias.As ensinanzas da Escola estarán divididas en diferentes niveis. As asignaturas que
se impartan daranse a coñecer en cada período de matrícula coa finalidade de que
o alumno se matricule axeitadamente.
En complemento destas ensinanzas, levaranse a cabo actividades suplementarias
e concertos, como medio pedagóxico e de proxección externa do traballo da
Escola. Estas actividades deberán ser aprobadas polo Consello Escolar e
recollidas, na medida do posible, na programación anual do centro.
1.5.3. Ensinanzas non regradasAs ensinanzas impartidas pola Escola Municipal de Música non terán validez
académica e estarán supeditadas ás normas que o Ministerio de Educación
estableza ao respecto.
1.6.Normalización lingüística e uso do galego
Toda a comunidade escolar velará polo cumprimento da Ordenanza sobre
Normalización Lingüística do Concello de Ortigueira, así coma de toda a normativa
de rango superior referida ao uso do galego.
Toda a documentación do centro realizarase en galego ou bilingüe en galego e
castelán a petición do interesado so cando a situación o requira.
Na medida do posible empregaranse textos en galego nas clases.
9
1.7.Calendario e horario escolar
O calendario e horario escolar da EMCO fixaranse a primeiros de curso por
decisión da EMCO có visto e prace do Concello de Ortigueira.
1.8.Sede da Escola
A Escola Municipal de Música ten a súa sede na rúa Márquez Cortiñas s/n do
municipio de Ortigueira.
CAPÍTULO II2. ORGANIZACIÓN XERAL
2.1.Órganos de goberno
2.1.1. Órganos colexiados de dirección
2.1.1.1. Claustro Xeral de Profesores/asÉ o órgano participativo do profesorado na Escola de Música e está composto
por todo o profesorado da mesma.
2.1.1.1.1. Funcións dos claustraisa) Elaborar o plan anual de actividades docentes do centro.
b) Fixar criterios de avaliación dos/as alumnos/as.
c) Coordinar as funcións de orientación e titoría dos alumnos/as.
d) Promover iniciativas no ámbito da experimentación ou investigación
pedagóxica.
10
e) Supervisar e aprobar os programas de cada materia da que estean
encargados/as aos profesores/as correspondentes e presentalos ao Consello
Escolar para a súa información.
f) Elevar propostas ao equipo directivo e á comisión de actividades
extraescolares (visitas e excursións) para o desenvolvemento das actividades
complementarias.
g) Aprobar o cargo da xefatura de estudos e outros cargos a proposta da
directiva.
h) Facer respectar as normas de cumprimento das obrigas docentes por parte
do profesorado en canto a horario e funcionamento do centro establecidas no
presente regulamento.
i) Realizar propostas para a elaboración do plan de convivencia e das normas
de convivencia do centro.
j) Participar na avaliación anual da convivencia no centro, incidindo
especialmente no desenvolvemento do plan de convivencia.
k) Propoñer actuacións de carácter educativo, especialmente as relacionadas
coa resolución pacífica de conflitos.
2.1.1.1.2. Funcionamentoa) Reunirase unha vez ao mes en sesión ordinaria convocada como mínimo
con 48 horas de antelación.
b) Será presidido e convocado polo/a director/a do centro.
11
c) A asistencia ao claustro está contemplada dentro das obrigas do
profesorado.
2.1.1.2. Consello Escolar O Consello Escolar da Escola Municipal de Música do Concello de Ortigueira é
o máximo órgano de consulta e participación de todos os sectores involucrados
no seu correcto funcionamento.
As súas propostas, informes e ditames serán elevados aos órganos municipais
competentes, os que, en calquera caso, deberán telos en conta en calidade de
órgano de decisión.
O Consello Escolar da Escola estará constituído polo/a Presidente/a,
Vicepresidente/a, o Secretario/a e vocais.
Estará integrado polas seguintes persoas:
a) Sr./a Alcalde/sa de Ortigueira ou concelleiro/a en quen se delegue.
b) O equipo directivo do centro, composto polo Director/a e Xefe/a de Estudos.
c) Dous profesores/as, elixidos polo Claustro.
d) Un/unha representante do persoal administrativo do centro educativo.
e) Un/unha representante da Asociación de nais e pais de alumnos do Centro
no caso de que houbera, e senón un/unha representante legal dos/das
alumnos/as menores de idade.
f)Un/unha representante dos alumnos/as maiores de idade.
12
Cada membro do Consello deberá ter asignado un suplente que poida exercer
as súas funcións na ausencia do mesmo.
O Consello Escolar poderá renovarse cada dous anos á proposta de dous
terzos dos seus integrantes.
Establecese un protocolo para a elección dos membros non natos do Consello:
a) As candidaturas serán presentadas nun prazo de 7 días naturais, nas
datas establecidas pola presidencia do Consello.
b) As candidaturas presentaranse no rexistro municipal e, finalizado o prazo
abrirase un período de exposición de candidatos/as de 5 días naturais.
c) O/A Presidente/a do Consello fixará a data e horas das eleccións. A
votación será secreta e por maioría simple. O/a candidato/a con máis votos
será elixido/a directamente representante no órgano.
2.1.1.2.1 Competencias do/a Presidente/a do Consello Escolar O/A Presidente/a do Consello Escolar será o Sr./a Alcalde/sa de Ortigueira ou
concelleiro/a en quen se delegue e exercerá as seguintes funcións:
a) Exercer a dirección, representación e coordinación do Consello Escolar.
b) Fixar a Orde do Día das sesións do Pleno do consello e convocar e presidir
as sesións do Consello, así como dirixir os seus debates.
c) Dirimir as votacións no caso de empate, con voto de calidade.
d) Velar pola execución dos acordos, propostas e disposicións que sexan
aprobadas polo Consello.
13
e) Autorizar informes do Consello Escolar e visar as actas do mesmo.
f) Coordina-la relación constante entre o Consello e outros organismos
municipais, rexionais ou de calquera índole.
g) Convocar eleccións e prazos para a votación dos/das representantes non
natos do Consello Escolar.
2.1.1.2.2. Competencias do/a Vicepresidente/a do Consello Escolar O/a Vicepresidente/a do Consello Escolar, será o/a director/a da Escola
Municipal de Música, que exercerá as seguintes funcións:
a) Substituír ao Presidente/a en caso de delegación expresa e desenvolver as
súas funcións.
b) Colaborar estreitamente co/ca Presidente/a no cumprimento das súas
funcións.
c) Exercer aquelas funcións que lle delegue o/a Presidente/a.
d) Exercer as demais funcións que lle encomende o Pleno do Consello.
2.1.1.2.3. Competencias do/a Secretario/a do Consello Escolar O/a Secretario/a do Consello Escolar será elixido entre o persoal administrativo
da Escola de Música por votación, terá voz e voto, exercerá entre outras as
seguintes funcións:
a) Enviar as citacións e orde do día aos/ás compoñentes do Consello Escolar.
b) Levantar acta das sesións.
14
c) Custodiar o libro de actas, selo e demais documentos do Consello.
d) Tramitar as propostas do Consello Escolar.
2.1.1.2.4. Competencias do Consello Escolar O Consello Escolar celebrará reunións nas datas e horas que propoña o/a
Presidente/ ou Vicepresidente/a, ou que el mesmo acorde, sendo necesaria a
presenza a lo menos, do/a Presidente/a ou o/a Vicepresidente/a, do
Secretario/a e de tres membros do consello, para a válida celebración das
mesmas. Os acordos adoptaranse por maioría de votos dos asistentes a cada
reunión.
Celebrarase un mínimo de dous consellos escolares ordinarios por curso
lectivo, e extraordinarios segundo as necesidades dos mesmos.
2.1.1.2.5. Son funcións do Pleno do Consello Escolara) Propoñer e acordar as actividades extraordinarias.
b) Propoñer a cambios na oferta das materias e modificacións do cadro de
profesores.
c) Coñecer as modificacións do Proxecto Educativo de Centro que propoña o
Claustro Xeral de Mestres e aprobe a autoridade municipal competente.
d) Propoñer ao equipo directivo do centro modificacións do Proxecto
Educativo de Centro.
e) Elaborar informes, proxectos, iniciativas e propostas de interese educativo.
15
2.1.1.2.6. Plan de Convivencia – Ámbito do Consello EscolarO consello escolar do centro educativo, ademais das funcións que lle atribúe o
artigo 127 da Lei orgánica 2/2006 e o artigo 57 da Lei orgánica 8/1985, do 3 de
xullo, reguladora do dereito a educación, terá as seguintes:
a) Elixir as persoas representantes da comisión de convivencia, de acordo co
establecido no artigo 6.2 deste decreto.
b) Establecer directrices para a elaboración do plan de convivencia e das
normas de convivencia do centro.
c) Realizar anualmente o seguimento e a avaliación do plan de convivencia e
das normas de convivencia do centro
d) Propor actuacións en relación coa convivencia para todos os sectores da
comunidade educativa, especialmente as relacionadas coa resolución pacífica
de conflitos.
2.1.1.2.6.1. A comisión de convivencia A comisión de convivencia da EMCO constituirase no seo do seu consello
escolar. Terá carácter consultivo e desempeñará as súas funcións por
delegación do consello escolar, para facilitar o cumprimento das
competencias que este ten asignadas en materia de convivencia escolar e
velará pola correcta aplicación do disposto neste decreto, no plan de
convivencia e nas normas de convivencia aprobadas pola Escola.
A comisión de convivencia, na súa composición, integrará o principio de
igualdade entre mulleres e homes de todos os sectores da comunidade
educativa. Estará composta polas persoas representantes do alumnado, do
profesorado, das familias e do persoal de administración e servizos, todas
elas na mesma proporción en que se encontran representadas no consello
16
escolar do centro. Será presidida polo/a director/a da EMCO e unha das
persoas integrantes actuará como secretario/a, quen levantará a acta das
súas reunións. O nomeamento das persoas integrantes da comisión de
convivencia corresponde ao director ou á directora por proposta dos
colectivos representados. Os seus membros poden coincidir cos do consello
escolar, pero non teñen que ser os mesmos necesariamente.
O réxime de funcionamento, composición e o desenvolvemento das funcións
da comisión de convivencia concretarase no plan de convivencia, de con-
formidade co establecido para os órganos colexiados na Lei 16/2010, do 17
de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do
sector público autonómico de Galicia e, en todo caso, manterán tres
reunións anuais de carácter ordinario, unha por trimestre, e con carácter
extraordinario cantas veces sexa convocada pola súa presidencia, por
iniciativa propia ou por proposta de, polo menos, unha terceira parte dos
seus membros.
A comisión de convivencia exercerá por delegación do consello escolar as
seguintes funcións:
a) Elaborar o plan de convivencia do centro e dinamizar todos os sectores
da comunidade educativa, incorporando as súas iniciativas e achegas no
procedemento de elaboración, desenvolvemento e seguimento do citado
plan.
b) Adoptar as medidas preventivas necesarias para garantir os dereitos de
todos os membros da comunidade educativa e o cumprimento das normas
de convivencia do centro.
c) Impulsar accións dirixidas á promoción da convivencia, especialmente o
fomento de actitudes para garantir a igualdade entre mulleres e homes, a
17
igualdade de trato de todos os membros da comunidade educativa e a
resolución pacífica de conflitos.
d) Propor ao consello escolar as medidas que considere oportunas para
mellorar a convivencia, así como dar conta a este, cando menos dúas veces
ao longo do curso, das actuacións desenvolvidas e das correccións e
medidas disciplinarias impostas.
e) Propor, de ser o caso, á persoa titular da dirección do centro persoas que
poidan formar parte do equipo de mediación.
f) Coñecer o cumprimento efectivo das correccións e medidas correctoras
nos termos en que fosen impostas e informar o consello escolar sobre o
grao de cumprimento da normativa vixente.
g) Realizar o seguimento dos compromisos de convivencia subscritos no
centro.
h) Elaborar unha memoria anual sobre a análise da convivencia e
conflitividade no centro, na cal se reflictan as iniciativas no ámbito do centro
sobre a materia. Este informe será trasladado ao consello escolar do centro.
i) Aqueloutras que lle sexan encomendadas polo consello escolar do centro
docente ou polo órgano da Administración educativa con competencias na
materia.
Cando a comisión de convivencia o considere oportuno, e co obxecto de que
informen no ámbito das súas respectivas competencias, poderá solicitar o
asesoramento do profesorado titor relacionado co tema que se analice, do
educador ou educadora social do concello ou doutros ou doutras
18
profesionais segundo a problemática de que se trate, así como das
asociacións do sector que poidan colaborar na mellora da convivencia.
2.1.2. Órganos unipersoais de dirección
2.1.2.1. O/a Director/a
2.1.2.1.1. Funciónsa) Ostentar oficialmente a representación do centro.
b) Cumprir e facer cumprir as normas e demais disposicións vixentes.
c) Dirixir e coordinar todas as actividades do centro, sen prexuízo das
competencias do Claustro de Profesores/as, de acordo coas disposicións
vixentes. Convocar e presidir os actos académicos e as reunións de tódolos
órganos colexiados do centro.
d) Propoñer os gastos relativos ao mantemento do centro de acordo as
necesidades do mesmo.
e) Dar o visto e prace ás certificacións ou documentos oficiais do centro.
f) Propoñer o nomeamento da xefatura de estudos e outros rangos
equivalentes.
g) Executar os acordos dos órganos colexiados.
h) Promover e impulsar as relacións do centro coas institucións da súa
contorna, especialmente coas AMPA, outros centros educativos, Concellos e
servizos municipais como a Biblioteca Municipal, así como actividades
culturais, educativas e lúdicas.
19
i) Elaborar, xunto co Claustro, a proposta do Plan Anual de Actividades do
centro.
j) Facilitar a coordinación do profesorado con outros centros docentes, centros
de recursos e calquera outro servizo educativo.
k) Subministrar a información que lle requiran os órganos educativos
competentes.
l) Proporcionar informes sobre a Escola de Música ante requirimento
municipal.
m) Facilitar a xuntanza de profesores, alumnos, pais, nais ou representantes
legais e persoal non docente, respectando, en todo caso, o horario lectivo.
n) Elaborar, de ser o caso, o plan de convivencia do centro e as demais
actuacións derivadas do desenvolvemento, seguimento, avaliación e revisión
deste, así como as demais competencias da comisión de convivencia, mentres
esta non estea constituída.
o) Impulsar as actividades previstas no plan de convivencia, así como velar
pola realización destas e polo cumprimento das normas de convivencia.
p) Garantir as condicións para que exista no centro un adecuado clima escolar
que favoreza a aprendizaxe e a participación do alumnado.
q) Garantir o exercicio da mediación, a imposición de medidas correctoras e o
desenvolvemento dos procesos e procedementos que se establecen neste
decreto.
r) Velar polo cumprimento das medidas correctoras por parte do alumnado.
20
2.1.2.2. O/a Xefe/a de estudos
2.1.2.2.1. Funcións
a) Coordinar e velar pola execución das actividades de carácter académico de
profesores/as e alumnos/as de acordo co establecido no Plan Anual do centro.
b) Manter a orde académica no centro e coordinar as substitucións accidentais
cando se produzan.
c) Confeccionar, en colaboración cos restantes órganos unipersoais, os
horarios académicos e velar polo seu estrito cumprimento.
d) Coordinar as actividades dos órganos unipersoais de orde académica.
e) Coordinar as actividades dos servizos de apoio que incidan no centro.
f) Velar polo cumprimento dos criterios de avaliación que fixe o claustro de
profesores/as.
g) Programar e coordinar o desenvolvemento das actividades escolares
complementarias.
h) Organizar os actos académicos.
i) Calquera outra función que lle encomende o director dentro do seu ámbito
de competencia.
j) Elaborar, de ser o caso, o plan de convivencia do centro e as demais
actuacións derivadas do desenvolvemento, seguimento, avaliación e revisión
21
deste, así como as demais competencias da comisión de convivencia, mentres
esta non estea constituída.
k) Impulsar as actividades previstas no plan de convivencia, así como velar
pola realización destas e polo cumprimento das normas de convivencia.
l) Coordinar e dirixir as actuacións establecidas no plan de convivencia do
centro e nas normas de convivencia do mesmo.
m) Velar polo desenvolvemento coordinado e coherente das actuacións
establecidas no plan de convivencia e das actuacións relativas á mellora da
convivencia reflectidas nos respectivos plans de acción titorial e de atención á
diversidade do centro.
n) Promover o exercicio da mediación que se leve a cabo no centro.
o) Organizar a atención educativa do alumnado a que se lle suspendese o
dereito de asistencia á clase, no marco do disposto nas normas de
organización e funcionamento do centro.
2.1.2.3. Persoal de Administración e Servizos (PAS)
2.1.2.3.1. Funciónsa) Ordenar o réxime administrativo do centro, de acordo coas instrucións do/a
director/a.
b) Actuar como secretario dos órganos colexiados do centro, levantar actas
das sesións e dar fe dos acordos co visto e prace do/a presidente/a.
c) Levar a custodia dos libros do centro.
22
d) Expedir as certificacións que soliciten as autoridades e os/as interesados/as
ou os/as seus/súas representantes, co visto e prace do director/a.
e) Coordinar a elaboración do inventario xeral do centro, custodialo e mantelo
actualizado.
f) Coordinar a formalización da matrícula dos alumnos.
g) Elaborar o anteproxecto de orzamentos do centro.
h) Calquera outra función que lle encomende dentro do seu ámbito de
competencia.
2.1.3. Órganos de coordinación docente
2.1.3.1 Profesores/as
2.1.3.1.1 Funcións dos Profesores/asa) Impartir as materias que lle sexan encomendadas.
b) Preparar as programacións das súas materias.
c) Levar un rexistro dos datos académicos de alumnos/as.
d) Coordinar a información docente co resto dos profesores.
e) Informar aos/as alumnos/as, pais/nais ou representantes legais da marcha
do/a alumno/a.
23
f) Manter reunións informativas co AMPA ou colectivo de pais/nais ou
representantes legais ao longo de cada trimestre.
g) Asinar os documentos oficiais dos seus alumnos/as.
2.1.3.1.2. Horario dos profesores/asO horario semanal dos profesores comprende, ademais das horas de docencia,
horas de titoría de atención aos alumnos e aos pais/nais/representantes legais.
CAPÍTULO III3. PROCEDEMENTOS
3.1. MatrículasEstablécense dous períodos: prazo de pre-matrícula (mes de xuño) e a matrícula
(mes de setembro). As prazas serán limitadas.
3.1.1. Criterios de adxudicación de prazasNo período de matricula (setembro), a adxudicación das prazas na Escola de
Música regúlase polos seguintes criterios:
a) Alumnos menores de 16 anos que cursaron estudios na Escola de Música no
anterior curso e que realizaron a pre-matrícula, por orde de inscrición na mesma.
b) Alumnos que cursaron a materia de “Música e Movemento” o anterior Curso e
que realizaron a pre-matrícula, segundo a orde de recepción.
c) Alumnos menores de 16 anos que non cursaron estudios na Escola de Música
no anterior curso e que realizaron a pre-matrícula, por orde de inscrición na mesma.
d) Alumnos maiores de 16 anos que cursaron estudios na Escola de Música no
anterior curso e que realizaron a pre-matrícula, por orde de inscrición na mesma.
24
e) Alumnos maiores de 16 anos que non cursaron estudios na Escola de Música no
anterior curso e que realizaron a pre-matricula, por orde de inscrición na mesma.
f) Alumnos menores de 16 anos que non realizaron a pre-matricula, por orde de
solicitude no período de matriculación.
g) Alumnos maiores de 16 anos que non realizaron a pre-matrícula, por orde de
solicitude no período de matriculación.
h) Como 2ª especialidade (novo instrumento para este curso). Alumnos
matriculados no anterior curso, que realizaron a pre-matrícula, por orde de
inscrición na mesma.
3.1.2. Criterios para o agrupamento de alumnos e alumnas nas materias colectivas
No caso de grupos de máis de 16 alumnos dividiranse en dous partes (sempre que
haxa profesorado con horario dispoñible), con horarios suficientemente
contrastados. Os alumnos repartiranse por orde alfabética pero terán a opción de
cambiar de grupo se teñen algunha incompatibilidade de horario suficientemente
xustificada. En todo caso tratarase de que os grupos sexan o máis equilibrados
posible.
3.1.3. Criterios para a elección de horarios nas clases individuaisA orde de elección do horario das clases individuais seguirá os seguintes criterios:
a) Convocarase a tódolos alumnos maiores de idade e os pais/nais/titores dos
menores de idade a unha reunión para a elección de horarios.
b) Farase unha convocatoria por cada profesor da EMCO para a elección das horas
de clase individuais das súas especialidades.
25
c) Elixirán horario os alumnos en orde de menor a maior idade.
d) Elixirán sobre o horario dispoñible os alumnos/pais que non acudiron a
convocatoria de selección, en horario de Secretaría. A elección será por orde de
solicitude.
3.1.4. Criterios de avaliación de alumnos/asA avaliación dos/as alumnos/as será continua e final por parte do/a profesor/a
titor/a. Valoraranse tanto os obxectivos relativos a coñecementos como aos